Ata o vindeiro 4 de xaneiro estará aberta, na Casa dos Alonso, a mostra de pintura de «anetadocamilo», alcume utilizado por Beatriz Bascoy Cao para “expresar con pintura o que con palabras non pode,” unha exposición nas que a autora amosa máis dunha ducia de obras.
Segundo explica a artista, «anetadocamilo» é un xeito de expresar inquedanzas, sentimentos, de sumirse nun mundo de cor paralelo a un mundo real con demasiados tonos de grises.
[su_image_carousel source=”media: 10227,10231,10228,10230,10229″ crop=”5:4″ link=”lightbox” autoplay=”0″]
Para esta exposición Beatriz Bascoy traballa coa técnica Mixmedia, unha combinación dunha ou máis técnicas artísticas, de traballo e materiais no lenzo.
«anetadocamilo» avanza por un camiño onde se segue a emocionar cando unha persoa se para ante unha das súas obras e é capaz de sentir. Esa sensación non mudou dende o principio desta viaxe… Ben sexa en lugares tan diferentes como os pendellos de Agolada ou a Menier Gallery de Londres.
Esta exposición enmárcase na Programación de Nadal 2019/20 do Concello da Guarda e se pode visitar ata o 4 de xaneiro na pranta baixa da Casa dos Alonso en horario de 8:00 h a 15:00 h de luns a venres.