O venres chega á Guarda «Nadal con Paio e Aurelio»

Este venres día 3 de xaneiro ás 17:30 h a Praza do Reló acolle o espectáculo ‘Nadal con Paio e Aurelio’, unha actividade enmarcada na Programación de Nadal 2019/20 do Concello da Guarda. Trátase dun espectáculo especial para este Nadal con voces en directo a cargo do grupo musical Oviravai e no que 4 personaxes farán as delicias dos máis pequenos da casa.

A compañía viguesa Oviravai está especializada na realización de espectáculos infantís a través da música. Despois dos éxitos do Libro Cds “As andanzas de Paio” (Galaxia, 2016) e “Paio e o poder da música”, chega á Guarda co seu último e novo espectáculo «Nadal con Paio e Aurelio».

*En caso de choiva o espectáculo trasladarase ao Centro Cultural.

Scheduled A Guarda