16 C
Pontevedra
Xoves, 25 de Abril de 2024
Máis
    HomeBaixo MiñoA GuardaA Guarda abre unha Aula de Estudo

    A Guarda abre unha Aula de Estudo

    O espazo busca facilitar un lugar adecuado para aquelas persoas que precisan estudar ao longo das vacacións de Nadal

    O Concello da Guarda ven de habilitar unha Aula de Estudo para todas aquelas persoas que ao longo das vacacións de Nadal precisen dun espazo para poder estudar. Ante a demanda dun grupo de estudantes universitarios da vila, o Goberno local habilitou, este Nadal, unha aula do Sinde Vello como sala de estudo, que queda situada, polo tanto no baixo do Antigo Colexio Sinde na Rúa Puerto Rico.

    Este espazo atópase aberto ao público do 21 de decembro de 2019 ata o 3 de xaneiro de 2020 en horario de 09:00 horas a 14:00 horas e de 16:00 horas a 21:00 horas agás os días 24, 25, 31 de decembro e 1 de xaneiro que se informará o día anterior e na porta do local do horario reducido.

    LIBROS

    A pegada de «Ronsel»

    A editorial Galaxia vén de recuperar a súa vella colección «Ronsel», concibida nos anos 80 para darlle cabida «a novas voces e a novas temáticas das nosas letras», en palabras da propia editorial. Daquela, foi o espazo no que se deron a coñecer algúns autores que, andado o tempo, acadarían sona no noso sistema literario, como foi o caso de Darío Xohán Cabana ou Miguel Anxo Murado. Nesta nova andaina e, polo de agora, estréase con dúas publicacións, pero anuncian novas sorpresas ao longo de todo este ano.

    Dores Tembrás, «Enxertos»

    A nostalxia é unha materia prima habitual á hora de escribir poesía, mais non fai falla chegar a tanto. Se, a cotío, esa nostalxia leva implícita certa dose de tristura morriñenta para lembrar tempos pretéritos, non sempre ten que ser así, como demostra Dores Tembrás no seu último poemario, «Enxertos». Dores mergúllase na súa propia memoria, na súa infancia na aldea e na mocidade urbanita, para poñer en práctica unha modalidade de nostalxia leda e luminosa, alonxada de tristuras e saudades

    Queridos Reis Magos…

    Nas cartas aos Reis Magos de Oriente nunca debe faltar unha boa dose de literatura, sexa cal sexa a idade do receptor. Neste andel, como facemos sempre, queremos aportar algunhas recomendacións dirixidas aos máis pequenos da casa.