Venres, 9 Maio de 2025

O Baixo Miño

Case que toda a poboación da Guarda terá acceso á fibra óptica antes do remate do 2021

O Plan de Banda Larga 2020 está a promover no concello da Guarda os despregamentos de redes ultrarrápidas de acceso a Internet, que permitirán dispor de fibra óptica nos principais núcleos de poboación do municipio.

Concello da Guarda e Xunta reúnense para avanzar na mellora das instalacións deportivas do municipio

O alcalde da Guarda, Antonio Lomba e a concelleira de Deportes, Montserrat Magallanes, mantiveron na tarde deste venres 31 de xaneiro na sede da Casa do Deporte da Xunta de Galicia en Vigo, unha reunión co secretario xeral para o Deporte, José Ramón Lete Lasa e o xefe do servizo de Deportes de Pontevedra, Daniel Benavides Alonso de cara a trasladarlles as demandas existentes sobre o Pavillón Municipal de Deportes da Sangriña na Guarda, valorando a necesidade dunha reforma e ampliación.

O comercio da Guarda satisfeito pola Campaña de Nadal

Unha vintena de comerciantes da Guarda, xunto con representantes das asociacións de empresarios ACIGU e Marcaguarda, participaron o mércores nunha xuntanza convocada polo departamento de Desenvolvemeno Local, que xestiona Fátima Rodríguez, de cara a analizar os resultados da Campaña de Nadal.

A Guarda volve a apostar pola posta en valor da figura de Rosalía de Castro

O Concello da Guarda, a través da Concellería de Cultura, ven de programar varias actividades para resaltar e por en valor a figura da senlleira escritora galega Rosalía de Castro, coincidindo co Día de Rosalía(24 de febreiro de 2020). A primeira actividade será a inauguración da exposición 'Airiños Aires Rosalía' do fotógrafo Xurxo Lobato

«Envellecemento activo e patrimonio» nova proposta do Concello de Oia para as persoas maiores

O Concello de Oia programa unha nova proposta para as persoas maiores do municipio, neste caso un obradoiro sobre envellecemento activo e patrimonio, unha actividade que trata de combinar actividades lúdicas, participativas, de reforzamento da autoestima e da autonomía persoal co aproveitamento e compilación dos coñecementos arredor do patrimonio que posúen as persoas maiores de Oia.

Medio cento de persoas participan na Guarda na andaina e reforestación de «O Camiño Aguárdate»

A pasada fin de semana realizouse na Guarda a primeira das actividades do proxecto 'O Camiño Aguárdate', coa que o concello guardés participa no programa O Teu Xacobeo da Xunta de Galicia e na que participaron máis de 50 persoas, tanto a veciños da Guarda, como da contorna, que fixeron un roteiro polo Camiño Portugués da Costa e plantaron especies autóctonas en terreos da Comunidade de Montes de Camposancos.

O Club Remo «Robaleira» quenta motores para a tempada 2020

O Club remo Robaleira vén de celebrar o pasado sábado a presentación da Tempada 2020. Xunto a deportistas, familiares, amigos e patrocinadores/colaboradores, o Club fixo un pequeno repaso das categorías coas que se conta para esta vindeira tempada.

Pepa Horno, especialista en prevención da violencia contra a infancia, abrirá a «V Semana da Educación de Tomiño»

Hai catro anos (cinco con este), Tomiño apostou por axudar ás familias na crianza dos seus fillos e fillas e o fixo a través dunha iniciativa –a Semana da Educación– que en moi pouco tempo converteuse nun referente non só na provincia, senón no sur de Galicia. Persoas expertas en temas directamente relacionados coa complexa tarefa que é educar aos fillos e fillas, danse cita no auditorio de Goián para achegar a súa experiencia, contestar preguntas e ofrecer respostas.

«O que arde» de Oliver Laxe abre a programación cultural do primeiro semestre do 2020 en Tui

A película 'O Que Arde' dirixida por Oliver Laxe e producida por Miraquemira abrirá a programación cultural do primeiro semestre de 2020 no Teatro Municipal de Tui. O filme, que acadou esta fin de semana os Goyas de Mellor Actriz Revelación, para Benedicta Sánchez, e Mellor Dirección de Fotografía para Mauro Herce, proxectarase o venres 7 de febreiro, ás 21:30 h.

A Guarda segue a reclamar un futuro para o seu porto

O antigo local da confraría de pescadores da Guarda acolleu, este pasado venres 24 de xaneiro, unha reunión informativa na que estaban presentes todas as asociacións que reclaman un futuro para o porto guardés. O alcalde Antonio Lomba e os membros da Comisión de Seguimento –Confraría de Pescadores, Piuerio, ORPAGU e Alagua), informaron sobre o contido da reunión mantida en Santiago, o pasado 15 de xaneiro, coa Conselleira do Mar, Rosa Quintana e a presidenta de Portos, Susana Lenguas.

A Guarda e Póvoa de Varzím máis preto do irmandamento

Representantes da Asociación Piueiro, que tiña presentado una solicitude no Concello da Guarda propondo a creación dunha Comisión Organizadora para o Irmandamento con Povoa de Varzim, mantiveron unha xuntanza de traballo o venres na Casa do Concello de Guarda.

A “pasividade” da Xunta obriga á Guarda a redactar un anteproxecto para a circunvalación ao Santa Trega

O Concello da Guarda vén de anunciar o encargo da redacción dun anteproxecto de ancheamento da calzada da PO-552, –vía que circunvala o monte Santa Trega– e para dotala dunha senda peonil e un carril bici. O encargo do Concello guardés prodúcese, logo da "pasividade" da Consellería de Infraestruturas e Mobilidade, organismo ante o que a Alcaldía da Guarda fixo reiteradas xestións sen que houbera resposta.