Domingo, 17 Agosto de 2025

A Paradanta

Todo preparado para a «Festa da Colleita» de Sela

O venres 11 de outubro a parroquia de Sela, no municipio de Arbo, dará comezo aos actos da súa tradicional «Festa da Colleita» que, ano tras ano medra en número de participantes e consolídase como un referente na comarca. A festa dará comezo ás 20 horas na Praza da Feira onde se poderán degustar chourizos asados e viño novo a prezos populares.

Arbo gaña “a batalla dos eólicos” ás Neves

O conflito da titularidade dos terreos nos que se enclavan os aeroxeradores eólicos que, dende hai máis dunha década, mantiñan os concellos de Arbo e As Neves, vén de ser resolta logo de que a Sala do Contencioso-Administrativo do Tribunal Supremo desestimase o recurso presentado o concello das Neves.

Arbo rehabilitará unha das antigas vivendas dos mestres de Cequeliños

O Concello de Arbo vén de dar conta da recepción dunha achega de 8.269 € do IGVS, adscrito á Consellería de Infraestruturas e Vivenda, para rehabilitar unha das vivendas de mestres de Cequeliños. O Concello dispón neste momento de dúas vivendas, de antigos mestres, de titularidade municipal situadas na parroquia de Cequeliños.

Arbo asina as subvencións coas asociacións culturais, musicais, deportivas e de interese xeral

O Salón de Plenos do Concello de Arbo, acolleu o acto de sinatura dos convenios de colaboración, entre o Concello de Arbo e distintas Asociacións Arbenses, mediante o cal se establecen as bases de colaboración entre ambos. Os convenios, asinados polo alcalde de Arbo, Horacio Gil Expósito e os presidentes das distintas asociación, establecen as cláusulas que rexerán a colaboración entre estas entidades e o Concello de Arbo.

O Concello de Arbo reforza a súa aposta polo deporte

O Concello de Arbo vén de instalar dúas porterías novas, abatibles, no campo de Fútbol Municipal de Arbo para a práctica de fútbol 8. O feiro de que sexan elementos abatibles, favorece non só o mantemento do céspede senón tamén que facilita ao club a súa retirada cando a instalación sexa utilizada para fútbol 11.

O Arbo C.F. gana a trixésimo sexta edición do triangular ‘Vila de Arbo’

O Arbo Club de Fútbol proclamouse vencedor da trixésimo sexta edición do triangular de fútbol 'Vila de Arbo, disputado nas instalacións do campo municipal da vila cunha nutrida afluencia de espectadores.

A Xunta mellora a accesibilidade á praia de Maceira, en Covelo

O delegado territorial da Xunta en Pontevedra, José Manuel Cores Tourís, visitou esta mañá as obras de mellora de accesibilidade que o concello de Covelo realizou na praia de Maceira grazas as axudas para a mellora das infraestruturas turísticas da Consellería de Cultura e Turismo e que supuxeron un investimento de algo máis de 50.000 euros.

A Deputación inicia o acondicionamento da rúa Silleda na Cañiza

Este martes 27 de agosto comezaron na Cañiza as obras de acondicionamento da rúa Silleda, adxudicadas por 136.080,87 euros. A través desta actuación, que está previsto que estea rematada nun prazo de tres meses, a Deputación de Pontevedra acondicionará a beirarrúa da estrada e renovará servizos.

O espectáculo ‘A música da auga’ chega a Arbo

O vindeiro martes, 13 de agosto, a Praza do Concello de Arbo acollerá o espectáculo 'A música da auga' que forma parte da programación que a Deputación de Pontevedra ofrece aos concellos. 'Música da auga' visitou con anterioridade –o 11 de agosto– o Concello de Crecente.

Zona Franca e A Cañiza colaborarán para aumentar a rendibilidade e competitividade do sector empresarial da zona

Co fin de ultimar o convenio de colaboración para a realización dun plan estratéxico empresarial para o desenvolvemento económico do Concello da Cañiza, o delegado do Estado para a Zona Franca de Vigo, David Regades e o alcalde da Cañiza, Luis Piña, mantiveron unha xuntanza de traballo na sede da Zona Franca de Bouzas.

A Deputación finaliza o acondicionamento da estrada EP-5003 na Lomba, Arbo

A Deputación de Pontevedra ven de concluír as obras de acondicionamento da estrada EP-5003 no lugar de A Lomba, no concello de Arbo. Nestes traballos, a institución provincial abordou a renovación da pavimentación desta vía así como a dotación de servicios no devandito lugar.

Arbo realiza obras de mellora do Pavillón Polideportivo Municipal

O Concello de Arbo está a desenvolver traballos de mellora das instalacións do Pavillón Polideportivo Muncipal, obras que, segundo o Concello que preside Horacio Gil, son necesarias "para que as actividades e eventos que organiza o Concello de Arbo durante todo ano non supoñan un risco para os usuarios".