O Concello de Arbo está a desenvolver traballos de mellora das instalacións do Pavillón Polideportivo Muncipal, obras que, segundo o Concello que preside Horacio Gil, son necesarias “para que as actividades e eventos que organiza o Concello de Arbo durante todo ano non supoñan un risco para os usuarios”.
O pasado mes de maio o secretario xeral para o Deporte da Xunta de Galicia e o alcalde do Concello de Arbo, asinaban un convenio para a realización de obras de mantemento no polideportivo municipal.
A zona de intervención céntrase na cuberta dos vestiarios, e nos acabados interiores, deteriorados pola presenza de filtracións de auga da choiva. As obras a realizar consisten en, na substitución de panel sándwich de cuberta, sobre os vestiarios, reparación de canaletas da anterior cuberta, pintado de vestiarios, con reparacións puntuais (emplastecidos, etc..) e a substitución das porterías de fútbol. Esta actuación conta con financiamento ao 100% da Secretaria Xeral para o Deporte da Xunta de Galicia .
Horacio Gil, rexedor do concello de Arbo, declara que o obxectivo e conseguir un óptimo nivel de funcionamento das infraestruturas municipais, neste caso deportivas, de forma que o Concello poida prestar servizos de calidade á veciñanza con independencia da súa idade, sexo.., apoiando aquelas actuacións cuxa finalidade é o deporte. O alcalde informa No pavillón Polideportivo de Arbo, realízanse distintas actividades organizadas por diversas asociacións do Concello de Arbo, entre elas, clases de Zumba, Pilates, bailes moderno, fútbol-sala…..