Xoves, 17 Xullo de 2025

A Guarda celebra este venres o Día de Rosalía

0

O vindeiro venres 24 febreiro A Guarda rendirá tributo unha vez mais á figura de Rosalía de Castro que celebra o seu día o 23 de febreiro de cada ano, por ser a data do seu nacemento. Neste ano 2023 os actos de celebración se centrarán nun recital a cargo do guardés Manuel Cadilla, “Maruxo” , así como a Exposición ao aire libre “Casa de Galicia”.

Recital de poesía

Manuel Cadilla  “Maruxo” será este ano o protagonista do recital a Rosalía de Castro. Veciño da nosa localidade, mariñeiro retirado pero gran amante e coñecedor da obra e vida de Rosalía de Castro,  ten participado habitualmente nas homenaxes e lembranzas á nai da nosa literatura, participando nos recitais, acompañando concertos, divulgando á figura rosaliana nos centros de ensino… Coa súa labor certamente foi gañándose un oco nas homenaxes á Rosalia e o cariño do público que demandaba a súa presenza e un novo recital no que sentir a forza e emoción que fan tan especial as súas intervencións.

Nesta ocasión o recital estará acompañado por música galega que irá a cargo  de Iván Abal na zanfoña, Iván Gómez na gaita e Miguel Rodríguez  na guitarra.

A cita será as 20:00 do venres 24 de febreiro no Centro Cultural.

Exposición “Casa de Galicia”

Dúas horas antes deste evento, as 18:00h. Na Praza do Reló, terá lugar a inauguración da exposición Casa de Galicia, que a través dunha montaxe pensada para permanecer a ceo aberto estará situada na céntrica praza ata o 12 de marzo. Esta exposición recolle con textos e imaxes a historia da Casa da Matanza, morada de Rosalía nos seus últimos anos e actual sede da Fundación e Casa-museo. Contaremos para a ocasión coa presenza do presidente da Fundación Rosalía de Castro Anxo Angueira

Caldo de Gloria

Por último un novo ano A Guarda súmase á conmemoración do Caldo de Gloria coa participación dos comedores escolares de primaria e restaurantes da localidade, que durante o día 23 contarán no seu xantar con manteis individuais co poema Miña casiña meu lar, no que se describe o xeito de facer un caldiño con poucos recursos.

Os restaurantes adheridos á iniciativa son:  Arruaz, O Couto e Xantar.

O TSXG falla favorablemente ao Concello de Mos e desestima o recurso sobre a recepción das obras da Urbanización de San Antoíño

0

O Concello de Mos vén de recibir a sentenza (de data 10/02/2023) favorable, do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, TSXG, de desestimar o recurso realizado por unha parte dos veciños de San Antoíño tras o fallo favorable ao Concello, do Contencioso Administrativo 3 de Pontevedra, sobre a Urbanización en outubro de 2021.

Ante este posible esceario de sentenza favorable ao Concello, a alcadesa de Mos, Nidia Arévalo, convocou aos veciños de San Antoíño a unha reunión o domingo pasado no Pazo de Mos para manifestarlles “a man tendida da administración local mosense, que non lles vai dar a espalda nin deixalos sós”. Deste xeito o Concello posiciónase como mediador para buscar unha solución á recepción das obras da urbanización.

Xunto coa rexedora local mosense estiveron presentes nesta xuntanza todos os voceiros dos diferentes grupos integrantes da Corporación Municipal.

Os feitos son que as obras da Urbanización de San Antoíño non tiveron unha recepción expresa, nin tampouco tácita porque o Concello non manifestou a tolerancia ante serie de deficiencias existentes.

“A consecuencia, non concluíndose adecuadamente as obras, e non sendo recibidas, o Concello non ten a responsabilidade sobre a súa conservación nin de prestación dos servizos solicitados en tanto non se dea cumprimento ás obras de urbanización” ditamina expresamente a sentenza. Que ademáis establece os deberes dos propietarios de chan urbano consolidado: “Completar pola súa conta a urbanización necesaria para que os terreos alcancen, se aínda non a tivesen, a condición de solar, nos supostos de edificar ou rehabilitar integralmente. Para ese efecto, afrontarán os custos de urbanización precisos para completar os servizos urbanos e executar as obras necesarias para conectar coas redes de servizos e viaria en funcionamento…”.

A orixe da urbanización atópase no proxecto de delimitación de chan urbano tramitado nos anos 80 concretando que non se permitía a posta en servizo das vivendas en tanto non se cumprisen os requisitos de infraestrutura. Non constando o seu cumprimento, non se produciu a recepción das obras, aínda cando se viñeron prestando certos servizos polo Concello.

Polo tanto o proceso urbanizador, tal e como resulta dos informes técnicos municipais, non se completou, sendo evidente que nunca se chegou a recibir a urbanización. De forma que, non existindo recepción, que tampouco consta solicitada, nin expresa nin tácita, o recurso de apelación foi finalmente desestimado.

A sentenza apóiase no informe do Arquitecto municipal do 9 de abril de 2018 sobre a urbanización residencial San Antoíño: “Actualmente, o ámbito residencial de San Antoiño, conta con servizos urbanísticos, que presentan importantes deficiencias ou mesmo carencias, debido, por unha banda, ao deterioración ligada á antigüidade dos mesmos ou deseño obsoleto, e por outra, ausencia por non contemplar o proxecto de urbanización a súa implantación. Polo que proceden obras indispensables para acadar o grao de urbanización que garanta, primeiramente, os servizos e polo tanto calidade e vida aos usuarios do ámbito residencial de San Antoiño, e, ao mesmo tempo, cumpran coas disposicións legais para este tipo de só, nomeadamente co disposto non artigo nº 17 dá Lei do Solo de Galicia. E unha vez finalizadas, recibirase dita segunda fase ou recepción definitiva do conxunto, se fora o caso…”.

Nigrán ofrece mañá unha andaina guiada

0

O Concello de Nigrán ofrece mañá, martes 21 de febreiro, unha andaina guiada pola costa de Lourido para descubrir a “Praia América” dos anos 30 e 40 e que foi bautizada por Manuel Lemos como “A Niza galega”.

A dificultade é baixa, cun tempo estimado de 2 horas e unha distancia de 4 quilómetros, a saída será ás 16,30 horas desde a oficina de turismo de Dunas de Gaifar.

O 21 de febreiro celébrase o Día Internacional do Guía de Turismo, unha profesión vital no sector turístico que promove o potencial cultural, histórico e patrimonial de sitios de interese en varios países do mundo.

Os guías turñisticos ofrecen orientación e información a turistas e visitantes acerca da cultura, historia, gastronomía e sitios turísticos de calquera recuncho do planeta. Co seu labor contribúen a impulsar o turismo, sendo unha importante actividade económica das cidades.

A autovía A-55 sufrirá cortes de tráfico nocturnos entre o xoves e o venres

0

O avance na execución das obras do treito da VAC Tui-A Guarda entre os enlaces da autovía A-55 e de Areas fará necesario un corte de tráfico nocturno, entre o xoves e o venres desta semana.

Esta afección ao tráfico, no treito comprendido entre os puntos quilométricos 29+100 e 30+600 da autovía A-55, levarase a cabo desde as 22:00 horas do xoves 23 e ata as 06:00 horas do venres 24, cando quedará restablecida a circulación.

O obxectivo é proceder á montaxe das vigas metálicas do paso superior en forma de glorieta sobre a autovía, para poder dar servizo aos ramais da autovía, ao tronco da VAC e á conexión coa estrada N-551.

Para a realización destes traballos en condicións de seguridade e minimizar ao máximo posible a afección ao tráfico, cómpre o corte total de ambas as calzadas da autovía.

Co obxectivo de poder dar servizo a ambos os sentidos de circulación polo itinerario alternativo, desde a saída 29, sentido Portugal, usarase a estrada autonómica PO-340, incorporándose á N-550 e posteriormente á N-551, discorrendo polo termo municipal de Tui; sendo o mesmo percorrido en sentido Porriño, pero á inversa. Este itinerario implica un tempo de percorrido de entre 8 e 10 minutos.

A Xunta segue a avanzar nos traballos  de execución da VAC Tui- A Guarda, entre os enlaces da A-55 e Areas, que se prevé poñer en servizo a mediados deste mesmo ano, tras un investimento autonómico de 21 M€.

Ponteareas mostra cómo será a cobertura da Praza da Música

A alcaldesa de Ponteareas, Cristina Fernández, presentou o anteproxecto de cobertura da Praza da Música situada sobre o Auditorio Municipal, que inclúe tamén importantes remodelacións interiores. A rexedora cualificou de “espectacular” a proposta técnica elaborada polo equipo redactor do anteproxecto “que converterá esta praza céntrica nun espazo público moderno e de calidade, utilizábel todo o ano para innumerábeis usos sociais”.

O anteproxecto concibe a actuación como unha remodelación de todo o espazo que circunda o Auditorio. Ademais de dotar á praza dunha cuberta lixeira con sombra vexetal, protexéndoa da choiva, o anteproxecto inclúe a renovación da fachada principal do Auditorio, dotándoa de maior envergadura e presenza; a instalación de nova iluminación exterior e de novo mobiliario urbano e a renovación das entradas laterais á praza e ao Auditorio. Por outro lado, tamén prevé actuacións de remodelación no interior do edificio, instalando un montacargas para o acceso de material técnico até o escenario e a rehabilitación debaixo da praza dos diferentes locais situados na zona na que se sitúa o obelisco, que actualmente non son utilizábeis por falta de iluminación, ventilación e humidades. Coa cuberta, o espazo recuperará o volume e altura que ocupaba a antiga Praza de Abastos antes da súa demolición nos anos 70.

Cristina Fernández lembrou que “na actualidade estamos rematando as obras de impermeabilización do Auditorio e a futuro cobertura asegurará unha maior protección do edificio”. Os informes técnicos municipais revelaron o pasado ano que as obras de impermeabilización realizadas na praza en 2010, cun gasto de 1,3 millóns de euros, non resolveron o problema ao non axustarse ao proxectado e provocaron máis filtracións que obrigaron a pechar parcialmente o Auditorio por seguridade.

A alcaldesa salientou que “a estratexia deste goberno contempla que Ponteareas conte con dous grandes espazos públicos cubertos, un deles a Praza da Música, con 1.250 m2, e outro baixo as naves de Aceros del Tea, con 1.500 m2, para o que xa temos o proxecto e o financiamento”. Ademais, explicou que a actuación na Praza da Música compleméntase co proxecto xa redactado de reforma integral do Mercado Municipal e do seu espazo exterior até ligalo coa Praza da Perillana e co proxecto de humanización das rúas que rodean o Auditorio, cuxa redacción se licitará neste trimestre.

O Porriño aposta por investir no saneamento

Dotar de saneamento a todo o municipio do Porriño foi dende o principio unha premisa do executivo local que preside Alejandro Lorenzo e, tras deseñar a folla de ruta necesaria para ultimar a rede municipal, pon en marcha actuacións que alcanzan unha inversión de case 5 millóns de euros.

Estas levaranse a cabo nas sete parroquias e centro urbano e darán servizo a unha poboación estimada de 1.850 veciños, estendendo máis de 28 km de rede que conectará 604 vivendas aos sistema de recollida de augas residuais do Louro.

Así o anunciou hoxe o alcalde, quen concretou que 1.997.211,93 euros corresponden a actuacións que se están a licitar e se executarán no primeiro semestre deste ano e  2.782.620,47 euros ás que se atopan na fase de redacción de proxectos ou tramitación de permisos sectoriais.

Neste sentido, cabe destacar que o pasado mes de xullo a oposición tumbou no pleno a proposta do Goberno Municipal de invertir parte do remanente de tesourería na redacción de todos os proxectos do plan director e agora, poderá levarse a cabo grazas a unha operación similar da entidade supramunicipal que preside Lorenzo. “No Consorcio aprobamos un crédito extraordinario, financiado co remanente líquido de tesourería, para levar a cabo traballos de abastecemento e saneamento nos catro concellos asociados e, tal e como establecen os estatutos, as contías repartense en función da participación de cada un deles nos ingresos da entidade polo que ao Porriño lle corresponden 1.025.054,46 euros”, explicou o rexedor, quen destacou que parte destas obras “incluíanse tamén no orzamento que presentamos o ano pasado e que tamén foi rexeitado pola oposición. Concretamente eran 3,5 millóns en proxectos de saneamento que agora se farán realidade grazas á xestión realizada por este goberno a través de partidas procedentes do Consorcio, da Xunta de Galicia, do Plan Concellos e fondos propios”.

“Estas actuacións son fundamentais para garantir uns servizos esenciais para a veciñanza que redundan directamente na súa calidade de vida”, concluíu o alcalde, “Por iso o gran reto deste concello é a consecución do saneamento integral. A estes 5 millóns de euros habería que sumar outros 9 máis para chegar aos 14 que se necesitan para completar o plan director e, pese que son consciente de que é un un obxectivo a largo prazo, isto é e seguirá a ser unha prioridade para min polo que seguiremos avanzando na redacción de proxectos con fondos propios”.

‘Cicklon’, gañadora do Desfile de Comparsas 2023 de Redondela

0

As comparsas de Entroido volveron a encher de música, cor, son e humor as rúas de Redondela este domingo 19 de febreiro, respondendo con creces ás expectativas, tanto da veciñanza como do Concello. O xurado redondelán encargado de decidir os nomes das comparsas gañadoras entre as  13 formacións participantes teñen experiencia dentro das artes escénicas (Rubén), a costura (Silvia) e o maquillaxe artístico (Carmen) e non o tiveron doado, porque segundo eles “o nivel foi moi alto”.

Ao final o xurado, por unanimidade, daba por gañadora á Cicklon de Tomiño, con 52 participantes, que gañaron os 900 euros en metálico cos que estaba dotado o primeiro premio. O segundo premio, cunha dotación de 600 euros en metálico, foi para “Os Choqueiros” de Redondela coa comparsa ‘Un Recuncho Máxico’, mentres que o terceiro premio de 300 euros ía para a Comparsa Luces de Tomiño.

Amais dos tres premios, o xurado outorgaba tamén os galardóns especiais ao Premio Mocidade de Comparsa que recaía na Asociación Cultural Comisión de Festas Cepeda coa comparsa Vaiben; o Premio á Retranca de Comparsa para Os Festeros de Bembrive coa comparsa “O festeitos qeren-té” e, finalmente, a Asociación Andaina de Persoas con necesidades especiais de Redondela, Andaina, gañaba o Premio á inclusión e á diversidade, dotado con 500 euros, pola comparsa “A viaxe continúa”.

A alcaldesa de Redondela, Digna Rivas, felicitou ás comparsas participantes “por unhas comparsas nas que quedaba reflectida toda a ilusión e ganas de facer desfrutar á veciñanza” e puxo de relevo a importancia que ten a recuperación dunha das festas tradicionais máis multitudinarias de Redondela nas que participaron xente de tódalas idades”.

Rivas lembrou que “aínda queda moito Entroido por diante” que “o sábado seguinte celebrarase en Chapela o Enterro do Berete co seu propio concurso de comparsas e premios.

Nigrán intentará duplicar o número de beneficiarios do programa ‘Xantar na casa’

0

O Concello de Nigrán solicitará ao Consorcio Galego de Igualdade e Benestar a modificación do convenio de colaboración do programa ‘Xantar na casa’ para poder volver a duplicar o número de usuarios, o que permitirá pasar dos 20 actuais a 40 nestes dous anos que leva operativo en Nigrán, sendo o único municipio do Val Miñor en contar con este servizo.

“Está funcionando moi ben porque este apoio garante ás persoas dependentes e que viven soas unha alimentación saudable e unha maior autonomía persoal. Temos solicitudes fundamentalmente de xente maior pero tamén de persoas con diferentes discapaciades”, explica o alcalde, Juan González, quen encadra esta iniciativa no programa de goberno municipal ‘Un Nigrán para todos’. “Hai que destacar que facilita tamén a conciliación das familias coidadoras”, resume o rexedor, quen avanza que pedirá ampliar o convenio “ás veces que faga falla con tal de non deixar a ningún beneficiario só”.

‘Xantar na Casa’ consiste en que un día á semana o usuario recibe no seu propio domicilio 7 bandexas cos menús correspondentes listos para quecer no microondas e con todas as garantías sanitarias (inclúen pan, primeiro plato, segundo e postre), tendo un custe simbólico para o beneficiario de 1,76 € por menú (Concello e Xunta aportan o resto ata 6,60 €). Así, está destinado a maiores de 60 anos e tamén a dependentes ou en risco de exclusión social e é complementario con outros servizos como o de ‘Axuda a domicilio’. Ademais, ao comezo compróbase que as persoas beneficiarias dispoñan de microondas, frigorífico, enxoval e calquera elemento preciso para a preparación e inxesta dos xantares porque, no caso de carecer deles, póñense a súa disposición en réxime de depósito.

“Moitos maiores que viven sos, especialmente do rural, non teñen a capacidade de ir a mercar os alimentos e porse despois a cociñar e, ademais, desexan manter a independencia de vivir nos seus propios fogares, este programa está a demostrar que é dunha gran axuda”, engade Bibiana Peixoto, edil de Asuntos Sociais, quen subliña ademais o escasísimo custe económico que supón para o beneficiario.

Os menús son completos e equilibrados, correctamente condimentados e cunha boa presentación, variados e adaptables ás necesidades das persoas beneficiarias, os seus gustos e hábitos, así como á gastronomía local e á época do ano (trátase dunha dieta basal de 630-840 Kcal., o que supón o 35% do volume enerxético diario total, que no caso dos anciáns oscila entre 1.800 e 2.400 Kcal). Desde ‘Xantar na Casa’ procuran especialmente o uso de produtos de orixe, elaboración ou transformación galega .

Desde unha perspectiva integral, ‘Xantar na Casa’ pode complementar ao servizo de axuda o fogar permitindo manter ao máximo a propia capacidade de independencia e autonomía e posibilitando a permanencia nos seus propios fogares nunhas condicións aceptables, evitando o desarraigo ou retardando posibles institucionalizacións.

SmartPeme comeza a semana con 5 novas formacións

A Deputación de Pontevedra, a través de SmartPeme, oferta cinco novas accións formativas para esta próxima semana, impartidas de xeito presencial e telemático, enmarcadas na súa carteira de obradoiros. Os cursos tratarán temas como a ciberseguridade e o que non se ve da navegación, primeira toma de contacto coa Administración Electrónica, a creación dunha empresa, tendencias de economía dixital e captación de clientes.

Os obradoiros darán comezo hoxe luns 20 de febreiro, pola mañá, co curso sobre “Ciberseguridade. O que non se ve da navegación na Internet”. Ten como obxectivo dar a coñecer ao asistente os riscos aos que estamos expostos ao navegar por internet: que é un ciberataque, mapa mundial dos ciberataques en tempo real e os obxectivos dos ciberdelincuentes. Este obradoiro estará impartido por Manuel Freire, experto universitario en Robótica, Programación e Impresión 3D. Na quenda da tarde, José Luís Taboada, enxeñeiro informático con máis de 20 anos de experiencia, conducirá o obradoiro “Primeiros pasos coa Administración Electrónica” este curso está dirixido a pemes e autónomos e tratará de dar a coñecer as diversas utilidades relacionadas coas xestións administrativas. O obxectivo é amosar como obter, utilizar e aplicar ferramentas como o DNI electrónico e o certificados dixital.

Mañá martes 21 impartirase unha nova formación “A empresa e o comezo da súa creación”. O proceso de posta en marcha dun negocio sempre xera custos económicos e de tempo, polo que o obxectivo é aforrar en ambos sentidos. Nel amosaranse os pasos que se deben levar a cabo na creación dunha empresa. A licenciada en Ciencias Económicas e Empresariais, Paz Ares, será quen o dirixa. A derradeira xornada da semana, o xoves 22, contará cunha dobre sesión. Pola mañá, Manuel Freire volverá a ser o experto encargado de conducir este obradoiro presencial ás 11.00 horas, no punto SmartPeme do Porriño, localizado no Multicentro do Concello. “Tendencias de economía dixital 2023”, o obxectivo é dar a coñecer as principais tendencias tecnolóxicas facendo un repaso polas tecnoloxías emerxentes. Abordarase o tema da creación de imaxes e textos con algoritmos de intelixencia artificial e, tamén, se realizará unha visita a Realidade Virtual mostrando algunhas das aplicacións que xa se poden utilizar nos eventos empresariais. Para rematar, ás 17.00 horas, a consultora e coach empresarial Isabel Rodríguez dirixirá “Captación de clientes a través de estratexias de comunicación e visibilidade” centrada n comunicación como base de toda estratexia efectiva e metodoloxía que logra de forma eficiente cerrar ventas facendo rendibles os obxectivos de visibilidade e a  captación leal de clientes.

Xosé Monteagudo, «Vémonos mañá»

Realidade e ficción conflúen na última proposta narrativa de Xosé Monteagudo, «Vémonos mañá», na que presenta o que poderiamos considerar unha dupla biografía novelada. Dupla, porque son dúas as personaxes nas que se centra a acción, Bibiano Fernández Osorio-Tafall, político e científico en tempos da II República, e máis a súa dona, Josefina Arruti; biografía, porque relata acontecementos reais que tiveron que ver coa vida dos seus protagonistas como consecuencia do levantamento militar que desembocou en guerra civil; e novelada, porque Monteagudo xoga, conscientemente, a suplir coa ficción os ocos que deixa a documentación existente e mesmo se permite darlle maior protagonismo ao aspecto literario que ao puramente biográfico. Non, non se trata dunha biografía no sentido tradicional, senón dunha novela inspirada na realidade, un traballo de creatividade literaria.

O relato arranca en 1986, cun Bibiano na vellez que viaxa dende México a Galicia para presidir os actos conmemorativos do 50 aniversario da redacción do Estatuto. Leva medio século de exilio no país azteca e non só conta con pisar de novo a súa terra natal, logo de tanto tempo fóra, senón con reencontrarse coa súa dona, Josefina, coa que casara en 1929, e cos seus tres fillos, aos que o levantamento militar afastou do seu lado durante todo aquel tempo. Dende o avión, el, e dende a súa casa en Pontevedra, ela, ámbolos dous lembran os sucesos que desembocaron nesa separación forzada e a persecución á que se viron sometidos.

Independentemente de que os feitos relatados sexan máis ou menos coñecidos, o autor é quen de argallar unha fermosa historia de amor e de compromiso truncada polos antollos da Historia, na que o fío da narración responde aos sucesos reais que tiveron que ver cos protagonistas e nos que Monteagudo se escuda para armar a trama da novela. Deste xeito consegue darlle forma a dúas personalidades cunha enorme forza (permitiríame engadir tamén á nai de Bibiano, cun papel secundario, pero fundamental para entender a trama), aos que acompañaremos non só na loita no primeiro plano da acción, protagonizada polo político e científico, senón tamén á resistencia silandeira exercida na retagarda pola súa dona, Josefina, sempre firme nos seus convencementos.

O autor presenta en paralelo dúas vidas senlleiras e dignas de lembrar para as novas xeracións, tan faltas de referentes de fondo calado na superficialidade da sociedade contemporánea. Bibiano e Josefina, cada un no seu plano particular, afondan nas súas evolucións persoais; el, desenvolvendo unha carreira profesional de éxito no mundo do ensino e da política que o levou incluso a figurar nunha terna de candidatos á presidencia da ONU; ela, loitando heroicamente por sacar adiante unha familia sinalada e humillada polos vencedores da contenda fratricida, padecendo cadea e diversas formas de persecución nunha Pontevedra irrecoñecible. Así, a novela de Monteagudo érguese como un exercicio de necesaria reparación moral sobre ambas figuras, logo de tantos anos de esquecemento.

Xosé Monteagudo

«Vémonos mañá»

296 páxinas

A Arribada 2023 permitirá visitas online en directo

0

O Concello de Baiona, a través da Concellería de Turismo, vai lanzar o vindeiro sábado 4 de marzo unha nova campaña de promoción turística dixital que incorpora como principal novidade circuítos virtuais en directo pola XXVII celebración da Arribada, Festa de Interese Turístico Internacional baionesa. Todo iso co fin de abrirse aos mercados internacionais que se consideran prioritarios polo volume de turistas que poden achegar a Baiona e o seu potencial de crecemento.

Utilizando como principal ferramenta o márketing virtual en vivo con visitas virtuais en directo, con esta iniciativa preténdese atraer á Real Villa novos viaxeiros internacionais e tamén nacionais coa finalidade de que logo visiten presencialmente o destino.

A inserción promocional de Baiona e da súa festa por excelencia “A Arribada” como destino turístico na plataforma dixital Heygo, coñecida como o “Twitch de viaxes”, ofrecerá dous circuítos ou viaxes virtuais en directo a cidadáns de todo o mundo. A audiencia adoita ser, maiormente, de EE.UU., Canadá, Reino Unido, Australia ou Nova Zelandia. Tamén de varios países europeos e mesmo de Xapón e China.

Así, desde a plataforma (Heygo) ou a través da seguinte ligazón, todas aquelas persoas interesadas en coñecer de primeira man a Festa de Interese Turístico Internacional poderán conectarse de forma gratuíta en directo o vindeiro sábado 4 de marzo ás 19:30h desde a comodidade da súa casa a través dunha conexión a internet e gozar da emisión de parte da representación teatral, dos pasacalles e das diversas actividades que ofrece a nutrida programación da Arribada. O outro pase en directo será o domingo 5 de marzo coa visita en vivo á gran protagonista da celebración, a Carabela Pinta, para despois facer un percorrido polo mercado medieval: postos de artesanía e , sobre todo, gastronomía, para vender os nosos produtos locais máis aló das nosas fronteiras.

Os circuítos virtuais teñen unha duración de 90 minutos aproximadamente. Durante o
circuíto pódese interactuar en directo cos viaxeiros por un chat a tempo real. Eles
escriben preguntas e o guía a pé de rúa pódeas ver na pantalla do móbil e contestar en directo, falando e interactuando co público.

Á parte disto na app pódese sacar un “Postcard” (Postais/Fotos) de todo o que se está vendo en directo, é como sacar fotos co teu cámara coma se estiveses en persoa no destino ao que viaxas. Os viaxeiros virtuais poden gardar todas as súas fotos nun álbum de fotos como recordo do circuíto en vivo ao que asistisen.

Centos de persoas virán ata Baaiona nunha viaxe virtual para coñecer máis sobre a historia da localidade e coñecer os seus grandes atractivos. Ademais brindarase a oportunidade de coñecer a recreación históricade Baiona en 1493.

O Alcalde de Baiona, Carlos Gómez Prado, sinala que “estamos a falar de que chegaremos a todo o mundo e iso, evidentemente, significa que a Festa da Arribada nesta edición 2023 será aínda máis internacional, e que ademais vai ter unha repercusión importante para a marca turística Baiona , supoñendo unha xanela aberta ao mundo da nosa vila, o que traerá máis visitantes que queiran gozar de Baiona a pé de rúa”.

Así mesmo, Gómez Prado destaca que “ Con esta campaña pretendemos promocionar Baiona no estranxeiro e fomentar a captación de turismo internacional que mostra un gran interese, ademais polo Camiño de Santiago, pola nosa paisaxe, a nosa gastronomía e as nosas tradicións. Este primeiro circuíto virtual, durante a Festa da Arribada, serve para poñer en valor todas elas e que sirva, ademais, para divulgar o feito histórico da chegada da Carabela Pinta a Baiona e a relación do noso municipio coa chegada a América en 1492 xa que é un feito descoñecido pola maior parte do turista internacional segundo datos da Oficina de Turismo”.

Ademais, esta plataforma está dispoñible para todos os públicos polo que viaxeiros nacionais ou mesmo aqueles baioneses nostálxicos que non poidan vir a esta nova edición da Arribada poderán gozar en directo do ambiente festivo medieval da Vila Real.

Estas dúas primeiras visitas virtuais en vivo englóbanse dentro da primeira acción do plan da campaña de márketing dixital desenvolvida pola Concellería de Turismo de Baiona, unha nova campaña de promoción turística que se abre a mercados internacionais considerados prioritarios polo volume de turistas que poden achegar a Baiona e o seu potencial de crecemento.

Ponteareas toma a palabra para homenaxear a Rosalía

Ponteareas toma a palabra para conmemorar a figura de Rosalía de Castro no aniversario do seu nacemento o vindeiro 23 de febreiro. Xunto ás tres xornadas de música e teatro ao abeiro do festival Convergencias Galicia-Portugal co que homenaxear á escritora galega e a José Afonso, coincidindo co Día de Rosalía o Concello organiza tamén unha xornada repleta de actividades nas que os contos ou a poesía serán os grandes protagonistas. “Preparamos este día con moita ilusión para poder poñer en valor non só a Rosalía de Castro, unha figura indispensábel na literatura do século XIX, senón tamén a nosa lingua, ao tempo que contribuímos a dinamizar cultural e economicamente a vila”, destaca o concelleiro de Lingua, Fernando Groba.

Neste camiño, o Concello entregará aos comercios ponteareás bolsas coa imaxe e a obra de Rosalía para entregar a compradores e compradoras. Estas bolsas levarán impresas o poema ‘Nosa Señora da Barca’, recollido no libro ‘Cantares Galegos’ e no que aparece un verso no que se inclúe unha mención ás mulleres de Ponteareas. As bolsas repartiranse o 23 de febreiro.

Para achegar aos máis pequenos e pequenas á figura de Rosalía de Castro, o propio 23 de febreiro Tarabelos chegará á biblioteca municipal con ‘Contos nunha roda’, historias relatadas coa técnica de Kamishibai, unha forma de contar contos milenaria procedente do Xapón a través dun pequeno teatro de papel montado nun monociclo. Será a partir das 17.30 horas con entrada libre ata completar aforo.

Ademais, despois do espectáculo ‘Cantares na Raia’ e do concerto do Orfeão de Merelim e Ars Cantorum de Guillade, o festival Convergencias baixará o pano en Ponteareas o venres 24 de febrero (20.00 h) coa obra de teatro ‘Mulheres’, de TIN.BRA, Academia de Teatro.  Chega á sala multiúsos do auditorio municipal este retrato de tres historias de vida dramáticamente reais protagonizadas por tres mulleres con idades distintas, percorridos diferentes e lugares dispares que contan a súa vida de dor e sufrimento. Historias reais que gañaron forma de texto teatral para ofrecer una peza para ser vista, sentida e reflectida coa expectativa de que o teatro axude a mudar o mundo.

Mos acolle a 1ª fase de seleccións comarcais femininas do Campionato Galego de Fútbol

0

Esta mañá presentouse no Campo de Fútbol de Cototorrón do Club Louro Tameiga o Campionato Galego de Seleccións Comarcais (Vigo, Pontevedra, Ourense, A Costa, Santiago, Lugo, Ferrol e A Coruña) que se disputará entre O Porriño e Mos o luns 20 de febreiro e o martes día 21.

Na presentación estiveron presentes a rexedora local mosense, Nidia Arévalo, o presidente da Federación Galega de Fútbol, Rafael Louzán, o concelleiro de Deportes do Concello de Mos, José Areal, o concelleiro de Deportes do Concello do Porriño, Abel Estévez, os presidentes dos clubes de fútbol mosenses Louro Tameiga, Patricio Farrapeira, e Unión Deportiva Mos, Pablo Alonso Serodio; e a secretaria do club de fútbol Porriño Industrial.

O luns 20 de febreiro xogarase a primeira fase de seleccións masculinas Sub 11 de Fútbol 8 e Sub 13 de Fútbol 11, nos Campos de Lourambal de O Porriño.

E o martes 21 xogarase a primeira fase de seleccións femininas Sub 11 de Fútbol 8 e Sub 14 de Fútbol 11 nos Campos mosenses de As Baloutas e Cotororrón. En total Mos acollerá o vindeiro martes a un total de 300 rapazas futbolistas chegadas de toda Galicia.

Todos os partidos disputaranse entre as 10:00 horas da mañá e as 18:15 horas da tarde, cos correspondentes turnos para xantar.

A alcaldesa mosense, Nidia Arévalo, destacou sobre esta cita deportiva do vindeiro martes en Mos que “supón para nós unha auténtica honra acoller a primeira fase dun Campionato Galego destas características, e acoller ademáis os partidos das seleccións femininas; xa que somos un municipio referente en fútbol feminino cun equipo, o UD Mos Feminino, en Primeira Nacional”. “O martes centos de xogadoras galegas congreagaranse en Mos, o que é un verdadeiro orgullo para este Concello, e polo que quero tamén dar as máis sinceiras grazas aos clubes anfitrións, o Louro Tameiga e a Unión Deportiva Mos, que as acollerán na súa casa: nos Campos de Fútbol Municipais de Cototorrón e As Baloutas. Ademais ambos clubes son un verdadeiro exemplo de esforzo e traballo duro, así como de apoio e impulso do deporte base, tan importante e no que está a clave do éxito das categorías superiores”, concluíu Arévalo.

O Concello de Oia continúa traballando para mellorar o saneamento

0

A alcaldesa de Oia, Cristina Correa, e o concelleiro de Medio Ambiente, José Manuel Rodríguez, reuníronse recentemente coa directora de Augas de Galicia, Teresa Gutiérrez e técnicos desta entidade para avanzar na mellora do saneamento do municipio. Concretamente, a xuntanza serviu para coñecer os resultados dos estudios que, solicitados polo Concello, vén realizando Augas de Galicia en relación ás distintas alternativas posibles.

Así, durante a reunión abordouse toda a problemática de saneamento do concello de Oia, tanto nas poboacións da zona do interior, máis pequenas; como na zona da costa, onde están os principais núcleos.

Respecto á zona interior realizouse a presentación do resultado do estudio de alternativas do saneamento do medio rural do concello de Oia, elaborado no marco das Instrucións Técnicas para Obras Hidráulicas de Galicia (ITOHG_EDAR).

No que atinxe á zona da costa, presentouse o resultado do estudo de alternativas para mellorar a depuración na franxa costeira do concello de Oia.

Os técnicos presentaron as diferentes alternativas para dar solución ao saneamento dos distintos núcleos do concello, explicando as avaliacións efectuadas e os distintos aspectos que se tiveron en conta para propoñer distintos esquemas de saneamento posibles. Entre estes aspectos figuran as instalacións xa existentes, as redes e sumidoiros, o tamaño da poboación, densidade, tipo de terreo, puntos aos que se pode verter, costes das distintas solucións, costes por habitante, investimentos que poden ser necesarios, mantemento que implican as solucións, técnicas de depuración que poderían resultar mais axeitadas, etc.

Durante a xuntanza, aos representantes municipais trasladóuselle toda a información e ensináronselle as anteditas presentacións, acordándose que lle serían enviadas xunto cos estudios.

Agora, coas análises efectuadas e coñecida a problemática e os datos existentes, a directora de Augas de Galicia indicou que o Concello deberá analizar toda a información e decidir cal é o seu prantexamento e cales son as actuacións que consideran prioritarias, para poder continuar colaborando e empezar a abordar a súa execución.

A administración local analizará as súas opcións, adoptará as decisións sobre o que considera máis urxente e óptimo e o comunicará para solicitar a colaboración do departamento autonómico.

Homenaxe en Ponteareas ao mestre Rogelio Groba

Ponteareas quere render unha sentida homenaxe a un dos seus fillos predilectos, o músico e compositor Rogelio Groba Groba. O vindeiro 25 de febreiro, a Orquestra da Cámara ofrecerá un emocionante concerto na igrexa do Convento de Canedo baixo a batuta do fillo do mestre Groba, Rogelio Groba Otero.

O concerto, promovido por Concello, Orquestra de Cámara Galega e Fundación Rogelio Groba, será as 20.00 horas con entrada libre ata completar aforo.

Tras o seu falecemento o pasado 31 de decembro aos 92 anos, a música será a mellor forma de recordar e enxalzar a figura “dun ponteareán exemplar, unha persoa próxima e amábel e un traballador único e incansábel que nos deixou un legado musical que supera as 700 composicións, o que o converte no compositor máis prolífico do noso país. É sen dúbida un referente para Galicia e un verdadeiro orgullo para Ponteareas”, como explica o concelleiro de Cultura, Fernando Groba.

Entre o inmenso legado musical de Groba poden atoparse distintas obras inspiradas en Ponteareas, que o mestre dedicou á vila e entregou ao Concello como mostra da súa xenerosidade. Ao longo da súa traxectoria profesional, Rogelio Groba colleitou numerosos premios e recoñecementos, como o Premio da Crítica Galega (1979), a Medalla Castelao (1995), Galego do Ano (2002) ou o Premio Cultura Galega da Música (2011), entre outros. En Ponteareas, foi nomeado Fillo Predilecto no ano 2006 e foi homenaxeado co bautismo dunha rúa co seu nome no 2016.

Redondela ofrece unha exposición fotográfica sobre os últimos momentos da emigración galega

0

A presidenta do Consello da Cultura Galega (CCG), Rosario Álvarez, e a alcaldesa de Redondela, Digna Rivas, inauguraron na localidade a mostra ‘Os adeuses’. Trátase dunha exposición que documenta os últimos momentos da emigración galega a América a través de 51 fotografías realizadas por Alberto Martí nos portos de Vigo e A Coruña entre 1957 e 1963. Estará aberta ao público no Multiusos da Xunqueira ata o 28 de febreiro e chega a Redondela logo dunha itinerancia por numerosos destinos de España, Portugal, Brasil e Estados Unidos.

Os adeuses está comisariada por José Caruncho e estrutúrase en tres áreas: a ida, a volta e o buque Santa María. Ofrece instantáneas da partida de centos de emigrantes galegos desde os portos de Vigo e A Coruña entre 1957 e 1963. Complétase cunha reportaxe sobre a peripecia do buque Santa María, que cubría a ruta Caracas-Lisboa-Vigo, secuestrado polo Directorio Revolucionario Ibérico de Liberación (DRIL) en xaneiro de 1961 e que puido regresar ao porto de Vigo en febreiro dese mesmo ano.

 “A través da Concellería de NL á historia de Galicia dende a perspectiva de artistas galegos para ofrecer exposicións de calidade e relevancia para a veciñanza”, explica Rivas.

Alberto Martí Villardefrancos (A Coruña, 1922-2017) foi un pioneiro do fotoxornalismo que traballou durante cincuenta anos como reporteiro de La Voz de Galicia. Recibiu unha gran cantidade de premios nacionais e internacionais en cidades como Madrid, Barcelona e Bos Aires, entre os que destaca o Premio Nacional de Periodismo Gráfico, e parte da súa obra está publicada nun libro monográfico editado polo Concello da Coruña.

O catálogo

O catálogo contén 73 fotografías con textos, en galego, castelán e inglés, de Ramón Villares, Alfonso Cabaleiro, Pilar Cagiao, María Teresa García Domínguez e José Caruncho. Nel, o catedrático de Historia Contemporánea da Universidade de Santiago de Compostela Ramón Villares explica que o material é “indicativo da grande epopea da emigración galega que cobre case dous séculos da nosa historia máis recente, neste caso unha etapa ben concreta da emigración americana, aquela que na década dos cincuenta estaba xa dando os últimos folgos”.

Pilar Cagiao Vila, do Arquivo da Emigración Galega do CCG, salienta no catálogo o reflexo, nas fotografías de Alberto Martí, de todas as circunstancias que rodearon a partida dos emigrantes: “desde a chegada ao porto, a terminal de pasaxeiros atestada, ata a espera da partida e a acomodación a bordo, pasando polo mundo dos trámites, os papeis e os funcionarios”.

O comisario da Mostra, José Caruncho, propúxose —e conseguiu— “contar unha historia do que significou a emigración para miles de galegos, desde a ida ata, en moitos casos, o retorno á casa”.

O Porriño aposta pola reforestación dos montes

O Concello do Porriño pon en marcha o proxecto Porriño Net-Zero, unha iniciativa necesaria que reforza o compromiso da administración local coa sustentabilidade e a economía circular.

As principais medidas de O Porriño Net-Zero son o cálculo da pegada de carbono do Concello como institución e a neutralización da mesma plantando árbores nos nosos montes, o acceso ás comunidades de montes ao mercado do carbono e facilitar ás empresas e comercios do Porriño a conversión en negocios Net-Zero axudándoas a rentabilizar esta inversión.

A iniciativa foi presentada onte ao tecido empresarial e comercial do Porriño da man de David Lemos, representante de Airco2.

“Como Concello, achegarse á neutralidade de carbono é tamén unha resposta a unha realidade incontestable, defendida pola sociedade, polo mercado e recollida na axenda 2030 coa que nos aliñamos”, apuntou o alcalde, Alejandro Lorenzo, “Queremos que os porriñeses e porriñesas poidan sacar peito de pertencer a un concello responsable e referente no tocante ao medio ambiente. Responsable porque nos facemos cargo das emisións de CO2 que xera a nosa actividade profesional e traballamos para reducilas e neutralizala, e referente porque queremos ser un exemplo a nivel rexional e nacional de modelo de xestión municipal que vai por diante en materia de economía circular aplicada á pegada de carbono”.

Co lanzamento deste proxecto a administración local conseguirá ademais de preservar e manter os nosos montes, revalorizar o rural e promover a sustentabilidade da industria e comercio do municipio.

O interese demostrado polo tecido empresarial e comercial por este proxecto demostra, en palabras do rexedor, “o interés común de posicionar ao Porriño como un concello concienciado e comprometido co medio”.

O Concello de Nigrán estrea en abril o trail ‘5 Miradoiros’

0

O Concello de Nigrán estreará este mes de abril o seu propio trail ‘5 Miradoiros’ co obxectivo de fixar no seu calendario deportivo esta proba que fusionará deporte e natureza coas vistas máis espectaculares e descoñecidas do municipio. Este terá lugar o sábado 22 de abril pola tarde cunha proba de ascensión e escalonada de 3,5 km e saída desde Camos e o domingo 23 pola mañá con tres probas (trail longo, curto e andaina) e saída desde Chandebrito, pasando en todos os casos polas parroquias do interior: Camos, Chandebrito, Priegue e Parada. A inscrición para as diferentes modalidades está aberta ata o 18 de Abril a través da web www.razapalleira.com , clube que colabora na organización deste evento. O máximo de participantes será de 300.

“O percorrido destas probas resume o noso lema ‘Nigrán, Equilibrio Natural’: deporte, natureza e vistas espectaculares nunha contorna do noso municipio máis descoñecida e que vai sorprender moitísimo aos participantes”, avanza o rexedor, Juan González, quen considera que o propio deseño do itineario (miradoiros de O Pericoto do Vilar, Sanomedio, Estripeiro, Outeiro das Señoras e Montecastelo) consolidará a proba desde a súa primeira edición.

En total, haberá 4 tipos de probas. O sábado (17:00 horas) unha proba de ascensión  con saída escalonada e percorrido marcado con saída desde O Xuncido (parte baixa de Camos) á caseta dos cazadores, no cumio da parroquia, o que implica medio kilómetro en vertical.

O domingo (10:00 horas) a proba será un percorrido marcado con dúas distancias (25 e 13 km respectivamente), que compartirán boa parte do seu itinerario. Ademais, haberá unha andaina de 13,5 km.

O Palacete das Mendoza ábrese aos cidadáns da provincia

Entrar pola porta do Palacete das Mendoza é botar a vista atrás cara á Pontevedra de principios do século XX grazas á tecnoloxía do XXI empregada na gran transformación levada a cabo pola Deputación na sede de Turismo Rías Baixas. Se ben os turistas que visitan a provincia xa desfrutan deste renovado espazo, a institución provincial busca agora que a cidadanía coñeza a remodelación acometida “nun dos edificios máis bonitos de Pontevedra”, como asegurou a presidenta, Carmela Silva. As visitas veñen de comezar con representantes de empresas e asociacións turísticas, como o presidente do Clúster de Turismo de Galicia, Cesáreo Pardal, a xerenta da Ruta do Viño Rías Baixas, Lorena Varela, o presidente de  Hoempo, Daniel Lorenzo, a responsable das Rías Baixas de APIT Galicia, Soledad Chayán, ou a directora do Parador de Pontevedra, Meritxell Marcos, así como os directores e directoras dos medios de comunicación da cidade de Pontevedra, que puideron probar en directo os diferentes elementos interactivos, como as gafas de realidade virtual, instalados no marco do proxecto europeo “Tourist Inside”.  Ao longo do mes de febreiro, estas visitas ábrense a colectivos e asociacións da provincia interesadas en coñecer a reforma integral deste espazo “renovado e único”, solicitándoo a través do correo electrónico [email protected].

Grazas a “Tourist Inside”, que conta cun orzamento de 1,9 millóns de euros e está financiado ao 60 % por Red.es con fondos Feder, a Deputación, amais da transformación acometida no Palacete das Mendoza, remodelou outras 11 oficinas que no momento no que se puxo en marcha o proxecto formaban parte da Rede Info Rías Baixas. Nestes momentos, a Rede está integrada por 33 oficinas polo que Carmela Silva anunciou que xa se está traballando para darlle continuidade e reformar desta maneira “as que quedaron fóra na primeira convocatoria”. “Queremos -en palabras da presidenta- que as e os visitantes que se achegan ás oficinas de turismo, o primeiro contacto que teñen cos concellos que visitan, descubran unha oficina diferente á tradicional, porque hoxe en día buscan coñecer e vivir experiencias en primeira persoa. E tan pronto como entren no Palacete das Mendoza xa as van vivir”.

A transformación do Palacete

A través da innovación, mediante o emprego intelixente das novas tecnoloxías, a xeración de contidos dixitais e a tecnoloxía inmersiva, a Deputación converteu o Palacete nun auténtico recurso turístico. Desta maneira, recreouse no interior do edificio o seu xardín durante a vida das irmás Mendoza, empregando mobiliario, elementos de información e ata un sistema de aromaterapia. Tamén se instalou unha videowall a modo de grande escaparate virtual da provincia, configurada con 16 monitores multipantalla, de 55 polgadas cada un. Ademais, tralo mostrador de atención turística, hai agora unha sala inmersiva 270º, un área de proxeccións na que se mostran contidos que contan “a historia do Palacete e a vida en Pontevedra da época das irmás Mendoza”, tematizada ademais no principio do século XX das “xefazas” que viviron no palacio, empregando vinilos, unha lámpada de época e ata estores automáticos.

Na zona esquerda do edificio atópase agora un espazo de realidade virtual 360º, no que, grazas a unhas gafas de realidade aumentada, as persoas visitantes poden mergullarse en sete salas que recrean os salóns das irmás Mendoza a finais do século XIX e principios do XX. “É unha recreación extraordinariamente ben feita, xa que ata o mínimo detalle é idéntico ao que era cando elas vivían no edificio”, asegurou Carmela Silva. Ademais, instalouse un “sorprendente” espazo holográfico, no que se poden ver recreacións das irmás como donas do Palacete en distintos contextos da súa vida.

Por outra banda, a presidenta da Deputación explicou que se instalou un elevador para que as persoas con mobilidade reducida “poidan entrar polo mesmo lugar que o resto de persoas, xa que a fachada do edificio ten que ser un espazo accesible para todos”. Ademais transformouse o mostrador de atención ao público para aproveitar mellor o espazo. Desta maneira, pasou de situarse no fondo a ocupar todo o espazo central, optimizando a atención e gañando en almacenamento e inclusión, pois conta cunha zona especial para atender ás persoas con mobilidade reducida. Convértese tamén nun espazo de información accesible para que “as persoas con diversidade funcional poidan desfrutar tamén da experiencia”, cunha impresora braille para imprimir folletos para persoas invidentes, así como un bucle magnético que permite mellorar a sonoridade para persoas que empregan audiófono. Por último, todos os vídeos que se proxectan na oficina levan interpretación en lingua de signos.

O Palacete inclúe ademais unha mesa interactiva con pantalla de 65 polgadas, multitáctil e con deseño accesible na que, a través dun mapa interactivo, as persoas visitantes poden gardar recursos turísticos e crear automaticamente unha ruta que poden enviar ao seu correo electrónico. Tamén se puxo en marcha un portal web, unha aplicación móbil de interoperabilidade e instaláronse dúas tabletas con soporte de pé nas que a xente “poderá contarnos o grado de satisfacción que tivo da visita”.

Mos acada as 800 trampas instaladas contra as velutinas

0

O merendeiro de Santa Mariña, na parroquia de Pereiras, acolleu a entrega por parte do Concello de 400 trampas para vespas velutinas, adquiridos con fondos propios, como parte da campaña anual de prevención contra a velutina que desde fai anos vénse desenvolvendo por parte da administración local mosense. A idea é ir ano tras ano sumando trampas para facer unha rede e ser máis efectivos no trampeo das raíñas nesta época.

Na entrega estiveron presentes a alcaldesa de Mos, Nidia Arévalo, o concelleiro de Medio Ambiente Sostible, Leo Costas, o coordinador dos apicultores de Mos, Serafín Arjones; e representantes do Grupo Supramunicipal de Emerxencias, GES, de Mos.

O obxectivo desta campaña é dotar aos apicultores mosenses, que durante o verán axudan ao Servizo Municipal de Emerxencias de Mos a eliminar niños de velutina, dun reforzo na loita contra esta especie invasora, baseado en medidas de prevención.

A instalación das trampas farase nas 10 parroquias por igual, a razón de 40 trampas por parroquia, e realizarana entre máis dunha vintena de apicultores mosenses que participan nesta iniciativa e que, tras a colocación das trampas, encargaranse de vixilalas para que se conserven en bo estado e controlar que conteñen a cantidade necesaria de líquido atraente, ou repoñelo en caso contrario.

A instalación das trampas comezará xa e realizarase durante o que queda do presente mes de febreiro, que é cando saen as raíñas que ata o de agora atopábanse hibernando.

Desde o Concello de Mos infórmase de que a campaña de trampas repítese cada ano. O pasado 2022 xa se repartiron e instalaron outras 400 unidades. Dado que cada trampa dura varios anos, deste xeito lógrase que este ano cada parroquia mosense conte xa con 80 trampas instaladas; un total de 800 en todo Mos. Así mesmo, os representantes municipais, Arévalo e Costas, avanzaron que o próximo verán farase a entrega a estes máis de 20 apicultores mosenses o veleno para disparar e desactivar os niños de velutina nas dúas modalidades existentes: pértiga e escopeta.

O edil de Medio Ambiente Sostible, Leo Costas, declaraba esta tarde que “na prevención está a clave para poder ter un verán e un outono libre de velutinas, polo que desde o Concello de Mos, ademáis de investir nesta campaña de trampas profesionais, anímase aos particulares a elaborar trampas caseiras que poden colocar nas súas fincas”. Para ensinar como construír estas trampas caseiras publicarase un vídeo didáctico nas redes sociais municipais. Costas destacou para rematar que “a pesares de non ter competencias nesta materia, desde o Concello de Mos implicámonos fortemente na prevención e eliminación da vespa velutina, coñecedores da importancia que teñen campañas deste tipo e da preocupación que esta especie invasora xera non só entre o colectivo dos apicultores, senón entre a veciñanza en xeral”.

Redondela celebra por todo o alto o Día de Rosalía de Castro

0

O Concello de Redondela, a través da área de Normalización Lingüística dirixida pola alcaldesa Digna Rivas, organiza un ambicioso programa para celebrar o Día de Rosalía de Castro. “A intención é ofrecer un programa variado para toda a familia no que poder incluir o comercio local e as institucións educativas. É unha prioridade deste goberno facer unha programación por e para os veciños de Redondela”, explica Rivas,

Nesta iniciativa, en sintonía coas actividades promovidas pola Fundación Rosalía de Castro, o Concello colabora coa Asociación de Empresarios/as de Redondela a través dos establecementos de hostalaría, floreisterías e librarías locais. Entre as librarías podemos atopar A Carambola, La Imprenta, Mandamamá e  Molière; entre as floristerías atopamos a A&M Flores; serán os hostaleiros e hostaleiras de 78 Gastrobar, A Cova, Bar Nando, Casa Chano, Don Vinarius e Pizzería Bos Aires os encargados de realizar unha proposta propia do chamado “Caldo de Gloria” inspirado no poema Rosalía de Castro para ofrecer aos consumidores.

Por outra banda, todas as librarías de Redondela paritciparán de maneira activa. Durante o 23 ao 25 ofrecerán descontos para o libro en galego, agasallarán unha flor e promocionarán a figura de Rosalía. “Neste sentido, animamos ao pobo de Redondela a partcipar activamente nesta iniciativa na aposta deste goberno por incenivar o consumo no comercio local”, explica Rivas.

O mundo do ensino tamén participará. O concello proxectará a curtametraxe ‘A rosa incandescente’ para alumnado dos IES de Chapela ás 10:30 h no Auditorio do Piñeiral do Crego de Chapela e paara o IES de Redondela ás ás 12:00 h no Auditorio da Xunqueira de Redondela. Esta proxección contará cunha introdución do técnico de normalización do noso concello, que é especialista no período do Rexurdimento e na propia obra de Rosalía. O día 23, data do nacemento de Rosalía, farase unha ofrenda floral e un acto institucional na propia Alameda de Rosalía, en Chapela. Nela participará o alumnado do CEIP Alexandre Bóveda que tomarán a palabra e dramatizarán algúns dos textos. De cara ao 25, as actividades duplícanse. En Redondela, no Multiúsos da Xunqueira, haberá un espectáculo infantil centrado na vida e na obra de Rosalía de Castro.

Pola súa banda, en Chapela, celebrarase unha homenaxe popular dando voz aos distintos sectores sociais de Redondela encargados todos eles por mulleres. Dende o Clube de Remo feminino, mestras, hostaleiras ou libreiras… ademais contarase coa actuación do grupo de baile tradicional Anaquiños e tamén da soprano rusa Anna Melhikova, que interpretará un repertorio con obras de Rosalía, Curros ou Pondal.

En definitiva, a rexidora asegura que  “Redondela presenta un programa dos máis completos de toda Galicia para celebrar e lembrar o exemplo de Rosalía como muller feminista e escritora. Sempre implicada na xustiza social e como muller activista a prol da liberdade de Galicia e da dignificación do noso pobo. Debémoslle moito a ela e Redondela quere situarse, coma sempre, nun lugar privilexiado no fomento da nosa terra. A fin de contas, a participación social nestes actos exemplifica como nos unimos arredor de Rosalía, do seu significado e sen dúbida por ser ela unha encarnación da idea de Galicia.

Ponteareas organiza un novo curso de autodefensa para mulleres

O Concello de Ponteareas pon en marcha un novo curso de autodefensa para mulleres ante situacións violentas, un taller que, como sinala a concelleira de Benestar Social e Igualdade, Verónica Carrera, busca “dotar ás mulleres de ferramentas para defenderse ou previr estas situacións. Non se trata de ensinar a pelexar, senón de facilitarlles todos os instrumentos para que poidan saír ilesas ou co menor dano posíbel para despois empregar as vías legais de protección e denuncia”.

O curso impartirase de balde do 28 de febreiro ao 2 de marzo na sala multiúsos do auditorio municipal en horario de 10.00 a 14.00 horas. As persoas interesadas en participar poden xa inscribirse chamando ao teléfono do Centro de Información a Mulleres, o 986 644 653.

As e os formadores serán especialistas da Federación Galega de Loita e pertencentes ás Forzas e Corpos de Seguridade do Estado, que realizarán un adestramento físico e psíquico para saber como actuar ante diversas situacións problemáticas con técnicas de autodefensa. O Concello de Ponteareas colabora con este curso organizado pola Secretaría Xeral de Igualdade da Xunta de Galicia a través de fondos do Ministerio de Igualdade do Goberno de España.

Carrea convida a todas as mulleres interesadas a participar nesta iniciativa “que amosa a aposta do Goberno municipal por igualdade, non soamente con cursos de formación que amplíen o currículo das mulleres e lles facilite a incorporación ao mercado laboral, senón tamén ofrecendo ferramentas como as deste curso, que lles achega seguridade e independencia tanto física como psicolóxica”.

A Xunta inviste en obras para reducir o risco de inundación no río Viladesuso en Oia

0

A Conselleira de Infraestruturas e Mobilidade, Ethel Vázquez, anunciou hoxe a licitación por máis de 342.000 euros das obras para reducir o risco de inundación no río Viladesuso, no concello de Oia, que se iniciarán este mesmo ano.

Así o adiantou Vázquez Mourelle na presentación, xunto coa alcaldesa, Cristina Correa, destas actuacións, coincidindo coa posta en marcha da contratación dos traballos para minimizar o risco de asolagamento neste río, na zona da ponte da Serra Seca.

A titular de Infraestruturas e Mobilidade avanzou que as empresas interesadas teñen de prazo ata o vindeiro 17 de marzo para presentar as súas ofertas a este contrato. A partir de aí, dixo, continuarase cos trámites oportunos, co obxectivo iniciar as obras este mesmo ano. Os traballos teñen un prazo de execución de 6 meses, polo que estarán finalizadas a mediados de 2024.

Ethel Vázquez detallou que esta actuación é froito da colaboración entre a Xunta e o Concello para minimizar os efectos producidos polas enchentes no río Viladesuso e acadar unha rápida e mellor recuperación ante posibles asolagamentos.

Lembrou que a contorna do río, na zona da ponte da Serra Seca, está cualificada como área de risco potencial significativo de inundacións, no Plan de inundacións da Demarcación Hidrográfica de Galicia-Costa, que é a conca de competencia autonómica.

Tal e como establece o convenio asinado co Concello, a Xunta será a encargada de executar e financiar integramente as obras, cun investimento de 342.000 €. Pola súa banda, a administración local, ademais das autorizacións precisas, pon á disposición os terreos necesarios para acometer os traballos, para o que foi preciso realizar expropiacións.

A responsable da entidade hidráulica da Xunta explicou que as intervencións que se levarán a cabo para minimizar riscos céntranse na mellora do comportamento hidráulico deste río ao paso por Oia e completan as xa realizadas en anos anteriores cun investimento autonómico de 152.000 €.

Agora, Augas de Galicia acometerá novas actuacións para incrementar a sección do río na zona da ponte da Serra Seca e a protección do leito fronte á erosión, especialmente nos tramos curvos.

Explicou que unha primeira intervención estará encamiñada a protexer a canle do río na marxe esquerda, coa construción dun noiro de protección de dique con dous mantos, un principal de escolleira baixo o que se coloca un secundario que actúa a modo de filtro drenante.

A segunda actuación busca aumentar a sección hidráulica da ponte coa construción dun marco prefabricado de formigón de 4 metros e unha pendente constante do 5% como o leito do río. Augas arriba das estruturas, entre o estribo da ponte e o novo marco, executarase unha pequena cuña triangular de formigón para facilitar o fluxo da auga.

A conselleira explicou que tamén se vai a facer un retranqueo do leito na marxe esquerda, construíndo un novo muro, para dar continuidade hidráulica á actuación executada na ponte; e derrubárase o muro actual pola outra marxe, pola dereita, coa construción dun novo muro retranqueado para minimizar o risco de inundación nesa zona.

Ethel Vázquez indicou que na intervención se reforzará a marxe dereita do río coa construción dun noiro, de modo similar ao da marxe esquerda. Finalmente, dixo, será preciso realizar unha transición do reforzo do noiro proxectado na marxe dereita coa ponte, coa construción dun muro.

Na obra vaise aproveitar e reutilizar todo o material depositado no leito do río: as rocas de maior tamaño, para a construción do manto principal de dique; e o resto, como manto secundario.

Ethel Vázquez fixo fincapé na colaboración da Xunta e o Concello de Oia na suma de esforzos para completar as actuacións de mellora da capacidade hidráulica do río Viladesuso, para minimizar o risco de inundación e acadar unha rápida e mellor recuperación ante posibles asolagamentos.

A actuación está cofinanciada polo Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional FEDER no marco do programa operativo Feder Galicia 2014-2020.

O SUB-GES de Mos multiplica esforzos para dar servizo a Redondela

0

O Concelleiro de Emerxencias e Medio Ambiente Sostible, Leo Costas, respostou á Agrupación de Electores de Redondela (AER), que estes días manifestaban a súa vontade de que os Bombeiros de Vigo atendan ás urxencias do municipio redondelán, tachando de ineficaz o GES de Mos.

Ante semellantes declaracións o edil mosense manifestou a súa indignación, pois para o SUB-GES de Mos, con tan só 6 traballadores, estar a realizar o labor de 12 persoas polas que estaría integrado o GES Mos-Redondela, supón multiplicar esforzos e gastos por parte do Condello de Mos.

“Se queren que os atenda o Parque de Bombeiros de Vigo, por nós non hai problema, xa que supón un gasto desprazarnos ata Redondela. Debería darlles vergoña facer afirmacións desta índole, pois estamos atendendo as emerxencias do seu municipio coa mesma implicación e rapidez que se fose no noso propio Concello. E o SUB-GES de Mos está facendo con 6 operarios o traballo de 12, pola ineptitude do goberno de Redondela, que non foi capaz de poñer en marcha o seu SUB-GES demostrando a súa nula capacidade de xestión; xa que o GES Mos-Redondela debería estar integrado por 2 SUB-GES, un de cada Concello, con 6 traballadores cada un. E a realidade é que en Mos estamos a facer todo o traballo”, insistiu Leo Costas. O concelleiro tamén destacou que “é de salientar a intención de cargar ó servizo de Bombeiros de Vigo con 29.000 novos veciños, cando os propios Bombeiros de Vigo están a manifestar que a plantilla non chega para dar cobertura o seu propio municipio”.

Respecto da crítica que AER fai dos camións cos que traballa o GES de Mos, Costas aclara que “dispoñemos de 3 camións e agora estamos a espera de recibir un novo, que sería o 4º do noso parque; e por suposto dos 3 que temos non todos teñen 30 anos de antigüidade”.

E por último, o concelleiro mosense aborda a crítica de AER dicindo que os camións cisterna do GES de Mos non superan os 70 quilómetros por hora tardando desde a base ata o lugar do sinistro máis de 20 minutos de traxecto, argumentando que “tal afirmación só demostra a ignorancia e o descoñecemento, xa que é mentira que os nosos camións non superen esa velocidade, e indistintamente da velocidade que sexa necesaria, polo menos cubren a falla de medios do Concello de Redondela”.

A camelia, protagonista da fin de semana en Tui

0

Mañá sábado, 18 de febreiro, ás 12.30 horas, será inaugurada no Claustro da Catedral de Tui a VIII Mostra da Camelia organizada por ATUCA, Amigos Tudenses da Camelia, coa colaboración do Concello de Tui entre outras entidades. O lema deste ano é “A Camelia na Eurocidade”. Acudirán 80 expositores de Galicia, Asturias e Portugal que amosarán unha ampla mostra desta flor e das distintas variedades.

O alcalde de Tui, Enrique Cabaleiro, participará mañá no acto inaugural xunto a representantes da Dirección Xeral de Turismo da Xunta de Galicia, da Deputación de Pontevedra, da Sociedade Internacional da Camelia, da Sociedade Española da Camelia, da Catedral de Tui e de ATUCA.

A exposición poderá visitarse mañá sábado de 16.30 a 21.00 h e o domingo de 10.00 a 14.00 h e de 16.00 a 20.00 h.

De forma paralela unha trintena de comercios de Tui súmanse a esta iniciativa engalando esta fin de semana os escaparates dos seus establecemento con  camelias. A idea xurdiu do propio comercio local contando coa colaboración de ATUCA, do Concello de Tui e veciños e veciñas que doaron flor para expor nos establecementos, ao igual que o Centro O Pelouro.

Deste xeito Tui esta fin de semana sumará a todo o seu patrimonio natural, cultural e histórico un atractivo máis coma é a camelia. Así os visitantes amais de achegarse até o claustro da Catedral poderán tamén facer un percorrido pola cidade para admirar as decoracións nos comercios locais. A listaxe completa e un mapa no que se poden consultar os comercios participantes pódese consultar tanto na web municipal coma na Oficina de Turismo, no Paseo da Corredoira.

Tomiño, escenario do documental ‘Acordamos’ da Deputación

0

A Deputación, a través do Departamento de Memoria Histórica, presentou hoxe o documental ‘Acordamos’: un canto dende a música á loita polos ideais de igualdade e xustiza de principios do século XX. Trátase da segunda entrega da chamada ‘cartografía musical’ da memoria histórica da provincia, que nesta edición percorre lugares importantes onde se reivindicaron os avances do agrarismo, sindicalismo, economía, e educación que se deron naquel entón e a resistencia ante o golpe do 36.

A peza audiovisual foi gravada en Sobredo, Moaña, Lérez, a Illa de Arousa, Tomiño e Xiabre e reúne testemuñas de familiares e persoas investigadoras xunto á música de Uxía, Quilma e As Divinas, Malvela, Celina da Piedade e Ana Santos, Wöyza e María Faltri, Antía Muíño e Luis Pastor, Treixadura e Sondarúa. A idea orixinal é do Departamento de Memoria provincial, a dirección artística correu da man de Uxía, Lucas Terceiro está na dirección técnica e realización, Tito Ledesma no son en directo, Conchi Carro na produción e Carmen Conde no guión e condución. Dende hoxe , trala presentación da man da deputada de Memoria Histórica María Ortega, a técnica de Memoria Montse Fajardo e Uxía, xa está dispoñible o tráiler nas redes sociais da Deputación. A data da estrea darase a coñecer de maneira inminente.

Esta segunda entrega aposta por dar protagonismo á transmisión interxeracional da memoria “e fusionar as lembranzas das persoas maiores coa necesidade de coñecemento das persoas máis novas”. Esta idea vese -dixo Ortega- no propio deseño do cartaz, no que aparecen unidas unha man adulta e outra nova, e sobre todo no documental, onde se mesturan figuras musicais consagradas como Celina da Piedade, Malvela ou Luís Pastor con xente nova como Antía Muíños, Wöyza ou Son da Rúa, contando ademais con colaboracións moi especiais de rapazada, que participou na gravación dos vídeoclips tanto en Moaña como en Tomiño.

“No que coinciden Acorda e Acordamos é na mestura de música e testemuñas. Cremos que non ten sentido gravar nun lugar se non contextualizamos o que alí pasou. Facémolo con persoas expertas na memoria pero tamén con familiares de vítimas ou veciñanza de máis idade, que garda lembranzas daquel tempo”, dixo a nacionalista, quen salientou a necesidade de transmitir sentimentos para que a mocidade “xere empatía para entender o que pasou e se convenza de que non se debe volver repetir”.

O repertorio de cancións do documental, explicaron as autoras, no está escollido ao azar. Como pasou no primeiro documental, todas as pezas teñen relación coa historia que se conta en cada lugar. E nalgúns casos, como Moaña, foron compostas expresamente para ‘Acordamos’. A propia Wöyza conta no documental a súa historia familiar e tamén é orixinal e compúxose expresamente para o documental, a banda sonora, interpretada por Uxía con coros de persoas participantes na peza.

Os lugares da loita

Sobredo, unha das localizacións da gravación de ‘Acordamos’, é un símbolo das revoltas coas que o pobo galego se enfrontou ao sistema caciquil no cambio de século.  Rodouse alí coincidindo coa conmemoración -o pasado 28 de novembro- do centenario do asasinato de Cándida Rodríguez e de Joaquín Estévez e Venancio González, dirixentes agrarios, durante unha protesta contra o abuso dos foros. Entre as persoas expertas que falan no documental está Marga Romero,  da asociación Mártires de Sobredo, xunto á escritora María Reimóndez.

A peza que se toca, sendo unha vila transfronteriza, é unha canción portuguesa lixeiramente transformada na letra e “moi combativa” que vindica que a terra é de quen a traballa, segundo Uxía. Alí  gravaron Malvela e Celina da Piedade. 

En Moaña reivindícase a xente do mar e a súa loita sindical, desde Fraternidade Mariñeira, co testemuño de Luís Chapela, activista da memoria desde hai décadas. A canción interpretada foi composta por Woyza ad hoc para este emprazamento baixo o título de ‘Ruxe’ e cántaa en compaña de María Faltri e rapazada do IES de Moaña.

A seguinte parada do documental é Lérez, unha parroquia pontevedresa que en tempo da II República desenvolveu unha novidosa iniciativa para non depender da usura dos bancos: xente da sociedade agraria abriu a Caixa Rural de Lérez que funcionaba de xeito cooperativo. O vídeo gravouse na actual Casa de Cultura, que está nun local incautado á veciñanza tras o golpe e que a parroquia volveu recuperar na democracia. No audiovidual fala Xosé Álvarez Castro, historiador e testemuña dese proceso de recuperación, mentres que a canción dá de novo o protagonismo é de xente moza. O grupo SondaRúa interpreta o seu tema ‘Éxodo’ – peza na que se queixan de como a xente moza ten que volver a marchar como fixeron avós e avoas-, pero con cambios na letra adaptados a este proxecto.

A Illa de Arousa e o intento de proclamación dunha república independente realizado por un grupo de republicanos reunidos na taberna o Nicho en outubro de 1934 é o episodio escollido para representar a loita política en ‘Acordamos’. O historiador Juan Otero ‘Genito’ é unha das testemuñas e a canción, unha do grupo rock da Illa ‘’Quilma’, que canta xunto a mulleres da coral ás que no proxecto se chama ‘As Divinas’.

En Tomiño, a Escola Aurora del Porvenir, é outro dos lugares escollidos para representar o modelo educativo da II República e para homenaxear a emigración galega que mandou cartos para construír escolas nas súas vilas ou parroquias. Fala na peza a historiadora Natalia Jorge e a canción que se interpreta é ‘Los olvidados’ de Pedro Pastor da man de dúas xeracións distintas: a cantautora galega Antía Muíño fai un dueto co consagrado Luís Pastor, que fan unha versión con parte da letra traducida ao galego e con alumnado do colexio como participante de excepción.

O audiovisual pecha no Xiabre como símbolo da resistencia que o pobo galego impuxo ante o golpe. “O relato interesado do franquismo quixo etiquetarnos como un pobo submiso que recibiu o ditador cos brazos abertos, cando foron moitas as mostras de resistencia. Moitos loitadores converteron o monte no seu fogar, e co tempo as cuadrillas de xente fuxida deu paso á guerrilla”, explicou Montse Fajardo. Diso fala Marcelino Abuín , que se une á canción ‘Inda canto’ de Treixadura, que fala precisamente da estadía dos fuxidos en Lobeira. Ademais, ‘Acordamos’ ten como BSO a peza ‘Acorda’ composta por Uxía.

A cantante e directora artística de Acordamos resaltou o agradecemento ao departamento de Memoria da Deputación por levar adiante a iniciativa “xa que é unha nova oportunidade para cantar á loita e a resistencia” e subliñou o grande traballo da equipa técnica, que en parte foi renovada fronte á primeira edición. 

Valença coloca o Bacalhau à São Teotónio ‘À Mesa em Fevereiro’

À Mesa em Fevereiro é a iniciativa que vai levar o Bacalhau à São Teotónio, aos restaurantes aderentes, entre 16 e 28 de fevereiro.

Esta é uma ótima oportunidade para degustar um dos pratos mais emblemáticos da restauração valenciana.

14 restaurantes convidam os apreciadores de bacalhau a virem até Valença, nos próximos dias.

O bacalhau à São Teotónio, é um prato de sabor genuíno, com nome de santo, em homenagem ao primeiro santo português, natural de Valença.

Há séculos que, por Valença, se apuram os sabores e a arte de apresentar as receitas de bacalhau.

A iniciativa é da Câmara Municipal de Valença em parceria com as unidades de restauração locais.

LISTA DOS RESTAURANTES ADERENTES

? Adega do João

  • ☎️ 251839359
  • ? Estrada Nacional 201 | Cerdal

? Baluarte

  • ☎️ 251824042
  • ? Rua Apolinário da Fonseca | Valença

? Coroa Verde

  • ☎️ 251825759
  • ? Rua do Jardim | Valença

? Cristina

  • ☎️ 251825368
  • ? Centro Comercial Lara, Avenida dos Bombeiros | Valença

? Fatum

  • ☎️ 251818140
  • ? Casa Mata, Portas da Coroada | Fortaleza

? Fonte D `Ouro

  • ☎️ 251839393
  • ? Estrada Nacional 201 | Cerdal

? Mané

  • ☎️ 251823402
  • ? Avenida Miguel Dantas | Valença

? MariTone

  • ☎️ 251826713
  • ? Estrada Nacional 13 | Gandra

? Merendola

  • ☎️ 251822201
  • ? Oliveira da Mosca | Ganfei

? Muralha

  • ☎️ 913135138
  • ? Travessa da Secretaria Militar | Fortaleza

? O Escondido

  • ☎️ 251839256
  • ? Rua de Chamosinhos | São Pedro da Torre

? O Neves

  • ☎️ 251839309
  • ? Estrada Nacional 13 | São Pedro da Torre

? Pousada de São Teotónio

  • ☎️ 251800260
  • ? Rua da Gaviarra, Baluarte do Socorro | Fortaleza

? Rocha e Grill

  • ☎️ 251107672
  • ? Edifício Cidade Nova, Rua Dr. Ibérico Nogueira | Valença

Comeza a rehabilitación da antiga casa do mestre de San Xurxo en Salceda

Comezan as obras de rehabilitación da antiga casa do mestre de Vendanova na parroquia de San Xurxo. Traballos que se levan a cabo co Obradoiro de Emprego “Rehabilita Salceda” e que permitirán ampliar o espazo educativo nunha das escolas unitarias que acollen máis alumnado.

A actuación consiste en reformar e habilitar para uso educativo a parte da edificación que antigamente se destinaba a vivenda do mestre e que actualmente se atopa en ruínas. Con esta reforma daráselle ubicación a un aula polivalente de gran tamaño, unha pequena oficina, un aseo e un hall de entrada.

Como parte importante da reforma procédese a proxectar unha rampla de acceso lateral, a construción dun aseo adaptado e a conversión do aseo actual en adaptado, o que permitirá que sexa unha edificación completamente accesible. Tamén se incide nos illamentos térmicos e acústicos , ademais nos revestimentos, facendo fincapé na eficiencia enerxética.

Esta actuación é unha das tres intervencións que se realizarán co obradoiro de emprego, á cal hai que sumarlle o cambio de cuberta da aula de Picoña e o acondicionamento dunha pequena planta de almacenamento de refugallos que permitirá ao permitirá ao concello clasificar refugallos e reciclar dunha maneira máis eficaz e selectiva. Esta última actuación xa se está a levar a cabo de xeito simultáneo coa rehabilitación da casa do mestre.

Verónica Tourón alcaldesa e concelleira de Emprego e Formación, remarcou “dende a Concellería de Emprego sempre apostamos polos obradoiros e a súa metodoloxía pedagóxica de “aprender traballando” porque contribúe á formación integral do seu alumnado traballador e revirte dunha forma moi positiva a nivel social no noso concello coa rehabilitación das instalacións municipais que prestan servizo á veciñanza”.

Estas actuación segue na liña de rehabilitación e reforma de espazos municipais para por a dispor da veciñanza, mellorando e aumentando servizos públicos fundamentais.

O obradoiro de emprego posibilita aprender un novo oficio de forma remunerada, pero ademais aporta outras moitas experiencias sociais e é unha oportunidade para atopar novas saídas laborais. Ademais de facer unha labor importantísima e moi útil. Un obradoiro que ademais relaciona catro áreas fundamentais no benestar da veciñanza: educación, medio ambiente, emprego e formación.

A Asociación de Empresarios de Redondela realiza o sorteo da campaña de San Valentín

0

A Asociación de Empresarios de Redondela (AER) realizou o sorteo, de forma dixital, o 17 de febreiro de 2023 na sede da propia asociación, entre os centos de tickets rexistrados. Foi preciso anular 18 participantes xa que non axuntaron a foto do ticket da compra realizada.

Este concurso tiña unha singularidade e que a clientela podía elixir o premio que quería gañar, neste caso, a gañadora do premio foi a veciña Silvia Villanueva Garrido que elixiu unha escapada romántica e relaxante.

Normas do concurso

Para poder participar no concurso, era preciso realizar compras no comercio local de Redondela (promoción só válida para establecementos asociados) entre o 4 e o 14 de febreiro.

Logo era preciso inscibirse e adxuntar o tique da compra realizada.

A Guarda vivirá un día histórico coa chegada de “O Gran Camiño” ao Trega

0

A Volta a Galicia foi unha carreira por etapas que se disputou polo territorio galego dende 1933 (ano da súa primeira edición) e que foise sucedendo durante os anos (aínda que non de xeito continuado) ata o 2000, sendo a partires de 2002 relegada a categoría amateur.

Aínda así, existe unha grandísima lista de campións que disputaron ou conseguiron o triunfo nesta carreira. Nomes históricos no mundo do ciclismo como Miguel Induráin, Marino Lejarreta, Abraham Olano, Marco Pantani, Laurent Jalabert, Claudio Chiapucci, Frank Vandenbroucke ou Álvaro Pino formaron parte (ou gañaron) nalgunha das súas edicións. Unha proba que sempre atraía a grandes estrelas que contaban coa simpatía dos mellores equipos do mundo, e que cadraban os seus calendarios para dar o mellor dos espectáculos na ronda galega.

Con O Gran Camiño, búscase revitalizar esta carreira, coa imaxe e a posta en escena actualizadas e acorde aos tempos que corren, para retomala do xeito máis vangardista posible. Tentando que dende o primeiro momento esta proba conte co nivel, a repercusión e a fama que no seu día tivo a Volta a Galicia, atraendo ás grandes figuras mundiais do momento.

O proxecto encaixase do 23 ao 26 de febreiro, adaptándose así en datas ao resto do calendario e a loxística dos equipos, facilitando así o desprazamento de todas as estruturas que durante eses días compiten pola península.

O ciclismo é un deporte fascinante para o espectador. O seu principal activo radica na súa lexión mundial de seguidores en continuo auxe, sumado a que o espectáculo deportivo soe desenrolarse por paraxes evocadores. O ciclista popular non só emula aos seus ídolos comprando a súa mesma bicicleta ou equipación, xa que tamén se despraza coa súa familia a pedalear polos escenarios que contempla por TV.

O ciclismo evoluciona, os equipos evolucionan, as retransmisións evolucionan… e cremos firmemente que as demais carreiras debemos evolucionar e adaptar o noso produto ás novas tendencias mediáticas, para explotar ao máximo o potencial e as posibilidades que este deporte ofrece. A través desta singular carreira, ilustrarase ao mundo que Galicia e o gran destino, O Camiño dos Camiños, O Gran Camiño.

Ademais de crear afección, este tipo de carreiras serven para axudar a potenciar a implantación do uso da bicicleta como medio de transporte e actividade ao aire libre, sen focalizar o evento exclusivamente na versión competitiva da bicicleta.

O Gran Camiño será do 23 ao 26 de febreiro, catro días nos que o pelotón atravesará parte das diferentes paraxes da nosa rexión. Cada unha das catro provincias que conforman Galicia será protagonista nunha das catro etapas, cun percorrido moi atractivo tanto para o corredor como para o espectador, onde por seguro viviranse grandes momentos de loita, estratexia e deportividade.

Na Guarda O Gran Camiño chegará na segunda etapa do venres día 24 de febreiro, unha etapa que conta con 184,30km de percorrido e 2577m. de desnivel acumulado rematando no cumio do Monte Santa Trega.

Para A Guarda é un día histórico, porque é a primeira vez que unha etapa da Volta Ciclista  chega a A Guarda,  trátase dun espectáculo deportivo de primeiro nivel que se desenvolverá  nun marco incomparable como é o  monte Trega.

Para evitar problemas de tráfico que dificulten o normal funcionamento desta proba deportiva, habilitarase un servizo de bus dende as 12:00h do mediodía con saída dende o Centro Cultural que levará a todas aquelas persoas que desexen ver a carreira ata o cumio do Monte Santa Trega.

A chegada aproximada á Guarda está marcada entre as 14:50h e as 15:30h en función da velocidade da carreira.

O cineasta e fotógrafo José Gil recalará en Covelo para rememorar os anos vividos na Lamosa e a súa traxectoria

0

O Concello de Covelo participa no proxecto “José Gil. Pontevedra provincia de cinema, na orixe do cinema”, que levará este ano por toda a provincia exposicións, charlas, proxeccións e música. O alcalde de Covelo, Pablo Castillo, participou onte na presentación do proxecto na rúa Príncipe de Vigo a poucos metros de distancia de onde José Gil montou no ano 1910 a primeira produtora de cinema da historia de Galicia. Financiado pola Deputación, en colaboración con Vía Láctea Films, Cine na Rúa e Editorial Galaxia busca ao longo deste 2023 recoñecer e reivindicar a este visionario e pioneiro, que cimentou as bases do audiovisual galego e que vivíu na nosa parroquia da Lamosa.

“Recuperar a historia das persoas que viviron na nosa vila e que deixaron unha pegada especial na cultura galega e na do noso concello é fundamental para que toda a cidadanía poida desfrutar da riqueza e do patrimonio cultural e artístico e nos deixaron persoas como José Gil que viviron na nosa terra”, explica Pablo Castillo.

José Gil levaba o cine a todos os recunchos de Galicia, un Cinemóbil, que será a peza central coa que este proxecto chegará a 30 concellos cos que este cineasta tivo relación durante a súa vida.

José Gil (As Neves, 1870-Vigo, 1937), realizou máis de 150 filmes documentais entre 1910 e 1935 no sur de Galicia e a pesar de ser “o pai do cinema galego”, segue a ser unha figura descoñecida e case nada queda da súa obra (só se conservan 7 películas). Desde a música que formou parte da súa vida, interpretada en directo por un dúo, ata o citado Cinemóbil baseado no seu “automotor de cine”.

Deste xeito, o proxecto multidisciplinar “José Gil. Pontevedra, provincia de cine. Na orixe do cinema” aglutinará presentacións, exposicións, proxeccións, concertos e múltiples actividades moi vencelladas ao territorio entre febreiro e decembro.

Manuel González é o autor do libro biográfico sobre o pioneiro do cinema, editado por Galaxia, que se presentará ao longo do ano no marco deste proxecto

Programación

A programación de “José Gil. Pontevedra, provincia de cine. Na orixe do cinema” comezará nas Neves (24-25 de febreiro) e rematará en decembro (1-3) en Ponteareas e percorrerá amais os concellos de Cuntis, Cambados, A Guarda, Caldas, Mondariz, O Grove, Poio, Baiona, Redondela, Gondomar, Nigrán, Arbo, Mondariz-Balneario, Soutomaior, O Porriño, Bueu, Cangas, Pontecesures, Lalín,  Sanxenxo, Pontevedra, Tui, Vigo (en outubro), Covelo, Moaña, Salvaterra, Marín e Vilagarcía.

En cada un destes concellos José Gil ocupará o espazo público durante unha fin de semana, chegando á veciñanza con actividades para todos os públicos como o Cinemóbil, que conterá os 16 paneis explicativos sobre o cineasta, que abordan a súa biografía e traxectoria na fotografía. Amais, están previstos encontros coa comunidade educativa de cada lugar, así como a exhibición e presentación de documentais, curtas e montaxes arredor deste pioneiro e a presentación do libro de Manuel González “Nos días encantados de agosto”.

A programación incluirá así mesmo sesións vermut, con música en directo, nas que as bandas de música de cada concello interpretarán un programa composto por músicas relacionadas coa vida de Xosé Gil, e proxeccións audiovisuais sobre as obras conservadas de Gil, un documental de 55 minutos de Miguel A. Romero sobre o cineasta e unha curta cómica de Harold Lloyd proxectada por José Gil nos seus cinemas. Igualmente, estará dispoñible un espazo web con toda a información sobre o cineasta e o proxecto para divulgar a súa figura.

O concurso de entroido de Nigrán trasládase ao venres 24

0

O Concello de Nigrán apraza o tradicional concurso de comparsas previsto para este sábado 18 ao venres 24 de febreiro ás 21:00 horas ante a nova do falecemento hoxe de Javier Martínez Giráldez pescando en Monteferro, veciño de Parada moi coñecido en todo o municipio. O Concello abre desde hoxe venres ao martes 21 (inclusive) a posibilidade de que se inscriban novas formacións, que se sumarían ás 13 que xa o estaban.

O evento mantense exactamente igual, así, será presentado polo coñecido monologuista Pepo Suevos e contará coa animación de rúa a cargo da batucada ‘Bate no Cobre’ na apertura do desfile e durante a deliberación do Xurado.. O desfile, como é xa habitual, comezará ás 21:00 horas e irá por Rosalía de Castro (desde a rúa Telleira ata a Casa Consistorial) e o fallo e achega de premios será in-situ.

A día de hoxe (a falta deste novo prazo de inscrición) única comparsa representante de Nigrán será a xa habitual da Asociación Cultural Parada do Miñor con ‘Xeada’ e 67 participantes; por Gondomar estará a Asociación Políticamente Incorrectos con ‘A Valhalla Pode Esperar’ (51 persoas), O millor de cada casa de Vincios con ‘A maxia do cine’ (56), Ldanzia con ‘Mouline Rouge’ (90), Paradela con ‘Homenaxe a Grease’ (70) e A Merced de Chaín con ‘Grease’(50), Carnavales de Mañufe con ‘Pouco Corrente’ (54); por Baiona o Centro Cultural de Baiña con ‘Rock in Baiña’ (65). De Vigo estará Os da Casa con ‘Un mundo máxico’ (100) e o Centro Cultural de Valladares con ‘Valla-Space’ (65). Desde Tomiño acudirá ‘Luces de Tomiño’ con ‘Fantasía do Zodiaco’ (80) e Revolucion Show (43). Finalmente, a comparsa máis numerosa será a da Asociación de Veciños ‘A nosa terra de Pereiras’ (Mos)- ‘Mos, pueblo paleta’ con 108 participantes.

A programación do Concello arrancará finalmente o luns 20 de febreiro cunha festa de entroido infantil no Auditorio Municipal desde as 17:30 horas e, ao día seguinte, martes 21 desde ás 18:30 horas, organízase un baile con música en directo do trio Azar e concurso de disfraces para todos os públicos con premio para o disfrace máis simpático, máis elaborado e parella máis danzarina.

O seguinte prato estrela do entroido nigranés será a tarde do sábado 4 de Marzo co tradicional enterro do kiko de Parada que, unha vez máis, partirá desde a Casa do Concello tirado por un carro de bois para ser velado e sentenciado no Torreiro de Parada, onde haberá festa durante toda a tarde-noite. Esta peculiar celebración naceu da man do Centro Cultural e Recreativo Parada do Miñor como alternativa ao típico ‘Enterro da Sardiña’, xa que a parroquia non ten mar pero si presume de múltiples galiñeiros con “kikos” (ata o punto de que é a figura que representa á entidade). Ao longo de preto dunha década de vida foi adquirindo sona na localidade e, o que comezou como unha festa entre veciños, é hoxe en día un evento de referencia no municipio ao incluír o Concello hai 8 anos a saída da comitiva desde o Auditorio Municipal e co kiko tirado por un carro de bois.

O Concello da Guarda pide aos veciños que depositen o lixo nos contedores de xeito correcto

0

O Concello da Guarda fai un chamamento a todos os guardeses e guardesas para que depositen dentro e correctamente o lixo nos distintos contedores que teñen a súa disposición, de forma que se garanta a eficiencia do sistema de recollida selectiva.

O servizo de limpeza do concello ven de detectar un aumento de situacións que son contrarias as boas prácticas o que supoñen un prexuízo para todos os veciños e veciñas, ademais de entorpecer o funcionamento do sistema de recollida de residuos.

Algunhas das situación que nos encontramos son por exemplo, bolsas e cartón tirado fora e nos arredores dos contedores postos para ese material, que quedan á intemperie polo que poden ser esparexidas por animais e difíciles de recoller e non poden ser reciclados ao mollarse como o é o caso do cartón, o correcto e dobrar as caixa o máximo posible para que entren polas bocas dos colectores e depositar sempre os residuos dentro dos colectores.

Algo similar ocorre coa roupa, esta debe introducirse dentro do colector ou ser levada ao punto limpo, xa que cando a roupa se mancha ou molla , xa non serve para reutilizar.

No relativo os envases lixeiros(latas, botellas de plástico, etc.)o axeitado e esmagalos xa que soen ter un volume moi alto e se non están esmagados enchen enseguida o colector impedindo a outros veciños poder botalos dentro polo que o deixan fora ou enriba. As grandes bolsas non entran polas bocas polo qeu as deixan fora provocando problemas de salubridade.

Temos que recordar que todos os veciños e veciñas teñen a súa disposición un punto limpo onde poden nun horario bastante amplo e gratis ir a depositar os residuos.

Por outro lado temos que agradecer sempre e moito aos veciños e veciñas que o fan ben, a os que botan o lixo nos contedores axeitados e dentro del, por que “manter o pobo limpo e cousa de todos”.

Baiona transforma o Paseo Pinzón co plan ReacPon

0

A remodelación da contorna do Paseo Pinzón en Baiona que están a executar Deputación de Pontevedra e Concello supón o tiro de saída para a transformación urbanística da vila, como subliñaron a presidenta provincial, Carmela Silva, e o alcalde, Carlos Gómez, durante a visita que realizaron ás obras desta ambiciosa actuación de recuperación do espazo público, presupostada en torno a 1,4 millóns de euros e financiada nun 48% pola Administración provincial e no restante 52 % polo Concello.

Carmela Silva subliñou que se trata dun proxecto “fundamental que vai cambiar a face desta contorna de Baiona, e co que non só a veciñanza vai poder desfrutar dun paseo extraordinario a carón do Atlántico, senón tamén as persoas visitantes que acudan”. Neste senso, louvou o traballo desenvolvido polo alcalde, Carlos Gómez, e o goberno municipal neste mandato para “volver poñer este fermoso pobo de Baiona no centro dos destinos turísticos da provincia”, como amosan, engadiu, os espectaculares datos de pernoctacións, de visitantes e de xeración de emprego en torno ao turismo acadados no pasado 2022. “Estou orgullosa –engadiu- de que a Deputación participe deste importantísimo investimento a través do ReacPon, un plan extraordinario que puxemos a disposición dos concellos para que puidesen realizar grandes obras que non son capaces de abordar con recursos propios ou do Plan Concellos”.

Pola súa banda, o alcalde Carlos Gómez destacou a importancia da actuación “nun espazo que vén sendo referente turístico para a nosa vila e para a veciñanza: o balcón ao Atlántico, un emblema histórico para Baiona” e indicou que esta obra supón “o comezo da transformación urbanística da vila, despois de que nos tres últimos anos e medio se abordase a transformación das políticas sociais e culturais”. Despois desta obra no Paseo Pinzón, presentaranse nos vindeiros meses as previstas no Parque da Palma e o paseo de ribeira. “Seguimos e seguiremos –apuntou- na tesitura de transformar a vila para facer máis cómoda a vida da veciñanza, é unha cuestión de principios”.

A actuación

Coa actuación que se está a desenvolver neste espazo central de Baiona, estase a dotar  á contorna cunha continuidade visual e funcional entre o propio paseo e o parque da Palma que mellorará as condicións deste espazo urbano para o tránsito peonil. Deste xeito, estanse a eliminar as oclusións visuais e os elementos de urbanización innecesarios, cunha área de preferencia peonil, continua e compacta. Ademais, o proxecto contempla a mellora do firme, dando continuidade ao pavimento de pedra da zona, así como a instalación dunha nova iluminación pública eficiente e de novo mobiliario urbano e sinalización. Tamén se aumentarán os espazos axardinados e arranxaranse as escaleiras de acceso ao litoral e o muro de contención, amais da instalación dunha rede de rega e de drenaxe e un novo sistema de recollida de pluviais.

O anteproxecto da rehabilitación de Santa Clara será levado a cabo por un estudio con premios de arquitectura internacionais

Nieto Sobejano, Kengo Kuma, a UTE David Chipperfield-Carlos Seoane, Kaan, e a UTE Snohetta-Alfonso Penela son as cinco equipas de arquitectura que aspiran a facer o proxecto final para a rehabilitación e ampliación de Santa Clara para o seu uso como museo. Trátase de finalistas de “máximo nivel” que acumulan alomenos 77 premios de talla internacional e centos de obras executadas arredor de todo o mundo.

Os nomes dos estudos de arquitectura seleccionados foron comunicados pola presidenta Carmela Silva e o vicepresidente César Mosquera. “Pretendiamos un concurso de anteproxectos verdadeiramente internacional. Queriamos que viñeran as mellores equipas de arquitectura do mundo… Xa nos presentados se cumpliu, e nos seleccionados agora volve reproducirse”, dixo o responsable do Museo, quen para dar unha mostra do nivel existente salientou que a equipa responsable do Museo Memorial do 11S en Nova Iorque, do MoMa de San Francisco ou da Biblioteca de Alexandría, por exemplo, apenas quedou en quinto lugar na puntuación total do concurso. “Hai cousas espectaculares”, subliñou .

O vicepresidente Mosquera quixo agradecer “a panzada” de traballo da equipa do Museo para analizar toda a documentación das 23 equipas aspirantes: valoráronse 6.679 folios e 629 proxectos (dos que 160 eran de Museos). As firmas seleccionadas presentaron 163 actuacións nos seus portfolios, 56 delas propostas de museos xa executados.

Hoxe na Xunta de Goberno apróbase a selección dos cinco finalistas e a dotación de 30.000 euros para cada un. A semana próxima serán convidados para abrir a segunda fase, de elaboración dos anteproxectos, para a que haberá tres meses. Antes disto darase aos aspirantes toda a documentación existente (patoloxías, arqueolóxico…), e fixarase un día para coñecer ‘in situ’ Santa Clara.

A presidenta da Deputación, Carmela Silva, asegurou que “imos vento en popa a toda vela coa rehabilitación de Santa Clara, e temos unha eficacia que nos ten gratamente sorprendidas e sorprendidos”. Lembrou, como xa fixo en anteriores ocasións, que “estamos cumprindo rigorosamente todos os prazos que nos déramos para que poidamos ter moi pronto todo o procedemento finalizado e así poder licitar a rehabilitación e ampliar o Museo de Pontevedra en Santa Clara”.

En canto ás propostas presentadas, Carmela Silva salientou que “as grandes equipas internacionais de arquitectura que resultaron con máis puntuación, e que serán as que teñan a posibilidade de desenvolver un anteproxecto para Santa Clara, fixeron as obras máis importantes do mundo”, unhas obras que “hoxe son grandes exemplos e que permanecerán na historia como grandes proxectos arquitectónicos”. Isto, afirmou, fará que “nós aquí, na provincia, imos ter a posibilidade de contar cunha rehabilitación de Santa Clara que tamén, estou segura, será algo único, que nos situará no mundo e que moita xente virá visitar”.

As equipas finalistas

O futuro conxunto arquitectónico de Santa Clara poderá recaer nas mans de  dous arquitectos de Madrid, dous de Galicia, un de Xapón, outro de Reino Unido, unha equipa holandesa e outra de Noruega. Nieto Sobejano (que acadou 100 dos 100 puntos posibles con 42 proxectos presentados para valorar) é un estudo madrileño que ten entre as súas obras máis destacadas o Museo de Madinat ao-Zahra, o Museo de Moritzburg en Ache, a rehabilitación do Colexio de San Gregorio en Valladolid, o Museo Joanneum en Graz, o Centro de Arte Contemporánea de Córdoba e o Centro Arvo Pärt en Estonia.

O estudo Kengo Kuma & Associates (99,5 puntos e 27 proxectos entregados) foi creado por Kengo Kuma en 1990 en Tokyo e en 2008 en Paris. Está inscrito á Orde de Arquitectos Franceses d’Ile-de-France , é membro internacional da RIBA (Royal Institue of British Architects) en Inglaterra e membro honorario do AIA (American Institute of Architects) nos Estados Unidos. Entre as súas obras máis salientables están o Instituto de Belas Artes de Nezu (Tokyo) –con 3 premios internacionais-, o V&A Museum of desing Dundee (Escocia)-con 3 premios internacionais-, a Casa dos Contos HC Andersen (Dinamarca), ou o Odunpazari Museo de Arte Moderno (Turquía), entre moitos outros.

A UTE formada por David Chipperfield-Seoane (98 puntos -30 proxectos) aúna a experiencia do arquitecto inglés e o galego.  Chipperfield é catedrático de Arquitectura  e profesor invitado na Universidade de Yale. Comendador da Orde do Imperio Británico, deseñador Real para a industria en 2006, membro da Royal Academy en 2008, condecorado coa Orde do Mérito da República Federal de Alemania, e recoñecido (Sir) polos seus servizos á arquitectura en Reino Unido e Alemaña. Recibiu tamén a Real Medalla de Ouro da Arquitectura do RIBA concedida en recoñecemento a toda unha vida de traballo. Seoane, pola súa parte, fundou CSA Arquitectura en A Coruña en 1995, e dende hai anos traballa con Chipperfield como arquitecto asociado para as súas obras en Galicia. Entre as obras salientables destacan o Neues Museum (Berlín) –con 19 premios internacionais-, a James Simon Galerie (Berlín) -5 premios internacionais-, Jacoby Studiios (Alemania) -5 premios internacionais-, ou Amoreapacific (Seul, Corea do Sur) -6 premios internacionais-.

KAAN Architecten  (95 puntos- 35 proxectos) é un estudo de arquitectura con sede en Róterdan, São Paulo e París que opera a nivel mundial e combina a experiencia práctica e académica nos campos da arquitectura, o urbanismo e a investigación sobre a contorna construída.

Dirixido por Kees Kaan, Vincent Panhuysen e Dikkie Scipio. Entre a súa obra máis destacada está o Real Museo de Belas Artes (Amberes, Bélxica) -2 premios internacionais-, o Catharijneconvent (Utrech) ,1 premio internacional-, o Tribunal Supremo dos Países Baixos. (La Haya) -2 premios internacionais-, ou o Plan de actuación e a intervención paisaxística do Monte do Gozo.

Finalmente, a UTE Snohetta e-Alfonso Penela (94,80 puntos- 29 proxectos) xuntan forzas para aspirar a remodelar Santa Clara cunha bagaxe de proxectos moi mediática. Snøhetta comezou como un taller colaborativo de arquitectura e paisaxismo. Na actualidade conta  con 280 empregados de máis de trinta nacionalidades diferentes e unha distribución equitativa por xénero.Ten presenza global, con oficinas que van desde Oslo, París e Innsbruck, ata Nova York, Hong Kong, Adelaida e San Francisco.

Nos últimos anos Snøhetta deseñou algúns dos proxectos públicos e culturais máis notables do mundo. Iniciou a súa carreira en 1989 coa proposta gañadora do concurso para a nova biblioteca de Alexandría, Exipto. Isto foi seguido máis tarde pola comisión da Ópera e Ballet Nacional de Noruega en Oslo, e o Pavillón do Museo Nacional Conmemorativo do 11 de Setembro no World Trade Center na cidade de Nova York, entre moitos outros.

Pola súa banda Alfonso Penela é profesor do Departamento de Proxectos Arquitectónicos da Escola Técnica Superior de Arquitectura da Coruña e ten moita obra en Vigo . Entre outras, a rehabilitación da Casa Arines, a máis antiga da cidade, e do Xeral como Cidade da Xustiza, e do Mercantil como sede do Celta. O novo Reitorado e Barrio do Cura son outras obras destacadas.

O xurado

O xurado que estudará os anteproxectos para escoller o mellor deseño tamén se deu a coñecer hoxe e aprobarase mañá en Xunta de Goberno. Estará formado por especialistas, xa que a lexislación marca que pola natureza do contrato debe estar formado en dúas terceiras partes por persoas con titulación para poder desenvolver os proxectos: fundamentalmente equipas de arquitectura e museoloxía.

Como presidente estará o director do Museo Xosé Manuel Rey, e como vogais a xefa de xestión do Museo Sonia Mateos, o secretario da Deputación Carlos Cuadrado, a xefa e tamén unha arquitecta do servizo provincial de Arquitectura Mª Carmen Gómez e Sara Piñón –respectivamente-. A arquitecta que designa a Dirección Xeral de Patrimonio Cultural da Xunta é Belén Suárez –xefa do servizo de Arquitectura na delegación en Pontevedra-, a persoa designada polo Concello de Pontevedra é Rosa Magdalena Fernández, e a designada polo COAG, Jesús Irisarri Castro.

Na convocatoria do xurado inclúense tamén dúas persoas arquitectas de recoñecido prestixio designadas pola Deputación, Teresa Táboas, que ademais da súa experiencia está no Consello Asesor do Museo, e Gonçalo Byrne, presidente da Orden dos Arquitectos de Portugal, xunto a unha persoa con coñecementos específicos en Museoloxía, Pilar Fatás, que é directora do Museo Nacional e Centro de Investigación de Altamira en Cantabria. Como secretario actuará o xefe do servizo de Contratación provincial, Pablo Montero.

En relación á composición do xurado, Carmela Silva salientou “algo extraordinario e nada habitual: que é un xurado paritario, e non só paritario, senón maioritario” en canto ao maior número de mulleres compoñentes respecto a homes. No xurado, polo tanto, “hai grandes mulleres con traxectorias moi importantes para tomar grandes decisións”, asegurou a presidenta, que agradeceu “a sensibilidade” ao equipo do Museo.

Máis de 1.700 persoas desfilarán hoxe no Venres de Foliada de Tomiño

0

Últimos detalles para que todo estea listo para a celebración en Tomiño do tradicional Venres de Foliada, que hoxe venres 17 de febreiro congregará a miles de persoas polas rúas do concello. Con 20 comparsas inscritas para participar nesta agardada cita co Entroido, máis de 1.700 persoas desfilarán a partir das 21.30 horas pola rúa Gondomar dende o CEP Pedro Caselles ata A Pedra coas treboadas tomiñesas abrindo camiño.

“Despois de dous anos de pandemia fainos moita ilusión poder gozar do Venres de Foliada con total normalidade. É un orgullo ver este respaldo de participación e comprobar que o noso entroido segue a ser un evento fundamental nestas datas e que dá o pistoletazo de saída ás actividades en toda a comarca”, destaca a alcaldesa, Sandra González. Para a rexedora, o desfile “é un reclamo ao que cada vez acode máis xente interesada en participar nun evento de lecer que serve tamén para dinamizar a economía e a hostalaría local grazas a todas esas persoas que veñen dende moitos puntos da provincia a desfrutar con nós desta festa”.

Este ano entre as 20 comparsas participantes destacan as tres tomiñesas, Revolution Show, Asociación Comparsa Luces de Tomiño e Asociación Cultural Ciklón. Dende o Concello agradécese a todas elas o esforzo e esforzo realizado durante moitos meses para deslumbrar ao público coas súas propostas. Lémbrase tamén a outra das grandes formacións tomiñesas que este ano non sairá ás rúas, Estrelas da Noite, agardando poder contar con ela en vindeiras edicións. O goberno municipal quere tamén agradecer aos voluntarios de Protección Civil, á Policía Local e ás e aos traballadores do Concello o gran labor que desenvolven durante toda esta xornada para garantir a seguridade do desfile e que o público poida desfrutar do evento sen contratempos. Ademais, a Policía Local porá en marcha un amplo dispositivo para a reordenación do tráfico tras o peche de varias rúas para a celebración do desfile.

O Rosal reparará o camiño dende a estrada da Rotea ata o Alto de Parada

0

O Concello do Rosal continúa coa súa aposta estratéxica pola mellora dos camiños rurais, nos que se están a acometer diferentes intervencións para aumentar a seguridade viaria e o confort de usuarios e usuarias nas parroquias do municipio. Neste camiño, o Goberno municipal vén de rematar os traballos de mellora do vieiro dende a estrada da Rotea ata o Alto da Parada, un vieiro incluído dentro de parcelas agrícolas que presentaba zonas con importantes danos.

Os traballos levados a cabo permitiron a restauración das características superficiais do pavimento, corrixindo as irregularidades que presentaba a estrada e realizando obras complementarias como o bacheado, o recrecido de pozos e rexas, o corte do pavimento ou o roce e limpeza das marxes do vieiro.

Como sinala o concelleiro de Vías e Obras, Germán Fernández, “tratase dunha intervención moi necesaria que formaba parte do plantexamento estratéxico posto en marcha polo Concello para ofrecer á nosa veciñanza unhas infraestruturas axeitadas que permitan mellorar a mobilidade”.

Esta obra de mellora do camiño dende a estrada da Rotea ata o Alto da Parada supuxeron un investimento de máis de 50.000 euros, financiados con fondos propios do Concello e a través do Plan marco de mellora de camiños municipais de acceso a parcelas agrícolas 2022-2023 da Axencia Galega de Desenvolvemento Rural (Agader) da Xunta de Galicia.

Ponteareas ultima a mellora dun último tramo na estrada que conecta Ganade coa N-120 en Areas

O Concello de Ponteareas ultima o proxecto de reforma integral da estrada de Ganade, na parroquia de Areas, ata a súa conexión coa N-120, cunha derradeira fase de mellora de rede de pluviais e pavimentación da estrada xeral ata a nacional. “Levamos moito tempo traballando para reformar de forma integral esta estrada e tras as fases iniciais de obras realizadas ao abeiro do Plan Marco 2021-2022, agora rematamos o proxecto mellorando unha zona na contorna do río Xinzo que non posúe cunetas e na que a auga circula sen control, afectando aos muros de peche de fincas e deteriorando o firme da estrada”, explica a concelleira de Vías e Obras, Chus Garrote.

As obras, que terán un prazo de execución dun mes, permitirán mellorar a drenaxe lonxitudinal e a rede de pluviais coa construción de cunetas revestidas de formigón e renovarase a capa de rodadura dun tramo de 526 metros desta estrada, “garantino á veciñanza unha infraestrutura segura e acorde co alto nivel de uso do vieiro”. 

“Dende o Goberno municipal do BNG-PSOE continuamos traballando para mellorar a súa rede municipal de estradas e vieiros, reparando camiños e pistas asfaltadas, reparando todos os problemas detectados máis alá da pavimentación dos vieiros, como a drenaxe superficial, eliminando a auga que circula sen control, mellorando o servizo que se ofrece a usuarios e usuarias e alongando a vida útil dos camiños”, salienta Garrote.

O Concello sacou a licitación estas obras por un importe de case 44.500 euros que serán financiados ao abeiro do Plan Concellos 2022-2023 da Deputación de Pontevedra. As persoas e empresas interesadas poderán presentar as súas ofertas ata o vindeiro 3 de marzo.

Comeza a remodelación da alameda de Rosalía de Castro en Chapela

0

O Concello de Redondela anuncia o comezo das obras de remodelación e mellora da alameda Rosalía de Castro en Chapela, traballos que “comezaron hoxe e sempre foron unha prioridade deste goberno, pois ésta é unha demanda ao longo dos anos dos veciños de Chapela”, afirma a alcaldesa de Redondela, Digna Rivas.

O espazo “gañará zonas verdes, de sombra e de esparexemento ”, explica a rexedora local que adianta que o proxecto elaborado polo estudo de arquitectura Gándara e Pons, redefinirá o espazo e a súa contorna, “nunha obra longamente demandada pola veciñanza de Chapela que, deste xeito, seguirá mellorando os seus espazos céntricos e recibirá o trato que merece a parroquia, olvidada dende fai moitos anos”.

Lembra a alcaldesa de Redondela que lugares como o antigo apeadoiro de ferrocarril e a propia vía férrea pasaron de ser “lugares infrautilizados e cun impacto visual negativo, a espazos de ocio para a cidadanía transformándose nunha Vía Verde que, a día de hoxe, é un dos puntos clave para o desfrute dos veciños. Este goberno prioriza o benestar das parroquias e non as esquece, traballando en actuacións directas para a mellora destas e non centrar o investimento só no núcleo da vila”.

Ás obras da alameda de Chapela, que Digna Rivas non dubidou en cualificar de “centro neurálxico da convivencia da cidadanía da parroquia”, engadiranse en breve as de remodelación do campito e creación do skatepark no final da Vía Verde “dúas que seguirán transformando Chapela e ofrecendo espazos de lecer para a cidadanía de todas as idades”

Aínda que o proxecto da Alameda transforma o espazo e a súa contorna mantén, porén, case que se modificacións  áreas como a zona infantil. De feito o parque, construído hai poucos anos, presenta segundo o estudo previo un “bo estado de conservación e servizo” algo que para a rexedora local redondelá non é froito da casualidade senón “do constante e detallado traballo de mantemento que leva a cabo a Concellería de Parques es Xardíns que xestiona Alberto Álvarez en todas as zonas infantís do municipio. O proxecto, polo tanto, contempla nese espazo a única modificación do valado perimetral para favorecer o acceso dende a zona norte”.

Precisamente  nese sector situaranse as ‘zonas de sombra’ constituídas por estruturas de aceiro negro que soportarán unha cubertas téxtiles especificamente deseñadas para resistir as condicións atmosféricas de exterior e, para maior seguridade das persoas usuarias, tratadas con aditivos antiraios UVA para filtralos ao máximo e ofrecer a máxima protección.

Digna Rivas subliñou a novidosa utilización de pavimentos táctiles nos itinerarios peonís accesibles, “seguindo a política de accesibilidade que desenvolvemos dende a nosa chegada ao Concello”. Ditos pavimentos táctiles terán de orientar, dirixir e advertir ás persoas cegas sin que constitúan nin perigo nin molestia para el tránsito para o tránsito peonil no seu conxunto.

Este pavimento táctil de material antideslizante –explica a alcaldesa redondelá– “permitirá una fácil detección e recepción de información mediante o pe ou o bastón branco por parte das persoas cegas”.

Este sistema que se utilizará por primeira vez en Redondela utilizará dous tipos de elementos. Unha franxas de orientación e ancho variable que contrastarán de modo suficiente solo circundante servirán como guía para os itinerarios peonís e a proximidade de cambios de nivel mentres que outros elementos, en forma de botóns troncocónicos de 4 mm de altura advertirán sobre a proximidade de puntos de perigo.

Digna Rivas amosou a importancia dunhas obras que “como todas as que estamos a realizar e lavamos realizadas, van máis aló que simples lavados de cara e buscan a transformación dos espazos para o seu desfrute por parte da cidadanía e a mellora da súa calidade de vida”.