Domingo, 21 Setembro de 2025

Tui leva investidos 40 mil euros no mantemento dos centros educativos

0

Ao longo das últimas semanas, aproveitando as vacacións escolares, o Concello de Tui está realizando distintas obras de mantemento nos centros escolares cun investimento de 40 mil euros de fondos propios. O arranxo de teitos, solos, valados, pintado de aulas son parte das actuacións realizadas.

Debido a antigüidade dos centros educativos dende a concellería de Ensino son conscientes da necesidade doutras reparacións que se irán acometendo.

No CEIP de Rebordáns o Concello procedeu á reparación da fachada norte e ao cambio dos canalóns, amais do pintado interior e exterior do ximnasio.

No CEIP de Randufe levouse a cabo a substitución dos teitos da entrada e dunha aula, que estaban en mal estado. Amais pintáronse tres aulas e acondicionouse o patio escolar retirando un muro que había.

No CEIP de Pazos de Reis pintáronse dúas aulas, e acondicionouse a galería pechada, que se emprega coma aula de infantil, coa colocación dun novo solo. Tamén se adecentou exteriormente o centro.

No CEIP nº 1 levouse a cabo o pintado dalgunhas aulas empregando cores máis suaves. As actuacións no CEIP nº 2 centráronse na reparación do valado lindeiro co pavillón municipal, co obxectivo a medio prazo de substituílo completamente, e ampliouse o valado do areeiro.

Na aula de infantil do CEIP de Guillarei pulíronse e vernizáronse os chans, amais de selar un pozo negro no patio do centro, instalouse unha varanda para persoas con discapacidade, amais doutros arranxos menores.

Tamén se executaron arranxos en distintas aulas do CRA Mestra Clara Torres, e no CEIP de Caldelas, estando pendente neste centro unha obra de maior envergadura referida ao cambio de falsos teitos.

Arranca en Baiona o «Rilla na Rúa» a feira de gastronomía ‘callejera’ máis importante de Galicia

0

A feira gastronómica itinerante máis importante de Galicia, «Rilla na Rúa» chega a Baiona esta fin de semana. Dende este venres ata o domingo, esta feira de gastronomía callejera instalarase no Parque A Palma onde dez fook trucks ofrecen diversas propostas gastronómicas.

Como xa é habitual, o «Rilla na Rúa» conta cunha ampla programación paralela pensada para todas as idades que fan deste evento, dende hai tres anos, unha das citas imprescindibles do verán en Galicia. Miles de persoas de distintas localidades galegas disfrutaron xa de ampla programación de lecer que oferta esta feira.

A música no «Rilla na rúa» estará presente da man de distintos Djs e os concertos de grupos como Pega Negra (o venres), Algo pasa con Mery (o sábado) y La Supersónic (o domingo).

Os nenos tamén terán o seu espazo a través de diversas actividades como obradoiros, pinta mandilóns, maquillaxe ou estampación e, a artesanía tamén terá o seu oco co Monkey Market, con dez postos no que se poñen á venda produtos artesanais.

O “Rilla na rúa”, organizado pola empresa promotora de eventos Elemental Street, conta coa colaboración do Concello de Baiona, Deputación de Pontevedra, e firmas comerciais.

O Entroido de Verán de Redondela contará, por primeira vez, cun punto LGTBIQ

0

O «Entroido de Verán» de Redondela contará, por primeira vez, cun punto LGTBIQ que se engadirá ao Punto Violeta para facer desta festa “unha celebración realmente inclusiva e diversa” como sinalou a alcaldesa Digna Rivas na presentación desta iniciativa de Igualdade. A festa tamén contará, antes de cada concerto, con audios contra a violencia machista.

A alcaldesa, acompañada pola intérprete de linguaxe de signos, Rebeca Araújo, e as axentes de igualdade Ana Román e Alexandra Castro, deu a coñecer todas as iniciativas que, por parte do Concello redondelán se poñerán en marcha “para que o Entroido de Verán sexa para todos e todas sen excepción algunha”, afirmou a alcaldesa.

Nese sentido, a rexedora local destacou a novidade de que esta celebración conte cun Punto Arco da Vella “no que se ofrecerá información sobre a diversidade sexual e co que buscarmos darlle unha maior visibilización e protagonismo ao colectivo LGBTIQ neste Entroido de Verán”.

Digna Rivas subliñou que o Concello, como institución pública organizadora do evento “ten que ser e debe ser un exemplo en materia de igualdade e respecto á diversidade” e, nesa liña “a campaña de inclusión, igualdade e diversidade sexual que hoxe estamos a presentar ten unha extraordinaria importancia”

O Punto Violeta quedará instalado diante da Casa do Concello, a carón do hospital de campaña con que conta, todos os anos, o Entroido de Verán. Pola súa banda, o Punto Arco da Vella, estará situado nas inmediacións da Casa da Torre.

En ámbolos dous puntos tamén haberá obradoiros dirixidos aos máis pequenos e pequenas “de xeito que poidan involucrarse e comezar a ver a importancia da igualdade e o respecto pola diversidade”.

Outra das novidades que terá este Entroido de Verán de Redondela, é a loita activa contra as violencias machistas. Así, antes de cada concerto e espectáculo musical, e chamando á atención do público con sirenas, lanzaránse cuñas de audio dentro da campaña «Respecta Non é Non».

As frases, realizadas pola Asemblea Feminista «Paxaretas» van dirixidas aos agresores e nunca ás vítimas, sinalouse na presentación da iniciativa. Digna Rivas quixo agradecer públicamente a «Paxaretas» o “seu compromiso, colaboración e implicación con esta importante achega ao Entroido de Verán” cun audio que grabaron mulleres da propia Asemblea.

As chamadas elaboradas por «Paxaretas» faranse nos tres lugares nos que se celebrarán concertos ou espectáculos musicais, na Casa da Torre, no palco de Ribeira, e na Alameda Castelao.

Ao remate das frases, no propio audio, explicarán ás e aos participantes onde poden atopar os puntos Violeta e Arco da Vella. Ditos puntos tamén estarán fácilmente localizables a través de carteis que o Concello colocará nos báculos de alumeado público.

Doutra banda, e orientado cara as persoas xordas, o hospital de campaña e ámbolos dous puntos, contarán cunha interprete de linguaxe de signos facendo, polo tanto, que sexan totalmente accesibles.

Á hora de deseñar medidas inclusivas, explicou a alcaldesa Digna Rivas, o Concello tamén tivo en conta aos rapaces e rapazas con TDAH e autismo, especialmente sensibles aos ruídos, polo que, sinalou Rivas, “na Alameda Castelao e no Paseo da Xunqueira, que é onde van a estar as actividades infantís, baixarase o volume das actividades”.

Digna Rivas destacou que, se ben neste Entroido de Verán “non haberá concurso de Drag Queen pola polémica sobre as bases que se deu en outras edicións”, si haberá prezenza das Drag Queen no palco da Casa da Torre ás 21 horas, con Ketti Pin –que o pasado ano finalizaba segunda no concurso– e Punto G, gañadora da gala celebrada en Mogambo.

O goberno estuda, nestes momentos e en colaboración coas asociacións e colectivos LGTBIQ, facer unha Gala de Drag Queen específica, fora do Entroido de Verán, “de cara a darlle máis importancia e visibilización a este evento” concluiu Digna Rivas.

O C.B. Nigrán acada un novo obxectivo ao contar con equipos en todas as categorías na nova tempada

0

O CB Nigrán inicia unha ilusionante e nova tempada na que vai cumprir un novo obxectivo, ter equipos en todas as categorías, desde baby ata junior –tanto masculino como feminino– ademais do senior masculino.

Con este obxectivo cumprido, o club de Nigrán mantén un crecemento continuado como o ven facendo dende o ano 2014 en que comezaba unha nova e ilusionante andaina. Con pasos pausados, ben planificados e perfectamente estruturados, o Club Baloncesto Nigrán é xa un exemplo a seguir.

Nesta tempada, serán un total de 11 equipos repartidos nas categorías baby, benjamín, alevín, infantil, cadete, junior e sénior os que comezarán os seus adestramentos de forma progresiva a próxima semana.

Esta nova tempada traerá tamén a novos adestradores , algún xa confirmado e outros co que seguen mantendo conversacións e que cumpren co perfil que buscan desde o club, onde prima a formación integral de cada neno/a e a educación en valores, ademais dos resultados deportivos.

A nova incorporación confirmada trátase de Antía Vega que conta con ampla experiencia nos bancos como adestradora ademais de na pista como xogadora.

Sumaríase así aos técnicos que xa forman parte do club, Paula Chousal, Victor Alonso, Paco Termenón e Antonio Vidal que baixo a dirección deportiva de Nuria Gómez conformarán o corpo técnico do Club Baloncesto Nigrán esta tempada.

Pero o C.B. Nigrán, nos seus obxectivos, va máis alá da formación de xogadores e xogadoras, senón que considera que, tan importante como iso, é a formación de adestradores.

Nesa liña, o Club traballa con xogadores e xogadoras da entidade, dándolles a opción de adestrar nas categorías de minibasket como segundos adestradores e supervisando o seu traballo diario.

A directiva do club traballa xa desde esta semana na tramitación das máis de 110 fichas federativas para esta tempada e que son a clara testemuña do bo traballo realizado no club, que se complementa coa continuidade das diferentes escolas de baloncesto que o C.B. Nigrán ten nos colexios do municipio e que darán comezo a partir do próximo mes de outubro.

Nova cita gastronómica na Guarda coa «Festa do Percebe»

0

A Alameda da Guarda acolle esta fin de semana a Festa do Percebe e de produtos da terra e do mar, que chega este ano á súa VIII edición cunha oferta gastronómica na que se inclúen mexillóns, nécoras, berberechos, empanadas, zorza, pementos de padrón, callos, ourella, chourizos, entre outros produtos.

O evento arranca na xornada do venres día 23 de agosto ás 21:00 h e continuará o sábado 24 en horario de 12:00 h da mañá a 16:00 h da tarde e de 20:00 h da tarde a 00:00 h da noite. Na xornada do domingo a partires das 12:00 h do mediodía.

Todos os días haberá actividades para os máis cativos con inchables, ademais dunha Feira de Artesanía, charanga, música e moita festa.

A VIII Festa do Percebe e de produtos da terra e do mar está organizada pola Asociación Veciñal, Cultural e Deportiva Alameda en colaboración co Concello da Guarda.

Nigrán colabora co comercio da Ramallosa no primeiro desfile «Camiño da Moda»

0

O Concello de Nigrán e a Deputación de Pontevedra colaboran cos establecementos comerciais da Ramallosa para ofrecer este venres ás 20:00 horas no Pazo de Pías o primeiro desfile ‘Camiño da Moda’ no que una decena de tendas amosará ao público as súas coleccións para a vindeira tempada outono/inverno.

O obxectivo é incentivar o consumo local e promover esta zona pola que transcorre o Camiño Portugués pola Costa. As próximas tendendias en moda infantil e xuvenil ou de cabaleiro e muller (incluído zapatería ou deportes) estarán representadas a través dos establecementos Bellma, Dorna, Duendes, Kids Invaders, Marengo, Más que Candelas, Mulé, Om Perfumería, Si Bwana, Silvana e Zig-Zag, ademais, e como invitados especiais, os mozos e mozas do C.E.E. Juan María desfilarán tamén para presentar a súa colección ‘Juan María by Lolola’.

Con este evento colaboran tamén as perruquerías Socco, Gestido, Tetris, Dulce y Gamberro, Don e Dona e Lola Cabadas; as floristerías Casa Planta e Flor de Lis, e o propio Pazo de Pías cedendo o seu espazo.

Ao finalizar o desfile os comerciantes celebrarán un sorteo de regalos entre o público que teña invitación (as invitacións, que non son precisas para acudir ao desfile porque este é totalmente aberto ao público, están sendo repartidas entre os clientes dos comercios participantes para premiar a súa fidelidade, para participar no sorteo é preciso contar con ela e os interesados aínda poden pedilas nos propios comercios).

O obxectivo desta iniciativa promovida polos propios comerciantes e apoiada dende o consistorio é darlle continuidade a este evento e promover deste xeito o comercio téxtil da zona.

Alxén ultima os preparativos para o sétimo ‘Serán dedicado á vendima’

O 14 de setembro celébrase en Alxén, Salvaterra de Miño, a sétima edición do seu Serán dedicado á vendima. Un acontecemento xa consolidado na contorna ao que acoden grupos folclóricos de toda a comarca.

Este Serán, ademais da boa música que ofrece, conta cunha singularidade: a comida e a bebida –viños– son de balde. Ao longo da noite vanse ofrecendo entre os asistentes tortillas, chourizos, friames e tamén variadas sobremesas, para rematar cun chocolate quente.

E os que o desexen poden adquirir viño, tinto e branco, de balde. Tanta xenerosidade, apuntan os organizadores, ten a súa explicación “son os veciños e veciñas da parroquia de Alxén os que abastecen de comida e viño, porque a organización non pide cartos, senón que convida á veciñanza a asistir ao serán e anímaos a participar co que teñan máis a man e lles sexa máis doado aportar”.

O serán tamén conta con sorteos, entre actuación e actuación, de produtos doados polos comercios locais: dende un corte de pelo, un cambio de aceite ou unha parella de galos e mesmo un porco.

O Serán está organizado pola Asociación Cultural e Folclórica Os do Eido de Alxén, asociación que conta cun grupo de baile, unha banda de gaitas e un grupo de pandereteiras, que, por suposto, actuan no Serán dándolle comezo e peche.

Mos intensifica o control ante as verteduras incontroladas de residuos

0

O concelleiro de Medio Ambiente de Mos, Leo Costas, e o edil de Recollida de Residuos, Gonzalo Alonso alertaron hoxe públicamente do repunte de verteduras incontroladas dende finais da pasada primavera, situación ante a cal o Concello de Mos se atopa alerta, intensificando a vixilancia por parte tanto do propio departamento municipal de Medio Ambiente, dos concelleiros e da Policía Local.

Nos últimos días as parroquias de Cela, Tameiga, Sanguiñeda e Petelos (concretamente as zonas da curva vella de Gatesende, o polígono de Monte Faquiña, e a Igrexa de Sanguiñeda) foron obxecto de verteduras de carácter grave como uralitas, restos de obra, electrodomésticos, mobiliario, colchóns etc. Feitos que xa foron comunicados á Xunta de Galicia e denunciados perante a Policía Autonómica previo informe da Policía Local de Mos.

O edil Leo Costas e o concelleiro de Recollida de Residuos, Gonzalo Alonso, apelaban esta mañá á “colaboración cidadá, tanto para que tomen conciencia e ningún veciño cometa este tipo de infraccións; como para que denuncien as verteduras cando os detecten e alerten en caso de sorprender a alguén realizándoos, tomando incluso a matrícula do vehículo no que se portan os desperdicios ata o lugar do verquido, xa que ese tipo de datos nos facilitarían moito poder levar a bo término as correspondentes denuncias”.

Para vertebrar a coordinación da colaboración cidadá que se solicita creouse tamén a Unidade Medioambiental Municipal que se anunciaba fai unhas semanas e que incluirá o Grupo de Voluntariado Medioambiental de Mos, no que os interesados poden inscribirse chamando ao teléfono 986 33 94 04 ou escribindo un correo electrónico ao enderezo [email protected]

[su_slider source=”media: 5134,5136,5137,5138,5139″ link=”lightbox” height=”400″ centered=”no” autoplay=”8000″]

Os departamentos municipais de Medio Ambiente e Recollida de Residuos apelan á colaboración cidadá para unha maior concienciación e para detectar aos responsables das infraccións

A creación deste grupo está pensada para a formación dos seus integrantes e posterior participación en labores de control e denuncia de verteduras incontroladas, organización de campañas de concienciación medioambiental, etc.

A veciñanza en xeral tamén ten cabida nesta Unidade Medioambiental Municipal, xa que a colaboración cidadá terá unha gran importancia e peso, posto que se lle dará voz a través dunha App para os teléfonos móbiles mediante a que os habitantes do Concello de Mos poidan informar de posibles infraccións medioambientais, problemas detectados, aportar suxerencias, etc.

A Ordenanza Municipal de Medio Ambiente do Concello de Mos establece que son infraccións leves o depósito de residuos para a recollida sen os envases requeridos, o depósito de residuos fóra dos recipientes ou lugares dispostos para a súa recollida e o incumprimento do depósito selectivo de residuos.

E é infracción grave o abandono, verquido ou eliminación incontrolada de calquera tipo de residuo urbano sen que producira un dano ou deterioro grave para o medio ambiente ou se puxera en perigo grave a saúde das persoas (tal é o caso dos verteduras de uralitas por exemplo).

As sancións que os responsables deste tipo de infraccións poden recibir e que establece a Lei 10/2008, de 3 de novembro, de residuos de Galicia oscilan entre 602 e 301.000 euros. P

ola comisión das infraccións graves poderá impoñerse algunha das seguintes sancións: multa desde 603 hasta 31.000 euros, salvo nos residuos perigosos, que será desde 6.020 hasta 301.000 euros, e inhabilitación para o exercizo de calquera das actividades previstas na lei por un periodo de tempo de ata un ano.

E pola comisión de las infraccións leves poderá impoñerse a sanción de multa de ata 602 euros, salvo en residuos perigosos, que será ata 6.019 euros.

Os concelleiros Gonzalo Alonso e Leo Costas declararon esta mañá a este respecto que “estes feitos están a producir un grave perxuízo económico para o Concello de Mos ao ter que asumir as tarefas de limpeza dos verteduras detectadas, polo que desde a administración local estamos a extremar o control neste sentido”.

Ambos edís, Costas e Alonso, lamentaron por último “que se realicen este tipo de verteduras que prexudican ao noso entorno natural, ao medio ambiente, a tódolos veciños e veciñas de Mos; e ademais cargan de gastos ás arcas municipais”.

As Neves celebra o «II Mercadiño da Man que ti Queiras»

0

Chega unha nova edición dunha iniciativa de fomento da economía circular que comezou a facerse nas Neves en setembro de 2018. Todo tipo de artigos de segunda man, artesanía e demais serán expostos e poderán ser mercados.

O horario de apertura do mercadiño será tanto o venres como o sábado de 12:00 h a 20:00 h estando ubicado na Casa da Xuventude das Neves.

Delmi Álvarez ofrecerá unha interesante palestra sobre fotografía documental e medio ambiente

O Mercadiño inclúe varias actividades complementarias como son, unha interesante palestra sobre fotografía documental e medio ambiente a cargo de Delmi Álvarez o venres ás 12:30 h.

O venres proxectarase «O Salto» de Adrián González

Tamén contarase coa proxección do documental O Salto de Adrián González o venres ás 18:00 h. E xa por último haberá torneo de tenis de mesa os dous días con final o sábado ás 17:00 h.

XIII Festival de Bandas de Música «Vila da Guarda»

0

A Guarda acolle este sábado unha das citas musicais da programación estival, o Festival de Bandas de Música «Vila da Guarda», que chega este ano á súa XIII edición baixo a organización da Agrupación Musical da Guarda en colaboración coa Concellería de Cultura do Concello da Guarda.

O Festival terá lugar este sábado día 24 de agosto ás 19:30 h no Auditorio de San Bieito contando coa participación da banda da Agrupación Musical do Rosal, a banda da Unión Musical de Allariz e e banda anfitrioa da Agrupación Musical de A Guarda.

En caso de choiva ou mal tempo, o festival realizarase no Colexio dos PP Somascos.

Ponteareas organiza o xoves unha nova cita con ‘Xoga e aprende do medio ambiente’

A oficina municipal de voluntariado do Concello de Ponteareas, dependente da Concellería de Mocidade que dirixe Miguel Bouzó, convida a todos os veciños e veciñas a participar na actividade medioambiental ‘Xoga e aprende do medio ambiente’ este xoves 22 de agosto.

Todos e todas as que queiran colaborar poden obter máis información e confirmar asistencia no número de teléfono 687 764 516 ou no enderezo electrónico [email protected]

O horario da actividade é de 10:30 h a 12:00 horas e o lugar de comezo a Ponte do Cabalón (Angoares).

O concello de Ponteareas ofrece unha nova actividade libre e de balde na que se persegue a concienciación e a formación de cidadáns máis respectuosos, responsables e comprometidos co futuro sustentable da súa cidade tal e como o marcan a estratexia europea ‘Ponteareas, Hábitat Saudable’.

A través de distintos xogos adentraránse no mundo dos residuos, da natureza e do plástico sempre co obxectivo de concienciar para vivir nun concello máis sostible, reducindo o emprego do plástico, contribuíndo na reciclaxe e aprendendo a reutilizar os nosos residuos.

A Deputación ultima as obras das novas instalacións de atletismo do Porriño

O concello do Porriño contará nas próximas semanas co novo e moderno equipamento deportivo para a práctica do atletismo, que financia ao cen por cen a Deputación de Pontevedra ao abeiro do Plan Reequilibrio (800.000 euros) e o Plan Concellos (200.000 €).

As obras, que hoxe visitou o deputado de Cooperación Santos Héctor, xunto ás deputadas Victoria Alonso e Iria Lamas, e o concelleiro de Deportes do Porriño, David Alonso, consisten principalmente na execución dun módulo cuberto cunha recta de seis rúas de 60 metros de lonxitude, onde tamén se instalará o equipamento para a práctica de salto de altura e lanzamento de disco, e unha pista descuberta de 200 metros.

Santos Héctor, que comezou a súa intervención desexando una pronta recuperación á alcaldesa Eva García de la Torre –que sufriu hoxe un accidente de tráfico e non puido estar presente no acto– subliñou que as instalacións deste novo equipamento deportivo e social “son extraordinarias” para a práctica do atletismo e, neste senso, indicou que os materiais que se están a empregar “son os mellores e máis novidosos”.

As obras que contan cun investimento de 1 millón de euros, inclúen unha zona cuberta cunha recta de seis rúas de 60 metros e unha pista descuberta de 200 metros “cun firme que se está a implantar agora mesmo, dos mellores do mundo”

“Son unhas pistas extraordinarias que veñen cubrir as necesidades da veciñanza. Os veciños e veciñas, máis alá de onde vivan, apuntou, teñen dereito a ter instalacións dignas e no caso do Porriño sobre todo tendo en conta das que partiamos con medio foso ao lado do campo de fútbol, non eran para nada as que se merece un concello”. Recordou así mesmo o deputado que o deporte “se está a configurar como unha das revolucións do século XXI; creo que nunca houbo tanta participación da cidadanía en todo tipo de deportes e, máis, no atletismo”.

Pola súa banda concelleiro de Deportes do Porriño, David Alonso, corroborou que estas instalacións “son moi necesarias para todos os veciños e veciñas, sobre todo para as persoas que practican o atletismo, ou o triatlón, que aquí ten un gran volume de licencias”. Subliñou tamén que a nova instalación permitirá “que os nenos e nenas pequenos practiquen a súa modalidade deportiva a cuberto e creo que é unha instalación que non hai nada parecido a nivel galego”. “Nunca estaremos suficientemente agradecidos por esta instalación”, remachou.

No mandato anterior, o concello de O Porriño recibiu máis de 7 millóns de euros da Deputación de Pontevedra, o maior investimento da institución provincial neste concello. Nos últimos catro anos, coa Liña 1 do Plan Concellos, O Porriño puido financiar un total de 23 obras por case 2,5 millóns de euros e, coa Liña 3 de Emprego, puido contratar a un total de 147 persoas desempregadas para traballar no concello.

Neste ano, ao abeiro do Plan Concellos, a Deputación inviste no Porriño 1.132.222,96 euros, un 3,22% máis que en 2018.

O presidente da Fegamp visita Tomiño para coñecer o modelo de xestión de auga

0

Tomiño recibiu esta mañá a visita do Presidente da Fegamp, Alfredo García, co fin de coñecer de primeira man o traballo das traídas de auga en colaboración co Concello de Tomiño en materia de xestión da auga.

O presidente da Fegamp, foi recibido a primeira hora da mañá na Casa do Concello pola alcaldesa, Sandra González; o presidente de Coxapo e representantes das traídas de Tomiño. Rafael Carrera, asesor de Coxapo, e María Xosé Vázquez, anterior concelleira de Medio Ambiente, fixeron unha presentación do traballo levado a cabo nos últimos anos en materia da xestión da auga e que hoxe son exemplo á nivel europeo.

María Xosé Vázquez explicou as actuacións municipais en colaboración con coxapo e as traídas de Tomiño materializadas a través dunha liña de axudas competitivas con carácter plurianual destinadas a financiar proxectos para mellora dos sistemas de captacións de augas, de almacenamento e potabilización e da extensión sistemas de distribución de auga.

Alfredo García interesouse polo traballo levado a cabo por Coxapo e o Concello de Tomiño que supón un exemplo a nivel europeo

A actuación municipal ademáis, ten suposto outros investimentos e gastos asociados na mellora da transparencia e publicidade do estado das augas como son a potabilización obrigada das augas de consumo, e tramitacións que as comunidades de augas deben xestionar de forma obrigatoria. Unha actuación que engloba os controis obrigatorios da calidade das augas, os consumibles para a cloración e a elaboración de Protocolos Sanitarios ou inscrición no Sistema de Información Nacional de Augas de Consumo.

Unha labor conxunto que a alcaldesa destacou como “un exemplo na xestión responsable dun ben de primeira necesidade tan importen como é a auga”. Sandra González fixo fincapé neste modelo de xestión como solución para o rural. Un modelo que se está collendo de referencia noutros lugares e que naceu da vontade desinteresada dos pioneiros locais que crearon redes de abastecemento veciñais. Un traballo que se perfeccionou a través das iniciativas de coxapo e que teñen suposto melloras salientables a nivel nacional e europeo.

O presidente da Fegamp, acompañado do concelleiro de Servizos Públicos, Lois Váquez, o Presidente de Coxapo, Joaquín Pousa, e representates das traídas de augas de Tomiño, desprazouse a varias parroquias co fin de coñecer in situ o estado das comunidades de usuarios.

As traídas escollidas foron as de Vilachán do Monte con 36 abastecidos e á 264 m de altitude, Mosteiro- Barrantes con 50 usuarios, Forcadela-Tomiño con 540 usuarios, Amorín con 232 beneficiarios, Estás con 250 usuarios e Torrón-Sobrada con 104.

Un percorrido por seis das trinta comunidades de usuarios que abastecen o municipio de Tomiño e que ofrecen unha visión ampla dos diferentes tipos de comunidade como a de maior altitude como Vilachán do Monte ou a máis grande do municipio como é a de Forcadela-Tomiño e das súas necesidades así como dos seus sistemas e diferentes solucións.

Adenco organiza un roteiro polo Uma, espazo incluído na Rede Natura 2000

O grupo ecoloxista adenco organiza, para este vindeiro domingo, 25 de agosto, un roteiro polo río Uma. A andaina, de dificultade baixa, sairá ás 10 horas da igrexa de Angoares e non precisa inscrición previa, tan só estar no punto de reunión á hora indicada.

Adenco elixiu a igrexa de Angoares como punto de partida, ao tratarse dun elemento único do románico galego e unha das tres únicas igrexas coas súas características en España, “con outros segredos que descubriremos o domingo”, sinalan os organizadores.

Dende alí, sairase para remontar o río Uma entre muíños, pontes, freixas e un bosque de ribeira moi ben conservado, ata chegar ao final da ruta, na Ponte do Cabalón, onde se emprenderá o camiño de volta.

Ademais, o roteiro inclúe a visita a un muíño rehabilitado e en funcionamento. A actividade, como todas as que organiza Adenco, é totalmente gratuíta.

O Festival Groba trasládase á residencia de maiores ‘Santa Ana’ de Ponteareas

Mañá mércores día 21 de agosto, o Festival Groba viaxa á residencia de maiores Santa Ana para ofrecer un concerto ás 11:30 horas e achegar a música clásica e o espíritu do festival á persoas maiores con dificultades de mobilidade.

Ás 21 horas, como cada día, o Festival Groba volve ao auditorio municipal Reveriano Soutullo co concerto de cámara acompañado ao piano de Javier Vázquez Grela, ao violín de Koh Gabriel Kameda e ao cello de Hee Young Lim.

O piano de Javier Vázquez, o violín de Koh Gabriel e o cello de Hee Young acompañarán o concerto de cámara ás 21 horas no auditorio municipal

Javier Váquez Grela

Pianista nado na Coruña en 1971, cidade onde iniciou os seus estudos no Conservatorio Superior de Música cos pianistas Natalia Lamas e Rafael Sebastián, logo especialízase en acompañamento vocal con Miguel Zanetti en Madrid. Posteriormente trasládase a Barcelona para completar a súa formación na Academia Luthier co pianista Antonio Ruiz Mellado obtendo ao final dos seus estudos e por unanimidade do xurado o diploma de concertista Cum Laude. Desde o ano 1998 é pianista acompañante por oposición. Actualmente realiza o seu labor no Conservatorio Superior de Música da Coruña. Actuou en numerosas salas de concertos de España, Holanda, México, Inglaterra, Francia, Portugal, Hungría, Rusia, Xapón e Colombia.

Koh Gabriel Kameda

Primeiro galardoado do Concurso Internacional de Violín Henryk Szeryng en México en 1997, é recoñecido polo público internacional e os seus colegas como un dos artistas emerxentes máis destacados da próxima xeración. Despois de escoitalo tocar, Lord Yehudi Menuhin dixo con entusiasmo que “estaba moi impresionado” coa actuación do Sr. Kameda, e Sir James Galway proclamou que “é un dos intérpretes máis notables da súa xeración”. Á idade de doce anos, Kameda matriculouse na Universidade de Música de Karlsruhe, Alemaña, e estudou co profesor Josef Rissin.

En 1993, o violinista e director de orquestra Pinchas Zukerman convidouno a vir a Nova York e traballar con el na Manhattan School of Music. Koh Gabriel Kameda debutou en 1988 á idade de trece anos en Baden-Baden, Alemaña, interpretando o Concerto para violín n. ° 5 de Henri Vieuxtemps coa Orquestra Filarmónica de Baden- Baden. Desde entón, continúa actuando en toda Europa, Asia, así como en América do Norte e do Sur.

Presentouse como solista coas orquestras máis importantes do mundo, como a Staatskapelle Dresden, a Orquestra Sinfónica de Berlín, a Orquestra Sinfónica de Hamburgo, a Orquestra Sinfónica de Southwest Radio (Alemaña), a Radio Austriaca e a Orquestra Sinfónica de Televison, a Orquestra Sinfónica de Radio e Televisión de Bélxica, a Orquestra Sinfónica de Osaka, Orquestra Filarmónica de Israel, Orquestra Filarmónica de Xapón, Orquestra de Cámara de Zúric, Kölner Kammerorchester, Sinfónica Nacional de Irlanda, Orquestra Estatal de Atenas, Filarmónica Hungarica, Orquestra Sinfónica de Tokio, Filarmónica de Xapón, Orquestra Metropolitana de Tokio, Orquestra Sinfónica de Nordeste, Orquestra Sinfónica do Estado de México, Cidade de México Orquestra Filarmónica, Filarmónica de Cámara de Tokio e Orquestra Sinfónica de Venezuela, entre moitos outros.

Mentres residía en Alemaña, Kameda tamén recibiu enormes eloxios polas súas magníficas actividades artísticas en Xapón, onde se converteu nunha nova figura importante na escena da música clásica. En 2000, apareceu no famoso Suntory Hall cinco veces, completando o aforo cada vez. Dez anos antes, en 1990, debutou nun concerto en Xapón tocando dúas noites de concertos para violín en Tokio (Suntory Hall) e Osaka ( Symphony Hall). Con todo, a súa carreira en Xapón non coincidiu con estes concertos, senón que comezou no programa documental de televisión “NHK special: Einstein Roman” para a compañía de radio e televisión xaponesa NHK.

Traballou xunto co autor Michael Ende (Neverending Story, Momo) e a deseñadora de moda Hanae Mori, protagonizando o papel principal e gravando a banda sonora. Ao mesmo tempo, gravou un disco láser do programa, o primeiro disco láser de música clásica producido en Xapón (BMG Fun House, Xapón). De feito, a súa popularidade en Xapón é tal que levou ao establecemento dun club de fans alí. http://www.koh-fc.com

Un momento sobresaliente na temperá carreira de Kameda foi a gran oportunidade que tivo para colaborar nunha serie de concertos co falecido Witold Lutoslawski en 1993, un ano antes da morte do compositor polaco. Fixo o traballo “Chain II” baixo a batuta do compositor, e deses concertos produciuse o último CD en vivo do compositor, que recibiu un gran recoñecemento por parte da prensa: “destacado”, segundo Neue Musik Zeitung; “Excelente técnica e madurez expresiva”, escribiu Frankfurter Allgemeine Zeitung. O seu proxecto en curso “Music Heals”, unha serie de concertos en hospitais nos que durante moitos anos Kameda ofreceuse como voluntario para levar música aos pacientes, foi presentado por TV Tokyo nunha transmisión de documentais televisivos de 60 minutos en 1999, recibindo moita atención especialmente desde fóra dos círculos regulares de salas de concertos.

En abril de 2002, Koh Gabriel Kameda estreou o Concerto para violín de Louis Gruenberg en Xapón coa Filarmónica de New Japan baixo a dirección de Gerard Schwarz. Este traballo foi encargado por Jasha Heifetz en 1945 e non se tiña tocado nunca. A filla de Gruenberg, Joan Gruenberg Cominos, na presentación de Kameda, comentou: “Encantoume descubrir a súa brillante interpretación do concerto para violín do meu pai. Vostede perfeccionou este traballo difícil e tócao maravillosamente”. A prensa alemá eloxiou o seu virtuosismo, coa revista Scala

Ponteareas clausura o obradoiro de emprego ‘Coidar de Nós’

A alcaldesa accidental de Ponteareas, Cristina Fernández; a concelleira de Formación e Emprego, Vanesa Fernández e o alcalde das Neves, Xosé Manuel Rodríguez Méndez, clausuraron na mañá de hoxe o obradoiro de emprego ‘Coidar de Nós’ acompañados do delegado territorial da Xunta en Pontevedra, José Manuel Cores Tourís e do xefe territorial de Economía, Emprego e Industria, Ignacio Rial.

O obradoiro conxunto de Ponteareas e As Neves, denominado ‘Coidar de Nós’, contou con 20 alumnos e unha achega da administración autonómica de 288.807 euros máis os fondos propios dos concellos.

Estivo centrado en atención sociosanitaria a persoas no domicilio e institucións e en actividade auxiliar en viveiros e mantemento de xardíns, polo que os alumnos realizaron prácticas levando a cabo atención sociosanitaria de persoas dependentes no domicilio e nas propias institucións da localidade, así como rehabilitando e mantendo os espazos verdes municipais.

A principal novidade desta nova modalidade é que os participantes puideron combinar un contrato de formación e aprendizaxe durante nove meses, cun contrato en prácticas de polo menos tres meses máis nunha empresa emprazada no mesmo ámbito territorial e cunha actividade vinculada ás materias do obradoiro: “Tratamos así de combinar formación e aprendizaxe coa oportunidade dunha experiencia laboral”, explicou Cores Tourís.

Pola súa parte, Vanesa Fernández recordou a Cores Tourís que Ponteareas é o concello de Galicia de máis de 20.000 habitantes coa renta per cápita máis baixa e de maior paro feminino, motivo polo que solicitou incrementar o apoio en canto a formación e emprego para facilitar a inserción laboral.

O alcalde das Neves, Xosé Manuel Rodríguez Méndez, aproveitou o encontro para solicitar que se actualice o catálogo de formativo para ofertar formación axeitada á demanda actual do mercado laboral.

Así mesmo, propuxo o rexedor nevense mudar e flexibilizar as datas de celebración dos obradoiros de emprego na comarca para poder ofertar un obradoiro de enoloxía que se imparta coincidindo co ciclo de crianza do viño.

Seguindo os éxitos colleitados polo anterior obradoiro de emprego no que se acadaou o 100% da inserción laboral na rama de sociosanitaria, o que se ven de clausurar acada xa no remate de curso o 60% de inserción laboral.

“Os datos son a proba de que a formación é indispensable para incrementar as posibilidades de inserción laboral; por iso dende o concello apostamos por políticas activas de emprego, por ofertar o maior número posible de formación dentro da nosa área xeográfica e tentando, sempre que é posible, que sexa gratuíta que se empre inclúa unha parte práctica”, conclúe Cristina Fernández, alcaldesa accidental de Ponteareas.

O Porriño leva retirados preto dun cento de niños de velutinas dende xuño

No que vai de verán, retiraronse no Porriño perto dun centenar de niños de velutinas tanto no centro urbano como nas diferentes parroquias do termo municipal en coincidencia coa época estival.

Na última actuación, polo de agora, persoal do ‘Grupo Etano’ e o concelleiro de Medio Ambiente, Sergio Casal, retiraron o luns cinco niños de velutinas cuxa presenza foi advertida polos veciños.

Os niños retiráronse nos lugares de Cantoña, Pousadelas e Outeiro, na parroquia de Pontellas así como no barrio do Carracido. Estaban en árbores, nunha chimenea e no chan ao pé dun viñedo.

Segundo o grao de dificultade e altura tiveron que empregarse os tres sistemas que utilizan as brigadas é dicir pértiga, disparo con inxección de veleno ou queima nos casos máis sinxelos.

O concelleiro Sergio Casal explicou que están a atender semanalmente “unha media duzia de casos dende o 21 de xuño”.

Ponderou “a colaboración dos veciños que diariamente comunican a presenza de niños de velutinas, a través do teléfono do Concello (986 335 000) ou ben en persoa, unha cooperación que lles agradecemos”, rematou o concelleiro.

Santos Héctor supervisa en Mondariz as obras de mellora dos campos municipais da Lagoa

0

As obras para a dotación e mellora de infraestruturas nos campos municipais de fútbol da Lagoa, en Mondariz, entran no tramo final de execución, estando previsto que estean rematadas a finais do mes de setembro. O proxecto está financiado na súa totalidade pola Deputación de Pontevedra con 529.962,31 euros ao abeiro do Plan de Reequilibrio e do Plan Concellos.

Os traballos foron visitados na mañá de hoxe polo deputado de Cooperación, Santos Héctor, que supervisou as actuacións xunto ao alcalde de Mondariz, Xosé Emilio Barros, as deputadas provinciais Raquel Giráldez e Olga García Ballesteros, e José Manuel Vicente, presidente do Mondariz FC.

Durante a visita, Santos Héctor destacou da remodelación dos campos municipais de fútbol da Lagoa que “agora os veciños e veciñas de Mondariz, especialmente os nenos e nenas, poderán gozar dunhas instalacións deportivas axeitadas, tal e como merecen”.

O deputado tamén fixo fincapé na importancia desta obra porque “cubre as necesidades demandadas polos usuarios e usuarias e conséguese unhas instalacións accesibles co fin de promocionar o deporte entre os colectivos de persoas co diversidade funcional”.

Pola súa parte, o alcalde da vila, Xosé Emilio Barros, recalcou a “necesidade destas obras para o concello de Mondariz, pois estas instalacións serán empregadas diariamente por 200 nenos e nenas”.

Xosé Emilio Barros tamén agradeceu “o apoio da Deputación e o esforzo feito polo Goberno de Carmela Silva, xa que a súa chegada supuxo un cambio substancial na xestión dos recursos grazas a plans como o de Reequilibrio ou o Plan Concellos que, con criterios obxectivos, están a permitir que concellos como o noso poidan levar a cabo importantes actuacións como a que visitamos hoxe”.

Máis polo miúdo as obras que se están a realizar nos campos de fútbol da Lagoa serven para reubicar espazos e unificar os dous campos nunha soa zona e para acadar unhas instalacións adecuadas ás necesidades da cidadanía de Mondariz, instalando aseos para uso xeral, unha zona de cantina, un almacén, zona de lavandería e un pequeno despacho administrativo.

Amais, tamén levouse a cabo unha ampliación dos vestiarios e o complexo contará con balsas ecolóxicas para a depuración da auga, unha solución que vai na liña da aposta da Deputación de Pontevedra pola sustentabilidade.

Santos Héctor tamén lembrou o apoio que está a dar a Deputación de Pontevedra aos concellos da provincia. No caso concreto de Mondariz, recibiu na anterior lexislatura máis de 5 millóns de euros, “o maior investimento neste concello na historia da Deputación de Pontevedra”. O deputado de Cooperación engadiu que “no Plan Concellos 2019 investimos este ano en Mondariz máis de 525.000 euros, un 3,03% máis que en 2018”.

Máis de 50 participantes no VII Certame de Pintura ao Aire Libre ‘Antonio Fernández’ de Tomiño

0

O pasado domingo celebrouse a sétima edición do Certame de pintura ao aire libre Antonio Fernández con máis de 50 participantes procedentes de diferentes lugares. As obras premiadas foron unha vista de Cerveira dende a praia fluvial de Goián da autoría de Rafael Carrasco de Toledo que se fixo co primeiro lugar. Os segundos e terceiro premios foron para Leticia Gaspar de Bilbao e para Antonio Lorenzo de Mondariz.

O primeiro premio está dotado con 1.500€ financiado polo Concello de Tomiño e con 500€ o segundo e o terceiro, custeados pola Comunidade de Montes de Goián e a Fundación da Bienal de Cerveira respectivamente.

A actividade naceu no ano 2012 froito da programación do ‘Ano Antonio Fernández’ iniciándose así unha andaina que a día de hoxe móstrase como unha cita cultural consolidada dentro e fora das nosas fronteiras.

[su_custom_gallery source=”media: 5077,5076,5075″ link=”lightbox” width=”120″ height=”110″ title=”never”]

Ademáis, como novidade, este ano o certame ampliou o seu percorrido a Vila Nova de Cerveira grazas a participación da Fundación Bienal de Arte de Cerveira formando parte da programación Eurocidade Cerveira-Tomiño. Deste xeito, ambas vilas, Goián e Cerveira, foron retratadas polos ollos dos artistas que este domingo visitaron ambos municipios.

As obras poderán visitarse nos próximos días estando a disposición dos interesados o contacto dos artistas para a súa venta. Ao longo desta semana, estarán expostas no primeiro andar do Centro Goianés e a vindeira semana na sede da Fundaçâo Bienal de Arte de Cerveira. A mostra contará coas obras premiadas dando oportunidade a disfrutar da arte de pintores cunha longa experiencia nesta modalidade e novas figuras que veñen destacando a nivel peninsular.

A entrega de premios tivo lugar o domingo ás 18:30 h e foron entregados pola alcaldesa de Tomiño, Sandra González, e polo vereador da Câmara de Vila Nova de Cerveira, Vítor Costa.

Ambas autoridades destacaron “a grande calidade das obras exposta e o papel do certame como atracción artística na zona”.

De feito, ambos coincidían na enorme expectación e o dinamismo existente durante a xornada en ambas vilas convertendo o Certame nunha festa da arte.

Redondela iniciou, na pasada semana, a limpeza e rozado dos camiños de titularidade municipal

0

O Goberno local mirouse na obriga de convocar unha nova Mesa de Contratación logo da renuncia da empresa que tiñan que realizar os traballos.

O pasado martes 13 o Concello de Redondela comezou cos traballos de limpeza e roza das cunetas e camiños, nas parroquias de Saxamonde, Quintela e Reboreda, mentres que onte luns 19, a empresa encargada do Lote 2 comezou o desbroce nas parroquias de Ventosela, Cesantes e O Viso. Progresivamente ao longo da semana estánse a iniciar os traballos no resto das parroquias do municipio.

O expediente de contratación cun custe total de 115.500 euros dividiuse en 4 lotes e tramitouse polo procedemento aberto simplificado.

O expediente de contratación foi iniciado polo goberno saínte, o día 5 de maio de 2019 –19 días antes das eleccións– e estivo marcado pola renuncia de varias empresas licitadoras, o que atrasou todo o proceso.

A situación provocada por dita renuncia fixo que o actual goberno vísese na necesidade de celebrar unha nova Mesa de Contratación, cos conseguintes prazos e o atraso que iso supuxo nuns traballos de rozado e limpeza que terían que estar licitados con antelación “e non esperar ata o mes de maio para iniciar os trámites”, sinalan dende o executivo que preside Digna Rivas.

O Goberno local subliña que a tramitación debería ter comezado “no mes de marzo para que, unha vez realizados todos os pasos legais precisos, se puidera comezar cos traballos a finais de abril”

Cómpre salientar que na mesa celebrada polo goberno do PP, este acordou requirir a empresa elixida para que presentara xustificación da oferta económica presentada por “atoparse incursa en presunción de temeridade”.

O expediente de contratación cun custe total de 115.500 euros dividiuse en 4 lotes e tramitouse polo procedemento aberto simplificado e o actual Goberno local, unha vez que se coñeceu a renuncia da empresa encargada de realizar os traballos dos lotes 1, 2 e 4 “requiriu á seguinte empresa clasificada para que presentase a documentación no prazo de 7 días hábiles”.

Unha vez emitidos os correspondentes informes económicos, o día 30 de xullo proponse pola Alcaldía a adxudicación do contrato para os 4 lotes do servizo de limpeza e roza de cunetas e camiños.

Na sesión ordinaria da Xunta de Goberno Local celebrada o dia 7 de agosto de 2019 apróbase por unanimidade a proposta da Alcaldía , establecendo un prazo de 3 días ás empresas , unha vez recibida a notificación, para formalizar o contrato.

A alcaldesa de Redondela, Digna Rivas, avanzou a intención do seu Goberno de que as rozas e limpeza de viais municipais, “desenvólvase dúas veces ao ano, en lugar dunha única actuación como acontecía ata o de agora, de xeito que as veciñas e veciños poidan contar cuns camiños en mellores condicións”

Nigrán mellora a rede de abastecemento na contorna do Seixo

0

O Concello de Nigrán ven de renovar por completo a condución do abastecemento de auga na contorna do Camiño do Seixo (Panxón) como paso previo ao asfaltado desta e outras catro vías da parroquia cun investimento total de 54.050 € con cargo do Plan Concellos 2019.

Así, Concello de Nigrán e a concesionaria Aqualia remataron a pasada semana as obras de substitución das canalizacións na contorna de Lagoa-Seixo beneficiando así a 25 vivendas que, dende hai anos, sufrían o prexuízo de ter contínuas roturas nas tubaxes por un defecto das mesmas. Este camiño e o de Lousas, Pastora, Redonda e Arribas Brancas serán pavimentados ao longo do mes de setembro pola empresa Fechi S.L. como parte do plan de asfaltados do Concello de Nigrán para a mellora da seguridade viaria na parroquia.

Ao longo de setembro o Concello investirá nesta parroquia 54.000 € no pavimentado do Camiño Lousas, Pastora, Redonda, Arribas Brancas e Lagoa-Seixo

Así, en tódolos casos se realizará unha limpeza do pavimento da calzada e das cunetas antes de melloralo cunha mestura bituminosa en quente estendida e compactada, ademais de facer en cada caso o recrecido das tapas da rede de sumidoiros.

“Trátase de camiños en moi mal estado e que dan servizo a moitas persoas, por iso os consideramos prioritarios neste segundo plan de asfaltados da parroquia, sendo conscientes de que quedan outros pendentes que non esquecemos”, sinala o alcalde, Juan González. Así, anteriormente en Panxón foi asfaltado Jesús Espinosa, Gondomar, Area Alta, Camiño da Area, Arquitecto Palacios, Paraviñal, Camiño da Fonte, Porqueira ou rúa do Rial.

Autos González reforza a liña Vigo-Redondela para o ‘Entroido de Verán’

0

A empresa de transporte de viaxeiros por estrada Autos González vén de anunciar o reforzo da liña Vigo–Redondela con motivo do Entroido de Verán, que se celebra o vindeiro sábado 24 de agosto. En concreto, a compañía incrementará as frecuencias dos autobuses entre Vigo e Redondela, que sairán desde a cidade olívica (Arenal, 52–antigo Reitorado) cada trinta minutos, entre as 18:00 e as 24:00 horas

O regreso dende Redondela –con saída na estrada Vigo, 14 (fronte a Hobbybike) será entre as 00:00 e as 05:00 da madrugada. Neste sentido, cabe precisar que esta será a única parada de subida e baixada de viaxeiros en Redondela, debido á gran afluencia de xente que se estima acudirá ao entroido.

Con esta ampliación no horario do transporte público preténdese reducir o número de vehículos que accedan ao municipio, facilitando a chegada a Redondela para asistir ao Entroido de Verán e evitando ao mesmo tempo a preocupación dos usuarios por coller o seu vehículo de regreso a casa.

Esta medida permitirá, ademais, evitar atascos e problemas de estacionamento, dado o gran volume de asistencia que se espera ao evento, ao redor de 30.000 persoas.

A Deputación leva a súa campaña de igualdade ao ‘Entroido de Verán’ de Redondela

0

A Deputación de Pontevedra, a través do Servizo de Igualdade, levará a súa campaña de igualdade “EUDECIDOTIRESPECTAS” ao Entroido de Verán de Redondela, que se desenvolverá esta próxima fin de semana.

Máis polo miúdo, a institución provincial instalará un punto morado de información sobre as agresións sexuais o día 24 de agosto, na praza do Concello, que estará operativo desde ás 17 horas ata as dúas da madrugada.

Neste punto porá a disposición das persoas asistentes á celebración material da campaña “Lembra, eu decido, ti respectas”, dirixida á mocidade e que amosa contidos diferenciados para mulleres e para homes, nos que se definen con claridade os límites ante posibles agresións, facendo fincapé en que son un delito e que a culpa nunca é da vítima.

Con esta iniciativa preténdese concienciar á poboación máis nova da importancia das relacións en igualdade, así como previr e actuar contra as agresións sexuais categorizadas como violacións en cita ou agresións por submisión química.

A Deputación de Pontevedra desenvolveu este verán esta campaña de igualdade nos Festivais Rías Baixas, pero ademais ofrece o seu material divulgativo para ser utilizado por todos os concellos e entidades que así o soliciten. Por exemplo, o pasado ano chegou a festivais e festas patronais dos concellos de Poio, Cangas, Ponte Caldelas, Lalín, Vilaboa, O Grove e Cuntis, entre outros.

Preto de 200 deportistas converten a Freixa nunha auténtica festa da natación

Preto de 200 nadadores e nadadoras déronse cita este pasado domingo, 18 de agosto, na Freixa en Ponteareas para converter as augas do Tea nunha auténtica Festa do Deporte. A cuarta edición da ‘Travesía a Nado Vila do Tea’, organizada polo Club Natación Ponteareas e a Federación Galega de Natación, bateu récord de participación e consolídase como un referente do Circuito Galego de Augas abertas do sur de Galicia.

Houbo presenza de nadadoras e nadadoras internacionais que amosaron gran nivel de forma e competitividade na proba raiña, a da categoría Élite, onde os participantes se enfrontaban a un circuito de 3.600 metros.

Gaspar Andrade e Aroa Silva facíanse coa Victoria nesta proba élite masculina e feminina, respectivamente.

[su_slider source=”media: 5046,5052,5042,5043,5044,5045,5047,5048,5049,5050,5051″ link=”lightbox” height=”400″ centered=”no” autoplay=”8000″]

Pero foron varias probas, distancias e categorías as que completaban todo o evento, que rematou cunha divertida e concurrida proba de relevos mixtos de 4×400 metros.

Mestura de deporte e natureza, a travesia Vila do Tea pon en valor a riqueza paixasística do río Tea ao seu paso por Ponteareas. Medrando ano tras ano, a vindeira edición, a quinta, xa promete máis sorpresas na procura dos 200 participantes!

Redondela solicita a Augas de Galicia que realice o mantemento

0

O Concello de Redondela comezou este luns a limpeza das marxes do río Alvedosa no seu tramo máis urbano, é dicir, o comprendido entre a ‘Casa da Torre’ e o campo da Feira. A Concellería de Medio Ambiente dá resposta así a diversas solicitudes de veciños e veciñas que pedían a retirada da maleza. En todo caso, a limpeza do cauce do río “non se acometerá ata o outono, por recomendación tanto das técnicas do Concello coma de Augas de Galicia”, explica o concelleiro de Medio Ambiente, Roberto Villar.

Segundo Villar, as técnicas do Concello fixeron unha exploración visual da zona “e comprobaron que está habitada por crías de aves, maiormente patos. Para confirmar, consultamos a Augas de Galicia quen nos aconsellou esperar ó outono para facer a limpeza completa do cauce do río”, apuntou o concelleiro.

Actuacións tamén no Pexegueiro

Doutra badanda, tal e como explica o responsable de Medio Ambiente do Concello de Redondela, “nas pasadas semanas estivéronse realizando actuacións similares nas marxes do Río Pexegueiro, atendendo tamén diversas reclamacións veciñais”. A maiores, o Concello de Redondela dispón de permiso para retirar o lavadoiro de formigón instalado no cauce do río, á altura das instalacións da empresa madeireira situada na zona. Esta, que tamén é unha reclamación realizada pola veciñanza da zona, pódese realizar agora, unha vez Augas de Galicia deu o visto e prace ao permiso solicitado no seu momento polo goberno saínte.

Redondela propón un Plan Anual de Mantemento para os ríos para que se faga “dun xeito máis gradual, menos invasivo e, polo tanto, máis ecolóxico”

Mantemento en vez de actuacións invasivas

A Concellería de Medio Ambiente iniciou as negociacións con Augas de Galicia para dispor dun Plan Anual de Mantemento para os ríos do Concello “coa intención de que a limpeza dos ríos se desenvolva dun xeito máis gradual, menos invasivo e, polo tanto, máis ecolóxico”.

“Cada vez que se fai unha actuación nun río, hai que pedir permiso a Augas de Galicia. Ata o de agora o que se facía era deixar crecer a maleza máis alá do desexable para, posteriormente, realizar unha limpeza agresiva, mesmo utilizando maquinaria pesada. Nós apostamos por un mantemento permanente, con persoal propio do Concello, de xeito máis sostible e, a maiores, creemos que será mesmo máis económico para as arcas do Concello”, comenta Villar.

Tui acolle, en outubro, dous cursos gratuítos de Prevención de Riscos Laborais na Construción

0

O Concello de Tui en colaboración coa Fundación Laboral da Construción oferta dous cursos gratuítos de prevención de riscos laborais. Celebraranse na segunda quincena do mes de outubro no Centro Municipal de Formación en Guillarei.

Trátase dun curso de Nivel Básico de Prevención de Riscos Laborais para o sector da Construción cun duración de 60 horas lectivas, e outro curso de Prevención de Riscos Laborais para traballos de Albanelería de 6 horas lectivas.

Ofértanse 25 prazas que se cubrirán por orde de inscrición. Realízanse en colaboración coa Fundación Laboral da Construción

Estes cursos impartiranse do 14 ao 30 de outubro de luns a venres en horario de 9 a 14 h. Ofértanse 25 prazas en cada un do curso, que se cubrirán por orde de inscrición. Os interesados teñen até o 30 de setembro para inscribirse presencialmente no Centro Municipal de Formación en Guillarei ou no 986 60 39 49 de luns a venres de 9 a 14h , ou enviando un correo electrónico co nome e apelidos, enderezo e teléfono de contacto a [email protected].

O alcalde de Tui reúnese o xoves cos afectados de Paramos e Guillarei

0

Este xoves, 22 de agosto, ás 20:0 h no Centro Cultural de Paramos o alcalde de Tui, Enrique Cabaleiro, vaise reunir cos membros da Asociación de Afectados de Paramos e Guillarei no Centro Cultural de Paramos. Na reunión estarán tamén presentes os técnicos da oficina de atención aos afectados e foron convidados tamén os voceiros dos grupos políticos presentes na corporación municipal.

Os temas a tratar serán o estado actual da tramitación do expediente do Plan DepoRemse da Deputación de Pontevedra, a Ordenanza de Axudas aos Afectados, o estado de tramitación dos expedientes de licenzas solicitados, para rematar cunha quenda de rogos e preguntar por parte dos asistentes.

A Mancomunidade do Baixo Miño molesta por un proxecto de transporte que non soluciona a mobilidade na comarca

0

Os concellos da mancomunidade do Baixo Miño (Tomiño, Tui, O Rosal e A Guarda) mantiveron esta mañá unha reunión co xefe territorial de Infraestructuras e Mobilidade, Jose Luis Díez. A Mancomunide xa presentou as alegacións conxuntas dos concellos membros que recollen os puntos fundamentais que afectan ao servizo público de transporte.

A presidenta da Mancomunidade e alcaldesa de O Rosal, Ánxela Fernández Callís, acompañada da alcaldesa de Tomiño, Sandra González; o alcalde da Guarda, Antonio Lomba, e o concelleiro de mobilidade guardés, Anxo Baz, trasladaron de primeira man a problemática que supón para a comarca o Proxecto de explotación de servizos públicos de transporte regular de viaxeiros por estrada que neste momentos atópase en trámite de audiencia. Segundo a Mancomunidade, o proxecto “podería supoñer un deterioro na calidade do servizo de transporte público de viaxeiros”

Por outra banda, a mancomunidade do Baixo Miño xa presentou as alegacións conxuntas dos concellos membros que recolle os puntos fundamentais que afectan ao servizo público de transporte e que podería supor un deteriodo na calidade do mesmo.

A Mancomunidade lamenta que non se aproveita esta oportunidade que apostar polo servizo público, xa que se se precariza, “terá menos viaxeiros e resultará menos rentable, sendo un círculo vicioso que non favorece o transporte público, unha solución de mobilidade que Europa recomenda como menos contaminante, máis rendible e con futuro”, sinalan os concellos membros.

Sabarís celebra o domingo 8 de setembro o ‘II MercadiYo-Rastro Familiar’

0

O vindeiro domingo, 8 de setembro, entre as 11 h e as 21 horas, Sabarís acollerá a segunda edición do MercadiYo-Rastro Familiar, que na súa primeira edición contou unha participación, tanto de público como de vendedores e vendoras. Trátase dunha iniciativa que busca, segundo a organización “o encontro familiar para fomentar a reciclaxe, o troco e a reutilización de artigos”.

Xustamente para conseguir eses obxectivos “de vaciar os trasteiros”, as normas sinalan que os e as participantes deben ser particulares que deben poñer á venda artigos “exclusivamente persoais como roupa, accesorios ou enseres domésticos”, tal e como explica a organización, “artigos que temos pola casa, que non usamos e que, por contra, poden ser de utilidade para outra persoa”.

De feito as bases de participación do MercadiYo, que se poden descargar dende este enlace, sinalan que “non está permitida a participación de artesáns nin titulares de negocio, agás que poñan a venda artigos persoais”.

Dende esa perspectiva, o MercadiYo é un excelente xeito de reutilización e de evitar que cousas que outras persoas poidan precisar, rematen no lixo. Unha especie de “o que ti non queiras, outro o precisa”.

A actividade está organizada por Ovalmi e Coemsa, coa colaboración do Concello de Baiona e a Deputación de Pontevedra

A inscrición estará aberta ata o día 30 de agosto. Todas as inscricións deberán presentarse por escrito no formulario que pode descargarse nesta ligazón, e serán xestionadas por Ovalmi. O prezo da participación será de 15 euros por porto que se destinarán á publicidade do evento, seguro de Responsabilidade Civil e custes de organización.

Historia de Tui, vida sana e novas tecnoloxías centran «Programa de Maiores. Mareas de coñecemento e experiencia»

0

A Concellería de Formación e Emprego do Concello de Tui e a Universidade de Vigo, van levar a cabo o “Programa de maiores. Mareas de Coñecemento”. Trátase dunha actividade formativa gratuíta para persoas maiores de 55 anos que se vai realizar do 23 ao 30 de setembro en horario de tarde.

Contará cunha duración de 15 horas de formación teórica e práctica a cargo de profesorado do Programa Universitario de Maiores, da Facultade de Ciencias da Educación e do Deportes e da Escola de Enxeñería Industrial de Vigo.

Esta actividade estruturarase en tres seminarios con cinco horas de duración cada un deles.

O primeiro ‘Arte e Historia’ celebrarase o luns 23, de 17 a 19 h, cunha sesión divulgativa sobre ‘Ruta do patrimonio xudeu, Contos e lendas da zona vella’ na que abordará a zona monumental, o patrimonio xudeu, contos e lenda da zona vella, e pasadizos de canellas. O martes 24, de 16 a 19 h, terá lugar a parte práctica cunha ruta polo conxunto histórico.

O segundo seminario ‘Saúde, benestar e deporte’ constará dunha parte teórica o mércores 25 de setembro, de 17 a 19h , sobre a ‘Contorna natural. Alimentación e saúde’ e unha segunda parte práctica o xoves 26, de 16 a 19 h, que consistirá na realización dunha ruta cardio-saudable pola Senda do Lagartón.

Por último no terceiro seminario ‘Tecnoloxía: uso de ferramentas no teléfono móbil’ abordarase a configuración de teléfonos móbiles, whatsapp, facebook, apps de calendarios de vacinacións e medicacións, apps de localización de persoas, apps de contaxe de pasos e actividades saudables. Será o venres 27 e o luns 30 de setembro combinando parte teórica e práctica.

A parte teórica dos dous primeiros seminarios terá lugar na aula de San Domingos, e o terceiro seminario desenvolverase na aula CeMIT da Área Panorámica.

Ofértanse 50 prazas que se cubrirán por orde de inscrición. Os interesados poden anotarse no Centro Municipal de Formación, presencialmente en Guillarei ou por teléfono de luns a venres de 9 a 14h ou no correo electrónico [email protected] enviando o seu nome e apelidos, domicilio e teléfono de contacto.

Seminario I «Arte e Historia»

Profesorado do Programa Universitario de Maiores. Aula San Domingos. C/Antero Rubin 41-51

  • 23 de setembro, de 17.00 a 19.00 h.
    • Sesión divulgativa: «Ruta do patrimonio xudeu. Contos e lendas da zona vella»
  • 24 de setembro, de 16.00 a 19.00 h
    • Visita cultural: Ruta pola zona monumental.

Seminario II «Saúde, benestar e deporte»

Profesorado da Facultade de Ciencias da Educación e do Deporte. Aula San Domingos. C/Antero Rubin 41-51

  • 25 de setembro, de 17.00 a 19.00 h
    • Sesión divulgativa: «Contorna natural. Alimentación e saúde»
  • 26 de setembro, de 16.00 a 19.00 h
    • Ruta cardio-saudable : Ruta do regato Lagartón

Seminario III «Tecnoloxía: uso de ferramentas no teléfono móbil»

Profesorado da Escola de Enxeñería Industrial de Vigo. Aula Cemit, Área Panorámica. Rúa Colón 2

  • 27 de setembro, de 17.00 a 19.00 h
    • Sesión teórico-práctica 1: O teléfono móbil. Configuración básica. WhatsApp e Facebook.
  • 30 de setembro, de 17.00 a 20.00 h
    • Sesión teórico-práctica 2: Outras aplicacións. Calendarios de vacinación e medicacións, Petición de citas médicas, Localización de persoas, etc.

Festival Groba, ocasión única para gozar dos mellores músicos do mundo

O concello de Ponteareas a través da concellería de Cultura convida a toda a cidadanía a gozar da VII edición do Festival Groba que arrancaba onte sábado, día 17 de agosto ás 21 horas, co concerto inaugural da Orquestra de Cámara Galega no auditorio municipal Reveriano Soutullo.

Na inauguración pasaron polo escenario do auditorio ponteareán, intérpretes da talla da violinista Miranda Liu, a soprano Laura del Río e a pianista Gema Arias. Rogelio Groba Otero, fillo do célebre compositor e músico, voltaba a dirixir as pezas coas que daba a benvida esta sétima edición dun certáme que xa é toda unha referencia no mundo da música.

Ata o venres día 23 o público gozará das actuacións dos mellores músicos do músico totalmente de balde.

O Festival Groba continúa a ser o único festival en España adicado a un compositor que permite disfrutar da música dun dos mellores e máis prolíficos compositores do século XX español, que forma parte da xeración do 51, e que ademáis segue contando coa sua enorme capacidade creativa e podemos, edición tras edición, escoitar e vivir obras especialmente compostas para o Festival Groba. Isto é un elemento claramente diferenciador con outros festiváis que se celebran na actualidade.

Como en cada edición o festival achega ao escenario de Ponteareas a grandes intérpretes cunha longa e moi importante traxectoria internacional así como con outros que inician unha máis que prometedora carreira na escena musical.

As estreas do Mestre Groba nesta edición serán a Sinfonía nº 6 e Soatiña para piano e orquestra. Na presente VII edición do Festival Groba voltará a voz da soprano catalana Laura del Río e serán protagonistas obras compostas para piano da man da americana Claire Huangci, a italiana Elisa DA’Auria. O son do violín virá de Alemania con Koh Gabriel Kameda e dos EE.UU. con Miranda Liu, mentres que desde Corea do Sul virá co seu cello Hee Young Lim e a viola desde Alemania con Alba González Becerra.

Ademáis, dos intérpretes galegos que estarán presentes como xa o fixeron en pasadas edicións como Pablo Vidal (violín), Javier Vázquez Grela (piano), este ano, no Programa de Xóvenes Intérpretes Galegos apoiado pola Fundación Groba, o público poderá escoitar ao Dúo Esjedón e un concerto sorpresa para conmemorar un día especial, no Salón de Plenos do Concello de Ponteareas.

Amáis das obras do mestre Groba formarán parte dos repertorios dos concertos de cada noite moitos outros compositores como Tartini, Lizt, Grieg, Grieg, Schubert, Cesar Franck, Dvorak e Haydn. En canto a academia, este ano estará adicado as masterclasses e talleres de cello, violín e viola. Como novidade, impartirase un taller de interpretación de ópera e zarzuela.

Este ano, igual que nas pasadas edicións, realizarase un concerto na Residencia de Maiores de ‘Santa Ana’, para achegar a música clásica e o espíritu do festival á persoas maiores con dificultades de movilidade.

Na VII edición do Festival Groba, os obxetivos seguen sendo a divulgación da música do compositor Rogelio Groba; o fomento do estudo da música clásica e establecer as canles que faciliten a aprendizaxe con mestres internacionais que complementen a súa formación e, desde Ponteareas, continuar mantendo o nome de Galicia como punto de referencia da música de cámara desde o máis alto nivel internacional.

Dende a Fundación Groba agradeceron a colaboración da Dirección Xeral de Políticas Culturais da Xunta de Galicia e do Concello de Ponteareas, “que apoiaron desde a primeira edición no ano 2013, á Deputación de Pontevedra que un ano máis segue apostando polo proxecto así como a Fundación Sgae polo seu apoio neste ano e a Fundación Barrié, coa que manteñen unha estreita colaboración durante todo o ano”.

Nigrán confirma ante Cogami a creación dun Plan Director de Accesibilidade Universal para o municipio

0

O alcalde de Nigrán, Juan González, mantivo un encontro con Anxo Queiruga, presidente de COGAMI (Coordinadora Galega de Persoas con Discapacidade) no que se comprometeu a consignar no orzamento de 2020 a contratación dun plan director de accesibilidade universal que marque as directrices xerais que debe seguir a localidade neste eido e que sirva de referencia ao programa municipal ‘Un Nigrán para todos’.

Cun custe aproximado de 12.000 € , servirá de folla de ruta ou manual para que as futuras actuacións que se realicen dende o Concello faciliten de verdade a vida de tódolos veciños, con ou sen discapacidade. “É un plan que está pensado para todo o mundo, non é algo específico das persoas con discapacidade, é para a sociedade no seu conxunto porque do que se trata é de facilitar a súa autonomía e mellorar a calidade de vida no municipio”, explica o alcalde, Juan González.

Dentro de ‘Un Nigrán para todos’, o Concello cederá un espazo do salón de Plenos a Cogami para que un día a semana poidan realizar labores de intermediación laboral

Este plan de mellora da calidade de vida dos veciños contempla dende revitalizar a contorna urbana, a facilitar o tránsito de peóns, favorecer o deseño urbano para as persoas, crear espazos libres, suprimir as barreiras arquitectónicas e sensoriais… Tras realizar unha análise da situación actual, o documento final especificará as intervencións e os lugares que teñen maior prioridade ou urxencia para ser transformados e o orzamento necesario para acomenter as obras.

Paralelamente, o Concello cedeu a Cogami o uso do Salón de Plenos unha vez á semana para relizar o seu servizo de intermediación laboral tras expor eles esta necesidade do municipio. Este lugar foi considerado o máis axeitado para a entidade ao ser totalmente accesible, ser céntrico e estar totalmente libre para o seu uso sen necesidade de compartir espazos que limitarían a súa privacidade.

Un pago simbólico

Esta semana ha saltado de nuevo a la palestra el pago por el uso de las autovías en nuestro país, “un pago simbólico” para recaudar más para obras sociales. Claro, eso es lo que dice la teoría, además lo de pago simbólico queda muy bonito, tenemos que colaborar todos y con muy poco, algo “simbólico”, es decir, un impuesto más para sumar a todos los que ya pagamos.

Digamos las cosas claras, hay que seguir recaudando más para poder mantener toda esta infraestructura política que tenemos montada en nuestro país y pagan los de siempre, es decir, los ciudadanos que utilizamos todos los días la autovía para ir a trabajar porque no hay transporte público que cumpla nuestras necesidades; los transportistas, tanto ligeros cómo pesados que reparten la mercancía que después vamos a comprar al supermercado.

Ese “pago simbólico”, además de pagarlo cuando utilicemos dichas vías, se verá repercutido en el coste de los productos que compramos, por lo que hagan ustedes cuentas.

Es curioso, que los pagos simbólicos los tengamos que hacer siempre la clase baja y media de éste país, ¿porque no ponen un pago simbólico a todas las grandes fortunas de éste país? ¿un uno por cien anual de su patrimonio real por ejemplo? pero eso, patrimonio real, incluyendo dinero en las SICAVs, o por ejemplo, ¿porqué cómo símbolo para el resto de las empresas del país no hacemos pagar a los clubes de fútbol todo lo que adeudan a hacienda y a la seguridad social? ¿o porque no reducimos el número de políticos a la mitad? es un símbolo que nos ahorraría mucho dinero al estado, o que todos aquellos que han cobrado comisiones indebidas devuelvan lo cobrado incrementado en un 10%? es también un pequeño símbolo que aportaría batante dinero a las arcas del país además de hacer que otros se lo pensaran antes de cobrar algo indebido.

Cómo veis hay muchos pagos simbólicos que se podrían realizar, pero claro, esos no gustarían a los poderosos, así que lo más sencillo, es poner un nuevo impuesto que afecte principalmente a la clase media-baja, que esos pagan siempre, y sino pagan, pues se embargan y asunto arreglado, que no tienen dinero para pagarse buenos abogados y todo queda en nada, y así, los de arriba, todos contentos.

Lo que no es un pago simbólico, sino que es nuestra misión de cada semana, es la de ofrecer buenas recomendaciones musicales y esta semana lo vamos a hacer con la preciosa voz de Deva Premal y con el gran Vangelis al piano, espero que los disfrutéis.

Deva Premal

Deva

2018

https://devapremalmiten.com/

Estamos ante un nuevo trabajo de Deva Premal, una de las voces más bellas de la actualidad dentro de las Nueva Músicas, una mujer que con éste trabajo focaliza sus cantos en la expresión del alma a través de la música.

“Deva” es el título de ést trabajo, un disco en el que la cantante nos muestra su alma a través de siete mantras / canciones, uno de ellos, compuesto por el gran Ravi Shankar y que cuenta con la colaboración de la hija del gran maestro indio Anoushka Shankar al sitar.

Estamos ante un precioso disco, una pequeña joya para esos momentos estresantes del día en los que necesitamos desconectar de todo lo que nos rodea, un trabajo que pueden utilizar también aquellos prácticantes de yoga, ya que es una preciosa voz acompañada de instrumentos tan hermosos como el sitar.

Vangelis

Nocturne

2019

https://www.vangelisnocturne.com/

El gran maestro griego Vangelis, regresa con nuevo trabajo casi tres años después de su “Rossetta”, en esta ocasión, nos sigue demostrando su pasión por el espacio y también por la noche, creando para la ocasión once nuevos temas y recuperando algunos de sus clásicos cómo el “To The Unknown Man”, “Love Theme, Blade Runner”, “La Petite Fille de la Mer”, “Chariots of Fire” o “1492, Conquest of Paradise”, pero conla pecularidad de que están interpretados con un piano de cola.

Debo de reconocer, que me encanta el piano, es un instrumento precioso, con un sonido especial, que Vangelis es un maestro en los teclados, pero algunos de esos clásicos, los prefiero en su versión electrónica, pero eso no le saca mérito a éste trabajo, donde podemos disfrutar de las nuevas composiciones del griego, mostrando su maestría detrás de la teclas, aunque en esta ocasión, no son detrás de sus míticos teclados, sino que son detrás de un piano de cola.

Alumnado do obradoiro ‘Percorre Tui’ realiza visitas guiadas para os maiores da residencia ‘San Telmo’

0

O alumnado do Obradoiro de Emprego Percorre Tui realizou estes días unha visita guiada dirixida a un grupo de maiores da Residencia San Telmo. En concreto a visita partiu dende a propia residencia, na rúa Antero Rubín, até a igrexa de San Domingos, situada a poucos metros, onde recibiron explicacións, por parte dos alumnos e alumnas do obradoiro da historia e características deste templo.

Posteriormente achegáronse até a alameda de San Domingos, e ao Centro de Interpretación “Tui, Camiño de Santiago”, situado no antigo convento de San Domingos.

[su_slider source=”media: 4955,4953,4952″ link=”lightbox” height=”400″ centered=”no” autoplay=”8000″]

Esta visita contou con moi boa acollida por parte destas persoas maiores, de tal xeito que dende a Residencia San Telmo solicitouse ao Obradoiro realizar nos próximos días outra ruta por outra zona da cidade.

Cómpre lembrar amais que hai un mes, como práctica na especialidade de Turismo, o alumnado conduciu xa unha visita guiada ao Centro de Interpretación ‘Tui, Camiño de Santiago’ situado no antigo convento de San Domingos para os participantes no Campamento Inclusivo organizado por Un Máis. Daquela axudáronse de pictogramas e de explicacións sinxelas no percorrido que levaron a cabo para os cativos e cativas.

A Orquestra de Cámara Galega estra a ‘Sinfonía nº 6’ no concerto inaugural do ‘VII Festival Groba’

A Orquestra de Cámara Galega estrea hoxe sábado a sinfonía nº 6 do mestre Rogelio Groba no día inaugural da VII edición do Festival Groba que se desenvolverá no auditorio municipal Reveriano Soutullo.

O público gozará do privilexio de escoitar totalmente de balde aos músicos da Orquestra de Cámara Galega, á violinista Miranda Liu, á soprano Laura del Río e á pianista Gema Arias neste primeiro día de festival.

O concelleiro de Cultura e Lingua, Fernando Groba, destaca a oportunidade única de poder gozar de músicos afamados de todo o mundo con entrada gratuíta, ademais de ter a ocasión de asistir a estreas de composicións do mestre Groba.

Orquestra de Cámara Galega

Fundada polo seu director concertino, Rogelio Groba Otero, no ano 1995, a Orquestra de Cámara Galega (OCGa) está integrada por músicos galegos formados en diversos conservatorios europeos.

Nos 24 anos de traxectoria profesional ten como claros obxetivos a difusión, valorización de novos repertorios e creación de novos públicos. A excelencia interpretativa permítelle interpretar un amplo repertorio, que abrangue desde o barroco ata os nosos días, incluída a difusión de compositores galegos e cunha especial incidencia na extensa obra do compositor Rogelio Groba Groba, o máis prolífico compositor do país cunha obra que supera xa as 720 composicións.

Na súa bagaxe interpretativo pasou polas máis importantes salas de concertos de España como Auditorio Reina Sofía de Madrid, o Palau de la Música de Barcelona, a Sala Mozart do Auditorio de Zaragoza, a Teatro da Maestranza de Sevilla, o Teatro Jovellanos de Gijón, o Palacio da Ópera da Coruña e o Auditorio de Galicia e o Teatro Colón e no ámbito internacional en actuóu en Viena, Buenos Aires, no Palazzo Ducale de Genova (Italia), Portugal, e foi a primeria orquesta galega en actuar en Nova Iork e a primeira en facer una xira en Holanda.

A tempada 2018/19 comeza cunha producción sobre Don Juan e a representación da ópera La Traviata en Fuerteventura ademáis das súas colaboracíóns no Gaias, coa Fundación Niemeyer en Avilés e coa Fundación Barrié na Coruña, con quen mantén un forte vínculo.

Durante este ano volve a ser a orquestra residente da VII edición do Festival Groba en Ponteareas.

Toda a información na páxina web www.festivalgroba.com

Salceda solicitará a desafectación da aula de Revolta para destinala a usos socioculturais

O Equipo de Goberno de Salceda levará ao Pleno ordinario do mes de agosto a solicitude de desafectación da que foi a escola de Revolta, na parroquia de Parderrubias. O edificio permanece pechado dende que no ano 2015 a Xunta de Galicia o deixase sen actividade alegando falta de alumnado, e dende entón non se lle deu outra utilidade.

Tal e como explica a concelleira de Educación, Gela Ledo, os edificios educativos en desuso “son unha excelente oportunidade para destinar a usos sociais e favorecer así a numerosos colectivos que poidan facer uso dos mesmos”.

O Equipo de Goberno pretende agora, polo tanto, recuperar o edificio para usos socioculturais, tendo en conta o bo estado do mesmo así como a súa ubicación facilmente accesible, polo que o primeiro paso será propoñer ao Pleno a desafectación do edificio, o vindeiro venres 30 de agosto, en espera de que esta sexa aprobada por unanimidade da corporación.

O Concello segue así co proceso de recuperación dos edificios en desuso, como está a facer na actualidade co edificio da antiga escola de Vendanova, na parroquia de San Xurxo, que na actualidade está a ser recuperada para reconvertila nun centro para maiores con enfermidades dexenerativas como o alzheimer e otras demencias.

A alcaldesa de Salceda de Caselas, Loli Castiñeira, subliñaba “a grande demanda” de espazos sociocomunitarios que ten Salceda debida “ao grande dinamismo asociativo co que contamos, polo que estudiaremos todas aquelas alternativas que poidan favorecer a estes colectivos que tanto enriquecen o noso municipio”.

O Certame de pintura ao aire libre ‘Antonio Fernández’ chega este domingo á súa sétima edición

0

O Certame de pintura ao aire libre Antonio Fernández chega a súa sétima edición con trinta e dúas inscripcións previas e co prazo aberto até a propia xornada como ven sendo habitual.

A inscrición é gratuita e pode xestionarse ata mañá domingo, 18 de agosto, de forma presencial en horario de 09:30 h a 11:30 h (hora galega) na Aula-museo Antonio Fernández (Praza Pintor Antonio Fernández s/n Goián).

O tema será calqueira paisaxe do percorrido establecido do cal se entregará un mapa unha vez selados os soportes. A obra realizarase ao aire libre e in situ como ven sendo habitual.

A entrega das obras e exposición das mesmas será no Espazo Fortaleza entre ás 17:00 h e ás 18:00 h (hora galega) e só se admitirá unha obra por artista. O fallo do xurado terá lugar ás 18:30 h sendo os premios establecidos os seguintes: 1º premio, 1.500 €, 2º premio, 500 € e o 3º premio, 500 €.

Ademáis, as obras participantes poderán estar expostas para a súa venta a primeira semana na sala de exposicións do Centro Goianés e a segunda semana na sede da Fundaçâo Bienal de Arte de Cerveira.

O Porriño estuda o traslado de Protección Civil ao Multiúsos de Torneiros

A alcaldesa accidental, Lourdes Moure, visitou nestes días diversas dependencias do Multiúsos de Torneiros para valorar sobre o terreo o posible traslado da base da Agrupación Local de Protección Civil de Porriño. Actualmente a base operativa da Agrupación atópase no polígono da Granxa onde teñen o seu almacén e todos os equipos de intervención.

A alcaldesa accidental estivo acompañada polo concelleiro de Emprego e Servizos Sociais, David Alonso; o inspector xefe da Policía Local, Daniel Rodríguez, e Suso Gónzalez Pexegueiro, presidente da Agrupación de Protección Civil.

A posibilidade a estudar sería instalar a base da Agrupación Local de Protección Civil nunhas aulas situadas na pranta baixa que, na actualidades, están en desuso e que unha vez redistribuidos os espazos, poderían acoller este servizo.

Este traslado, segundo o Concello do Porriño, daríalles unas instalación “máis axeitadas e estarían máis próximos ao Porriño para mellorar o seu tempo de resposta e polo tanto a súa operatividade”.

A Agrupación Local de Protección Civil de Porriño está formada por voluntarios que realizan unha media de máis dun milleiro de intervencións cada ano dun xeito altruista e constitúen unha garantía de atención ante emerxencias.

O ‘Torneo de Xadrez Concello de Mos’ chega a súa cuarta edición

0

O Club Xadrez Mos organiza a IV edición do Torneo Concello de Mos que se realizará o próximo 7 de setembro. O venres presentábase no salón de sesións do Concello de Mos este evento incluído no Circuíto de Torneos (Circuito Galego da Promoción do Xadrez) prmovido pola Federación Galega.

O torneo foi presentado nun acto no que estaba presente o tenente alcalde do Concello de Mos, Camilo Augusto; a concelleira de Deportes, Begoña Toucedo; o presidente do Club Xadrez Mos, Pedro González Rodríguez; o adestrador e tesoureiro do Club, Brais Otero Nogueira; o secretario César Pérez Novás e o vogal Carlos Cuña Delgado.

O torneo mosense é un dos que compoñen o Circuíto. Na pasada edición un total de 180 xogadores/as de todas as idades, desde Sub-8 ata categoría Absoluta, déronse cita nas instalacións do Centro Dotacional de Torroso, lugar de celebración do evento, ademais de sede habitual de desenvolvemento das actividades do Club Xadrez Mos.

Dende o club espérase “repetir ou incluso superar o elevado número de participantes e gozar dunha marabillosa xornada de xadrez. Xa contamos cunha previsión de 200 xadrecistas chegados de todas as provincias galegas e tamén do país veciño, Portugal, do mesmo xeito que en pasadas edicións”.

Nesta cuarta edición edición, ao igual que nas pasadas, o Club Xadrez Mos, organizador do evento, contará co apoio do Concello de Mos “para desenvolver a actividade nas mellores condicións posibles para os xadrecistas, e que desta maneira poidan gozar dunha agradable xornada de xadrez no municipio mosense”.

O IV Torneo de Xadrez Concello de Mos disputarase no Centro Dotacional de Torroso o sábado 7 de setembro en horario de 11:00 horas da mañá a 20:00 horas da tarde. Os interesados en participar en calquera das categorías, Sub8, Sub10, Sub12, Sub14 e Absoluta, poden facelo xa chamando ao teléfono 618 873 541, ou escribindo ao enderezo de correo electrónico [email protected]

As Neves destina o superávit a obras de mellora dos accesos e alumeado de todas as parroquias

0

Tal e coma anunciara, o Goberno local de As Neves comeza a destinar o superávit de 2018 do Concello á realización de obras en todas as parroquias, empezando pola mellora dos accesos e do alumeado.

En base a ese anuncio, e no segundo Pleno do Concello deste mandato, o pasado martes, día 13, este aprobou, a proposta do Goberno local, cos votos a favor dos concelleiros do BNG e do PSdG-PSOE, unha modificación de crédito que permitirá destinar 179.000 € do devandito superávit a obras en diferentes camiños e estradas da vila.

Máis polo miúdo, destinaranse 29.913,98 € a pista de Barrela, a que une a pista deportiva coa Estación de FFCC, o Camiño de ‘Lucas’ na Porqueira e unha pista no Casal; á mellora da pavimentación en camiños de Vilanova e Couto, ten un orzamento de 33.811,42 €; os traballos na pista dende Casal da Vila ao Marquiño pasando pola Estrema, contará con 77.983,01€, e o acceso a Empiade, 37.084,44€.

Cumprindo con outro dos seus compromisos, o Goberno logrou que o Pleno votase a favor dun investimento de 62.998,75 € na mellora do alumeado na vila.

Este orzamento sumado as subvencións conseguidas do IDAE destinarase á proxectos de eficiencia enerxética nas parroquias de Tortoreos, As Neves, Vide, Setados e Taboexa. E nos vindeiros meses continuarase con demáis proxectos.

Na mesma sesión da Corporación, o Goberno sacou adiante a aprobación inicial do Ordenanza Municipal Reguladora da Prevención de Incendios Forestais, que quedara pendente ao remate do anterior mandato.

O texto da ordenanza está publicado no portal web do Concello para dar audiencia aos cidadáns afectados e solicitar cantas achegas adicionais poidan facerse por outras persoas ou entidades.

A nova ordenanza, así mesmo queda sometida a información pública e audiencia dos interesados, con publicación no Boletín Oficial da Provincia e taboleiro de anuncios do Concello, para que no prazo de 30 días poidan presentar reclamacións ou suxestións, que serán resoltas pola Corporación.