11.8 C
Pontevedra
Venres, 8 de Decembro de 2023
Máis
    HomeBaixo MiñoTuiTui acolle, en outubro, dous cursos gratuítos de Prevención de Riscos Laborais...

    Tui acolle, en outubro, dous cursos gratuítos de Prevención de Riscos Laborais na Construción

    O Concello de Tui en colaboración coa Fundación Laboral da Construción oferta dous cursos gratuítos de prevención de riscos laborais. Celebraranse na segunda quincena do mes de outubro no Centro Municipal de Formación en Guillarei.

    Trátase dun curso de Nivel Básico de Prevención de Riscos Laborais para o sector da Construción cun duración de 60 horas lectivas, e outro curso de Prevención de Riscos Laborais para traballos de Albanelería de 6 horas lectivas.

    Ofértanse 25 prazas que se cubrirán por orde de inscrición. Realízanse en colaboración coa Fundación Laboral da Construción

    Estes cursos impartiranse do 14 ao 30 de outubro de luns a venres en horario de 9 a 14 h. Ofértanse 25 prazas en cada un do curso, que se cubrirán por orde de inscrición. Os interesados teñen até o 30 de setembro para inscribirse presencialmente no Centro Municipal de Formación en Guillarei ou no 986 60 39 49 de luns a venres de 9 a 14h , ou enviando un correo electrónico co nome e apelidos, enderezo e teléfono de contacto a cfo@tui.gal.

    LIBROS

    Amador Castro Moure, «Pronto hei de volver»

    A emigración, como non podía ser doutra maneira, é un deses temas aos que a literatura galega volve unha e outra vez. Dende distintas perspectivas e con diferentes enfoques e intencións, forma parte troncal do noso sistema literario dende o momento en que comezou a tomar forma.

    Xosé M. Eyré, «Ou as dúas estaredes mortas»

    Moito temos falado neste mesmo espazo dos cada vez máis difusos lindes entre xéneros literarios; de como novela e relato –tamén a poesía ou o teatro– semellan lidar pola posesión de espazos que tradicionalmente lles eran alleos e que pretenden converter en propios, alimentando así unha fusión que, no fondo, non deixa de ser a procura de novas vías de expresión aínda non transitadas.

    Raquel Castro, «Sobremesas sobre versos»

    Dende fai xa varios anos, Raquel Castro é unha das habituais na literatura infantil galega, pero a maioría dos seus traballos publicados enfocábanse cara ao mundo do teatro para nenos, onde deixou pezas de excelente facturación.