12.6 C
Pontevedra
Sábado, 1 de Abril de 2023
Máis
    HomeLouriñaMosO 'Torneo de Xadrez Concello de Mos' chega a súa cuarta edición

    O ‘Torneo de Xadrez Concello de Mos’ chega a súa cuarta edición

    O Club Xadrez Mos organiza a IV edición do Torneo Concello de Mos que se realizará o próximo 7 de setembro. O venres presentábase no salón de sesións do Concello de Mos este evento incluído no Circuíto de Torneos (Circuito Galego da Promoción do Xadrez) prmovido pola Federación Galega.

    O torneo foi presentado nun acto no que estaba presente o tenente alcalde do Concello de Mos, Camilo Augusto; a concelleira de Deportes, Begoña Toucedo; o presidente do Club Xadrez Mos, Pedro González Rodríguez; o adestrador e tesoureiro do Club, Brais Otero Nogueira; o secretario César Pérez Novás e o vogal Carlos Cuña Delgado.

    O torneo mosense é un dos que compoñen o Circuíto. Na pasada edición un total de 180 xogadores/as de todas as idades, desde Sub-8 ata categoría Absoluta, déronse cita nas instalacións do Centro Dotacional de Torroso, lugar de celebración do evento, ademais de sede habitual de desenvolvemento das actividades do Club Xadrez Mos.

    Dende o club espérase “repetir ou incluso superar o elevado número de participantes e gozar dunha marabillosa xornada de xadrez. Xa contamos cunha previsión de 200 xadrecistas chegados de todas as provincias galegas e tamén do país veciño, Portugal, do mesmo xeito que en pasadas edicións”.

    Nesta cuarta edición edición, ao igual que nas pasadas, o Club Xadrez Mos, organizador do evento, contará co apoio do Concello de Mos “para desenvolver a actividade nas mellores condicións posibles para os xadrecistas, e que desta maneira poidan gozar dunha agradable xornada de xadrez no municipio mosense”.

    O IV Torneo de Xadrez Concello de Mos disputarase no Centro Dotacional de Torroso o sábado 7 de setembro en horario de 11:00 horas da mañá a 20:00 horas da tarde. Os interesados en participar en calquera das categorías, Sub8, Sub10, Sub12, Sub14 e Absoluta, poden facelo xa chamando ao teléfono 618 873 541, ou escribindo ao enderezo de correo electrónico clubxadrezmos@gmail.com

    COLABORACIÓNS

    Miguel Sande, «Brinde e desespero»

    Miguel Sande está a presentar o seu novo poemario, «Brinde e desespero», co que recentemente acadou o XXV Premio Johan Carballeira. Xa falamos noutras ocasións neste mesmo espazo de como se están a diluír a cotío as xa febles liñas que separan os distintos xéneros literarios. «Brinde e desespero» é unha proba máis pois, a pesar da súa inequívoca cadencia lírica, Sande xoga a brincar con habilidade sobre as lindes da poesía para adentrarse no terreo da narrativa e darlle forma a unha prosa poética ben particular.

    Arantza Portabales, «O home que matou a Antía Morgade»

    Abad e Barroso chegaron un día para quedar, para alternar con Leo Caldas, Frank Soutelo e algúns dos outros detectives de referencia da literatura galega dos últimos anos.

    “Nigeria 70”, una trilogía para escuchar

    El Sello inglés Strut nace a finales de los 90. En el año 2008 es adquirido por el Sello !K7 Music, con sede en Berlín, Londres y Nueva York. Strut tiene como misión desenterrar las joyas perdidas del pasado de la música de baile.

    Xosé Monteagudo, «Vémonos mañá»

    Realidade e ficción conflúen na última proposta narrativa de Xosé Monteagudo, «Vémonos mañá», na que presenta o que poderiamos considerar unha dupla biografía novelada.

    Colaboradores

    Alberto Aliaga Sola
    20 POSTS0 COMMENTS
    Bea Sanfa
    14 POSTS0 COMMENTS
    Manrique Fernández
    81 POSTS0 COMMENTS
    Paz de la Peña
    41 POSTS0 COMMENTS
    Ricardo Canosa Bastos
    14 POSTS0 COMMENTS
    Roberto Mera
    6 POSTS0 COMMENTS
    Avatar
    1 POSTS0 COMMENTS