Mércores, 12 Novembro de 2025

Comeza o proceso de licitación das obras de ampliación da Escola Infantil de Salvaterra de Miño

O Consorcio Galego de Servizos de Igualdade e Benestar vén de licitar hoxe as obras de ampliación da escola infantil a Galiña Azul de Salvaterra de Miño por un importe de algo máis de 200.000 euros e un prazo de execución de seis meses. As empresas teñen 26 días naturais desde a publicación do expediente na Plataforma de Contratos de Galicia e no perfil do contratante do Consorcio para a presentación de ofertas.

A escola infantil de Salvaterra de Miño, incluída dentro da rede autonómica a Galiña Azul e xestionada polo Consorcio Galego de Servizos de Igualdade e Benestar, conta na actualidade con catro unidades e 61 prazas. Tras estas actuacións ampliará o número de prazas a 82 e seis unidades.

A consellería de Política Social, a través do Consorcio, asinou un convenio co concello para o financiamento destas obras por un importe de algo mais de 200.000 euros. A Xunta investirá 161.000 euros e o concello de Salvaterra de Miño asumirá a cantidade restante a través do Plan Concellos 2020, ademais dos custes derivados da redacción do proxecto, dirección de obra, etc. Está previsto ademais que a Consellería de Política Social invista, unha vez executadas as obras, 38.000 euros mais no equipamento das aulas.

A escola infantil de Salvaterra de Miño púxose en funcionamento no ano 2015 e conta cunha importante demanda, rexistrando lista de agarda nos últimos cursos. O centro da servizo ao concello de Salvaterra e a comarca do Condado.

A alcaldesa Marta Valcárcel, lembrou que Salvaterra de Miño “é un dos poucos Concellos que a día de hoxe, co problema de envellecemento e despoboamento no rural, consegue non só manter poboación, senón crecer”. Valcárcel subliña que un claro exemplo dese crecemento “é o nacemento nos últimos tres anos de máis de 250 nenos e nenas e a cantidade de xente nova que cada ano decide vir vivir ao noso municipio, en gran medida debido a calidade de vida que se encontran aquí”.

A Policía Local de Redondela aposta pola prestación dun servizo de calidade

0

A Concellería de Seguridade do Concello de Redondela, que xestiona Leonardo Cabaleiro e a Xefatura da Policía Local veñen de amosar a súa aposta por unha prestación de servizo de maior calidade e para iso dotaron aos seus axentes dunhas novas ferramentas de traballo que lles permitirán realizar e tramitar as demandas veciñais e servizos policiais dende calquera punto do municipio redondelán.

Tras o preceptivo testeo de viabilidade, a Concellería de Seguridade decidiu dotar aos seus policías cunha Surface Pro coa súa impresora portátil, para que os efectivos policiais poidan dar trámite, dende a rúa, a calquera actuación administrativa, penal ou de tráfico que se lles puidese presentar.

Dita tramitación poderana realizar por conexión VPN dende a Plataforma XesPol, un software de xestión policial co que traballan dende o ano pasado e que recibiu o recoñecemento funcional e operativo dos policías Redondeláns. Cómpre salientar que a conexión VPN garante a protección do tráfico dos datos policiais.

A satisfacción e confianza obtida pola policía local co uso de XesPol, permitiralles o poder seguir utilizando a súa nova versión 2.0, versión que se presenta desenvolta de forma bilingüe e que posibilita que calquera trámite policial, poida ser xestionado integramente no idioma galego, de feito, XesPol é a única plataforma policial en galego.

Redondela convértese deste xeito nun dos primeiros concellos de Galicia en poder gozar desta mellora que ofrece a nova versión de XesPol. Neste sentido, recentemente os autores de XesPol (Kathy Pena e Manuel Fuentes, ambos os policías locais de Carballo), recibiron as felicitacións e o recoñecemento da Mesa pola Normalización Lingüística polo traballo feito a favor do uso da nosa língua.

A este recoñecemento tamén se lle sumou o da “Unión Galega de Policías Locais” quen recentemente valorou devandito software como unha das mellores ferramentas de referencia no ámbito policial.

Dende a Xefatura do Corpo destacan que a chegada da Plataforma XesPol á Policía Local de Redondela significou o poder contar “cunha ferramenta policial que protocolariza actuacións, unifica a nosa imaxe policial e garante que calquera trámite administrativo, penal ou de tráfico sexa xestionado da mesma forma e baixo os mesmos modelos de actas ou dilixencias, sen importar que devanditos trámites sexan realizados en Redondela, Cangas, Marín, Poio, O Grove, Ponteareas, etc.”.

A enseada de San Simón prepárase para acoller a terceira edición do ‘KiteFest Cesantes’

0

Cesantes xa se prepara para converterse por terceiro ano consecutivo na capital do Kitesurf en Galicia coa celebración do KiteFest. A cita, organizada polo TMKiteClub e o Concello de Redondela e que conta co patrocinio da Xunta de Galicia, celebrarase os días 11 e 12 de xullo e reunirá de novo a unha potente frota de máis de 70 participantes ofrecendo todo un espectáculo na enseada de San Simón durante as dúas xornadas de evento.

Nesta ocasión, a Organización tomou a decisión de reforzar a parte deportiva do evento ampliando o número de probas de formato regata e dividindo á frota en tres categorías principais –twintip, surf e foil– e unha división especial para participantes non federados. A proba, ademais, foi incluída este ano no calendario oficial de regatas da Real Federación Galega de Vela.

Xusto Fernández, presidente do TMKiteClub, explica que “este ano optamos por impulsar a parte deportiva do evento, sumando máis probas puntuables durante os dous días de KiteFest e incluíndo a categoría foil, o que sen dúbida dará un toque máis de espectáculo á regata”.

©María Muiña

“Aquí en Cesantes temos un anuncio de luxo para a práctica deste deporte, cunhas condicións perfectas durante esta época do ano, e un dos nosos obxectivos é dar a coñecer aínda máis este marabilloso lugar”.

Así, o sábado, tras a recollida de dorsais e reunión de participantes coa organización e o Comité de Regatas, disputaranse as primeiras mangas con saída fronte á illa de San Simón para inaugurar a terceira edición do KiteFest Cesantes. Xa o domingo, tras finalizar as últimas probas, terá lugar a esperada exhibición de Freestyle fronte á praia como broche final do evento.

A día de hoxe, e cando aínda resta unha semana para que se peche o prazo de inscrición, son xa preto de 70 os riders que confirmaron a súa participación nun dos eventos máis esperados da tempada de kitesurf en Galicia.

O evento celebrarase cumprindo coas medidas de seguridade e hixiene fronte ao Covid-19 establecidas no protocolo da Secretaría Xeral para o Deporte e a Real Federación Galega de Vela, para garantir así a seguridade tanto dos participantes como da organización.

A Deputación aposta polo turismo cun ambicioso Plan de Reactivación dotado con máis de 3,5 millóns de euros

Como “eixo central da actuación da Deputación de Pontevedra” situou a presidenta da Deputación de Pontevedra ao turismo, ao que considerou “un sector fundamental para a provincia” e para o que institución provincial elaborou un Plan de Reactivación dotado con máis de 3,5 millóns de euros. “Falamos dun plan que dá respostas ás necesidades do sector turístico da provincia ante a importancia de sumar esforzos entre o tecido empresarial e as distintas administracións”, asegurou Carmela Silva. A presidenta detallou ademais que se trata dunha iniciativa transversal con medidas concretas vertebradas en cinco eixos centrais: aspectos legais e financieiros; prevención, seguridade, saúde e hixiene; dixitalización e competitividade; fomento da demanda de produtos e servizos turísticos e promoción do destino Rías Baixas.

Carmela Silva destacou o carácter “participativo” do Plan de Reactivación do destino Pontevedra provincia, no que se involucraron concellos e o propio sector turístico, a través de enquisas, e que se completou coas conclusións da Mesa Provincial de Turismo, coa análise de tendencias e estudos de diferentes organizacións turísticas galegas, nacionais e internacionais, co obxectivo de “coñecer os datos para dar respostas rigorosas e serias”. Deste xeito, tal e como explicou a presidenta provincial, “detéctanse cambios importantes na oferta e na demanda, pola paralización da actividade e limitacións na mobilidade, a necesidade de liquidez das empresas, os propios ERTE, a crise de confianza, os novos hábitos de consumo e a perda de poder adquisitivo das familias”. Un contexto que apunta “a centrarse na saúde, hixiene e seguridade; nos ODS, na innovación e dixitalización e no turismo de experiencias asociado á natureza a sustentabilidade”. Ao respecto, a presidenta fixo fincapé no incremento da venda online con flexibilidade, na seguridade e confianza no transporte público e na necesidade de crear un modelo de xestión e gobernanza turística coordinado a nivel local, nacional e europeo.

Ademais, o Plan de Reactivación detecta fortalezas e necesidades do sector turístico na provincia de Pontevedra como a necesidade de reforzar a marca Rías Baixas como destino seguro, a importancia de garantir a viabilidade e supervivencia do tecido empresarial e do emprego, a potenciación e competitividade das persoas traballadoras e empresas e o impulso da demanda e do turismo de proximidade. Tamén contempla catro posibles escenarios, dende un escenario optimista, a un central, de recuperación e de posible rebrote. Ao respecto, aínda que se trata dun documento vivo coa finalidade de adaptarse ás situacións que se poidan dar en cada momento, o Plan parte do escenario central que, segundo a presidenta da Deputación, “agarda unha recuperación rápida do turismo nacional e unha recuperación lenta do internacional, cunha caída de visitantes no 2020 do 53,96 % e no 2021 do 22,51 %”.

En base ao anterior, establécense cinco eixos centrais para reactivar o destino Pontevedra provincia: os aspectos legais e financieiros; a prevención, seguridade, saúde e hixiene; a dixitalización e competitividade; o fomento da demanda de produtos e servizos turísticos e a promoción do destino Rías Baixas. Nestes cinco eixos, tal e como informou a presidenta provincial, enmárcanse medidas, iniciativas e actuacións, “moitas delas xa en marcha”.

En canto a aspectos legais e financieiros, Carmela Silva detallou que “imos demandar tanto da Xunta de Galicia como do Goberno do Estado que garantan a solvencia financieira, legal e fiscal das empresas porque o sector turístico é fundamental”. Ao respecto, a presidenta puxo como exemplo medidas xa postas en marcha pola Deputación de Pontevedra como o aprazamento de taxas municipais, o fraccionamento dos tributos, o fomento da liquidez nas empresas, a elaboración de guías informativas e webinars relacionados coa tramitación de ERTEs, bonificacións ou axudas a persoas autónomas.

No que respecta á prevención, seguridade, saúde e hixiene, Silva destacou os diferentes plans e protocolos de garantía sanitaria adoptados tanto nas oficinas Info Rías Baixas, como nos castelos ou nos Museos. Neste eido tamén recordou as videoconferencias informativas, a Comisión Técnica de asesoramento creada pola institución provincial ou o apoio a festivais de cinema e audiovisuais para que poidan desenvolverse garantindo a seguridade.

Pola súa banda, na dixitalización e competitividade enmárcanse actuacións encamiñadas a converter ás TIC en ferramentas de xestión do sector turístico, tanto para os concellos como para o sector privado. Neste eido, a presidenta mencionou o deseño do novo Plan Estratéxico de Turismo 2021-2023; o esforzo en formación, asesoramento en materia de dixitalización e competencia; a organización de xornadas centradas nas ferramentas tecnolóxicas; os programas de aceleración empresarial e convocatorias abertas de innovación; a creación de novos produtos, servizos e experiencias; o fomento da vixilancia tecnolóxica mediante o desenvolvemento de estudos periódicos e análise big data e o lanzamento do proxecto Tourist Inside, que contempla, entre outras cuestións, a xeración de contidos dixitais, un sistema de sinalización turística intelixente, un proxecto piloto de praia intelixente e un centro dixital de benvida nas oficinas da rede Info Rías Baixas.

En canto ao fomento da demanda de produtos e servizos turísticos na provincia, Carmela Silva destacou a posta en marcha de accións para reactivar o consumo local e estimular a atracción de turistas en todas as comarcas da provincia. Para elo, tal e como detallou a presidenta, vanse lanzar actividades culturais, levando, por exemplo, música a espazos públicos da provincia; accións relacionadas co turismo de natureza, ocio e posta en valor do patrimonio cultural; visitas teatralizadas e roteiros; programas como as Depoandainas, as DepoRutas BTT ou Deporienta; a creación de novos produtos; rutas autoguiadas ou accións de turismo sostible como os bosques terapéuticos.

No que respecta á promoción do destino Rías Baixas, a presidenta provincial adiantou que se vai impulsar un paquete de comunicación e comercialización a nivel galego e nacional, así como tamén en Portugal, cunha campaña “ligada á proximidade e centrada na promoción da provincia como destino seguro, de natureza, de cultura e onde desfrutar con toda a confianza”.

O sector turístico e incidencia da Covid-19

Carmela Silva puxo en valor a importancia do sector turístico en España, destacando que “somos o segundo destino internacional” e que en Galicia, onde o turismo representa o 10,4 % do PIB, hai máis de 200.000 empresas e 123.722 persoas ocupadas. A presidenta tamén asegurou que na comunidade autónoma é a provincia de Pontevedra “a que ten un maior peso no eido do turismo”. En canto ás cifras, a provincia de Pontevedra acolleu, o ano pasado, a 1,7 millóns de persoas viaxeiras das cales o 80,3 % eran residentes en España. Neste eido, Silva fixo fincapé na importancia de “dirixirnos aos mercados de proximidade, xa que vai ser a primeira saída para o sector turístico”.

No que respecta á incidencia da Covid-19 no turismo, o estudo realizado no marco do Plan de Reactivación do destino Pontevedra provincia, no que participaron 200 empresas das diferentes comarcas da provincia, destaca que o 47 % delas tiñan menos de 6 persoas traballadoras; o 86 % das empresas tiveron que deter a súa actividade por completa e soamente un 13 % puido manter o 25 % da actividade; o 29 % tivo que acollerse a un ERTE de forza maior e o 25 % por causas produtivas.

Sobre as perspectivas de cara ao segundo semestre do 2020, aínda que a día de hoxe –tal e como subliñou Silva- “son máis positivas”, o 40 % cren que terán menos dun 25 % de actividade, un 37 % entre un 25-50 % de actividade e un 17 % que non poderán renovar a súa actividade. As empresas sinalan, ademais, que ampliarán as medidas de prevención, seguridade e protección, reorientarán os seus produtos e servizos e incrementarán a dixitalización de canles de venda. Tamén, a través das enquisas, fixeron fincapé na necesidade dunha maior coordinación entre administracións para a promoción de novos produtos e servizos de proximidade.

O Concello de Salceda concede a licenza de primeira ocupación do novo centro de saúde

O Goberno local de Salceda de Caselas celebrou, na mañá de hoxe, unha Xunta de Goberno extraordinaria urxente co único punto na orde do día da aprobación da licencia de primeira ocupación do novo Centro de Saúde de Salceda, licenza que outórgase no prazo récord de tan só catro días dende que a Área Sanitaria de Vigo rexistrase a solicitude o pasado martes.

O Centro de Saúde abrirá as súas portas previsiblemente o vindeiro luns, e o equipo de goberno de Salceda quixo que o fixesen coa licenza concedida, a pesares de contar con un prazo de tempo tan breve para a realización dos informes técnicos e xurídicos, tendo en conta ademais que o mércores foi día festivo. Así pois, en tan só tres días laborais o Concello foi quen de conceder a licenza para que todo estivese listo para a apertura do centro. O equipo de goberno amosou a súa satisfacción por ter chegado por fin á conclusión deste longo proceso.

O Centro de Saúde de Salceda atende a día de hoxe a 7.822 persoas, das cales 1.300 pertencen á área de pediatría. O actual edificio, de finais dos anos 80, resultaba xa insuficiente para ofrecer unha atención de calidade, polo que o novo centro era dende fai anos unha demanda especialmente urxente en Salceda.

A concelleira de Sanidade, Gela Ledo, foi clara ao sinalar que, por parte do Goberno local “seguiremos a solicitarlle á Xunta de Galicia que un edificio novo e vangardista como este dótese do persoal e material precisos para que o servizo ás veciñas e veciños sexa o que lle corresponde á nosa poboación”.

O novo edificio conta con unha superficie total de 1.321,11 m2, dividida en dúas plantas, aos que hai que sumar 168 m2 de espazos exteriores descubertos. A nova instalación albergará dúas consultas de pediatría (aínda que polo de agora o SERGAS manterá unha única praza cuberta), unha consulta de enfermería de pediatría, 5 consultas de medicina xeral con cadansúa consulta de enfermería anexa e unha consulta de matrona e traballador social, ademais da sala da muller na que se realizarán as actividades pre e post parto, a sala de lactancia, a sala de extraccións, e a denominada “sala COVID”, que a nova realidade obrigou a habilitar nesta nova instalación.

No exterior do edificio o Concello de Salceda executou xa as obras de urbanización da Rúa Mártires de Sobredo, incluídas no Plan Concellos 2017, ás que se lle sumou nos últimos días a creación de dúas novas zonas de aparcadoiro con máis de cen prazas dispoñibles.

A alcaldesa de Salceda de Caselas, Loli Castiñeira, subliñou a rapidez coa que o Concello concedeu a licenza de primeira ocupación, facéndoo “nun tempo récord, poñéndonos unha vez máis a disposición da Xunta para que este edificio puidese ser unha realidade canto antes”.

A rexedora local non dubidou en asegurar que “Salceda está de noraboa, e como alcaldesa non podo deixar de agradecer o enorme traballo das persoas que me antecederon para poder chegar a este día histórico para Salceda”.

Trece vivendas, unha escola infantil e un centro de atención a maiores, contarán con saneamento en Casás

O Concello de Salceda de Caselas vén de salientar que nuns días quedarán rematados os traballos para a conexión á rede de saneamento no barrio de Casás, obras que contan cun orzamento de 24.512,67 € que serán asumidos con fondos propios do Concello de Salceda e executadas pola UTE do Consorcio de Augas do Louro.

No barrio de Casás existía xa un colector de saneamento que levaba anos sen poder ser empregado por precisar o permiso para cruzar unha parcela particular, que agora, tralas xestións realizadas pola alcaldesa, Loli Castiñeira, poderá por fin ser unha realidade. Ademais estábase xerando un grave problema ambiental, ao coñecerse que algunas vivendas estarían verquendo ao mencionado colector, producindo filtracións nos terreos da zona.

Trátase, di o Concello de Salceda, “dun tramo prioritario xa que, unha vez finalizadas as obras, unhas 13 vivendas poderán conectarse directamente aos colectores do Consorcio do Louro, ás que hai que unirlles a escola infantil Xoaniña e a antiga escola unitaria que o Concello está a recuperar para centro de atención a persoas con enfermedades neurodexenerativas”.

Con este novo tramo, Salceda dá un paso máis cara a consecución do saneamento integral do municipio, con dúas actuacións realizadas neste caso na parroquia de San Xurxo: a de Casás e proximamente a de Bouzavedra.

Tal e como sinalaba o concelleiro de Medio Ambiente, Rubén González, “as obras de saneamento son fundamentais e prioritarias”. González recoñecía que “queda moito por facer” aínda que subliñaba o que o Goberno local “está facendo todo o esforzo posible co orzamento municipal e sigue solicitando á administración autonómica as obras que son da súa competencia”.

Pola súa banda, a alcaldesa Loli Castiñeira, que considera o saneamento como “un servizo fundamental”, adiantou que o Goberno “traballará nun Plan de saneamento integral do noso Concello” e aseguraba que porán todos os seus esforzos “en conseguir acordos como o do barrio de Casás, que nos permitan executar este tipo de obras nas mellores condicións e cos mellores resultados, agradecendo a colaboración das persoas propietarias dos terreos polos que pasan os colectores.”.

O Concello de Redondela felicita aos dous axentes da Policía Local que impediron o que podería ter sido unha desgraza na AP-9

A alcaldesa de Redondela, Digna Rivas e o concelleiro de Seguridade, Leonardo Cabaleiro, recibiron na Casa do Concello aos dous axentes da policía local que o pasado domingo impediron, coa súa actuación “e poñendo en grave risco a súa seguridade” impediron o que podería ter sido unha traxedia na AP-9, ao interceptar a un vehículo que circulaba en dirección contraria.

Os dous axentes explicaron á alcaldesa e ao concelleiro de Seguridade, que “foi unha sorte para os ocupantes do Audi A3 que os mirásemos acceder a AP-9 en sentido contrario” e engadiron que, unha vez que se deron conta desa circunstancia “non o pensamos nin un instante a entramos tamén en sentido contrario, única maneira de interceptalos antes que provocaran un accidente”.

Unha vez pasado o tempo, ámbolos dous axentes recoñecen que foi unha manobra arriscada “xa que se una segundos antes algún vehículo tomase a saída cara a Teis, saída que se vai a unha velocidade considerable, atoparíase de fronte co vehículo que entraba en dirección contraria e podería terse producido un accidente moi grave”.

Por fortuna, os axentes conseguiron adiantar ao vehículo infractor aos cen metros adiantándoo e procedendo a súa inmobilización e cortando, ao mesmo tempo, a saída da AP-9 en dirección a Teis para evitar que alguén que tomase dita saída, colisionase frontalmente co vehículo detido.

Non se trataba dun piloto suicida, como en principio se puidera pensar, senón de un matrimonio maior que se despistara no seu intento de chegar a Vigo. Os axentes axudaron ao vehículo a dar a volta e acompañaron aos seus ocupantes ata o seu destino en Vigo.

Trátase, segundo a alcaldesa Digna Rivas, unha actuación que pon en valor “a capacidade de reacción da nosa policía local e, ao mesmo tempo, a súa capacidade de esquecerse incluso da súa propia seguridade, á hora de garantir a da veciñanza”. Un motivo, dixo a alcaldesa, “non só para agradecerlle esta actuación, senón para sentirnos moi orgullosos da Policía Local coa que conta este Concello”.

A asociación ‘Ponte Solidario’ organiza un proxecto de apoio educativo

A asociación ‘Ponte Solidario’ de Ponteareas vén de poñer en marcha un máis que interesante proxecto dirixido ao alumnado con dificultades para seguir a teleformación durante o confinamento. Ante a discriminación de que estaban sendo obxecto estes nenos e nenas, Ponte Solidario optou por ofrecerlles clases de reforzo gratuítas, co obxectivo de mellorar o seu nivel académico de cara ao próximo curso. As clases serán impartidas por mestras voluntarias durante os meses de xullo e agosto.

Como en toda crise, as persoas con peores condición socioeconómicas son as máis prexudicadas. O confinamento, decretado para atenuar a propagación da Covid-19, levou á implantación da teleformación nos centros de ensino, non obstante, parte do alumnado non dispón dos medios, espazos ou apoios necesarios para o acceso a esta formación a distancia. Por este motivo, e para mitigar as desigualdades provocadas por motivos socioeconómicos, Ponte Solidario decidiu organizar este proxecto de apoio educativo.

Para levalo a cabo, o proxecto foi trasladado a todos os centros públicos de ensinanza de Ponteareas, tres dos cales interesáronse pola proposta e, considerándoa unha boa iniciativa, foron os encargados de dala a coñecer entre as familias. Por outra parte, as familias que participan regularmente na asociación tamén se beneficiarán deste proxecto.

Nigrán renova a sinalización da súa rede de sendeiros ante a aposta de multiplicar a oferta de rutas guiadas durante o verán

0

O Concello de Nigrán ven de investir 8.000 € na renovación da sinalización de toda a súa rede de sendeiros forestais de cara a multiplicar este verán a oferta de roteiros guiados e descentralizar o turismo exclusivo de praia. Paralelamente, todos serán postos a punto polos catro novos contratados a través do programa Risga para realiar tarefas de rozas.

Así, a cooperativa ‘Árbore Arqueoloxía e Restauración’ (a mesma que se encargou da escavación do Castro de Chandebrito) está piques de rematar estes traballos para ofrecer a partir do día 2 de xullo un total de 22 roteiros guiados por 8 rutas entre xullo e agosto que rematarán con cadansúa actividade didáctica vinculada á historia desa contorna. O Concello anunciará as datas concretas a vindeira semana xunto con toda a programación de xullo e, en calquera caso, realizaranse baixo inscrición previa para poder cumprir en cada momento coas recomendacións sanitarias.

Sendeiro Circular de Priegue

“Neste verán optamos por multiplicar os roteiros porque temos un potencial inmenso que, nestas circunstancias sanitarias, é ideal para desenvolver con todas as garantías e tamén para mostrar a outra cara de Nigrán, que vai moito máis alá da praia. Sabemos que será un ano con especial demanda deste tipo de actividades e queremos darlle toda a cabida posible”, xustifica o alcalde, Juan González.

Sendeiro de Matos

A rede de sendeiros municipal está integrada por un total de 8 roteiros que suman 51,5 km e percorren as 7 parroquias do municipio ofrecendo ao seu paso miradoiros, natureza, patrimonio… Son o sendeiro litoral que se inicia na Ramallosa e remata en Monteferro; o sendeiro circular das Medoñas (único con dificultade alta) que discorre por Priegue; o sendeiro do Camiño Portugués pola Costa desde A Ramallosa a Saiáns; o sendeiro circular de Camos desde a Capela de San Roque; o sendeiro circular do Castro por Chandebrito; o sendeiro circular dos Matos entre Camos e Chandebrito; o sendeiro circular dos Mouros por Parada e o sendeiro circular polo río Muíños na contorna de Praia América e Porto do Molle. Todos eles serán ofrecidos como rutas guiadas no mes de xullo e tamén agosto.

As Neves agradece a colaboración e coordinación co Sergas durante a pandemia da COVID-19

0

A Concelleira de Benestar do Concello das Neves, Pilar González Casas, visitou o Centro de Saúde da localide para mostrar o agradecemento do Concello pola súa colaboración ao longo destes meses. “Foi un exemplo de boa comunicación e coordinación por ambas partes, que permitiu atender en tempo real as necesidades do centro e coñecer a situación da pandemia no noso territorio en todo momento”, sinalou a concelleira.

Na mesma visita, González Casas tamén solicitou información sobre o desenvolvemento actual das consultas médicas. Seguindo as indicacións do Servizo Galego de Saúde (SERGAS), o primeiro contacto é sempre telefónico e se a atención pode resolverse por ese medio, realízase así. Só naqueles casos non que non se pode realizar a consulta telefonicamente, a persoa é  citada para pasar polo Centro.

A concelleira constatou que o sistema mudou e que xa non é posible chegar ao Centro de saúde e recibir atención de xeito inmediato, agás nos casos de urxencia. Ademais, actualmente o aforo está limitado a 8 persoas.

O ‘BaiVerán 2020’ contará con técnicos en prevención para garantir a seguridade sanitaria de todos os eventos

0

A crise sanitaria da COVID-19, que marcou case que todo o primeiro semestre de 2020, deixarase sentir tamén neste verán. Ese é un dos motivos polo que o BaiVerán 2020, que este ano desenvólvese baixo o lema ‘Refuxiate na Cultura’, contará con elementos diferenciadores que, sen facerlle perder o seu contido lúdico e cultural, terán como prioridade garantir a seguridade de veciñanza e visitantes.

A concelleira de Cultura de Baiona, Miriam Costas e o alcalde de Baiona, Carlos Gómez, presentaban nos xardíns da Casa da Navegación, o programa, tan amplo como variado, que comezará o día 1 de xullo e alongará as súas actividades ata o 19 de setembro.

Cambio de ubicación

A primeira medida provocada pola crise da COVID-19 é un case que obrigado cambio de ubicación. A Praza do Concello cede o protagonismo ao Parque da Palma, cualificado por Miriam Costas como “un dos pulmóns da vila e epicentro da mesma”, e á Praza de Victoria Cadaval de Sabarís, “dous emprazamentos que reúnen os requisitos necesarios para poder cumprir, estritamente, coas medidas de seguridade”, sinalou a concelleira.

Miriam Costas, concelleira de Cultura do Concello de Baiona, na presentación do BaiVerán 2020

Costas fixo especial fincapé no significado do eslogan da campaña , ‘Refúxiate na Cultura’ “o mellor remedio para facer máis levadeira esta crise sanitaria, facendo un paréntese nas nosas preocupacións, dándonos un respiro e proporcionándonos momentos de ledicia e divertimento en Baiona tan necesarios nestes momentos”.

Medidas de prevención

Certo é que a realización de actividades culturais que supoñan afluencia de público, supoñen un risco. Se ademáis falamos de Baiona, un dos municipios turísticos por excelencia de Galicia, o risco increméntase. Por iso, a programación cultural de verán, contará con diversos elementos encamiñados a garantir o cumprimento de todos os protocolos sanitarios e as recomendacións estipuladas polas autoridade sanitarias.

Nesa liña, a concelleira de Cultura subliñaba que se contará “en todos os espectáculos coa supervisióno de técnicos en prevecnción que certificarán que o espectáculo sexa seguro tanto para os profesionais que actuarán no BaiVerán coma para o público en xeral”.

Aposta pola dinamización do municipio

O alcalde de Baiona, Carlos Gómez, que agradecía “o enorme esforzo e traballo realizado polo departamento de Cultura na organización desta programación”, apuntaba a aposta do Goberno local por “conciliar, promover e impulsar todos os sectores que inflúen no desenvolvemento da nosa vila dende o aspecto económico, empresarial, comercial, turístico e cultural”.

Carlos Gómez, alcalde de Baiona

Carlos Gómez sinalaba que, neste ano “no que estamos a saír do estado de alarma pero con moita cautela e precaucións” a programación de verán redúcese considerablemente en número “pero mantense a calidade dos artidas que todos os anos dinamizan a vida do noso municipio”.

A prevención e seguridade serán obxectivos a cumprir en todas as actividades e, nesa liña, Carlos Gómez salientou a aposta polos concertos “prácticamente todos en acústico” e nos que o público estará sentado gardando a debida separación entre as localidades.

O rexedor local incidiu no eslogan da campaña ‘Refúxiate na Cultura’ que é unha invitación –dixo– “a que a xente teña un espazo ao aire libre no que gozar con total tranquilidade desta nova normalidade, ofertando tres días semanais, cun total ce corenta actuacións certificadas como ‘espectáculos seguros’, para que todos e todas refúxiense na cultura cunha programación diversa e variada”.

O Concello de Redondela lembra a prohibición de realizar fogueiras de San Xoán en todo o municipio

0

O Concello de Redondela vén de lembrar a prohibición de realizar fogueiras de San Xoán en todo o termo municipal. O Goberno local considera que ao longo desta crise sanitaria “quedou demostrado que as concentracións humanas son un dos principais focos de contaxio”.

Nese sentido, a Concellería de Medio Ambiente sinala que, por definición as fogueiras de San Xoán son, por definición, “un evento para o encontro e a celebración presidida pola espontaneidade e o carácter festivo” polo que “as medidas de seguridade que farían falta para diminuír os niveis de risco acabarían por desvirtuar a celebración e conlevarían un emprego de recursos públicos e privados maior do que sería razoable”.

Doutra banda lembra o Concello de Redondela que o sábado 13 de xuño de 2020 publicáronse senllas Resolucións das secretarías xerais técnicas da Consellería de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza e da Consellería de Sanidade nas que a Xunta de Galicia determina que “o restablecemento dos eventos populares só se poderá permitir a partir do 1 de xullo e sempre que a evolución da situación epidemiolóxica así o aconselle”.

Por todos estes motivos o Concello redondelán acordou “non autorizar para o presente ano as tradicionais fogueiras de San Xoán no termo municipal de Redondela que non poderán celebrarse na noite correspondente pero tampouco en outros días alternativos”.

Un operativo de máis de 40 axentes da Policía Local e Garda Civil controlará que as praias permanezan pechadas durante o San Xoán

0

O Concello de Nigrán disporá desde ás 12:00 horas de mañá dun amplo dispositivo de vixilancia para evitar calquera posible celebración do San Xoan nas súas praias. Un total de 30 axentes da Garda Civil, 22 da Policía Local, 23 voluntarios de Protección Civil, unha patrulla do Servizo Marítimo e outra do Seprona integrarán este operativo que inclúe o desaloxo de todos os areais do municipio (tamén calas) desde as 21:00 horas de mañá ata as 8:00 do propio día 24. A pasada semana o Concello lanzou a campaña #VemonosNoSanXoan2021 para concienciar á cidadanía da imposibilidade de acudir a festexalo á praia de Panxón, polo que a previsión é que a penas se desprace xente con este propósito pero, por precaución e responsabilidade, establecerase este dispositivo.

Así, desde as 12:00 horas de mañá axentes da Policía Local e de Protección Civil vixilarán que non acudan persoas ás praias do municipio con palas ou material para facer fogueiras ou botellón e, durante todo o día, informarán por megafonía de que ás 21:00 horas se procederán a desaloxar e precintar todos os areais impedindo o acceso ata ás 8:00 horas do 24 de xuño. Durante a noite todas as forzas e corpos de seguridade controlarán que non se realicen festexos nas praias e, precisamente, co obxectivo de facilitar esta vixiancia, o ecosistema dunar de Praia América-Panxón será iluminado como de costume nesta data con potentes focos. Os operarios municipais e unha brigada de Cespa estarán mobilizados na mañá do 24 por se fose preciso requirir o seu servizo de limpeza.

“Paciencia, Cariño e Calma, o San Xoan regresará no 2021 se entre todos tomamos todas as precaución que agora hai que tomar, actuemos con conciencia social e sentido da responsabilidade cumprindo as normas sanitarias como ata agora fixemos”, subliña o alcalde, Juan González, quen invita este ano a festexar San Xoan en familia, de feito, o Concello rexistrou finalmente 15 petición de fogueiras, todas elas particulares.

Sesión Vermú

O Concello, ante a situación excepcional deste ano, ofrece unha programación alternativa de San Xoan con actividades divulgativas como un roteiro para a identificación das tradicionais herbas aromáticas na tarde de mañá en Camos e un concerto da Banda de Música de Vincios o propio 24 no peirao de Panxón. Así, a banda sairá as 12:00 horas do Porto Pesqueiro para percorrer as rúas Mariñeiro ou Jesús Espinosa e, posteriormente, realizar un concerto ás 13:00 horas no inicio do Paseo Marítimo (ao carón do porto pesqueiro). Esta actuación encádrase no programa municipal ‘Música nas Parroquias’ que ofrece unha actuación en sesión vermú na festividade de cada parroquia de Nigrán, xa que na maioría dos casos nin haberá verbena por mor das circunstancias sanitarias.

Bara anuncia que o BNG creará dende a Xunta unha nova Lei de Financiamento Local para “rematar co reparto partidista e discrecional do PP”

O cabeza de lista do BNG, Luís Bará, mantivo hoxe en Ponteareas unha reunión de traballo cos alcaldes do Condado na que propuxo a creación dunha nova Lei de Financiamento Local para realizar un reparto xusto e igualitario dos fondos entre os concellos galegos. O nacionalista destacou que é preciso crear un Fondo Único que aglutine os recursos autonómicos en materia de cooperación cos concellos e reduza as subvencións. Ao mesmo tempo avogou por un novo sistema de financiamento municipal dos cartos estatais para rematar coa discriminación dos concellos galegos, que reciben unhas 50 euros de media menos que o resto de municipios do Estado.

No encontro, no que estiveron a tamén candidata Cristina Fernández, Xosé Represas, alcalde de Ponteareas; Xosé Manuel Rodríguez e Pilar G. Casas, alcalde e concelleira de As Neves; Xose Emilio Barros, alcalde de Mondariz; Alexandre Estévez, alcalde da ELM de Vilasobroso; e o tenente de alcalde do Porriño, Pedro Pereira, o cabeza de cartel e as e os representantes municipais compartiron a necesidade de ter un sistema xusto e igualitario para o reparto dos fondos da Xunta.

Luís Bará coa tamén candidata e tenente de alcalde do Concello de Ponteareas, Cristina Fernandez

Bará destacou que o BNG vai impulsar dende o Goberno galego que haxa unha Lei Galega de Facendas locais “que remate co reparto partidista e discrecional dos fondos públicos que estivo facendo nestes anos o Partido Popular”. Propuxo que se vehiculicen os recursos da administración galega a través dun Fondo Único que aglutine os recursos do plan de cooperación local e tamén dos programas de cooperación autonómica de maneira que os concellos teñan de maneira previsible e estable unha achega de fondos por parte da Xunta de Galiza para facer fronte ás súas necesidades.

Por outra banda, destacou, esta Lei tamén permitiría rematar coas convocatorias de subvencións por concorrencia non competitiva “de maneira que as subvencións, que deben ser excepcionais, se fagan sempre por un procedemento transparente, claro e igualitario para os concellos”.

Por outra banda púxose de manifesto a problemática do infrafinanciamento dos concellos galegos “que sofren un sistema absolutamente discriminatorio e inxusto por parte do Estado”, xa que reciben de media 50 euros menos que a media do Estado, é dicir 200 euros por habitante fronte a 261 da media estatal. Fronte a isto, Bará destacou que o BNG defende un novo sistema de financiamento municipal, e ao mesmo tempo un fondo extraordinario para compensar todo o gasto que tiveron que facer os gobernos locais para afrontar a crise da COVID-19, a través de fondos europeos ou estatais en materia social, educativa e de prestación de servizos. “Nisto os concellos tamén estiveron desatendidos por parte da Xunta. Unha das conclusións que podemos tirar desta crise é que a Xunta desapareceu en combate e transferiu todas as responsabilidades aos concellos”, subliñou.

Bará destacou que “queremos un sistema de financiamento pensado en función das necesidades e intereses de Galiza. Un financiamento para Galiza polo sistema de concerto e, en tanto non se chegue a ese sistema, hai que cambiar o sistema actual e o reparto ten que ter en conta a realidade do país, e por tanto a dispersión da poboación, o envellecemento e o sobrecusto que teñen os servizos pola cantidade de núcleos de poboación que ten Galiza, a metade dos do Estado”, afirmou.

Tamén subliñou que queremos “presionar para que se cambie o marco legal estatal da Lei de Estabilidade Orzamentaria porque asfixia aos concellos xa que non lles permite contratar persoal, gastar os fondos dos remanentes e o superavit”. “Chove sobre mollado, sistema de financiamento inxusto e discriminatorio para os concellos galegos”, destacou.

A Guarda pide a Medio Ambiente a mellora do parque da Armona

0

 O Concello da Guarda ven de pedir a Medio Ambiente da Xunta de Galicia a realización do proxecto de recuperación ambiental do ‘Miradoiro Natural do Miño’, un proxecto que contempla unha actuación sobre o espazo do parque da Armona en Camposancos, incluído na Rede Natura 2000.

O proxecto de actuación sobre este espazo permitirá eliminar o aparcamento para vehículos rodados con bolardos de madeira que impidan, ou no seu caso regulen o seu acceso a esta zona, para poñer en valor este espazo como un lugar para desfrute das persoas.

O Concello da Guarda ven de retirar recentemente a pérgola de madeira existente neste lugar, xa que se atopaba moi deteriorada polo paso do tempo e constituía un perigo para as persoas, ademais o proxecto contempla a rehabilitación dunha pasarela de madeira que tamén se atopa deteriorada e que axudará a preservar este entorno natural.

Con todas estas actuacións búscase a preservación desta zona en condicións que permitan ademais a interpretación do entorno natural do esteiro mediante a instalación dun panel de forma que os veciños e os visitantes entendan a importancia de “desfrutar” de forma ordenada e compatible cos obxectivos de conservación, mostrándolles a riqueza da fauna e da flora do esteiro.

O presuposto total para este proxecto ascende a un total de 24.199,33 € IVE incluído.

A Deputación envórcase no apoio ao viveirismo da planta ornamental e da flor cortada do Baixo Miño moi castigado pola COVID19

0

Cos hashtags #PonteEnFlor e #FloresDoBaixoMiño e lemas como #ConectaCoVerde, #RodéateDeVida e #ViveEnColor, a Deputación de Pontevedra e a Asociación de Cultivos de Baixo Miño, ACUBAM, presentaron hoxe, na Praza do Seixo de Tomiño, a campaña de promoción que a institución provincial pon en marcha para apoiar ao sector da planta ornamental e flor cortada e, consecuentemente, a todos os concellos onde se produce da comarca do Baixo Miño, que tanto sufriron a crise sanitaria ao coincidir o máis duro da pandemia co momento das ventas e exportacións do sector.

Nun acto cheo de flores e cores, a presidenta da Deputación, Carmela Silva, acompañada das alcaldesas de Tomiño e do Rosal, Sandra González e Ánxela Fernández; o alcalde da Guarda, Antonio Lomba; a presidenta de Acubam, Patricia Rodríguez, e a deputada provincial Ana Mejías, amais de mulleres e homes viveiristas, destacou que “apoiar esta iniciativa é unha obriga para a institución” e engadiu “non hai outra forma de manter o territorio se non é con economía, apoiarvos agora é apoiar o futuro da xente de aquí”.

Neste eido, Carmela Silva sinalou que se trata dunha campaña de proximidade, “unha campaña para que merquemos produto local e para que teñamos compromiso individual, temos que comprar plantas e flores e apostar por este sector”. A presidenta provincial explicou que esta pandemia global foi moi complicada para todo o sector económico, “pero moi particularmente para aqueles sectores como o que representa ACUBAM, o viveirismo. É durísimo facer fronte a unha situación así”. Carmela Silva reclamou por iso ás administracións que teñen competencias “que poñan recursos a disposición deste sector, porque falamos de futuro, de emprego, de actividade económica e dun territorio que despois de moito tempo estaba a coller impulso”.

A presidenta da Deputación tamén tivo unhas palabras para facer un recoñecemento ao papel fundamental das “moitas mulleres que traballan neste sector e no crecemento económico e actividade económica”. Por último, Carmela Silva quixo enviar unha mensaxe optimista a todas e todos os viveiristas do Baixo Miño alí presentes, sector moi afectado pola crise da Covid ao estallar en plena campaña de ventas. “Somos un pobo de xente loitadora, superaremos esta pandemia, e o viveirismo tamén o superará e sairemos reforzadas e reforzados, aínda que non será fácil”.

Pola súa banda, as alcaldesas de Tomiño e do Rosal, o alcalde da Guarda, e a presidenta de Acubam agradeceron e puxeron en valor a gran implicación e compromiso da Deputación e da presidenta “en primeira persoa”. Neste senso, Sandra González destacou “que Carmela Silva estivo pendente en todo momento do sector e dos prexuízos económicos, comprometeuse que ía poñer en marcha esta campaña e hoxe cumpre a súa promesa”. O alcalde da Guarda tamén enxalzou que “a Deputación sempre apoia as iniciativas que temos nesta comarca”. Pola súa parte, Ánxela Fernández coincidiu no “apoio fundamental da Deputación” e lembrou que detrás do viveirismo “hai moitas familias e unha presenza da muller no sector fundamental”, “algo que é moi importante xa que quen afronta as consecuencias da crise adoitan ser as mulleres”. Finalmente, a presidenta de Acubam, Patricia Rodríguez, fixo fincapé en que “é fundamental que as institucións públicas tendan a man a sectores estratéxicos como é o noso para a comarca, e que está a ser duramente castigado nesta pandemia”.

A campaña, que busca impulsar e animar á cidadanía a mercar plantas e flores do Baixo Miño, está centrada en catro accións concretas. En primeiro lugar, crearase o selo “Planta do Baixo Miño” e “Flor do Baixo Miño” como elemento promocional e garantía de orixe e calidade. Amais, con este selo tamén se farán elementos de sinalización para instalar en Garden Centers e floristerías que vendan plantan e flores desta comarca. Por outra banda, realizarase un vídeo promocional de planta e flor do Baixo Miño inspirador, que anime ás persoas a mercar as plantas e flores desta zona da provincia, centrándose na relación entre flores e plantas e a mellora da calidade de vida das persoas. E, por último, levarase a cabo a campaña en Redes Sociais a través de FacebookAds e Instagram Ads con hashtags como #ConectaCoVerde e #PlantaDoBaixoMiño, #PonteEnFlor e #FloresDoBaixoMiño, #RodéateDeVida, #ViveEnColor.

A Comisión das Festas do Alivio suspende os festexos da festividade por mor do Covid-19

0

A Comisión de Festas da Nosa Señora do Alivio tomou a dolorosa decisión de suspender os festexos do mes de setembro de 2020, por mor da dramática situación provocada pola pandemia do Coronavirus.

A directiva tomou a decisión tras varias conversacións para valorar a situación e as posibles consecuencias de celebrar a festa, recoñecendo a imposibilidade de evitar posibles contaxios e facer cumprir todas as medidas de seguridade nunha celebración pola que soen pasar máis de 3.000 persoas.

Asemade, se as circunstancias o permiten, celebrarase a tradicional procesión e misa, o día grande dos festexos, domingo 13 de setembro.

A directiva decidiu así mesmo, que tal e como se presenta a situación económica ocasionada pola crise sanitaria, non sería razoable pedir este ano apoio económico á veciñanza.

Por último, o presidente da comisión de festas, Manuel Álvarez, agradece a todas as casas comerciais, empresas e moi especialmente ao Concello de Tomiño, pola súa colaboración durante todo o ano.

Nigrán pecha o prazo para apuntarse á xornada de recoñecemento de ‘herbas de San Xoán’ no monte de Camos

0

O Concello de Nigrán pecha mañá o prazo de inscrición para o roteiro guiado polo educador ambiental Antón Lois de identificación e recoñecemento das herbas de San Xoan nos montes de Camos. Os interesados deben realizar inscrición previa no mail [email protected] ao estar as prazas limitadas por medidas de seguridade sanitaria e presentarse ás 18:00 horas en Camos (Xogo de Bolos, onda a Comisión de festas). A duración aproximada é de 2 horas e a dificultade baixa.

Mellor sementar que arrincar. Máis alá das súas propiedades máxicas (que esto sempre é relativo) estas herbas son plantas silvestres, algunhas delas sensibles e ameazadas, que compre coñecer e poñer en valor a súa contribución a manter o equilibrio ecolóxico e o seu papel fundamental como indicadoras dun ecosistema ben conservado.

Quérese, polo tanto, facer unha proposta novedosa: e si, en lugar de recolectar as plantas, recollemos as súas sementes para facer na casa un pequeño viveiro de herbas de San Xoán? Podería ser unha boa alternativa para que manter as tradicións non sexa incompatible coa conservación da natureza.

Unha patrulla da Policía Local de Redondela evita o que podería ter sido unha desgraza na AP-9

0

A rápida actuación dunha patrulla da Policía Local de Redondela na tarde de onte, deixou nun susto o que podería ter sido unha desgraza na AP-9 ao conseguir deter, con grave risco dos axentes, un vehiculo que circulaba en dirección contraria pola antedita autopista.

Os feitos acontecían na zona de Pousadoura, en Chapela, cando a patrulla percatouse que un vehículo Audi A3, entraba no sentido na AP-9. De inmediato, os axentes da Policía Local redondelá activaron os dispositivos acústicos e luminosos do vehículo policial e entraron na AP-9, no mesmo sentido que o vehículo infractor, para tomar a única medida que podía impedir unha desgraza, adiantar ao vehículo para obligalo a frear e impedir que producira un grave accidente.

Unha vez detido o vehículo, os axentes da policía local descartaban a idea dun piloto suicida, xa que se trataba dunha parella, de avanzada idade, que se atopaba perdida no seu intento de chegar a Vigo.

A rápida actuación dos axentes, con grave risco para a súa propia integridade física, deixou nun susto o que podería ter sido un grave accidente.

Aberta a inscrición para o Curso de Surf organizado polo Concello da Guarda

O Concello da Guarda, a través do departamento de Deportes, organiza un Curso de Surf para adolescentes de entre 12 e 18 anos. O curso terá lugar na praia de Patos en Nigrán o venres 10 de xullo en horario de 17:00 h a 19:00 h a un prezo de 16 € por persoa, inclúe transporte dende A Guarda.

As inscricións están abertas ata o vindeiro 3 de xullo no teléfono 690628751, no enderezo electrónico [email protected] no seguinte link: http://ow.ly/GZR650AdWtD

A cada participante entregaráselle un protocolo de seguridade e cumpriranse unhas estritas medidas de protección fronte ao COVID-19, formándose subgrupos moi reducidos.

Vinte días de espera para unha consulta de atención primaria no Centro de Saúde do Rosal

0

A Plataforma para a Defensa da Sanidade Pública do Rosal denuncia a precaria situación na que se atopa o centro de saúde do concello, a falta de persoal e o consecuente deterioro da atención sanitaria, xa que na actualidade a demora nas citas de atención primaria están a ser dunha media de 20 días. Nunha reunión mantida o pasado 17 de xuño para analizar a situación que contou coa participación de representantes do Concello, dos grupos políticos, da sanidade pública e das asociacións veciñais, a Plataforma analizou as carencias que presenta o centro de saúde, problemas que se veñen denunciando dende hai tempo que se ven agravado pola falta de persoal sanitario.

Na actualidade o Centro de Saúde do Rosal conta con só tres médicos, cando, coas ratios de pacientes recomendadas polas organizacións profesionais e a OMS, debería dispoñer de polo menos catro. Se esta situación xa xera problemas, durante o verán veranse agravados trala decisión da Consellería de Sanidade da Xunta de Galicia de non cubrir as vacacións do persoal, polo que o centro quedará atendido unicamente por dous médicos durante uns meses no que aumenta considerablemente a poboación polo turismo. A Plataforma recalca que esta situación fará que se sobrecargue o PAC de urxencias da Guarda.

Para tentar buscar solucións, a Plataforma enviará unha solicitude formal á Consellería de Sanidade na que se faga unha relación de todas as carencias que está a sufrir o Centro de Saúde e pedirase a celebración dunha reunión entre a alcaldesa do Rosal, Ánxela Fernández, e o conselleiro, Jesús Vázquez Almuíña, para tratar todas estas cuestións.

En caso de non obter resposta nin solución, a Plataforma convocará concentracións e mobilizacións semanais diante do Centro de Saúde para denunciar de forma pública unha situación considerada inaceptable.

Pablo Prado / Berta Dávila, «O derradeiro libro de Emma Olsen» (Adaptación da novela de Berta Dávila)

É certo que neste blog non acostumamos a incluir referencias de banda deseñada, para iso xa hai outras páxinas, pero coido que a excepción ben paga a pena. Hoxe traemos a esta bitácora a adaptación da novela coa que Berta Dávila acadou o Premio Repsol de Narrativa Breve en 2013, “O derradeiro libro de Emma Olsen”. Aquela historia revive agora neste novo formato grazas á dedicación do ponteareán Pablo Prado, que traballou man a man coa autora para darlle forma a esta novela gráfica, no máis xenuíno sentido da expresión.

O primeiro que chama a atención neste proxecto é o escrupuloso respecto pola novela orixinal. Non é isto ningunha obviedade nin un asunto baladí, xa que é relativamente habitual que neste tipo de adaptacións se fagan excesivas concesión ao novo formato, o que, ás veces, dá como resultado produtos moi diferentes entre si. Cando se parte dunha idea allea e se redeseña, é doado caer na trampa de querer facer algo propio, de procurar a maneira de deixar a nosa pegada mesmo ocultando rasgos que lle son propios. Aí é onde, con demasiada frecuencia, as adaptacións se converten en algo distinto e desvirtúan a narración orixinal. Non digo con isto que sexan nin mellores nin peores, só que son diferentes ou, se preferides velo así, que semellan ser obras diferentes.

Mais non é o caso que nos ocupa. Diríase que a colaboración entre a autora e máis o ilustrador facilitase ese punto de confluencia entre ambas linguaxes, a narrativa e a visual. Por iso resulta, ao meu entender, moi meritorio, que partindo dese respecto do que estamos a falar, se chegue a acadar un producto xenuinamente novo. Porque ese é o resultado final: unha revisión da novela de Berta Dávila na que se recoñecen perfectamente o argumento, as vivencias e as personaxes, pero que se descobre para nós cunha nova faciana que vén alicerzada nos debuxos creados por Pablo Prado e a súa particular maneira de narrar. Noutras palabras: que non desvirtúa a idea orixinal, a pesar de plasmala no novo formato dende a perspectiva particular do ilustrador.

Respecto desa parte do traballo tamén cabe destacar a amplitude de recursos puramente gráficos empregados en cada unha das páxinas do libro: viñetas de distintas formas e en diferentes disposicións, formatos específicos para os flash-backs, a ubicación dos diálogos e dos textos narrativos en espazos moi variados, o uso de diferentes tipografías en función de cada intre, o emprego de cores moi vivas ao longo da práctica totalidade da narración… Mesmo a atención ao detalle –véxase a chea de microviñetas parciais–, falannos dun traballo realizado con mimo e con delicadeza, algo que se transmite durante a lectura.

Non é a primeira vez que unha novela galega entra no eido da banda deseñada e, probablemente, non sexa a última, pero ao meu entender “O derradeiro libro de Emma Olsen” resulta un exemplo eficaz de cales son as directrices que debe seguir un traballo deste tipo. Pode haber outras enfoques, por suposto, pero aquí queda demostrado que o respecto polo orixinal pode chegar a ser tan efectivo coma calquera outro.

Pablo Prado / Berta Dávila

O derradeiro libro de Emma Olsen

(Adaptación da novela de Berta Dávila)

Galaxia

Redondela entrega os premios do I Concurso Interescolar de Poesía Visual de Chapela

0

O Auditorio de Chapela acolleu o acto de entrega dos premios do I Concurso Interescolar de Poesía Visual, unha iniciativa impulsada polo poeta David Fernández Rivera froito dos talleres de poesía visual que impartiu, neste curso escolar, nos centros educativos de Chapela.

No acto de entrega dos galardóns participaron a alcaldesa de Redondela, Digna Rivas; a concelleira de Ensino, Olga García Ballesteros; o concelleiro de Cultura, Daniel Boullosa, amais do propio Fernández Rivera.

Valentina Jaen coa obra nda que non o pareza a luz segue brillando, acadaba o primeiro premio; Hugo Ballesteros con Choiva de palabras facíase merecedor do segundo premio mentres que o terceiro era para Ricardo Santos coa obra A Fronteira. Valentina Jaén, como gañadora do certame, recibía un trofeo que consistiu nun poema visual de David Fernández Rivera construído en metacrilato especialmente para a ocasión.

A actividade, que partía dunha iniciativa conxunta das Concellerías de Cultura e de Ensino, foi ben acollida polo CEIP Alexandre Bóveda e o CEIP de Laredo, cuxos alumnos demostraron cos seus poemas os coñecementos adquiridos nos talleres de poesía visual.

O concurso, no que participaron estudantes de quinto e sexto curso, foi levado a cabo coa vontade de que, entre outras moitísimas cousas, os alumnos desenvolvesen a súa creatividade máis aló do aprendido na aula contorna á poesía visual, un tipo de poesía na que prima a imaxe sobre o texto, podendo chegar a substituílo por completo; en definitiva, unha poesía para gozar coa retina.

Ao longo dos últimos anos, David Fernández Rivera demostrou que a poesía visual é unha ferramenta con grandes virtudes pedagóxicas de fronte ao desenvolvemento da creatividade e pensamento crítico dos nenos, unha ferramenta coa que consegue encher de entusiasmo e imaxinación cada unha das aulas que visita.

Peregrinos xacobeos na cidade de Tui (V), Nicolás Lanckmann e Xacobe Motz e León de Rostmital

Será a partir do século XV cando conservamos xa relatos propios da literatura odepórica que posibilitan un achegamento máis preciso aos itinerarios dos peregrinos do Camiño Portugués e, en numerosas oportunidades, textos sobre a pasaxe ou estadía no territorio tudense. Cabe engadir que dende este momento atoparemos mesturada xunto a primaria intención espiritual unha dimensión viaxeira, dunha longa viaxe de coñecemento e de carácter experiencial que medrará co paso do tempo.

Corresponde ao ano 1448 a noticia da peregrinación de dous embaixadores do rei de Alemaña Federico III, Nicolás Lanckmann e Xacobe Motz, que viaxan ata a Portugal para negociar a voda entre a infanta Leonor de Portugal e propio monarca xermano. Lanckmann escribiu un relato desta viaxe en latín que axiña foi traducida ao alemán editándose ambas en 1503.

Tanto Lanckmann como Motz eran clérigos e na súa viaxe cara a Portugal seguen, en boa medida, o Camiño francés ata Santiago. Dende alí proseguen viaxe a Portugal, pasando por Padrón, a continuación cun grupo de peregrinos irlandeses achéganse ata Fisterra e de seguido contrataram um guia, com o qual os embaixadores caminharan, como se fossen peregrinos, por moitos sitios ínvios e temerosos, e, com grande receio e sofrimento, chagaram a um grande rio, que divide a Galiza e Portugal e despediram-se do guia. Entraram numa cidade de nome Tui. Obtendo aí un salvo-conduto do capitao, um dos embaixadores, com dous criados e montadas, atravessou o rio en barco. Ao chegar a terra tería sido logo preso, se nao tivesse declarado por juramento a razao por que vinha a esse reino de Portugal. Asseverou ele ter um companheiro alen do río, com alguns criados e montadas; que lhe dessen cauçao e salvo-conduto para poderem apresentar-se juntos. Assim se fez. E levaram os embaixadores, en trajes e figuras de peregrinos, à primeira cidade do reino de Portugal, chamada Valença, que havia sido em tempos cidade de pagaos, e é uma cidade bem fortificada e construída com grandes e altas torres. Acorreu todo o povo a ver os cabaleiros aprisionados. Este reino de Portugal está sob grande vigilância por estar nos confins da terra, e pode ser atacado por muitas ilhas do mar.

Suso Vila ofrece a testemuña do paso de peregrinos estranxeiros por Tui que reciben axuda do Cabido para continuar a súa viaxe. Así en 1459 entrega 10 marabedís a un clérigo francés (mandarom a jacome rodrigues canonigo tençeiro das aniversarias que dese a hun clerigo françes de esmolla para ajuda do seu caminno dez maravedís) e no 1462 a un grupo de cabaleiros de Constantinopla (esmolla de çen maravedís vellos por amos deus aos cavaleiros de constantinopla). Seguimos comprobando o paso obrigado pola nosa cidade nas rutas xacobeas.

Poucos anos despois temos outro relato de interese que corresponde a León de Rosmithal de Baltna, nobre bohemio que, entre 1465 e 1467, realizou unha viaxe cortesán por Europa que inclúe unha peregrinación ata Santiago de Compostela. Rosmithal é un exemplo do costume ou moda dos mozos da alta aristocracia europea de realizar unha viaxe de coñecemento e de encomendas diplomáticas (cunha inevitable dose de aventura). Rosmithal comeza en Praga o seu camiño cunha grade comitiva de máis de corenta persoas e cincuenta e dous cabalos.

Da súa viaxe conservamos dúas crónicas, unha realizada por un dos seus secretarios, Wenceslao Shaschek, e outra escrita en alemán polo patricio de Nuremberg, Gabriel Tetzel. A ambas temos que engadir a redactada polo paxe Jaroslav descuberta posteriormente.

A lectura destas crónicas é unha fonte de grande interese para o coñecemento do ambiente da época e, no que nos atinxe, da peregrinación xacobea e os avatares aos que se enfrontaban os peregrinos. Do relato de Shaschek sabemos que no seu percorrido ata Santiago entraron en Portugal pola fronteira de Salamanca e dende alí a Braga e continúa a súa crónica, relatando:

El Miño divide á Portugal de aquella parte de Galicia en que yace sepultado el glorioso Santiago, hasta que desemboca en el mar, y nosotros lo pasamos á la ida y á la vuelta; á la orilla opuesta está situada una ciudad con castillo, que se llama Tuy, y que pertenece á unos caballeros á los cuales tienen que pedir salvoconducto los que desean visitar el sepulcro de Santiago. (…) En Tuy está sepultado San Pedro de Sala, que en otro tiempo resplandeció por sus muchos milagros y socorrió á muchos hombres que iban en peregrinación á visitar su sepulcro. Tuy dista cinco millas de Redondela, que es plaza de armas, no muy grande, situada entre montes cerca del mar.

A presenza en Galicia de Rosmithal coincide cun momento de grande inestabilidade social, derivadas das loitas nobiliarias que ocupan boa parte da historia de Galicia no século XV. A súa chegada a Santiago é protagonista dos enfrontamentos entre o arcebispo e cos nobres e cidadáns. No caso de Tui á referencia ao dominio nobiliario da cidade, testemuña a ocupación que realizaban a liñaxe dos Soutomaior que implicaba o control sobre este territorio, nestes anos a cargo de Álvaro Paes de Soutomaior. Unha ocupación que implica abusos como é a necesidade de adquirir un salvoconduto que garanta a seguridade dos peregrinos e viaxeiros. Un fenómeno moi xeneralizado no Camiño, cheo de portádegos e todo tipo de taxas e impostos, que en momentos de conflitividade social derivaban en abusos como o que referimos.

Domingo sangriento

Apoyado en la barandilla, apartó durante un instante su atención, de la estación de ferrocarril que tenía justo debajo de él y recorrió con la mirada, la vista que le ofrecía la bahía de la ciudad. Resultaba sencillamente magnífica. El mar semejaba un liso espejo de jade, surcado por las siluetas de decenas de pequeños barcos y veleros. Viejos recuerdos, algunos de ellos casi olvidados, comenzaron a desfilar delante de él. Hacía muchos años que había partido de allí y ahora por fin, estaba de vuelta. Allí, al lado de aquel mar se había criado y había estudiado. En aquellas mismas calles, que ahora contemplaba desde la muralla del antigüo castillo, había crecido y habían transcurrido los días más felices de su vida. Aquellos habían sido tiempos buenos, pero también muy duros. La época de la oposición a la dictadura, cuando la lucha no sólo se pagaba con la cárcel, sino también con la vida. Aún podía sentir, el olor tan característico a sudor, miedo y tabaco, que reinaba en las reuniones clandestinas. La lectura de los autores prohibidos: Marx, Sartre, Lenin, Trotsky, Marcuse y tantos otros. Si, aquellos habían sido buenos tiempos; en los que se ideaban planes; en los que se soñaba con cambiar el mundo y hacerse uno a medida, donde todos los seres humanos fuesen iguales y libres; sin creencias, sin odios, sin diferencias. Pero aquello ya se había terminado hacía mucho. ¿Por qué? Le había costado dar con la respuesta, pero por fin creía haberla encontrado. Por que después de tanta lucha y de tanta atrocidad, se habían acostumbrado a ello y habían perdido su principal arma: la ilusión. La cruda, dura y pura realidad era que ya no tenían un motivo por el que luchar. Era triste reconocerlo, pero era así.

Todo había comenzado aquel fatídico martes, del cual se acababan de cumplir cuatro años. Esa había sido la ha primera señal, del derrumbe que no tardaría en producirse. Y sin embargo, no podía dejar de pensar, que de alguna manera, todo aquello podía haberse evitado. El control policial era uno de tantos y ellos, cuatro amigos, con la documentación en regla y un aspecto de lo más normal. Si aquel policía no hubiese desconfiado, ella aun estaría viva. Quizás ni él mismo supiera, por que lo había hecho. Pero así sucedió y ya no servía de nada lamentarse.

El tiroteo fue breve. Parecía que iban a poder escapar ilesos, hasta que en el último momento, justo cuando iban a doblar la esquina de la calle; ella, recibió un tiro por la espalda y cayó. Después, los recuerdos se iban haciendo más borrosos. Lo único que acertó a pensar, mientras sus dos compañeros le introducían en el coche y ella quedaba desangrándose sobre la acera, era que todos los planes que ambos habían trazado para el futuro, acababan de estallar, como una de esas malditas bombas, en las que él era un consumado especialista.

Si, desde entonces todo había ido de mal en peor. Algunos camaradas comenzaron a abandonar la lucha armada, para pasarse a la actividad política; otros habían caído y los demás, entre los que se encontraba él, estaban faltos de una ideología y de un líder, que les mostrase el camino a seguir. Desgraciadamente, la lucha armada, carente de ilusión, se convertía en una profesión tan monótona y frustrante, como cualquier otra, incluso más. Además, el apoyo social había disminuido hasta alcanzar unos niveles preocupantes. Eso era algo, que ni siquiera ellos mismos podían obviar. Los mismos que hace unos pocos años les apoyaban y exigían al gobierno una negociación política, les tachaban ahora de asesinos y terroristas. A veces se preguntaba por que seguía. Aquello no era vida. No tenía familia, ni hogar y los pocos amigos que le quedaban, iban cayendo uno tras otro. ¿Merecía la pena seguir? Muchas veces, él mismo se respondía que no; que toda su vida no había sido más que una inmensa sucesión de errores. Entonces una profunda sensación de cansancio se adueñaba de él. ¿Pero que más sabía hacer? Nada. Había dedicado toda su vida a la causa.

La estación aquella tarde se encontraba especialmente concurrida. Era domingo, el fin de semana se acababa y cientos de personas regresaban a sus casas. Además la llegada de las tropas, que regresaban de participar en una misión de paz, había atraído a numerosos curiosos, que se arremolinaban en torno a las vías y el vestíbulo del edificio. La banda militar comenzó a tocar los primeros acordes del himno nacional. Pensó que las olas resultaban un bonito acompañamiento de fondo y apretó el botón del detonador. Un instante después, la estación voló por los aires.

O mercado de Sabarís volve este luns á normalidade con máis de 170 postos e con rigorosas medidas de seguridade sanitaria

0

O luns 22 de xuño, o tradicional mercado de Sabarís volverá case que á normalidade logo de que, nas últimas semanas e a medida que se ía avanzando nas fases da ‘desescalada’, retomara a súa actividade de xeito paulatino e cinguido exclusivamente a postos de sector agroalimentario.

Nesta ocasión, o mercado retomará xa o seu formato máis habitual coa presenza de máis de 170 postos que ofrecerán, como adoita acontecer, os máis diversos produtos e nunha actividade que supón un elemento dinamizador da economía local.

O Concello de Baiona, a través da Concellería de Comercio e Mercado que xestiona Víctor Muñoz, optou pola realización de pequenas modificacións que, sen necesidade de cambiar de ubicación os postos, permitan manter as distancias de seguridade establecidas pola actual normativa sanitaria da COVID-19.

Nese sentido, o Concello de Baiona optou por reducir a dimensión dos postos maiores de catro metros nun 25 %, a fin de poder dar cumprimento as normas sobre a distancia mínima de seguridade entre os postos de venda. Conséguese, con esta medida, “non cambiar de situación os postos, co prexuízo que iso ocasionaría as e aos vendedores, e ao mesmo tempo garantir a seguridade sanitaria tanto das persoas que alí traballan coma dos usuarios e usuarias”, sinala o edil de Mercados.

Doutra banda, nos puntos de acceso a Policía Local comprobará que todas as persoas que se acheguen ao mercado de Sabarís cumpran coas normas de prevención establecidas, comprobando que leven máscaras de protección e evitando aglomeracións de persoas.

Tanto o alcalde, Carlos Gómez, como o concelleiro de Mercados, Víctor Muñoz, fixeron un chamamento “á responsabilidade de veciños e veciñas á hora de cumprir coas normas de seguridade”. “A veciñanza de Baiona –sinalou o alcalde– fixo un enorme esforzo durante o confinamento e amosou enormes doses de solidariedade e responsabilidade. Agora é hora de seguir avanzando nesa liña para evitar unha volta atrás que tería unhas consecuencias imprevisibles”.

Redondela presenta os actos da semana LGTBIQ+, “nunha aposta pola diversidade, a dignidade e o respecto”

0

A Alameda de Redondela, co banco pintado coas cores do Arco da Vella, distintivo do colectivo LGBTBIQ+, foi o lugar elixido pola alcaldesa de Redondela, Digna Rivas para presentar os actos que se desenvolverán ao longo de toda a semana “nunha aporta por dar visibilidade a este colectivo e nunha aporta pola diversidade, a dignidade e o respecto”, dixo a alcaldesa.

Rivas acompañada por Rafa Cernadas e Juan Paulo Tunnell, da Asociación Irisar, asistía a colocación dos carteis da exposición de ‘Figuras Irisadas’ que quedará instalada na Alameda de Castelao e na que, acompañados de breves apuntes biográficos, se amosa a homes de mulleres que loitaron e loitan polos dereitos Lgtbiq+ ao longo da historia.

Irisar é unha asociación nacida en Redondela hai un ano e que, como sinalaba Rafa Cernadas, “busca dar visibilidade ás persoas Lgtbiq+ do pobo que ata de agora non tiñan ningún recoñecemento”. O propio nome da asociación, engade o presidente de Irisar, Juan Paulo Tunnell, o di todo “porque a palabra fai referencia a un obxecto que proxecta sobre outros obxectos cores formas e brillos similares aos do Arco da Vella a pesar de que a historia do colectivo lgtbi está tinguida de cor negra”. Pese a iso, engade o presidente de Irisar, “o colectivo non deixou de aportar color dende o seu nacemento e intentou sempre dar visibilidade ao sufrimento a través da alegría”.

Simultaneamente a esta mostra, na alameda de Rosalía de Castro de Chapela, inaugurábase outra na que, a través dos carteis, se fai un detallado percorrido pola historia dos dereitos Lgtbiq+ “persoeiros e persoeiras que ao longo do tempo foron reivindicando estes dereitos, algúns asasinados por defendelos e outros, aínda vivos, que teñen sufrido por esa defensa”.

A alcaldesa Digna Rivas quixo salientar a importancia do acto de hoxe que simboliza a aposta de Redondela “pola integración e a diversidade”. Lembraba a rexedora local que un dos primeiros actos, recen chegada a alcaldía, foi colocar no balcón da Casa do Concello, “por primeira vez na historia do municipio, a bandeira Lgtbiq+ e pintar coas súas cores este banco que, ao longo de todo este ano, sen ten convertido nun símbolo”.

Digna Rivas deixaba claro que “este banco e esta bandeira no balcón da Casa do Concello, a casa de todos e todas, transmiten a mensaxe clara de que queremos fomentar a tolerancia, a igualdade, a dignidade e o respecto”.

Os actos continuarán o día 26 de xuño coa elaboración dun graffiti homenaxe ao colectivo Lgtbiq+ na Avenida Ernestina Otero, xunto ao mercado, e a colocación de bancos Lgtbi, como o situado diante do Concello, en todas as parroquias de Redondela.

Xa o día 27 de xuño, ás 20:30 horas, na Alameda Castelao terá lugar a lectura do manifesto LGTBI e, de seguido, o monólogo de Puchy Otero e Lucía Marcos, tamén la alameda redondelá.

Finalmente, o día 28 de xuño, os máis cativos e cativas poderán participar nun contacontos na Alameda Castelao de Redondela ás 12:30 horas e na Alameda Rosalía de Castro de Chapela, ás 18 horas.

Ponteareas conta xa con ‘Comercio Seguro’

O alcalde de Ponteareas, Xosé Represas, e a concelleira de Promoción Económica, Eva Gil, asistiron á entrega dos primeiros selos de ‘Comercio Seguro’, enmarcada na campaña que desenvolve a asociación de comerciantes Banastra en colaboración coa Federación provincial de Comercio, Turismo e Mercados.

A partir de hoxe este selo distinguirá a todo o pequeno comercio que aplica os protocolos hixiénicos sanitarios estipulados polas autoridades e administracións públicas.

O secretario xeral da Federación Provincial, Enrique Núñez, a xerente de Banastra e distintos representantes do comercio local entregaron os primeiros selos cos que a federación provincial certifica as boas prácticas do pequeno comercio e que xa locen nalgúns escaparates ponteareáns.

[su_image_carousel source=”media: 16402,16404,16403″ crop=”5:4″ link=”lightbox” autoplay=”0″]

Os primeiros establecementos en adherirse á esta campaña de Comercio Seguro, na que a Federación Provincial conta co resplado da Xunta de Galicia, son El Rincón del Perfumista, Lencería Zoe, Mocosines, Librería Papiros, Melfran, Dána modas, El escondite de Montse e Silvia Costal estética.

Coa entrega destes selos que certifican ao establecemento como un comercio seguro alentarase tamén ao tecido empresarial da vila a secundar esta iniciativa que pretende engadir un plus de confianza.

Para acreditarse como comercio seguro hai que seguir un sinxelo e responsable itinerario. O primeiro é o autodiagnóstico a través dos pasos que se poden atopar na ligazón da Xunta https://www.comerciosegurogalicia.gal/register. O resultado reflictirase nun informe que recollerá o grao de cumprimiento do protocolo hixénico sanitario de cada negocio ofrecendo ademáis recomendacións das medidas que precisan implementar.

En base a este test e ao cumprimento das melloras recomendadas, a Federación Provincial de Comercio, Turismo e Mercados en colaboración coa Asociación de Comerciantes de Ponteareas (Banastra) emitirá os certificados pertinentes.

Dende Banastra trasladan que a Confederación Española de Cascos Históricos seguirá o mesmo procedemento e distinguirá exclusivamente aos que obteñan unha calificación alta e aclaran que todos estes certificados son gratuítos para os asociados locais.

Banastra traballa conxuntamente coa Federación Provincial para facer chegar esta iniciativa a todo o tecido comercial para que todos os establecementos da provincia poidan optar ao selo distintivo e ofrecer aos seus clientes unha plena garantía de seguridade.

A Federación realizará revisións periódicas e aleatorias, co procedemento de ‘Cliente Misterioso’ para comprobar o grao de cumprimento da normativa nos establecementos que obteñan o certificado coa finalidade.

A Federación quere recoñecer o esforzo que asume o pequeño comercio para adaptarse á normativa e para protexer tanto a saúde dos e das consumidoras e dos propios traballadores/as.

Os establecementos que non superen o test terán un prazo de 15 días para subsanar as deficiencias e optar a unha nova revisión que lles permita contar co selo ‘Comercio Seguro’.

Baiona súmase á campaña #LuzpolaELA e tinguirá de verde a Casa do Concello para visibilizar a enfermidade

0

O sábado 20 e o domingo 21, a Casa do Concello de Baiona cambiará a súa habitual iluminación para tinguirse de verde co obxectivo de facer visible a enfermidade da ELA (Esclerose Lateral Amiotrófica) e e apoiar ás persoas enfermas para concienciar á sociedade sobre as dificultades coas que se atopan no día a día.

O Concello de Baiona súmase, deste xeito, á campaña #LuzporlaELA, promovida por AGAELA, a Fundación Luzón e outras asociacións pertencentes á Comunidade da ELA e que conseguiu que, o pasado ano, se iluminaran 304 edificios e monumentos en 209 municipios de toda España.

O alcalde de Baiona, Carlos Gómez, expresou a importancia deste xesto simbólico “para chamar a atención sobre unha enfermidade da que, neste país, morren tres persoas ao día e diagnostícanse, diariamente, tres novos casos”. É preciso, dixo o rexedor local, desenvolver todo tipo de iniciativas “que permitan concienciar á sociedade das dificultades coas que se atopan, día a día, tanto as persoas enfermas como as súas familias”.

Máis datos sobre a ELA

A ELA é unha patoloxía dexenerativa e inhabilitadora que acaba paralizando completamente os músculos do corpo e que afecta non só aos pacientes senón que tamén actúa como unha bomba de racimo que impacta duramente o ambiente do enfermo.

Un paciente con ELA precisa atención 24 horas ao día, o custo desta atención ascende a preto de 40.000 euros ao ano, dos cales só o 10 % está cuberto polo sistema público. A gran maioría das familias afectadas pola ELA non poden contratar a un coidador profesional e esta tarefa recae nun familiar (parella, pais, fillos), que teñen que deixar o seu traballo para asumir esta tarefa.

Por ese motivo, a Asociación AGAELA xunto coa Fundación Francisco Luzón e as outras entidades membro da Comunidade Nacional da ELA, lanzan #wELApop, unha iniciativa que quere sensibilizar á poboación sobre esta enfermidade e solicitar ás Administracións Públicas que garantan a axuda que as persoas afectadas pola ELA precisan.

Cómpre salientar que en España hai 4.000 persoas diagnosticadas de ELA. A cifra , segundo explica AGAELA “non chama a atención”, pero engade que “se nos achegamos á realidade desta enfermidade darémonos conta de que este número é enganoso. Cada día, en España, morren 3 persoas pola ELA e diagnostícanse 3 casos novos ao día”.

Nigrán reafírmase no rexeitamento a calquera tipo de violencia “contra a integridade das persoas e os seus dereitos fundamentais”

0

O alcalde de Nigrán, Juan González, deu lectura no día de onte, diante da Casa do Concello de Nigrán, a un manifesto no que se resume o rexeitamento, tanto do Concello de Nigrán como da veciñanza en xeral, a calquera tipo de violencia, logo de que unha muller do barrio da Cruz, na parroquia de Camos, fora gravemente atacada polo seu veciño.

Pola gravidade dos feitos e pola importancia do manifesto en si, o reproducimos integramente.

O Concello de Nigrán ao que represento como alcalde desexa expresar publicamente o seu total e rotundo rexeitamento de calquera tipo de contra a integridade das persoas e os seus dereitos fundamentai violencia ante o acontecido o venres 12 de xuño no barrio da Cruz (Camos) onde unha muller resultou gravemente atacada polo seu veciño, sendo preciso a súa hospitalización. Desde aquí, queremos aproveitar tamén a ocasión para trasladar a nosa solidariedade á vítima e a súa familia e desexarlle unha pronta recuperación.

O goberno local entende que non pode permanecer de brazos cruzados ante o clima de tensión que se vive neste barrio por mor de estas actitudes incívicas reiteradas que dificultan a boa convivencia entre veciños. É por iso que desde o Concello consideramos necesarios subliñar a importancia do diálogo pacífico como único medio para a solución de conflitos e se ofrece como mediador entre as partes para acadar un bo entendemento e evitar que situacións deste tipo se repitan. O Concello nunca estará do lado de quen empregue a forza física e non a palabra para impoñer argumentos ou feitos.

O recurso á violencia, sexa física ou verbal, non só atenta s, se non que nega calquera tipo de razón a quen a emprega e multiplica o odio, a intolerancia e o resentimento, agravando o conflito. Moitas veces o que exerce a violencia sinte que ten autoridade ou lexitimidade para facelo, chega ao punto de considerar que a súa non é unha conduta ilícita, se non permisible. Pois ben, desde o Concello de Nigrán consideramos necesario subliñar que agredir física ou verbalmente non é un comportamento lícito, nin permisible nin tolerable, é máis, é algo punible penalmente.

O perigo de acostumarse a convivir con pequenos ou grandes actos de violencia cotiás é que sen ser conscientes terminamos por naturalizala como parte da vida, o cal non é certo: os conflictos si son inherentes ao ser humano, e por elo inevitables, a violencia como mecanismo para resolvelos non o é, por iso debemos ser todos moi conscientes e actuar en consecuencia. Só o diálogo e o respecto garanten a boa convivencia entre veciños ante calquera desencontro que poida xurdir, por iso desde o Concello queremos incidir en que estamos aquí para a busca do maior entendemento posible entre as persoas nun marco de paz e concordia, nunca nun marco de agresións físicas ou verbais. Por todo elo, facemos un chamamento á calma, ao sentido da responsabilidade colectiva e á necesidade de confiar no diálogo e na Xustiza como único mecanismo válido para solucionar conflitos.

O Rosal contratará a un socorrista para a praia das Eiras durante xullo e agosto

0

O Concello do Rosal vén de poñer en marcha o proceso selectivo para a contratación dun/ha socorrista para prestar servizo na praia das Eiras durante o meses de xullo e agosto. Será un contrato temporal a xornada completa no que a persoa contratada deberá desenvolver tarefas de vixiancia, prevención e salvamento de bañistas e demais persoas usuarias que acudan durante a tempada estival a esta praia e á súa contorna, así como o control das medidas sanitarias derivadas da nova normalidade consecuencia da crise do COVID.

As persoas interesadas deberán presentar a súa solicitude do 22 ao 26 de xuño a través do Rexistro ou na sede electrónica do Concello ou ben cun xustificante de presentación de solicitude a través doutro medio ao correo electrónico [email protected] ou ao fax 986626034. As solicitudes deben ir acompañadas da documentación requerida nas bases do proceso selectivo, entre a que se atopa a copia da inscrición no Rexistro Profesional de Socorristas Acuáticos de Galicia.

A selección realizarase a través dun concurso-oposición no que se fará unha valoración dos méritos por experiencia profesional, por cursos de formación e perfeccionamento e por coñecemento da lingua galega. Ademais faranse unha serie de probas prácticas obrigatorias e eliminatorias.

‘Fame de experiencias’, premiado no US International Film&Video Festival de Los Ángeles

O vídeo de promoción da campaña ‘Fame de experiencias’ da Deputación de Pontevedra acada o seu sexto galardón a nivel internacional. Nesta ocasión trátase do Certificate Creative Excellence 2020 do US International Film & Video Festival de Los Ángeles na categoría de ‘Produtos turísticos’. Nesta ocasión, o audiovisual producido pola empresa Esmerarte comparte o recoñecemento con outros seis traballos procedentes de Austria, Dinamarca, Serbia, Viena, Eslovenia e cun de España. A presidenta da Deputación, Carmela Silva, expresou a “miña felicidade por este novo recoñecemento” e sorriu ao dicir que “xa non sei onde imos a atopar sitio para poñer todos os premios desta campaña”.

Máis de 1.000 traballos audiovisuais procedentes dun total de 26 países distintos competían pola medalla de ouro, a de prata e o Certificado de Excelencia, que finalmente conseguiu ‘Fame de experiencias’. Este novo recoñecemento recíbese apenas unhas horas despois de que chegase fisicamente ata o Pazo provincial o trofeo recentemente acadado por esta campaña no Festival Internacional de Cine Turístico de Riga (Tourfilm). O galardón recoñece novamente a aposta da Deputación de Pontevedra por un modelo vangardista e sostible de promoción da provincia, despois dos premios recibidos en Fitur, Estonia, nos Golden City Gate de Berlín, nos New York Festivals TV & Film Awards e na décimo sexta edición do International Tour Film Fest de Bulgaria.

O vídeo de ‘Fame de experiencias’ promove un turismo ligado ao territorio e ao produto e pon en valor o traballo de produtoras e produtores que traballan de forma artesanal e obteñen excelentes materias primas que enxalzan a gastronomía das Rías Baixas a nivel internacional. O audiovisual visibiliza o traballo das persoas anónimas, moitas delas mulleres, que extraen ou cultivan con grande esforzo diario os produtos de proximidade da provincia de Pontevedra, pero conta tamén coa participación de nomes de referencia da gastronomía das Rías Baixas coma Pepe Solla, a xefa de sala de Culler de Pau, Amaranta Rodríguez, Yayo Daporta ou Rafa Centeno.

As Neves organiza un acto de recoñecemento ás 40 ‘costureiras’ que coseron máscaras e batas durante a pandemia da COVID-19

0

Hoxe sábado 20 de xuño, ás 19 horas e no local do Vide, o Concello das Neves fará un pequeno acto de recoñecemento e agradecemento ao traballo feito por un numeroso grupo de mulleres costureiras das Neves –chegaron a ser 40, de practicamente todas as parroquias e de todas as idades–, que durante o confinamento e ata hoxe, dedicaronse a coser máscaras e batas que se distribuían a través do obradoiro organizado por Maite Isla, en Ponteareas.

O Concello recollía alí as teas, os filtros e o material xa preparado que era distribuido polas casas das costureiras grazas á colaboración altruísta de Nieves Rodríguez, taxista do municipio das Neves que, a súa vez recollía o material unha vez rematado o traballo, para ser entregado en Ponteareas de novo.

O Concello que preside Xosé Manuel Rodríguez Méndez quere agradecer “persoalmente este traballo ao mesmo tempo que facilitar un encontro entre todas elas, xa que moitas non se coñecen entre sí”.

Tomás de la Fuente Jansen, de 2º de primaria do CEIP As Solanas da Guarda, gañador do concurso de fotografía #eusonpilabot

0

A Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda vén de resolver o segundo concurso de fotografía artística #eusonpilabot, que nesta edición resultou gañador o alumno de 2º de Primario do CEIP As Solanas da Guarda, Tomás de la Fuente Jansen, que presentou un traballo cuxo título é ‘Xamáis botes pilas ao mar’.

Este concurso escolar está enmarcado na campaña de sensibilización ambiental Pilabot coa que se busca fomentar a recollida selectiva de pilas, baterías e acumuladores portátiles entre a poboación escolar, a través da organización de diversas actividades, charlas e accións de sensibilización en centros de educación primaria e secundaria.

Tras a suspensión temporal do certame a causa da situación de crise sanitaria, a organización reactivou o período de votación pública durante unha semana (o período de votacións rematou o pasado luns 15 de xuño ás 23.59 h), producíndose un empate empate entre as dúas fotografías máis apoiadas. Tal e como se recolle nas bases legais do concurso, un xurado formado por representantes da Xunta e dos SCRAP (Sistema de Responsabilidade Colectiva Ampliada do Produtor) foi o encargado de resolver que os gañadores.

[su_image_carousel source=”media: 16383,16385,16386″ crop=”5:4″ captions=”yes” link=”lightbox” autoplay=”0″]

Así, Tomás de la Fuente Jansen, de 2º de Primaria no CEIP As Solanas, con 329 votos, foi galardoado co primeiro premio e unha tablet grazas á súa foto titulada “Xamais botes pilas ao mar”.

A segunda premiada, Alba González Gregorio, é unha alumna de 2º de primaria do CRA Amencer de Ribadavia, que tamén acadou 329 votos. A súa segunda posición foi grazas á presentación de “As miñas bonecas tamén reciclan”, e recibirá como premio un altofalante bluetooth.

Lucas Barreiro Costa, que cursa 1º de primaria no CEIP Plurilingüe de Tirán, obtivo 157 votos e levou unha pulseira fitness polo terceiro posto acadado coa foto “O desfile da reciclaxe”.

Cómpre destacar que case medio centenar de alumnos e alumnas de distintas idades participaron nesta segunda edición do concurso #eusonpilabot con fotografías que tiñan como protagonistas as pilas e as caixas individuais de recollida que se repartiron entre o alumnado dos centros participantes na campaña.

A pesar dos contratempos derivados da suspensión da actividade lectiva por mor da crise sanitaria, foi posible resolver o certame de fotografía artística ao realizarse a fase final de xeito totalmente on line.

O concurso Pilabot

Pilabot é unha campaña de concienciación sobre a importancia da recollida de pilas na que participan 150 centros educativos de educación primaria e secundaria de Galicia. Os colexios inscritos compiten entre si para acadar as mellores cifras de recollida de pilas de Galicia. Así, os alumnos e os centros escolares que consigan recuperar a maior cantidade destes residuos serán os gañadores. En total, repartiranse 7.500 euros divididos en catro premios e dúas categorías, que deberán destinarse á compra de material escolar e deportivo ou a organizar actividades educativas. A presente edición viuse afectada polo estado de alarma, e continuará a comezos do vindeiro curso escolar 2020/2021.

Balance da anterior edición

A campaña Pilabot púxose en marcha por primeira vez o curso pasado (2018/2019) co obxectivo de fomentar a reciclaxe de pilas entre a comunidade escolar e as familias do alumnado, ao tempo que se lles facilita información e recursos didácticos para promover actitudes positivas que preveñan os problemas de contaminación derivados dunha posible mala xestión.

A campaña inclúe, ademais do concurso de recollida de pilas e do certame fotográfico, a realización de charlas divulgativas en 50 centros seleccionados previamente mediante sorteo para concienciar ao alumnado sobre a importancia da correcta separación deste tipo de residuos e o seu depósito nos contedores específicos. De feito, o pasado mes de febreiro completáronse as últimas charlas dirixidas aos escolares.

O reto da presente edición do concurso é superar os bos resultados acadados durante o curso 2018/2019, no que se recolleron, entre todos os centros participantes, preto de 44 toneladas de pilas, acumuladores e baterías usadas, unhas cifras que representan case a quinta parte das 230,5 toneladas que se recompilaron o ano pasado no conxunto da comunidade autónoma.

Ponteareas aproba a rebaixa das taxas das terrazas nun 95 %

O Pleno extraordinario do Concello de Ponteareas celebrado este pasado martes aprobou, por unanimidade, unha bonificación do 95 % da taxa municipal de terrazas de hostalaría. “Unha medida de apoio á hostalaría diante da crise do coronavirus”, manifestou a concelleira de Promoción Económica, Eva Gil, medida que previamente xa fora tratada nunha reunión cos representantes da hostalaría e cos portavoces de todos os grupos da Corporación Municipal.

Este cambio na normativa municipal estará vixente no que resta de 2020 e todo o ano 2021. Unha medida que acompaña á flexibilización na ampliación do espazo a ocupar na vía pública polas terrazas para que o sector poida cumprir as distancias da seguridade sanitaria co menor prexuízo para os negocios. “Queremos facilitar que se poidan manter ás mesas habituais, que agora precisan máis espazo, e contribuir á reactivación económica dos establecementos que estiveron pechados durante tres meses”

A Deputación potencia o servizo das brigadas para o mantemento e conservación das estradas provinciais

A Xunta de Goberno da Deputación de Pontevedra aprobou hoxe o novo proxecto para potenciar o traballo das brigadas que atenden o mantemento, limpeza, desbroces e conservación da rede de estradas provinciais, de case 1.700 quilómetros. Trátase de ampliar o servizo e mellorar as prestacións para garantir a seguridade viaria, en consonancia co modelo de mobilidade da institución e tendo en conta as novas esixencias e necesidades do mantemento.

Esta contratación suporá a incorporación de efectivos a catro das nove brigadas da Deputación de Pontevedra, que atenderán respectivamente ás estradas de tres zonas específicas da provincia: as zonas 7 e 9, que comprenden estradas de Silleda, A Estrada, Cerdedo, Forcarei, Caldas de Reis, Cuntis, Valga, Pontecesures e Catoira; a zona 4, coas estradas de Ponte Caldelas, A Lama, Cotobade, Pazos de Borbén, Fornelos, Redondela e Soutomaior; e a zona 5, coas estradas provinciais nos concellos de Salceda de Caselas, Tui, Ponteareas, Salvaterra, As Neves, Mondariz, Mondariz Balneario, A Cañiza, Covelo, Arbo e Crecente.

O proxecto ten un orzamento estimado para tres anualidades de 3,5 millóns de euros e plantexa obxectivos para unha xestión máis eficiente e sostible, a redución de tempos de resposta ás incidencias, contar con novos medios e maquinaria especializada en función das necesidades concretas, a prestación dun servizo continuado e o reforzo da viabilidade invernal. En definitiva, un modelo de xestión da conservación que permita diagnosticar, planificar e actuar de forma sistemática ante calquera tipo de tarefa ou intervención, cunha dotación de recursos e medios adecuada e con recursos específicos e maquinaria renovada para ter en condicións óptimas a rede viaria provincial

O Consello da Cultura Galega solicita á Xunta de Galicia que garanta a conservación da Fonte de Troncoso

Rosario Álvarez, presidenta do Consello da Cultura Galega visitou o edificio da Fonte de Troncoso, en Mondariz Balneario e fixo entrega a Mar Cendón, da plataforma ‘SOS Fonte de Troncoso’ o informe elaborado pola Comisión de Patrimonio e na que pide á Xunta de Galicia que garanta a conservación deste ben patrimonial.

O edificio da Fonte de Troncoso, incluído no Catálogo do Patrimonio Cultural de Galicia está formado por dous volumes arquitectónicos, a fonte (un volume aberto) e as oficinas máis a antiga planta embotelladora. Esta última sufriu o colapso da cuberta en marzo de 2019, provocando o seu derrubo máis a totalidade do piso elevado.

A Fonte de Troncoso é o único edificio proxectado por Antonio Palacios en Galicia e España que se atopa en estado ruinoso desde que a cuberta dun dos volumes do edificio colapsara polo abandono ao que o ten sometido o propietario, a empresa Fuentes Capital S.A. con sede en Madrid.

O apartado de conclusións do informe do Consello da Cultura di: “Tendo en conta os valores da Fonte de Troncoso como elemento representativo da arquitectura relacionada coa auga realizada polo arquitecto Antonio Palacios en Mondariz-Balneario, o seu papel dentro da unidade do Conxunto do Hotel-Balneario de Mondariz —un elemento senlleiro da época no concello—, o seu grao de protección e o estado en que se atopa, solicitamos á administración galega que aplique medidas de protección activas que garantan a conservación dos bens protexidos que formen parte do patrimonio cultural de Galicia xa que os titulares da Fonte de Troncoso non están levando a cabo a súa obriga na protección deste elemento.

Antecedentes

O 04.11.2019 a Escola de Restauración de Bens Culturais de Galicia elaborou un informe a petición de SOS Fonte de Troncoso no que aseguraba, entre outros extremos, que “corresponde a administración galega aplicar medidas de protección activas que garantan a conservación dos bens protexidos que formen parte do patrimonio cultural de Galicia se os titulares dos mesmos non o fan. Esperamos que se tomen as medidas necesarias para evitar a perda dunha construcción tan emblemática como a Fonte de Troncoso.”

O 15.05.2019 a Fiscalía Xeral do Estado, a través do Fiscal de Sala de Medio Ambiente e Urbanismo, previa denuncia publicada nos medios de comunicación escrita, remitiu un oficio á Xunta de Galicia insteresándose polas medidas adoptadas polo goberno galego para garantir a conservación deste edificio catalogado.

O 10.02.2020 o Colexio de Arquitectos de Galicia emitiu un completo informe de 19 páxinas no que instaba ás administracións competentes (Xunta de Galicia e Concello de Mondariz Balneario) a aplicar a Lei 5/2016 do Patrimonio Cultural de Galicia xa que, ao seu xuízo, a fonte “debe ser urxentemente rehabilitada” para evitar a súa perda definitiva. Segundo o COAG a fonte “se encuentra en un deplorable estado de conservación, presentando unas condiciones históricas, arquitectónicas, culturales, turísticas y sociales de indudable interés, que deben ser urgentemente rehabilitadas y consecuentemente puestas en valor como se merecen.

Correspondiendo en primer lugar a su titular, y en inacción de éste a la administración municipal o en su caso a la gallega, el aplicar las medidas necesarias de protección que garanticen la conservación de este interesante bien catalogado que forma parte del patrimonio cultural gallego.”

As rúas Carabela Pinta e Cidade de Vigo serán peonís o sábado e domingo a partir das 20 horas

0

Os vindeiros sábado 20 e domingo 21 de xuño, as rúas Carabela Pinta e Cidade de Vigo estarán cortadas ao tráfico –agás para entrada a garaxes– e pasarán a ser peonís dende as 20 horas ata as 01 h.

Trátase dunha medida adoptada polo Goberno local coa finalidade de proporcionar máis espazos de paseo á veciñanza e visitantes, nas fines de semana “e ao mesmo tempo garantir o distanciamento social que marcan as normas sanitarias”.

Baiona é unha vila cunha fonda tradición de “vida na rúa” explica o alcalde baionés, Carlos Gómez, polo que era preciso adoptar medidas que, por unha banda permitan esa “vida de rúa” da que gustan tanto as veciñas e veciños como as persoas visitantes, e, por outra banda, “garantir a seguridade sanitaria de todos e todas”.

A Deputación remata as obras de emerxencia na EP 5005 ao seu paso por Crecente

0

A Deputación de Pontevedra vén de rematar as obras de emerxencia na EP 5005, ao seu paso polo núcleo de Crecente. Esta actuación, que implicou a construción dun novo muro de contención, levouse a cabo para mellorar a seguridade da estrada, tras un desprendemento que obrigou a restrinxir a circulación por caída de pedras.

Cun importe de 60.000 euros, a obra tivo como obxectivos fundamentais a mellora da seguridade viaria, evitando riscos de novos danos e garantindo o normal funcionamento viario. Os traballos que se acometeron neste tramo da EP-5005 están enmarcados no modelo de mobilidade segura da institución provincial en toda a rede viaria da provincia.

O Rosal manterá os parques infantís pechados

0

O Concello do Rosal manterá pechados polo momento todos os parques infantís do municipio ao non poder asumir as condicións sanitarias establecidas para a súa reapertura. Por responsabilidade e dada a situación que se está a vivir, o Concello decidiu adiar o posible uso destas instalacións, dado que a limitación de recursos non permite executar as medidas de seguridade e prevención ante os posibles contaxios fixadas dende a Xunta, unha decisión que tamén está tomando a meirande parte das administracións locais.

Segundo a normativa, para poder abrir os parques infantís tense que garantir o control do aforo, que será dun máximo dunha persoa por cada catro metros cadrados de superficie computable, e garantir a desinfección diaria de todas as instalacións. Para o Concello do Rosal é inasumible cumprir con estes criterios, xa que non dispón tampouco da capacidade de control necesaria. Por este motivo, tendo en conta que os parques infantís pode ser un foco de contaxio importante agravado polo feito de que a maioría dos nenos e nenas son asintomáticos, dende o Goberno municipal decidiuse operar dun xeito sensato e manter pechadas as instalacións.

Dende o Concello quere apelarse tamén á responsabilidade individual de cada persoa ante esta situación e a que “se respecten as normas e non se rachen precintos para acceder e utilizar os parques infantís do municipio”. “Debemos ser conscientes de que a pesar de entrar nunha etapa de nova normalidade, a crise sanitaria por mor do COVID-19 non está totalmente controlada e moito menos erradicada”, lembra o Concello rosaleiro.