Martes, 29 Xullo de 2025

Verín e Salvaterra reciben á campioa de Europa de fútbol sala

A Selección Española Absoluta Feminina de fútbol sala volta a Galicia este mes de novembro. O combinado dirixido por Claudia Pons disputará dous partidos amigables en Verín e Salvaterra logo do acordo ao que a Real Federación Galega de Fútbol chegou cos dous concellos.

O Comité de designación de sedes de partidos da RFEF decidiu que as localidades galegas de Verín (Ourense) e Salvaterra de Miño (Pontevedra) acollerán os días 7 e 8 de novembro os dous encontros amigables entre España y Portugal. Un dobre compromiso entre as dúas grandes potencias do fútbol sala feminino europeo, que volverán a verse as caras logo de medirse por última vez na semifinal do Europeo en Debrecen (Hungría).

A celebración destes dous partidos será posible gracias á estreita colaboración entre a RFEF, a Real Federación Galega de Fútbol e os concellos das dúas localidades, que xa traballan en todo o necesario para esta gran cita do 40×20 de seleccións nacionais.

O primeiro dos partidos será o martes 7 de novembro ás 18:30 horas en Verín e o segundo será ao día seguinte en Salvaterra do Miño ás 19:00 horas. Os dous encontros poderán verse a través de Teledeporte e RTVE Play.

A selección española volta a Galicia casi catro anos despois. A última vez que xogou en Galicia fora en decembro de 2019, cando España xogara contra Xapón en Pontevedra e Burela, con vitorias por 8-0 e 4-2.

Os dous partidos foron presentados esta mañá nos dous Concellos contando coa presenza da alcaldesa de Salvaterra e do alcalde de Verín, ademáis da seleccionadora nacional, Claudia Pons, do presidente do Comité Nacional de Fútbol Sala, José Miguel Monje, e do presidente da Comité Galego de Fútbol Sala, Pablo Prieto.

Catro galegas na convocatoria

A seleccionadora absoluta de fútbol sala, Clàudia Pons, fixo oficial a convocatoria para os encontros amigables fronte a Portugal que se disputarán os días 7 e 8 de novembro en Verín (Ourense) e Salvaterra de Miño (Pontevedra), respectivamente. Serán os primeiros encontros do combinado nacional absoluto tras proclamarse campión de Europa o pasado mes de marzo.

As xogadoras concentraranse o domingo 5 de novembro e realizarán tres sesións de adestramento en Verín antes dos encontros.

España xogará este dobre amigable en Galicia con catro xogadoras galegas na convocatoria:

• Silvia Aguete (MCD Torreblanca Melilla)
• Ale de Paz (Poio Pescamar)
• Luci Gómez (AE Les Corts UBAE)
• Vane Sotelo (Arriva AD Alcorcón)

Concello e Xunta reúnense para tratar os problemas dos centros de ensino de Redondela

0

A alcaldesa de Redondela, Digna Rivas, e o concelleiro de Ensino, Iván Valles, reuniranse hoxe xoves, 2 de novembro, co responsable da Xefatura Territorial de Ensino de Pontevedra, César Pérez Ares, e co director xeral de Mobilidade da Xunta de Galicia, Ignacio Maestro Saavedra. A xuntanza, que se celebrará en Pontevedra, ten por obxectivo tratar diferentes problemáticas dos centros de ensino público de Redondela “tanto no que se refire ás necesidades do alumnado, como aos problemas estruturais dalgúns edificios e ás deficiencias no trasporte escolar”, sinala a alcaldesa Digna Rivas.

Deficiencias no transporte escolar

A necesidade de solventar as deficiencias do transporte escolar nos centros de ensino de Redondela será outra das demanda que Rivas e Valles lle exporán ao director xeral de Mobilidade, Maestro Saavedra. Os responsables municipais lembran que desde o comezo do curso “o alumnado dos institutos está a sufrir as carencias do transporte escolar, especialmente o das parroquias de Reboreda, Portocabeiro, Vilar de Infesta, Cesantes, Quintela e Cedeira. A alcaldesa e o concelleiro, que xa mantiveron xuntanzas coas ANPAS dos centros afectados, sinalan que o servizo “non conta con prazas suficientes para facer o percorrido entre os domicilios do alumnado e o IES que lles corresponde”. Os responsables municipais lamentan que os estudantes de ensino non obligatorio (tanto Infantil como Bacharelato) e ciclos de FP dos institutos Pedro Floriani e Mendiño non teñan dereito ao transporte escolar, segundo recolle a normativa da Consellería de Educación. Digna Rivas entende que Xunta de Galicia non garante a igualdade de oportunidades da mocidade de Redondela “ao discriminar ao alumnado que vive nas parroquias e que tampouco conta cun transporte público alternativo para desprazarse ao instituto”.

O concelleiro de Ensino, Iván Valles, trasladaralles aos responsables autonómicos a preocupación do Concello polo caso do CEIP de Reboreda, onde unha das aulas de primaria presenta a ratio máxima de alumnos “coa particularidade de que cando menos catro deles teñen necesidades educativas especiais”. Valles advirte da necesidade de desdobrar esta aula, tal como reclaman tamén as familias e o profesorado “para garantir que todo o alumnado conte coa atención educativa que merece”.

Outro dos problemas dos centros de ensino de Redondela, derivado da antigüidade que presentan moitos deles, son as deficiencias estruturais dalgúns edificios. Valles sinala que, malia que o mantemento dos colexios é competencia municipal “o Concello non pode facerse cargo de danos que afectan a algúns edificios que teñen máis de 30 anos e que precisan melloras que van máis aló de simples reparacións de mantemento”. Sinala o caso de fiestras en mal estado ou os alicatados dos aseos “que corren risco de desprendemento”.

Nigrán aproba os plegos da licitación da recollida de lixo cunha vixencia de 10 anos

0

O goberno de Nigrán aprobou no Pleno ordinario os plegos que rexerán a vindeira contratación do servizo de recollida de residuos, limpeza viaria e praias do municipio. A cuestión, que contou co voto en contra do PP e abstención do BNG, outorga luz verde a súa publicación no perfil do contratante e no Diario Oficial da Unión Europea. Tras case 3 anos prorrogado a Cespa-Precero, o contrato pasarán dunha concesión de 16 anos por 26 millóns de euros a unha adxudicación de servizo con valor máximo de 32,9 millóns de euros e 10 anos de duración sen dereito a prórroga.

“Estos son os mellores plegos que podíamos traer, elaborados exclusivamente por técnicos e con criterios, polo tanto, técnicos, co único obxectivo de prestar o mellor servizo á cidadanía”, explicou o alcalde, Juan González, quen, ante a petición do BNG de “darlle unha volta” e presentalos máis adiante para evitar reparos de Intervención, animou a facer “alegacións construtivas”. “As alegacións que contribúan a mellorar o servizo sen dúbida que serán aceptadas, non así as alegacións políticas que só busquen retrasar o procedemento”, engadíu o rexedor sobre o que será o contrato con maior dotación económica na Historia do Concello de Nigrán. Entre as novidades fronte o actual servizo, prorrogado a Precero, inclúe brigadas exclusivas de limpeza viaria, selección de orgánica ou o sistema electrónico de recollida intelixente. “Traballamos para ter unha redacción absolutamente minuciosa das bases. Este non é un plego que se elabore nuns meses”, engade sobre este contrato “innovador e moi aberto”, e que, polo tanto, “non quedará obsoleto en 4 anos porque ten visión de futuro”. “A esixencia á empresa é moi alta pero tamén lle outorgamos libertade para que cumpra do xeito que ela crea convinte coa calidade que se lle pide, xa non é unha subasta dun servizo, vai máis alá diso”, incide. De feito, na adxudicación puntuará un 55% a mellor oferta económica e un 45% a mellor proposta técnica, estimándose que o concurso quede resolto a mediados de 2024.

Exposición pública do PXOM

Igualmente, o goberno de Nigrán rexeitou a proposta do BNG (secundada tamén polo PP) de abrir a un novo periodo exposición pública o PXOM “porque conlevaría un retraso doutros 10 anos para a súa aprobación”. Neste sentido, o rexedor criticou e lamentou a intención da oposición de retrasar por todos os medios a aprobación do documento “co único fin de que non sexa este goberno o que aprobe o Plan Xeral por ser algo crucial para a veciñanza”. O documento foi aprobado inicialmente o 14 de Xuño de 2013 e estivo en periodo de exposición pública 2 meses a partires do 3 de Xullo de 2013, ampliándose finalmente este prazo ata o 13 de octubre de 2013. “Tiveron que pasar 10 anos para, unha vez respondidas todas as alegacións e realizadas as correccións pertinentes, acadásemos todos os informes sectoriais favorables, sendo o último o da Axencia Galega de Infraestruturas o 26 de febreiro deste ano”, explicou o alcalde. “Estamos ás portas de aprobar o Plan Xeral, non podemos seguir máis cunhas normas que datan de 1991, a aprobación do PXOM é urxente. Un novo periodo de exposición pública tradúcese en máis alegacións e agardar polas respostas da Xunta e demáis administracións, está claro que sempre haberá persoas que non estean conformes porque queren que o seu terreo sexa edificable, pero aí xa non podemos entrar, este é un documento urbanístico para o conxunto do municipio”, considera González, quen critica que a oposición califique ao goberno de “oscurantista” tras telo exposto parroquia a parroquia os pasados meses, estar pendurado na web e nas asociacións veciñais e abrir polas tardes o departamento de Urbanismo con máis de 400 consultas atendidas a particulares. Igualmente, o alcalde avanza que se está ultimando a convocatoria dun Consello Sectorial ao respecto para o mes de Novembro, pendente só de rematar a actualización do listado das asociacións participantes ao ter desaparecido moitas delas ou teren modificado os seus datos.

“Cada veciño coñece perfectamente a súa situación. O BNG di sen criterio algún que abrir a exposición pública o PXOM un mes retrasa o procedemento un mes… pois ben, non é certo, ao pasado me remito e, en todo caso, non dependería do Concello porque ás alegacións as responden as outras administracións e xa vimos que se demoraron 10 anos”, finaliza.

Outubro bate récord de visitas ao Museo Arabo

0

Para Arbo, o ano 2023 esta sendo un gran ano. 2023 comezaba en FITUR coa entrega do distintivo á Festa da Lamprea como “Festa de Interese Turístico Internacional”, que recoñece a antigüidade (é a máis lonxeva de Galicia), singularidade, vinculación, valor gastronómico e cultural desta festa.

Febreiro, Arbo e Sainte-Terre (Francia) estreitaban lazos asinando o acordo previo para o irmandamento, co propósito de profundar os lazos de amizade, colaboración e cooperación que lles unen.

Cume da tempada “lampreeira”, en abril, Arbo celebraba a sesenta e tres edición da Festa dá Lamprea cun “cheo absoluto” e “record de visitantes durante os tres días”. Tamén agosto e a “Festa da Lamprea Seca”, pechaba o verán con marca historica, superando a venda da lamprea seca e a asistencia de publico, o que consolidada a Arbo como “a Capital Mundial da Lamprea, corazón dos viños Condado e Albariño”

Revisado datos, demóstrase que Arbo é un reclamo turístico, un total de 550 persoas pasaron polo Museo Arabo e por Arbo só no mes de outubro, para coñecer os costumes, o patrimonio, o Museo, a Lamprea e os viños das adegas de Arbo.

Segundo informa o alcalde, Horacio Gil, “o numero de visitantes superou todas as previsións, desde o goberno arbense valoramos que el éxito de turistas veu pola promoción que leva feito desde o Consistorio nos últimos anos e a variedade de actividades que se realizan ao longo do ano, fomentando o turismo a Arbo durante os 12 meses do ano”.

E segundo a páxina foro-cidade, en agosto de 2023 o numero de turistas que visitaron Arbo foi de 6.930 un 58,4% máis que en agosto de 2022, sendo o total 23.796 os que escolleron Arbo desde Xaneiro a Agosto de 2023 para pasar as súas vacacións, un 20,1% máis que no mesmo período de 2022,o total de turistas de orixe nacional foi de 6.248 (-0,6%) e os de orixe internacional 17.548 (+29,7%).

Desde o Concello, están centrados en novos proxectos para a promoción de Arbo e os seus recursos turísticos de cara ao ano que vén, informa o rexedor da vila, “se para Arbo, o ano 2023 foi un gran ano con moitos acontecementos importantes e que nos sitúan no “Mapa”, o 2024, esperamos siga recompensando o traballo que estamos a realizar desde o Consistorio en Turismo e Promoción e sigamos recibindo os recoñecementos que os veciños e veciñas de Arbo, merécense”, remata Horacio Gil.

De Arbo atrae todo, os seus costumes, os prados verdes, as carballeiras, as montañas, as festas tradicionais como a de San Fins, os carreiros a beira do Miño e Deva, o seu patrimonio, as “pesqueiras”, a pesca da Lamprea, O Museo Arabo, a hostalería, as adegas e mesmo as historias vinculadas á lamprea e aos pescadores…

O alcalde Horacio Gil, manifesta que “recomendar Arbo non é recomendar unha viaxe máis, é recomendar unha viaxe ao reencontro con sensacións inesquecibles que pasan por atoparse a un mesmo e as súas orixes. A hostería de Arbo trata ao viaxeiro como o familiar que volve a casa, non existen turistas, senón amigos que comen na nosa mesa e aos que damos o mellor que temos.”

Mos regula o horario para depositar o lixo nos colectores

0

O Pleno da Corporación Municipal do Concello de Mos aprobou, coa maioría dos votos a favor, a modificación da Ordenanza municipal de Medio Ambiente que regulará durante os meses de xuño a setembro o horario para desbotar o lixo nos colectores, evitando así os malos cheiros nos mesmos.

A medida proposta desde a concellería de Medio Ambiente foi apoiada polos votos favorables do grupo de goberno e polo PSOE, e obtivo os votos en contra do BNG.

A concelleira de Medio Ambiente mosense, Laura Méndez, explicou que esta modificación da Ordenanza de Medio Ambiente en materia de recollida de lixo pretende regular o horario do depósito de desperdicios nos contedores por parte da veciñanza, en aras de evitar acumulación e xeración de malos olores. A regulación establecerase tan só nos meses estivais e/ou de máis altas temperaturas, de xuño a setembro (ambos incluídos), durante os que o lixo dos contedores deberá desbotarse en horario de 20.00 horas da tarde a 05.00 horas da mañá.

Así mesmo a edil Méndez Senlle informou de que serán emitidos bandos que informen en detalle da medida, coas puntualizacións necesarias e concretas en función das zonas; pois nas zonas urbanas o servizo de recollida pasa 6 dos 7 días da semana, e nas rurais, 3 días á semana. En cada parroquia informarase dos días de recollida, para que a veciñanza deposite a basura o día anterior a que pase o camión do servizo municipal de recollida de lixo.

Nos bandos estableceranse e especificaranse tamén os contedores aos que afectará a regulación horaria, prevista en principio para os verdes de fracción resto e marróns de fracción orgánica, que son os que producen cheiros, non afectando aos colectores de reciclaxe: azul de papel e cartón, amarelo de envases nin verde de vidro.

Aberto o prazo de solicitude de axudas ás persoas afectadas polo incendio dos seus vehículos en Tui

0

Onte, día 1 de novembro, abriu o prazo para que as persoas afectadas polo incendio dos seus vehículos o pasado 20 de marzo poidan solicitar as axudas básicas de emerxencia establecidas polo Concello de Tui.

O martes, 31 de outubro, viu publicado no BOPPO o extracto das bases desta convocatoria, e as bases completas pódense consultar tanto na web municipal tui.gal coma na sede electrónica. O prazo para presentar a solicitude xunto coa documentación requirida é de 30 días naturais contados a partir do 1 de novembro.

Nova entrega teatral na Guarda este sábado coa obra “As Alumnas”

0

O ciclo Outono Teatral continua esta semana na Guarda coa representación de “As Alumnas”, unha obra que recupera a historia de María Barbeito (A Coruña, 1880-1970, destacada mestra, pedagoga e escritora e unha das figuras femininas de máis destaque na Galicia urbana do primeiro tercio do século XX. Renovadora e impulsora  de novas consideracións pedagóxicas e sociais na escola, María Barbeito mantivo unha forte implicación ideolóxica cara a ideas progresistas que lle levaron trala Guerra Civil a ser apartada do eido educativo.

Na obra que veremos este sábado, ás 20.30 horas, no Centro Cultural, dúas antiguas alumnas de María Barbeito atópanse tralo seu falecemento en 1971 lembrando a súa infancia e a súa educación con ela. Tras ter sido afastada da docencia polo Comité de Depuración, Elvira e Rosa son as dúas únicas alumnas que lle escribiron cartas contándolle o que foi das súas vidas. A través desas cartas, e da reconstrución daqueles tempos nos que eran as mellores amigas, iremos descubrindo como as decisións marcan o destino de cadaquén, o medo, e a rebeldía.  Ademáis deste percorrido íntimo, os temas centrais da obra son a memoria histórica, a educación  e o retroceso que esta sufriu nos anos posteriores á Guerra Civil, así como os cambios sociais vividos naqueles anos de xuventude das protagonistas.

As Alumnas vén de recibir recentemente o Premio Nacional de Literatura Dramática, para a súa autora, Paula Carballeira, unha das mais prolíficas narradoras e escritoras teatrais galegas. Conta na dirección con Fina Calleja e con Mónica Camaño e Anabel Gago como reparto.

Esta representación, xunto coa próxima entrega de teatro para público adulto, “Iphixenia na porta do súper” do día 25 de novembro forman parte das actividades de concienciación sobre a muller e a violencia machista e foron organizadas conxuntamente dende o Departamento de Cultura e o Centro de Información á muller da Guarda. E contan co financiamento da Deputación de Pontevedra a través do Plan Concellos 2023,  así como do Pacto de Estado contra a violencia de xénero.

Salceda volve encherse de pinchos co seu concurso

A veciñanza de Salceda e arredores está convidada ao Concurso de Pinchos, que regresa nunha terceira edición que se desenvolverá os días 3, 4, 10 e 11 de novembro coa participación de 11 establecementos de hostalería do Concello.

O evento, organizado pola Concellaría de Comercio que dirixe Selene González, permitirá que a veciñanza proclame cos seus votos “O Mellor Pincho de Salceda de Caselas 2023”, con galardóns para os dous mellores pinchos. As votacións serán realizadas no mesmo establecemento a través da correspondente tarxeta unha vez degustado o petisco. Cada persoa poderá emitir un único voto, cunha puntuación de 0 a 5.

Os pinchos poderán adquirirse por un prezo fixo de 2,50 euros, podendo degustarse entre as 20:00 e as 23:00 horas (ata esgotar existencias). E tamén as persoas participantes poderán optar a un total de 700€ en vales de compra, que servirán ademáis para apoiar ao comercio local. O Concello conta tamén coa colaboración da Asociación de Comerciantes e Industriais de Salceda (ACISA) para levar a cabo evento.

Os establecementos participantes son os seguintes:

  1. Cafetería Altamira: Garavanzos mariñeiros
  2. Bar Caselas: Pincho Caselas, O Espeto
  3. Bodeguilla Z9: PanZeta9
  4. Qué Chocolate: Pincholate
  5. Pub La Parchita: El Parchito
  6. Hamburguesería Lajala: Xenérico
  7. La Maldita: Maldita Gourmet
  8. Cafetería Enjoy: Potaxe
  9. A Calustra: Foliada
  10. Charango Café: Fajita Charango
  11. Arruda Coffee Bar: Tosta Arruda

A concelleira de Comercio, Selene González sinalou o seguinte “presentamos esta edición do
concurso de pinchos como resultado dun traballo feito en coordinación coa hostalería de
Salceda, convencidas de que será un éxito”.

Loli Castiñeira finalizou indicando que convídase “a toda a nosa veciñanza a gozar co mellor da nosa hostalería. Hoxe toca agradecer o traballo e adicación da concelleira de comercio, Selene González, que sen case experiencia previa conseguiu botar a andar esta iniciativa, sempre da man do sector hostaleiro. Quédannos dúas fin de semana de gastronomía e diversión que estamos seguras de que non vai defraudar”.

O Concello de Tui apoia aos deportistas internacionais coa convocatoria de bolsas anuais

0

O Concello de Tui amosa anualmente o seu apoio á práctica deportiva de alto nivel coa convocatoria de bolsas dirixidas aos e ás deportistas que neste ano teñen participado en competicións federadas de ámbito internacional. O luns, 30 de outubro, publicouse no BOPPO o extracto das bases reguladoras para a concesión destas bolsas.

O Concello de Tui segue destinando unha partida de 10.000 € a esta finalidade, co obxectivo de facilitar a estes e estas deportistas a práctica deportiva e a súa participación nas competicións internacionais. Deste xeito valórase a súa especial dedicación ao deporte e, á súa vez, á difusión que realizan da Cidade de Tui naqueles eventos deportivos de carácter internacional.

Os deportistas tudenses terán un prazo de dez días hábiles, contados a partir do 31 de outubro, para presentar a solicitude e a documentación indicada nas bases, a través de sede electrónica do Concello de Tui.

No ano 2022 foron once os deportistas tudenses que obtiveron as bolsas, as padeeiras Lara Feijóo, Cristina Soutelo e Lucía Soutelo, os padeeiros Iván Alonso, Pedro Vázquez, Sebastián Delgado, Matías Valentín Otero e Manuel Garrido, a remeira Carlota González, o remeiro Jesús González e o judoca Avelino Martínez.

Un Programa Integrado de Emprego de COGAMI remata coa inserción do 74 % de participantes

A Confederación Galega de Persoas con Discapacidade (COGAMI) remata o Programa Intregrado de Emprego que desenvolveu nas oficinas que ten nas cidades de A Coruña, Ferrol, Lugo, Ourense, Santiago e Vigo, co fin de impulsar as condicións da empregabilidade das persoas con certificado de discapacidade e incapacidade laboral para profesión habitual, ademais de favorecer e mellorar as súas condicións laborais.

O programa chega ao seu fin despois de que un equipo técnico formado por seis profesionais de inserción laboral atendera durante este ano a 131 persoas, 76 homes e 55 mulleres, todas apuntadas na base de datos da área de Emprego de COGAMI.  Por concellos, formaron parte do programa as seguintes persoas, a metade destas procedendo de municipios de ámbito rural:

  • A Coruña (16) Betanzos (2) Sada (1), Arteixo (3), Culleredo (1) e Cambre (3).
  • Ferrol (8), Narón (8), Neda (2), Fene (2), Pontedeume (1) e Valdoviño (1).
  • Santiago (17), Ordes (2), Melide (1) e Negreira (1).
  • Monforte de Lemos (5), Sarria (3), Palas de Rei (1), Begonte (1), Meira (1), Burela (2) e Viveiro (1).
  • Ourense (11), O Barco de Valdeorras (10), Cartelle (1), A Rúa (1), Barbadás (1) e San Cibrao (1).
  • Vigo (11), A Guarda (2), Tui (1), Tomiño (1), Gondomar (1), Nigrán (2), Baiona (1), Pazos de Borbén (1) e O Porriño (2).

O Programa Integrado leva parello un compromiso de inserción por conta allea ou propia, como mínimo, do 35 % das persoas participantes. COGAMI superou dito compromiso logrando a inserción laboral do 74 % das persoas que entraron no mes de xaneiro no programa. Por oficina, neste recadro poden verse as insercións laborais acadadas:

OficinaParticipantes programaPersoas traballando% insercións 
A Coruña262180,8 % 
Ferrol221672,7 % 
Lugo15960,0 % 
Ourense251872,0 %
Santiago211361,9 %
Vigo222090,9 %
   Total Galicia1319774,0 %
 

COGAMI desenvolveu o programa Integrado a través dun convenio entre a Consellería de Promoción do Emprego e Igualdade e Cermi Galicia, entidade da que forma parte COGAMI, para o fomento da empregabilidade das persoas con discapacidade en Galicia a través dos fondos da Unión Europea Next Generation EU vinculados ao Mecanismo de Recuperación e Resiliencia (MRR), de apoio ao investimento para lograr unha recuperación sostible, dinámica e resiliente do mercado de traballo.

O proxecto conta cunha serie de accións que inician nunha entrevista personalizada para establecer a diagnose sobre a empregabilidade da persoa, para trazar un itinerario profesional personalizado. Nesta entrevista, a profesional de inserción laboral coñecerá as capacidades e aspectos a traballar para cando a persoa afronte un posto de traballo.

A formación é unha das apostas para acadar melloras de inserción. Os cursos impartidos neste programa trataron temáticas como: auxiliar de almacén e manexo de carretilla, comercio, atención ao cliente, auxiliar de servizos e manipulador de alimentos. En total impartíronse 327 horas en formación nas que se formaron 83 persoas.

Co fin de que a persoa medre tanto persoal como profesionalmente, o programa integra accións complementarias como información, orientación e asesoramento, formación e prácticas laborais, técnicas de motivación para a busca de emprego, obradoiros para afrontar unha entrevista de traballo ou sobre competencias dixitais e manexo das TIC, ademais de intermediación laboral e prospección de empresas.

O Clúster Turismo de Galicia celebra unhas mesas de traballo en Baiona

0

O Clúster Turismo de Galicia celebrou unha mesas de traballo en Baiona, concretamente, no Multiusos Mercado de Sabarís, para elaborar un diagnóstico do sector, coñecendo de primeira man as súas necesidades e demandas do sector na vila. A información recompilada servirá para elaborar un informe que servirá de base para deseñar a planificación turística de Galicia dos próximos anos.

A iniciativa, froito da colaboración entre a Agrupación industrial e a Axencia de Turismo, busca a máxima participación de todos os axentes do ecosistema turístico. Por eso, en paralelo á convocatoria das mesas de traballo, lanzouse un cuestionario online para dar cabida a todos os profesionais deste ámbito que queiran participar.

O obxectivo é “recoller información sobre a diversidade de perspectivas e desafíos do noso sector para coñecer de primeira man a que enfróntase o noso turismo xunto co das diferentes zonas da comunidade”, sinala o Alcalde de Baiona, Jesús Vázquez Almuiña.

A Concellería de Turismo de Baiona participou activamente nesta mesa de traballo encabezada pola Concelleira, Sheila González Martíns, xunto con distintos  axentes públicos e privados do sector de Baiona. Alí expuxeron as necesidades e retos para os próximos anos do turismo baionés. Tamén ha participo na mesa o Concelleiro de Mar e de Actividades Marítimas, Joaquín López Goce.

Ademais, en colaboración coas tres universidades galegas, elaborarase un informe científico sobre a oferta, a demanda e a cadea de valor do sector turístico en Galicia, analizando pormenorizadamente os recursos que constitúen parte da súa oferta diferencial.

Turismo de Galicia e o Clúster de Turismo buscan con este estudo coñecer a foto actual do sector nun momento marcado polos cambios nos hábitos dos turistas, con tendencias marcadas pola sustentabilidade e a dixitalización, e o Concello de Baiona estará representado con toda a información e a achega do sector turístico baionés participante nesta interesante mesa de traballo celebrada na vila.

Moción conxunta de apoio aos traballadores de Faurecia

0

O Pleno de Mos aprobou onte por unanimidade a moción conxunta de toda a Corporación Municipal de apoio a Madera Fiber Technologies (antiga Faurecia Interior System) ante a presenza, no Pazo de Mos, dun grupo de traballadores afectados que, a través dunha representante dos mesmos, Marta Méndez Senlle, fixo lectura da devandita moción que se someteu a votación.

Dende o comité de empresa de Madera Fiber Technologies Porriño púxose en coñecemento da Inspección de Traballo a cesión ilegal dos seus postos de traballo, sinalando que Faurecia segue a ser o seu cliente principal, e que polo tanto os máis de 100 postos de traballo cedidos de Faurecia Interior Systems de O Porriño (agora Maderas Fiber Technologies) a un fondo voitre fíxose de forma fraudulenta, feito xa constatado pola propia Inspección de Traballo, que indica que existe unha posible cesión ilegal deses postos de traballo, e así se transmite ao Xulgado do Social nº 7 de Vigo.

Ademais no concello de Mos hai 6 familias veciñas afectadas por esta situación, ademais dos empregos indirectos (por exemplo limpadoras de FADEMGA, centro das Escravas da Virxe Dolorosa) que ven como dun xeito tan sinxelo se pode desmantelar unha unidade produtiva deixando sen expectativas a moitas familias.

É por elo que dende o comité de empresa solicitaron implicación das distintas administracións públicas, entre elas a administración local mosense, para tentar darlle viabilidade á empresa e darlle continuidade aos seus postos de traballo. Así foi como se decidiu presentar a moción conxunta da Corporación Municipal mediante a que se aprobou por unanimidade a adopción dos seguintes acordos:

1. Apoio ás familias afectadas por esta situación, concretamente ás familias veciñas deste Concello.

2. Instar á Xunta da Galicia, Consellería de Economía, Industria e Innovación, IGAPE, e todas as administracións que dalgún xeito poidan mediar neste conflito, para poder buscar unha solución que pase por manter os postos de traballo.

3. Buscar inversores que intercedan para poder darlle viabilidade a unidade produtiva do Porriño.

A alcaldesa, Nidia Arévalo, xa se reunira a principios deste mes co Comité de Empresa e e adquirira o compromiso de intermediar ante as administracións supramunicipais para poñer en marcha todos os instrumentos posibles que permitan manter os devanditos postos de traballo.

Arévalo, na xuntanza celebrada o pasado día 4 do presente no salón de sesións do Concello, co Comité de Empresa de Madera Fiber Technologies ex Faurecia Interior Systems, xa lles manifestara o total apoio da administración local mosense na problemática laboral que comezou no 2021 e vénse agravando desde principios do presente ano 2023.

O Comité de Empresa reuniuse xa tamén coa conselleira de Economía, Industria e Innovación, María Jesús Lorenzana.

A situación de Faurecia Porriño pon en perigo centos de empregos na comarca e, entre eles, moitos traballadores e traballadoras veciños do Concello de Mos.

En xullo do ano 2021 o Grupo Faurecia comunica ao Comité de Empresa a venta da unidade produtiva ao grupo Callista Private Equity, venta que culminou coa toma do control da fábrica de Faurecia Porriño por parte dos novos propietarios o 1 de xaneiro de 2022. Os representantes do Comité de Empresa declaran a este respecto que “a realidade que puidemos comprobar foi que nunca tiveron un plan industrial nin investiron nada para telo, senón todo o contrario, adicáronse a descapitalizar a planta, chegando incluso a vender os terreos”.

En febreiro de 2023 Callista Private Equity abandona a antiga planta de Faurecia Porriño cedendo os activos a unha empresa Rumana xestionada polo Sr. Rüdiger Wisser, que deixa claro dende o primeiro momento que non vai investir nin ten interese en xestionar a actividade, -segundo explican os traballadores- e o pasado xoves día 14 de setembro se anuncia aos traballadores por parte dos seus avogados, que se acababa de presentar un concurso de acredores.

Así, o Comité de Empresa lamenta que “nesta trama non podemos perder de vista que o principal cliente foi e segue a ser Faurecia, precisamente o que iniciou este proceso que vai deixar a máis de 100 familias sen emprego. Trátase dunha manobra na que unha multinacional pode pechar un centro de traballo dunha forma sinxela, para evadir desprestixio e responsabilidades económicas, e se o fai FAURECIA – FORVIA o poderá facer calquera auxiliar da automoción que pertenza a unha gran multinacional”.

O Comité de Empresa de Faurecia xa mantivo no pasado reunións co IGAPE e coa Inspección de Traballo para alertar da situación que se estaba a producir.

Desde Mos tentarase agora poñer en marcha todos os instrumentos posibles que teña a administración para buscar uns inversores serios, e poder manter os postos de traballo. Mediación neste conflito laboral, imprescindible para poder atopar unha solución para manter oa máis de 100 postos de traballo que están en xogo e en risco.

A Deputación construirá un ximnasio no pavillón municipal de Covelo

0

O presidente da Deputación de Pontevedra, Luis López; e o alcalde de Covelo, Juan Pablo Castillo, asinaron este martes un convenio de colaboración enmarcado no Programa Provincial de Infraestruturas e Dotacións Singulares para a Execución da Axenda 2030 (PON2030) a través do cal o goberno provincial financiará con 369.750 euros, o 85 % do orzamento, as obras de construción e acondicionamento dun ximnasio no pavillón municipal. O Concello, pola súa banda, achegará o 15 % restante (65.250 euros).

A obra, valorada nun total de 435.000 euros, consistirá no acondicionamento dos locais existentes na planta baixa do pavillón municipal para convertelos en salas de ximnasio, baile ou reunión. Os traballos afectarán a unha superficie total de 283 metros cadrados nos que se crearán dous novos accesos desde a rúa. A distribución interior deste ximnasio constará dun vestíbulo de 43 metros cadrados, unha sala polivalente de 85,58 metros cadrados e unha sala de ximnasio completamente equipada de 96,99 metros cadrados. Ademais, construiranse tres aseos. As obras deberán estar rematadas antes do 30 de abril de 2025.

Este convenio subscríbese coas modificacións das bases do programa PON2030 aprobadas polo goberno da Deputación xa en vigor. Uns cambios que fan compatible a achega da Deputación con subvencións doutras administracións, que servirían para reducir o máximo posible a aportación municipal. Este tipo de acordos de colaboración son de gran importancia para concellos como o de Covelo, pois contribúen a mellorar os servizos á veciñanza no rural e, en consecuencia, a fixar poboación.

O Grupo San Roquiño estrea no auditorio a súa última longametraxe, ‘Goián vaciado’

0

Tomiño está de estrea esta fin de semana. O Grupo San Roquiño proxecta por primeira vez a súa última longametraxe, ‘Goián vaciado’, unha historia na que a veciñanza interpreta aos personaxes máis variadas para pasar unha tarde cargada de risas, humor e sátira.

A trama da película xira arredor da crecente despoboación de Goián. Cada vez nacen menos bebés, cada vez queda menos xente… e as e os protagonistas idean hilarantes formas de atraer a máis veciños e veciñas a vivir as súas rúas. A longametraxe recolle dous anos e medio de traballo entre guión, gravación, edición e moitas risas e compañeirismo entre todas e todos os participantes.

Con música do compositor Andrés Álvarez, neste novo filme participan coma sempre máis dun cento de veciños e veciñas, cunha morea de cameos, como o da alcaldesa de Tomiño, Sandra González. A película foi feita coa colaboración da Comunidade de Montes de Goián, da Comisión de Festas da Virxe dos Remedios e San Cristovo, do Concello de Tomiño e coa predisposición e axuda de numerosas persoas que cederon espazos e material necesarios para a gravación.

O estreo contará cunha alfombra vermella pola que desfilarán actores, actrices e equipo técnico, así como todo o público que se achegue a desfrutar dunha fin de semana chea de risas para rematar o Mes do Humor.

A película poderá verse no auditorio de Goián este sábado 2 de novembro cun pase ás 18.00 e outro ás 22.00 horas e o domingo 3 con sesión ás 17.00 e ás 21.00 horas. O prezo da entrada será un quilo de alimentos non perecedoiros que se doarán á entidade SOS Tomiño, que traballa coas familias máis desfavorecidas da comarca.

As Neves mellorará o seu mercado municipal con axuda da Xunta

0

O delegado territorial da Xunta en Pontevedra, Agustín Reguera, visitou esta mañá o mercado Municipal das Neves, onde a administración autonómica está a investir máis de 40.000 euros como parte das axudas para o impulso dunha rede de mercados excelentes de Galicia e a dinamización e rehabilitación das prazas de Abastos.

Esta axuda fai parte dos máis de 336.000 euros que se investiron na área territorial de Pontevedra e que están a permitir mellorar o funcionamento e as infraestruturas de preto de 15 mercados de excelencia. 

Grazas a este aporte o mercado está a realizar varias actuacións que reverten directamente a favor da súa imaxe e produtividade. Entre elas, o Mercado das Neves conta agora coa imaxe das súas dez peixerías totalmente unificada, con rótulos e serigrafías semellantes. Ademais, o mercado mellorará a súa iluminación, substituirá a súa porta de acceso e ofrecerá formacións aos praceiros.

Cabe destacar que estas actuacións están a ser desenvolvidas cunha primeira entrega do orzamento de preto de 17.000 euros. Sendo que no ano 2024 se utilizará o importe restante para a reparación das fachadas, a mellora dos accesos ás peixerías e a mellora das escadas de acceso.

Reguera aproveitou a visita para destacar o importante papel que seguen tendo os mercados e prazas de abastos de toda Galicia e asegurou que “están a facer un gran esforzo por actualizar os seus servizos e resultar atractivos ás novas xeracións”, algo no que a Xunta espera “seguir colaborando”. Ademais, destacou a “gran calidade” dos produtos que se atopan nos mercados e que son na súa maioría “produtos de proximidade, frescos e da nosa terra”.  

A ruta de petiscos e tapas “D-Gusta Porriño” regresa con 37 propostas

O Porriño presentou hoxe unha nova edición da súa ruta de petiscos e tapas D-Gusta Porriño.

Organizada pola Asociación de Hostaleiros do Porriño (Ahospor) en colaboración co Concello “D-Gusta Porriño” suma nesta segunda edición 37 locais participantes, que ofrecerán as súas creacións culinarias ao prezo simbólico de 1 euro os venres e sábados do mes de novembro de 19 a 23 h.

O presidente de Ahospor, José Manuel Fernández, lembrou que ademais de poder degustar as delicias que propón a hostalería local “todas as persoas que pidan a súa tapa poderán participar no sorteo dun bono de 500 euros e dez de 50 euros para gastar nos bares, restaurantes e comercios do Porriño”. Para iso, como cada ano, deberán completar os catro selos que poden obter consumindo os petiscos dos establecementos incluídos na ruta.

“No Porriño xa é imposible pensar no mes de novembro sen os pinchos dos hostaleiros e as quedadas con amigos para facer a ruta. Cada vez máis xente ven disfrutar dos eventos que se celebran na nosa vila e o D-Gusta Porriño é, sen dúbida, un dos que mellor acollida ten.  Porque é máis que unha degustación gastronómica, é tamén a oportunidade de disfrutar xuntos á vez que contribuímos a revitalizar a nosa vila e a nosa economía”, apuntou o alcalde Alejandro Lorenzo.

O rexedor aproveitou para agradecer públicamente á hostalería local “o seu dinamismo, a súa iniciativa e a súa man tendida sempre para participar das actividades que se propoñen dende o Concello. Sempre dispostos a sumar para facer pobo”.

Nigrán ofrece unha excursión de maiores a Camariñas

0

O Concello de Nigrán, dentro do seu programa de turismo social para a veciñanza da terceira idade, abre a inscrición este xoves 2 de novembro de 9:00 a 12:00 no Pavillón Municipal de Panxón para participar o xoves 9 de novembro nunha excursión a Camariñas.

Na mesma, visitarase a ‘casa-museo de Man’ (o alemán de Camelle), Museo do Encaixe e o Museo de Faro Vilán. O prezo, co transporte, comida e entradas incluídas, é de 27 €/persoa. Esta destinado a persoas xubiladas empadroadas en Nigrán e a inscrición será por rigorosa orde de chegada ata esgotarse as 100 prazas dispoñibles.

Espectáculo familiar de teatro, maxia e circo hoxe en Mougás

0

Achégase o Samaín e, con el, algunhas propostas culturais pensadas para toda a familia. O Centro Cultural de Mougás acolle hoxe martes 31 de outubro a obra ‘Heinrich: aprendiz de mago’. Trátatase dun espectáculo infantil da compañía Simplemente Enricco no que o teatro se combina coa maxia e o circo.

A obra comezará ás 17.30 horas e forma parte da iniciativa Tornar ás Táboas, a programación teatral da Deputación de Pontevedra. Ademais, conta coa colaboración do Concello de Oia e a Asociación de Veciños de Mougás.

O protagonista da historia é Heinrich, un mago algo desastroso ao que lle comezarán a acontecer algunhas cousas misteriosas e inexplicables. Impresionantes xogos malabares, arriscados equilibrios e incluso unha estrutura de funambulismo na que Heinrich logrará levitar son algunhas das sorpresas que agocha este orixinal espectáculo.

Continúa o ciclo de conferencias “A Mar de Historias”

0

A Concellería de Cultura do Concello de Baiona continúa coa  V edición do programa divulgativo “A Mar de Historias”: unha serie de conferencias que pretende un formato flexible e aberto ao público nunha cita co autor e o seu relato, contado de forma atractiva e interesante. A flexibilidade céntrase na diversidade de temáticas tratadas: arquitectura, arqueoloxía, historia, turismo mariñeiro…e toda obra cultural relevante para a Vila susceptible de incrementar o coñecemento e aprecio das mesmas.

Estas conferencias celebraranse no no auditorio da Casa dá Navegación, en horario de 20:00 a 21:00 horas, con entrada libre ata completar aforo, e prolongaranse ata o mes de xaneiro de 2024.

Programa de conferencias:

  • 3 de novembro: “O mar, os seus profesionais e a cultura marítima como recurso turístico”.  Pablo Mariño e Severino Casal, Bluscus, turismo mariñeiro
  • 1 de decembro: “Orcas e veleiros”. Alfredo López, Coordinadora para ou Estudo dous Mamíferos Mariños Cemma
  • 12 de xaneiro: “A minería do ouro galaicoromana na Serra da Groba – Argalo”. Gustavo Pascual Hermida. Arqueólogo

Nova exposición de debuxos de David Pérez Rego na Casa do Concello da Guarda

0

Este mes de novembro, o Concello da Guarda acollerá a exposición “Arquitectura, debuxo e tinta”, do debuxante David Pérez Rego “Cato”.

A mostra exhibirá 30 debuxos orixinais do artista porriñés, cunha obra caracterizada por reproducir ao detalle, con estilógrafo, arquitecturas do patrimonio arquitectónico de Galicia, moitas delas da Guarda.

Nos seus debuxos o autor emprega unha técnica de punteado (stippling) e raiado (crosshatching) minuciosos que lle permite obter imaxes de gran realismo cun estilo moi persoal. Para cada imaxe, composta de milleiros de pequenos trazos, David Pérez emprega ducias de horas de observación, análise e traballo preciso.

Comenta o artista que “fronte á rapidez dunha era vertixinosa, penso que hoxe en día o vangardista reside na lentitude do proceso artístico. Concentrarse nunha execución minuciosa e dilatada no tempo produce tamén outros lazos coa obra, e representa, ademais, unha forma de meditación persoal similar a crear un mandala.”

A exposición estará aberta entre os días 3 e 13 de novembro de 2023 no vestíbulo da Casa do Concello, no seu horario habitual de apertura.

Máis información e contacto da actividade: https://davidperezrego.com/.

Covelo reclama ante a falta de subministro de bombonas de gas nas parroquias

0

Ata dous meses sen subministro de bombona de gas nalgunhas parroquias de Covelo, esta é a situación que viven algúns veciños e veciñas dende que comezou o presente ano 2023. Ante isto, o Concello de Covelo tentou acordar unha solución coa empresa subministradora, GASCÍES S.L. Vigo ao longo das diferentes chamadas e reclamacións enviadas.

“Neste ano 2023 recibimos numerosas queixas dos veciños e veciñas de Covelo de tódalas parroquias referentes á falta da regularidade no subministro das bombonas de gas e propano nos seus domicilios, motivo polo que contactamos en varias ocasións coa empresa”, explica o alcalde, Pablo Castillo.

Sen obter mellora no servizo de reparto que durante meses deixa sen subministro a varios barrios, e a outros tantos asiste de xeito desorganizado e con retraso, o alcalde vén de trasladar á xefatura territorial da Consellería de Economía, Industria e Innovación o seu malestar ante a falta de seriedade da empresa subministradora. No seu escrito relata que a empresa subministradora advirte que deben trasladarse á gasolineira de Paraños para mercar a bombona ante a falta de persoal, “unha resposta que non imos aceptar xa que non é compatible coas condicións sociodemográficas do noso concello con boa parte da veciñanza de idade avanzada e sen recursos para desprazarse que debe afrontar os custos de pagar un taxi para ir a gasolinera a mercar a bombona de gas”.

O Concello de Covelo solicita apoio e a intermediación da Consellería para resolver o problema e recuperar o reparto coa normalidade que se viña dando con anterioridade, cada semana nos lugares con máis poboación e cada quince días no resto dos lugares. O Concello sinala que a maioría dos fogares utilizan a bombona para as cociñas, para a auga quente e para sistemas de calefacción.

Ademais, esta situación prexudica ao sector hostaleiro que tamén se ve na obriga de desprazarse a mercar as bombonas interrompindo así o seu traballo diario.

Esta situación provoca queixas e malestar constante ademais dunha situación de inseguridade e risco de sanción nos desprazamentos ao portar unha mercadoría perigosa. “Pedimos a colaboración de Industria para que a empresa cubra as necesidades da poboación axeitadamente ao ver mermado este servizo básico que é tan preciso para as nosas e os nosos veciños”.

Nigrán engalana os seus cemiterios municipais

0

O Concello de Nigrán mantén xa engalanados con máis de 200 plantas de crisantemos de cores e brezo os seus dous únicos cemiterios municipáis, o de Parada e Nigrán (San Fiz), de cara á festividade de Tódolos Santos. Adicionalmente, hoxe quedará rematada a limpeza especial das lousas do chan. Ambos os dous son os dous únicos camposantos de Nigrán de xestión municipal.

Precisamente, se a climatoloxía o permite, esta noite o grupo local Teatro do Ar ofrecerá unha visita teatralizada ao de San Fiz e mañá ao de Panxón (de propiedade privada), ambos coas prazas xa esgotadas. “O obxectivo é por en valor os camposantos desde o punto de vista patrimonial e que a veciñanza coñeza a nosa Historia a través dos nosos mortos”, resume o rexedor, quen considera que “os dous cemiterios municipais están en perfecto estado durante todo pero en Todos os Santos hai que estar á altura e aumentar ese esforzo porque é cando máis visitas reciben”.

Tui e Valença reivindican a importancia e historia do Camiño Portugués a Santiago

A Eurocidade Tui-Valença reivindica a importancia e a historia do Camiño Portugués a Santiago e vaino facer a próxima semana entre o luns 6 e o sábado 11 de novembro cunha peregrinación até Santiago que estará encabezada polo presidente da Cámara de Valença, José Carpinteira, e polo alcalde de Tui, Enrique Cabaleiro. Na mesma poderán participar amais 32 persoas, 16 persoas de Tui e outras 16 de Valença, que se no caso de Tui se deberán inscribir á maior brevidade na Oficina Municipal de Turismo ou no correo [email protected]. O prezo por participar será de 130 € por persoa incluíndo o aloxamento diario e o autobús de regreso á Eurocidade o sábado. O almorzo, o xantar e a cea correrá por conta de cada participante.

No que levamos deste 2023 un total de 85.839 persoas realizaron o Camiño Portugués sendo os datos da Oficina do Peregrinos da Catedral de Santiago. Deste total máis da metade, 45.857 partiron da Eurocidade Tui-Valença, en concreto 32.005 fixérono de Tui e 13.852 de Valença.

Mos aproba o seu maior orzamento da historia que continúa a facer a inversión máis elevada en gasto social

0

O Pleno do Concello de Mos vén de aprobar por maioría dos seus membros o orzamento municipal para o vindeiro ano 2024. Fíxoo en sesión plenaria ordinaria do mes de outubro celebrada onte no Pazo de Mos.

Unha vez máis, a alcaldesa mosense, Arévalo, aproba o orzamento municipal en tempo en forma, antes do remate do exercizo económico en vigor. Faino por décimo quinta vez consecutiva e cun orzamento, o de 2024, que marcará o inicio desta nova lexislatura.

Nesta ocasión Mos adiántase máis que outros anos na aprobación do orzamento municipal, rematando o documento en outubro. A propia Xunta de Galicia aínda aprobou os seus orzamentos o pasado día 18 e hai varios concellos galegos traballando neles pero sen aprobalos antes do mes de novembro.

Trátase dun orzamento, que se mantén no capítulo de gastos respecto do de 2023 (13 millóns de euros), e crece no capítulo de ingresos ata os 14 millóns pola actualización do IBI, o IAE, a previsión de recadación de 100.000 euros máis no ICIO, a revisión do Padrón das empresas que non estaban dadas de alta, para pasar a cobrarlles a taxa por recollida de lixo, (o que implica tamén unha suba dos ingresos) e actualízase tamén a taxa de cobro por uso da Piscina Municipal que non se actualizaba desde o ano 2014. Tamén se aproba unha taxa municipal polo uso de instalacións municipais, que antes viñan sendo utilizadas de balde por calquera que as solicitase co conseguinte gasto para a administración local; e recupérase o Imposto da Plusvalía.

No caso da actualización do IBI vóltase ao tipo do ano 2020, anterior ao “catastrazo”: 0,54. Baixárase para paliar a afección do “catastrazo” aos contribuíntes mosenses en plena crise da COVID-19. E actualízase agora para evitar ir a unha Ponencia de Valores. O mínimo e o máximo legal do IBI son: mínimo 0,4 e máximo 1,20. Mos co 0,54 atópase na metade.

A actualización do coeficiente do IAE pasando do 2,3 ao 3,3 débese aos maiores gastos que supoñen para o Concello o mantemento destas zonas debido ao maior deterioro que sofren as vías polas actividades económicas que nelas se desenvolven, polas actividades de control de tráfico ou vixianza policial que conlevan e pola maior dotación de servizos que se requiren nalgúns casos, como por exemplo alumeado ou limpeza viaria. Tratábase dunha actualización necesaria porque a actual clasificación está vixente desde 1992. (Desde entón creáronse novas zonas industriais e comerciais que merecen polas súas dotacións ou actividade unha categoría superior ás agora incluídas na primeira categoría). O IAE (Imposto de Actividades Económicas) só o pagan as grandes empresas (as que facturan como mínimo 1 millón de euros), non afecta aos empresarios máis pequenos.

Respecto do investimento en novas obras, a alcaldesa mosense declarou que “anuncio que se iniciará con apoio doutras administracións a senda de Dornelas, Porselo-Brea, (para a que xa está contemplada unha partida para expropiacións de 40.000 euros), a ampliación do Parque da Pesqueira, a nova estrada de San Cosme, saneamentos diversos e mantemento dos novos asfaltados realizados durante a pasada lexislatura e nos que se investiron máis de 2 millóns de euros e nos que faremos un esforzo para manter o asfalto e incluso incluír a construción de novas cunetas.

Tamén levaremos a cabo a 3ª Fase do Paseo do Louro. A mellora de Pereiras, que inclúe a 2ª Fase da Estrada Pereiras-Tameiga e a humanización da contorna da Igrexa de San Miguel. A humanización da contorna da Igrexa de Sanguiñeda para cuxo proxecto contamos con subvención a través do Plan Ágora da Deputación de Pontevedra. O remate da humanización do Alto de Puxeiros, para a que estamos pendentes do peche e traslado do aserradeiro alí existente. E a nova Escola Infantil do Rebullón na que a Xunta investirá case 1 millón de euros e cuxa obra será sacada a licitación neste ano. Tamén no Rebullón en 2024 a Xunta de Galicia destina unha partida en 2024 de 300.000 euros para o Centro de Coidados Intermedios e o novo Centro de Saúde. Importantísimas tamén as novas vivendas de Protección Oficial, VPO, en San Eleuterio; cuxa construción comezará xa en 2024, pero non se contempla en ningunha partida do orzamento municipal porque se financia ao 100% con fondos autonómicos da Xunta de Galicia, así como os Plans Hurbe 2024. Ademais o novo Polígono de Arrufana botará a andar en 2024 cunha aportación autonómica de 700.000 euros. Por último destinaremos unha partida do Plan Concellos á elaboración dun Inventario Municipal de Bens”.

Respecto do capítulo de gastos a alcaldesa destaca como todos os anos en primeiro lugar o gasto social, que continúa a ser o maior gasto orzamentario. Ademais, destaca a alcaldesa “nesta ocasión creamos unha partida específica para Igualdade e ascendendo ata os 2.418.000 euros resultantes da suma das partidas de Política Social e Igualdade”.

Nidia Arévalo, rexedora local mosense, explicou no Pleno desta mañá que “coa apertura do novo Centro de Día de Torroso que xestiona ASODIFISI, asinamos un convenio para dotalo dunha axuda anual de 10.000 euros, e tamén concedemos unha nova axuda ás Escravas da Virxe Dolorosa, o Servizo de Atención Temperá sube de 95.000 a 140.000 euros pola incorporación dunha 4ª traballadora ao servizo, mantense a partida para o SAF (1.130.000 euros) e creamos un novo Programa de Saúde Mental. Tamén crece a partida do Servizo Xantar na Casa de 4.000 euros a 10.000 euros por experimentar un incremento de 15 usuarios/as máis. E ademáis o Concello contratará unha 4ª traballadora social para os Servizos Sociais Comunitarios.

En segundo lugar. No tocante ao emprego, as políticas de fomento do emprego no noso municipio son unha das prioridades do goberno local, e por iso mantemos a partida a pesares de non ser unha competencia municipal, e seguimos apostando por traballar en políticas para desempregados. Ademais tramitamos axudas coa Xunta de Galicia, logrando que a administración autonómica invista entre millón e millón e medio de euros ao ano en Mos para o desenvolvemento de accións de formación e emprego (obradoiros, programas integrados, accións formativas, Aula Mentor… etc.). Para o ano que vén xa temos concedido desde a administración autonómica un novo Programa Integrado de Emprego e un novo Obradoiro de Emprego do Concello de Mos.

En total pasan pola Axencia de Colocación de Mos cada ano preto de 1.000 persoas que reciben orientación, asesoramento, formación, que participan en diferentes obradoiros e programas…

Así mesmo desde o Concello de Mos traballamos man a man cos empresarios de Mos, xa que non podemos obviar que somos o 4º municipio en tecido industrial da provincia e continuamos medrando. Co Parque Empresarial PEMOS Veigadaña ao 96% de ocupación, a Xunta ampliará o terreo industrial en Mos no polígono de Arrufana. Neste senso non podemos perder a perspectiva da necesidade de aunar sinerxias entre empresas e administracións na loita contra o desemprego.

A partida de Educación sube tamén, chegando aos 536.750,87 euros, a dotación económica de actividades extraescolares increméntase en 10.000 euros pasando de 10.000 euros en 2023 a 20.000 euros en 2024. Tamén sube a partida para o Conservatorio de Torroso de 50.000 a 55.000 euros.

En saneamento a partida de ampliación da rede de saneamento en diversas parroquias e outros investimentos en materia de saneamento ascende 170.000 euros.

En cuestión de servizos aumenta o importe da partida destinada ao Punto Limpo e entre Sogama e o Servizo de Recollida de Lixo acádase o 1,5 millóns de euros de gasto.

Creamos unha aportación municipal para a adquisición de composteiros e xestión de biorresiduos por importe de 37.000 euros.

Por outra banda, delegaremos o Servizo de Limpeza Viaria noutra administración supramunicipal, incluíndoo nalgunha liña de subvencións que nos permita aforrar un gasto que grava considerablemente ás arcas municipais, pero sempre mantendo a calidade e o servizo de primeira.

A área de gasto en subministro eléctrico aumenta notablemente pola suba do prezo da luz e na partida de Parques e Xardíns baixa a dotación económica pola gran inversión en renovación de elementos de todos os parques infantís municipais durante este ano e a dedicación agora dun traballador municipal dedicado á conservación dos mesmos.

Tamén sube a partida de Cultura que ascende ata 366.053,37 euros e nela darémoslle continuidade á contía do Plan Cultural.

Dentro da partida de Cultura quero destacar o mantemento do apoio á Fundación Pazo de Mos, co convenio anual de 10.000 euros, para dar continuidade ao vínculo co noso Pazo, lugar de referencia por antonomasia do noso Concello, e emblema municipal ubicado en pleno Camiño de Santiago.

Por outra banda en Deportes contémplanse subvencións aos clubes de fútbol Alerta, UD Mos, UD Mos Feminino, CD Louro, Club Xadrez Mos, Club Natación Mos, Escolas de Patinaxe Mos, Rosaleira, Xiramos, Juan Ferrón, Patricia Martínez, Susana Alonso, Club Tenis de Mesa Mos, Escudería Maki-Sport e Escudería Sur do Condado.

E, por outra banda, baixa a dotación económica para pavillóns polos importantes investimentos en mellora destas instalacións deportivas durante este ano.

Mantemos así mesmo a cantidade fixa anual que iniciamos no orzamento de 2023 para seguir promocionando, apoiando e estando ao carón da nosa hostalería. Por iso destinamos a este fin 10.000 euros en 2024.

A partida orzamentaria dedicada a persoal incrementarase nun 2% polo acordo estatal entre Goberno Central e sindicatos nas retribucións dos empregados das Administracións Públicas.

Así mesmo, coa nova Deputación, o Concello de Mos conseguiu un GES de 12 traballadores en lugar de 6 como tiña antes, polo que a partida, para o seu cofinanciamento, duplícase con respespecto á consignada no ano 2023 alcanzando a contía de 22.000 euros”.

Arévalo concluiu a súa intervención destacando que “presento polo tanto, un orzamento que considero responsable e axustado aos criterios de prudencia e credibilidade”.

Guarda festexa o Samaín con actividades para todas as idades

0

A Guarda celebra o Samaín cunha xornada festiva para todas as idades que terá lugar o martes día 31 de outubro na Praza do Reló, que será o epicentro das celebracións.

As actividades programadas para esta ocasión especial están divididas en dúas partes. Á tarde, entre as 17:00 h e as 19:00 h, terá lugar unha sesión especialmente deseñada para os máis pequenos e para as familias. Nesta parte, animadores percorrerán as rúas do centro en busca dos cativos que saen a pedir caramelos, e interactuarán con eles, propoñéndolles retos divertidos e proporcionando entretemento.

A partir das 19:00 h, a atención centrarase na Praza do Reló. Neste lugar, haberá máis animación infantil e sesións de baile ata as 20:00h. A Praza do Reló será o escenario perfecto para que os máis cativos desfruten dunha festa inesquecible e se divirtan coas súas familias.

A partires das 22:00 h chega o momento para os máis maiores cunha sesión DJ coas mellores músicas do momento.

Non perdas a oportunidade de participar nesta celebración do Samaín en A Guarda, onde a diversión e a alegría están garantidas para todas as idades.

Cine de Samaín en Nigrán

0

Concello de Nigrán e Cineclub Val Miñor Alice Guy ofrecen este mércores 1 de novembro ás 17:30 horas no Auditorio Municipal a película ‘terrorífica’ de animación infantil ‘Os mundos de Coraline’, encadrada na programación especial de Samaín do Concello e dirixida a un público infantil a partir de 7 anos. A duración é de 97 minutos e a entrada é de balde ata completarse o aforo.

Baseada nunha novela de Neil Gaiman, narra a historia dunha nena que, ao atravesar unha parede da súa casa, atopa unha versión mellorada da súa vida: os seus pais son máis considerados con ela, pero a as sensacións marabillosas darán paso ao medo e á angustia. Aclamada pola crítica como unha obra de referencia, foi nomeada no 2009 aos Oscar como mellor película de animación.

O Porriño investirá en saneamento para todas as parroquias

O Concello do Porriño investirá máis de 3 M de euros na acometida de obras de saneamento en todas as parroquias do municipio.

A tal fin, hoxe levou a pleno estas actuacións, consideradas de carácter urxente e que non poden ser demoradas ata o exercicio seguinte por ser prioritarias, forman parte dunha liña de actuación integral e contan xa coas pertinentes autorizacións sectoriais e proxecto.

Os proxectos engloban actuacións en A Graña-Sequeiras (766.390,10 euros), Arrotea-Budiño (185.909,45 euros), Abelenda e Figueiras (125.188,22 euros), Cerquido (82.473,71 euros), Benunes (556.618,62 euros), Sobral-Eiriz (355.211,51 euros), Penedo-O Toxal-Chenlo (523.261,97 euros), Rega da Lama-Budiño (85.225,61 euros), conexión en Torneiros (144.951,07 euros), conexión en en O Seixo-Arrotea-Pontellas (199.140,26 euros).

A estes hai que engadir unha liña de subvencións para investimento para aquelas vivendas do Porriño que non teñen posibilidade de conexión á rede de saneamento por ubicarse nunha cota de altura que precisa a instalación de bombeo individual. Tras un estudo preliminar realizado para estimar a magnitude desta problemática, identificáronse un total de 53 vivendas que requiren de instalación dun bombeo para conectarse ao sistema de saneamento: trece en Mosende, nove en Torneiros, sete en Atios e outras tantas tamén en Cans e Pontellas, cinco en Budiño, dúas en Chenlo e tres no Porriño. . A tal fin destinouse un crédito de 108.000 euros.

“O noso obxectivo principal segue a ser alcanzar o cen por cen do saneamento en todo o municipio e facelo á maior brevidade posible, xa que hai demasiada veciñanza que non dispón deste servizo esencial”, explicou o rexedor, Alejandro Lorenzo, “Canto entramos no goberno había pendente de execución obras por valor de 14 millóns de euros, na actualidade restan 11 e ademais de recorrer ás demais administracións, como a Xunta de Galicia, a Deputación de Pontevedra e o propio Consorcio de Augas do Louro,  para sufragar este gasto temos que destinar fondos municipais. Non podemos dilatalo máis tempo e se hai un problema urxente que resolver no Porriño sen dúbida é este”.

O teatro chega a Oia da man da Deputación

0

O Centro Cultural de Mougás, no concello de Oia, será escenario este martes 31 de outubro da actuación de Simplemente Enricco, que porá en escena o espectáculo “Heinrich, aprendiz de mago”, no marco do ciclo “Tornar ás táboas”, co que a Deputación de Pontevedra está a espallar o teatro por toda a provincia neste último trimestre do ano. A función, dirixida para o público infantil e familiar, está prevista para as 17:30 horas.

Este espectáculo de maxia, teatro e circo, da autoría de Juan Enrique Hernanz Lazaro, quen tamén é o seu intérprete, amosa a historia dun mago peculiar, Heinrich, quen pese á súa aparencia é un desastre coa maxia. Case nunca lle saen os trucos ou nótase a trampa. Pero baixo este personaxe ocúltase un veterano malabarista e equilibrista que realizará arriscados números e nunha estrutura de funambulismo, ata logrará levitar. Nalgún momento do espectáculo, para sorpresa do protagonista, comezarán a suceder cousas misteriosas e inexplicables no escenario.

​Co ciclo teatral “Tornar ás táboas” a Deputación de Pontevedra vai achegar entre outubro e decembro un total de 49 funcións gratuítas e dirixidas a todos os públicos a outros tantos concellos da provincia de menos de 20.000 habitantes, coa participación de trinta compañías galegas que ofrecerán unha ampla variedade de espectáculos.

A Xunta lembra as pautas a seguir nos cemiterios para evitar a proliferación do mosquito tigre

A Xunta, ante a celebración este 1 de novembro do Día de Todos os Santos, lembra as pautas que se deben seguir nos cemiterios para controlar o mosquito tigre e reducir as súas posibilidades de reprodución.

Así, recoméndase que os recipientes para flores ou obxectos ornamentais non permitan a acumulación de auga porque poderían albergar larvas do mosquito Aedes albopictus. Como solución máis eficaz, proponse facer buratos nos recipientes para facilitar a súa drenaxe. De non ser posible, pódese manter a humidade usando esponxas ou fibras absorbentes e enchendo os recipientes de area.

Polo tanto, en base ao Programa xestión integrada do mosquito tigre elaborado pola Dirección Xeral de Saúde Pública, a Consellería de Sanidade lembra que os cemiterios son espazos sinalados como lugares a vixiar polos Concellos nos que o mosquito tigre estea instalado, é dicir, as localidades do Morrazo de Cangas, Moaña, Vilaboa e Redondela, ademais da cidade de Vigo.

En todo caso, a baixada de temperaturas previsible nas próximas semanas agárdase que faga desaparecer o mosquito tigre durante o inverno aínda que a Dirección Xeral de Saúde Pública estará pendente da súa posible aparición de novo na primavera.

Desde a Consellería de Sanidade agradécese a participación veciñal seguindo as recomendacións para evitar a proliferación deste vector e ao descargar a APP Mosquito Alert para permitir o control desta especie. Mostra do éxito do traballo das institucións públicas e a colaboración cidadá é a mención que o CSIC fixo ao traballo da Rede Galega de Vixilancia de Enfermidades Transmisibles por Vectores (ReGaViVec). Tal e como destacou o Consello Superior de Investigacións Científicas ao facer referencia ao primeiro caso detectado este verán en Moaña, a eficiente coordinación entre Mosquito Alert, a Xunta de Galicia e a ReGaViVEC permitiu confirmar a presenza do mosquito tigre sobre o terreo en menos de 24 horas.

Baiona comeza unha campaña para loitar contra o depósito indebido de residuos

0

O Concello de Baiona, a través da Concellería de Medio Ambiente, vén de comezar unha campaña para fomentar o depósito correcto de residuos. Con esta campaña, preténdese evidenciar as malas prácticas e fomentar un cambio de hábitos na veciñanza para que fagan un uso  responsable e apropiado dos colectores segundo cada tipo de residuos e,  fundamentalmente, que fagan uso do servizo de recollida de voluminosos.

Dende hai meses veñen aparecendo voluminosos e residuos en xeral depositados fóra de lugar en diferentes puntos do Concello. Isto está a implicar problemas de salubridade e limpeza, xa que o lixo depositado na rúa produce malos cheiros e atrae animais, que o removen e espallan. Este feito altera gravemente o traballo de recollida por parte dos operarios do Concello, que ademais do seu labor habitual teñen que localizar e recoller os residuos ciscados fóra de lugar.

Dende o Concello lémbrase que existe un servizo gratuíto de recollida de voluminosos porta a porta. Para utilizalo, é imprescindible chamar previamente ao teléfono 900 101 925  para avisar da zona de depósito. Deste xeito, asegúrase que non queden nas rúas sen recoller. Neste servizo daránlle as indicación cando depositar os enseres, mobles, trastes… que serán recollidos os martes de 6:00 a 14:00 h. En canto aos restos de poda é imprescindible chamar previamente o mesmo número gratuíto para que sexan recollidos os xoves de 6:00 a 14:00 h. Desde xeito, o servizo pasará por aquelas zonas que foron notificas previamente por a cidadanía.

En canto os residuos só se admiten residuos dos veciños de Baiona e de orixe domiciliario entre os que se poden depositar: mobles, enseres, electrodomésticos, cables e aparellos informáticos, madeiras, restos de poda, plásticos, metais, aceite vexetal…

Dende o Concello agradécese o labor de todos os veciños e veciñas que cada día fan un esforzo para realizar unha correcta xestión dos seus residuos, facendo de Baiona un municipio concienciado e limpo.

Con este servizo preténdese facilitar a os cidadáns unha adecuada xestión de certos residuos que, polo seu tamaño e características, no poden depositarse con el resto de residuos domésticos e tampouco poden entregarse nel punto limpo municipal situado en Baíña.

Depositar lixo e voluminosos fóra do seu lugar non só xera problemas de sucidade e malestar para toda a veciñanza, senón que pode, como última medida, incluso carrexar multas  para as persoas que cometen as infraccións.

O alcalde de Baiona, Jesús Vázquez Almuiña, fai un chamamento a “colaboración veciñal para evitar o abandono de residuos na contorna dos contedores. Pídese evitar estas situacións, xa que este tipo de depósitos na vía pública só conseguen aumentar a contaminación no municipio e empeorar  o aspecto de nosas rúas”.

Tras comprobar, tanto no centro da vila como nas parroquias, o incremento de puntos na localidade onde se depositan residuos voluminosos, como mobles o electrodomésticos, “faise un chamamento a la cidadanía para que el aspecto del municipio mellore, apelando ao civismo”.

Así mesmo, a Concellería de Medio Ambiente está a colaborar coa Concellería de Educación para que esta información e a dunha boa reciclaxe cheque como método dinámico, “aprendendo xogando”, aos colexios do municipio. O vindeiro 6 de novembre, dará comezo esta acción de concienciación para os máis pequenos do municipio para todo o alumnado do CEIP Fontes- Baíña, continuado polos restantes centros educativos.

Para a atención á cidadanía do servizo gratuíto posto en marcha cóntase co teléfono gratuíto 900 101 925 e coa páxina web municipal www.baiona.gal, na que os usuarios poidan ampliar a información sobre os diferentes servizos.

Campaña buzoneo veciñanza

O Concello de Baiona tamén vai por en marchaas vindeiras semanas unha campaña para dar a coñecer o servizo e distribuíránse folletos informativos polas caixas de correos da localidade.

Tamén se colocarán carteis informativos en distintos puntos do municipio para lembrar a prohibición de depositar calquera tipo de enser fóra dos contedores sen avisar previamente ao novo servizo.

Punto limpo

Ubicado na parroquia de Baíña, no concello de Baiona, ten o seguinte horario de atención á veciñanza.

Horario:

  • Luns, venres e sábados: de 10:00 a 14:00 h.
  • Mércores: de 10:00 a 14:00h e de 16:00 a 20:00 h.
  • Festivos: pechado.

As proxeccións do cineasta José Gil chegan a Salvaterra de Miño

O venres 3 e domingo 5 de novembro o salón da Casa Cultura de Salvaterra de Miño acolle as obras de José Gil, un pioneiro do cinema galego. Serán dúas xornadas nas que o Cinemóbil 3 recibirá as visitas de centros educativos, que serán o venres en horario de mañá, e público en xeral.

O domingo 5 na Praza do Concello, en caso de choiva trasladarase á Casa da Cultura, teremos a presentación da biografía de José Gil “Nos días encantados de agosto” de Manolo González e a continuación sesión vermú coa actuación da Banda de Música de Salvaterra.

A Xunta elimina un punto de verquido de augas residuais no concello de Mos

0

A Consellería de Infraestruturas e Mobilidade, a través de Augas de Galicia, eliminou un vertido de augas residuais procedente dunha instalación empresarial do concello de Mos.

Esta achega irregular foi localizada no marco das inspeccións rutineiras levadas a cabo polos técnicos do Programa de Control de Vertidos, xunto coa Gardería Fluvial de Augas de Galicia.

Os técnicos da Xunta identificaron a orixe desta achega irregular no deficiente sistema de tratamento de augas residuais xeradas na actividade diaria, industriais e domésticas, susceptible de producir vertidos en condicións inadecuadas ao dominio público hidráulico.

Ante a deficiencia observada, os técnicos requiríronlle aos responsables das instalacións a adopción das medidas correctoras oportunas co obxectivo de emendar o vertido.

Os responsables da empresa procederon á conexión das augas residuais xeradas coa rede de saneamento municipal existente no lugar, como así verificaron os técnicos da Xunta nunha nova inspección, emendando deste xeito o vertido en condicións inadecuadas cara ao dominio público.

Redondela comeza as obras de reposición da AP-9 coa ampliación da ponte de Trasmañó

0

O Concello de Redondela anuncia que as obras de resposición en Chapela e Trasmañó nas zonas afectadas polas obras de ampliación da AP-9 comezarán hoxe, luns 30 de novembro. Os traballos foron adxudicados á empresa Civis Global por un total de 2,65 millóns de euros e centraranse non só na reposición do viario na contorna das obras da autoestrada, senón tamén na mellora de varias infraestruturas da zona e a creación de novas dotacións.

A alcaldesa, Digna Rivas, explica que a primeira actuación será a ampliación do camiño das Laxes na estrutura elevada sobre a AP-9 que dá acceso ao núcleo de San Vicente de Trasmañó. As obras comezarán o luns no cruce do Alto da Encarnación, na intersección da Avenida de Redondela coa ponte. Logo procederase á ampliación da ponte, cunha estrutura metálica na marxe dereita que creará unha zona peonil de 1,5 metros de ancho e ampliarase a superficie dispoñible para o tráfico rodado. A rexedora afirma que “deste xeito mellorase a circulación e a seguridade tanto dos vehículos como dos peóns neste paso que une Trasmañó coa Avenida de Redondela, algo que era moi necesario”.

As obras de reposición, que contan cun prazo de execución de 9 meses, inclúen tamén a renovación do saneamento e a rehabilitación do Camiño Mouriño, baixo a estrutura sobre a que discorre a autoestrada. Realizaranse melloras no Camiño da Igrexa con continuidade ata a Rúa Pasán, para o que se ampliará a pasarela peonil de Chapela que cruza a AP-9. Os traballos suporán a mellora da sección transversal do paso elevado da rúa Pasán sobre a autoestrada, o que permitirá  crear un itinerario cómodo e seguro para os peóns. Todas as obras inclúen novas redes de abastecemento, pluviais e iluminación pública, e dotarase á zona de novo pavimento na calzada e dous parques infantís. A rexedora sinala que o proxecto de resposición “recolle a práctica totalidade das demandas dos veciños, como a creación dunha praza na contorna da Igrexa que servirá de punto de encontro para a cidadanía e a recuperación da Fonte Cornido”.

O comezo destas obras é para Rivas “unha boa nova que demostra o compromiso deste goberno local e do Ministerio de Transportes, Mobilidade e Axenda Urbana”. A alcaldesa lembra que este foi un dos primeiros obxectivos no que se puxo a traballar cando comezou a gobernar en 2019 “celebrando reunións cos distintos responsables do Ministerio de Transportes, Mobilidad e Axenda Urbana, non só para darlles conta das xustas reivindicacións dos veciños e Asociación de Afectados da AP-9, senón tamén para alcanzar compromisos en firme e dar solución á reposición dos viais que recollía a adenda”. Na mesma liña engade que “sempre se mantivo informados aos colectivos veciñais de todas as reunións mantidas coa administración central e dos acordos acadados”. O Concello de Redondela convocará en próximas datas aos veciños e colectivos afectados a unha xuntanza no Multiusos do Piñeiral do Crego. Na reunión participarán técnicos e resposables de obras de Audasa para explicar as diferentes fases dos traballos de reposición.

Digna Rivas destaca”a incansable labor e o compromiso da Asociación de Veciños de Chapela, da Asociación de Veciños de Trasmañó e da Asociación de Afectados pola AP-9, e froito dese traballo conxunto co Goberno de Redondela, agora estamos falando de poñer punto e final a un problema que afectaba seriamente á calidade de vida da veciñanza na contorna da AP-9”.

Protección Civil de Tui organiza unha festa solidaria a favor das asociacións Un Máis e 1p36

0

A Agrupación de Voluntarios de Protección Civil volve amosar a súa vertente máis solidaria coa organización dunha festa a favor das asociacións Un Máis e Síndrome de Deleción 1p36 que se vai celebrar o sábado, 16 de decembro, ás 20 h na Sala Metropol de Tui.

Continúan así a liña iniciada hai dous anos coa organización de eventos solidarios coincidindo coas festas do Nadal, e que nas dúas edicións anteriores contaron cunha gran acollida por parte do público, así coma dos establecementos locais que colaboran tamén nestas iniciativas.

Nesta ocasión propoñen unha noite de humor e música que abrirá o monologuista Víctor Grande, nun espectáculo no que non faltará, e en constante interacción co público.  Logo será a quenda do trompetista tudense Manuel Madarnás que presentará  ao público o seu traballo “La MMarca” no que versiona cancións clásicas aportándolles o seu selo persoal. Para pechar a festa actuará o grupo tudense-valenciano Old Bridge interpretando música dos 70’, 80’ e 90’ con estilos que van dende o blues, ao funk, reggae ou rock and roll.

Na presentación do evento, realizado esta mañá, o alcalde de Tui, Enrique Cabaleiro, amosou o seu agradecemento ás persoas que forman parte da Agrupación de Voluntarios de Protección Civil por organizar este evento solidario, destacando amais o traballo voluntario e altruista que realizan ao longo do ano. Tamén transmitiu o seu recoñecemento aos establecementos comerciais e aos propietarios da Sala Metropol, por facer posible a celebración deste evento nas súas instalacións.  No mesmo senso pronunciouse o concelleiro de Servizo Sociais, Ismael Diz, quen amais sinalou que eventos coma estes tamén contribúen a darlle máis visibilidade a estas asociacións.

Juan González, o presidente da Agrupación de Voluntarios de Protección Civil de Tui, explicou que amais da Festa solidaria que se celebrará o 16 de decembro, teñen á venda 5.000 rifas para o sorteo de 500 €, e tamén están visitando os diferentes establecementos tudenses solicitando a súa colaboración.

Un Máis é a Asociación de Pais, Nais, Familiares e Amigos de persoas con TEA do Baixo Miño. Dende o ano 2010 traballa na comarca promovendo a educación, a formación e a integración social das persoas con trastornos do espectro autista (TEA) ao longo de toda a súa vida, ao tempo que defenden os dereitos fundamentais das persoas con TEA, e promoven a formación de pais, nais, familiares e amigos das persoas con TEA, así como dos profesionais que traballan habitualmente con elas, entre outros obxectivos.  Mentres a asociación Síndrome Deleción 1p36 traballa, a nivel nacional, para mellorar a calidade de vida e a integración social tanto das persoas afectadas por este síndrome coma das súas familias, sendo amais un nexo de unión entre familias, profesionais e organismos implicados na atención de persoas con deleción 1p36, un trastorno xenético ocasionado pola perda dun fragmento de ADN no cromosoma 1.

Covelo promove a creatividade co seu concurso fotográfico para o calendario de 2024

0

Fomentar a participación da veciñanza en actividades artísticas e creativas é o obxectivo do IV Concurso Fotográfico Concello de Covelo. Ata o venres 17 de novembro ás 13:30 horas poderán presentarse as fotografías que respondan ao tema elixido para este ano, “Covelo, Turismo, Cultura e Patrimonio”. Doce fotografías de interese turístico, cultural e patrimonial  formarán parte dos dous mil calendarios do 2024 que, como de costume, serán repartidos entre a veciñanza no mes de nadal. Deste xeito tan visual, a riqueza natural e histórica do Concello de Covelo formará parte do día a día das persoas que pasen a recollelo pola Casa do Concello a partir de mediados de decembro.

As persoas interesadas en participar deberán achegar as súas fotografías á Biblioteca Pública Municipal impresas en cor en branco e negro en papel fotográfico horizontal de tamaño 21×30 cm. (300 p.p.) e tamén en formato dixital. Cada participante poderá presentar un máximo de dúas obras.

As fotos serán presentadas baixo un código escrito no respaldo da fotografía facilitado na biblioteca, e sen datos do autor. Irán acompañadas dun sobre pechado, e no exterior deste figurará o mesmo código que o das fotografías e no interior do sobre depositarase unha nota co nome, apelidos, domicilio e teléfono de contacto do autor.

O sábado día 18 ás 19:30 no Auditorio Municipal de Covelo terá lugar a apertura da exposición das fotografías presentadas e a partir das 20 horas un xurado formado por fotógrafas e fotógrafos profesionais darán o seu veredicto.

A concellería de Cultura informa que se establecen tres premios. A persoa gañadora poderá elixir entre un curso de fotografía ou unha experiencia fotográfica de montaña. O segundo posto recibirá 2 ampliacións fotográficas de 40×30 cm e o terceiro premiado unha ampliación fotográfica de 40×30 cm tamén sobre soporte ríxido.

O Porriño estrea sala de estudo

O Concello do Porriño abriu este sábado a súa nova Sala de Estudo, dotada con 80 postos que ofrecen as condicións necesarias para facilitar a concentración dos usuarios.

O alcalde do Porriño, Alejandro Lorenzo, e o concelleiro de Cultura, Bienvenido Estévez, inauguraron este espazo nun acto no que estivo presente unha ampla representación da comunidade educativa, tecido asociativo e empresarial e tamén usuarios deste servizo.  Iker Faure, ao teclado e voz, e o profesor da Escola Municipal de Música, Jacobo García, ao violonchelo, puxeron a banda sonora ao evento.

A nova sala de estudo está ubicada nun local de 207 metros cadrados na rúa Antonio Palacios, ao carón do Concello, que requeriu unha inversión de 140.000 euros para acondicionalo. Conta con 80 postos de estudo, conexión wifi e cun sistema de acceso libre e gratuíto, controlado mediante tarxeta con porta automatizada. Para facer uso da mesma só é necesario rexistrarse na Biblioteca Municipal.

Estará aberta ao público todos os días da semana, en horario de mañá e tarde, con reforzo en época de exames tal e como reclamaba a veciñanza.

“Atendemos unha importante demanda da mocidade porriñesa, e da cidadanía en xeral, habilitando un espacio en condicións onde poder estudar nun ambiente tranquilo, agradable e que favorece a concentración”, explicou o rexedor, engadindo que coa apertura deste espazo “tamén fixemos posible que a Escola Municipal de Música puidera volver á súa ubicación orixinal, no Centro Cívico. Algo que tamén era moi necesario”.

Ademais, o goberno municipal avanza así no seu propósito de descentralización dos servizos municipais que persigue habilitar novos recursos en diferentes lugares do termo municipal para achegalos á cidadanía e dinamizar a vila.

“Invertir en educación e cultura é invertir en futuro”, concluíu Lorenzo.

Tres accións formativas de SmartPeme esta semana

A Deputación de Pontevedra, a través do programa SmartPeme de asesoramento tecnolóxico para pemes e persoas autónomas, oferta tres novas accións formativas enmarcadas na súa carteira de obradoiros que se celebrarán de xeito telemático. As actividades desta semana abordarán temas relacionados coa ciberseguridade, as melloras de reserva para empresas turísticas e a promoción de negocio a través de Google.

A primeira das xornadas comeza hoxe luns, 30 de outubro, entre as 10:30 a 11:30 horas, co taller “Ciberseguridade, antivirus e actualización do software” no que se afondará na necesidade de dispoñer de software actualizado para corrixir vulnerabilidades e ade empregar un antivirus. Manuel Freire, experto universitario en robótica, programación e impresión 3D dirixirá este curso.

O martes 31 terán cabida dous obradoiros. De 12:00 a 13:00 impartirase o taller “Promociona o teu negocio co perfil de empresa de Google”, co obxectivo de dar a coñecer a ferramenta de Google, enfocada a negocios locais que busquen unha maior visibilidade. En concreto, trátase de amosar  o aproveitamento das posibilidades da xeolocalización e as procuras que a súa potencial clientela poidan facer empregando este buscador. Adrián Fernández, licenciado en Comunicación Audiovisual con experiencia na comunicación dixital será quen se encargue de impartir o obradoiro.

O martes, entre as 17:00 e as 18:00, terá lugar tamén o taller de “Estratexias para mellorar as reservas directas do teu aloxamento”, onde Patricia Cabaleiro, postgraduada en Turismo con dez anos de experiencia no sector turístico, explicará como reducir gastos como as comisións de comercialización a través das reservas directas.

Raquel Castro, «Sobremesas sobre versos»

Dende fai xa varios anos, Raquel Castro é unha das habituais na literatura infantil galega, pero a maioría dos seus traballos publicados enfocábanse cara ao mundo do teatro para nenos, onde deixou pezas de excelente facturación. Agora abandona temporalmente ese espazo (xa o fixo noutras ocasións) para xogar cun proxecto no que se mesturan narrativa e poesía de maneira desenfadada. «Sobremesas sobre versos», que así se titula esta nova proposta, foi galardoado na primeira edición do premio de literatura infantil «Simbad para o Recordo e o Alzheimer».

A protagonista desta novela é Uxía, unha nena que se ten que enfrontar ao problema que supón a perda de recordos derivada da enfermidade do Alzhéimer, que padece a súa avoa, Sica. A familia visítaa con regularidade na súa casa do Courel e, nesas visitas e a pesar da enfermidade, a nena descobre unha fiestra pola que asomarse ao mundo que garda no seu interior a avoa: as receitas de tortas, biscoitos e todo tipo de lambetadas de sobremesa, que Sica memorizara noutro tempo en verso, para lembrar con máis facilidade os ingredentes e mailo proceso de preparación. Desta maneira, avoa e neta establecen unha conexión moi particular na procura desas lembranzas esquecidas.

Esta sería a trama principal da narración, pero hai máis. Porque, para complicar as cousas, a acción sitúase nos comezos da pandemia que nos mantivo pechados nas nosas casas durante varios meses, situación que é aproveitada pola autora para confrontar dous mundos tan afastados entre si como son o mundo rural e mailo urbanita; dúas maneiras de enfrontarse, xa non só á epidemia, senón á vida mesma. Uxía, criada na cidade, aprende a amar todo o que o Courel lle aporta: a tranquilidade da vida no campo, a laxitude do tempo, a convivencia entre os veciños, a calor da lareira…

A todo isto súmanse esas receitas en verso coas que se abre cada capítulo e que, dun xeito ou doutro, teñen, cada unha delas, a súa relevancia no desenvolvemento da historia. Son receitas reais que, nesta novela, preparan avoa e neta, pero que do mexmo xeito poderán axudar a preparar os máis pequenos da casa, se lles presta. De maneira que, amais dunha narración entretida para os máis cativos, «Sobremesas sobre versos» convértese nun auténtico recetario de larpeiradas en toda regra.

O premio acadado pola autora con esta narración, avalado por Agadea Alzhéimer, unha asociación de axuda a enfermos con demencias deste tipo, é, neste caso, un valor engadido. A finalidade principal do galardón é a de concienciar aos máis pequenos das implicacións das enfermidades con deterioro cognitivo e iso, neste mundo que nos tocou vivir, é unha meta que, de seguro, aportará o seu gran de area para facer a nosa sociedade un pouquiño mellor.

Raquel Castro

«Sobremesas sobre versos»

168 páxinas

Citas para a renovación do DNI na Guarda para o mes de novembro

0

O vindeiro martes día 31 de outubro de 2023 xa se poderán solicitar as citas para a visita das unidades móbiles no concello para a renovación do Documento Nacional de Identidade (DNI) correspondente ao mes de novembro de 2023.

A apertura do prazo para a solicitude de novas citas en novembro ofertadas pola unidade móbil do Corpo Nacional de Policía de Vigo comezarán o martes día 31 de outubro de xeito preferentemente telefónico no 986610000 de 9:00h a 14:00 h ou presencialmente na Casa dos Alonsos.

A Unidade Móbil desprazarase á Guarda o 10 de novembro e a recollida de documentos terá lugar o 15 de novembro.

Ata entón, aquelas persoas que de xeito urxente necesiten realizar a renovación do seu DNI, poderán acudir ás oficinas de expedición de Tui (na rúa Párroco Rodríguez Vázquez, 3) ou Vigo (rúa Álvaro Cunqueiro, 6) previa solicitude de cita no teléfono 060 ou ben a través da páxina web www.citapreviadni.es.

Esta será a última visita deste ano 2023 das unidades móbiles no concello da Guarda para a renovación do Documento Nacional de Identidade (DNI).

Salvaterra ofrece un curso de competencias dixitais

O Concello de Salvaterra de miño informa de que xa abriu o prazo de inscrición no curso de “Competencias Dixitais para o Emprego” do Plan Corresponsables de Femupo.

Este obradoiro impartirase no modo presencial e está dirixido a homes e mulleres de máis de 16 anos que estean interesados en formarse.

Celebrarase o vindeiro 24 de novembro de 10:00 a 13:00 na Casa do Conde da vila, o número de prazas é limitado e as inscricións poden facerse por teléfono, no número 629770177; ou a través do correo electrónico [email protected].