6.4 C
Pontevedra
Martes, 5 de Decembro de 2023
Máis
    HomeO CondadoSalvaterra de MiñoSalvaterra ofrece un curso de competencias dixitais

    Salvaterra ofrece un curso de competencias dixitais

    O Concello de Salvaterra de miño informa de que xa abriu o prazo de inscrición no curso de “Competencias Dixitais para o Emprego” do Plan Corresponsables de Femupo.

    Este obradoiro impartirase no modo presencial e está dirixido a homes e mulleres de máis de 16 anos que estean interesados en formarse.

    Celebrarase o vindeiro 24 de novembro de 10:00 a 13:00 na Casa do Conde da vila, o número de prazas é limitado e as inscricións poden facerse por teléfono, no número 629770177; ou a través do correo electrónico comunicacion@concellodesalvaterra.org.

    LIBROS

    Amador Castro Moure, «Pronto hei de volver»

    A emigración, como non podía ser doutra maneira, é un deses temas aos que a literatura galega volve unha e outra vez. Dende distintas perspectivas e con diferentes enfoques e intencións, forma parte troncal do noso sistema literario dende o momento en que comezou a tomar forma.

    Xosé M. Eyré, «Ou as dúas estaredes mortas»

    Moito temos falado neste mesmo espazo dos cada vez máis difusos lindes entre xéneros literarios; de como novela e relato –tamén a poesía ou o teatro– semellan lidar pola posesión de espazos que tradicionalmente lles eran alleos e que pretenden converter en propios, alimentando así unha fusión que, no fondo, non deixa de ser a procura de novas vías de expresión aínda non transitadas.

    Raquel Castro, «Sobremesas sobre versos»

    Dende fai xa varios anos, Raquel Castro é unha das habituais na literatura infantil galega, pero a maioría dos seus traballos publicados enfocábanse cara ao mundo do teatro para nenos, onde deixou pezas de excelente facturación.