Domingo, 27 Xullo de 2025

O Concello de Ponteareas vén de renovar e de ampliar o seu convenio coa AGADIC

Nestes tempos en que o sector cultural está a atravesar un momento realmente difícil, o Concello da Vila do Tea, que sempre apostou por facer actividades totalmente seguras, vén de manter o seu compromiso coa Axencia Galega das Industrias Culturais da Xunta de Galicia e de incrementar a contía total en 4000 euros máis.

Deste modo, de o permitiren as normas sanitarias, regresarán, nos vindeiros meses, aos escenarios municipais os espectáculos de danza, teatro, maxia e música profesionais do país. Ademais, a Concellaría de Cultura vén de escoller, para o primeiro semestre, tres propostas teatrais vinculadas directamente co concello. Por unha banda, estará a obra Clausura do amor, galardoada cos premios ao mellor espectáculo e á mellor actriz -á ponteareá Teté García- no Fetega Teatro Galego 2020. Outro dos espectáculos escollidos é O rapaz da última fila, obra escrita por Juan Mayorga -premio Max 2008- e na que participa o gulansés Rubén Porto. E, para completar o semestre, O meu mundo non é deste reino, a obra gañadora da 1ª edición do Certame Manuel María de Proxectos Teatrais -que convoca anualmente a Casa-Museo Manuel María e no que colabora, entre outros concellos, o de Ponteareas- e do Premio María Casares a Mellor Adaptación de 2020.

“Levabamos un tempo a solicitarlle á AGADIC un incremento de crédito para poder aumentar a oferta cultural profesional de Ponteareas, unha vez que a contía que se lle concedía ao noso municipio era inferior a outros que teñen menos habitantes” comenta o concelleiro da área Cultura Fernando Groba Bouza. “Ademais de mantermos e de mellorarmos o noso compromiso coas artes escénicas do país, neste primeiro semestre, traeremos tres propostas que, para alén de posuíren un currículo espectacular, teñen todas un vínculo especial con Ponteareas. En dúas delas, participan veciñas e veciños nosos que dan fe do noso saber facer no panorama das artes escénicas e, coa outra, confirmamos un compromiso institucional que non desmerece en calidade” indica o edil nacionalista.

A Deputación lanza, en menos dunha semana, a liña para achegar o 1% do seu orzamento aos sectores afectados pola pandemia

v1.640.000 euros, aos concellos para que xestionen as axudas que serán directas e finalistas para os sectores afectados. En total, sumando estes 1,6 millóns de € e os 6 millóns que a Deputación xa habilitara a través da liña 1 do Plan Concellos, os municipios teñen a súa disposición máis de 7,6 millóns de euros para apoiar aos sectores que se viron obrigados a pechar ou afectados polas restricións impostas pola Xunta de Galicia.

O novo programa de axudas da Deputación de Pontevedra atende a criterios obxectivos, é áxil e tamén coherente, dando resposta inmediata aos compromisos adquiridos. “Pediamos o 1% do orzamento e que os recursos fosen xestionados dende os concellos -asegurou Carmela Silva- e isto é o que imos aprobar este próximo venres”. Amais, os recursos van chegar “de xeito inmediato porque temos xa establecido o reparto, que atende ao criterio de poboación”. Neste mesmo eido a presidenta informou que “ao día seguinte ao da publicación deste suplemento de crédito os concellos poderán xa solicitar os recursos e, para axilizar aínda máis o proceso, a Deputación adiantará as contías, achegándoas trala simple presentación da solicitude de cada concello e sen agardar á xustificación”. Amais, engadiu a presidenta, “no caso de que algún concello decida complementar esta axuda directa e finalista aos sectores afectados con recursos do 20% da liña 1, tamén adiantaremos esas contías de xeito inmediato”.

Carmela Silva aproveitou a ocasión para recordar que as competencias en actividades económicas “son exclusivísimas da Xunta de Galicia que é a que ten que habilitar os recursos”. A presidenta insistiu en que a Xunta recibiu 224 millóns de euros no 2020 do Goberno do Estado aos que se sumarán outros 441 que recibirá neste 2021: “onde están eses recursos? A que se van destinar?, preguntou. A Xunta ten capacidade sobrada para crear un verdadeiro plan de rescate para os sectores afectados pola pandemia”. Sen embargo, “en oito meses, dende que se declarou o Estado de Alarma en marzo e ata novembro, a Xunta de Galicia non fixo nada” lamentou, ao tempo que recordou as 7 cartas remitidas dende a institución provincial á administración autonómica para reclamar unha reunión e facer fronte á situación.

Carmela Silva recordou que o acordo entre a Xunta, a Fegamp e as deputacións provinciais non foi posible porque “a Xunta se negou a aportar o 1% do seu orzamento e a que fosen os concellos os que xestionasen estas axudas, como así acontece co modelo Valencia que tanto defenden”. Con respecto a este modelo, Silva detallou que conta cun orzamento de 380 millóns de euros dos que só 160 son acordados entre a Generalitat, as Deputacións e os Concellos, mentres que os 220 restantes os achega directamente a Generalitat.  “Nós defendemos este modelo, un modelo que en Galicia, por poboación, tería que contar con 250 millóns de €”.  Fronte a esta contía, e atendendo á información que deron a coñecer as delegadas e os delegados da Xunta de Galicia nas provincias, a aportación da administración autonómica suma “38 millóns de euros e non os 80 millóns dos que falan. Menten. Amais, os 75 millóns de € que vai aportar agora non foi decisión da Xunta, foi produto da presión das deputacións provinciais e da Fegamp”, rematou.

A Guarda adxudica a redacción do Proxecto para un Pumptrack de 700m2

0

O Concello da Guarda adxudicou a redacción do Proxecto para a construción dun Pumptrack para a práctica deportiva que estará emprazado no entorno da Atalaya no Porto da Guarda.

Esta actuación ven a complementar ás instalacións deportivas xa existentes nesta zona, onde tamén está emprazada a Pista de Skatepark e a cancha de baloncesto.

O proxecto nace das diferentes inquedanzas manifestadas polos deportistas guardeses, que deste xeito verán ampliada a oferta de instalacións deportivas existentes para a práctica de máis deportes, de acordo ás novas tendencias deportivas.

A idea é facer un circuito de Pumptrack cunha superficie de 700m2 onde poder practicar deportes sobre rodas coma o skate, longboard, patíns, patinetes, bmx, mtb, entre outros.

Xuventude e a comunidade educativa de Gondomar xuntos contra o acoso xuvenil

0

Detectar o acoso entre os máis novos e dar armas para distinguilo e loitar contra el é o obxectivo das diferentes actividades que se desenvolven nos institutos do municipio de Gondomar, dentro da política de colaboración do goberno local coas comunidades educativas.

Así dende a Concellería de Xuventude, dirixida por Nuria Lameiro, e a través da Oficina Municipal de Información da Xuventude (OMIX) trabállase buscando a implicación directa coa mocidade, atendendo sempre as súas inquedanzas e necesidades, centrándose no seu paso pola ESO.

Así esta semana desenvolveuse no IES Auga da Laxe, a través do departamento de Oriención dentro do Plan de Acción Titorial, a iniciativa “Ciberacoso: a outra cara da brincadeira”, desenvolta pola psicóloga, orientadora e experta en adolescencia, Paula Rodríguez.

A profesional traballou co alumnado de 3º da ESO centrándose en dar visibilidade aos sentimentos dos mozos e mozas que sofren as burlas, o desprezo e acoso a través das redes sociais, con testemuñas e consecuencias destas accións.

A alcaldesa do Porriño agradece o cribado ao SERGAS e anima á veciñanza a participar

A alcaldesa do Porriño, Eva García, agradece ao Servizo Galego de Saúde e en particular á Xerencia da Área Sanitaria de Vigo que “atendeu en tan pouco tempo” a petición de realizar un cribado masivo entre a veciñanza do Porriño. Convocáronse un número de 7.000 persoas distribuídas entre hoxe venres pola tarde e para o vindeiro domingo 7.

“Quero agradecer ao SERGAS a aceptación da proposta que fixemos dende esta Alcaldía e ao mesmo tempo solicitar aos nosos veciños que acudan a realizar estes PCR polo seu ben e polo de todos”, dixo García de la Torre.

O alcalde espera que este cribado “sirva para esclarecer cal é a actual incidencia real no Porriño e permita revelar se hai máis casos de positivos non detectados porque son asintomáticos”.

O Concello de Tomiño ilumínase de verde en conmemoración do Día Mundial contra o Cancro

0

Onte día 4 de febreiro conmemorouse o Día Mundial contra o Cancro e o Concello de Tomiño decidiu sumarse á iniciativa da Asociación Española contra o Cancro (AECC) de iluminar edificios públicos de relevancia en cor verde co obxectivo de dar visibilidade e contribuír á sensibilización do problema que o cancro representa na nosa sociedade.

A iniciativa é unha das moitas promovidas pola organización ao longo do ano e recalcan a importancia de fomentar hábitos saudables de prevención da doenza. Estímase que aproximadamente un de cada dous homes e unha de cada tres mulleres vai ter cancro nalgún momento da súa vida, e cada ano no mundo diagnostícanse de cancro máis de 14 millóns de persoas, ocasionando esta doenza case 10 millóns de mortes.

Segundo datos da propia AECC, o ano pasado foron diagnosticadas en Galicia case 20.000 persoas e perderon a vida máis de 8.300, unha cifra que se espera que aumente nas próximas décadas.

O Concello estará iluminado de cor verde desde o 4 de febreiro ata o próximo domingo día 7.

O Concello de Nigrán investirá 70.000 € para levar o saneamento á rúa Mestra Emérita de Priegue e posteriormente humanizala

0

O goberno de Nigrán aprobou a semana pasada o proxecto para levar o saneamento ao tramo de 330 metros que resta da rúa Mestra Emérita de Priegue cun investimento de 70.000 € a cargo das baixas do Plan Concellos da Deputación de Pontevedra. A obra permitirá, ao mesmo tempo, ampliar o servizo ao tramo da PO-552 entre o concesionario Rodosa e Saiáns, onde os colectores xa estaban instalados. Posteriormente, o goberno local plantexará emprender unha segunda fase de humanización cuxo proxecto xa redactado cifra o investimento en 241.000 €. Esta rúa, de aproximadamente 850 metros, está na traza do Camiño de Santiago pola Costa conectando Nigrán con Vigo.

“Queremos acondicionar axeitadamente Mestra Emérita, por iso o primeiro é dotar de saneamento á única parte que falta para despois poder emprender obras de mellora que inclúan cambio completo do firme e un sendeiro peonil seguro”, explica o alcalde, Juan González.

Así, os traballos para incorporala á rede de saneamento realizaranse nos próximos meses e supoñen a instalación de 330 metros de colector soterrado de PVC de 315 mm de diámetro, 17 pozos de rexistro prefabricados e reposición dos pavimentos afectados e máis dotación de equipamento electromecánico dun pozo de bombeo existente.

Simultáneamente, o Concello conta desde outubro co seguinte proxecto, o de humanizar esta rúa, que deberá ser aprobado unha vez remate esta primeira fase. Básicamente, suporá un investimento de 241.000 € para renovar por completo o pavimento e establecer unha senda peonil diferenciada que outorgue seguridade ao camiñante, xa que actualmente non existe, algo especialmente importante tendo en conta que por aí transitan veciños e peregrinos ao formar parte do Camiño de Santiago.

Un traballador resultou ferido ao sufrir un accidente mentres manexaba unha máquina industrial en Mos

0

Un operario necesitou asistencia médica na mañá de hoxe despois de sufrir un accidente con unha máquina industrias.

O accidente tivo lugar ao fío das 07:15 horas desta mañá no concello pontevedrés de Mos. Nese momento, unha persoa particular contactou co 112 Galicia para solicitar axuda para un operario que resultara ferido mentres manexaba unha máquina na Rúa Anel da Lagoa, no Polígono da Veigadaña.

Nada máis ter constancia do suceso, desde o 112 pasouse aviso aos profesionais de Urxencias Sanitarias de Galicia-061, aos Bombeiros do Baixo Miño e aos membros do Servizo Municipal de Emerxencias de Mos pero, finalmente, a persoa foi evacuada por particulares ao centro hospitalario.

Cómpre sinalar que os axentes da Garda Civil tamén foron informados.

Continúa o descenso do número de casos activos por coronavirus en Galicia, rexístranse 21.686

A Dirección Xeral de Saúde Pública da Consellería de Sanidade informa que, na última actualización, o número de casos activos de coronavirus en Galicia é de 21.686, deles 5.713 son da área da Coruña, 2.023 da de Lugo, 2.578 da de Ourense, 2.576 da de Pontevedra, 3.647 da área de Vigo, 3.339 da de Santiago e 1.810 da de Ferrol.

Do total de pacientes positivos, 251 están en UCI, 1.038 en unidades de hospitalización e 20.397 no domicilio. Polo de agora, en Galicia hai un total de 78.843 persoas curadas, rexistrándose 1.910 falecementos.

O número de PCR realizadas é de 1.472.623.

O número de doses de vacina contra a covid-19 administradas é de 104.205. A Xunta continúa a traballar desde a máxima coordinación interdepartamental e co Ministerio de Sanidade, tamén mantendo o contacto con todos os axentes socioeconómicos de Galicia. Neste senso, Sanidade reitera que segue alerta actualizando todas as medidas e recomendacións e en vixilancia permanente.

Os datos de centros residenciais de servizos sociais corresponden aos que achegan con carácter diario os propios centros.

Os datos de escolas infantís e centros de ensino non universitario corresponden aos rexistrados diariamente a través da Central de Seguimento de Contactos, os propios centros e as xefaturas territoriais.

Uso do 061 para casos graves e emerxencias e o 900 400 116 para dúbidas

A Consellería de Sanidade reitera que a cidadanía empregue o número 061 só para emerxencias ou casos graves e aconsella utilizar o número gratuíto do 900 400 116 para consultar dúbidas ou síntomas leves de coronavirus.

Sinalar, ademais, que o Sergas ten a disposición da cidadanía a páxina web https://coronavirus.sergas.gal/ na que se pode consultar información dirixida á poboación, aos profesionais sanitarios e a outros colectivos.

Rexistro de viaxeiros no 881 00 20 21 e obrigatoriedade do uso da máscara

Lémbrase que as persoas que visiten Galicia nas vindeiras datas e procedan ou estivesen, durante os 14 días previos á súa chegada, nalgún dos territorios con alta incidencia epidemiolóxica incluídos na listaxe publicada no Diario Oficial de Galicia, deberán facilitar os seus datos de contacto ao Servizo Galego de Saúde, ben a través do teléfono 881 00 20 21 ou ben a través do formulario da web do Sergas.

Ademais, reitérase o carácter obrigatorio do uso da máscara tanto en espazos abertos como pechados, poñendo especial énfase na súa utilización nos locais e establecementos comerciais e de hostalería.

Recomendacións

Os técnicos da Dirección Xeral de Saúde Pública da Consellería de Sanidade volven  reiterar as recomendacións consensuadas entre as comunidades autónomas e o Ministerio de Sanidade, e lembran que, en liñas xerais, aconséllase adoptar as medidas de autoprotección e limitación da diseminación do virus común a calquera infección respiratoria, como a gripe.

Así, extremarase a hixiene de mans, lavándoas frecuentemente, especialmente despois de tusir ou soarse, e cubrirase o nariz e a boca cun pano -preferentemente desbotable- ao tusir ou esbirrar, ou se non se dispón de pano, na cara interna do cóbado. Ademais, evitarase tocar os ollos, o nariz e a boca coas mans.

É importante tamén procurar unha axeitada ventilación dos espazos interiores optando preferentemente por espazos abertos e tratando de evitar aglomeracións.

Non se debe esquecer o mantemento da distancia de seguridade, o uso axeitado da máscara e atender ás restricións específicas que se poidan establecer en cada comarca ou concello.

AECT Río Miño lanza chamamento aos Gobernos de Portugal e España para “deixar de castigar as traballadoras e os traballadores transfronteirizos”

Alcaldes e alcaldesas dos 26 municipios portugueses e galegos que compoñen a Agrupación Europea de Cooperación Territorial (AECT) Río Miño esixiron aos Gobernos de Portugal e España o “debido e merecido respecto” polos miles de traballadoras e traballadores transfronteirizos e centenares de transportes de mercadorías que, diariamente, atravesan os oito pasos fronteirizos existentes entre o Alto Miño e Galicia e que están a ser “castigados” co peche de fronteiras e a concentración nun único punto autorizado, a Ponte Internacional de Valença.

Durante unha acción simbólica reivindicativa decorrida, esta na mañá de onte, na Ponte Eiffel de Valença-Tui, a medida imposta por ambos os gobernos foi clasificada de “castigo inapropriado” para as traballadoras e os traballadores transfronteirizos, un “erro colosal” e unha posición “escandalosa”, sendo reclamada a abertura urxente de todos os puntos de paso entre o Alto Miño e Galicia co debido control e permiso de circulación para estas excepcións.

“Non estamos a pedir que pasen máis persoas, mais antes que pasen as mesmas polos locais habituais”, sinala o director do AECT Río Miño e alcalde de Vila Nova de Cerveira, Fernando Nogueira, subliñando que “ten de haber respecto pola saúde pública, mais tamén polas traballadoras e traballadores transfronteirizos”.

“Os gobernos están a obrigar as persoas a facer centenares de quilómetros de máis, con prexuízo para a saúde física e psicolóxica. Temos coñecemento de decenas de profesionais de saúde de ambos os lados que están na liña da fronte ao combate á Covid-19 e que agora se veñen obrigados a levantárense máis cedo e a pasar horas en caravanas”, explicou o tamén presidente da Câmara Municipal de Vila Nova de Cerveira. “O Goberno portugués alega a falta de recursos humanos para decretar o peche dos puntos de fronteira, e entón pasa a carga dos custos, que é un deber do Estado, para as traballadoras e os traballadores transfronteirizos”, engade.

O edil cerveirense considerou aínda que este peche de puntos de paso e a concentración nun só local está a ter o efecto inverso ao que o Goberno esperaba. “A xustificación para esta medida é a de prevención de contaxios, mais a verdade é que se está a potenciar contactos, aglomeracións na fronteira e, consecuentemente, posíbeis contaxios”, alertou Fernando Nogueira, que aínda baralla a hipótese de se “intentar unha acción contra o estado portugués por atentado á saúde publica, no límite, e se existiren condicións legais para o facer. É un asunto que ten que ser xuridicamente estudado”.

O vicedirector do AECT Río Miño e deputado de Mobilidade, Uxío Benítez, falou en “auténtico escándalo” protagonizado por ambos os gobernos, “cometendo o mesmo erro practicado en marzo e abril, mesmo tras a realización de tres protestas e de varias reunións para dar a coñecer a realidade dinámica desta fronteira”.

Benítez reiterou que “a decisión dos Estados de non colocar patrullas policiais para economizar gasto, trasladándoos para as traballadoras e os traballadores, é un escándalo”. “Ten de haber controis sanitarios, evidentemente, pero se se permite a pasaxe ás traballadoras e aos traballadores ten que ser por todos os espazos transfronteiros existentes”.

A intención inicial desta acción conxunta era realizar un encontro entre alcaldes e alcaldesas de ámbolos dous lados da fronteira no medio da Ponte Eiffel de Valença-Tui, que se encontra pechada á circulación, respectando os límites territoriais de cada país, iniciativa que non foi autorizada polas autoridades portuguesas.

“Sentimo-nos injustiçadas”

Esta acción simbólica reivindicativa contou coas testemuñas de Carolina Lemos Costa e Daniela Costa, de Vila Nova de Cerveira, enfermeiras nunha residencia de maiores da Guarda onde traballan máis portugueses. O traxecto diario normal era a pasaxe pola Ponte Internacional da Amizade, entre Cerveira-Tomiño, sendo agora obrigadas a desprazarse a Valença e volver para atrás.

“Este peche aumenta moito os quilómetros feitos diariamente, pérdese moito tempo. Acaba por ser un estres –relata Carolina Lemos Costa–. Teño que saír moi cedo de casa cando estou na quenda da mañá, ou entón despois dunha quenda da noite, sen descansar, teño que esperar 25 minutos para pasar. É difícil. Sentimo-nos injustiçadas”, asegurou.

Daniela Costa tamén defendeu a apertura de “máis puntos de paso para facilitar a vida a quen está a traballar”. “Na verdade, nós nunca paramos. Agora a viaxe é máis longa, teñen sido días de moito cansancio e xa vimos dun desgaste físico de varios meses de traballo. Por exemplo, cando facemos as quendas da mañá temos de nos levantar con moito antes para chegar ao traballo a tempo e horas”, argumentou.

Policía Local do Porriño e Garda Civil deteñen a dúas persoas con cocaína e cartos agochados nun vehículo

A Garda Civil do Porriño, en colaboración coa Policía Local do Porriño, detivo o pasado mércores a dúas persoas que se atopaban no interior dun vehículo ao atopar en diferentes partes do coche e logo da identificación dos ocupantes, catro bolsas que contiñan o que logo de comprobou que era cocaína, cun peso de 78,8 gramos así como 420 euros en metálico.

Os detidos, de 49 e 58 anos –veciños de Porriño e Mos e cun longo historial policial e antecedentes penais por tráfico de drogas– foron trasladados ao cuartel da Garda Civil para as correspondentes dilixencias e onte xoves pasaban a disposición xudicial no Xulgado de Instrución número 1 do Porriño.

O Concello de Redondela lembra ao PP que solicitou as axudas para contratar a mulleres vítimas de violencia de xénero “en tempo e forma”

0

A Concellería de Servizos Sociais que dirixe a alcaldesa de Redondela, Digna Rivas, remitiu “en tempo e forma” toda a documentación precisa para acollerse ao programa da Xunta de Galicia que permite a contratación de mulleres vítimas de violencia machista.

O Goberno local lembra que “a loita pola igualdade e a eliminación da lacra que supón a violencia machista” é unha das súas prioridades de Goberno e, nesa liña, acollerase a todas as medidas, como é este tipo de subvencións, que permiten que as mulleres obxecto de violencia machista “poidan recompoñer as súas vidas dende a independencia económica que lles proporciona un traballo digno”.

Doutra banda, o executivo redondelán lamenta “o uso partidista que lle quere dar o PP local a un tema extraordinariamente sensible e co que este Goberno está comprometido dende a súa mesma chegada ao Concello”, sinala o Goberno local.

“Non é de recibo que nun tema como este, os populares tenten desinformar, confundir e enganar a cidadanía” con frases ambiguas como na que aseguran que pediron ao Goberno “por terceira vez, que solicite á Xunta de Galicia as axudas para facilitar ás mulleres vítimas de violencia machista, a posibilidade de poder reintegrarse ao mercado laboral”, apunta Digna Rivas.

Con tan só consultar a documentación á que teñen acceso, “poderían comprobar que foi enviada en tempo e forma á Xunta de Galicia, moito antes que rematara o prazo que aínda conclúe o vindeiro 11 de febreiro” e que antes “houbo que estudar, polo miúdo, o encaixe das contratacións a realizar para evitar calquera tipo de irregularidade”, engade a alcaldesa de Redondela.

A violencia machista, que supón non só unha lacra social senón un auténtico inferno para ás mulleres que a sofren e os seus fillos e fillas, “é un tema no que debería extremarse a precaución nas declaracións públicas, dada a inquedanza que producen e, cando máis, se son infundadas e teñen unha clara motivación política”, finaliza Digna Rivas.

O PSdeG denuncia a “falla de investimentos” da Xunta en Nigrán

0

A deputada socialista por Pontevedra, Leticia Gallego, mantivo esta mañá unha xuntanza co alcalde de Nigrán, Juan González, e co seu concelleiro de Urbanismo, Diego García, para avaliar as necesidades do municipio. Gallego criticou a “falla de investimentos” da Xunta de Galicia no Concello de Nigrán, onde o goberno galego “non fai nada, ao igual que ocorre noutros municipios que están gobernados por alcaldes do PSdeG”.

Así, a responsable socialista lamentou que nos orzamentos da Xunta de 2021 “non se recollan as demandas deste municipio, que o PSdeG levou nas súas emendas territoriais aos orzamentos”.

Neste senso, a socialista pediu á Xunta a reparación do emisario submariño da EDAR, unha reclamación “urxente” e “feita xa nas contas de 2020”, xa que a infraestrutura “verte auga depurada a menos de 200 metros de praia América”, o que podería supór “un risco para a saúde pública”, se houbese unha avaría na EDAR.

Doutra banda, Gallego solicitou ao goberno galego que dote de novas berarrúas á estrada PO-552 ao seu paso por Priegue e A Ramallosa, xa que as actuais están “destrozadas” e son “inaccesibles”, o que supón “un grande problema” para persoas con mobilidade reducida ou para aqueles que transiten cun cocheciño de bebé.

Por último, a deputada avanzou que o Grupo Socialista levará ao Parlamento galego estes dous asuntos, a través da presentación dunha batería de iniciativas, xa que “non é de recibo a inacción da Xunta” coas demandas da veciñanza de Nigrán.

Chega o Concurso de Bandas Galician Brew-Rock in Río Tea «1.000 euros e 500 birras»

Nin unha pandemia pode acabar coa música nin coas ganas de facer cousas interesantes e boa proba diso a atopanos nos organizadores do festival Rock in Río Tea que, trala redución de eventor por mor da pandemia, retoman a súa actividade. O fan da man de Galician Brew, empresa cervexeira afincada no val do río Tea, –coa que xa colaboraran previamente na creación da cervexa que leva o nome do festival– para retomar un dos seus eventos máis coñecidos: o Concurso de Bandas.

Malia que as bandas xa non poderán subir ó escenario da mítica sala JJ, o concurso volta dun xeito online e novidoso no que as formacións participantes terán que enviar un vídeo dunha canción súa coa letra en galego, ou con subtítulos na mesma lingua, para optar a un premio de 1.000 euros e 500 birras.

O método de inscrición será a través da web de Galician Brew cun prazo que remata o 14 de marzo. De entre todas as bandas que participen escolleranse 20 vídeos finalistas, dos cales 10 serán elixidos por votación popular na rede e outros 10 pola propia organización. Tras a elección de eses vinte vídeos, un xurado de gurús do rock escollerá á banda gañadora que defenderá o premio actuando en directo na fábrica de Galician Brew en Padrons (Ponteareas).

Toda a información relativa ao concurso poderase seguir diariamente na páxina de Facebook do Rock in Río Tea e de Galician Brew.

A concellaría de Eventos do Concello de Ponteareas, que dirixe a acaldesa en funcións, Cristina Fernández, amosou xa ou seu apoio “ao concurso de bandas que cada ano vai vinculado ao festival de música Rock In Río Tea, referente na axenda dos festivais de música de Galicia e norte de Portugal”.

A Xunta e as farmacias galegas colaborarán na detección precoz de novos casos Covid

O conselleiro de Sanidade, Julio García Comesaña, informou onte en rolda de prensa do comezo dun novo programa de colaboración entre a Xunta de Galicia e o Colexio de Farmacéuticos de Pontevedra, que ten por obxectivo incrementar a capacidade de detección de novos casos covid entre persoas asintomáticas.

A iniciativa botará a andar na xornada de mañá coa posta en marcha do programa piloto, no que participaran seis farmacias da provincia de Pontevedra. Neste senso, prevese que desde a vindeira semana se incorporen progresivamente as 235 farmacias desta provincia, que figuran inscritas neste plan ata o de agora, e cuxo prazo de inscrición permanece aínda aberto.

O titular da carteira sanitaria da Xunta apuntou que esta colaboración estenderase no transcurso das próximas semanas ao conxunto das oficinas de farmacia das restantes provincias galegas que, dun xeito voluntario, queiran adherirse ao programa.

Deste xeito, as oficinas de farmacia galegas ofrecerán kits de saliva ás poboacións diana establecidas pola Consellería de Sanidade, inicialmente ás persoas de entre 40 e 64 anos, para, posteriormente, enviar estas mostras ao Laboratorio de Microbioloxía de Vigo, onde se analizarán. Así, unha vez avaliadas, comunicaráselle o resultado ás persoas participantes e, no caso de obter un resultado positivo, realizaráselles unha proba PCR.

Trala xuntanza do grupo de expertos que fai seguimento á evolución da covid en Galicia, Garcia Comesaña apuntou que os derradeiros datos epidemiolóxicos da comunidade galega comezan a desprender certo nivel de estabilidade con lixeira tendencia descendente, tras varias xornadas de ascenso sostido.

Na compaña da directora xeral de Saúde Pública, Carmen Durán, e o xerente do Sergas, José Flores; García Comesaña destacou tamén a incorporación dun novo equipamento que aumentará a capacidade de diagnose do Sergas. Así, estes novos equipos permitirán detectar dun xeito máis rápido e con maior sensibilidade a presenza do virus entre a poboación cribada. Este equipamento incorporarase á totalidade dos servizos de urxencias dos 14 hospitais galegos e, inicialmente, a 24 Puntos de Atención Continuada do Servizo galego de Saúde.

Respecto do Plan de vacinación, o conselleiro de Sanidade remarcou que en Galicia xa se lle administraron as dúas doses da vacina contra a covid-19 a un total de 28.935 persoas. Así, tamén confirmou que na xornada de hoxe comezará a administración da segunda das doses da vacina entre o persoal sanitario de primeira liña.

Durante súa intervención, Garcia Comesaña agradeceu á poboación e ao conxunto de profesionais que traballan no ámbito sanitario, o seu esforzo e dedicación, tanto no cumprimento da medidas establecidas como no desenvolvemento do seu traballo, Neste senso, puxo especial énfase no persoal das unidades de críticos e naqueles profesionais que realizan o traslados de pacientes. Así mesmo, agradeceu á cidadanía que acuda aos chamamentos para participar nos cribados programados polo Sergas, así como ao conxunto de concellos e institucións que participan na sua organización.

No que atinxe aos datos epidemiolóxicos, a directora xeral de Saúde Pública, Carmen Durán, apuntou que nestes intres está a producirse un cambio de tendencia en Galicia, e que estamos nunha fase de “meseta con tendencia decrecente”. A responsable de Saúde Pública destacou o descenso da incidencia acumulada a sete días, fixada no día hoxe en 323 casos por 100.000 habitantes.

A doutora Durán puxo o foco na gran capacidade que está a amosar Galicia na realización de probas diagnósticas, como reflicte o dato de que entre o 22 e o 29 de xaneiro se realizaron máis de 118.000 probas entre test de antíxenos e PCR.

Respecto da presión asistencial, o xerente do Sergas, José Flores, salientou que o derradeiro informe de ocupación hospitalaria rexistra unha ocupación en planta do 16% e dun 42% nas unidades de críticos. Ademais, Flores salientou que dentro da concepción de “hospital único” que está a desenvolver o Sergas, ata a xornada de hoxe, producíronse 26 traslados entre a rede de hospitais galegos, nomeadamente, 19 desde a área de Ferrol e 7 desde a de Pontevedra.

Finalmente, a presidenta do Colexio de Farmacéuticos de Pontevedra, Alba Souto, amosou a vontade de colaboración entre o Colexio e a administración sanitaria galega no ánimo de frear a expansión da covid-19 en Galicia.

O Concello anuncia que contratará a 25 persoas para apoiar varios servizos municipais

O Concello do Porriño, a través do departamento de Emprego, que dirixe David Alonso, anuncia que xa atópase aberto o prazo para os interesados ​​e interesadas ​​en obter contratos de 6 meses para os 25 postos de traballo convocados para reforzar diferentes servizos municipais.

Os solicitantes destes contratos deberán estar desempregados e rexistrados na Oficina do Servizo Público de Emprego (SEPE).

Na táboa adxunta recóllense os departamentos, o número e o tipo de postos de traballo e o código de ocupación para rexistrarse na oficina de emprego.

Estes contratos do Concello do Porriño contan cunha subvención da Deputación a través da Liña 3 do Plan Concellos 2021.

Alcaldesa e conselleiro anuncian as inversións en Educación en Mos para este ano

0

A alcaldesa de Mos, Nidia Arévalo, reuniuse onte pola tarde por videoconferencia co conselleiro de Cultura, Educación e Universidade, Román Rodríguez González nunha xuntanza da que se concluíu, tal e como informou a rexedora local mosense, “a resposta afirmativa por parte do conselleiro á práctica totalidade das propostas realizadas por esta alcaldía”.

As devanditas propostas recollen importantes melloras durante o presente ano 2021 en 3 dos 5 Colexios Públicos de Educación Infantil e Primaria de Mos: Petelos, Atín-Cela, e Mestre Martínez Alonso (Castro-Mos). Os outros dous, Pena de Francia e Sanguiñeda, son os centros que veñen de ser beneficiarios de reformas nos últimos anos; no caso de Pena de Francia cunha mellora integral e Sanguiñeda cunha ampliación do comedor, entre outras obras.

Arévalo declarou a este respecto o seu “agradecemento ante a colaboración da consellería de Educación, tras un ano tan duro e este novo que aventura selo tamén por mor da crise sanitaria da Covid-19, nos que todas as administracións priorizamos a xestión da pandemia como é lóxico pero, a pesar delo, o conselleiro soubo ver a prioridade das necesidades dos centros educativos de Mos, polo que lle estou enormemente agradecida”. “Agradecida e satisfeita, porque tras tantos anos de satisfacción pola mutua colaboración e apoio por parte da Xunta de Galicia e da consellería de Educación ao Concello de Mos, séguense a manter en tempos complicados e difíciles como os que estamos a vivir”, insistiu a rexedora local mosense.

CEIP de Petelos

Deste xeito a alcaldesa anunciou, tras o remate da reunión, que durante este ano a mellora máis importante que se acometerá por parte da consellería de Educación será no CEIP de Petelos, onde se optimizará o illamento térmico cun cambio de ventás e se illará totalmente o ximnasio para evitar filtracións e humidades. Pola súa banda, Nidia Arévalo informou de que será o propio Concello o que asuma o arranxo do firme da pista deportiva exterior, pendente de reposición desde fai uns anos.

Por outro lado o Colexio de Atín-Cela será en 2021 obxecto da substitución de todos os falsos teitos e do remate da renovación de ventás, que comezou en 2019 e da que xa se levan realizado dúas fases. Só queda pendente á última, que supón a colocación das 20 novas fiestras restantes.

Por último, no CEIP Mestre Martínez Alonso de Castro-Mos actuarase en 7 aulas para illalas do calor e as altas temperaturas nos meses máis calorosos do ano, instalando toldos nos seus ventanais; e construirase unha rampa que mellore a accesibilidade entre os dous patios de recreo exteriores que se atopan a diferentes alturas. Ademais, tamén se fará unha reparación de todos os lucernarios.

Proxectos todos estes que suman unha importante inversión da Xunta de Galicia nos centros educativos de Mos para este ano.

O refraneiro popular de Ponteareas pulveriza a súa propia marca nas redes sociais

Se o vídeo do refraneiro do mes de xaneiro que subiu a Concellería de Cultura do Concello de Ponteareas ao seu facebook alcanzou máis de 15 000 persoas, superou as 7200 reproducións e foi compartido por máis de 150, ao do mes de febreiro abondáronlle menos de 24 horas para atinxir máis de 5300 usuarias e usuarios desta rede social, superar as 2000 visualizacións e ser compartido por máis de 100 persoas.

“Entre xaneiro e febreiro, inverno verdadeiro” e “Entroido á raxeira, Pascua á lareira” son dúas destas pílulas de sabedoría ancestral absoluta que achega a nova entrega da Concellaría que dirixe o nacionalista Fernando Groba e que cativan as seguidoras e seguidores desta iniciativa que comeza a consolidarse como unha das máis seguidas das redes sociais en galego. “Sen termos nin os medios nin alcance que teñen os grandes medios de comunicación de masas, os medios informativos xa comezan a falar da nosa iniciativa como o novo Dígocho eu” comenta o edil de Cultura. “Estamos tan sorprendidos como agradecidos polo alcance e a popularidade que está a conseguir a iniciativa. Os nosos vídeos non son máis pequeniñas mostras do noso refraneiro, acompañadas cunha selección de imaxes practicamente caseiras, unha musiquiña ambiental e unha montaxe sinxela (mais coidada) que facemos cunha aplicación para teléfonos móbiles para editar vídeo e ver que estamos a chegar a tantas persoas de todo o país e mesmo de diferentes partes do mundo é moi gratificante”.

O vídeo de febreiro pódese visualizar na seguinte ligazón https://fb.watch/3qVdBtivna/.

O Concello do Porriño autoriza o inicio do muestreo encargado pola Xunta nas zonas afectadas por lindano

O Concello do Porriño autoriza o inicio das mostraxes encargadas pola Xunta de Galicia para investigar zonas do municipio afectadas polo lindano. O traballo de prospección será desenvolvido pola empresa “GEOCISA” (“Geotecnia y Cimientos S.A”).

As mostras de auga e as calicatas de solo realízanse en terreos de titularidade municipal no marco do “Plan integral de investigación para as áreas afectadas pola contaminación por lindano”, promovido pola Consellería de Medio Ambiente da Xunta.

Realizaranse un total de 72 prospeccións. Segundo a empresa, as mostraxes  realizaranse en 11 puntos do Monte da Risca;  en 12 de Alvarin (Atios);  en 25 puntos da parroquia de Torneiros;  en 12 localizacións da parroquia de Pontellas e noutras 12 en Mosende.

O mércores 3, a alcaldesa Eva García autorizou o inicio das mostraxes a “Geocisa”, que notificará unha semana antes a data de inicio dos traballos en cada zona.

Unha resolución do Goberno pon punto e final, 42 anos despois, ao encoro do Salto de Sela

0

O Goberno do Estado, por medio dunha resolución do Ministerio para a Transición Ecolóxica e o Reto Demográfico, vén de declarar extinguida a concesión a Gas Natural-Fenosa o dereito de aproveitamento hidroeléctrico do tramo internacional do río Miño, o Salto de Sela, nos concellos de Arbo, Crecente e As Neves. Tamén nega a posibilidade de cambio de titularidade da concesión que fora solicitado pola compañía.

Con esta resolución acábase cunha loita iniciada a finais de 1978. En decembro daquel ano, a Dirección General de Obras Hidráulicas asinaba a concesión a Fenosa para construír un gran encoro para produción eléctrica de 26,5 metros de desnivel no treito final do río Miño, que coñeceríase, dende entón, hai xa 42 anos, coma Salto de Sela, que tiña a súa cabeceira na parroquia de Vide, nas Neves.

Esa concesión facíase por 75 anos- ata o 2053-, pero a resolución coñecida este mércores remata con ela. Ponse, así o punto e final, comenta Xosé Manuel Rodríguez, alcalde das Neves, a unha “loita de décadas de centos de veciñas e veciños de Arbo, Crecente, Melgaço e As Neves”. Eles, subliña o rexedor nevense, “fixeron imposible que o último encoro proxectado polo franquismo no Miño fose unha realidade”.

A mobilización impenitente destes homes e mulleres durante máis de catro décadas foi retrasando o proxecto ata que por fin, no ano 2000, o Goberno do Estado entendeu que o impacto deste encoro, e das alternativas propostas ao mesmo, causaría un dano ‘irreversible’ tanto ao medio natural, coma no patrimonio cultural e histórico e tamén na actividade socioconómica de toda a zona.

Estes argumentos son asumidos agora polo Ministerio para a Transición Ecolóxica e a Confederación Hidrográfica do Miño-Sil que o ano pasado iniciaron o procedemento para rematar co propósito de construir este encoro e coa concesión do mesmo. “Hoxe, os dous xa son pasado e a loita das veciñas e veciños fai historia”, conclúe Xosé Manuel Rodríguez.

Descende lentamente o número de casos activos por coronavirus en Galicia

A Dirección Xeral de Saúde Pública da Consellería de Sanidade informa que, na última actualización, o número de casos activos de coronavirus en Galicia é de 22.399, deles 5.845 son da área da Coruña, 2.105 da de Lugo, 2.730 da de Ourense, 2.613 da de Pontevedra, 3.830 da área de Vigo, 3.418 da de Santiago e 1.858 da de Ferrol.

Do total de pacientes positivos, 247 están en UCI, 1.070 en unidades de hospitalización e 21.082 no domicilio. Polo de agora, en Galicia hai un total de 77.135 persoas curadas, rexistrándose 1.880 falecementos.

O número de PCR realizadas é de 1.460.951.

O número de doses de vacina contra a covid-19 administradas é de 96.764. A Xunta continúa a traballar desde a máxima coordinación interdepartamental e co Ministerio de Sanidade, tamén mantendo o contacto con todos os axentes socioeconómicos de Galicia. Neste senso, Sanidade reitera que segue alerta actualizando todas as medidas e recomendacións e en vixilancia permanente.

Os datos de centros residenciais de servizos sociais corresponden aos que achegan con carácter diario os propios centros.

Os datos de escolas infantís e centros de ensino non universitario corresponden aos rexistrados diariamente a través da Central de Seguimento de Contactos, os propios centros e as xefaturas territoriais.

Uso do 061 para casos graves e emerxencias e o 900 400 116 para dúbidas

A Consellería de Sanidade reitera que a cidadanía empregue o número 061 só para emerxencias ou casos graves e aconsella utilizar o número gratuíto do 900 400 116 para consultar dúbidas ou síntomas leves de coronavirus.

Sinalar, ademais, que o Sergas ten a disposición da cidadanía a páxina web https://coronavirus.sergas.gal/ na que se pode consultar información dirixida á poboación, aos profesionais sanitarios e a outros colectivos.

Rexistro de viaxeiros no 881 00 20 21 e obrigatoriedade do uso da máscara

Lémbrase que as persoas que visiten Galicia nas vindeiras datas e procedan ou estivesen, durante os 14 días previos á súa chegada, nalgún dos territorios con alta incidencia epidemiolóxica incluídos na listaxe publicada no Diario Oficial de Galicia, deberán facilitar os seus datos de contacto ao Servizo Galego de Saúde, ben a través do teléfono 881 00 20 21 ou ben a través do formulario da web do Sergas.

Ademais, reitérase o carácter obrigatorio do uso da máscara tanto en espazos abertos como pechados, poñendo especial énfase na súa utilización nos locais e establecementos comerciais e de hostalería.

Recomendacións

Os técnicos da Dirección Xeral de Saúde Pública da Consellería de Sanidade volven  reiterar as recomendacións consensuadas entre as comunidades autónomas e o Ministerio de Sanidade, e lembran que, en liñas xerais, aconséllase adoptar as medidas de autoprotección e limitación da diseminación do virus común a calquera infección respiratoria, como a gripe.

Así, extremarase a hixiene de mans, lavándoas frecuentemente, especialmente despois de tusir ou soarse, e cubrirase o nariz e a boca cun pano -preferentemente desbotable- ao tusir ou esbirrar, ou se non se dispón de pano, na cara interna do cóbado. Ademais, evitarase tocar os ollos, o nariz e a boca coas mans.

É importante tamén procurar unha axeitada ventilación dos espazos interiores optando preferentemente por espazos abertos e tratando de evitar aglomeracións.

Non se debe esquecer o mantemento da distancia de seguridade, o uso axeitado da máscara e atender ás restricións específicas que se poidan establecer en cada comarca ou concello.

O servizo de Policía Local de Tomiño volve á normalidade

0

O Concello de Tomiño informa que o servizo de Policía Local do municipio xa está de novo funcionando con normalidade logo de poder restituír as quendas que por escaseza de persoal non puideron ser cubertas durante un total de 15 días do mes de xaneiro. O motivo principal deste situación debeuse á improbable coincidencia temporal da baixa médica de dous dos axentes, ao desfrute de días de permiso por parte de outros dous e á finalización do contrato dos axentes auxiliares o pasado 31 de decembro, o que imposibilitou a prestación do servizo nas condicións habituais.

Na actualidade o servizo xa se atopa funcionando con normalidade logo da contratación dun axente auxiliar por un período de 6 meses con fin de restablecer o servizo, que xa se atopa traballando nestes momentos, e da recuperación dun dos axentes que se atopaban en situación de baixa. Desde o Concello de Tomiño alégranse da súa reincorporación e aproveitan para darlle a benvida de volta.

Do mesmo xeito, o Concello de Tomiño informa de que se convocou a praza vacante existente, a espera de que a Academia de Policía Local saque adiante a convocatoria e Tomiño poida contar cun novo axente a partir do verán, reforzando así o servizo de cara ao futuro con esa nova incorporación.

O Concello de Tomiño quere agradecer o labor desenvolvido polo corpo de Policía Local do municipio, especialmente nunha situación complexa e delicada como a acontecida durante as últimas semanas, unha anomalía no servizo debido a causas imprevisibles e que representaron unha excepción única en 14 anos de goberno local.

O Concello de Nigrán organiza un concurso de entroido telemático dirixido a grupos conviventes

0

O Concello de Nigrán celebrará este ano o entroido cun concurso de disfraces telemático dirixido a familias de conviventes co obxectivo de que se festexe esta tradicional data na intimidade familiar e, polo tanto, sen risco sanitario algún. Como incentivo para a participación, os premios constarán de tablets e cestas gastronómicas.

O certame está dirixido a calquera grupo de conviventes, independentemente da súa idade (mínimo 3 persoas) e de onde vivan. O requirimento imprescindible para todos os casos é que fagan unha foto de grupo onde se vexa un cartel que poña ‘Entroido Telemático 2021-Concello de Nigrán’ e sexa enviada con calidade suficiente a [email protected] entre o 12 e 16 de febreiro. Non se admitirá ningunha imaxe con posterioridade a esa data nin aquela na que non figure o cartel físico ‘Entroido telemático 2021-Concello de Nigrán’ que demostre que o grupo fixo esa foto ex-profeso para participar neste concurso. As imaxes serán subidas ao Facebook do ‘Concello De Nigrán’ a medida que se vaian recibindo (do 12 ao 16 de febreiro) e gañarán os tres grupos que sumen máis ‘Me Gusta’ (inclúe ‘Me Encanta’ ou ‘Me importa’) o 17 de febreiro ás 12:00 horas e aquel que non teña ningún (se é o caso). Cada grupo premiado recibirá unha tablet e unha cesta de produtos gastronómicos típicos do entroido galego.

“Ante a situación sanitaria organizamos este certame para animar ás familias a que se disfracen cos seus pequenos xa que non haberá o tradicional desfile escolar nin, por descontado, o concurso de comparsas organizado desde o Concello ou outras actividades”, explica o alcalde, Juan González, quen agarda que no 2022 se poida festexar con normalidade.

Enterro do kiko

Desde o Concello de Nigrán considérase celebrar o tradicional enterro do kiko co Centro Cultural Parada do Miñor en canto a situación sanitaria o permita con total seguridade, independentemente de que sexa durante o verán.  “É unha tradición de moita raigame en Parada que queremos que siga no 2021 aínda que sexa verán, o importante é desfrutalo”, subliña o rexedor. Esta peculiar celebración naceu en Parada da man do Centro Cultural e Recreativo Parada do Miñor como alternativa ao Enterro da Sardiña, xa que a parroquia non ten mar pero si presume de múltiples galiñeiros con “kikos” (ata o punto de que é a figura que representa á entidade). Ao longo de máis dunha década de vida foi adquirindo sona e, desde hai xa catro anos, o kiko é transportado nun carro de bois desde o Concello ata Parada, onde é velado e incinerado nunha divertida cerimonia.

A Axencia de Doazón de Órganos e Sangue invita á cidadanía a doar sangue

A Axencia de Doazón de Órganos e Sangue (ADOS), fai un chamamento á cidadanía para doar sangue, moi especialmente, aos doantes dos grupos sanguíneos B positivo, B Negativo e Cero negativo.As reservas deste grupos presentan niveis baixos, polo que resulta preciso reforzar o permanente chamamento á participación nas campañas de doazón de sangue.

Desde ADOS convídase a todas as galegas e galegos a continuar amosando o seu carácter solidario para incrementar o numero de doazóns. A demanda de compoñentes sanguíneos por parte dos centros hospitalarios non diminuíu na situación actual, polo que necesitamos da colaboración e xenerosidade de todos e todas para conseguir entre 400 e 500 doazóns de sangue diarias.

Desprazamentos

As dez unidades móbiles da Axencia de Doazón de Órganos e Sangue visitarán, ao longo destes días, numerosos concellos galegos para acadar a participación necesaria para garantir o desenvolvemento do intenso labor asistencial dos centros sanitarios galegos.

ADOS agarda contar de novo coa solidariedade e colaboración dos cidadáns e efectuará os seguintes desprazamentos:

DATACONCELLOS
Xoves,   4 de febreiroPraza de España (Ferrol), Carballo (A Coruña),  Novo Mesoiro (A Coruña), Área central-Fontiñas (Santiago), Palmeira (Ribeira), Lalín (Pontevedra), Rúa Príncipe (Vigo), Monforte (Lugo), Rúa do Pase (Ourense).
Venres, 5 de febreiroPraza de España (Ferrol), Carballo (A Coruña), Zona Monte Alto (A Coruña), Ribeira (Santiago), Aquiño (Ribeira), Ribadumia (Pontevedra), Redondela (Vigo), Monforte (Lugo), Verín (Ourense)
Sábado, 6 de febreiroZona Monte Alto (A Coruña), Ribeira (Santiago), Ribadumia (Pontevedra), Redondela (Vigo), Sobrado dos Monxes ((Lugo)

Ademais, tamén se pode doar sangue nos locais de doazón existentes nas sete grandes cidades galegas:

 HORARIO
HOSPITAL CLÍNICO UNIVERSITARIO DE SANTIAGOLuns a venres das 8.00 ás 22.00 horas Sábados das 8.00 ás 15.00 horas
HOSPITAL UNIVERSITARIO DA CORUÑALuns a venres das 8.00 ás 22.00 horas Sábados das 8.00 ás 15.00 horas
HOSPITAL ARQUITECTO MARCIDE DE FERROLLuns das 15.00 ás 22.00 horas Martes, mércores e xoves das 08.00 ás 15.00 horas Venres das 8.00 ás 22.00 horas
HOSPITAL LUCUS AUGUSTI DE LUGOLuns e venres das 15.00 ás 22.00 horas Martes, mércores e xoves das 08.00 ás 15.00 horas
HOSPITAL UNIVERSITARIO DE OURENSELuns e venres das 15:00 ás 22:00 horas Martes, mércores e xoves das 8:00 ás 15:00 horas
HOSPITAL PROVINCIAL DE PONTEVEDRALuns e venres das 08.00 ás 15.00 horas Martes, mércores e xoves das 15:00 ás 22:00 horas
HOSPITAL NICOLÁS PEÑA DE VIGOLuns a venres das 8.00 ás 22.00 horas Sábados das 8.00 ás 15.00 horas

Doar, moi sinxelo

Pode doar sangue calquera persoa con máis de 18 anos, que pese máis de 50 quilos e que non padeza nin teña padecido enfermidades transmisibles polo sangue. A doazón de sangue é un acto sinxelo que permite a moitas persoas solucionar o seu problema de saúde e mesmo salvar a vida. Para máis información, ADOS dispón do sitio web: ados.sergas.gal, as páxinas de ADOS en redes sociais, e o teléfono gratuíto de cita previa 900 100 828 para resolver calquera dúbida relacionada coa doazón de sangue ou coñecer a data dos desprazamentos das unidades móbiles. Pode atopar máis información no seguinte código QR:

ADOS lembra que, aínda que se pode acudir de forma espontánea, é recomendable solicitar cita no teléfono antes sinalado.

AECT Río Miño defende a reapertura urxente de máis puntos para atravesar a fronteira do Alto Miño con Galicia

A Agrupación Europea de Cooperación Territorial ( AECT) do Río Miño reforzou, en reunión realizada esta semana, a través de videoconferencia coa participación de 18 municipios portugueses e galegos, o total desacordo coa medida decretada polos Gobernos de Portugal e de España para un novo peche de tres pontes sobre o río Miño, que entrou en vigor ás 00h00 de 31 de xaneiro, como medida de contención á pandemia Covid-19.

Á semellanza do que aconteceu no peche das fronteiras do pasado mes de marzo, esta medida revela unha total falta de coñecemento da realidade deste territorio fronteirizo. Durante ese período, a Ponte Internacional de Tui-Valença (entón o único punto autorizado de paso) concentrou cerca de 44% do total da mobilidade entre España e Portugal, polo que, tras percibir o impacto na vida dos miles de traballadores e traballadoras transfronteirizas, os respetivos Gobernos recoñeceron esta situación e reabriron as pontes de Cerveira-Tomiño, Monção- Salvaterra e Peso-Arbo ( Melgaço).

Só algúns meses despois, e nun segundo momento de peche de fronteiras, é completamente incomprensíbel non ter esta realidade en conta, enveredando por unha medida que potencia ‘o efecto funil’ nun único punto de apoio (Valença-Tui a 24h) e, consecuentemente, concellos que poden propiciar un maior foco de contaxio, como así se comprobou o primeiro día útil de traballo: quilómetros de filas de tránsito para atravesar a fronteira, desperdícios de tempo innecesarios e, unha vez máis, a introdución dun inexplicábel obstáculo a unha poboación de fronteira que xa non sente a fronteira, mais antes se senten cidadáns dunha Europa sen fronteiras.

Hai aínda que subliñar que os horarios de abertura parcial estipulados para a Ponte Internacional Monção- Salvaterra do Miño tampouco serven os traballadores e traballadoras transfronteirizas que desempeñan funcións por quendas diferenciadas, obrigando a varios centenares a ter que recorrer ao único punto de apoio aberto 24h ou optar polo desespero de agardar polo período autorizado.

Neste sentido, unha vez máis os Municipios portugueses e Concellos galegos do AECT Río Miño apelan aos Gobernos de Portugal e de España que teñan en liña de conta esta realidade e que procedan á reabertura de, polo menos, das pontes internacionais de Cerveira-Tomiño, Monção- Salvaterra, Peso-Arbo (Melgaço), e do posto fronteirizo da Madalena entre Lindoso e Lóbios (Ponte da Barca – Orense), cun horario verdadeiramente adecuado ás necesidades dos traballadores e traballadoras transfronteirizas.

Os Municipios portugueses e Concellos galegos do AECT Río Miño facilítanse aínda para colaborar no que for necesario para que a reapertura aconteza o máis rápido posíbel, evitando sobrecarregar aos traballadores e traballadoras transfronteirizas con máis custos, colocándoos en situacións de desgaste físico e psicolóxico debido a filas interminábeis, con impacto o día a día persoal e profesional, non tendo o mesmo rendemento produtivo. Nunha situación de crise socioeconómica non é xusto trasladar máis custos para os traballadores e para as traballadoras transfronteirizas (combustíbel, tempo), que deberían ser soportados polos Estados, coa colocación dos medios necesarios para o control de mobilidade nos diversos puntos de paso fronteiriza ao longo da fronteira do Alto Miño. Unha vez máis destácase que, de acordo coa publicación do Observatorio Transfronteirizo España-Portugal de 2019, dos 60 puntos existentes entre ambos os países, os de Valença-Tui, Cerveira-Tomiño e Monção- Salvaterra están entre os cinco con maior fluxo de tráfico transfronteirizo e representan máis do 50% total entre Portugal-España (mesmo non existindo datos sobre a Ponte Internacional Peso-Arbo, en Melgaço).

Finalmente, AECT Río Miño volve a reivindicar aos Gobernos de Portugal e España, e tamén á Xunta de Galicia, a creación dunha tarxeta do cidadán transfronteirizo que se poderá tornar indispensábel para vivencia social e para a economía destas rexións de fronteira, ben como a implementación dunha ITI – Intervención Territorial Integrada de carácter transfronteirizo, con vista a concertar os fondos europeos do próximo cadro comunitario, de modo a que as rexións fronteirizas sexan compensadas por este segundo e duro golpe socioeconómico.

A Deputación entrega os premios ‘Sofía Novoa’ que amosan a calidade da investigación feminina con propostas para rachar roles de xénero

A entrega dos Premios Sofía Novoa convocados por quinto ano pola Deputación de Pontevedra volveu visibilizar a gran labor investigadora con perspectiva de xénero que se está a facer na Universidade de Vigo e converteuse un ano máis nunha festa de visibilización do talento e traballo das mulleres no ámbito académico. A sede viguesa da institución provincial acolleu onteá a cerimonia, desta vez en formato reducido para garantir a seguridade sanitaria fronte á Covid-19, na que se distinguiron os traballos fin de grao (TFG) e fin de máster (TFM) galardoados por contribuír a estender a igualdade real e efectiva entre mulleres e homes.

As catro gañadoras, Judit Cerviño Malvido, María Tenorio Solla e Patricia Torres Ferradás, na modalidade de TFG; e Andrea López Pastoriza, na de TFM, interviron desde os seus domicilios no evento presidido pola máxima responsable da Deputación, Carmela Silva, que presentou a profesora universitaria e membro do xurado Silvia Pérez Freire e estivo amenizado en directo pola pianista Estefanía Cereijo. Na entrega de premios participaron tamén as titoras das premiadas, as súas familias e Fernando Novoa, sobriño da musicóloga e pedagoga que da nome aos premios.

“É unha alegría ver que as mulleres novas recollen a bandeira do feminismo cun traballo de coñecemento, análise e investigación”, resaltou a presidenta da Deputación, para salientar a calidade académica e o talento feminino en todos os ámbitos na provincia. “Estes traballos servirán para que moita xente poida velos, aprender e compartir. Axudan a avanzar cara unha sociedade plena, que é precisamente o que persigue o feminismo”, explicou Carmela Silva, quen felicitou ás premiadas, ás súas titoras e a Estefanía Cereijo polas súas interpretacións na cerimonia.

Ademais, a presidenta da Deputación reivindicou a figura de Sofía Novoa Ortiz, “unha muller extraordinaria, culta e comprometida co tempo e o espazo que lle tocou vivir, que foi silenciada, e por iso estes premios levan o seu nome e estamos aquí para visibilizala a ela e a tantas e tantas mulleres inxustamente esquecidas ao longo da historia”, resaltou.

Pola súa banda, Silvia Pérez Freire sinalou que “premios como os Sofía Novoa son moi necesarios para naturalizar a perspectiva de xénero e posicionar ás mulleres no lugar que merecemos”. A profesora da Facultade de Ciencias Sociais e da Comunicación considera prioritario “discernir os estereotipos e todo o que interfire gravemente para ter un trato igualitario”. Freire celebrou o traballo da Deputación en materia de igualdade e tamén reflexionou sobre o movemento #MeToo, que centra un dos traballos gañadores. “Colocou na discusión pública o recoñecemento dos actos de violencia e posibilitou que persoas exitosas con comportamentos repudiables poidan ser acusadas e paguen un prezo“, indicou.

Educación e comunicación

A educación con perspectiva de xénero nos niveis de infantil, primaria e secundaria, e a análise xornalística do movemento feminista #MeToo foron os protagonistas desta edición, ao que concorreron 20 traballos. O Morrazo ten un protagonismo especial este ano no certame, pois todas as galardoadas son veciñas desta comarca, ao igual que a pianista, natural de Bueu. A presentadora, Silvia Pérez Freire, reside en Cangas, concello no que vive Mari Lires, titora dun dos traballos. Nesta vila, precisamente, repousan as cinzas de Sofía Novoa nun panteón familiar por desexo expreso da musicóloga.

Judit Cerviño (Bueu), graduada en Educación Infantil pola Facultade de Ciencias da Educación de Pontevedra, gañou un dos premios de 1.000 euros do apartado de TFG coa investigación “Traballar con perspectiva de xénero e publicidade en Educación Infantil”, dirixida pola profesora Azucena Arias. O traballo deseña propostas didácticas dirixidas a que mestras e mestres poidan axudar ao alumnado a recoñecer estereotipos. As súas propostas leváronse á práctica nunha aula e permitiron constatar que o alumnado xa ten asumido estereotipos sexistas a temperá idade a través da exposición á publicidade. “Existe un contacto continuo desde moi pequenos. A igualdade debe ensinarse desde estas idades para evitar problemas posteriores de maltrato psicolóxico, físico e outras violencias”, explicou a gañadora na súa intervención.

O impacto do #MeToo

O traballo de María Tenorio (Bueu), graduada en Comunicación Audiovisual, tamén recibiu un premio de 1.000 euros. “Miradas cruzadas: unha visión comparada sobre o tratamento informativo da cuarta ola feminista trala irrupción do movemento #MeToo en España e Brasil: El País e Folha de Sao Paulo (2017-2018)”, dirixido polo profesor Alberto Pena, analiza o impacto que tivo nos medios o #MeToo (outubro 2017) e o cambio que implicou. “O #MeToo serviu de altofalante mediático primeiro polas estrelas do cinema estadounidense e despois ampliándose a todos os eslabóns da sociedade. Abriu unha porta a compartir e concienciar á sociedade da necesidade dunha igualdade real”, reflexionou durante a cerimonia a gañadora, que cualificou de “iniciativa marabillosa” os Premios Sofía Novoa.

A importancia do traballo das mulleres

O accésit de 600 euros foi para Patricia Torres (Bueu), graduada en Educación Primaria, polo TFG “As saídas didácticas na Educación Primaria para o ensino das ciencias con enfoque coeducativo”, titorizada por María Álvarez Lires). O traballo, dirixido pola profesora Mari Lires, está vinculado ás mulleres do mar e particularmente da industria conserveira, cunha intervención didáctica para que as nenas e nenos tomen conciencia da importancia do seu papel. “O alumnado sentiuse implicado ao coñecer as testemuñas de mulleres que traballaron na conserveira de Massó, mulleres que forman parte de tantas familias, e percibimos que as rapazas e rapaces valoraron a súa importancia tanto no ámbito familiar como social”, comentou Patricia Torres.

O papel das orientadoras e orientadores educativos

Na modalidade de Traballos Fin de Máster o premio de 1.000 euros foi para Andrea López Pastoriza, veciña de Moaña e Educadora Social e Máster en Menores en Situación de Desprotección e Conflito Social. O traballo, dirixido pola profesora Fátima Braña, céntrase nos “Trazos de xénero na configuración da identidade e orientación do alumnado na Educación Secundaria Obrigatoria”. “Quería seguir a miña investigación sobre os motivos de que existan estudos masculinizados e feminizados. As orientadoras e orientadores son un nexo entre familia, alumnado e profesorado, e constatei que teñen unha preocupación e unha loita moi importante pola formación con perspectivas de igualdade e liberdade”, expuso Andrea López, que repite como premiada, pois xa gañou un “Sofía Novoa” en 2018 por un TFM para o seu máster en Menores en situación de desprotección e conflito social.

Talento musical

Estefanía Cereijo puxo a nota musical a esta festa da investigación con perspectiva de xénero. A pianista abriu a cerimonia coa peza “Consolation No. 3” de Franz Liszt e no transcurso do acto interpretou tamén “Gnossienne No. 1: Lent” de Erik Satie, para pechar con “The Piano”, banda sonora de Michael Nyman para o filme do mesmo título. Unha vez máis, a Deputación segue a visibilizar o talento das mulleres artistas ao incluír actuacións nos seus eventos. “A cultura, como a igualdade, non pode ser confinada, e na provincia temos un extraordinario talento no eido da música. Animo a todas as administracións públicas a organizar actividade cultural, porque a cultura non pode parar”, destacou Carmela Silva. O acto contou con dúas intérpretes en lingua de signos.

Nas cinco edicións dos Sofía Novoa presentáronse 101 traballos que acadaron 25 premios en ámbalas dúas modalidades (Fin de Grao e Fin de Máster). As investigacións con perspectiva de xénero premiadas versaron sobre o fomento da igualdade na educación infantil, primaria e secundaria; tradución e xénero; audiovisuais; linguaxe sexista; tratamento informativo da cuarta ola feminista; coeducación; perspectiva de xénero na aula de inglés; ciencia e xénero; e estereotipos entre outras temáticas.

Rematadas as obras da pista deportiva, parque infantil e biosaudable en Areas, Tui

0

Está xa rematadas as obras de acondicionamento da pista deportiva, a recuperación e ampliación do parque infantil e a creación dun parque biosaudable na parroquia de Areas. Supuxeron un investimento de 53.495,08 euros financiados ao abeiro do Plan Concellos 2018 da Deputación de Pontevedra.

Con estas obras o Concello de Tui prosegue co seu obxectivo de recuperar zonas de esparexemento e lecer baixo a “perspectiva de crear espazos inclusivos para o goce de todos os membros da familia, sen facer distincións nin de idade nin de capacidades”. A concelleira de Parque e Xardíns, sinala que “o equipo de goberno ten apostado por este proxecto, tan demandado durante anos pola veciñanza da parroquias de Areas, sen perder a perspectiva do uso do lugar coma recinto das festas parroquiais”.

En concreto os traballos realizados consistiron no pintado das pistas deportivas de fútbol e baloncesto, coa colocación de novas canastas, e a recuperación das porterías existentes. Dotouse ás pistas de nova iluminación coa colocación de dúas columnas de aceiro corten con 4 proxectores led, co que se aposta polo aforro enerxético, cumprindo co compromiso adquirido na sinatura do Pactos dos Alcaldes polo clima.

[su_image_carousel source=”media: 29766,29765,29764,29770,29769,29768,29767″ crop=”5:4″ link=”lightbox” autoplay=”0″]

Por outra parte na carballeira recuperáronse os elementos existentes do parque infantil, nunha aposta pola economía circular. Amais engadíronse novos elementos inclusivos, un teléfono, un columpio inclusivo, un xilófono e dous paneis adaptados a nenos con deficiencia visual e auditiva, así coma unha rede de escalada.

A colocación destes elementos levou a cabo tendo en conta os que os parques non só lugares de lecer, senón tamén puntos de encontro e aprendizaxe. Tendo en conta amais que o xogo é o medio máis efectivo para que os cativos e cativas desenvolvan as súas capacidades cognitivas, estes elementos permiten fortalecer a súa creatividade e imaxinación.

Na zona tamén se xerou un novo espazo para o exercicio físico dos maiores, coa colaboración de elementos biosaudables e colocouse novo mobiliario coma bancos, papeleiras de orgánico e recollida selectiva, unha fonte de auga e un bibicleteiro. No axardinamento realizouse unha pequena poda da carballeira, e plantáronse 8 liquidámbar que formarán unha cortina vexetal entre o parque e a estrada.

A concelleira de Parques e Xardíns, Yolanda Rodríguez, sinala que dende o Concello “continuase co labor de crear novos espazos ao aire libre nun entorno natural acondicionado para todos e cada un dos membros da familia, sen ningún tipo de distinción, lugares agradables de encontro para o esparexementos e a práctica de deportes ao aire libre”. Engade que “hoxe máis ca nunca consideramos que son imprescindibles non só no centro urbano, senón tamén en todas e cada unha das parroquias” polo que afirma “continuaremos traballando nese senso”.

Precisamente nesta liña o concello de Tui, ao abeiro do Plan Concellos 2019, ten arestora en licitación o acondicionamento do parque infantil situado nas proximidades do CEIP de Guillarei e do situado nas instalacións do CRA nas Bornetas, que serán executados en breve.

Por último dende o Concello de Tui fan un chamamento á veciñanza a facer un uso responsable destas instalacións.

Ponteareas adquire terreos en tres parroquias para incrementar os equipamentos sociais das casas e centros culturais

O Concello de Ponteareas vén de mercar catro parcelas que permitirán incrementar os equipamentos culturais e sociais das parroquias de Arnoso, Bugarín e Xinzo. Os terreos están situados a carón ou na contorna das Casas e Centros culturais destas parroquias e supuxeron un investimento total de 41.878 euros para unha extesión conxunta de 2.806 m².

No caso de Arnoso adquiríuse a única finca sen edificar que limita coa Casa Cultural e polo tanto a única posibilidade de ampliar os terreos na súa contorna. A intención do Goberno Local e adicar esta parcela a ampliar as instalación da Casa Cultural para que conte cun salón de actos acorde coa parroquia xa que o tamaño do actual correspóndese co dunha aula da antiga escola. En Bugarín a parcela mercada limita co Centro Cultural e converterase nun espazo de xogos infantís e outros usos sociais. Finalmente no caso de Xinzo tratase de dúas parcelas situadas na contorna do Centro Cultural que teñen como finalidade a construcción dun parque infantil. Nesta parroquia o Goberno Local ten abertas xestións coa propiedade doutras parcelas lindantes para completar os terreos que se precisan para esta finalidade.

Os prezos de adquisición foron fixados mediante valoración realizada pola arquitecta municipal a partir dos prezos estabelecidos oficialmente pola Xunta de Galicia, sumando un total de 41.878 euros cunha extesión conxunta de 2.806 m². O alcalde, Xosé Represas, agradeceu a boa disposición de todos os propietarios e propietarias para facilitar esta adquisición para o patrimonio municipal a eses prezos mesmo inferiores aos de mercado en libre concurrencia.

Xosé Represas salientou que “este investimento financiado con fondos propios é un novo exemplo da boa saúde económica da que goza o Concello de Ponteareas tralo saneamento económico realizado no anterior mandato. Nos últimos anos Ponteareas adquiríu novo patrimonio, coma dúas edificacións na Praza Maior e propiedades en parroquias coma a de Pías e agora nestas tres parroquias. Tras décadas cun Concello arruinado que era incapaz de adquirir patrimonio para novos servizos públicos agora temos un Concello con capacidade para afrontar estes importantes investimentos”.

Ábrese o prazo de inscrición para os cursos preparatorios dos Certificados de Lingua Galega, Celga

O concelleiro de Lingua, Fernando Groba, vén de dar conta á cidadanía da posibilidade de realizar de xeito gratuíto os cursos preparatorios para os Certificados de Lingua Galega, Celga, que se realizarán de xeito presencial ou en liña, convocados pola Consellería de Cultura, Educación e Universidade.

Na modalidade presencial, convócanse cursos dos niveis Celga 3 e 4 que serán impartidos nos concellos de Pontevedra e Vigo e na modalidade en liña, a oferta inclúe os niveis 1, 2, 3 e 4. O prazo de presentación de solicitudes abrangue desde o 4 ao 24 de febreiro de 2021.

Todas as persoas que estean interesadas e precisen infomación sobre estes cursos poden dirixirse ao Servizo de Normalización Lingüística do Concello de Ponteareas, onde recibirán información detallada sobre estas accións formativas.

Dúas alumnas do Colexio Estudio de Chandebrito, finalistas do concurso dixital de Aqualia 2019 e 2020

0

O alcalde de Nigrán, Juan González, e a xefa de Servizo de Aqualia en Nigrán, Marián Lago, fixeron entrega esta mañá de sendos premios como finalistas nacionais do concurso de debuxo dixital infantil de Aqualia 2019 e 2020 a Luz Hermo Vallejo e Lidia Fernández González respectivamente, ambas do Colexio Estudio de Chandebrito, que recibiron como premio un smartwatch. Este certame nacional de Aqualia é convocado cada ano co obxectivo de concienciar e educar aos máis pequenos sobre a importancia da auga e o traballo que hai detrás de abrir a billa e dispoñer de líquido de calidade.

Na edición 2020 a temática versaba sobre a axenda 2030 de desenvolvemento sostible acordada pola Asemblea de Nacións Unidas, facendo especial fincapé no ODS-6, “auga limpa e saneamento” e no 2019 sobre a investigación do ciclo da auga.

O concurso, no que ata o de agora participaron 250.000 alumnos, está dirixido a 3º e 4º de Primaria e enmárcase nas conxunto iniciativas que regularmente desenvolve Aqualia con colexios, institutos e centros universitarios para darlles a coñecer as fases do ciclo da auga e educar nun uso e consumo máis responsable deste recurso.

O Consello Municipal de Igualdade do Rosal bota a andar

0

O Consello Municipal de Igualdade do Rosal botou a andar este martes coa celebración da primeira reunión dun espazo que busca traballar a corto, medio e longo prazo a prol dunha nova conciencia social baseada no respecto por todas as persoas, independentemente do seu xénero. “Temos o pracer de contar cun consello integrado por persoas dunha gran calidade técnica en cuestións de igualdade que nos permitirá seguir camiñando cara un cambio de mentalidade da sociedade xeral e cara un cambio de actitude e resposta ante as diferentes realidades que xiran arredor da muller”, salienta a alcaldesa, Ánxela Fernández Callís.

O Consello está formado unha vintena de persoas de diferentes idades e perfís, como estudantes universitarios e de bacharelato; persoal técnico en igualdade, saúde mental e diversidade; educadora familiar e educadora social; profesorado de educación secundaria e universitaria; membros das Asociacións de Nais e Pais (ANPA); profesionais en socioloxía, en psicoloxía especializada en psicoeducación, en sexoloxía ou en psicoloxía clínica especializada no ámbito da violencia de xénero. Tamén forman parte do Consello a propia rexedora do Rosal; a concelleira de Igualdade, Sara Vicente; o concelleiro de Educación, Carlos Villanueva; e o concelleiro de Participación Veciñal, Ramón Fernández Leal.

Nesta primeiro encontro por videoconferencia abordouse a propia constitución do Consello e supuxo unha primeira toma de contacto para “traballar conxuntamente na implantación da igualdade a todos os niveis no Rosal, algo que para nós é prioritario”.

Neste sentido, por un lado o Consello traballará na posta en marcha de iniciativas concretas que axuden a seguir revolucionando mentes no día a día do municipio e na integración da igualdade como parte fundamental da axenda cultural ao longo de todo o ano.

Por outra banda, tamén será labor do Consello o debullar un plan estratéxico que permita ao Concello do Rosal perfilar o camiño a seguir para a implantación da igualdade a todos os niveis.  

Mos vólcase coa formación dixital adaptándose ás circunstancias da nova realidade

0

A Concellería de Promoción Económica, Desenrolo Empresarial e Emprego, que dirixe a edil Julia Loureiro, informa de varias iniciativas postas en marcha desde a Axencia de Colocación de Mos nas que as persoas interesadas en inscribirse para participar nelas deberán facelo esta semana.

O Concello de Mos está adherido desde fai anos con organismos relacionados coas novas tecnoloxías. Polo que desde fai anos a orientación tecnolóxica do Concello está definida e clara.

Algúns dos organismos cos que se colabora de xeito moi activo son a Rede Conecta, a través da Fundación Esplai e a Fundación Cibervoluntarias.

A través destas dúas entidades incorpórase á programación formativa da Axencia de colocación do Concello de Mos neste mes de febreiro un obradoiro de márketing dixital on line e unha convocatoria de exames de certificación en novas tecnoloxías.

O taller de márketing dixital on line do Programa Extraordinarias é totalmente gratuíto para os/as participantes e impartirase o 11 de febreiro ás 18.30 horas.

Trátase dun Programa destinado a formar en márketing dixital a mulleres emprendedoras de zonas rurais co  fin de potenciar ideas e negocios activos que están xerando valor e economía local para impulsalos a nivel global. Extraordinarias é un programa conxunto de Zona from Facebook e Fundación Cibervoluntarios xunto co Concello de Mos. As inscricións neste obradoiro deberán formalizarse na web https//mos.portalemp.com.

Por outra banda está a certificación en competencias dixitais Microsoft Office Specialist e IC3. Estas certificacións son posibles grazas ao apoio da Rede Conecta á que está adherido o Concello de Mos.

Trátase da 3ª quenda de exames de certificación (tamén gratuíta) convocada pola Rede Conecta para realizar desde a casa. Cada persoa só poderá apuntarse a unha das dúas modalidades de exame.

As convocatorias son para dúas modalidades: Modalidade Microsof Office Specialist (MOS), cun solo exame sobre Word 2016 o 24 de febreiro ás 10:00 horas,  sobre Excel 2016 o 25 de febreiro ás 10:00 horas, e sobre Power Point 2016 o 26 de febreiro ás 10:00 horas. E Modalidade IC3 GS5, con ata 3 exámenes sobre Fundamentos da Informática o 24 de febreiro ás 12:00 horas,  Aplicacións Chave o 25 de febreiro ás 12:00 horas e O mundo de Internet o 26 de febreiro ás 12:00 horas. A data límite de pre inscrición será o venres día 5 de febreiro. E a devandita pre inscrición deberá formalizarse exclusivamente na ligazón https://fundacionesplai.org/area-formacion/certificacion-de-competencias-tic/formulario-examenes-de-certificacion-gratuita-febrero-2021/?utm_source=mailpoet&utm_medium=email&utm_campaign=difusion_examenes_gratuitos_certificacion_IC3_MOS_febrero

A xestión das inscricións e exames realízase exclusivamente desde a Rede Conecta a través deste enlace.

Será imprescindible a confirmación partir do luns 15 de febreiro de todas as persoas pre inscritas, que recibirán un correo cun formulario adxunto, para confirmar a súa presencia no exame. Só aquelas persoas que confirmen, recibirán a convocatoria online final para o exame. A data límite para esta confirmación é o día 19 de febreiro.

Ante calquera dúbida os/as interesados/as poden contactar coa Axencia de Colocación no teléfono 986487786 para poder xestionar coa Rede calquera incidencia.

“Veciñas na Ciencia”, unha mesa redonda para achegar as máis novas ao ámbito científico

0

O próximo 11 de febreiro celébrase o Día Internacional da Muller e da Nena na Ciencia, e para conmemoralo o grupo de voluntariado da OMIX de Tomiño decidiu organizar un evento que visibilizase a mozas do municipio que escolleron a ciencia para formarse e adicarse a ela de xeito profesional. “Veciñas na Ciencia” é o título da mesa redonda que conformarán cinco mozas de Tomiño, cada unha especializada nunha rama científica diferente, onde falarán da súa experiencia persoal, as dificultades que atoparon á hora de procurar un emprego ou as diferenzas existentes cos seus compañeiros de estudos e de traballo, entre outros temas.

Historicamente a proporción de mulleres que decidiron optar por unha formación científico-tecnolóxica estivo sempre en gran desvantaxe con respecto aos homes. Isto débese en parte a que moitas mozas, a medida que van crecendo e pensando no seu futuro, carecen de referentes nestes ámbitos que as motiven a optar por ese camiño. O evento pretende precisamente achegar estes referentes ás novas xeracións de rapazas que poidan estar pensando adicarse a este ámbito e que teñan dúbidas ao respecto. “A idea é que as mozas vexan que para atopar a mulleres referentes no ámbito científico non precisan saír en documentais na televisión ou en internet, senón que poden ser as súas propias veciñas, esas ás que poden atopar pola rúa ou cando van ao supermercado, de aí o nome do evento”, comenta Henar Alonso, voluntaria da OMIX e unha das organizadoras do evento.

Ademais, aínda dentro das carreiras científicas, moitas mulleres adoitan escoller aquelas que están máis vinculadas ao mundo dos coidados —área tradicionalmente asociada ás mulleres—, polo que se intentou que as participantes pertencesen a ramas pouco convencionais e tradicionalmente relegadas aos homes. A mesa redonda estará composta por:

  • Laura Alonso Martínez (Goián): Enxeñeira forestal con mestrado en xestión da biodiversidade. Actualmente está realizando un doutoramento traballando de investigadora.
  • Laura Otero Rodríguez (Goián): Bióloga e nutricionista, especializada en nutrición natural.
  • Lidia Mariño Carballo (Estás): Licenciada en Veterinaria e cun Mestrado en “Traumatoloxía e ciruxía ortopédica en animais de compañía”, unha especialidade tradicionalmente masculinizada.
  • Noemí Álvarez Núñez (Tomiño): Licenciada en Farmacia e especialista en Farmacia Hospitalaria.
  • Sheila Ríos Campos (Vilameán): Enxeñeira Industrial responsable de loxística en Galicia de Inturasa Pérez Rumbao, S.A. – IVECO.

O evento terá lugar o sábado 13 de febreiro ás 18:00 horas vía streaming e terá unha duración aproximada de unha hora e media. A idea é que o público tamén poida realizar preguntas se hai tempo e que a través delas se xere un debate. Non é imprescindible inscribirse pero si aconsellable. Poderase participar nel a través da plataforma Jitsi Meets e tamén poderá ser seguido a través da canle de youtube do voluntariado da OMIX. Toda a información está dispoñible na web municipal do Concello de Tomiño no apartado de Actividades no que se atopa o evento “Veciñas na Ciencia”. Pódese acceder a través da ligazón: https://tomino.gal/vecinas-na-ciencia-2021/.

[su_image_carousel source=”media: 29735,29734,29736,29738,29733″ crop=”5:4″ link=”lightbox” autoplay=”0″]

Entroido virtual en Arbo para dinamizar a economía local

0

O Concello de Arbo, no seu interese por promocionar a gastronomía, a hostalería, os deportes de aventura, as adegas e o comercio local e para poder contribuir a reactivación dun sector tan importante para o concello e tendo en conta as medidas de prevención necesarias para facer fronte á crise sanitaria ocasionada pola Covid-19, acorda a realización do entroido virtual en Arbo no ano 2021.

Dende o día 5 de febreiro ata o día 12 de febreiro ás 15.00h os interesados poderán enviar as fotografías ou vídeos ao correo habilitado ao efecto.O día 13 de febreiro subiranse as fotografías e os vídeos de todos os participantes ao facebook do Concello de Arbo. Dende o día 13 de febreiro ás 15.00h ata o 15 de febreiro ás 15.00h abrirase o proceso de votacións aberta a todos os visitantes da páxina de facebook do Concello de Arbo nunha entrada creada para cada categoría na poderán dar o seu apoio á fotografía ou vídeo que máis lles guste a través da pestana “me gusta” da propia aplicación. O día 17 de febreiro comunicaranse os gañadores do concurso de disfraces do carnaval 2021 na paxina web do Concello de Arbo e nas redes sociais oficiais. 

O comercio local, o sector turístico, hostalaria, empresas… de Arbo, clave na economía local, foi  un dos máis prexudicados pola crise, con todos os seus establecementos pechados. Co agravante de que a pandemia chegou cando arrancaba a tempada da Lamprea, un período fundamental para a rendibilidade cafeterías, bares, restaurantes, casas de turismo rural…. Ademais, afectou n o ano 2020de cheo  o mes de abril, donde ademais de conincidir a semana santa, se celebra tamén a festa da Lamprea e no ano 2021 volve a xurdir a crise cos establecementos de hostalaría pechado e  peche perimetral no Concello polo que os premios enmárcanse dentro da actividade de fomento da Administración e preténdese estimular aos particulares para desenvolver actividades que se estiman de utilidade público, distinguindo aqueles que máis ou mellor se teñan empeñado nesas actividades. Neste caso en concreto o Concello de Arbo pretende apoiar e estimular o Entroido como manifestación da cultura tradicional galega, asi como ao comercio, autónomos e empresas locais.

Mascarita individual (máis de 12 anos)

  • Primeiro premio: un vale de 75 euros a gastar nos comercios de Arbo.
  • Segundo premio: un vale de 50 euros a gastar nos comercios de Arbo.
  • Terceiro premio: un vale de 30 euros a gastar nos comercios de Arbo.

Mascarita individual ( menos de 12 anos)

  • Primeiro premio: un vale de 75 euros a gastar nos comercios de papelería do concello de Arbo.
  • Segundo premio: un vale de 50 euros a gastar nos comercios de papelería do concello de Arbo.
  • Terceiro premio: un vale de 30 euros a gastar nos comercios de papelería do concello de Arbo.

Grupos conviventes

  • Primeiro premio: un vale de 200 euros a gastar nos comercios locais, hostalaría, adegas, empresas …. do concello.
  • Segundo premio: un vale de 150 euros a gastar nos comercios locais, hostalaría, adegas, empresas …. do concello.
  • Terceiro premio: un vale de 75 euros a gastar comercios locais, hostalaría, adegas, empresas …. do concello.

Galicia rexistra un total de 22.440 casos activos por coronavirus

A Dirección Xeral de Saúde Pública da Consellería de Sanidade informa que, na última actualización, o número de casos activos de coronavirus en Galicia é de 22.440, deles 5.889 son da área da Coruña, 2.093 da de Lugo, 2.815 da de Ourense, 2.578 da de Pontevedra, 3.867 da área de Vigo, 3.366 da de Santiago e 1.832 da de Ferrol.

Do total de pacientes positivos, 247 están en UCI, 1.125 en unidades de hospitalización e 21.068 no domicilio. Polo de agora, en Galicia hai un total de 75.947 persoas curadas, rexistrándose 1.843 falecementos.

O número de PCR realizadas é de 1.447.952.

O número de doses de vacina contra a covid-19 administradas é de 90.730.

A Xunta continúa a traballar desde a máxima coordinación interdepartamental e co Ministerio de Sanidade, tamén mantendo o contacto con todos os axentes socioeconómicos de Galicia. Neste senso, Sanidade reitera que segue alerta actualizando todas as medidas e recomendacións e en vixilancia permanente.

Os datos de centros residenciais de servizos sociais corresponden aos que achegan con carácter diario os propios centros.

Os datos de escolas infantís e centros de ensino non universitario corresponden aos rexistrados diariamente a través da Central de Seguimento de Contactos, os propios centros e as xefaturas territoriais.

Uso do 061 para casos graves e emerxencias e o 900 400 116 para dúbidas

A Consellería de Sanidade reitera que a cidadanía empregue o número 061 só para emerxencias ou casos graves e aconsella utilizar o número gratuíto do 900 400 116 para consultar dúbidas ou síntomas leves de coronavirus.

Sinalar, ademais, que o Sergas ten a disposición da cidadanía a páxina web https://coronavirus.sergas.gal/ na que se pode consultar información dirixida á poboación, aos profesionais sanitarios e a outros colectivos.

Rexistro de viaxeiros no 881 00 20 21 e obrigatoriedade do uso da máscara

Lémbrase que as persoas que visiten Galicia nas vindeiras datas e procedan ou estivesen, durante os 14 días previos á súa chegada, nalgún dos territorios con alta incidencia epidemiolóxica incluídos na listaxe publicada no Diario Oficial de Galicia, deberán facilitar os seus datos de contacto ao Servizo Galego de Saúde, ben a través do teléfono 881 00 20 21 ou ben a través do formulario da web do Sergas.

Ademais, reitérase o carácter obrigatorio do uso da máscara tanto en espazos abertos como pechados, poñendo especial énfase na súa utilización nos locais e establecementos comerciais e de hostalería.

Recomendacións

Os técnicos da Dirección Xeral de Saúde Pública da Consellería de Sanidade volven  reiterar as recomendacións consensuadas entre as comunidades autónomas e o Ministerio de Sanidade, e lembran que, en liñas xerais, aconséllase adoptar as medidas de autoprotección e limitación da diseminación do virus común a calquera infección respiratoria, como a gripe.

Así, extremarase a hixiene de mans, lavándoas frecuentemente, especialmente despois de tusir ou soarse, e cubrirase o nariz e a boca cun pano -preferentemente desbotable- ao tusir ou esbirrar, ou se non se dispón de pano, na cara interna do cóbado. Ademais, evitarase tocar os ollos, o nariz e a boca coas mans.

É importante tamén procurar unha axeitada ventilación dos espazos interiores optando preferentemente por espazos abertos e tratando de evitar aglomeracións.

Non se debe esquecer o mantemento da distancia de seguridade, o uso axeitado da máscara e atender ás restricións específicas que se poidan establecer en cada comarca ou concello.

As sedes da Deputación tínguense de verde para conmemorar o Día Mundial contra o Cancro

A Deputación de Pontevedra sumarase este xoves á conmemoración do Día Mundial contra o Cancro iluminando de verde as súas sedes en Pontevedra e Vigo, tanto o Pazo Provincial como o edificio do Casco Vello vigués, así como a peza escultórica do novo logotipo do Museo situada fronte ao “Edificio Castelao” da cidade do Lérez. Deste xeito a institución únese á demanda da Asociación Española Contra o Cancro para visibilizar e difundir esta doenza e concienciar á sociedade, “máis se cabe nun ano tan difícil como este, pola especial incidencia que ten a covid-19 na enfermidade”.

O Día Mundial Contra o Cancro celébrase cada ano o 4 de febreiro promovido pola Organización Mundial da Saúde, o Centro Internacional de Investigacións sobre o Cancro e a Unión Internacional contra o Cancro. O principal obxectivo desta efeméride, que este ano mantén o lema do ano pasado “Eu son e vou a”, consiste na mobilización social para avanzar cara a prevención, investigación e control desta doenza, facendo un chamamento á participación e compromiso de todas e de todos. Cada ano diagnostícanse no mundo máis de 14 millóns de casos novos de cancro, unha enfermidade que provoca máis de 9,6 millóns de mortes ao ano. Segundo os últimos estudos prevese que un de cada dous homes e unha de cada tres mulleres teña cancro nalgún momento da súa vida. A prevención é fundamental nesta doenza para poder incrementar as posibilidades de curación e mellorar a calidade de vida das persoas que a padecen.

O Concello de Nigrán protagoniza a estrea, este xoves en Movistar+, do novo programa de Zahara ‘Una historia, una canción’

0

Nigrán será o gran protagonista este xoves 4 ás 22:00 da estrea do programa de Movistar+ ‘Una historia, una canción’, conducido pola cantante Zahara, quen continúa así coa súa traxectoria televisiva iniciada como profesora de Cultura Musical en OT 2020. Esta viaxe cultural por catro pobos de España é un proxecto orixinal de Movistar+ , que se decanta polo municipio miñorano para o seu debut, continuando despois por Los Alcázares (Murcia), Cuevas de Cañart (Teruel) e, finalmente, Úbeda (Jaén).

Zahara desprazouse o pasado mes de setembro ata Nigrán para lembrar, cos seus veciños, os incendios forestais de 2017, un dos máis graves dos últimos anos. No programa poderá verse como a cambio dos seus testemuños, a artista regálalles temas de The Beatles, David Bowie ou Ed Sheeran. O gran colofón final deste primeiro episodio é un pequeno concerto gravado no Pazo de Cea do coruñés Xoel López e no que tamén colabora o miñorano Iván Ferreiro e a propia cantante.

“É unha honra que Nigrán fose elixido entre os catro pobos máis bonitos de España e tamén unha gran oportunidade para darnos a coñecer en todo o país, isto é un gancho para cando se poida retomar o turismo nacional”, sinala o alcalde, Juan González, quen asistiu a parte da gravación e asesorou ao equipo de produción para localizar os espazos con máis encanto do municipio. Precisamente, tamén coa temática dos incendios como fío condutor, Nigrán foi con gran éxito no 2018 o protagonista do programa de Calleja ‘Volando Voy’ e tamén de ‘Master Chef’, de Cuatro e TVE respectivamente. “Non desperdiciamos ningunha oportunidade para saír na televisión a nivel nacional porque somos conscientes de que é unha promoción exterior valiosísima”, explica o rexedor.

Que len os autores e autoras premiados da literatura galega?

O Servizo de Normalización Lingüística do Concello de Redondela desenvolve unha nova proposta de promoción da lectura en galego contando, desta volta, coa participación de varios escritores e escritoras que recibiron nos últimos anos importantes recoñecementos. Con esta actividade, que conta coa colaboración das bibliotecas municipais de Redondela, a Concellería de Normalización Lingüística que xestiona a alcaldesa Digna Rivas, quere poñer en valor tanto a obra do autor ou autora entrevistado como aqueloutra que foron importantes nas súas vidas.

A proposta parte dun cuestionario simple no que escritoras e escritores responden sobre os/as autores/as e libros que máis influíron na súa formación, tanto da literatura universal como da literatura galega.

Este libros ofreceranse nun lugar destacado nas bibliotecas a carón das obras publicadas polo autor ou autora entrevistada, de tal maneira que exista un diálogo entre eles. Ademais a través das redes sociais e dos blogues do SNL e de bibliotecas pódese atopar máis información.

A alcaldesa de Redondela, salientaba a importancia dunha iniciativa que non so pon en valor a autores e autoras como Olga Novo, Ledicia Costas, Iolanda Castaño, Anxo Angueira, Darío Xohán Cabana ou Gonzalo Hermo e senón que chama a atención das lectoras e lectores “sobre aqueles outros libros ou autores que deixaron a súa pegada neles”.

A Deputación elaborará ‘Metrominutos’ para os ‘Concellos Ágora’

A Deputación de Pontevedra, a través do departamento de Mobilidade, vai elaborar ‘Metrominutos’ para todos os ‘Concellos Ágora’ que o soliciten. Así o confirmou hoxe o deputado Uxío Benítez, quen destacou que a iniciativa supón unha axuda aos municipios integrantes da rede de traballo provincial para fomentar a camiñabilidade a través dunha ferramenta de comunicación xa recoñecida.

Benítez mantivo na mañá de hoxe unha reunión cos concellos e con persoal da Rede de Cidades que Camiñan (que realizará os deseños) para explicar as características do Metrominuto e como se pode aplicar aos diferentes municipios da provincia. O encontro contou coa presenza de representantes técnicos e políticos de trinta gobernos locais (da comarca de Pontevedra Poio, Ponte Caldelas, Cerdedo-Cotobade e A Lama; do Salnés Meaño, Vilagarcía, Ribadumia e Meis; do Morrazo Bueu, Marín e Vilaboa; de Vigo Porriño, Nigrán, Gondomar, Salceda, Soutomaior e Mos; de Caldas Valga, Moraña e Caldas; do Baixo Miño O Rosal, Tui e Tomiño; do Condado Paradanta Arbo, Salvaterra e Mondariz ; e do Deza Tabeirós Vila de Cruces e Silleda) que se manifestaron interesados na proposta, remitindo xa as primeiras solicitudes formais, que se concederán por orde de chegada.

“A reunión foi un éxito. Esta é unha experiencia piloto que se vai probar, xa que o territorio da provincia de Pontevedra non é o mesmo que o de núcleos urbanos e compactos. Temos que ver de que maneira melloramos iso e facemos metrominutos máis adaptados á nosa realidade dispersa”, apuntou o deputado.

O metrominuto é dun mapa sinóptico deseñado cos códigos visuais dos mapas de metro que mide distancias e tempos camiñando entre os principais puntos de centralidade (servizos, prazas, parques, centros de barrio…) de cada vila ou cidade de calquera tamaño.

A súa finalidade é desdramatizar a cultura do camiñar, poñendo en evidencia a proximidade entre lugares recoñecibles, ademais de resaltar a importancia de ir construíndo cidades compactas, densas e diversificadas, onde as necesidades da vida cotiá poden resolverse en traxectos curtos a pé.

O primeiro metrominuto naceu en 2011 froito dun laboratorio de ideas sobre mobilidade peonil na cidade de Pontevedra e desde entón foron numerosas cidades as que optaron por adaptar esta idea á súa oferta informativa sobre mobilidade. En 2013 mereceu o Premio Intermodes da axencia homónima.

O deseño dos metrominutos da Rede Ágora contará coa colaboración da Rede de Cidades que Camiñan, que vai executar o deseño para cada un dos concellos. Nestes momentos está en elaboración xa un dossier explicativo específico para a rede Ágora e as características do territorio pontevedrés.

Gonzalo Caballero no Congreso: “Aznar prorrogou a concesión da AP-9 e Rajoy vetou debater a súa transferencia a Galicia”

O secretario xeral do PSdeG, Gonzalo Caballero, interveu onte no Congreso dos Deputados para defender a transferencia a Galicia da AP-9, unha cuestión reclamada xa por Emilio Pérez Touriño dende a presidencia da Xunta a pesares de que outros “tenten agora colgarse medallas”.

Ao respecto, o líder dos socialistas galegos puxo en valor que un goberno progresista permite o debate sobre esta cuestión no Congreso, logo de que o PP, con Rajoy como presidente, impedira a súa tramitación. “Mentres o goberno de Aznar prorrogou a concesión da autopista ata 2048 e o goberno de Mariano Rajoy vetou de xeito continuo o debate da transferencia da AP-9 a Galicia no Congreso, é necesario avanzar na rebaixa das peaxes e no traspaso da autopista”, destacou.

Ao fío disto, Gonzalo Caballero subliñou que “aínda hoxe é máis caro en peaxes desprazarse de Vigo á Coruña que de Vigo a Madrid” e que se traduce “nunha peaxe de 22,30 euros por circular do sur ao norte de Galicia” que “resulta inadmisible”. “É unha carga abusiva que limita a mobilidade e a competitividade aos galegos e ás galegas”, advertiu, sen esquecerse das restricións que impón ás persoas con “maiores dificultades económicas”.

Así pois, o dirixente socialista puxo o foco en que cómpre “aliviar” este “auténtico espolio”, o dunha concesionaria que recada máis de 300.000 euros ao día ata 2048 debido ao “regalo envenenado que nos deixou Aznar aos galegos e ás galegas”. Precisamente por iso agradeceu aos grupos que apoiaron os Orzamentos Xerais do Estado, “posibilitando o que vai ser unha rebaixa histórica das peaxes neste ano” a través dos 63 millóns de euros destinados a bonificacións na AP-9.

“Galeguismo” do PSdeG

Canto á transferencia, Gonzalo Caballero reivindicou o “galeguismo” do PSdeG por seren o único partido dos presentes neste debate que participou na redacción do Estatuto de Autonomía de Galicia –texto que confire instrumentos para solicitar o traspaso desta vía– e recordou que outras autopistas de titularidade estatal foron transferidas xa en nacionalidades históricas como Euskadi e Cataluña.

“Os argumentos que se poidan aducir en contra do traspaso da AP-9 véñense abaixo á vista dos precedentes”, engadiu o máximo responsable do PSdeG.

“A posición dos socialistas galegos non é romper España, senón fortalecela na súa diversidade, ni vaciar o Estado, senón construír un Estado eficiente, responsable e moderno. Cremos no estado das autonomías, na cogobernanza e no principio de subsidiariedade para unha xestión racional da AP-9”, argumentou Gonzalo Caballero.

Guillermo Meijón

Pola súa banda, o coordinador dos deputados do PSdeG no Congreso, Guillermo Meijón, defendeu tamén o traspaso a Galicia da AP-9, a que é “a nosa calle Maior”. Apelou a criterio de “equidade e xustiza” nun contexto no que a concesión remataba en 2023, pero Aznar prorrogouna 25 anos máis.

Ademais, o deputado pontevedrés subliñou que o traspaso da AP-9 e a rebaixa das súas peaxes “está nos compromisos do PSOE e, sinaladamente, nos do PSdeG”.