Venres, 8 Agosto de 2025

O Concello de Baiona aluméase de verde no Día Mundial da Saúde Mental

0

O Concello de Baiona alumearase estes días de verde para conmemorar o Día Mundial da Saúde Mental que se celebra o vindeiro 10 de outubro. Súmase así á campaña que está a levar a cabo a Asociación Avelaíña ao longo de todo este mes co obxectivo de sensibilizar e informar á poboación sobre as enfermidades mentais. Para chamar a atención sobre esta realidade, este venres 8 instalouse unha mesa informativa na bifurcación das rúas Elduayen con Carabela Pinta de 10.30 h a 13.30 horas a través da que a veciñanza puido coñecer máis sobre a saúde mental e o traballo que realiza a asociación no Val Miñor.

Desde hoxe o balcón do consistorio loce unha pancarta de apoio para sensibilizar e visibiliar a Sáude Mental.

O alcalde de Baiona, Carlos Gómez, e a concelleira de Servicios Sociais, Conchy Vara, acercáronse ata a mesa informativa para mostrar o seu apoio e coñecer de primeria man a información e a situación tanto da propia entidade, coma dos veciños e veciñas que precisan da atención.

O 10 de outubro celébrase o Día Mundial da Saúde, conmemoración que pretende sensibilizar e informar sobre a importancia do coidado da saúde mental e a defensa dos dereitos das persoas que teñen algún problema desta índole. Este ano, o tema elixido a nivel mundial é a saúde mental nun mundo desigual, chamando a atención sobre aqueles factores que impiden que o coidado da saúde mental poida chegar a todas as persoas en igualdade de condicións.

Cabe destacar que, o alcalde e mais a concelleira “teñen un profundo coñecemento das trabas coas que se encontran estas persoas a hora de acudir os profesionais correspondentes, xa que o recurso para a vila encontráse no Centro de Saude do Val Miñor, con un equipo escaso de persoal, sendo as citas programadas como mínimo con dous ou tres meses. Creando así un detrimento na atención de estas persoas, ainda que grazas a asociacións como Avelaiña pódese paliar os casos máis leves dos cales manteñen unha relación de traballo conxunta con bo resultado, pero non suficiente”.

A Asociación Avelaíña é unha entidade sen ánimo de lucro que naceu no ano 1997 no Baixo Miño para potenciar a inclusión das persoas con problemas de saúde mental mediante a promoción da súa calidade de vida e a dos seus familiares. Declarada Entidade de Utilidade Pública en 2010, tras 24 anos de andadura, na actualidade a asociación conta con máis de 18 profesionais e 40 persoas socias con enfermidade mental, familiares, coidadores e persoas sensibilizadas ante este problema de saúde.

Ponteareas abre o prazo para a presentación de suxestións á futura ordenanza de mobilidade amable e utilización dos espazos públicos

O Concello de Ponteareas vén de iniciar o proceso participativo que conducirá á aprobación da Ordenanza de Mobilidade Amábel e Utilización dos Espazos Públicos. A finais de setembro o concelleiro de Mobilidade, Roberto Mera, presentou aos colectivos sociais o borrador da ordenanza nun acto enmarcado na Semana Europea de Mobilidade ao tempo que se daba traslado do documento aos grupos municipais para o seu estudo. Agora, o Concello expón publicamente na web municipal o borrador de ordenanza abrindo un prazo até o 20 de outubro para a presentación de ideas e suxestións por parte da veciñanza en xeral no correo [email protected].

A nova ordenanza pretende superar a normativa actual, que data do ano 2003, baseada nun concepto de mobilidade obsoleto, no que toda a mobilidade se centraba e supeditaba ao vehículo a motor. A Ordenanza de Mobilidade Amábel configúrase como a ferramenta xurídica necesaria para implementar o Plan de Mobilidade Urbana Sostíbel (PMUS) e o Plan de Accesibilidade, así como todo o proceso de reforma urbana posto en marcha polo goberno municipal, dirixido a recuperar o espazo público para a mobilidade e estancia das persoas, fomentar os desprazamentos saudábeis e sustentábeis a pé e en bicicleta e reducir o tráfico a motor e, polo tanto, a contaminación e a inseguridade viaria.

Esta normativa aborda a regulación da utilización do espazo público atendendo a todas as actividades e usos, garantindo o dereito das persoas a desfrutar destes espazos e rematando coa monopolización dun único uso, o do automóbil. Nesta liña apóstase polo uso plural e compartido do espazo público con prioridades claras a favor das persoas, concibíndose coma lugares non só de paso senón tamén de estancia e convivencia.

A través desta nova ordenanza regúlanse as zonas de preferencia peonil, os supostos de necesidade nos que o tráfico a motor e as paradas se permiten nestes lugares e as condicións de seguridade nas que debe realizarse. Amais, contémplase que os pasos de peóns deberán ser sempre elevados coa mesma rasante que as beirarrúas, que á súa vez deberán ter unha anchura mínima de 2,50 metros. Onde non sexa posíbel acadar esas dimensións a vía deberá ser de plataforma única con preferencia peonil. A ordenanza regula tamén a mobilidade das bicicletas e vehículos de mobilidade persoal coma os patinetes eléctricos, así como a tonelaxe dos vehículos que poden circular por zonas urbanas. En canto ás velocidades máximas en vías urbanas a norma xeral serán os 20 km/h, limitación que tamén se aplicará en todas as pistas do rural que carezan de beiravía mínima de 1,5 metros de anchura. Ademais, a velocidade máxima será de 10 km/h nas rúas de preferencia peonil ou plataforma única e nas pistas do rural cando haxa presenza de persoas.

“Ritmos da Hispanidade” , programación para o goce da cidadanía o 12 de outubro en Baiona

0

A Concellería de Cultura do Concello de Baiona deseñou unha programación con motivo da celebración do día da Hispanidade: “Ritmos da Hispanidade”.

A Concellaría de Cultura deu un paso máis na celebración desta efeméride e programou un concerto na praza de Concello ás 19:30h o propio día 12 de outubro, tras o acto institucional que se celebrará na Vila con motivo de tal efeméride.

O 12 de outubro celebrarase ás 18:00h o acto protocolario na praza do Concello para despois gozar do concerto de “Mulleres de Ultramar” facendo unha viaxe musical polos ritmos latinoamericanos a través dos repertorios de grandes mulleres compositoras e intérpretes da historia da música latina.

O rexedor baionés, Carlos Gómez Prado explica “que esta programación está diseñeda para achega a celebración da hispanidade a toda a cidadanía. Quixemos dar un cambio aos eventos que organiza o concello co obxectivo de que os gocen todos os veciños e veciñas da vila. Para que todo o pobo participe deles. Por iso o día 12 organizamos un acto aberto no que toda a cuidadanía poida gozar. O obxectivo é gozar da Hispanidade todos xuntos. O Concello de Baiona leva celebrando o acto 20 anos e había que darlle unha volta para que todo o pobo puidese participar deste evento, sempre respectando o protocolo, a celebración do día da Hispanidade deixou de ser un acto encorsetado no que participaban uns poucos para pasar a ser un acto para todos e todas”.

O acto de celebración do día da Hispanidade está subvencionado pola Deputación Provincial de Pontevedra. Este día leva celebrándose na Vila desde fai vinte anos , en colaboración coa institución provincial, debido á relación que Baiona ten con América e coa comunidade colombina, ademais do feito histórico de que Baiona foi o primeiro porto de Europa en ser coñecedor do Descubrimento de América cando chegou ao seu porto a Carabela Pinta ao mando de MartÍn Alonso Pinzón.

Todo iso terán lugar na Praza do Concello cumprindo con todas as medidas de seguridade sanitaria.

O Concello da Guarda aluméase de verde para conmemorar o Día Mundial da Saúde Mental

0

O Concello da Guarda súmase así á campaña que leva a cabo a Asociación  Avelaíña ao longo do mes de outubro, co obxectivo de sensibilizar e informar á poboación sobre a enfermidade mental.

O 10 de outubro celébrase o Día Mundial da Saúde Mental, conmemoración que pretende sensibilizar e informar sobre a importancia do coidado da saúde mental e a defensa dos dereitos das persoas que teñen algún problema desta índole. Este ano, o tema elixido a nivel mundial para esta conmemoración é a saúde mental nun mundo desigual, chamando a atención sobre aqueles factores que impiden que o coidado da saúde mental poida chegar a todas as persoas en igualdade de condicións.

A Asociación Avelaíña

A Asociación Avelaíña é unha entidade sen ánimo de lucro que nace no ano 1997 na comarca do Baixo Miño, coa misión de potenciar a inclusión das persoas con problemas de saúde mental mediante a promoción da súa calidade de vida e a dos seus familiares. Foi declarada Entidade de Utilidade Pública no ano 2010.

Tras 24 anos de andadura, na actualidade a asociación está integrada por 18 profesionais e máis de 400 persoas socias con enfermidade mental, familiares, coidadores e persoas sensibilizadas ante este problema de saúde. Sendo o seu ámbito de actuación a provincia de Pontevedra.

Hoxe en día Avelaíña está presente   no Baixo  Miño, Val  Miñor,  no  Condado,  na  Paradanta  e en Salceda  de  Caselas e conta con numerosos convenios e concertos con organismos públicos, promovendo  aquelas  intervencións  na  área  da saúde mental non cubertas polas institucións existentes e  procurando unha mellor relación entre a persoa e o seu medio

A Escola María Vinyals reabre as súas portas co I Encontro Nacional sobre Políticas Públicas de Igualdade

A Escola de Igualdade María Vinyals da Deputación de Pontevedra retomará por todo o alto a súa actividade presencial tras ano e medio de pandemia coa celebración a vindeira semana do I Encontro Nacional sobre Políticas Públicas de Igualdade que terá lugar no Castelo de Soutomaior. Serán dúas xornadas (14 e 15 de outubro) con 15 horas de debate a cargo das maiores 20 expertas do Estado e que, como subliñou Carmela Silva, servirán para poñer enriba da mesa a axenda feminista e “debater, reflexionar, propoñer e reivindicar” no marco das políticas de igualdade e os seus máis inmediatos desafíos.

A presidenta provincial, acompañada pola deputada de Igualdade, María Victoria Alonso, cualificou esta reapertura “de Óscar” e remarcou que neste 2021 “non se teñen feito nin a nivel nacional nin a nivel internacional en Europa unhas xornadas desta calidade coas grandes referentes do feminismo en todos os eidos, desde logo en Galicia non hai nada parecido”. A cita responde á decidida “loita diaria” da Deputación de Pontevedra e da súa Escola de Igualdade “para que a axenda feminista, a axenda das mulleres estea presente nas prioridades políticas”. “Somos a administración máis feminista de toda Galicia e eu diría e das máis feministas de todo o Estado e así se nos recoñece”, afirmou.

O encontro, que está coordinado pola doutora en Ciencias Políticas e Socioloxía, profesora universitaria, referente feminista e escritora Rosa Cobo, debaterá e analizará o estado actual da igualdade e os retos de futuro no desenvolvemento de políticas públicas da man “das mulleres que son a grande referencia da igualdade”, a través de seis mesas redondas e unha conferencia inaugural que serán retransmitidas en directo por streaming. Nas dúas xornadas abordaranse as Políticas Públicas Nacionais, Políticas Autonómicas, Políticas Municipais, Políticas de Igualdade en Medios de Comunicación; Políticas de Igualdade no Sistema Xudicial e Propostas de Políticas de Igualdade no Movemento Feminista.

“Creo que vai dar moito que falar esta xornada –engadiu a presidenta- porque imos reclamar que ten que haber unha axenda feminista como prioridade. Queremos que se mellore a Lei contra a Violencia de Xénero e a Lei de Igualdade. Queremos que haxa unha lei de abolición da prostitución e unha posición clara e recollida taxativamente nas normas contra os ventres de alugueiro. Queremos rachar coa brecha salarial, que nas palestras esteamos representadas ao 50% de xeito paritario e que nos libros de texto aparezan as mulleres científicas e innovadoras, artistas e escritoras que non están. Polo tanto, que haxa referencias para que as nenas e os nenos saiban que hai mulleres moi potentes”.

As relatoras

Amais de Rosa Cobo, que pronunciará a conferencia inaugural, participarán no encontro Soledad Murillo, exsecretaria de Estado de Igualdade; Beatriz Gimeno, exdirectora do Instituto das Mulleres; Izaskun Landaida, directora do Instituto Vasco da Muller; Nuria Varela, directora xeral de Igualdade do Principado de Asturias; Eva Istúriz, directora xerente do Instituto Navarro para a Igualdade; María Durán, directora do Instituto Balear da Muller; Núria Parlon, alcaldesa de Santa Coloma de Gramanet; Silvia Buabent, activista feminista e exdirectora do Instituto das Mulleres; Ana Bernal Triviño, xornalista e profesora universitaria; Emelina Fernández, expresidenta Consello Audiovisual de Andalucía; María Luisa Balaguer, maxistrada do Tribunal Constitucional; Paz Filgueira, maxistrada especialista en violencia de xénero; Sandra González Álvarez, alcaldesa de Tomiño; Marta Giráldez Barral, alcaldesa de Meis; María Xosé Porteiro, directora do Centro de Documentación en Igualdade e Feminismos do Consello da Cultura Galega; Marta Cárdaba, xefa de Servizo no Observatorio de Saúde das Mulleres no Ministerio de Sanidade; Lidia Fernández, doutora en Estudos Interdisciplinares de Xénero; Concha García, voceira da Plataforma do Feminismo Radical de Galicia e Lupe Ces, mestra e activista feminista.

As seis mesas serán moderadas por xornalistas da provincia: María Varela (Diario de Pontevedra), Lara Graña (Faro de Vigo), Nieves Domínguez (La Voz), María Obelleiro (directora de Diario Nós) e Ana Fuentes (xefa de Prensa de Zona Franca). As inscricións para o congreso abríronse hai unha semana e, aínda que xa están cubertas as 100 prazas, está aberta unha lista de agarda para facilitar a asistencia ao encontro.

A Federación Española de Loita Feminina recibe os parabéns da Deputación de Pontevedra

As deportistas e técnicas da selección nacional feminina de loitas olímpicas das categorías absoluta, sub 2 e junior foron acollidas esta mañá por Carmela Silva, que se amosou “orgullosísima do deporte da provincia e, particularmente, das mulleres, que son as que nos están a dar os maiores éxitos na provincia, en Galicia, no Estado e na Unión Europea”.

A presidenta da Deputación, Carmela Silva, fixo fincapé na maior dificultade que teñen as mulleres no deporte e, como consecuencia, no maior esforzo que teñen que facer, para instar ás rapazas da selección a sentirse orgullosas, “porque sodes unha grande referencia e exemplo para outras nenas e mozas que queiran practicar o deporte. É unha marabilla ter mulleres tan potentes na provincia”.

Pola súa banda, Aurora Fajardo (seleccionadora nacional feminina absoluta) agradeceulle ao ente provincial o apoio e a boa benvida que lle brinda sempre e ás deportistas o seu esforzo continuo.

Amais, en representación de todas as súas compañeiras, a 18 veces campioa en España en todas as categorías de idade, Lydia Pérez, subliñou a importancia das axudas DepoDan, que “constitúen unha parte moi importante cara a nosa preparación a diferentes eventos”. 

Nigrán comeza este sábado o ‘Mes do Teatro’ con tres pezas de microteatro de ‘Atrezo’

0

O Concello de Nigrán arranca este sábado 9 de outubro o ‘Mes do Teatro’ coa compañía viguesa Atrezo Teatro no Auditorio Municipal ás 20:00 horas con tres obras de microteatro, ‘A conciencia’ (20 minutos), ‘As camelias brancas’ (20 minutos) e ‘A chaqueto de borreguito’ (17 minutos). Esta actuación forma parte do convenio coa Federación Galega de Teatro Afeccionado baixo o título ‘Fegateatro Nigrán 2021’. A entrada é de balde ata completar o aforo autorizado.

O sábado 16 será o turno do grupo de A Estrada ‘Disfunción continua’ coa obra ‘Departamento de selección’, dirixida a un público maior de 15 anos e cunha duración de 1h10 minutos. Trátase dunha peza na que un grupo de persoas acceden a unha entrevista de traballo para entrar nunha multinacional, pero a dureza das entrevistas converterán o proceso selectivo nun xogo cruel e perverso que sacará o peor de cada personaxe. A obra supón unha crítica á deshumanización do mundo capitalista que nos converte en inimigos e competidores dispostos a emprender unha loita salvaxe na que todo vale. Está dirixida por José García e interpretada por Clara Iglesias, Rosa López, María Porto, Bea del Río e Natalia Carbajal

A programación continúa o domingo 17 ás 19:00 horas coa obra de teatro cego ‘Coa mirada nas túas mans’ da compañía Lohengrín, de San Andrés de Comesaña (Vigo). Esta función obtivo o segundo premio da categoría Teatro nos Xuventude Crea 2020. Pertence ao xénero de teatro sensitivo xa que é unha obra pensada para público cego, con visión reducida e para as persoas que o queiran presenciar cos ollos tapados. Ten unha duración dunha hora e está pensada para público maior de 14 anos.

O sábado 23, a través do programa ‘Tornar as táboas’ da Deputación de Pontevedra, acude ao Auditorio Municipal a compañía viguesa ‘Fulano, Mengano e Citano’ coa obra ‘Top Manta’. Os cortes económicos como consecuencia da crise empuxan a dous actores a cambiar os grandes escenarios polo top manta na rúa. Como todas as producións da compañía viguesa, ‘Top Manta’ é unha comedia crítica e sarcástica sobre a realidade, aínda que os seus responsables, escapan do “ politiqueo barato”.

Finalmente, o ‘Mes do Teatro’ péchase o domingo 31 coa comedia para todos os públicos ‘Lisístrata’ do grupo ourensán Teatrino.

Exposição do Concurso Novos Artistas 2021 abre este sábado

O Concurso Novos Artistas “tem como propósito dar oportunidade a novos criadores através da promoção e difusão da produção artística contemporânea, da experimentação criativa e da atividade expositiva como meio de reflexão sobre a arte e a cultura visual”, explica o diretor artístico, Cabral Pinto.

Desenvolvido durante a residência do artista Fábio Araújo em Praga, no semestre de inverno de 2019/20, o projeto “As Ações de Praga” é composto por expedições performativas urbanas. “No seu conjunto, elas são um exemplo de como o gesto de caminhar se tornou um estímulo para pensar a cidade, um meio de reconhecimento e confronto com a sua história e geografia, relacionando o desenho, a narrativa e a performance”, explica o artista natural de Santa Maria da Feira.

Por sua vez, a exposição “A Sombra Escura Da Nossa Forma” de Ana Torrie constrói o cenário onde se apresentam conflitos civilizacionais contemporâneos. “Através da xilogravura, linogravura, matrizes de cobre e zinco, cerâmica e escultura/instalação, elementos simbólicos e fabulados de um submundo dantesco revelam-se aspetos psicológicos e sociais dos tempos que vivemos”, refere a artista portuense.

Recorde-se que Ana Torrie e Fábio Araújo foram os artistas selecionados no Concurso Novos Artistas 2021, que se encontrou aberto à participação de artistas nacionais e estrangeiros no máximo com 15 anos de carreira. As 151 candidaturas apresentadas foram sujeitas à apreciação de uma Comissão Consultiva, composta pela investigadora do CITCEM e professora na Faculdade de Letras da Universidade do Porto, Elisa Noronha, pela investigadora, professora e presidente do Conselho de Direção da Escola Superior Gallaecia, Mariana Correia, e pelo investigador no INESC TEC e professor na Faculdade de Belas Artes da Universidade do Porto, Miguel Carvalhais.

De referir que a iniciativa é promovida no âmbito da candidatura “Fundação Bienal de Arte de Cerveira: a Arte Contemporânea integrada na sociedade e no mundo” (2020 – 2021 – Apoio Sustentado – Artes Visuais), que conta com o apoio da República Portuguesa – Cultura / Direção-Geral das Artes.

A Valedora do Pobo recórdalle a Mondariz Balneario que o propietario do Hotel Roma debe conservalo

En outubro de 2019, a plataforma SOS Fonte de Troncoso presentou unha denuncia ante a Consellería de Cultura da Xunta de Galicia e o Concello de Mondariz Balneario polo estado ruinoso do Hotel Roma, un edificio catalogado e protexido. Nunca se obtivo resposta a esta denuncia, de aí que se decidira presentar unha queixa ante a Valedora do Pobo.

Unha vez estudada a queixa presentada, a Valedora do Pobo, María Dolores Fernández Galiño, comunicou o 11.01.2021 que a daba por admitida. Desde a súa admisión a trámite, a Valedora reiterou os requirimentos de información ata en catro ocasións.

No último requirimento que Fernández Galiño enviou ao Concello de Mondariz Balneario (13.08.2021), a titular deulle ao Concello un prazo de 15 días para enviar a documentación requirida, advertíndoo de que sería declarado “hostil e entorpecedor” no caso de que non o fixese.

Finalmente o Concello e a Consellería de Cultura enviaron á Valedora a documentación requirida, o que permitiu elaborar un completo informe ao respecto do que se extraen as seguintes conclusións:

  • Segundo informa a Valeduría do Pobo, a Consellería de Cultura requiriu información ante o Concello de Mondariz Balneario en tres ocasións “sen que a día de hoxe téñase obtido resposta algunha”.
  • Con data 18.01.2021 remítese a denuncia en solicitude de información ao titular do dito ben, outorgándolle prazo para formulación de alegacións. A día de hoxe a Consellería de Cultura “está a realizar os trámites e actuacións previas tendentes ao esclarecemento dos feitos e a determinar se concorren as circunstancias que xustifiquen a apertura dun procedemento sancionador”. A día de hoxe ignoramos se desde o 18.01.2021 a Consellería de Cultura fixo algo máis por garantir a protección e conservación do Hotel Roma.

A Concellería de Medio Ambiente prosegue coa campaña de fomento da compostaxe doméstica polos centros culturais das parroquias

0

A Concellería de Medio Ambiente do Concello de Redondela que xestiona Alberto Álvarez, continúa desenvolvendo unha intensa campaña de sensibilización cidadá sobre a compostaxe, as súas vantaxes e a importancia de utilizar un sistema de tratar os residuos sólidos urbanos de xeito medioambientalmente sostible e que, amais, proporciona abono orgánico de alta calidade.

Ao longo das vindeiras semanas, veciñas e veciños poderán recoller os composteiros individuais solicitados ao mesmo tempo que recibirán unha pequena charla informativa sobre a utilización dos mesmos e instrucións detalladas de como conseguir un funcionamento óptimo dos mesmos.

Logo da actividade que o xoves 7 de outubro tiña no Centro Cultural Chan das Pipas de Saxamonde, as charlas informativas e adxudicación de composteiros individuais –todas elas ás 20 horas– continuará nos seguintes días e lugares:

  • Venres 8 de outubro. Centro Cultural de Cidadelle.
  • Luns 11 de outubro. Centro Cultural de Reboreda.
  • Mércores 13 de outubro. Centro Cultural de Vilar.
  • Xoves 14 de outubro. Meirande. Rande.
  • Venres 15 de outubro. Centro Cultural de Cedeira.

Tanto a alcaldesa de Redondela, Digna Rivas, como o concelleiro de Medio Ambiente, Alberto Álvarez, salientaron a importancia desta campaña de fomento da compostaxe desenvolvida dende a Concellería de Medio Ambiente “ao constituír unha ferramenta de extraordinaria importancia na xestión dos residuos orgánicos”.

De feito, está demostrado que a utilización da compostaxe reduce considerablemente a cantidade de materia orgánica e, polo tanto, diminúe os custes de transporte dos residuos cos conseguintes beneficios para a cidadanía e, a maiores, a retención de auga do compost aforra auga de rego e aporta os nutrientes para o desenvolvemento das plantas de forma natural”.

Fin de semana teatral en Gondomar con clásicos da literatura galega

0

A compañía Saraiba Teatro será a encargada de dar vida aos personaxes de A Lingua das volvoretas o vindeiro sábado 09 de outubro, ás 21:30 horas, sobre o escenario do Auditorio Municipal Lois Tobío. A obra chega tras ser galardoada recentemente con catro premios María Casares, e permitiranos regresar a gozar da entrañable relación que manteñen o Mestre don Gregorio e o pequeno Pardal.

Pola súa banda, será Cándido Pazó o que o domingo represente o clásico de Xosé Neira Vilas, Memorias dun neno labrego a partir das 19.00 no Auditorio Municipal, coincidindo co 50 aniversario da 1ª edición deste clásico da literatura galega. O público poderá gozar dun espectáculo emotivo e divertido, cun gran atractivo visual, apoiado por un coidado traballo de viedocreación, e unha proposta musical composta para a ocasión.

As entradas débense reservar en https://taquilla.concellodegondomar.gal.

Estas dúas citas teatrais son as novas citas culturais que ofrece o programa ‘Gondocultura Outono’, que esta fin de semana será íntegramente teatral.

Salvaterra de Miño aproba definitivamente o seu Plan municipal de prevención de incendios forestais

No Pleno do día 27 de setembro aprobouse definitivamente o Plan municipal de prevención de incendios forestais do Concello de Salvaterra de Miño, froito do convenio de colaboración entre a Xunta, Fegamp e Seaga en materia de incendios forestais.

A través deste convenio e coa aprobación definitiva do Plan municipal de prevención de incendios forestais, que se empezou a tramitar a finais do 2019, damos un paso máis en materia forestal e de prevención, dotando dunha ferramenta áxil a administración para poder actuar naquelas parcelas que non se pode identificar aos propietarios e así poder actuar sobre elas

Ademais, no mesmo Pleno acordaronse os festivos locais para o ano 2022, quedando como festivos o 13 de xuño, festividade do Santísimo Cristo da Victoria e o 10 de agosto, festividade de San Lourenzo.

Nigrán rehabilitará unha decena de fontes de diferentes parroquias

0

O Concello de Nigrán ven de emprender un segundo plan para a mellora das fontes municipais cun investimento de 18.500 € que permitirán rehabilitar e por en valor unha decena delas. Así, os traballos que arrancan mañá comprenderán aos mananciais de Casanova, Preáns, Pulga e Lodeiro na parroquia de Parada; Pedrosa, Currelo e Medoñas en Priegue; Ouro e Barranco en Nigrán; e, finalmente, Xesteira en San Pedro. Todo estará listo nun prazo máximo de dous meses e corre a cargo da empresa de Nigrán Coperva. Anteriormente, no 2017, interviuse noutras oito e o obxectivo do goberno local é chegar ao 100%. A maiores, nas vindeiras semanas o Concello emprenderá obras en sete lavadoiros por importe de 129.000 € a cargo do Plan Concellos 2020 da Deputación de Pontevedra, correspondéndolle a Camos os lavadeiros de A Cruz, Soapena e do Rial; a Parada, Cabaleiro; a Priegue, Mestra Emérita e Alborés Pequeno e; a Panxón, San Xoán.

“Forman parte do noso patrimonio etnográfico e están en uso por parte da veciñanza, polo que se trata de conservalas e poñelas en valor, así que iremos chegando a todas mediante diferentes plans”, explica o alcalde, Juan González.

Fonte de Pedrosa, Nigrán

Así, en cada unha destas fontes realizaranse obras de restauración e conservación empregando materiais respectuosos coa propia infraestrutura e coa súa contorna e, adicionalmente, as melloras irán encamiñadas a facilitar o uso das mesmas en condicións de seguridade. As actuacións son similares entre si, depedendo do estado actual da fonte en cuestión, pero en xeral correspóndelles a mellora do acceso á mesma e a rehabilitación mediante técnicas que permitan devolvelas ao estado orixinario. En concreto, todas serán chorreadas e limpadas e encintarase Casanova, Pedrosa, Preáns, Currelo, Medoñas e Pulga. A maiores, repararase as canalizacións e filtracións de todas as que presentan problemas ou colocarase a chapa identificativa co estado da última analítica naquelas onde falta. Asimesmo, en Pedrosa (Priegue), Xesteira (Vilariño) e da Pulga (Parada) mellorarase o acceso ás mesmas mediante a colocación de chanzos de pedra ao resultar actualmente moi complicado o acceso. 

O Concello de Tui organiza un ciclo conferencias sobre o retablo da Batalla de Lepanto da igrexa de San Domingo

0

Onte, 7 de outubro, conmemorouse o 450 aniversario da Batalla de Lepanto. Aproveitando esta efeméride o Concello de Tui organiza un ciclo de conferencias e unha serie de visitas guiadas ao retablo de Nosa Señora do Rosario ou da batalla de Lepanto, e a igrexa de San Domingos onde está ubicado, para poñer en valor este singular elemento do patrimonio cultural tudense, e contribuír ao coñecemento da nosa historia e de acervo cultural de Tui.

Esta mañá tivo lugar a presentación deste programa de actividades na propia igrexa de San Domingos, por parte do alcalde, Enrique Cabaleiro, da concelleira de Cultura, Sonsoles Vicente, do técnico do Arquivo, a Biblioteca e o Museo Municipal, Rafael Sánchez Bargiela, e do presidente da Asociación Amigos da Catedral, Eduardo Cadenas.

O alcalde de Tui, Enrique Cabaleiro, explicaba esta mañá que o obxectivo destas actividades “é a posta en valor desta xoia do noso patrimonio coma é a igrexa de San Domingos, que amais de ser un elemento moi singular, tamén ten no seu interior unha serie de xoias patrimoniais de carácter excepcional, e unha delas é este famoso retablo da Batalla de Lepanto”. As conferencias previstas, explicaba, “están encamiñadas a coñecer a historia desta xoia patrimonial e tamén á posta en valor desta igrexa” polo que convidaba á asistir as actividades organizadas.

A concelleira de Cultura, Sonsoles Vicente, indicaba que coas visitas guiadas e as conferencias organizadas búscase “que a cidadanía poida coñecer a riqueza inmensa que temos no noso concello”, engadindo que “este é un máis dos valores patrimoniais e culturais que temos na cidade”.

Rafael Sánchez Bargiela, historiador, explicaba que o retablo coñecido coma da Batalla de Lepanto é o Retablo de Nosa Señora do Rosario. Precisou que “non sabemos a data concreta nin o autor do retablo. É un retablo realizado entre 1730 e 1740 impulsado por unha confraría do Rosario que existía nesta igrexa conventual de San Domingos, e que foi seguramente a que propiciou coas súas achegas a realización desta obra”.

A igrexa de San Domingos de Tui, declarada Monumento histórico artístico no ano 1931 (hoxe Ben de Interese Cultural) é un dos espazos patrimoniais de maior interese no conxunto histórico tudense.

A Batalla de Lepanto tivo lugar no ano 1571, sendo a maior batalla naval da historia moderna, na que participaron 450 naves e máis de 200.000 homes. Na mesma enfrontáronse a flota de Liga Santa (integrada pola Monarquía Hispánica, os Estados Pontificios, a República de Venecia, a Orde de Malta, a República de Xénova e o Ducado de Saboia), comandada polo español Juan de Austria, e a flota do Imperio Otomán do sultán Alí Pasha que ameazaba a estabilidade no Mediterráneo occidental. A vitoria das tropas cristiás marcou o freo á política expansionista do imperio turco.

Conta a tradición que namentres acontecía esta batalla o Papa Pío V rezaba o rosario, e que pedira a toda a Cristiandade que o acompañase con esta oración. Desta foi atribuída esta importante vitoria á Nosa Señora do Rosario. Conta amais a tradición que o rezo do rosario foi entregado pola Virxe María a San Domingos, fundador da Orde dos dominicos.

O retablo tudense, promovido pola Confraría do Rosario, recolle na súa iconografía todos este motivos: a imaxes corresponden a Nosa Señora, o seu esposo, San Xosé, e o seu pai, San Xaquín. No mesmo están representadas as escenas dos quince misterios do rosario e coroando o retablo a espectacular representación desta batalla de Lepanto.

O programa previsto comezará con visitas guiadas que se iniciarán esta fin de semana, sábado 9, domingo 10 e luns 11 ás 19 h e que continuarán o domingo 31 de outubro e o luns 1 de novembro ás 18 h .

Xa próxima semana abrirase o ciclo de conferencias que se prolongará até o 9 de novembro. No mesmo intervirán os profesores da USC Hortensio Sobrado Correa, Domingo González Lopo, Francisco Javier Novo Sánchez, e a profesora de ensino medio Dolores Balseiro, e o historiador tudense Suso Vila.

Todas as actividades desenvolveranse na Igrexa de San Domingo, sendo preciso inscrición previa no correo [email protected] ou presencialmente na Biblioteca Municipal, no edificio Francisco Sánchez, antiga Área Panorámica.

Programa de actividades con motivo do 450 aniversario da Batalla de Lepanto

Visitas guiadas:

  • Sábado 9, domingo 10 e luns 11 de outubro ás 19.00 h
  • Domingo 31 de outubro e luns 1 de novembro ás 18.00 h

Ciclo de conferencias

  • Mércores, 13 de outubro, ás 19.30 h “A batalla de Lepanto, contexto histórico” por Hortensio Sobrado Correa, profesor da USC
  • Martes, 19 de outubro, ás 19.30 h “A devoción a Nosa Señora do Rosario e as súas confrarías na Galicia do Barroco” por Domingo González Lopo, profesor USC
  • Martes, 26 de outubro, ás 19.30 h “A batalla de Lepanto na literatura española” por Dolores Balseiro, profesora ensino medio
  • Mércores, 3 de novembro, ás 19.30 h “Política, devoción e iconografía bélica. O tema da Batalla de Lepanto no retablo do Rosario do convento de San Domingos de Tui” por Francisco Javier Novo Sánchez, profesor USC.
  • Martes, 9 de novembro, ás 19.30 h “Os corsarios turco-berberiscos nas costas galegas e o seu remoto eco no retablo de Nosa Señora do Rosario de San Domingos de Tui” por Suso Vila, historiador.

Todas as actividades terán lugar na propia igrexa de San Domingos, contando coa colaboración da Asociación de Amigos da Catedral de Tui.

A asistencia é libre e de balde pero cómpre inscrición previa no correo electrónico: [email protected] ou presencialmente na propia Biblioteca Municipal (Edificio Francisco Sánchez – antiga Area Panorámica, rúa Colón, 2).

Concello do Porriño e ADIF manteñen unha reunión sobre o proxecto de supresión do paso a nivel

A alcaldesa do Porriño, Eva García, e a directora xeral de Planificación e Proxectos de ADIF, Monserrat Rallo, asistidas por técnicos dos seus respectivos departamentos, mantiveron na mañá de onte unha reunión telemática para revisar detalles sobre o proxecto de supresión do paso a nivel no centro da vila.

A alcaldesa trasladoulle a ADIF a posibilidade de que estuden aumentar a lousa –o treito da vía férrea que será soterrada– para que haxa un espazo peonil máis amplo que permita unha maior trama urbana.

Os técnicos de ADIF valorarán esta posibilidade, que se resolverá nunha próxima reunión técnica, que xa será presencial, que se celebrará en novembro en Madrid.

Eva Garcia amosouse “moi esperanzada” de que o proxecto de supresión do paso a nivel no Porriño reciba unha das partidas de inversións contempladas nos Orzamentos Xerais do Estado para 2022.

A Deputación lanza unha liña de subvencións de 45.000 euros para proxectos de cooperación en países empobrecidos

A Deputación de Pontevedra vén de convocar unha nova liña de subvencións dedicada aos sectores máis desfavorecidos. Nesta ocasión, as axudas están destinadas ás Organizacións Non Gobernamentais de Desenvolvemento (ONGD) da provincia para realizar proxectos de cooperación en países empobrecidos como Mozambique, Bolivia, Nicaragua ou República Dominicana. O orzamento destas achegas ascende aos 45.000 euros, cun importe máximo por subvención de 15.000 euros, e contribuirán ao desenvolvemento de actuacións sociais en liña coa Axenda 2030.

Sufragaranse proxectos dirixidos á erradicación da pobreza e aqueles que impliquen o empoderamento das mulleres, á defensa dos seus dereitos sexuais e reprodutivos e a unha vida libre de violencias. Tamén estarán subvencionadas accións que promovan o apoio ás entidades e organizacións feministas, con especial atención ás mulleres defensoras de dereitos. Do mesmo xeito, as achegas servirán para afrontar a emerxencia sanitaria, promover o exercicio dos dereitos sociais básicos ou loitar contra o cambio climático. Todas as ONGD que estean interesadas nelas deberán realizar unha solicitude na sede electrónica da Deputación (https://sede.depo.gal).

Con esta convocatoria a Deputación leva destinados 887.000 euros no que vai de ano a proxectos de cooperación da man de distintas entidades que loitan a prol do interese social. A nova liña de achegas para as ONGD súmanse ás subvencións para outras entidades sociais sen fins de lucro da provincia, ás que a institución destina este ano un investimento de case medio millón de euros (470.000 €), e ás nominativas para proxectos de interese social, con 372.000 euros.

O PP de Tomiño pide anular a modificación puntual do PXOM “por incumprir a Lei e non representar os intereses da veciñanza”

0

O Partido Popular de Tomiño solicita anular e deixar sen efecto a modificación puntual número 9 do Plan Xeral de Ordenación Municipal, porque “nin se axusta á Lei nin defende o intereses xeral dos veciños do concello”. O grupo municipal presentou alegacións ao documento, co fin de “antepoñer os intereses dos veciños e do propio concello a unhas actuacións que distan moito da realidade urbanística de Tomiño”. Nesta liña, o voceiro Esteban González Miranda reclama “ao Goberno local que reflexione sobre esta proposta e reconduza o plan aos verdadeiros intereses do concello e da poboación”.

Os populares critican que as previsións de crecemento que plantexan desde o Goberno excede as necesidades reais do concello, xa que no PXOM vixente aínda hai parques de vivendas pendentes de desenvolver e xa queren facer unha reclasificación de terreo para incluír preto de 500 vivendas novas de tipoloxía de bloque, ou o que é o mesmo, unha edificabilidade residencial de 53.460 metros. Unha decisión que, ademais, conleva reclasificar solo rústico e pasalo formalmente a solo urbanizable residencial, dobrando así a edificabilidade vixente actualmente.

“Están desprotexendo un solo rústico que por lei se atopa preservado do desenvolvemento urbanístico para convertelo en edificios en bloque impropios dun solo rústico”, cuestiona. E, pola contra, sinala, esta modificación tamén implica alterar zonas verdes previstas no PXOM, así como dos seus equipamentos. “Estes cambios que trae o Goberno supoñen, entre outras cuestións, discriminar a uns propietarios fronte a outros. Mentres a uns propietarios se lles recalifica o chan de rústico a urbanizable, a outros se lles cambia de urbanizable a zona verde”.

Por iso, piden que o Goberno paralice esta modificación e reflexione sobre as súas intencións reais. “Esta modificación non xustifica o financiamento do desenvolvemento que se proxecta, nin a capacidade económica que terá que ter o concello a estes efectos, e tampouco se contempla un verdadeiro estudo da urbanización, coas necesarias reparcelacións e compesancións ds terreos e os custos que iso supón para os propietarios afectados, a quen non lls e lles informa, no documento, das repercusións que este proxecto ten”.

Ponteareas impulsa unha fronte social e política para lograr as melloras na N-120 e a creación da variante

A alcaldesa de Ponteareas, Cristina Fernández Davila, e o primeiro e a segunda tenente de alcaldesa, Roberto Mera e Chus Garrote, mantiveron un encontro con numerosos colectivos das parroquias de Ponteareas afectadas pola rede viaria do Estado na localidade, así coma cos grupos municipais.

Con esta primeira reunión o Goberno municipal pretende impulsar a máxima unidade política e social arredor das principais reivindicacións que atinxen á rede viaria do Estado: as melloras na seguridade da N-120 e a variante que debe conectar esta vía coa A-52. A alcaldesa apelou a esa unidade e adiantou que nos vindeiros días o Goberno local manterá encontros co resto do tecido asociativo da localidade coma o sector empresarial e comercial ou a comunidade educativa. “A nosa intención é construír unha fonte social e política liderada polo Concello e que aglutine ao conxunto da veciñanza de Ponteareas para reivindicar con toda a forza dun pobo unha solución definitiva e inmediata á seguridade na N-120 e á construción da variante”, explicou.

Na reunión marcáronse tamén as liñas mestras da estratexia a seguir. Por unha banda, esixiranse ao Goberno do Estado “compromisos claros, por escrito e verificábeis”. A rexedora sinalou que “logo de décadas de anuncios e promesas incumpridas é o intre dos compromisos concretos e detallados. Queremos un cronograma que recolla os pasos que o Ministerio vai dar, os prazos de cada unha desas fases e a concreción económica das actuacións a executar, tanto no relativo á seguridade na N-120 como na variante”.

Cristina Fernández remitiu xa en agosto un escrito á Dirección General de Carreteras do Mitma (Ministerio de Transportes, Mobilidade e Axenda Urbana) nese sentido, pero na súa resposta o Ministerio limitouse a sinalar que a variante se atopa no trámite de avaliación ambiental e que o proxecto de seguridade na N-120 se está a supervisar tecnicamente para a súa futura exposición pública.

“Non nos vale esta resposta, queremos prazos concretos cuxo cumprimento poidamos controlar”, advertiu a alcaldesa, quen remitiu un novo escrito ao Ministerio esixindo eses prazos. “Se non hai resposta ou se mantén a ambigüidade sen compromisos claros, Ponteareas mobilizarase coma nunca antes se fixo”, advertiu Cristina Fernández.

O BNG desenvolve en Arbo unha campaña contra a suba das tarifas eléctricas

0

O BNG iniciou unha campaña na localidade de Arbo ante o “incremento brutal da factura da luz”. Na mañá deste mércores, a formación nacionalista instalou unha mesa informativa na Praza do Consistorio, na que recolleu ducias de sinaturas para reclamar “a adopción de medidas que permitan a diminución do prezo da factura eléctrica e o fin da discriminación que padece Galiza por este motivo”

O Responsábel Local do BNG, Diego Prieto Gago, reivindicou a necesidade “dunha tarifa eléctrica galega, que abarate a factura da luz a particulares e ás nosas empresas, de xeito que se compense o papel de Galiza como excedentaria na produción eléctrica e o forte impacto ambiental e social derivado do seu papel produtor”, sinalou o nacionalista, aclarando que “producir electricidade implica ter o país cheo de encoros, miles de aeroxeradores e, por se fose pouco, agora un boom eólico depredador que é unha bomba par ao medio rural ao servizo das eléctricas”.

Así mesmo, Gago lembrou que “a electricidade é un ben de primeira necesidade, non un luxo” polo que o BNG propón “baixar o IVE da enerxía eléctrica ao 4%, o tipo máis baixo posíbel, como se aplica á alimentación ou os medicamentos, xa que isto significaría considerar a electricidade como un ben esencial e facilitaría pagar a factura a un gran número de familias traballadoras, pequenas e medianas empresas, nun momento de crise económica como o actual derivado da pandemia”.

Crear unha empresa pública galega de enerxía e garantir a subministración eléctrica a toda a poboación, establecendo medidas para que non se lle poida cortar a luz a ningunha persoa sen recursos, son outras das medidas que formula o BNG, que en palabras de Gago, “vai dar a batalla ante as decisións que prexudican á economía das familias e só benefician ás eléctricas

Por último, o responsábel do Bloque lembrou a “complicidade” de PP e PSOE, “para quen funcionan as portas xiratorias das eléctricas que decidiron o actual marco regulador aprobado polo PP e que o PSOE mantén”. Así mesmo, Gago lembra que “o Partido Popular, que agora se escandaliza pola suba da luz, leva máis dunha década no Parlamento Galego impedindo baixarlle a luz ás galegas e galegos a través dunha tarifa eléctrica galega”.

A Guarda reforza a súa aposta polo patrimonio coa mellora e rehabilitación de diversos elementos

0

O Concello da Guarda, a través da Concellería de Patrimonio, ven de rematar varios traballos realizados este ano para a mellora e rehabilitación de diferentes elementos patrimoniais existentes no municipio. Neste senso realizáronse diferentes tarefas na Fonte Lavadoiro de Xixolla, nunha parte da antiga muralla medieval ou na recuperación da pía da fonte do As de Copas.

Fonte Xixolla

O Concello da Guarda acometeu este ano traballos de rehabilitación e sinalización da Fonte Lavadoiro da Xixolla para contribuír deste xeito á conservación e posta en valor do patrimonio etnográfico existente na vila.

As actuacións levadas a cabo no lavadoiro da Xixolla, pasaron por unha limpeza do conxunto, mediante máquina de auga a presión, cun mimo especial nos elementos de cantería, nos cales a limpeza realizouse dun xeito manual.

Para os elementos de madeira se procedeu á limpeza con maquinaria a presión, e acabado con produtos para protección e tratamento de madeira.

Muralla Medieval

O tramo da muralla medieval sito entre a Praza do Monte Real ou Praza de Bautista Alonso na Rúa Ireira ao pé do trazado do Camiño Portugués da Costa foi onde realizáronse labores de limpeza da antiga muralla.

A vila da Guarda coincidindo co pulo do comercio  no século XIII da Europa atlántica sofre un  incremento poboacional e os seus habitantes para  defenderse de ataques  levantan murallas. O recinto amurallado derruído  cara ao 1622 conserva dous tramos,  un na rúa do Muro e outro na rúa da Ireira. A cidade amurallada  estaba dividida en dous sectores pola rúa do medio, a actual rúa Colón, no comezo e no final desta estaban as únicas portas de  acceso á vila.

Estas labores de limpeza e conservación realizáronse de maneira manual para evitar danar a pedra, contando coa pertinente  autorización de Patrimonio da Xunta de Galicia. Estas obras de limpeza acometéronse  con recursos propios do concello da Guarda.

Pía do As de Copas

Arrancando o verán de 2021, se ten coñecemento dun ataque contra o patrimonio da vila da Guarda, consistente no roubo da pía da Fonte do As de Copas sita na Praza de Avelino Vivente, uns feitos que consternaron a moitos veciños da Guarda e que dende o consistorio se tachou coma un acto vandálico sen precedentes.

Foi neste momento cando dende a Concellería de Patrimonio se decide recuperar esta pía, facendo unha análise de arquivos fotográficos deste elemento que, coa axuda dunha empresa de cantería local, se logrou realizar una nova pía coas mesmas características da roubada, que foi colocada finalmente no seu sitio fai unas semanas. Estas obras acometéronse con recursos propios do concello da Guarda.

A obra de conservación do lavadeiro de Xixolla fíxose cunha subvención da Deputación de Pontevedra  e para este ano 2021 o concello ten previsto solicitar unha subvención para  a  rehabilitación do lavadeiro da Piollosa. Con estas intervencións o Concello da Guarda  pretende  valorizar a riqueza patrimonial  do noso territorio mediante a súa conservación e mellora.

A biblioteca de Gondomar renova a súa actividade cos seus fondos actualizados e modernizados

0

O espazo de lectura e de préstamo da biblioteca Municipal de Gondomar están de novo en marcha e recupera a súa actividade habitual, tras algo máis dun ano pechada debido ao confinamento, primeiro, e polas obras de rehabilitación e modernización que culminaron coa construción do ascensor para facilitar a mobilidade no edificio.

A biblioteca, aberta dende hai quince días, recupera en outubro o seu horario habitual permanecendo aberta de 09.00 h a 14.00 horas e de 17.00 h a 20.00 horas, facilitando o acceso tanto ao espazo de lectura coma ao servizo de préstamo, así como a diversas actividades que se desenvolverán durante o ano como poden ser as organizadas por Espazo Lectura, entre outras.

Nos meses que permaneceu pechada, a actividade non cesou no seu interior xa que se aproveitou para acometer a primeira catalogación de volumes da historia da biblioteca, expurgando un total de 15.000 exemplares deteriorados ou repetidos, e actualizando o fondo definitivo de títulos que se cifra en 12.000. Ademais organizouse o espazo por cores, idades e temáticas para “facilitar aos usuarios e usuarias o acceso aos libros que buscan, de forma máis intuitiva”.

Por outra banda, durante este proceso estableceuse un sistema de seguridade para evitar o roubo de libros, dotando dun sistema de alarma os volumes e un arco de seguridade de control na porta de acceso e saída da biblioteca.

Un centro que tamén estrea nesta nova etapa o ascensor, obra demanda desde hai moito tempo, e que este goberno fixo realidade para facilitar o acceso ás persoas con mobilidade reducida.

Lancha de fiscalização NRP Rio Minho já regressou a Cerveira

Concluído o longo processo de manutenção e renovação de certificado e licenças de navegabilidade, a lancha de fiscalização da Marinha Portuguesa NRP Rio Minho já se encontra novamente operacional em Vila Nova de Cerveira.

Como forma de assinalar este regresso e retribuindo a visita do novo comandante, o Tenente Santos Nascimento, o Presidente da Câmara Municipal de Vila Nova de Cerveira, Fernando Nogueira, esteve, esta quarta-feira, na embarcação, dando as boas-vindas e desejando os maiores sucessos no desempenho das suas funções.

Os trabalhos de reforço da operacionalidade do NRP Rio Minho decorreram entre agosto de 2020 e setembro de 2021 nos estaleiros de Vila de Conde. Esta lancha de fiscalização foi concebida para a patrulha da fronteira fluvial norte de Portugal, principiada em 1864, tendo como missão fiscalizar e controlar as águas do Troço Internacional do Rio Minho, a jusante de Valença, e, ocasionalmente, a área costeira adjacente à sua foz, exercer presença naval, executar atos de representação e contribuir para o sistema de salvamento marítimo.

O Concello da Cañiza denuncia un novo “atentado e sabotaxe” á rede de abastecemento de auga

0

O Concello da Cañiza denunciou ante o Cuartel da Garda Civil da localidade o segundo “atentado e sabotaxe á rede de abastecemento de augas de consumo do casco urbano”. Tal e como denuncia o Concello que preside Luis Piña, o responsable do servizo de auga atopou ás doce da noite, na inspección de rutina que se realiza diariamente aos tanques, novamente saboteado o sistema eléctrico do motor dun dos pozos que da servizo á rede de abastecemento do casco urbano.

A parada  deste motor repercutiu tamén no aporte de auga ao depósito de cabeceira de Portoaugavella (un dos dous que forman parte da Rede de Abastecemento da Cañiza) que se vaciou deixando a rede en mínimos. De feito, o tanque de Portoaugavella atopábase baleiro e os fusibles dun dos pozos de barrena de aporte a este depósito, arrancados.

Click para ampliar

Ainda que as deficiencias da rede de abastecemento son un mal endémico dende hai 20 anos, o Concello leva xa meses traballando para dar a medio prazo unha solución definitiva a este problema. Con todo, nos últimos días os veciños do casco urbán están sufrindo a falta de auga nas súas vivendas, sen que polo de agora se poida atopar a avería ou  fuga de auga.

O pasado 21 de setembro o alcalde Luis Piña asinou un Bando polo que solicitaba a  colaboración cidadá achegando toda aquela información que poidera ser de axuda para solucionar calquera incidencia que afectara á rede de subministro de auga. Alentaba o rexedor local a que “calquera  usuario que tivera coñecemento de accións que poideran atentar ou afectar ao normal funcionamento da Rede de Abastecemento (fugas, roturas, rego indebido, etc) o fixeran saber ao Concello para poder actuar con urxencia”.

Piña lembrou esta mañá que o dano ás conduccións de aguas, a distracción do curso das augas e o desabastecemento deste ben como produto de primeira necesidade está tipificado no código penal.

“O atentado contra o suministro eléctrico dun dos pozos máis importantes da nosa Rede é un acto premeditado de sabotaxe que pon en risco o suministro de auga potable ás vivendas do núcleo”, afirmou o alcalde da Cañiza.

A Deputación porá o vindeiro ano 73 millóns a disposición dos concellos nun ‘plan de choque’ para reactivar á provincia

Consolidar a recuperación económica nos concellos da provincia e inxectarlles maiores recursos para que poidan enfrontar o acceso aos fondos europeos, como principal ferramenta da reactivación, son os dous principais obxectivos da decisión da Deputación de Pontevedra que o ano que vén porá á disposición dos municipios 73 millóns de euros co Plan Concellos. O Plan 2022 incrementarase ata os 43 millóns de euros, aumento que se manterá ao ano seguinte, e será bianual para poder adiantar a este próximo ano os 30 millóns da Liña 1 de investimentos do 2023. Así o confirmaron hoxe o vicepresidente provincial, César Mosquera, e o deputado de Cooperación, Santos Héctor Rodríguez, que cualificaron estas medidas como “un auténtico plan de choque para impulsar a reactivación, xerar actividade económica e crear ou manter emprego”.

O vicepresidente César Mosquera fixo fincapé en que a Deputación segue a facer esforzos para financiar os concellos que, segundo as súas contas, poderán recibir para o vindeiro ano 93 millóns de euros ao sumar tamén os fondos do ReacPon, “unha cantidade económica francamente elevada”, cualificou. Mosquera explicou que a decisión de aumentar o Plan Concellos xa se barallara para os orzamentos do ano en vigor (2021), mais non fora posible polas malas previsións de ingresos sobre as transferencias do Estado, xa que incluso cabía a posibilidade de ter que devolver cartos logo da liquidación final, “o que deixaría esta casa abaneando”. “Para este ano fomos prudentes e recorremos a crédito cando se puido- pero agora cambiou o marco e retomouse a idea: podemos permitir que os concellos poidan facer no 2022 obras a conta do 2023”, apuntou.

Santos Héctor: “non hai concello de ningunha cor que discuta esta iniciativa que respecta a autonomía local, trata os concellos como maiores de idade e supón investimentos feitos con criterios obxectivos, con equidade e con parámetros técnicos”

Pola súa banda, o responsable de Cooperación, Santos Héctor, lembrou que“o Plan Concellos é o instrumento de investimento máis potente que esta Deputación tivo nestes anos para transformar a provincia, e cremos que esta nova inxección económica vai ser moi importante para revitalizar os concellos”. O deputado recordou que o Plan está a ser a principal canle de transferencias aos municipios, “nas que a Deputación é líder de todo o Estado”, e que tras seis anos de goberno “non hai concello de ningunha cor que discuta esta iniciativa que respecta a autonomía local, trata os concellos como maiores de idade e supón investimentos feitos con criterios obxectivos, con equidade e con parámetros técnicos”, tras destacar tamén que xa é “un modelo para outras administracións”.

Santos Héctor sinalou que a mellor proba son os datos obxectivos e cualificou como “sobresaínte” o balance do Plan Concellos que supuxo a transferencia de 252 millóns de euros aos municipios, cun total de 2.721 obras executadas. Amais, financiáronse centos de actividades sociais, culturais e deportivas amais de operacións de gasto corrente, pago a provedores e amortización de débeda, e creáronse 5.093 postos de traballo nos concellos. “Polo tanto, dixo, cremos que fixemos un moi bo traballo con esta decisión. A política deste Goberno ten como obxectivo mellorar a vida da xente e o que queremos é seguir transformando os concellos e a provincia a través destas medidas para abordar estes vindeiros anos a reactivación económica, consolidar e mellorar o emprego e crear novos postos de traballo”.

Sobre a polémica co PP, o vicepresidente Mosquera salientou que a presentación do Plan de Reactivación estivo traballándose nas últimas semanas, nas que se chamou ao portavoz ‘popular’ para sumar os seus apoios. “Tivemos varias reunións para compartir o plan. Nós non queremos protagonismo, se imos xuntos e xuntas mellor. Tiñamos todo acordado e incluso falado comparecer os tres portavoces xuntos (…), pero fixeron unha xogada bastante absurda e onte ao final o portavoz do PP descolgouse”, apuntou, para preguntarse polas razóns do cambio de estratexia do PP.

A Deputación lanza a cuarta aceleradora de turismo a través de SmartPeme

A Deputación de Pontevedra vén de lanzar, a través do programa SmartPeme TurisTIC, a cuarta edición da aceleradora de empresas turísticas da provincia. Un total de seis proxectos  empresariais beneficiaranse nesta nova quenda do programa, que ten como obxectivo servir de apoio e guía para as empresas do sector turístico e doutros sectores relacionados mediante a incorporación das novas tecnoloxías vinculadas ás actividades clave de cada negocio, a fin de mellorar a súa competitividade.

Con este fin, desenvolveranse distintas actividades de capacitación tecnolóxica nas sete oficinas da rede Smartpeme e os e as responsables dos seis proxectos escollidos beneficiaranse de asesoramento personalizado amais doutras actividades de mentorización. O programa da Deputación está dirixido a pemes, persoas emprendedoras, empresarias e autónomas da provincia cun proxecto ligado ao sector turístico ou cunha actividade vinculada ao mesmo en fase temperá de desenvolvemento ou cun alto potencial de crecemento, que teñan interese en mellorar as súas capacidades e habilidades para acelerar o seu proxecto empresarial. Deben contar con preparación técnica para desenvolver o proxecto de aceleración, dispoñibilidade e compatibilidade para seguir as accións formativas e unha gran motivación e compromiso co programa.

O prazo para a presentación de solicitudes xa está aberto na web de Smartpeme e finaliza o día 15 deste mes de outubro. Nas tres edicións anteriores a Deputación prestou apoio a través desta iniciativa a un total de 20 empresas, seleccionadas entre as 60 candidaturas presentadas. O programa desenvólvese en dúas fases. A primeira é a de mentorización, que inclúe o deseño da folla de ruta a seguir para o desenvolvemento do proxecto –para o que estarán acompañadas por unha persoa experta en turismo– e un programa intensivo de titorías que consta de sesións de traballo individualizadas con persoas asesoras expertas en tecnoloxía, en imaxe dixital e cun especialista en competitividade empresarial. As persoas participantes tamén participarán nunha xornada networking con outras empresas do sector. Nunha segunda fase, a aceleradora centrarase nas sesións formativas grupais enfocadas a temas como a comercialización en liña dos estabelecementos e destinos turísticos, aos coñecementos sobre posicionamento SEO ou optimización da páxina web, así como ao deseño do Plan de Empresa. A aceleradora finalizará coa presentación final dos proxectos participantes na Demo Day.

O Concello comeza a poda para acondicionar as árbores das zonas verdes e rúas de Ponteareas

O Concello de Ponteareas comezou esta semana as tarefas de poda para acondicionar as árbores das zonas verdes e rúas da vila. Os operarios e operarias municipais están a eliminar as ramas en mal estado e as que poden molestar á veciñanza, pero mantendo a estrutura a súa estrutura para que permita manter un sombreado adecuado no verán ou nas épocas de calor.

A concelleira de Medio Ambiente, Rosa Covelo, explica que o Concello decidiu acometer as obras coa maior rapidez posible, xa que facilitan o tránsito e a comodidade nas rúas e tamén reducen os riscos de accidente durante un temporal.

Para este traballo, a Concellaría destinou varios operarios e unha plataforma elevadora co obxectivo de “rematar as actuación canto antes”. A edil tamén lembra que todos estes traballos contan cun protocolo de seguridade para poder evitar danar as árbores.

Charlas informativas sobre o Plan de Compostaxe na Guarda

0

O Concello da Guarda, a través da Concellería de Medio Ambiente, organiza entre outubro e novembro un total de catro charlas informativas sobre o Plan de Compostaxe municipal en diferentes parroquias da vila.

O Concello da Guarda continúa deste xeito co Plan de Compostaxe Municipal que este ano permitiu xa repartir de máis de 200 composteiros individuais, cuns kits de compostaxe que constan dun composteiro individual, aireadores e termómetros, mercados pola Concellería de Medio Ambiente a través dunha subvención do Servizo de Residuos da Xunta de Galicia.

A primeira charla terá lugar o 28 de outubro ás 18:00h no local da Asociación de Veciños o Percamiño na Gándara, seguindo o 4 de novembro ás 20:00h na Casa da Comunidade de Montes de Camposancos, o 11 de novembro ás 19:00h no Local Social do Castro(Av. San Lorenzo) e finalizando o 18 de novembro ás 19:00h no Centro Social de Salcidos(A Portela).

A técnica de Medio Ambiente municipal será a encargada de ensinar aos asistentes ás charlas é o funcionamento dos composteiros e o aproveitamento da compostaxe na vida diaria, cunha breve formación e explicación do Plan de Compostaxe Municipal. Para calquera dúbida sobre as charlas poden contactar no 676 674 837 ou no correo electrónico [email protected].

As Neves celebra o martes a XV Festa do Tinto Rías Baixas

0

As Neves inicia este domingo, día 10, as actividades da XV Festa do Tinto das Rías Baixas, que terá o seu día central o martes, 12 de outubro. A festa recupera, case na súa totalidade, o seu formato habitual, logo das restricións do ano pasado, seguindo as medidas aprobadas polas autoridades sanitarias e extremará o respecto á separación de seguridade, os aforos e a desinfección de mans, pedindo a colaboración dos asistentes.

Este 2021 será posíbel volver a gozar da natureza, as actividades para nenas e nenos,a música, o deporte, obradoiros, as novas propostas e, por suposto, do viño e da gastronomía.

Este domingo, de 09:30 a 13:00h. será o tempo da ‘Andaina do Requeixo e do Tinto’, que sairá dende a Praza do Concello e percorrerá parte do Concello. As persoas interesadas en coñecer parte da nosa natureza e paisaxe poden inscribirse en: [email protected].

Xa pola tarde, ás 19:30h. na Casa da Auga Chan de Vide, presentación da Adega Chan de Vide.

O martes, 12, será o ‘día grande’ do Tinto das Rías Baixa, cun programa que empezará ás 11 da mañá coa apertura da festa; seguirá ao mediodía o Concerto da Coral Polifónica Santa María das Neves. Ás 12:30, terá lugar a recepción de autoridades na Casa do Concello, previa ao pregón, previsto para as 13:00h., a cargo de Pablo Méndez, Premio Xove Empresario de Galicia 2021, e Sara Vila, Premio Illa Nova de Narrativa 2021.

Será ás 13:30h. cando actuará o grupo Os Monifates, dando paso ás 14:30h. á presentación da Adega Chan de Vide e, de seguido, ás 15:00h. a música de Cé Orquestra Pantasma.

Xa polo serán, ás 17:00h. chegará o espectáculo infantil ‘Brinca Vai!De aquí acolá’, de Paco Nogueiras. Dende esa mesma hora e atas as 20:00h., haberá unha ‘Xornada de Cultura Urbana’, na Praza do Concello, con obradoiros de Graffiti, Skateboard, Danzas Urbanas e Stencil.

O día rematará ás 20:00h. co Concerto de Xabier Díaz e as Adufeiras de Salitre.

A programación desta XV Festa do Tinto Rías Baixas, terá o seu peche o xoves, día 14, coa ‘Cata Profesional’ para as adegas participantes cos expertos internacionais David Schwarzwälder e Yvonne Heistermann.

Aberta a inscrición para as clases ‘Activa a túa mente’ dirixidas as persoas maiores de Redondela

0

Que os nosos maiores poidan traballar en capacidades que melloren a coordinación, memoria e concentración, todo dun xeito entretido e divertido, é o obxectivo do programa Activa a túa mente posto en marcha pola Concellería de Servizos Sociais do Concello de Redondela, que xestiona Iria Vilaboa.

Trátase dunha iniciativa dirixida as persoas maiores nas que desenvolverán experiencias sensoriais, xogos interactivos e diversas actividades que permitirán reforzar e mellorar a atención, incrementar a agudeza auditiva e visual e previr o deterioro da memoria, “aspectos que contribúen a mellorar a súa calidade de vida”, explica a concelleira.

A inscrición para as clases, tanto en Chapela como Redondela, abriuse hoxe xoves 7 de outubro e permanecerá aberta ata o vindeiro 18 de outubro. Os impresos, que deberán ser presentados debidamente cubertos, pódense retirar nas oficinas do Rexistro Xeral –tanto na Casa do Concello de Redondela como en Chapela– ou na páxina web do Concello.

Para que sexa máis doada a participación dada a alta demanda que ten esta actividade, o multiúsos da Xunqueira, en Redondela, acollerá tres grupos: os mércores de 09.30 h a 10.45 horas; os venres de 09.30 horas a 10.45 h e os venres de 11 h a 12.15 horas. Pola súa banda, o multiúsos do Piñeiral do Crego en Chapela, impartirá as clases os xoves de 10 h a 11.15 horas e de 11.30 h a 12.45 horas.

Á hora de inscribirse, as interesadas e interesados deberán marcar o horario da súa preferencia . No caso de que algún dos horarios no acaden o mínimo de 10 participantes, non se crearía o grupo e as e os as persoas solicitantes serían incluídas na segunda opción marcada.

A Cañiza e Avelaíña oficializan o seu primeiro convenio

0

O alcalde da vila da Cañiza, Luis Piña, e a asociación Avelaíña de saúde mental, oficializaron e asinaron o seu primeiro convenio o pasado 11 de xuño de 2021.

A pesares de que a asociación Avelaíña xa levaba traballando no municipio da Cañiza desde o ano 2016, todavía non existía ningún convenio de colaboración. Esta asociación vén desenvolvendo unha importantísima labor social, atendendo aos veciños do municipio e aos seus familiares, ao abeiro do programa “Achego” e do “Servizo de información e asesoramento en saúde mental”.

Este convenio contempla a achega por parte do Concello dunha subvención para a asociación de 1.825,49 € por cada ano, e a cesión gratuíta dunha instalación municipal no primeiro andar do Edificio Multiusos da rúa Progreso, 21 para a atención do servizo.  

A sinatura deste Convenio garante tamén a continuidade do servizo na Cañiza.

O Rosal celebra a súa Festa de Outono do Pilar con música, teatro e unha homenaxe aos irmáns Flores

0

O Rosal continúa este mes de outubro cunha programación moi especial, a tradicional Festa de Outono, que chegará ao Calvario os días 10, 11 e 12 de outubro cunha morea de actividades para todos os públicos. Os rosaleiros e rosaleiras poderán desfrutar durante estes tres días de música, teatro e incluso unha homenaxe aos irmáns Flores.

Precisamente é con esa homenaxe coa que arranca a programación das tamén coñecidas como Festas do Pilar. O domingo 10 ás 20.00 horas Xistra e convidados interpretarán as creacións musicais de José e Emilio Flores Costas, dúas persoas que interviñeron moi activamente na formación persoal e musical de moitos veciños e veciñas. Será unha sentida actuación na honra de dous rosaleiros que participaron e crearon colectivos que abranguen calquera manifestación de música popular galega e que cunha soa gaita foron quen de ensinar e divertir a todo un pobo.

O luns 11 de outubro (21.00 h) será a quenda de The Tetas Van, a revolución musical en feminino. A banda encherá a Praza do Calvario coa súa música de ton rockeiro e letras en galego, versións coas que divertir ao público ao tempo que transmiten, reivindican e loitan contra as inxustizas as que teñen que enfrontarse as mulleres.

A Festa de Outono rematará o 12 de outubro cunha morea de actividades. Ás 11.00 horas haberá pasarrúas co grupo de percusión e música tradicional Trebón dos Xidos. Xa pola tarde, ás 17.00 horas, Teatro O Cubo traerá ao Calvario ‘Ghop!’, un berro cheo de enerxía e ímpeto para un espectáculo coa estética clásica dos circos ambulantes que no pasado percorrías as prazas dos pobos. Malabares, monicreques, acrobacias e pinceladas de maxia nun espectáculo de variedades que busca a un público desexoso de participar.

O programa rematará ás 19.00 horas co concerto Con Fusión con Píscore e a Banda da Agrupación, unha mestura de música, teatro, humor, comedia xestual, clown e, por suposto, participación do público.

A Escola de Teatro de Tomiño retoma a súa actividade

0

A Escola Municipal de Teatro de Tomiño retoma a súa actividade este mes de outubro para achegar a nenos e nenas e a mocidade ao mundo teatral. Tras a parada estival, as clases comezarán de novo o vindeiro 18 de outubro no auditorio de Goián con grupos reducidos dun máximo de 10 persoas por mor das restricións actuais e con todas as medidas de prevención necesarias para garantir a saúde de alumnado e profesorado.

As clases desenvolveranse luns e martes en diferentes horarios dependendo dos grupos, todos eles pechados co alumnado que xa participaba na actividade o curso pasado. O único grupo para o que se abrirá inscrición será para o de nenas e nenos de 4 a 8 anos, para os que xa se pode facer a solicitude de praza a través da web municipal. Este grupo, o que ten alumnado de menor idade, terá clase os luns de 17.30 a 18.45 horas e o prezo por mes será de 15 euros.

O obxectivo desta actividade, cada vez máis consolidada entre a poboación tomiñesa, é introducir ás e aos participantes no mundo teatral ao tempo que se estimula a imaxinación e as capacidades creativas, fomentando o traballo en equipo e mellorando os recursos comunicativos, entre outros aspectos. Trátase dunha actividade na que se combina a expresión dramática coa creación, o ensaio e a posta en escena dunha obra.

As clases de taichi do programa ‘Redondela Saúde 2021’ abren o seu prazo de inscrición

0

A Concellería de Servizos Sociais do Concello de Redondela, que xestiona Iria Vilaboa, vén de anunciar que entre os días 7 e 18 de outubro, estará aberto o prazo de inscrición para as clases de taichí que se desenvolverán ao abeiro do programa ‘Redondela Saúde 2021’.

Para un mellor aproveitamento e facilitar que as persoas interesadas poidan participar, explica Iria Vilaboa, crearanse grupos en Redondela, Chapela, Cabeiro, O Viso (Saramagoso), Reboreda e Ventosela, de tal xeito que as e os participantes poidan reducir os seus desprazamentos.

Nos impresos de inscrición, que se poden retirar nas oficinas do Rexistro Xeral –tanto na Casa do Concello de Redondela como en Chapela– ou na páxina web do Concello, as persoas interesadas deberán marcar o grupo no que queren participar. Nos casos de Redondela e Chapela que contarán con dous horarios, deberán marcar tamén a opción preferida. En caso de que a primeira opción estea completa, inscribiríase na segunda e, no caso que tamén estivera completa, quedaría en lista de agarda. En todo caso, a adxudicación de prazas realizarase por estrita orde de inscrición.

As clases impartiranse nos seguintes horarios: Redondela, martes e xoves de 8.30 h a 9.30 horas (opción 1) e de 9.30 h a 10.30 horas (opción 2). Chapela, luns e venres de 9 h a 10 horas no Pavillón de Deportes (opción 1) e de 17.30 h a 18.30 horas no Círculo Cultural (opción 2).

O resto dos lugares terán un único horario quedando tal e como segue: Cabeiro, mércores de 18 h a 19 horas e venres de 20.15 h a 21.15 h; O Viso (Saramagoso), martes e xoves de 19 h a 20 horas; Reboreda, luns e venres de 19 h a 20 horas e, finalmente, Ventosela, martes e xoves de 17.30 horas a 18.30 horas. Cómpre salientar que no caso concreto de Saramagoso, a actividade no comezaría ata o luns 25 de outubro ao estarse realizando obras na Casa Cultural.

As clases de taichi no concello de Redondela constitúen unha das actividades que máis demanda ten e que contan cunha alta participación da veciñanza dados os beneficios que para a saúde, supón esta práctica milenaria.

Os Roteiros do Miño continúan este domingo coa ruta do Alto da Pena

0

A Eurocidade Cerveira-Tomiño continúa coa súa xeira de Roteiros do Miño 2021, un proxecto co que se busca dar a coñecer camiñando a riqueza paisaxística, cultural, patrimonial, ambiental e natural existente a ambas beiras do Miño. Esta nova ruta celebrarase despois de pechar setembro co roteiro circular da Pedra Furada, un percorrido pola serra do Argallo que acadou novamente un notable éxito de participación.

A seguinte actividade será o vindeiro domingo 10 de outubro, coa ruta Alto da Pena, unha andaina de aproximadamente 9 quilómetros de distancia, circular e de dificultade moderada na que as persoas participantes poderán gozar das deslumbrantes paisaxes cara ao Val do Miño e o seu esteiro. A ruta comezará na Capela da Nosa Señora Da Pena, en Loivo, ás 09.00 h (hora portuguesa) e chegará ata o punto máis alto de Vila Nova de Cerveira, o Alto da Pena, de 644 m de altitude. A partir de aí durante todo o descenso poderá verse a paisaxe que brinda o río Miño ata volver á capela arredor das 13.00 horas (hora portuguesa).

Os Roteiros do Miño aínda teñen unha cita máis pendente: o sábado 23 de outubro, data na que se realizará á Ruta das Fontes, con saída ás 09.30 horas (hora galega). Para poder participar en calquera destas rutas é preciso reservar praza enviando un correo electrónico a [email protected] engadindo nome, data de nacemento, teléfono de contacto e enderezo electrónico.

Os 24 GDRs de Galicia reúnense en Mos para seguir traballando a prol do rural

0

Mos foi este mércores o epicentro do desenvolvemento rural de Galicia. Por primeira vez, os 24 GDRs da comunidade déronse cita no Centro de Dotacións do Medio Rural de Torroso na segunda reunión da Mesa de Coordinación destes grupos para debater cuestións sobre o programa Leader ou sobre a futura convocatoria de axudas para accións preparatorias da vindeira estratexia de desenvolvemento local, así como recibir formación sobre as oportunidades de financiamento para os concellos rurais no marco dos fondos Next Generation.

“Hoxe tratamos temas vitais que definirán o futuro dos GDRs nos vindeiros anos. Debemos traballar para coñecer o que pasa no territorio, planificar o que facer e aproveitar ben os fondos europeos para dar pulo a todas as comarcas galegas”, destacou Inés Santé, directora da Axencia Galega de Desenvolvemento Rural, Agader, durante o peche da xornada. 

Neste sentido, a presidenta do GDR Eurural e alcaldesa de Tomiño, Sandra Alonso, apuntou que “os grupos de desenvolvemento rural temos que facer un esforzo grandísimo porque estamos diante dunha oportunidade histórica e debemos facer todo o que estea na nosa man para que eses fondos calen no noso rural e nos axuden a continuar dinamizándoo”.

A alcaldesa de Mos, Nidia Arévalo, recordou que os 24 GDRs de Galicia van cumprir 30 anos traballando e “os concellos temos que sentirnos moi satisfeitos de poder contar con estes instrumentos necesarios para organizar a nosa terra, os nosos produtos, a nosa economía, o noso rural”.

Durante a xornada, os grupos de desenvolvemento rural afondaron tamén na preparación de novas actividades, como a de ‘Camiñando contra a violencia de xénero’ para conmemorar o vindeiro 25 de novembro o Día Mundial contra a Violencia de Xénero, e falaron sobre aspectos como a aplicación Xalea ou os informes técnicos sobre o seguimento e control de programas.

Nigrán arranca este sábado o ‘Mes do Teatro’

0

O Concello de Nigrán celebra un ano máis o ‘Mes do Teatro’ ao longo de todo outubro estreando o seu primeiro convenio coa Federación Galega de Teatro Afeccionado baixo o título ‘Fegateatro Nigrán 2021’. Así, todas as fins de semana (e tamén as tres primeiras de decembro) grazas a este convenio mediante o que o Concello aporta 4.200 €, haberá funcións no Auditorio Municipal a cargo de compañías de diferentes puntos de Galicia. Igualmente, a Deputación de Pontevedra, a través do programa ‘Tornar as Táboas’, colabora o sábado 23 de outubro coa obra ‘Top Manta’ de Fulano, Mengano e Citano. En total, este mes prográmanse cinco funcións de cadansúa compañía os días 9, 16, 17, 23 e 31 de outubro (todas no Auditorio Municipal, ás 20:00 horas os sábados e ás 19:00 horas os domingos, con entrada de balde ata completar o aforo).

“En Nigrán temos un grupo de referencia que é Teatro do Ar, formado por mocidade do municipio con moito talento e moi activa, e a través precisamente deles decidimos subscribir este convenio con Fegatea que nos permite traer representacións de gran calidade ao tempo que colaboramos coas compañías galegas de teatro afeccionado, incluíndo por suposto Teatro do Ar”, explica o alcalde, Juan González.

Así, a compañía viguesa Atrezo Teatro será a encargada de abrir a programación este sábado 9 ás 20:00 horas con tres obras de microteatro, ‘A conciencia’ (20 minutos), ‘As camelias brancas’ (20 minutos) e ‘A chaqueto de borreguito’ (17 minutos) .

O sábado 16 será o turno do grupo de A Estrada ‘Disfunción continua’ coa obra ‘Departamento de selección’, dirixida a un público maior de 15 anos e cunha duración de 1h10 minutos. Trátase dunha peza na que un grupo de persoas acceden a unha entrevista de traballo para entrar nunha multinacional, pero a dureza das entrevistas converterán o proceso selectivo nun xogo cruel e perverso que sacará o peor de cada personaxe. A obra supón unha crítica á deshumanización do mundo capitalista que nos converte en inimigos e competidores dispostos a emprender unha loita salvaxe na que todo vale. Está dirixida por José García e interpretada por Clara Iglesias, Rosa López, María Porto, Bea del Río e Natalia Carbajal

A programación continúa o domingo 17 ás 19:00 horas coa obra de teatro cego ‘Coa mirada nas túas mans’ da compañía Lohengrín, de San Andrés de Comesaña (Vigo). Esta función obtivo o segundo premio da categoría Teatro nos Xuventude Crea 2020. Pertence ao xénero de teatro sensitivo xa que é unha obra pensada para público cego, con visión reducida e para as persoas que o queiran presenciar cos ollos tapados. Ten unha duración dunha hora e está pensada para público maior de 14 anos.

O sábado 23, a través do programa ‘Tornar as táboas’ da Deputación de Pontevedra, acude ao Auditorio Municipal a compañía viguesa ‘Fulano, Mengano e Citano’ coa obra ‘Top Manta’. Os cortes económicos como consecuencia da crise empuxan a dous actores a cambiar os grandes escenarios polo top manta na rúa. Como todas as producións da compañía viguesa, ‘Top Manta’ é unha comedia crítica e sarcástica sobre a realidade, aínda que os seus responsables, escapan do “ politiqueo barato”.

Finalmente, o ‘Mes do Teatro’ péchase o domingo 31 coa comedia para todos os públicos ‘Lisístrata’ do grupo ourensán Teatrino.

O convenio con FEGATEA exténdese ao mes de decembro, cando terá lugar o día 4 a representación ‘Ultrasónica’ de Paso de Valverde (Arteixo); ‘Distintas Compañías’ de Teatro do Ar (Nigrán) o día 11 e, finalmente, ‘Get Back’ de Porta Aberta (Vigo) o día 18.

FegaTeatro

‘FegaTeatro’ xurde como proposta de Fegatea para achegar o teatro amador a espazos de nova creación, mesmo aos que non contan cunha dotación técnica axeitada ou onde non existe unha programación teatral estable de carácter profesional. O obxectivo é ampliar a oferta cultural e contribuír a creación de novos públicos mediante unha programación estable e axeitada ás demandas de cada localidade.

Ponteareas saca a licitación a construción do muro de contención do punto limpo

O Concello de Ponteareas acaba de sacar a licitación a construción do muro de contención do punto limpo municipal en Alemparte (Areas). As entidades interesadas poden presentar a súa solicitude ata o vindeiro 25 de outubro a través do Portal de Contratación do Estado. A intervención, que conta cun orzamento de máis de 180.000 euros, garantirá a seguridade da contorna da instalación municipal, construída sobre un terreo con gran desnivel e risco de desprendemento.

A alcaldesa, Cristina Fernández Davila, expón que esta actuación é “urxente” para Ponteareas, xa que “reduce en gran medida o perigo de desprendemento, sobre todo en inverno”, e indica que durante a intervención tamén se aproveitará para levar a cabo a construción dun muro de peche que evite a entrada de persoas alleas e animais ao punto limpo. Este discorrerá na cota superior do muro de contención, establecendo así unha dobre protección.

O punto limpo é outra das obras estratéxicas que o Concello de Ponteareas acaba de sacar adiante durante os últimos meses. Súmase a intervencións, coma a ampliación e mellora da depuradora, que farán da vila un lugar máis limpo, sostible e seguro para a veciñanza. A intervención está financiada por fondos propios do Concello e do Plan Concellos da Deputación de Pontevedra.

A Concellería de Igualdade de Baiona pon en marcha o concurso de debuxo e eslogan contra a violencia de xénero

0

A Concellería de Igualdade do Concello de Baiona puxo en marcha o concurso de debuxo e eslogan contra a violencia de xénero.

O concurso ten como obxectivo promover, dentro do ámbito educativo a reflexión ao redor da promoción da igualdade entre mulleres e homes así como a loita contra a violencia de xénero, e sensibilizar sobre a importancia de valores como a igualdade entre mulleres e homes e o respecto.

Poderá participar calquera alumno ou alumna que curse educación secundaria obrigatoria ou formación profesional básica ( ESO e FP básica) nun centro educativo de Baiona.

O contido das obras deberá enviar unha mensaxe que incida na reflexión ao redor da promoción da igualdade entre mulleres e homes e/ou a loita contra a violencia de xénero.

As obras presentadas elaboraranse de maneira individual polas persoas participantes. O debuxo e eslogan deberá ser orixinal e inédito, non premiado noutros concursos ou certames. As obras realizaranse en formato vertical en cartolina DIN A4 de cor branca. A técnica será libre, quedando prohibidos os debuxos e eslogans en computador ou con novas tecnoloxías. O debuxo deberá incluír obrigatoriamente un eslogan en lingua galega.

Outorgaranse tres premios as persoas gañadoras. O primeiro premio será unha tablet, o segundo un reloxo intelixente  (Smartwatch), e o terceiro uns auriculares inhalámbricos. O “Concurso de debuxo e eslogan contra a violencia de xénero” forma parte do proxecto ”365 días en Igualdade ”, promovido polo Concello de Baiona a través da Concellaría de Igualdade, Mocidade e Novas Tecnoloxías e o Centro Municipal de Información á Muller, subvencionado pola Deputación de Pontevedra, no marco das Bases Reguladoras da Convocatoria de Subvencións dirixidas aos concellos de menos de 20,000 habitantes da Provincia de Pontevedra para o fomento da igualdade de oportunidades e a prevención da violencia de xénero para o ano 2021.

A Escola de Xadrez de Gondomar esperta gran interese entre os máis novos

0

Nas dúas primeiras semanas xa son 15 os alumnos os que se animaron a matricularse na Escola Municipal de Xadrez e “xa amosaron as súas aptitudes para enfrontarse ás táboas e aos seus rivais”, manifestou o rexedor Paco Ferreira, que seguiu de preto as primeiras partidas que se desenvolveron na aula.

Con esta iniciativa o concello de Gondomar quere converterse nun punto de encontro de xadrecistas e animar a práctica deste xogo en toda a comarca do Val Miñor, sen descartar que se poidan formar futuros campións e campioas na materia.

A Escola de Xadrez nace con vocación e converterse nun referente na que ademais de “formar, tamén potenciemos esta actividade, así como a organización de diferentes competicións”. Tamén abre a posibilidade das clases en liña e, no seu momento, organizar xornadas abertas para achegar o xadrez a todos/as, así como a colocación de distintos taboleiros en zonas de lecer para xogar en calquera momento do ano.

Matrícula

O prazo de matrícula continúa aberto e as persoas interesadas poderán formalizala non Pavillón Municipal Bernabé Costas, rexéndose esta actividade tanto polas normas como as taxas das Escolas deportivas municipais 2021/22. O curso, que terá unha duración de oito meses, impartirase os luns e xoves no Auditorio Municipal Lois Tobío.

Haberá tres grupos diferentes: persoas de 6 a 16 anos, un segundo de 16 a 55 anos e, por último, o alumnado que supere os 55 anos. Para máis información pódense dirixir ao teléfono 608748393 ou ao correo [email protected].

O Concello de Salceda ten a débeda máis baixa da historia

O pleno do Concello de Salceda de Caselas ven de aprobar a Conta Xeral do ano 2020 con aforro neto positivo, cumprindo a regra de gasto e reducindo o nivel de endebedamento, nun ano complexo para a planificación económica por mor da pandemia producida pola Covid-19.

Os resultados da Conta Xeral expuxéronse detidamente pola Concelleira de Facenda, Lucía Pereira, acadando un aforro neto positivo de 123.122,92€, e cumprindo coa regra de gasto en 311.817,37€ imposta polo Ministerio de Hacienda do goberno central.

Destaca a boa situación do Concello no nivel de endebedamento, que descende un ano máis, situándose no 15,77% respecto aos seus ingresos, moi por debaixo do 75% que marca a lei para poder concertar novas operacións de crédito. Deste xeito, a débeda a peche do 2020 sitúase en 832.539,82€, dos que case 700.000,00€ corresponden á expropiación dos terreos do Parque Raíña Aragonta.

Durante a súa intervención, Lucía Pereira destacou tamén o bo dato respecto da liquidez das contas do Concello a data de 31 de decembro de 2020, que se situaron en 1.242.376,77€. Outro dos parámetros positivos que arroxan as contas é o resultado positivo do remanente de tesouraría, que ascende a 1.516.833,43€.

A Conta Xeral é un documento técnico onde se recolle a totalidade da contabilidade do ano, e que os concellos teñen que aprobar e remitir ao Consello de Contas antes do mes de outubro, para poder obtar ás subvencións de outras entidades.

Lucía Pereira, concelleira de Facenda declarou que “a pesar das dificultades económicas do 2020 marcadas pola inesperada pandemia producida pola Covid-19 fomos quen de rematar o exercicio cumprindo a maioría das regras fiscais, con liquidez positiva e cun remanente de tesouraría positivo que nos permitíu incorporar ao orzamento 2021 máis de 700.000€ que nos permiten continuar ofrecendo servizos básicos á nosa veciñanza e facer fronte aos gastos orixinados pola pandemia”.

Pola súa banda, Verónica Tourón, alcaldesa, comunicou que “os datos de tesouraría e de liquidez da conta xeral poñen de manifesto a xestión rigorosa do equipo de goberno, a pesar do aumento de gasto que nos supuxo xestión da pandemia”.