Luns, 4 Agosto de 2025

Alternativa por Mondariz pide a urxente limpeza da depuradora de Vilasobroso

0

O concelleiro de AporM, Tino Menéndez, e o portavoz municipal, Xoán C. Montes Bugarín, veñen de rexistrar no Concello de Mondariz unha iniciativa na que instan ao goberno municipal a levar a cabo os traballos de limpeza e acondicionamento urxente da decantadora de Vilasobroso. Os edís, que visitaron recentemente esta estación para o depurado de augas residuais, constataron que esta “está totalmente oculta pola vexetación, que incluso impide a súa visión”, o que evidencia que non foi limpa nos últimos anos.

Esta falta de mantemento periódica pode derivar nun funcionamento inadecuado, o que pode provocar a contaminación do Regueiro da Peteira, un afluente do Río Fragón, que rega a parroquia ponteareá de San Lourenzo de Oliveira. De facto, o efluente que sae da depuradora presenta unha elevada turbidez e un mal cheiro, ao punto que deixa rastros de verdín por onde pasa.

Dous anos de retraso

A maiores o grupo municipal de AporM, formado por catro concelleiros -o máis numeroso da Corporación Municipal de Mondariz-, quere lamentar publicamente o retraso co que o goberno municipal leva a cabo as obras de depuración de augas residuais no lugar de Poñe (Mouriscados), e A Pena e O Cruceiro (Vilasobroso), dous proxectos que xa tiñan que estar rematados no ano 2019, xa que xa foran redactados no mandato anterior, sendo alcalde Xoán C. Montes Bugarín.

O orzamento para financiar a depuradora e saneamento no núcleo de Poñe (Mouriscados) ascende a 88.400 euros, mentres que o importe destinado á depuradora e saneamento dos barrios da Pena e O Cruceiro (Vilasobroso) ascende a 157.700 euros, e permitirá conectarse á rede a cerca de 180 veciños.

Estas actuacións consisten na construción de senllas depuradoras de augas residuais mediante humidais artificiais para fluxo subsuperficial de aireación forzada, e a execución de varios tramos de saneamento para ofrecer este servizo aos veciños destas dúas parroquias.

A Cañiza asinará un convenio coa Xunta para arranxar o tellado do pavillón municipal

0

O alcalde da Cañiza, Luis Piña, anuncia a sinatura dun convenio coa Xunta de Galicia para o arranxo do tellado do pavillón municipal “Carballo do Marco” e a compra de 123 contenedores de lixo por un importe de 70.000€.

Despois da reunión mantida entre o alcalde da Cañiza, Luis Piña e o vicepresidente 1º da Xunta de Galicia, Alfonso Rueda, o pasado 9 de febreiro en San Caetano, xurde o compromiso  por parte da Xunta de acordar a sinatura dun convenio entre a Dirección Xeral de Administración Local e o Concello para financiar actuacións de índole medioambiental.

O pasado mes de maio, a directora xeral de Administración Local, Natalia Prieto, comunícalle ao alcalde que a Dirección Xeral ten reservados 70.000 euros para o Concello da Cañiza.

A raíz dos problemas de abastecemento da rede municipal sufridos no mes de setembro e tendo informado o Alcalde á Directora Xeral  sobre esta problemática, a Xunta da luz verde á tramitación definitiva do Convenio.

Dende alcaldía adoptase a decisión de destinar a axuda á construcción dun dos dous pozos necesarios para estabilizar o subministro de auga á rede municipal. Luis Piña propón a construcción do Pozo de Portoaugavella cun investimento de 80.000 €, dos que 70.000 serían financiados polo Fondo de Compensación Ambiental.

Aínda que esta proposta foi aceptada inicialmente pola Dirección Xeral de Administración Local, dende a parte interventora da Xunta se comunica que esta actuación non podía ser obxecto de financiación por non ter cabida dentro do marco de actuacións das bases do Fondo.

Descartada a obra de mellora do abastecemento de auga e co obxectivo de desatascar o Convenio, o Alcalde Luis Piña propón como alternativa o arranxo do tellado do Pavillón Municipal “Carballo do Marco” por presentar graves problemas de filtrado de augas ademáis da adquisición de 123 contenedores de recollida de residuos sólidos urbanos.

Actuacións financiadas

O alcalde, Luis Piña, decide destinar o 60% dos fondos do Convenio para o arranxo do tellado por ser unha das instalacións deportivas de maior uso por parte dos clubes da Cañiza e tamén por ser a sede do Clube Balonmán “equipo de élite do noso Concello”.

Por outra banda, a urxencia de adquirir os máis de 100 contenedores de RSU, está xustificada polo alto grao de deterioro dos colectores existentes que nalgúns casos impide a recollida habitual de residuos por parte dos servizos de limpeza do Concello, co conseguinte efecto negativo na saúde pública e no medio ambiente.

Segundo a Dirección Xeral, a semana que vén firmarase este Convenio de Colaboración que deberá estar xustificado antes do 15 de decembro. Con todo e paralelamente o Concello xa ven tramitando o expediente para a contratación das obras e o subministro dos contenedores.

O luns comezan as catas arqueolóxicas na travesía de San Domingos

0

Mañá luns, 15 de novembro, comezarán as catas na travesía de San Domingos para valorar a presenza de restos arqueolóxicos neste vial, así coma para avaliar o impacto que as obras previstas de renovación de instalacións e servizos poderían ter.  

Os traballos prolongaranse durante dúas semanas, tempo no que non se poderá estacionar nesta zona. Dende o Concello de Tui agradécese a colaboración dos veciños e veciñas para poder levar a cabo estes traballos, que poden ocasionar molestias puntuais ao longo destes quince días de execución, pero que son fundamentais para o desenvolvemento das obras de humanización deste espazo.

A realización destas catas é un paso previa á redacción do proxecto definitivo. Son un condicionado establecido pola Dirección Xeral de Patrimonio Cultural, no informe favorable para a obtención da autorización preceptiva deste departamento tras serlle remitida a  “Memoria valorada de cálculo e desenvolvemento técnico para o soterrado de todas as instalacións e servizos nas travesías de Santo Domingo e San Francisco”.

Neste proxecto está prevista a renovación dos servizos existentes de saneamento e abastecemento de auga, así como a incorporación de tubaxes de canalización para o resto dos servizos, en previsión da súa futura instalación. En concreto incluiranse o soterramento das conducións de iluminación, rede de baixa tensión, telecomunicacións, abastecemento de auga, recollida de pluviais, augas residuais e rede de gas natural. O proxecto contempla tamén a renovación do pavimento.

Nas catas que comezarán a realizarse o próximo luns levarase a cabo a apertura de sondaxes manuais de 2 x 2 metros, cunha distancia de 20 metros entre cada sondaxe. De seren localizados restos arqueolóxicos de interese, susceptibles de ser conservadores, empregarase un método preventivo de protección que garanta a súa conservación inmediata. Rematada a intervención redactarase un informe valorativo que recollerá a síntese dos resultados da intervención.

O alcalde de Tui, Enrique Cabaleiro, visitou estes días a zona xunto co arqueólogo que vai realizar os traballos arqueolóxicos.

A Xunta activa o Plan de Vialidade Invernal na provincia de Pontevedra

A Xunta activa o Plan de Vialidade Invernal na provincia de Pontevedra, cun dispositivo de 89 profesionais, 385 toneladas de fundentes e 6 centros operativos que garantirán a seguridade viaria.

O plan, que botará a andar o luns e se prolongará ata o 30 de abril, tamén mobiliza na provincia de Pontevedra un dispositivo de 43 máquinas, como camións, pick-up, retros, cuñas, follas, esparexedores de sal e estendedores de salmoira.

Estes recursos permitirán a atención e o mantemento dos preto de 1.300 km de estradas autonómicas na provincia para acadar condicións de seguridade viaria, especialmente nas épocas con episodios de climatoloxía adversa.

O Goberno galego vén desenvolvendo todos os anos, entre o 1 de novembro de 30 de abril, o Plan de Vialidade Invernal mediante un amplo despregue de medios materiais e humanos para facilitar a mobilidade en máis de 5.500 km de estradas da súa titularidade.

No conxunto de Galicia son, en total, 26 os centros operativos e 387 os profesionais que velarán pola seguridade das estradas autonómicas. Ademais, mobilízanse preto de 5.300 toneladas de fundentes.

O obxectivo desta iniciativa é mellorar as condicións de circulación na rede de estradas da comunidade, que se poden ver dificultadas no inverno pola presenza de fortes choivas, a formación de placas de xeo ou a aparición de neve.

Este plan recolle medidas preventivas, para anticiparse aos contratempos que se poidan producir, e medidas paliativas, para reforzar a seguridade viaria en situacións meteorolóxicas desfavorables.

O Goberno galego destina cada ano un investimento duns 50 millóns de euros para levar a cabo tarefas de conservación nas vías, entre as que destacan estas accións de vialidade invernal.

As obras do VI Concurso de Pintura rápida Pinta Tui poden visitarse no anexo da Sala Municipal de Exposicións

0

Até o 29 deste mes de novembro pódese visitar no anexo da Sala de Exposicións Municipal no edificio Francisco Sánchez (Área Panorámica) a exposición dos traballos gañadores e participantes no sexto concurso de pintura rápida Pinta Tui.

O certame celebrouse o pasado domingo, 7 de novembro, organizado pola Asociación de Comerciantes e Industriais de Tui, ACITUI, coa colaboración do Concello de Tui e outras entidades do municipio.

Unha trintena de persoas procedentes de toda a provincia de Pontevedra participaron nesta convocatoria plasmando nas súas obras a súa ollada sobre diversos espazos e lugares do noso territorio cunha diversidade de técnicas e estilos.

As obras gañadoras presentes na exposición son:

Categoría adultos

  • Primeiro Premio: Sergio González Ribeiro
  • Segundo Premio: Jose Luis García Miranda
  • Terceiro Premio: Antonio Abalde
  • Cuarto Premio: Martina Bugallo
  • Quinto Premio: Dorinda Garrido
  • Sexto Premio: Etienne Vigier

Categoría xuvenil

  • Segundo Premio: Arianna Pazos Masso
  • Terceiro Premio: Lucia Areal González
  • Cuarto Premio: Uxía Soto Costas

Categoría infantil

  • Primeiro Premio: Olga González González

Amais na exposición están presentes tamén as obras realizadas por Jose Marcos Soto González, David Quinteiro, Alexia Malerba, Mª Jesús Gómez, Uxía Soto Costas e Vanesa Ventiño.

Horario de inverno na oficina municipal de Turismo da Guarda

0

A oficina de Turismo Municipal da Guarda conta cun novo horario de funcionamento ata o 17 de decembro, prestando servizo de luns a sábados e festivos en horario de 10:00h a 14:00h e de 16:30h a 19:30h nas instalacións da Praza do Reló, en decembro pechará ás 18:30h.

Máis información na Oficina de Turismo Municipal na Praza do Reló S/N ou chamando ao 986 61 4546 ou no enderezo electrónico [email protected].

¡Galicia profunda!

Hace unas semanas, Galicia saltó a la palestra por el dictamen de una jueza de Marbella que le retiró la custodia de un hijo a su madre por llevárselo a vivir a la “Galicia profunda”. Tengo que reconocer que no he leído el auto y por lo tanto quiero pensar que una persona como una jueza, a la que se presupone cierto nivel cultural y un cierto grado de sentido común, que haya incluído esos términos en el mismo, ha sido un desliz. De ser un acto meditado demuestra el grado de ignorancia existente en éste país.

Hace años, cuando el tema de las subastas por la web estaba empezando en España, cuando algunos pecábamos de cierta ignorancia y creíamos que todo los vendedores de la más conocido plataforma de subastas por aquella eran legales, un vendedor de Madrid al que que le había comprado un CD –que resultó ser un mala copia en CDR– me dijo, cuando se lo indiqué, que era un ignorante y que era de la “Galicia profunda”.

Desde aquella, ese término siempre me ha provocado por un lado, malestar, pero por otro pena de la gente que lo utiliza por su ignorancia. El término de Galicia profunda, es un término despectivo hasta nuestra tierra, hacia nuestros orígenes, hacía nuestra historia y hacía nuestros antepasados. Los gallegos estamos muy orgullosos de ser de Galicia, tanto del interior como de la costa.  Las personas que se atreven a utilizar ese término, jamás han estado en nuestra tierra, nunca han conocido a nuestras gentes, no han visitado nuestros paisajes y tampoco han disfrutado de nuestra gastronomía.

Tengo también muy claro lo ignorantes que son quienes lo utilizan. De los casos que estamos hablando, ¿decimos de los de Madrid que son todos unos engreídos y chulitos? De Marbella, ¿decimos que todos son unos corruptos? Pues no. Afortunadamente los gallegos estamos por encima de todo eso y sabemos que todos los lugares tienen sus cosas buenas, algunas malas y que en nuestra tierra, también las tenemos. Cada lugar tiene su particularidad y su encanto.

Decirle a esa jueza, que sería bueno que para la próxima vez, antes de decir una sandez de ese calibre se diera una vuelta por nuestra tierra, que salga del confort de su trono y que hable con nuestras gentes y disfrute de la hospitalidad que aquí ofrecemos y que nos caracteriza. Nada mejor que darse una vuelta por el interior de nuestra Galicia para después poder hablar de ella y a buen seguro, que cambiará su opinión y a lo mejor después, los términos despectivos, los utiliza para los que la rodean.


Lo que tenemos bien claro nosotros es lo de intentar recomendar semana tras semana, buena música y en esta ocasión lo vamos a hacer con Peace Orchestra, proyecto llegado desde Austria que os va sorprender y por otro lado el dúo “2 Cellos”, como siempre, una delicia para nuestros oídos. Espero que los disfrutéis.

Peace Orchestra

Peace Orchestra

1999

Los recopilatorios y bandas sonoras, en muchas ocasiones son excelentes para descubrir artistas y proyectos que de otra forma pasarían desapercibidos y ése es el caso de éste que presentamos, descubierto gracias al soundtrack de “The Animatrix”,

Es un proyecto llamado Peace Orchestra detrás del cual se encuentra el DJ austriaco Peter Kruder, (sí, desde la misma Austria de dónde han salido grandes músicos clásicos), llega éste hombre que acostumbrado a producir y a mezclar otros artistas,en el año 1999 decidió publicar en solitario éste trabajo con el mismo nombre del proyecto. Dividido en 9 temas, nos encontramos una mezcla en perfecta harmonía entre jazz, electrónica,dow tempo y trip hop, con una produccion exquisita en todos sus temas, el que formó parte de la banda sonora antes mencionada, es le que lleva por título Who Am I, pero temas como Henry, The Man Part On, Double Drums, no se quedan atrás en su concepción y en su calidad sonora.

Desde luego, interesante proyecto con la pena de que no haya continuidad en el tiempo, esperemos que en algún momento Peter decida volver a retomar esa senda, hasta entonces, disfrutemos de esta orquesta.


2 Cellos

Let There Be Cello

2018

Penúltimo trabajo publicado hasta el momento por el dúo formado por Luka Sulic y Stjpena Hauser, y hasta el momento, no hay visos de continuidad, ya que parece que, por lo menos de momento, se han quedado en un cello, porque están grabando trabajos en solitario.

Let There Be Cello repite la fórmula de sus anteriores trabajos, escogen temas conocidos y realizan su especial interpretación al cello y la verdad, que son unos virtuosos del instrumentos creando temas muy espectaculares y efectivos.

En esta ocasión, nos encontramos con clásicos cómo Eye Of the Tiger, Pirates Of the Caribbean, Hallelujah, Despacito, The Show Must Go On o el Imagine, además, del tema que interpretaron hace unos años en la final de Champions League.

Un trabajo muy recomendable de estos dos talentos del cello.

Ponteareas desprázase á Subdelegación do Goberno para esixir unha reunión sobre os prazos das obras de mellora da N-120

Ponteareas tomará medidas ante a falla reiterada de información sobre as obras de mellora da N-120 e a creación da variante que debe conectar esta vía coa A-52. O vindeiro luns 15 de novembro, representantes dos grupos políticos BNG, PP e ACIP e dos numerosos colectivos veciñais das parroquias de Ponteareas afectadas pola rede viaria do Estado desprazaranse á Subdelegación do Goberno en Pontevedra para esixir que a responsable, Maica Larriba, reciba á alcaldesa ponteareá  e a representantes veciñais e dea contas sobre o calendario e os orzamentos dispoñibles para as distintas fases destas obras.

Esta medida acordouse no último encontro entre os grupos políticos da Corporación municipal e os colectivos sociais despois de que a Subdelegación do Goberno non respondera con datos concretos a toda a información solicitada á subdelegada dende o Concello nos últimos días.

Nun escrito, a Subdelegación asegura que o proxecto de seguridade viaria da N-120 atópase na corrección de aspectos menores antes de comezar o seu período de exposición pública e alegacións ao anteproxecto e que o Ministerio está a impulsar a Declaración de Impacto Ambiental necesaria para a variante entre a PO-403 e a N-120. Non obstante, non facilita prazos nin da exposición pública, nin da redacción do proxecto final, nin da licitación. “Non nos vale a resposta, queremos prazos concretos que poidamos verificar. Somos conscientes de que nestes procesos os prazos teñen un carácter orientador, pero o certo é que o Ministerio non ten achegado nin a máis mínima información sobre o horizonte temporal co que traballa”, salienta a rexedora, Cristina Fernández Davila.

A alcaldesa recorda que a demanda de seguridade na N-120 e a da variante “están enriba da mesa do Goberno do Estado dende hai varias décadas. Nestes anos téñense sucedido anuncios, promesas… pero sempre sen prazos. Por iso é comprensíbel que o Concello reclame nestes intres información máis rigorosa e concreta por parte do Ministerio que permita coñecer non só os compromisos, senón sobre todo as previsións. Non nos cansaremos de insistir as veces que sexa preciso na necesidade de que o Goberno acompañe os compromisos dun calendario que permita valorar a súa credibilidade e comprobar a súa correlativa expresión orzamentaria”.

Unha trintena de voluntarios participarán na #GranRecogida2021 do Banco de Alimentos en Redondela

0

Unha trintena de voluntarios participarán na #GranRecogida2021 que a Fundación Provincial Banco de Alimentos de Vigo levará a cabo en supermercados de Redondela, do mesmo xeito que noutras superficies comerciais da provincia.

A acción solidaria, que se desenvolverá do 19 ao 25 de novembro a nivel estatal, contará coa presenza física de voluntarios informativos os dous primeiros días: o venres, día 19, e o sábado, día 20.

Responsables da ONG xunto co presidente da entidade, Iván Martínez, ofreceron na tarde do venres unha charla formativa para explicar aos voluntarios en que consiste o seu papel durante a presenza nos supermercados tanto o venres como o sábado.

Por motivos da pandemia, non se poderán recoller alimentos físicos polo que a figura do voluntario é fundamental para trasladar os mecanismos de doazón cento por cento virtual. Hai tres maneiras de colaborar: achegas económicas ao pasar pola caixa do supermercado, adquisición de cestas solidarias ou transferencia a través de www.bancoalimentosvigo.org e Bizum co código 01139.

Desde o Banco de Alimentos agradécese publicamente a implicación de todos os voluntarios que se mobilizarán en Redondela, xa que, grazas ao seu labor conseguiremos recadar quilos de alimentos que nos permitan seguir adiante coa actividade humanitaria boa parte de todo 2022.

Este ano o padriño da #GranRecogida2021 é o actor vigués Pedro Alonso, recoñecido mundialmente pola súa interpretación de Berlín na Casa de Papel de Netflix, aínda que leva toda a súa vida profesional envorcado á interpretación, á vez que tamén é pintor e escritor. O pasado 2 de novembro, o novo embaixador recibiu o peto de voluntario durante o seu acto de presentación celebrado en Vigo.

Actividade Banco de Alimentos

A Fundación Provincial Banco de Alimentos repartiu máis de 2 millóns de quilos de comida durante 2020, un 17 por cento máis con respecto ao ano anterior, debido ao estalido de a pandemia e as súas negativas consecuencias. Xa no primeiros seis meses deste 2021, entregou máis dun millóns de quilos de alimentos.

A ONG, apolítica e aconfensional, atende a máis de 20.000 persoas sen recursos na actualidade ás que chega a través das 150 entidades homologadas as que traballa. O seu principal obxectivo é cumprir cun dos dereitos humanos máis fundamentais: o acceso a unha alimentación suficiente, segura e saudable de maneira gratuíta.

Aberto prazo de solicitude para participar o Mercado de Nadal de Tui

0

O Concello de Tui vén de abrir o prazo de solicitude para participar no Mercado de Nadal que se vai celebrar do 3 ao 12 de decembro no Paseo da Corredoira.

Segundo explican dende o Departamento de Formación e Emprego, Igualdade e Xuventude, Comercio e Mercado a convocatoria vai dirixida a artesáns, produtores e comerciantes con capacidade para exhibir e vender produtos, creacións ou elaboracións de Nadal. Poden solicitar a participación no Mercado todos os artesáns e comerciantes autorizados para a produción e/ou venda de produtos, sexan persoas físicas ou sociedades, legalmente constituídos ou regularizados no réxime de traballadores por conta propia, segundo o caso.

As persoas interesadas en participar no mercado deben cumprimentar a solicitude de participación en liña antes das 23.00 horas do venres, 19 de novembro de 2021. Ademais, as persoas solicitantes deberán remitir á organización fotografías representativas dos seus produtos ao correo [email protected]. Neste mesmo enderezo pódese solicitar información complementaria sobre esta actividade.

Na selección dos expositores darase prioridade ás solicitudes para a exposición e venda de produtos específicos de Nadal, incluíndose alimentación, decoración de Nadal e agasallos. Terán prioridade os produtos de carácter artesán ou producidos a pequena escala. Ademais, valorarase que os solicitantes estean radicados no Concello de Tui e comarca; a calidade e singularidade dos produtos; a variedade de sectores; a produción local; e que o solicitante conte coa Carta de Artesán.

O Mercado de Nadal contará cun máximo de 20 postos de venda no Paseo da Corredoira, que estarán abertos de 11:00 h a 14:00h e de 17:00 h a 21:00h.

FORMULARIO DE SOLICITUDE: https://forms.gle/B2iBBpQQg9Zxn9ok6.

O pleno do Rosal aproba por unanimidade unha moción para reclamar a mellora da sanidade pública

0

O pleno do Rosal aprobou por unanimidade unha moción para instar á Xunta de Galicia a que mellore e defenda a sanidade pública galega. Denuncian que a precariedade que existía antes da pandemia acentouse coa eliminación do servizo de pediatría, pechando a consulta de San Miguel, xunto a unha atención baseada, ata hai pouco, en primar consultas telefónicas sobre as presenciais e con restricións de acceso ao Centro de Saúde.

A alcaldesa, Ánxela Fernández, explica que presentan esta moción coas reinvindicacións da Plataforma SOS Sanidade Pública e en proposta da Plataforma en Defensa da Sanidade Pública do Rosal porque “no Concello sempre estaremos dispostos a reclamar e defender unha sanidade pública de calidade para todos e para todas”.

A moción do pleno insta á Xunta “a implantación inmediata nos centros de saúde dun protocolo anticovid 19 que estableza circuítos seguros de mobilidade no seu interior, salas de espera adaptadas para cumprir coas actuais normas sanitarias, onde tanto profesionais como usuarios nos sintamos seguros”, para evitar así as longas colas diante do centro só co argumento de “evitar contaxios no Centro de Saúde”, temor infundado, para non deixar ver o principal problema: falta de medios e de persoal.

O Rosal tamén reclama o incremento de maneira urxente do presuposto sanitario destinado a Atención Primaria para que represente un 25 % do total en cinco anos, xa que, con esta alza, sería posíbel contratar e acabar coa precariedade laboral do persoal. Por último tamén se insta á Xunta a poñer en marcha o Consello de Saúde de Galicia e os Consellos de Saúde da Área Sanitaria, para actuar con eficiencia sobre os determinantes da saúde.

A rexedora lembra que a Mancomunidade do Baixo Miño porá a disposición da veciñanza transporte público gratuíto para asistir a esta manifestación en defensa da Sanidade Pública que sairá o vindeiro domingo 14 de novembro ás 12.00 horas dende a alameda de Santiago de Compostela.

Orzamentos municipais aprobados

O pleno do Rosal tamén aprobou por maioría e sen ningún voto en contra o orzamento municipal para o ano 2022. O Concello convértese así nun dos primeiros municipios da provincia en contar cuns presupostos.

O orzamento é de case 4,8 millóns de euros e recolle as necesidades de gastos estruturais e servizos con melloras para responder á realidade do Concello, no que se manterá por exemplo a aposta polas actividades culturais, festivas e deportivas, continuando coa liña do exercicio anterior.

O Porriño presenta o “Pinchoneno 2021”

A alcaldesa do Porriño, Eva Garcia, presidiu onte a presentación do “Pinchoneno 2021”, que terá lugar o vindeiro sábado 20 de novembro, baixo carpa e cun aforamento limitado a 200 participantes, no Parque do Cristo. O prazo de inscrición está aberto e as reservas realízanse no enderezo de correo electrónico [email protected] ata o 18 de novembro.

Trátase dunha iniciativa que convocan a Concellería de Educación e a Oficina Municipal de Información á Xuventude (Omix do Porriño), coa colaboración de “Doppler Gestión Cultural” para nenas e nenos de entre 6 e 12 anos.

A concelleira de Educación, Lourdes Moure, explicou que “organizar o Pinchoneno é un compromiso plenario coa nosa infancia que querían ter unha versión axeitada para eles do Pinchorriño”. A concelleira volveu reclamar a “colaboración da hostalería local para que fagan pinchos axeitados á infancia”, declarou.

Adrián Fragueiro, representante de “Doppler Gestión Cultural”, informou que a actividade desenvolverase no parque do Cristo dende as cinco da tarde “cun catering saudable continuado ata as nove da noite enfocado aos nenos e nenas e co complemento de diversas actividades lúdicas”.

Entre elas, subliñar unha charla titulada “Isto é Pop” a cargo do xornalista e escritor Javier Becerra e a artista Carolina Rubirosa”, e outra charla motivacional a cargo do músico e actor Juan Manuel Montilla “Langui”, gañador de dous premios “Goya”, entre outros galardóns.

A Guarda promocionase ante axencias de viaxes especializadas no Forum do Camiño

0

O Concello da Guarda participou por terceira vez nas xornadas profesionais do Fairway, o IV Fórum do Camiño de Santiago que se celebrou o luns e martes pasados no Palacio de Congresos e Exposicións de Galicia en Santiago de Compostela.

Durante as dúas xornadas o Concello da Guarda participou no Workshop que é o espazo adicado as reunións de traballo con axencias especializadas en peregrinacións nacionais e internacionais como Viajes Camino de Santiago, Camino Ways, The Real Thing, Galicia Incoming, Marly Camino, Fresco Tours,….

Estas reunións de traballo permitiron o intercambio de información entre as axencias e o Concello sobre as novas necesidades teñen os peregrinos trala pandemia. Ademais de coñecer cales son as novas tendencias e peticións dos peregrinos ante a nova situación.

Os contactos mantidos coas axencias e tour operadores confirmaron que estas empresas xa coñecen A Guarda como destino co seu referente o Monte Santa Trega e que gran parte xa inclúen dentro dos seus servizos e produtos o noso concello.

Nestas reunións ampliouse a información da vila referente a cultura mariñeira, a gastronomía e o seu patrimonio. E reforzando que A Guarda é o primeiro concello galego do Camiño Portugués da Costa.

Ademais destes encontros profesionais, a programación da Fairway permitiu valorar a situación trala pandemia e os retos aos que se presentan os Camiños de Santiago, institucións, sectores económicos (aloxamentos, axencias,…) e os propios peregrinos. O Camiño Portugués da Costa estivo presente no stand de Turismo Rías Baixas co seu stand. Ademais a organización do Fairway convidou o venres 5 de novembro as  axencias a un fam trip no que visitaron o Monte Santa Trega como lugar destacado no Camiño Portugués da Costa e, así trasladaron nas reunións mantidas, que o monte ten unha beleza espectacular.

Manoel Souto Lorenzo con «Libre», gañador do certame de fotografía do Obradoiro Fernando Monroy de Redondela

0

Manoel Souto Lorenzo, coa intantánea ‘Libre’, obtivo o galardón á mellor fotografía no certame do Obradoiro Fernando Monroy correspondente ó ano 2021 e recollerá o diploma correspondente o vindeiro sábado (18:00 h) na gala de entrega que se celebrará no Círculo Cultural e Deportivo de Cesantes.

O xurado, reunido o pasado sábado, optou por fallar en favor de Manoel Souto grazas a unha fotografía de natureza en branco e negro no que se recolle unha vaca no monte. Non obstante, o certame está caracterizado por ter unha ampla listaxe de galardóns cun montante total de 650 euros.

[su_image_carousel source=”media: 48633,48635,48638,48634,48636″ crop=”5:4″ captions=”yes” link=”lightbox” autoplay=”0″]

O palmarés de adultos complétase con Susana Ricón Soliño con Texturas (1º premio), Jesús Carrera Álvarez con Cuando llueve y hace sol (2º premio) e Tirso Fermoselle Martín con Posando para mí (3º premio).

No referente á categoría xuvenil, gañou o certame Aroa González Mosquera con Detalliños, mentres que na segunda praza foi para María Auria Nieto coa fotografía Outeiro das Penas.

Os distinguidos, e tamén todos os participantes, está convidados a participar na gala de entrega de premios do vindeiro sábado, que servirá para inaugurar a exposición do certame, que recolle todas as fotos presentadas e que, tras ser exposta en Cesantes, pasará polos diversos centros sociais redondeláns ao longo dos vindeiros meses. O acto tamén servirá para realizar unha homenaxe ó diretivo Manuel Cadilla Mauri, falecido este ano.

Gondomar dá luz verde ao seu Plan de Acción para o Clima e Enerxía Sostible (PACES)

0

A aprobación por unanimidade no pleno da corporación municipal é un paso máis dentro do proceso iniciado hai unhas semanas co encontro de traballo presidido polo alcalde, Paco Ferreira e o concelleiro de Medio Ambiente, Brais Misa, coa presenza de técnicas do departamento e outros membros do goberno local. Nesta xuntanza, a empresa Inova Labs expuxo os pormenores e accións concretas que se deberán abordar de aquí ao 2030 para reducir as emisións de CO2.

“Adiantámonos así á data límite fixada en xuño de 2022 e comprometémonos a traballar duro por conseguir os obxectivos prioritarios do Pacto, que nos beneficiará como localidade pero tamén sumará na loita contra o cambio climático a nivel mundial”, explicou o alcalde gondomareño, que insistiu en “que isto é un labor na que a colaboración e a unión de todos e todas é imprescincible”.

Obxectivos PACES

A redacción do plan está financiada polos fondos europeos FEDER, a través da Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda, o concello de Gondomar adquire como compromiso reducir en, polo menos, un 40% as emisións de CO2 no Concello, partindo do ano de referencia 2019. Obxectivo que se apoia en dous obxectivos complementarios:

  • Minimizar o consumo enerxético no municipio, con especial incidencia no eléctrico e de combustibles fósiles, especialmente o gasóleo A.
  • Incrementar o nivel de implantación das enerxías renovabales, como xa se está facendo en con a localización de caldeiras de biomasa en edificios municipais, ou a adquisición de vehículos eco, entre outras accións.

Concello de Oia e Correos instauran un rexistro dixital nas oficinas do municipio

0

Oia conta xa cun servizo de rexistro dixital operativo na oficina de Correos. A través da aplicación ORVE, instalada nas dependencias que o servizo postal ten no municipio, calquera cidadán poderá enviar copias autenticadas e realizar calquera trámite relacionado coa administración.

A iniciativa é froito dun convenio de colaboración entre o Concello de Oia e Correos e ten como obxectivo rachar a fenda dixital nas relacións entre a veciñanza e a administración local. Deste xeito, as persoas con dificultades no manexo das novas tecnoloxías recibirán axuda do persoal da oficina de Correos á hora de facer as súas tramitacións no rexistro electrónico.

Do mesmo xeito, esta colaboración permitirá que as propias oficinas postais poidan xestionar o cobro de calquera tributo do ORAL.

Finalmente, Correos e Concello de Oia tamén están a explorar as posibilidades dun convenio de colaboración en materia de paquetería e loxística do que poderá beneficiarse o pequeno comercio do municipio.

I Xornadas de Inclusión Social do paciente oncolóxico

0

Traballadores da área de Servizos Sociais de diferentes concellos e institucións da provincia, representantes de entidades de carácter social e profesionais ademais de público en xeral déronse cita onte na inauguración das I Xornadas de Inclusión Social: necesidades sociais e novas perspectivas para a inclusión social do paciente oncolóxico, organizadas pola Asociación Española Contra o Cancro, en colaboración co Concello de Mos e a Dirección Xeral de Inclusión Social da Consellería de Política Social da Xunta de Galicia.

Estas xornadas teñen por obxecto poñer de manifesto a realidade e dificultades para a inclusión social dunha porcentaxe importante dos pacientes de cancro (aproximadamente un 11% de todos os afectados) nos que a incorporación sociolaboral tras a superación da enfermidade vese gravemente prexudicada debido a factores varios como a estigmatización por parte da sociedade civil; ademais doutros sectores crave na inclusión social, como pode ser o sector empresarial.

Articuladas ao redor de 4 mesas redondas e 2 relatorios, traballadores sociais, profesionais sanitarios, psicólogos e traballadores de diferentes entidades achegaron a súa visión e abordaron desde diferentes perspectivas, a realidade das dificultades para a inclusión social dos/ as pacientes oncolóxicos. Neste marco, búscase sensibilizar e visibilizar a realidade que viven moitos dos afectados de cancro; así como establecer un espazo para a reflexión crítica de todos os estamentos involucrados no proceso de inclusión de todos os pacientes.

O obxectivo principal destas xornadas é, por tanto, favorecer un espazo colaborativo entre os principais axentes involucrados no proceso de inclusión social, promovendo a procura de políticas públicas e ferramentas que contribúan á inserción dos afectados pola enfermidade.

Á apertura das Xornadas asistiron: o Director Xeral de Inclusión Social dá Xunta de Galicia, D. Arturo Parrado; a Alcaldesa Concello de Mos, Dna. Nidia Arévalo; a Concelleira de Benestar Social do Concello de Mos, Dna. Sara María Cebreiro; a Presidenta Provincial Asociación Española Contra ou Cancro en Pontevedra; Dna. María del Carmen Abeledo e a Presidenta dá Asociación Española Contra ou Cancro en Mos, Dna. Magdalena Domínguez.

Entre os ponentes e moderadores das mesas redondas estiveron dúas profesionais mosenses: Begoña Alonso, traballadora social do Concello de Mos que moderou a mesa titulada “A relación entre o cancro e a exclusión social” e Lorena Comesaña, enfermeira do Centro de Saúde de Mos, que participou na mesa redonda “O traballo interdisciplinar como ferramenta de cambio”.

As charlas desenvólvense no Auditorio- Centro Dotacional de Torroso en Mos, ata as 18.30, hora na que se dará por finalizada esta primeira edición das Xornadas de Inclusión Social do/ da Paciente Oncolóxico/a.

A Asociación Española Contra o Cancro (AECC) é a entidade de referencia na loita contra o cancro desde hai 67 anos. Dedica os seus esforzos para mostrar a realidade do cancro en España, detectar áreas de mellora e poñer en marcha un proceso de transformación social que permita corrixilas para obter unha abordaxe do cancro integral e multidisciplinar. No seu ADN está estar á beira das persoas polo que o seu traballo tamén se orienta a axudalas a previr o cancro; estar con elas e as súas familias durante todo o proceso da enfermidade se llo diagnostican; e mellorar o seu futuro co impulso á investigación oncolóxica. Neste sentido, a través da súa Fundación Científica, a AECC aglutina a demanda social de investigación contra o cancro, financiando por concurso público programas de investigación científica oncolóxica de calidade.

Hoxe en día, é a entidade social e privada que máis fondos destina a investigar o cancro: 70 M€ en 380 proxectos de investigación. A Asociación integra a pacientes, familiares, persoas voluntarias e profesionais que traballan unidos para previr, sensibilizar, acompañar ás persoas afectadas e financiar proxectos de investigación oncolóxica que permitirán un mellor diagnóstico e tratamento do cancro. Estruturada en 52 Sedes Provinciais, e presente en máis de 2.000 localidades españolas, conta con máis de 23.000 persoas voluntarias, máis de 388.000 socios e case 1.000 profesionais. Durante o 2018, a Asociación Española Contra o Cancro atendeu a 490.981 persoas afectadas pola enfermidade.

Nigrán ofrece o 27 de novembro un concerto e unha masterclass a cargo do pianista Jean-Michel Pilc

0

O Concello de Nigrán reforza a súa ligazón co jazz ofrecendo o sábado 27 de novembro un concerto do pianista internacional Jean-Michel Pilc e unha master-class. O músico e educador francés afincado en Canadá tocou no festival Nigranjazz 2019, ten lanzado tres aclamados discos de piano en solitario (o último no 2018) e forma parte dun conxunto de referencia mundial xunto ao baixista François Moutin e o baterista Ari Hoening. Aproveitando a súa estancia en Galicia para gravar un álbum co saxofonista afincado en Nigrán Xosé Miguelez editado pola discográfica americana Origin Records, o Concello ofrecerá un concerto gratuíto e en solitario ás 20:30 no Auditorio Municipal e, previamente, ás 16:30, unha master-class ao seu cargo con inscrición previa no mail [email protected] e un custe de 15 €.

“É un dos pianistas máis aclamados mundialmente e un reputado profesor de música en Canadá, así que desde o Concello non dubidamos en traelo tendo en conta que está en Galicia e que dispomos do noso propio piano de cola, o que nos permite organizar este concerto único en España”, sinala o alcalde, Juan González. Pola súa banda, o profesor da actividade municipal de Música, Manuel Cebrián, incide na gran oportunidade que supón para calquera músico asistir a unha master-class de Pilc, profesor asociado de piano desde 2015 na Univerdade McGill en Montreal e anteriormente na New York School. “Ningún pianista ou afeccionado ao piano da comarca se debería perder esta oportunidade de aprender dun músico e educador recoñecido mundialmente”, subliña.

Na súa longa traxectoria, Jean-Michel Pilc (París, 1960) tocou con numerosos xigantes de jazz como Roy Haynes, Billy Hart, Michael Brecker, Dave Liebman, Jean Toussaint, Rick Margitza, Kenny Werner, Marcial Solal, Michel Portal, Daniel Humair e Marcus Miller, Kenny Garrett, Lenny White, Chris Potter, John Abercrombie, Mingus Big band, Lew Soloff e Richard Bona, entre outros. Tamén traballou con Harry Belafonte como o seu director musical e pianista, e fixo un dueto coa lendaria cantante de ópera Jessye Norman.

O renombrado trío de Jean-Michel, co baixista François Moutin eo baterista Ari Hoenig é unha das formacións de referencia no jazz internacional. Jean-Michel lanzou tres álbums de piano en solitario aclamados pola crítica e un novo álbum en solitario, Parallel, publicado por Challenge Records en xuño de 2018.

Ten unha sólida reputación como educador. De 2006 a 2015 foi membro da facultade de NYU Steinhardt.Tamén actuou como co-director do Summer Jazz Workshop de NYU en 2010. Ensinou para New School en Nova York e desde setembro de 2015 é profesor asociado na Universidade McGill en Montreal.

A Deputación aproba o maior orzamento da súa historia para 2022

A Deputación de Pontevedra aprobou inicialmente os seus orzamentos para 2022, que alcanzan os 175,8 millóns de euros (un 6,86% máis que o anterior), durante o pleno extraordinario celebrado esta semana. As contas foron cualificadas de “ambiciosas, expansivas, valentes e transformadoras”, e tamén de “temperás” por ter saído adiante  na primeira quincena do mes de novembro co obxectivo político de fortalecer a alianza cos concellos cara á recuperación socioeconómica da provincia. Os votos do goberno provincial (PSdeG-PSOE e BNG) sacaron adiante o documento coa abstención do Partido Popular.

O orzamento consolidado sube ata os 179,5 millóns (sumando a Escola de Enfermería e os Consorcios  Provinciais Contra Incendios e do Deza-Tabeirós). Non obstante, o deputado de Economía e Facenda, Carlos Font, anticipou que a Deputación chegará a mobilizar máis de 243 millóns ao longo do ano próximo, tendo en conta os remanentes de Tesourería que se incorporarán no primeiro trimestre, as obras de Infraestruturas xa comprometidas nesta recta final do ano, a rehabilitación da Xunqueira de Alba, o proxecto de dixitalización e rehabilitación enerxética do Pazo Provincial, a mellora enerxética do CEIP Daría González, a cuberta da Escola de Cantería e as melloras no Museo, ademais dos 17 millóns xa comprometidos de fondos europeos. “Todo elo, para que a Deputación sexa o motor institucional da recuperación socioeconómica da provincia”, recalcou.

122 millóns directos aos concellos

Font definiu a negativa do Partido Popular a apoiar os Orzamentos como “esperpéntica” e espetoulles que “mentres os seus alcaldes e alcaldesas aplauden á Deputación, o grupo provincial é incapaz de votar a favor”. “Chegan a un punto de non defender aos concellos”. O deputado recalcou que, precisamente, o mellor destes orzamentos é o apoio aos concellos da provincia, e moi especialmente aos máis pequenos, que son os que maior investimento por habitante reciben. Cifrou este apoio en 122 millóns de euros que saen dos 73,5 millóns de euros do Plan Concellos bianual (2022-23), os 22 millóns dos programas de cooperación dos diferentes servizos e os máis de 26 millóns das subvencións a través do ReacPon, o plan extraordinario para financiar grandes proxectos de reactivación. ”E todo isto sen dedocracia, sen un só euro de libre disposición e cun claro concepto de reequilibrio para corrixir o desequilibrio que o Partido Popular xerou en 40 anos gobernando esta Deputación”. “A Deputación é a mellor socia institucional dos concellos”, dixo acompañándose cunha gráfica do Ministerio de Facenda que cifra as transferencias aos municipios nun 31,71% mentres a media estatal está nun 17,8%. “E máis que fariamos, engadiu, cos 20 millóns que nos quedarían en caixa se a Xunta asumira as súas competencias no Príncipe Felipe, ou non nos obrigara a financiar programas autonómicos, como os Grupos de Emerxencias Supramunicipais”.

A “bipolaridade do PP”

Pola súa banda, o vicepresidente, César Mosquera, subliñou que hoxe é “un gran día para esta casa, pero sobre todo para os concellos da provincia, porque  se non os aprobaramos sería para eles un trastorno severo”. Ademais, non dubidou en criticar a “bipolaridade do PP”, ao que acusou de votar en contra antes de decidir o porqué. Mesmo manifestou o seu asombro polo feito de que os conservadores critiquen o incremento do gasto en persoal cando é produto do paso á xestión directa no Consorcio Provincial de Bombeiros/as.

Durante o debate tamén se subliñou o esforzo realizado dende 2016 para reducir a débeda de 41 millóns de euros, herdada do Partido Popular, ata eliminala completamente con estas contas. A saúde financeira da Deputación permite o esforzo adicional que supuxo incrementar a dotación inicial de 20 millóns de euros do ReacPon ata os 26 millóns de euros “co obxectivo de non deixar fóra a ningún concello que cumprira as bases”. Isto serviu a Font para lembrarlle ao voceiro do PP, Jorge Cubela, que tiña afirmado nunha intervención plenaria anterior que si se presentaban “10 ou 15 concellos ao ReacPon felicitareinos”. “Pois ben”, respondeu hoxe Font, “foron 55, así que, polas miñas contas, sáeme que nos debe cinco felicitacións”.

O Plan Concellos, que pasa a ser bianual, é a espiña dorsal destes orzamentos. Destinará obxectivamente aos municipios 73, 5 millóns de euros (43 millóns do Plan 2022 e outros 30,5 millóns da Liña 1 de investimentos do Plan do 2023). Isto supón un incremento sen precedentes dun 72,94% nun programa que financia máis de 500 obras anuais e fai posible a contratación temporal dun milleiro de persoas desempregadas.

O Plan Estratéxico de Fondos Europeos será outra das ferramentas para consolidar a recuperación. Se no 2021 a Deputación chegou a mobilizar ata 42 millóns de euros en 41 proxectos, o Goberno xa ten comprometidos para 2022 outros 17 millóns de euros. Están definidos os eixos de actuación na transición verde, a dixitalización, o reto demográfico e a igualdade.

O orzamento da política social crece máis dun 7% ata os 18,2 millóns de euros e o 2022, unha vez encamiñada a pandemia, traerá de novo os valorados programas de participación como DepoTermal, En Ruta coa Depo, Depo en Marcha ou os Campamentos da Lanzada. Suben tamén as axudas de emerxencia para os concellos, ás que se une o salto de calidade da teleasistencia. Haberá nova xestión na Escola Infantil do Príncipe Felipe que crece como centro de referencia, e novas accións coa mocidade máis vulnerable.

A sustentabilidade impregna todas ás áreas de goberno. O orzamento para as políticas de recuperación sostible aumenta un 9,3% ata os 38,8 millóns de euros para as infraestruturas provinciais, a mobilidade coa Red Ágora, a política de residuos con Revitaliza, a reacción nos viveiros de Barro e Lalín, o apoio ao sector primario, as novidades do laboratorio no centro de investigación gandeira de Mouriscade, o I+D+i en Areeiro, a promoción do emprego e o apoio á economía verde.

A igualdade volve a ser un dos sinais de identidade da Deputación de Pontevedra. Serán 1,8 millóns de euros, cun crecemento do 28,57%, e máis proxectos en todo o territorio, accións de corresponsabilidade fronte á conciliación, novos proxectos coa Universidade como a Cátedra de Feminismos e impulso da Escola María Vinyals, referencia estatal e internacional.

Destinaranse 21,8 millóns de euros á reactivación cultural, turística e deportiva da provincia, un 3,81% máis que en 2021. Desde o apoio á creación cultural, a mellora do Museo de Pontevedra, a Escola de Letras, os Rías Baixas Fest e os Film Fest, a dinamización da lingua, o turismo intelixente, os grandes eventos deportivos co impulso ás mulleres , ou a recuperación do patrimonio, sen esquecer a Memoria Histórica, cun orzamento de 0,56 millóns de euros.

Finalmente, a modernización da administración provincial volverá a ser unha constante. Son 30 millóns de euros, un incremento dun 5,63% para unha xestión eficiente e transparente, un novo impulso da dixitalización, o Teletraballo, e a administración electrónica 100%, amais da mellora das instalacións e novas ofertas de emprego para unha maior cualificación do persoal.

Por outra banda, o pleno aprobou o novo Plan de Estabilización de Emprego Temporal da Deputación, que continúa a senda emprendida no ano 2018 polo goberno para a consolidación das condicións laborais de todo o persoal. O deputado Carlos Font explicou que afecta a 28 postos de traballo repartidos entre 12 postos de funcionario/a xa existentes e que agora ocupa persoal interino; a creación de 14 novas prazas de funcionario/a, que agora desempeña persoal temporal e, finalmente, 2 prazas de persoal laboral, que actualmente están ocupadas por persoal laboral temporal. Font recalcou que este segundo Plan de Estabilización non contempla ningún incremento de gasto, é produto do acordo alcanzado cos sindicatos e, finalmente, supón un paso máis “cara unha Administración máis eficiente e transparente”. O asunto tamén foi aprobado cos votos do PSdeG-PSOE e o BNG e a abstención do PP.

Tui será un dos concellos que elabore un proxecto piloto de Plan de Acción Local da Axenda Urbana Española

0

Tui está entre o centenar de municipios españois, e os catro da provincia de Pontevedra, que van recibir unha axuda do Ministerio de Transportes, Mobilidade e Axenda Urbana para a elaboración de proxectos pilotos de Plans de Accións Local da Axenda Urbana Española. 

O alcalde de Tui, Enrique Cabaleiro, cualificaba esta resolución provisional da convocatoria de axudas coma “unha excelente noticia” que dicía  “reflicte que este goberno está traballando con moitísimo rigor, e amais na dirección acertada”.

O concello de Tui presentou á convocatoria un proxecto dirixido tecnicamente polo arquitecto Luciano Alfaya no que se establece a folla de ruta que vai marcar a estratexia e accións que se van levar a cabo no municipio até o ano 2030.

Unha vez a resolución sexa definitiva o Concello de Tui procederá á licitación dos estudos pertinentes para desenvolver este plan piloto, e a continuación comezará o proceso de execución. Un proceso que en palabras de Enrique Cabaleiro será de “moito traballo, moito esforzo e moita complexidade” pero “estar na liña de saída nos garante poder cumprir os obxectivos con moitísimo éxito”.

Coa posta en marcha deste plan piloto Tui “desenvolverá accións nos distintos ámbitos de competencia municipal que se deben levar a cabo de aquí a 2030 para cumprir coas esixencias en material de cambio climático, mobilidade, urbanismo, deseño de cidade… un proxecto global orientado á sustentabilidade”. Segundo Enrique Cabaleiro, “estar nesa liña de concellos que imos liderar a saída cara á constitución destas metas é moi importante”. Recoñecía que “teremos tamén que facer un esforzo administrativo e de xestión porque o desenvolvemento da axenda urbana, que é un proxecto participativo, vai esixir un esforzo importante, é un reto que nos plantexamos, entendemos que é o camiño que debemos seguir e cara aí imos encamiñar os nosos esforzos”.

A Deputación Provincial respalda en Ponteareas as medidas de recuperación do espazo público para as persoas

O deputado provincial de Mobilidade, Uxío Benítez, e técnicos de mobilidade da Deputación de Pontevedra visitaron Ponteareas e percorreron a vila acompañados pola alcaldesa, Cristina Fernández Davila, e membros do Goberno municipal para coñecer as actuacións en materia de mobilidade realizadas nos últimos anos dirixidas a recuperar espazo público para as persoas e reducir o tráfico a motor.

O percorrido incluíu as 16 rúas e prazas que se converteron en espazos de prioridade peonil con tráfico a motor limitado aos supostos autorizados. Os técnicos de Mobilidade e Uxío Benítez, que visitaran a vila antes destas actuacións, congratuláronse polo cambio profundo e positivo acometido por Ponteareas no modelo de mobilidade. “Hai dous anos miles de vehículos circulaban en todas as direccións e ocupaban o 80% do espazo público xerando contaminación e inseguridade e agora observamos con satisfacción numerosas rúas e espazos saudábeis e tranquilos para as persoas grazas a unha extraordinaria redución do tráfico a motor”, salientou.

Benítez lembrou que a Deputación vén incentivando e apoiando as políticas municipais dirixidas a acadar os obxectivos de desenvolvemento sostíbel, auspiciados pola ONU, e da axenda 2030, con medidas como a Rede de Concellos Ágora, na que se integra Ponteareas. No marco desta iniciativa, a Deputación outorgou ao Concello unha subvención de 50.000 euros para redactar os proxectos de reforma urbana das rúas Concha Brey, Constitución, Reveriano Soutullo, Senén Canido e varios tramos de Morales Hidalgo, Vidales Tomé e Virxe dos Remedios. A isto uniuse esta mesma semana a concesión de 722.000 euros para a creación do camiño escolar seguro na rúa Trobador Xoán García de Guillade dende a vila até o CEIP Ramiro Sabell e coa que o espazo para as persoas triplicarase. “Ponteareas está sendo un concello exemplar na aplicación das novas políticas de mobilidade saudábel e de recuperación do espazo público para as persoas”, engadiu o deputado provincial, que animou ao Goberno local a continuar nesa liña.

Ademais, os responsábeis da institución provincial coñeceron as actuacións realizadas en 21 rúas consistentes na creación de novos percorridos peonís onde non existían ou eran incompletos así como ampliacións de beirarrúas realizadas con sinalización horizontal sobre a calzada. A estas actuacións uníronse outras como a reforma da rúa San Roque, Alto da Gloria, rúa Redondela ou Complexo Deportivo e Centro de Saúde ou a da Praza de Bugallal, actualmente en obras.

En materia de seguridade viaria e calmado do tráfico, os responsábeis municipais amosaron aos representantes da Deputación as actuacións consistentes en protexer a visibilidade de todos os pasos de peóns da localidade, a redución da velocidade máxima a 20 km/h, os estreitamentos de carrís e eliminacións de sobreanchos, e a eliminación de itinerarios de paso ou de atallo polo centro da vila e dos dobres sentidos de circulación.

Como complemento destas políticas, o goberno amosou aos representantes da Deputación os novos aparcadoiros creados, como Sarmiento Rivera e Granitos de Galicia, que dan resposta á demanda de estacionamento e contribúen a que os desprazamentos dentro da vila se fagan a pé.

A alcaldesa Cristina Fernández agradeceu o apoio da Deputación Provincial ás novas políticas de mobilidade e o asesoramento que os seus técnicos veñen prestando ao Concello para “transformar Ponteareas e convertela nunha vila saudábel e pensada para o benestar das persoas”.

O concello da Guarda licita a humanización da Rúa Manuel Rodríguez Sinde

0

O Concello da Guarda saca a licitación as obras de humanización da rúa Manuel Rodríguez Sinde dende o cruce coa rúa Calvario ata o cruce coa rúa San Bernardo con cargo ao Plan Concellos da Deputación de Pontevedra.

Esta humanización ven a completar as realizadas na contorna dando a este tramo de rúa a tipoloxía do casco histórico: pavimentado en pedra con plataforma única. Eliminaranse os estacionamentos para gañar espazo para os peóns, haberá un carril de rodadura de tres metros e o resto do ancho da rúa, repartido a ambos lados, estará reservado para as persoas e debidamente protexido. Esta nova urbanización cumple cos criterios de humanización da Deputación e converte esta  rúa en accesible

As obras contemplan a renovación dos servizos de abastacemento de auga e sumidoiro, con separación de augas pluviais e fecais, así como a preinstalación para telecomunicacións e novas acometidas para o alumeado público.

O tempo de execución das obras estímase en 45 días e o orzamento de licitación é de 159.490,50 €

Pode accederse á licitación a través do perfil do contratante do concello da Guarda no seguinte enlace:

https://contrataciondelestado.es/wps/portal/!ut/p/b0/HYq7CoAwDAA_yCGzgoO74CSaLBJrLKEPn-33W9zujgOCGShyVsuvHpF9cdxETq_RNWt6riQbL16NvmzKsWR9YAICSquaPw235VgYcDQotex9ha6FM4TuA4C7i5E!/

Gondomar organiza unha andaina por Peitieiros

0

O Concello de Gondomar prepara a unha nova andaina dentro do programa “Descobre Gondomar, paso a paso”, promovido a través da concellería de Turismo.

O vindeiro sábado 20 de novembro será a quenda para coñecer os encantos da parroquia de Peitieiros. Un percorrido de 6 km, cunha duración aproximada de 2 horas e media, que nos levará a descubrir sitios con trazados de monte e asfalto que non deixarán indiferente aos camiñantes.

O percorrido, coordinado coas diferentes entidades sociais e culturais de Peitieiros, será de dificultade baixa e apta para todos o públicos. Non será necesaria a inscrición previa e quen se some a realizar este roteiro só ten que presentarse ás 15:45 horas no punto de encontró que será o Adro da Igrexa de San Miguel, con roupa e calzado cómodo apto para a andaina.

Unha vez finalizado o roteiro, voltaremos ao punto de partida onde haberá avituallamiento para todos os participantes, e a continuación, poderán gozar da actuación dos grupos Ecos e Agarimos e Canto tradicional do CCV Peitieiros, como peche da xornada.

O pavillón deportivo da Cañiza luce un novo videomarcador

0

O pavillón deportivo municipal “Carballo do Marco” xa luce un novo videomarcador, cun investimento de 25.800 €. O alcalde da Cañiza, Luis Piña, asistiu inte á instalación desta pantalla deportiva, adxudicada á empresa Mondo Iberica SAU.

Para a adquisición e instalación desta pantalla Led “multideporte”, o Concello terá que aportar de fondos propios 5.800€. Os restantes 20.000€ están subvencionados pola Xunta de Galicia, a través dos Convenios de colaboración suscritos pola Subdirección Xeral de Xestión deportiva para o 3º cuatrimestre de 2021, dotado con dous millóns e medio de euros para subvencionar todo tipo de actuacións en instalacións deportivas de 56 Concellos de Galicia.

Segundo manifestou Luis Piña “esta instalación municipal necesitaba varias reformas e acondicionamentos por ser un dos centros deportivos onde máis clubes entrenan e xogan ademáis de ser a sede do Clube Balonmán Cañiza: equipo  de élite do noso Concello”.

A instalación desta nova pantalla deportiva súmase á actuación inaugurada o pasado 26 de outubro pola Presidenta da Deputación, Carmela Silva,  que visitou a reforma integral sobre unha das dúas zonas destinadas a vestiarios, duchas e aseos do pavillón Carballo do Marco. Unha obra subvencionada ao 100% polo Plan Concellos da Deputación 2020 cun investimento de 46.714,15 €.

Estas dúas actuacións veranse completadas, á proposta do alcalde Luis Piña, coa sinatura dun Convenio coa Dirección Xeral de Administración Local da Xunta para a reparación do tellado do pavillón, para eliminar o filtrado de augas pluviais  hacia a pista de xogo.

Para o alcalde Luis Piña “con estas actuacións verase mellorada esta infraestrutura, que ganará en confort e calidade de xogo”. “En cumprimento do compromiso adquirido co deporte da Cañiza, dende o Concello continuaremos traballando e buscando financiación para a realización de obras de mellora nas infraestruturas que beneficien aos veciños e veciñas da Cañiza para a realización de prácticas deportivas, satisfaga as demandas sociais no ámbito deportivo e potencie o deporte de base”.

O videomarcador terá varias utilidades

“A instalación desta pantalla deportiva, ‘Mondo Smart System modelo ANTARES’,  permitirá visionar en calidade LED os encontros disputados, resultados, informacións propias do Concello e das entidades deportivas e servizos publicitarios. Ademais, poderase utilizar como soporte audiovisual para cualquera outro evento non deportivo”, comentou onte o alcalde, despois de que quedara instalado o vídeomarcador.

Características técnicas

PANTALLA: Trátase dunha pantalla led deportiva  de 10 m2 de última xeneración de elevada luminosidade (3500 nits) e alto grao de protección IP cunhas dimensión de  4×2,5m e pitch 4.8 mm con tecnología led SMD, capaz de aportar un amplio ángulo de visión ( 140º horizontal e vertical). Ademáis o seu baixo consumo suporá un importante aforro enerxético.

Está formada por 16 módulos de 100×50 cm. (13 kg. por módulo), e 8 módulos de 50×50 cm. (7 kg. por módulo). O peso total da pantalla led co sistema de anclaxe é de 306 Kg.

SISTEMA DE CONTROL: composto por un computador de control: Necesario para a xestión dos parámetros de control da pantalla. Inclúe o software deportivo e multimedia e tarxeta procesador led, integrada no Computador de control conectado a través da saída  DVI  ó  HDMI. Procesa as imaxes de vídeo recibidas e transmíteas á pantalla  led.

SISTEMA  MONDOVIDEO: Procesador e software deportivo mediante o cal o usuario introduce os diferentes lances do xogo desde a consola deportiva  Ulises e os datos son procesados e enviados automáticamente ao marcador para ser mostrados na pantalla cos datos actualizados en tempo real.

CONSOLA DEPORTIVA HERCULES: Consola  multideporte a través das cal se xera a información relativa ao evento deportivo

O Auditorio de Goián acolle este sábado a presentación dos resultados do proxecto europeo PlaytoGrow!

0

Construción de instrumentos con materiais reciclados, organización de campamentos musicais, concertos didácticos, obradoiros de improvisación musical, intercambios de instrumentos, espazos coworking, residencias para bandas de rock, unidades didácticas e un longo etcétera.

Son algúns dos proxectos que se presentarán este sábado, 13 de novembro, no Auditorio de Goián, dentro do acto de peche do proxecto Erasmus + “PlaytoGrow! Adquisición de valores e habilidades a través da música”, no que o Concello de Tomiño compartiu con outros 4 socios europeos, 2 anos de traballo para desenvolver as posibilidades formativas da educación musical.

Mediante este innovador proxecto europeo, estudantes e profesorado da Escola de Música de Goián intercambiaron experiencias co Space Ensemble, a Escola de Rock de Paredes de Coura (Portugal) e a Fondazione Maria Ida Viglino per la cultura musicale do Val de Aosta, de Italia.

Nun coloquio con algúns dos protagonistas do proxecto presentaranse as conclusións, a información e os recursos dispoñibles para, por exemplo, organizar campamentos musicais formativos, innovar coa música ou promocionar e xestionar unha banda.

Ás 13h no Auditorio de Goián, comezará o coloquio con participantes no Play2Grow. A apertura estará a cargo de Sandra González, alcaldesa de Tomiño e haberá representantes do Space Ensemble de Paredes de Coura e da Escola de Música de Goián.

Para máis información sobre os diferentes traballos desenvoltos dentro deste proxecto, pódese consultar a páxina web do mesmo (https://play2grow.eu).

O Rosal acolle este sábado o XXIII Trofeo Montes das Eiras de Ciclocross

0

O ciclocross volve este sábado aos montes do Rosal co XXIII Trofeo Montes das Eiras de Ciclocross. A proba forma parte da Copa Galicia e está organizada polo Club Ciclista do Rosal coa colaboración do Concello e é puntuable no ránking da Real Federación Española de Ciclismo.

A alcaldesa, Ánxela Fernández, quere “dar os parabéns ao Club polos seus 40 anos de traxectoria e agradecer o seu esforzo por volver traer o ciclocross ás Eiras”. A rexedora destacou ademais a labor das persoas detrás do Club para “promover o deporte no Rosal, inculcando a nenas e a nenos o valor do esforzo, da paixón, da superación”.

Ánxela Fernández tamén quere mencionar a Comunidade de Montes das Eiras pola cesión do seu espazo para o trofeo e a súa dinamización da contorna da parroquia. Na proba participarán 250 deportistas de varias categorías. Ás 14.00 horas será a quenda dos cadetes, a continuación da elite, júnior e elite sub 23, logo os máster 50/60 e 30, e rematarán o trofeo os máster 40.  Os gañadores das categorías elite recibirán ata 490 euros en premios.

No acto de presentación, ademais da alcaldesa do Rosal e o concelleiro de Deportes, Germán Ferndández, estiveron presentes o delegado de Deportes da Xunta, Daniel Benavides, o presidente do Club Ciclista O Rosal, Gerardo Álvarez, xunto aos membros da directiva, Eva Lomba e Ramón Villa, e o seleccionador galego de ciclocross e técnico da Federación Galega de Ciclismo, Alberto del Río.

Magosto en Ventosela o sábado 13 de novembro organizdo pola Plataforma Sinha PACA e o Concello de Redondela

0

A Plataforma de Activistas Culturais e Artistas de Redondela, Sinha PACA, e o Concello de Redondela, a través da Concellaría de Cultura que xestiona Iria Vilaboa, veñen de organizar un Magosto, o terceiro que celebra a Plataforma, o vindeiro sábado 13 de novembro, na parroquia de Ventosela.

Activistas desta parroquia animaron a Plataforma a trasladar o magosto, que viñan facendo na vila, a esta aldea, que ten o San Martiño por patrón e que, por mor do falecemento do anterior presidente da Comisión de Festas, corrían o perigo de non contar con celebración por segundo ano consecutivo. Desta maneira, Sinha PACA cumpre o seu cometido supraparroquial e San Martiño de Ventosela gozará dun día de festa.

As actividades comezarán pola mañá, retomando os xogos populares que tanto singularizaran as súas celebracións. Trompos, zancos, xogo da ra, da chave, bolos, mouróns, quebracabezas, carreiras de caracois, labirintos e demais xogos estarán a disposición das 11 ás 13h, baixo a supervisión de monitores/as e que contará con ILSE (intérprete de linguaxe de signos). Esta actividade está pensada para os máis cativos, aínda que non hai idade límite. O que si hai é límite de inscrición: máximo 50 nenos e nenas, para garantir o xogo seguro. Os interesad@s poden inscribirse no email [email protected], indicando o nome e a idade do neno/a.

Ao mediodía a cantina da Cultural de Ventosela ofrecerá un menú a 12€ coa castaña como elemento central: crema de castaña, codillo con castañas e biscoito de castaña. Os interesados poden facer as reservas na propia cantina. Teléfono: 986404682.

Xa na tarde as actividades arrincan ás 17h con pregón a cargo do artista Suso Ben. Tanto os xogos populares como a lectura de pregón contarán con intérprete en lingua de signos. Ás 18h haberá unha actuación de baile a cargo do grupo O carballo das cen pólas, de Reboreda. E ás 19h darán comezo os concertos das Efémeras e Acordeireta. A festa contará cun DJ que amenizará toda a xornada e que prolongará á noite a festa.

O magosto propiamente terá lugar de tarde, onde se servirán castañas en dúas tandas: unha ao rematar a actuación de baile e outra no cambio de grupos. Ofreceranse castañas asadas até esgotar existencias.

O magosto é unha festa tradicional, de orixe celta, que celebra a entrada na metade escura do ano (outono e inverno) e a recollida da castaña, alimento que, durante séculos, foi a base da alimentación dos habitantes deste territorio. O lume no que se asaban tamén purificaba o fogar e aproveitábase a festa para recordar os familiares que xa non estaban, mais para os que se deixaba comida ao pé da lareira. No ánimo de Sinha PACA está manter esta tradición e adaptala aos novos tempos.

Todas as actividades foron feitas contando con activistas culturais e artistas de Ventosela, tanto na monitoraxe dos xogos, a cargo de Sonia Míguez, no pregón, nos grupos dos concertos, onde toca Olga Nogueira ou no deseño do cartaz, obra de Anxo Peixoto. Talento local para unha celebración internacional.

Esta é unha actividade organizada por Sinha PACA e o Concello de Redondela, e conta coa colaboración da Deputación de Pontevedra, da Cultural de Ventoslea e da ex-Comisión de Festas de Ventosela.

Ponteareas abre o prazo para a renovación e solicitude de postos de venda ambulante

O Concello de Ponteareas vén de abrir o prazo para a concesión das autorizacións de venda ambulante en feiras e mercados da vila. Ata o vindeiro 15 de decembro as persoas interesadas poderán presentar as súas peticións de renovación, así como as solicitudes para obter a autorización para a adxudicación dos postos que queden vacantes.

Os formularios para realizar estas solicitudes de renovación e de nova adxudicación, así como a información con todos os requisitos que se deben cumprir, están xa dispoñíbeis na páxina web do Concello e na Oficina de Administración Xeral, situada no primeiro andar da Casa Consistorial.

Na actualidade o Concello oferta arredor de 150 postos de venda ambulante nos mercados e feiras que se celebran os sábados e o día 14 de cada mes, que abranguen produtos que van dende a alimentación ou plantas até calzado, téxtil ou complementos.

Catro autobuses sairán do Baixo Miño para asistir á manifestación en defensa da sanidade pública en Santiago de Compostela

0

Este domingo 14 de novembro sairán catro autobuses do Baixo Miño con veciños e veciñas da Guarda, O Rosal, Tomiño e Tui para asistir á manifestación en defensa da sanidade pública que se celebrará a partir das 12.00 horas en Santiago de Compostela.

A Mancomunidade Intermunicipal do Baixo Miño puxo a disposición da veciñanza este transporte gratuíto para facilitar á veciñanza dos catro concellos o desprazamento ata o punto de saída da manifestación. As persoas interesadas poderán solicitar a súa praza ata este venres 12 ás 12.00 horas do mediodía a través do formulario habilitado na web municipais e da propia Mancomunidade.

No Rosal o bus sairá da Praza do Calvario ás 09.45 horas e fará paradas en:

  • parque de Pías.
  • parada de autobús da alameda de San Miguel.
  • parada de San Xoán de Tabagón.

En Tomiño o autobús sairá ás 10.00 horas do Auditorio de Goián e fará paradas nas marquesinas situadas nas estradas en:

  • Figueiró.
  • Estás.
  • Seixo (rotonda Avenida).
  • Forcadela.
  • Carregal.
  • Amorín.
  • Currás.
  • Sobrada Torrón.

Ás 09.45 h tamén sairá o transporte dende o Centro Cultural da Guarda, da parada de autobús da rúa Rosalía de Castro, con parada única.

En Tui tamén será saída única con ás 10.15 horas dende a parada de autobús da rúa Ourense.

Prégase a máxima puntualidade na saída dos autobuses. A hora de regreso será ás 16.00 h e o punto de encontro para a saída confirmarase na viaxe de ida.

Dende a Mancomunidade reclámase unha mellora da atención sanitaria nos centros de saúde, con falta de medios persoais, instalacións deficientes e en progresivo deterioro dende hai anos. Unha situación de precariedade que se viu acentuada coa chegada da pandemia, cunha diminución da atención presencial e medidas tomadas por Sanidade que atentan contra a calidade do servizo. Aos recortes súmase a falla de substitucións por baixas ou vacacións, o que provoca que nos centros haxa pouco persoal sanitario dispoñible e longas esperas para obter unha cita.

«Fiando Redes», novo programa de igualdade para as asociacións con propostas culturais inclusivas e con perspectiva de xénero

Activar o tecido asociativo feminino, tecer redes e mobilizar conciencias a prol da sensibilización en igualdade de xénero son os principais obxectivos do novo programa que lanza a Deputación de Pontevedra, “Fiando Redes”, que está dirixido ás asociacións de mulleres e outros colectivos, federacións ou fundacións da provincia que teñan como fin prioritario e ámbito de actuación a promoción da igualdade.

Deste xeito, a través da iniciativa, para a que a Xunta de Goberno aprobará este venres as bases cun orzamento de case 277.000 euros, a Deputación financiará para estas asociacións distintas actividades culturais, con temática inclusiva e con perspectiva de xénero, coas que se pretende favorecer a socialización das mulleres, activar a súa participación social e, ao mesmo tempo, visibilizar o traballo das artistas que participan no programa. Do mesmo xeito, supón o inicio da progresiva recuperación dos programas con participación da cidadanía despois das restricións máis duras da pandemia.

As actividades que ofertará a Deputación enmárcanse en cinco bloques: encontros con escritoras, acción escénica, música, mural e faladoiros. No primeiro caso, trátase de reunións coas autoras galegas María Lado, Dores Tembrás e Miriam Ferradáns, coas que se pretende dar a coñecer e poñer en valor a creación literaria, ao tempo que se fomentan a lectura, a escritura creativa e a oralidade e valores como a tolerancia e a igualdade.

As accións escénicas integrarán interpretación, música e baile e as asociacións poderán elixir entre os espectáculos da dramaturga, actriz e directora Mónica Sueiro; o recital “Literarias”, con Mariana Carballal, Isabel Blanco e Silvia Penas; e as pezas da creativa e adestradora emocional Baia Fernández ou das actrices Laura Villaverde e Sue Moreno.

As actuacións musicais ofertadas a través de “Fiando Redes” son as das artistas galegas Las Antonias; Regueifas, con Alba María e Lupe Blanco; Zeltia e Nastasia Zürcher, mentres que as artistas que realizarán murais con perspectiva de xénero son Nana, Doa Oa, Laura Tova e Laura Torres.

Por último, no caso dos faladoiros, estarán a cargo da Asociación Profesional de Axentes de Igualdade de Oportunidades Galega (Apaioga) e os colectivos poderán escoller entre os seguintes temas: Prevención de violencias machistas, Coñecendo a menopausia; Autocoidados; Ecofeminismo/Sustentabilidade da Vida; A linguaxe inclusiva como motor do cambio; Recursos contra a violencia machista; Muller e Saúde; Estimulación Cognitiva a través do Xogo; Escape Room da igualdade ou Música, Cine, Televisión.

As entidades interesadas deberán solicitar, como máximo, cinco actividades por orde de prioridade entre as mencionadas e a Deputación concederalle a cada asociación unha soa proposta, en función da dispoñibilidade e a orde de petición. O prazo para realizar as solicitudes, que se formalizarán preferentemente por vía electrónica a través da sede electrónica (sede.depo.gal), comezará un día despois da publicación das bases no Boletín Oficial da Provincia e deberán pedirse cunha antelación de máis de 20 días naturais á data en que se prevea celebrar.

A Cañiza cambiará os radiadores eléctricos de 15 centros sociais e salas de velacións por estufas de pellets

0

O Concello da Cañiza mantén a súa aposta pola eficiencia enerxética co cambio das calefaccións eléctricas dun total de 15 centros sociais e salas de velacións parroquiais, obras que contarán cun investimento de 62.781,53 € e que contarán, tal e como adiantou o alcalde da Cañiza, Luis Piña, cunha subvención de 56.503,34 € da que o Instituto de Diversificación e Aforro Enerxético do Ministerio para a Transición Ecolóxica do Goberno de España achegará un total de 50.225,16 € e a Deputación de Pontevedra 6.278,18 €. Pola súa banda o Concello achegará de fondos propios unha cantidade similar, 6.278,19 €.

Enmarcada no Proxecto Instalacións de Biomasa Sostibles I, permitirá substituir os sistemas de xeración de enerxía térmica actuáis, é dicir, a calefacción eléctrica, por estufas de biomasa de pelets  cunha potencia nominal total de 168 KW.

As instalacións que se verán beneficiadas polo cambio serán o Centro Cultural do Cebreiro (A Franqueira), Centro Cultural do Couto, Antiguo Colexio do Feirón (nas dúas prantas), Antiguo Colexio de Petán, Cafetería da Casa de Cultura da Cañiza, Centro Cultural do Pateiro, Centro Cultural de Luneda, Consultorio Médico de Valeixe, Biblioteca de Valeixe, Casa da Irmandade de Valeixe, Sala de Velacións de Valeixe, Sala de Velacións do Couto,  Sala de Velacións de Luneda, Sala de Velacións de Petán e Sala de Velacións de Deva. 15 en total.

Esta axuda do Ministerio para a Transición Ecolóxica subvenciona todas aquelas actuacións singulares dos Concellos que teñan por obxectivo e favorezan o paso dunha economía baixa en carbono no marco do programa operativo FEDER de crecemento sostible 2014-2020.

A proposta da Alcaldía, a solicitude foi tramitada ante o IDAE pola Deputación Provincial de Pontevedra  o pasado en outubro do 2020 e forma parte do proxecto Instalacións para o uso térmico de biomasa no que ademáis da Cañiza, tamén participan os Concellos de Cangas, Portas, Tomiño, Redondela e Vilaboa.

O Concello da Cañiza asinará en breve un Convenio de Colaboración coa Deputación Provincial para a execución desta actuación que dirixirá, xestionará e tramitará directamente a administración provincial.

O presidente da Câmara Municipal de Cerveira e a Deputación aposta pola continuidade dos compromisos transfronteirizos

O presidente da Câmara Municipal de Vila Nova de Cerveira, Rui Teixeira, e a alcaldesa do Concello de Tomiño, Sandra González, reuníronse onte coa presidenta da Deputación de Pontevedra, Carmela Silva e o deputado para a Cooperación Transfronteiriza e vicedirector do AECT Rio Minho, Uxío Benítez, para tratar dos proxecctos de futuro da Eurocidade Cerveira-Tomiño.

Máis aló da oportunidade que tivo Rui Teixeira de facer a súa primeira visita oficial á Deputación, logo das eleccións municipais do 26 de setembro nas que houbo relevo na alcaldía de Vila Nova de Cerveira, o edil cerveirense, que asumiu recentemente tamém o cargo de director do AECT Rio Minho, aproveitou o encontro para manifestar “a vontade e disponibilidade para continuar a trabalhar em prol da cooperação transfronteiriça”. Rui Teixeira reiterou a “importancia de desenvolver e implementar unha estratexia consensual que contribua para estreitar os lazos de amizade e de colaboración en proxectos comúns ás poboacións en proxectos comúns ás poboacións e institucións portuguesas e galegas”.

Em cima da mesa estiveram assuntos específicos como o projeto do Parque da Amizade Cerveira-Tomiño, mas também outros mais abrangentes, fruto de uma radiografia ao enorme potencial que o território raiano dispõe, nas mais diversas áreas.

A súa vez, a presidenta da Deputación de Pontevedra, Carmela Silva, renovou o apoio institucional á cooperación transfronteiriza no território do Rio Miño tanto na Eurocidade Cerveira-Tomiño coma no AECT Rio Minho. Carmela Silva lembrou a necesidade de proseguir con a reivindicación para que os financiamentos europeos destinados ás rexións de fronteira sexan efectivamente aplicados nesas zonas e na melloría da calidade de vida das poboacións raianas.

A reunión proseguiu con a presentación do proxecto da ponte peonil e ciclista do río Miño por parte dos técnicos e enxeñeiros da Deputación para explicar os detalles das tramitacións na marxen española e o punto da situación no que se atopan as xestións para o financiamento da obra.

Finalmente, a presidenta da Deputación, Carmela Silva, convidou ao presidente da Câmara Municipal de Vila Nova de Cerveira, Rui Teixeira, no Libro de Honra da Deputación de Pontevedra.

Unha unidade móbil para a inspección de sulfatadoras estará no Rosal

0

Unha unidade móbil ITEAF, Inspección Técnica de Equipos de Aplicación de productos Fitosanitarios,  estará no Rosal, na explanada do aparcamento do pavillón municipal, os días 23 e 24 de novembro para realizar inspeccións de sulfatadoras. O horario será de 09.00 a 20.00 horas e as persoas interesadas deben reservar cita chamando ao 981792519 ou ao 647688261. Tamén poden contactar coa Cooperativa Porta do Río Miño ou con Talleres Cunchada.

Esta inspección é obrigatoria para todas as sulfatadoras de máis de 100 litros.

Ponteareas amplía o horario de Zona Azul na contorna do Mercado Municipal para aumentar a oferta de aparcamento

O Concello de Ponteareas continúa traballando para dispoñer dun mellor reparto do espazo público para estacionar, ofrecendo alternativas para que todas aquelas persoas que necesiten desprazarse ata o centro da vila en coche poidan aparcalo e realizar diferentes xestións administrativas, mercar, acudir a actividades…

Por este motivo, dende o vindeiro luns 15 de novembro ampliarase o horario de estacionamento limitado e gratuíto na contorna do Mercado Municipal ao horario de tarde. A duración máxima do estacionamento pasará ademais da hora e media actual a dúas horas. Con estas medidas aténdese unha reiterada demanda de comerciantes e consumidores.

“O estacionamento é necesario para facilitar a actividade económica e a vida diaria das persoas que só poden acudir á nosa vila en vehículo de motor. Por este motivo estanse a implementar medidas coas que incrementar as prazas de estacionamento e a súa dispoñibilidade, como a ampliación do horario da zona azul nas rúas arredor do mercado, multiplicando as prazas de aparcamento dispoñíbeis”, salienta o concelleiro de Mobilidade, Roberto Mera.

Deste xeito, dende o vindeiro luns o estacionamento limitado gratuíto nas rúas A Estrada, Morales Hidalgo, Fernández Vega e A Perillana funcionará tamén polas tardes. Así, o horario da zona azul será os días laborábeis de 09.00 a 14.00 e de 16.00 a 20.00 horas e os sábados de 09.00 a 14.00 horas. Neses horarios un mesmo vehículo só poderá ocupar a mesma praza de aparcamento un máximo de dúas horas en cada quenda, de mañá e de tarde. Ademais, como complemento, crearanse dúas prazas de parada dun máximo de 10 minutos sen ticket na rúa Fernández Vega que faciliten á veciñanza xestións e compras rápidas.

O concelleiro de Mobilidade asegura que “con esta medida repártese de forma racional e equitativa o espazo existente, aténdese mellor a demanda das persoas que precisan acudir en coche a Ponteareas e evítase que os mesmos vehículos acaparen durante moitas horas os aparcamentos públicos”.

A Asociación San Xerome Emiliani da Guarda visita a exposición ‘Amor, xénero e outras violencias’

0

O pasado mércores 10 de novembro un grupo da Asociación San Xerome Emiliani da Guarda, –concretamente o CEEPR San Xerome– visitou no concello de Baiona a exposición ‘Amor, xénero e outra violencias’.

A concelleira de Igualdade, Yasmina Moreira, ofreceulles unha visita guiada por toda a mostra e, logo e darlles a benvida explicoulles que esta mostra formaba parte da programación do ‘Novembro Lila’ que pon en marcha o Concello de Baiona.

A experiencia foi moi positiva e os rapaces e rapazas que acudiron expresaron que a exposición fíxolles pensar “e poñerse na pel de outras persoas”. En palabras dun dos asistentes “é a primeira charla a que asisto que me fixo pensar tanto sobre violencia, marcho pensando o mal que o pasan as mulleres”.

Esta mostra busca remover conciencias e sensibilizar ao público sobre a violencia machista. Dende a área de Igualdade animan aos demais centros educativos da contorna a que se poñan en contacto coa concellería e visiten a mostra que ocupará o Centro Multiusos de Sabarís até o 30 de Novembro.

Protección Civil e o Concello de Salceda organizaron unha recollida de produtos de hixiene para os afectados da Palma

A agrupación de Protección Civil de Salceda e o Concello organizaron unha recollida de produtos de hixiene persoal o pasado mes de outubro, para axudar na medida do posible a paliar as necesidades que están a sufrir as preto de 7000 persoas desprazadas dos seus fogares debido as consecuencias do desastre natural do volcán da Illa de Palma.

A recollida foi solicitada pola Agrupación de Protección Civil de Los LLanos de Aridane a todas as agrupacións de protección civil de España. A agrupación de Protección Civil de Salceda sumouse á solicitude poñéndose en contacto co concello para organizar o dispositivo de recollida.

Esta recollida decidiuse que fose de produtos de hixiene persoal, por ser non perecedeiros, fáciles de transportar e de uso imprescindible para as familias que están sufrindo este desastre natural.

A recollida fíxose por parte de membros de PC de Salceda ao longo da semana do 18 ao 22 de outubro, de mañá e de tarde, na Praza do Concello, onde se instalou unha carpa.  A veciñanza de Salceda coma sempre respondeu coa súa solidariedade habitual, acadándose uns 500 quilos de produtos de hixiene persoal.

O Concello de Salceda non dubidou en colaborar con esta iniciativa  en ningún momento, e comprometeuse a facerse cargo do envío dos produtos de hixiene recollidos. A principios desta semana enviáronse para o súa entrega á Agrupación de PC de Los LLanos de Aridane, na Illa da Palma.

Verónica Tourón, alcaldesa de Salceda, quixo deixar constancia de que “en Salceda non somos alleos á dolorosa situación das familias afectadas e agradecemos unha vez máis á nosa veciñanza e a Protección Civil a mostra de empatía e solidariedade que nos caracteriza.”

A ópera A Bohéme de Puccini soará esta fin de semana en Gondomar

0

Dúas novas citas na axenda cultural de Gondomar que arrincan este venres 12
de novembro cunha nova cita co cinema galego, concretamente, ás 21.00 horas. No
Auditorio Lois Tobío proxectarase a película “A viaxe de Leslie”, do realizador galego
Marcos Nine, galardoada cun Mestre Mateo e seis nomeamentos aos Goya.

Servíndose de documentais da época e películas do actor de “O que o vento se
levou” dá forma ás distintas hipóteses que xurdiron tras o accidente de avión no que
faleceu en 1943, cando o seu voo, que cubría o traxecto Lisboa-Londres, foi derrubado
por cinco cazas nazis a 100 millas da costa coruñesa de Cedeira.

O sábado 13 será a quenda para a ópera, concretamente, para a representación
da Bohéme, obra mestra de Luca Giacomo Puccini, de catro actos e cuxo éxito se mantén
firme ao longo dos séculos, sendo un dos títulos máis exitosos e representados da
historia.
Chega a Gondomar da man de Camerata Lírica, e coa dirección musical de
Tatiana Studyonova e a dirección artística e de escena de Rodolfo Alber e poderase gozar
a partir das 21.30 no auditorio Lois Tobío.

Máis información: hptts://taquilla.concellodegondomar.gal.

O anexo da Sala Municipal de Exposicións acolle a mostra “Á Violencia de xénero… Dille NON!!”

0

Dende onte mércores e até o martes 23 deste mes pódese visitar no anexo da Sala de Exposicións Municipal no edificio Francisco Sánchez (Área Panorámica) a exposición “Á Violencia de xénero… Dille NON!!”. Trátase dunha exposición gráfica ilustrada dirixida a axuda á mocidade a recoñecer, identificar e rexeitar condutas sexistas ou nocivas nas súas relacións.

A mostra chega a Tui grazas ao acordo de colaboración asinado entre a Secretaría Xeral de Igualdade da Xunta de Galicia e a Federación Galega de Municipios de Provincias.

Nunha decena de láminas a exposición amosa xeitos de exercer a violencia que case sempre lle pasan desapercibidos a quen a sofre. Control, manipulación, abuso, sextorsión, chantaxe emocional… presentados con debuxos de banda deseñada para que a mocidade – principal destinataria da exposición – aprenda a identificar as condutas tóxicas en parella co obxectivo de rebelarse contra delas.

Dende o Concello de Tui amósase o agradecemento á Secretaría Xeral da Igualdade por achegar esta mostra ao municipio. Cun formato atractivo chámase a atención dos e das adolescentes, e busca sensibilizar sobre unha das formas máis estendidas de violencia contra a muller: a violencia sexual.  A concelleira de Igualdade, Ana Mª Núñez, salienta o acerto da exposición da Secretaría Xeral en abordar esta temática con esta iniciativa enfocada á poboación máis nova. Nese senso sinala o traballo que o seu departamento está a realizar “na prevención das violencias sexuais, que coa revolución dixital e as redes sociais non para de medra cada vez en idades máis temperás”

Precisamente o xoves 2 e o venres 3 de decembro a Concellería de Igualdade organiza uns obradoiros para o alumnado dos dous institutos de Tui da man de Zua Méndez e Teresa Lozano de Towanda Rebels. Nos mesmos abordarán dende a educación afectivo sexual, desmontarán o mito da libre elección, e exporán a historia do feminismo e os retos que hai por diante, entre outros contidos.

Unha delegación do Fondo Galego presidida polo alcalde de Nigrán participa no Encontro de Gobernos Locais e Cooperación

0

Unha delegación de concellos socios do Fondo Galego de Cooperación e Solidariedade liderada polo alcalde de Nigrán como presidente da entidade, atópase desde onte e ata mañá venres en Córdoba para participar no Encontro Estatal de Gobernos Locais e Cooperación Internacional, que busca poñer en valor a cooperación ao desenvolvemento impulsada polos municipios. O presidente do Fondo Galego e alcalde de Nigrán, Juan González; a secretaria da entidade e concelleira de Ames, Luísa Feióo, e mais as edís de Lugo, Olga López e Paula Alvarellos, exporán as súas experiencias nas mesas que se organizan no Palacio de Congresos.

Tras a apertura institucional celebrada onte coa presenza do ministro de Asuntos Exteriores, UE e Cooperación, José Manuel Albares, a axenda galega arrincou hoxe ás 10:25 horas coa presentación ‘Lugo, cidade polo comercio xusto’, a cargo de Olga López, no Ágora Patio. Varios paneis desenvolveranse simultaneamente a partir das 12 horas, un deles sobre ‘Alianzas e redes para potenciar a cooperación municipalista en España’, no que Juan González presentará a Rede de Autoridades Locais da Lusofonía polos ODS, integrada por sete países de lingua oficial portuguesa e Galicia co obxectivo de fomentar a aprendizaxe mutua e establecer sinerxías para o cumprimento da Axenda 2030.

Xa pola tarde, ás 16 horas, o panel ‘Instrumentos e experiencias para impulsar a cooperación directa municipalista’ contará coa intervención de Luísa Feijóo, quen explicará o programa de cooperación técnica con Tarrafal, en función do cal persoal técnico do Concello de Ames achega o seu asesoramento sobre o terreo no municipio caboverdiano. Na mesma xornada, dirixentes do Fondo Galego acudirán á xuntanza do Consello Confederal da Confederación de Fondos de Cooperación y Solidaridad, da que a entidade forma parte.

O Encontro Estatal de Gobernos Locais e Cooperación Internacional, no que participan máis de 300 representantes de municipios e diversas institucións, culminará mañá venres cun diálogo protagonizado pola delegación mozambicana. As e os membros do Fondo Galego de Cooperación e Solidariedade aproveitarán a xornada para reunirse coa Asociación Nacional de Municipios de Mozambique, coa que na actualidade ten en marcha dous proxectos de cooperación.

O Fondo Galego

O Fondo Galego de Cooperación e Solidariedade está integrado por 99 concellos e as deputacións de Pontevedra, A Coruña e Lugo, que concentran a través desta rede os seus esforzos no eido da cooperación ao desenvolvemento. Garántese deste xeito unha xestión profesional e transparente, así como a realización de proxectos con impacto nos países do Sur e a sensibilización da sociedade galega a prol da solidariedade internacional. Recoñecido como axencia municipal da cooperación galega, desde a súa fundación en 1997 o Fondo Galego ten desenvolvido 170 proxectos en 32 países e promove numerosas actividades e materiais en relación aos desequilibrios Norte-Sur.  

A Confederación Hidrográfica Miño-Sil comprométese a colaborar na construción da Senda do río Pego

0

A Confederación Hidrográfica Miño-Sil comprometeuse á redacción dun proxecto para a construción dunha senda fluvial no río Pego de Tomiño e á renovación do colector; obras que significarían un investimento de 1,5 millóns de euros, aproximadamente.

Así o indicou o presidente da confederación, José Antonio Quiroga, quen recibiu esta semana á alcaldesa de Tomiño, Sandra González, e ao concelleiro de Servizos Públicos, Lois Vázquez.

O compromiso adquirido por ambos organismos, traduciríase na sinatura dun convenio, polo que a Confederación Hidrográfica Miño-Sil achegaría o 80% do coste total da obra, e o Concello de Tomiño o 20% restante.

Esta importante obra permitiría á xente de Tomiño chegar ata a Senda do Miño, que transcorre paralela ao río, a través dun paseo peonil ou en bicicleta, por un entorno natural, incentivando unha mobilidade máis sustentable.

A nova senda transcorrería paralela ao río ao longo duns 3 Km. dende a parroquia de Tomiño ata a desembocadura do Pego no Miño. Con este novo trazado conseguiríase dar continuidade á rede de sendas executadas nos últimos anos, e ao mesmo tempo, melloraríase a rede de saneamento da zona que conta con infiltracións procedentes de augas pluviais, dificultando os procesos de depuración na Estación Depuradora de Augas Residuais do Concello de Tomiño.

A alcaldesa sinalou que a partir de agora os técnicos do Concello traballarán cos da confederación para atopar as mellores alternativas na construción da senda do Pego. “Agardamos comezar a  traballar cos técnicos da confederación antes de fin de ano”, adiantou a rexedora local tras a reunión. Asemade, convidou ao presidente da confederación hidrográfica a visitar Tomiño para coñecer in situ a zona pola que transcorrería o sendeiro; visita que terá lugar, probablemente, cando se asine o futuro convenio.

Trátase dunha ruta cun alto valor paisaxístico, histórico e turístico da comarca que recupera un antigo sendeiro, e que contribuirá tamén a difundir o patrimonio natural do concello, permitindo á xente a percorrer un espazo idóneo para a práctica deportiva.

“O obxectivo é dar á nosa veciñanza acceso directo ao Miño poñendo a disposición unha senda co mínimo impacto ambiental, con sinalización e que informe sobre a flora e a fauna da zona”, informou González.