13 C
Pontevedra
Sábado, 4 de Febreiro de 2023
Máis
    HomeVal MiñorNigránNigrán ofrece o 27 de novembro un concerto e unha masterclass a...

    Nigrán ofrece o 27 de novembro un concerto e unha masterclass a cargo do pianista Jean-Michel Pilc

    O músico e educador francés afincado en Canadá tocou no Nigranjazz 2019, ten lanzado tres aclamados discos de piano en solitario e forma parte dun conxunto de referencia mundial xunto ao baixista François Moutin e o baterista Ari Hoening

    O Concello de Nigrán reforza a súa ligazón co jazz ofrecendo o sábado 27 de novembro un concerto do pianista internacional Jean-Michel Pilc e unha master-class. O músico e educador francés afincado en Canadá tocou no festival Nigranjazz 2019, ten lanzado tres aclamados discos de piano en solitario (o último no 2018) e forma parte dun conxunto de referencia mundial xunto ao baixista François Moutin e o baterista Ari Hoening. Aproveitando a súa estancia en Galicia para gravar un álbum co saxofonista afincado en Nigrán Xosé Miguelez editado pola discográfica americana Origin Records, o Concello ofrecerá un concerto gratuíto e en solitario ás 20:30 no Auditorio Municipal e, previamente, ás 16:30, unha master-class ao seu cargo con inscrición previa no mail xosemiguelez@gmail.com e un custe de 15 €.

    “É un dos pianistas máis aclamados mundialmente e un reputado profesor de música en Canadá, así que desde o Concello non dubidamos en traelo tendo en conta que está en Galicia e que dispomos do noso propio piano de cola, o que nos permite organizar este concerto único en España”, sinala o alcalde, Juan González. Pola súa banda, o profesor da actividade municipal de Música, Manuel Cebrián, incide na gran oportunidade que supón para calquera músico asistir a unha master-class de Pilc, profesor asociado de piano desde 2015 na Univerdade McGill en Montreal e anteriormente na New York School. “Ningún pianista ou afeccionado ao piano da comarca se debería perder esta oportunidade de aprender dun músico e educador recoñecido mundialmente”, subliña.

    Na súa longa traxectoria, Jean-Michel Pilc (París, 1960) tocou con numerosos xigantes de jazz como Roy Haynes, Billy Hart, Michael Brecker, Dave Liebman, Jean Toussaint, Rick Margitza, Kenny Werner, Marcial Solal, Michel Portal, Daniel Humair e Marcus Miller, Kenny Garrett, Lenny White, Chris Potter, John Abercrombie, Mingus Big band, Lew Soloff e Richard Bona, entre outros. Tamén traballou con Harry Belafonte como o seu director musical e pianista, e fixo un dueto coa lendaria cantante de ópera Jessye Norman.

    O renombrado trío de Jean-Michel, co baixista François Moutin eo baterista Ari Hoenig é unha das formacións de referencia no jazz internacional. Jean-Michel lanzou tres álbums de piano en solitario aclamados pola crítica e un novo álbum en solitario, Parallel, publicado por Challenge Records en xuño de 2018.

    Ten unha sólida reputación como educador. De 2006 a 2015 foi membro da facultade de NYU Steinhardt.Tamén actuou como co-director do Summer Jazz Workshop de NYU en 2010. Ensinou para New School en Nova York e desde setembro de 2015 é profesor asociado na Universidade McGill en Montreal.

    COLABORACIÓNS

    Ponteareas e a filla pródiga: o novo espectáculo do Circo da Dereita

    Aínda que o pareza, non é un déjà vu, non. É real como a vida mesma. A dereita en Ponteareas regresa ao seu pasado, non sabemos se por convicción nostálxica ou, como parece máis evidente, por non atopar nada mellor que ofrecer. Se cadra, en realidade non hai tal regreso a un pasado que esa dereita nunca abandonou, por máis que durante os últimos anos algúns quixeran convencer a Ponteareas, pleno tras pleno e eleccións tras eleccións, de que aquel negro pasado nada tiña que ver con eles nin cun Partido Popular que, reescribindo a nosa historia política, tería nacido en 1998 coa chegada a Ponteareas dun Salvador chamado para redimir, como novo candidato popular, os imperdonabeis pecados orixinais da dereita ponteareán encarnada até ese momento por un alcalde orgulloso do seu pasado franquista.

    María Solar, «A culpa»

    A metade de camiño entre a novela negra e o thriller, María Solar vén de presentar un novo traballo para adultos no que pescuda nas interioridades da parte máis escura da alma humana a través dun trío de mulleres, protagonistas do relato.

    Antón Riveiro Coello, «Días de intemperie»

    A nova achega de Antón Riveiro Coello, «Días de imtemperie», é unha proposta que contén nove relatos de temática e transfondo diferentes, mais que teñen un elemento en común, como é a guerra no sentido máis amplo da palabra.

    Árbol de Navidad relleno de chocolate

    Aunque estas fechas tienen sus dulces típicos, no a todo el mundo le gustan los turrones, polvorones y demás. Lo que casi con seguridad gusta a todo el mundo (y sobre todo a los peques) es el chocolate y este postre une la Navidad y el chocolate de una forma muy muy sencilla.

    Colaboradores

    Alberto Aliaga Sola
    20 POSTS0 COMMENTS
    Bea Sanfa
    14 POSTS0 COMMENTS
    Manrique Fernández
    77 POSTS0 COMMENTS
    Paz de la Peña
    41 POSTS0 COMMENTS
    Ricardo Canosa Bastos
    14 POSTS0 COMMENTS
    Roberto Mera
    6 POSTS0 COMMENTS
    Avatar
    1 POSTS0 COMMENTS