10.4 C
Pontevedra
Xoves, 9 de Decembro de 2021
Máis
    HomeLouriñaO PorriñoO Porriño presenta o "Pinchoneno 2021"

    O Porriño presenta o “Pinchoneno 2021”

    A alcaldesa do Porriño, Eva Garcia, presidiu onte a presentación do “Pinchoneno 2021”, que terá lugar o vindeiro sábado 20 de novembro, baixo carpa e cun aforamento limitado a 200 participantes, no Parque do Cristo. O prazo de inscrición está aberto e as reservas realízanse no enderezo de correo electrónico pinchoneno@gmail.com ata o 18 de novembro.

    Trátase dunha iniciativa que convocan a Concellería de Educación e a Oficina Municipal de Información á Xuventude (Omix do Porriño), coa colaboración de “Doppler Gestión Cultural” para nenas e nenos de entre 6 e 12 anos.

    A concelleira de Educación, Lourdes Moure, explicou que “organizar o Pinchoneno é un compromiso plenario coa nosa infancia que querían ter unha versión axeitada para eles do Pinchorriño”. A concelleira volveu reclamar a “colaboración da hostalería local para que fagan pinchos axeitados á infancia”, declarou.

    Adrián Fragueiro, representante de “Doppler Gestión Cultural”, informou que a actividade desenvolverase no parque do Cristo dende as cinco da tarde “cun catering saudable continuado ata as nove da noite enfocado aos nenos e nenas e co complemento de diversas actividades lúdicas”.

    Entre elas, subliñar unha charla titulada “Isto é Pop” a cargo do xornalista e escritor Javier Becerra e a artista Carolina Rubirosa”, e outra charla motivacional a cargo do músico e actor Juan Manuel Montilla “Langui”, gañador de dous premios “Goya”, entre outros galardóns.

    COLABORACIÓNS

    Diego Ameixeiras, «O cervo e a sombra»

    Diego Ameixeiras tennos afeitos a un tipo de escrita moi persoal e honesta, pero sempre intensa e emocionalmente arroutada. O seu novo traballo non fai máis que afondar nesta percepción e faino a través dese mundo que habita nos arrabaldes da sociedade, un escenario xa recorrente na súa narrativa.

    Treinta otoños tiene mi amor

    Último domingo del mes y cada vez más cerca de la Navidad, aunque en Vigo ya la tenemos muy presente desde hace una semana gracias a las más de diez millones de luces led que iluminan la ciudad.

    Ponteareas deportiva

    Los núcleos más importantes de población concentran el grueso de las pruebas deportivas que se celebran a lo largo del año. Es lógico, las infraestructuras para la práctica de deporte forman parte del paisaje de grandes urbes, mientras ciudades pequeñas y pueblos tienen limitado el acceso a gimnasios, pistas, pabellones y piscinas.

    Domingo Villar, «Algúns contos completos»

    Domingo Villar é un dos escritores galegos de maior sona grazas ás súas novelas policiais protagonizadas polo inspector Leo Caldas. Pero o que agora nos presenta neste volume é unha faciana moi diferente daquela á que nos ten acostumados. Nesta entrega non hai crimes, nin intriga, nin tramas reviradas, nin atisbo algún de narración policial nin de literatura negra. Trátase dun proxecto moito máis persoal e cercano, un pequeno capricho feito á medida del e do seu círculo máis íntimo.

    Colaboradores

    Alberto Aliaga Sola
    14 POSTS0 COMMENTS
    Ángel Covelo
    6 POSTS0 COMMENTS
    Bea Sanfa
    7 POSTS0 COMMENTS
    Manrique Fernández
    50 POSTS0 COMMENTS
    Paz de la Peña
    36 POSTS0 COMMENTS
    Ricardo Canosa Bastos
    14 POSTS0 COMMENTS
    Roberto Mera
    2 POSTS0 COMMENTS