Domingo, 10 Agosto de 2025

O alcalde de Nigrán felicita a ‘Nita’ Varela no seu 100 aniversario

0

O alcalde de Nigrán, Juan González, e a edil de Educación e veciña de Panxón, Marina Vidal, acudiron este venres 4 de marzo á casa de Benedicta Varela ‘Nita’ para festexar o seu 100 aniversario e entregarlle un agasallo. Na celebración na súa casa natal de Panxón estivo acompañada tamén pola súa familia.

Solteira por vocación, ‘Nita’ exerceu como verdadeira nai das súas sobriñas, coas que convivíu. Foi unha muller moi traballadora que realizaba tarefas do campo e á que lle encantaba cociñar, tendo moi boa man para elo. Cando tivo ocasión viaxou por España e polo estranxeiro e acostumaba saír cada domingo a pasear e a tomar té na casa das amigas (no lle gusta o café). Algo que non perdoa nunca é un pequeno vaso de viño na comida, costume que non ten intención de abandonar tendo en conta as boas condicións físicas e mentais das que goza a súa idade.

Ponteareas adianta a súa Semana das Ciencias

O Concello de Ponteareas organiza unha nova edición da súa Semana das Ciencias, coa que se busca brindar ao público a oportunidade de coñecer da man de expertas e expertos universitarios os misterios da ciencia. Para concretar a programación, a alcaldesa e responsable de Ensino, Cristina Fernández Davila, reuniuse co profesorado dos centros educativos da vila.

A sexta edición da Semana das Ciencias, que levará por título ‘Sostibilidade e cambio climático’, terá lugar do luns 21 ao venres 25 de marzo. Durante estes días Ponteareas volverá achegarse á ciencia da man de profesores como Juan Picos, Enrique José varela, Xana Álvarez, Pilar Piñeiro, Raquel Pérez-Orozco ou Xabier Prado, entre outros moitos científicos e científicas que completarán o cartel, tal como llo trasladou a rexedora aos centros de ensino durante o encontro de traballo.

“O obxectivo é achegar a ciencia á cidadanía e facela próxima, amosando a súa utilidade, a necesidade que temos dela e o bo desenvolvemento do noso día a día. Pero esta semana de actividades tamén permite dar visibilidade ás nosas científicas e científicos, conectándoos co público, coa comunidade escolar e con toda a nosa veciñanza”, explica a rexedora.

Como cada ano, a programación da Semana das Ciencias virá cargada de actividades para todos os públicos. O alumnado de primaria e secundaria participará nas conferencia a cargo de profesorado da Universidade de Vigo e xogará coas matemáticas e a xeometría da man de Xabier Prado e tamén poderá visitar exposicións como a da Maleta dos Océanos. Pola súa banda, estudantes de secundaria realizarán unha saída didáctica polo río acompañados de guías. Mentres, o profesorado terá un seminario no que poderán levar á práctica os coñecementos teóricos adquiridos na edición anterior da Semana das Ciencias.

Para os máis pequenos e pequenas e para as súas familias a programación contempla un obradoiro que, se a climatoloxía o permite, terá lugar no parque da Perillana.

Para toda a veciñanza volverá o ciclo de conferencias polas tardes a partir das 19.30 horas na sala multiúsos do auditorio municipal e a feira das ciencias, que encherá prazas e rúas de actuais e futuros científicos e científicas dispostos a sorprender cos seus experimentos.

Os e as científicas locais tamén estarán presentes na Semana das Ciencias, tanto aqueles e aquelas que traballan e desenvolven a súa actividade fóra de Ponteareas como os e as que apostaron polo concello para emprender e investigar.

Tras esta reunión, o Concello ultima detalles para pechar a programación e presentala á veciñanza.

Campionato de Natación Escolar, o domingo na Ramallosa

0

A Concellería de Deportes de Baiona organiza a undécima edición do Campionato de Natación Escolar do Val Miñor este domingo, día 13, na piscina mancomunada da Ramallosa. Participarán nenos de entre 7 e 14 anos.

As inscricións permanecen abertas ata este xoves, 10 de marzo, podendo realizarse as mesmas a través de email [email protected] ou mesmo chamando por teléfono ao pavillón municipal 986 356 558 ou directamente no recinto municipal.

Ás 13:00 h está prevista a entrega de medallas e un sorteo de agasallos entre as persoas participantes.

Ademais, a organización entregará trofeos conmemorativos aos primeiros clasificados de cada categoría ademais dunha completa merenda para todos os participantes e un gorro por participar de márcaa area que patrocina o evento.

A organización do campionato escolar de natación no val miñor conta coas importantísimas colaboracións de; Protección Civil, Area e Serviocio que puxeron toda a súa vontade e interese para o desenvolvemento desta lúdica experiencia.

A Concellería de Deportes do Concello de Baiona organiza organizan a undécima edición do Campionato de Natación Escolar do Val Miñor 2022 en colaboración coa Secretaría XERAL para ou Deporte da Xunta de Galicia, Mancomunidade do Val Miñor e Serviocio. Campionato agrupado dentro da programa Xogade da Xunta de Galicia.

Os participantes por categoría serán: Prebenjamines (15 -14); Benjamines (13 – 12), Alevíns (11 – 10), Infantiles (09 – 08)

As probas e horarios a desenvolver son

• 25 metros Crol e 25 metros costas para Pre benjamines.
• 25 metros Crol e 25 metros costas para Benjamins.
• 50 metros Crol e 50 metros costas para Alevíns.
• 50 metros Crol e 50 metros costas para Infantís.

HORARIOCLASIFICATORIASHORARIOFINAIS
10.00 H50 ESPALDA INFANTIL12.15 H50 ESPALDA INFANTIL
10.15 H50 ESPALDA ALEVIN12.20 H50 ESPALDA ALEVIN
10.30 H50 CROLL INFANTIL12.25 H50 CROLL INFANTIL
10.45 H50 CROLL ALEVIN12.30 H50 CROLL ALEVIN
11.00 H25 ESPALDA BENXAMIN12.35 H25 ESPALDABENXAMIN
11.30 H25 ESPALDA PREBENXAMIN12.40 H25 ESPALDA PREBENXAMIN
11.45 H25 CROLL BENXAMIN12.45 H25 CROLL BENXAMIN
12.00 H25 CROLL PREBENXAIMIN12.50 H25 CROLL PREBENXAMIN

Máis información no Pavillón de Departes Municipal de Baiona ou chamando ao teléfono 986 35 65 58, tamén se dispón de email: [email protected].

Volve a Andaina da Lamprea ao Concello de Arbo

0

Entre as actividades previas á celebración da LXII Festa da Lamprea (23, 23 e 24 de abril), Arbo acollerá a quinta edición da Andaina da Lamprea o vindeiro domingo 3 de abril, despois de dous anos que por mor da crise sanitaria non se puido levar a cabo.

Unha actividade que en cada edición supérase converténdose nunha experiencia inesquecible na que os camiñantes poden relaxarse e evadirse contemplando paisaxes espectaculares.

Para promocionar a festa, e ir ‘abrindo boca’ e recibir con enerxía aos foráneos, Arbo prepárase as semanas previas con varias actividades nas que tanto os veciños como os visitantes son benvidos, segundo manifesta o rexedor do concello Horacio Gil.

A ruta arrincará na Praza do Concello ás 9:30 horas é o percorrido serán 12 kilometros apoximadamente.

 Para participar nesta andaina (de dificultade media-alta), os interesados deberán aboar 8 euros en concepto de inscrición na conta municipal ES1220805011823040006781

A data límite para anotarse termina o próximo 31 de marzo e pódese facer nas oficinas municipais ou a través do correo electrónico [email protected] (enviando instancia de participación e xustificante de pagamento)

O Concello entregará agasallos para todos os participantes e, facendo honra á raíña do Miño na súa tempada de consumo, se as circunstancias o permiten, ofrecerase unha degustación de lamprea e viño das adegas do Concello de Arbo.

O  alcalde segue informando que a Andaina da Lamprea, única e pioneira por todas as comarcas da zona, é unha  forma estupenda de coñecer as marabillas paisaxísticas e arquitectónicas de Arbo facendo deporte e gozando ademais de  lamprea e ir facendo oco ao evento gastronómico único en Galicia e España, que ten lugar  a fin de semana do 22, 23 e 24 de abril no que a poboación de Arbo multiplícase e os locais fan gala da súa hospitalidade, porque xa sexa para comer e beber, pasear, aprender e relaxarse ou para queimar adrenalina nunha contorna máxica, Arbo é digno de visita, e os seus veciños, os perfectos anfitrións.

Gondomar insta a “poñerse as gafas lilas” á hora de tomar decisións

0

Gondomar sumouse un ano máis á conmemoración do día Internacional da muller cunha concentración na praza das Escolas Vellas na que se procedeu á lectura dun manifesto e tamén se gardou un minuto de silencio en especial por todalas mulleres que se viron obrigadas a abandonar a súa vida, os seus traballos e familias pola guerra de Ucraína.

Decenas de persoas sumáronse á concentración na que o alcalde, Paco Ferreira, agradeceu a súa presenza e lembrou que as administracións “teñen a obriga de aplicar a perspectiva de xénero á hora de gobernar e tomar decisións, reiterando o compromiso do seu goberno coa defensa das mulleres e na consecución dunha igualdade real na sociedade”.

A presidenta da Asociación de Mulleres Rurais de Gondomar, Irene Pereira, xunto á avogada do CIM local, Marta Pardo e a concelleira de Igualdade Nuria Lameiro foron as encargadas de ler o manifestó. Nel lembraron “a fraxilidade dos dereitos alcanzados” e a necesidade de seguir conmemorando e manifestándose no 8M porque “en pleno século XXI, si as mulleres vense aínda obrigadas a reclamar algo tan básico como ter os mesmos dereitos fronte aos homes. Os mesmos dereitos para unhas que para os outros”.

Suliñaron que “non é unha denuncia dunhas poucas ou dunhas tolas, como a moitas persoas gústalles dicir”, sustentando nas cifras e datos oficiais a realidade da brecha salarial que existe entre homes e mulleres, así como os efectos que sobre os seus dereitos tivo a pandemia nos dous últimos anos.

Desde Gondomar instouse a tódolos organismos e entidades públicas e privadas, sectores produtivos, e á sociedade en xeral, “a poñernos as lentes lilas e a aplicar os principios de igualdade entre homes e mulleres, garantindo o mesmo trato, as mesmas consideración e oportunidades, así como as mesmas obrigas e dereitos”.

Comeza o proxecto “Salvaterra en Marcha”

O Concello de Salvaterra de Miño en colaboración co Clube de Montaña Airiños e dentro do proxecto “Salvaterra en Marcha” convoca a  súa primeira saída á natureza o DOMINGO 27 de Marzo, totalmente de balde.

Nesta primeira saída o farase unha ruta  dentro do concello. Será a denominada “Pola Senda do Miño e viñedos do Condado”.

Unha ruta circular de pequeno percorrido e de dificultade técnica doada que se comezará ás 11 da mañá do domingo 27 de Marzo na praza do Concello de Salvaterra, finalizando no mesmo lugar sobre as 5 da tarde. Terá un traxecto de 17 km totales, dos cales os 12 primeiros se farán  a  pé e os  últimos 5 km con motorización turística. A organización da actividade, poderá en calquera momento por causas non previsibles, modificar ou anular a ruta. O almorzo farase na propia ruta e cada senderista levará a súa propia comida.

Esta ruta ten por obxectivo promover por unha banda a beleza paisaxística  desta senda fluvial Río Miño, unha paisaxe única en todo o  Continente pola  inmensa cantidade e variedade de bosque que acompaña as  súas augas  na desembocadura ao mar; promovendo, ao mesmo tempo, a riqueza das grandes plantacións de viñedos de uva Albariño do condado que nos rodean e que simbolizan en gran parte a identidade de  Salvaterra dentro e fora das nosas fronteiras.

Se convida a todas as persoas que desexen gozar dunha xornada diferente e camiñar acompañadas. Os requisitos para inscribirse nesta actividade son: estar en boa capacidade física e ter de 14 anos en diante (os menores de idade deberán ir acompañados dun adulto. O Número de participantes está limitado a 45 persoas, tendo preferencia por orde de inscrición.

Inscricións no teléfono   622 887 174 (vía WhatsApp ou sms obrigatorio).

FEGADACE e o Concello do Porriño colaboran na sensibilización e prevención do dano cerebral cunha charla

A información sobre o dano cerebral adquirido chega ao Porriño pola man da colaboración entre o concello pontevedrés e a Federación Galega de Dano Cerebral (FEGADACE). Unha das principais liñas de actuación da Federación é a información e sensibilización, cos obxectivos de dar a coñecer a realidade das persoas con dano cerebral, pero tamén de axudar a previr esta discapacidade, que afecta a máis de 35.000 persoas en Galicia.

A actividade informativa está dirixida a todo tipo de público e nela a traballadora social de FEGADACE vai falar da prevención das principais causas do dano cerebral (o ictus -que está detrás do 78% dos casos- e os accidentes de tráfico), e do modelo de atención e rehabilitación que se desenvolve nas asociacións galegas de dano cerebral, ditado polo Ministerio de Sanidade a través do Imserso. Centrarase especialmente en presentar o recurso asociativo máis próximo ao concello do Porriño: Alento, a Asociación de Dano Cerebral de Vigo, de ámbito provincial.

Esta charla vai ter lugar o venres 25 de marzo ás 18:30 hh. no Centro Cultural do Porriño (Rúa Domingo Bueno, 9). Para asistir é recomendable inscribirse en calquera dos seguintes números de teléfono 881 943 148 ou 652 770 653.

A organización desta actividade conta coa colaboración do Concello do Porriño e co financiamento da Consellería de Política Social, dentro dos programas con cargo á asignación tributaria do 0,7% do IRPF; é dicir, grazas ás persoas que marcan a X Solidaria na súa declaración da renda.

FEGADACE

FEGADACE constituíuse en 2007 polas cinco asociacións galegas de dano cerebral: ADACECO (A Coruña), ADACE en Lugo, Alento (Vigo), Renacer (Ourense) e Sarela (Santiago). Xuntas representan algo máis de 2.000 familias. O seu obxectivo é contar cunha plataforma común de interlocución, coordinación e divulgación das necesidades do colectivo de persoas con dano cerebral adquirido, unha discapacidade que afecta a máis de 35.000 persoas en Galicia e que está causada case sempre por un ictus (78% dos casos) ou por un traumatismo cranioencefálico provocado por un accidente de tráfico.

O Concello de Nigrán instala 13 paneis ‘metrominuto’ por toda a zona urbana

0

O Concello de Nigrán ven de instalar 13 paneis ‘metrominuto’ por todas as zonas urbanas (Nigrán, A Ramallosa e Panxón) como novidosa ferramenta para incentivar os desprazamentos a pé fronte ao emprego do vehículo. Trátase de mapas sinópticos que miden distancias e tempos camiñando entre diferentes puntos significativos e que empregan no seu deseño os códigos visuais dos planos de metro (como aceno a un dos medios de transporte máis significativos das grandes urbes, suxerindo o ir a pé como outro medio igual de valioso).

O Concello de Nigrán obtivo os seus ‘metrominutos’ a través da rede Ágora da Deputación de Pontevedra, quedando o municipio integrado na rede ‘Ciudades que Caminan’ (asociación  internacional de diferentes administracións que busca que os peóns sexan os verdadeiros protagonistas do espazo público). Os tempos de desprazamento foron calculados a unha velocidade media de 5 km/hora, o que sitúa o núcleo de Panxón a 17 minutos do centro de Nigrán, o esteiro de A Foz a 6 minutos da Ramallosa ou o Templo Votivo a 8 minutos do espazo deportivo Dunas de Gaifar.

“O obxectivo é ‘desdramatizar’ a cultura de camiñar evidenciando o pouco que compensa coller o coche para moitos desprazamentos, sendo ademais algo saudable física e mentalmente”, explica o alcalde, Juan González.  De feito, está demostrado que ao tratarse de distancias curtas e tempos breves, coa información que nos ofrece o Metrominuto nos  predispoñemos mellor a camiñar ata o noso destino, priorizando así o medio pedestre.

O obradoiro de emprego da Guarda fai a súa particular homenaxe ás mulleres redeiras no 8M

0

O Obradoiro de Emprego Manuel B. Portela da Guarda realizou unha visita á nave de redeiras da Asociación Atalaia da Guarda, onde conversou con tres das súas integrantes. Co motivo do Día da Muller quixeron render homenaxe a estas mulleres, que con moito esforzo e traballo levan a cabo unha labor tan importante para o sector pesqueiro. As protagonistas son Marina, Sara e Carmen. Marina e Carmen ostentan cargos da directiva da asociación, e relataron moi detalladamente ao alumnado como era o seu traballo, como foi o desenvolvemento da asociación, cal é o presente, como foi o pasado e como ven o futuro.

A Asociación leva case 20 anos en activo, e cando empezaron cada unha traballaba na súa casa, xa que non tiñan aínda a nave coa que contan actualmente. Relatan que viñan os camións coas redes e cargaban todo a man. Pouco a pouco foise regularizando a profesión e comezaron a facer cursos de formación onde acudiron moitas mulleres, entre 60 e 70, e así foi como xurdiu a asociación. Contan que na Guarda todos ataban, xa que había moitos barcos con redes de fío. Os comezos como asociación foron duros e pelexaron moito para poder ter unha nave, ata que a conseguiron mellorando moito as súas condicións de traballo.

Como mulleres destacan que os poucos homes que ataban estaban contratados polos barcos e tiñan unhas condicións laborais mellores que as delas, aínda que hoxe en día todas teñen o seu seguro de autónoma e unhas condicións laborais moito mellores que cuando traballaban sen seguro.

Marina destaca que nos seus comezos tiña que compaxinar o traballo de redeira coa crianza dos fillos e as labores da casa, e non foi fácil. Outra das nosas protagonistas é Sara, a máis nova de todas, destaca que o de redeira venlle de familia, é filla e sobriña de redeiras, e dende que comezou está moi contenta, leva o seu salario para casa e concilia moi ben a vida familiar e laboral, di que se formou facendo cursos en Marín. Carmen leva traballando desde nena, empezou neste oficio nas antigas chabolas, e tivo que deixar a escola moi pequena, despois de deixalo cando tivo fillos volveu retomar o seu traballo e hoxe en día é a presidenta da Asociación.

As redeiras da Guarda traballan para moitos armadores de toda Galicia, destacan que hoxe en día non lles falta traballo, e animan á xente nova a que sigan o relevo desta fermosa profesión, destacan que teñen unhas condicións moi dignas e que gañan un bo salario. O colectivo de redeiras teñen o selo de Artesanía de Galicia pola súa labor, pero dende fai un tempo tamén elaboran outra artesanía que contribúe ao incremento dos seus ingresos, na nave teñen unha pequena exposición onde nos amosaron fermosas pezas de bisutería, colgantes, pulseiras, aneis, colares, pero tamén bolsas para a compra, fulares, chaveiros, e moitos máis detalles, todo con motivos mariñeiros e feitos cun gusto exquisito.

A Asociación de redeiras Atalaia vai organizar en breve cursos de formación para quen queira aprender o oficio e obter un certificado de profesionalidade que capacita para o exercicio da profesión, e animan á xente nova para que collan o relevo, xa que segundo din as condicións de traballo e salario son moi boas e ofrecen unha flexibilidade que noutros sitios non hai, resaltan que de ser máis asociadas terían moito máis traballo, que hoxe en día non poden aceptar por non teren  tempo para asumilo.

E ata aquí a súa homenaxe a este colectivo de mulleres, que loitan pola súa independencia e son exemplo de superación para as xeracións vindeiras.

Ponteareas urxe á Xunta a decidir se acepta a colaboración municipal para a reforma da Estación de Autobuses

A alcaldesa de Ponteareas, Cristina Fernández Davila, solicitou á Xunta de Galicia que decida se acepta a colaboración ofrecida polo Concello para remodelar o edificio da Estación de Autobuses.

O Concello de Ponteareas ofreceu á administración autonómica cofinanciar a reforma deste edificio achegando máis de 370.000 euros, dos que 130.000 se compensarían coa débeda que a Xunta ten co Concello polas perdas asumidas na xestión da Estación dende 2011 e os outros 240.000 se pagarían en 20 anualidades, o mesmo tempo que duraría a cesión da primeira planta do edificio a favor do Concello.

Cristina Fernández lembrou que “os días e os meses pasan e Ponteareas sigue cargando cos costes da Estación”, polo que urxiu á Xunta a través dun escrito remitido a pasada semana a “tomar unha decisión xa”. A rexedora sinalou que “non podemos agardar máis tempo” e “se non se acepta a nosa colaboración, nos vindeiros días entregaremos as chaves da Estación á Xunta para non continuar gastando un euro neste servizo que é de competencia exclusiva da administración autonómica”. Fernández Davila confía en que a Xunta acepte a “xenerosa colaboración” do Concello de Ponteareas.

Centos de deportistas percorrerán Covelo no raid de orientación “Tralas pegadas do lobo”

0

O concello de Covelo acollerá a celebración da 2ª proba da liga galega de orientación que atraerá a centos de deportistas dispostos non só a suar a camiseta se non tamén a coñecer os nosos ríos, montañas, vales e natureza salvaxe.

A concelleira de Turismo, Lourdes Enes, explica que baixo o título “Raid Covelo, tralas pegadas do lobo”, esta carreira de aventura, programada para o 26 de marzo,  é unha competición multidisciplinar destinada a probar a capacidade de orientación e resistencia dos equipos que, sen axuda externa, compiten en igualdade de condicións, polo que estamos ante un dos deportes máis inclusivos do mundo.

“O Concello amosa a súa satisfacción pola celebración deste tipo de eventos que ademais de fomentar hábitos de vida saudables atraen a centos de deportistas que non só amosarán a súa resistencia e capacidade, tamén coñecerán o noso marabilloso patrimonio natural e a oferta hostaleira da zona”, engade o alcalde Pablo Castillo.

O deporte dos Raids de Orientación consiste en realizar un percorrido, preestablecido pola organización, marcado no terreo mediante balizas e sinalado no mapa específico dese terreo que se entregará a cada participante.Os percorridos serán lineais e deberán realizarse en orde e haberá diferentes modalidades deportivas.

Os participantes, coa axuda dun compás, realizarán o percorrido elexindo o itinerario a seguir entre os puntos de control. En cada punto de control rexistrarán o seu paso mediante a tarxeta de control electrónica  aportada por cada participante ou pola organización do evento.

Cada equipo, en función da súa propia estratexia, decide qué distancia percorre, que puntos de control visita, e que probas especiais realiza; tendo en conta que non pasar polos puntos de control supón non sumar os puntos que otorga dito control.

O tempo empregado e a puntuación conseguida en realizar o percorrido serán os determinantes da clasificación final. O prazo de inscrición remata o vindeiro 22 de marzo e as persoas interesadas poden inscribirse no enderezo electrónico [email protected] ou no número de teléfono 644 56 76 14.

Esta proba, patrocinada polo Concello, está organizada pola Federación Galega de Orientación (FEGADO) e Xesta Natureza en colaboración con empresas privadas, coa FED, Xunta de Galicia, Deporte Galego e Deputación de Pontevedra

PROGRAMA

  • 08:30: Apertura de Secretaría (Centro de Competición)
  • Lugar: Concello de Covelo
  • Recollida de documentación e entrega de bolsa do corredor
  • 09:30: Saída da categoría 2+1 (previsible saída escalonada)
  • 10:00: Saída da categoría 3.0 (previsible saída escalonada)
  • 10:30: Saída da categoría Orienta-Raid (previsible saída escalonada)
  • 16:30: Peche de Meta da categoría Orienta-Raid
  • 19:00: Peche de Meta da categoría 2+1
  • 19:30: Peche de Meta da categoría 3.0

Máis información nas seguintes ligazóns:

O Concello da Guarda informa sobre como combater os niños primarios da vespa velutina

0

Dende o Concello da Guarda, queren apelar á cidadanía pola importancia da súa colaboración nestas datas para combater as vespas velutinas. Dende o mes de febreiro ata o mes de maio as raíñas  fundadoras da vespa velutina saen a formar o niño primario, por iso é moi importante o trampeo por parte da cidadanía, xa que axuda ao control da especie nesta época.

Cada raíña velutina collida nestas datas tradúcese nun niño menos. A construción dos niños adoita ser en lugares resgardados (troncos ocos, teitos de uralita, estruturas abandonadas…etc).

A vespa velutina xera un gran impacto na biodiversidade da contorna, debido a súa gran voracidade pode afectar moi seriamente as colonias de especies autóctonas.

Prégase a todos os veciños que cando vexan un niño chamen ao 012.

A Cañiza conmemora o 8M cunha viñeta do ilustrados Luis Davila

0

Con motivo da conmemoración do Día Internacional da Muller, a tarde de onte o alcalde da Cañiza, Luis Piña, acompañado das concelleiras do equipo de goberno e da educadora familiar dos Servizos Sociais municipais, presentaron unha das accións que integran o proxecto municipal de Igualdade para este 2022: a difusión e promoción dunha viñeta deseñada polo recoñecido ilustrador Luis Davila que, co seu característico humor galego, pon imaxe gráfica á frase gañadora do concurso “Cóntallo a Violeta” deste 2022: «Se me da a gana de ir sachar patacas en minisaia vou e punto».

A viñeta repartiuse en formato «marcapáxina» a todos os alumnos dos centros de ensino da Cañiza, nos comercios e establecementos da localidade e tamén aos veciños que asistiron á feira celebrada este domingo 6 de marzo.

Esta viñeta foi un deseño gráfico exclusivo para o Concello da Cañiza, do que o Concello adquiriu os dereitos de autor sobre a mesma. Foi ideada por Davila a partires do texto premiado no II Concurso Municipal de Slogans “Cóntallo a Violeta” para a promoción da igualdade e prevención da violencia de xénero.

A gañadora do concurso, Fátima Rodríguez Álvarez, alumna de 2° de bacharelaro do IES da Cañiza, tamén participou na presentación da tarde de onte.

Tomiño segue apostando pola cultura con dúas boas propostas a vindeira fin de semana

0

A vindeira fin de semana o auditorio de Goián volverá  ser un destino a ter en conta para gozar da e con a oferta cultural municipal.

O sábado 12 de marzo, a través do programa da Deputación de Pontevedra “O pasado por vir”, chega ata Tomiño “A señora de Forcadela”, unha  escenificación teatral inspirada na historia de Josefa García Segret e noutras mulleres galegas represaliadas a partir de xullo de 1936. Josefa, nada en Tui e condenada á pena capital era mestra e socialista, coma o seu home, Hipólito Gallego que daba clases na parroquia de Forcadela (Tomiño). Líbrase da morte finxindo estar preñada para evitar a súa execución. Diagnosticou o seu embarazo o doutor Darío Álvarez Blázquez, xogándose a vida, non só pola deliberada falsidade senón por pertencer tamén a unha familia perseguida.

“A SEÑORA DE FORCADELA” foi a autora do libro “Abajo las dictaduras”, que auto editou no ano 1982. Unha obra desta mestra que “tamén é unha formación para a mocidade que non coñece as guerras nin os seus horrores”. Nas súas páxinas ilustra a represión franquista.

OS-QUINQUILLÁNS

Compañía con máis de trinta anos de actividade teatral profesional adaptada a todo tipo de espazos e eventos. Ademais de continuar cos espectáculos de sala e de rúa, desde 2013 a compañía especialízase na creación de montaxes teatrais baseadas en feitos históricos para ser representadas en lugares emblemáticos e en celebracións de animación popular.

  • Data: Sábado 12 de marzo
  • Horario: 21h
  • Idade: A partir de 12 anos.
  • Lugar: Auditorio de Goián
  • Prezo: GRATIS
  • DURACIÓN: 30 minutos.
  • ELENCO: Tero Rodríguez e Lucho Penabade

O domingo, Pepa a Loba

Ao día seguinte, un espectáculo familiar para todos os públicos. Chega a Tomiño Pepa a Loba, unha figura mítica de Galicia, unha lendaria bandoleira galega de finais do século XIX,  que, segundo a lenda, acadou a súa fama asaltando camiños e roubando a caciques e cregos.

Os contos que falan da existencia dunha bandida chamada Pepa a Loba, que dirixiría a súa propia gavela de ladróns, son moitos e están espallados por toda Galicia. Ademais dos contos, existe unha referencia escrita que parece probar a existencia real de Pepa a Loba e é unha mención que a escritora e penalista Concepción Arenal fai dela logo dunha visita ao cárcere da Coruña. O público asistente poderá desfrutar dun divertido e atractivo espectáculo coa actriz Cristina Collazo. “Procúrase Pepa a loba”  É un contacontos a cargo da compañía A Cova das Letras onde a danza e a música fúndense coa natureza, poñendo en valor a amizade e a perspectiva de xénero.

Ano 1890. Inauguración da taberna de Pepa a Loba. A súa gavela ao completo: Xan Quinto “o vello”, Maninocente e Calamity Jane celebran este día tan esperado, pero… un codiciado tesouro escóndese moi preto e só ela sabe o segredo. Necesita da túa colaboración; será que te atreves?

  • Data: Domingo 13 de marzo
  • Horario: 17.30h
  • Idade: público infantil e familiar
  • Lugar: auditorio de Goián
  • Prezo: 3€ persoas adultas, menores de 12 anos 1,5€

O Goberno galego aposta pola cadea mar-industria

0

O titular do Goberno galego, Alberto Núñez Feijóo, destacou onte o compromiso do Goberno galego coa cadea mar-industria, cun investimento de máis de 100 millóns de euros desde 2016 para impulsar a competitividade das empresas de transformacións e apoiar ata 283 proxectos.

Logo de recordar que este ano a Administración autonómica destinará un orzamento de 19 millóns de euros para este mesmo fin, Feijóo aseverou que Galicia seguirá apoiando un sector estratéxico para a súa economía. Farao, expuxo, a través de estímulos ao consumo, con campañas de promoción dos produtos do mar, reforzando o sistema de trazabilidade que identifica a calidade e a orixe dos produtos ou fomentando a asistencia a feiras nacionais e internacionais.

Así mesmo, destacou a necesidade de impulsar iniciativas orientadas a reducir custes intensivos nas industrias como exencións de impostos ás inversións de autoabastecemento eléctrico. E, no eido da comercialización, confirmou unha achega global de 84 millóns de euros neste 2022 para o programa relacionado coa competitividade e mellora da calidade de produción pesqueira e acuicultura.

Durante unha visita á nova plataforma loxística de Frialia en Mos, o responsable do Executivo galego referiuse a estas novas instalacións como un exemplo de cooperación entre empresas –Pescapuerta, Pereira e Profand- que se unen conformando o maior almacenista frigorífico da Ría de Vigo. Tamén sinalou a alianza entre as Administracións e o emprendemento, destacando a implicación do Concello de Mos para atraer investimentos á comarca. E, no eido da Administración autonómica, referiuse á aprobación da Lei de Simplificación Administrativa e Reactivación e á Lei de Desenvolvemento de Áreas Empresariais, que se está a tramitar.

Feijóo aproveitou a súa intervención para salientar que a revisión da Política Pesqueira Común vai centrar as claves estratéxicas do futuro, tamén para a transformación dos produtos do mar e a loxística. Ao respecto, lembrou que Galicia conta cunha proposta consensuada co sector e farase escoitar para lograr un marco igualitario de xogo, ante unha industria tan globalizada.

A mostra “Sabores e aromas de Sefarad. Os segredos da gastronomía xudeu-española” exponse en Tui

0

A Sala Municipal de Exposicións de Tui acolle até o xoves, 24 de marzo, a exposición “Sabores e Aromas de Sefarad. Os segredos da gastronomía xudeu-española” organizada pola Red de Juderías de España – Caminos de Sefarad e o Concello de Tui, que forma parte desta Red dende o pasado ano 2019.

A exposición, composta por 27 paneis explicativos acompañados de códigos QR que traducen e amplían o coñecemento a través da descarga de material didáctico, está enfocada no estudo dos costumes e comidas sefardíes, e foi concibida co obxectivo de difundir a cultura sefardí e rescatar o patrimonio intanxible que inspira a gastronomía xudeu-española.

A mostra, que rende homenaxe á muller xudía como transmisora da cultura e as tradicións gastronómicas, foi compilada e realizada por Javier Zafra, autor do libro homónimo editado pola Rede de Xudarías, e se mergulla no legado máis suculento da cultura sefardí por medio de apuntamentos históricos, achados gastronómicos e imaxes que contextualizan a cultura e a gastronomía xudeu-española.

Para o alcalde de Tui, Enrique Cabaleiro González, con esta exposición o concello tudense continúa traballando na súa aposta pola difusión do patrimonio xudeu que se conserva na nosa cidade e que enriquece e diversifica a oferta cultural e turística da nosa cidade. Esta exposición abre novas canles para incrementar a oferta de calidade da nosa cidade vinculada ao patrimonio xudeu que custodia a nosa cidade ao longo dos séculos.

“Sabores e Aromas de Sefarad. Os segredos da gastronomía xudeu-española” comezou a súa andaina en xuño de 2021 no Instituto Cervantes de Cracovia, e está previsto que se expoña nas cidades que integran a Rede de Juderías de España, así como noutras sedes internacionais do Instituto Cervantes.

As paradas de transporte escolar de Ponteareas contan con novas marquesiñas

Ponteareas xa conta con novas marquesiñas para sinalizar as diferentes paradas de transporte escolar da vila. O Concello procedeu á colocación destas instalacións e de mobiliario en diferentes puntos do municipio, todas con laterais de vidro e bancos, cun deseño práctico e funcional para “delimitar as paradas e ofrecer un maior confort ás persoas usuarias”, salienta a alcaldesa, Cristina Fernández Davila.

Estas novas marquesiñas colocáronse en Rañe, na parroquia de Moreira; en Rocha, en Parada; en Santa Leocadia, en Guillade; e no Alto da Gloria, en Fontenla. Ademais completouse a súa instalación coa colocación de indicadores para localizar as escolas unitarias do rural, como as de Parada e Portela en Xinzo e as de Moreira, Ribadetea, Pías e Areas.

Dende o Concello estase traballando para dar resposta ás demandas da veciñanza, tanto na zona urbana como no rural, e estas marquesiñas eran unha prioridade, xa que ata o momento “non se dispoñía dun espazo cuberto que permitira que os usuarios e usuarias puideran resgardarse e protexerse das inclemencias do tempo e que servira ao tempo de sinalización”, explica a rexedora, que destacou que “continuaremos redobrando esforzos para atender tamén outras peticións veciñais relacionadas co transporte público”.

A colocación destas marquesiñas supuxo un investimento de case 19.000 euros subvencionados ao abeiro do Plan Concellos 2020 da Deputación de Pontevedra.

Máis de 400 nenos participarán nos contacontos ilustrados dedicados a Ernestina Otero en Redondela

0

O Concello de Redondela, do Servizo de Normalización Lingüística dependente da Concellería que xestiona a alcaldesa Digna Rivas, vén de poñer en marcha unha serie de contacontos ilustrados de cara a poñer en valor a figura de Ernestina Otero.

Serán, en total, máis de 400 os escolares, de oito centros educativos redondeláns, os que participen nesta iniciativa na que, ademais, cada un dos alumnos levará para a súa casa o libro infantil «Semente de igualdade, semente de liberdade. Pequena biografía de Ernestina Otero» de Enrique Mauricio con ilustracións de Carlos Taboada, dedicado á figura da insigne mestra e pedagoga.

Logo de desenvolverse no EEI de Ventosela; no CEIP Bóveda e no CEIP Reboreda, a actividade continuaba hoxe luns, 7 de marzo, no EEI Cesantes para continuar o martes 8 ás 10 horas e 12 horas no CEIP Cedeira, o xoves 10 ás 10 horas e 12 horas no CEIP Quintela e o venres 11 ás 10 h e 12 horas no CEIP Porto Cabeiro.

Xa na seguinte semana, os contacontos ilustrados continuarán o seu ciclo cos que se levarán a cabo o luns 14 ás 10 h no CEIP Bóvedas e ás 12:30 horas no EEI Cesantes e, finalmente, o martes 15 ás 10 h e 12 horas no CEIP Outeiro das Penas.

A alcaldesa de Redondela e concelleira de Normalización Lingüística, Digna Rivas, subliñou a importancia de car a coñecer entre o alumnado a figura dunha mestra e pedagoga “que é un exemplo a seguir polas prácticas innovadoras que utilizou no eido da educación”. Non se pode esquecer que foi a impulsora da asistencia á escola, os dereitos das mulleres e a renovación do profesorado “conseguindo poñer a semente para unha xeración preparada para a liberdade”, apunta a alcaldesa redondelá.

A Concellería de Igualdade de Baiona presenta a terceira edición da “Primavera Lila”

0

O Multiusos Mercado de Sabarís acolleu o acto de presentación da Primavera Lila, a programación deseñada pola Concellería de Igualdade do Concello de Baiona e a dirección do CIM con motivo do 8 M, Día Internacional da Muller.

Na presentación a concelleira de Igualdade, Yasmina Moreira Costas, deu a coñecer as novas actividades que se idearon para a programación deste ano.

Entre os meses de marzo e maio levaranse a cabo toda unha serie de actividades que foran parte dunha programación que co 8 de marzo como escenario, a concelleira, lembra “a importancia que ten traballar a diario en favor da igualdade en base a políticas que ofrezan respaldo a mulleres como as que se recollen no Plan Municipal de Igualdade de Oportunidades de mulleres e homes do Concello de Baiona 2019-2023.” Accións que sexan tamén extensivas a toda a cidadanía porque “ a igualdade é cousa de toda unha sociedade” e é preciso traballar en conxunto con estratexias que abarquen a todas as idades e colectivos, con accións específicas para cada sector “e que todas teñan un fío condutor, unha sociedade comprometida coa igualdade”, sinala Moreira Costas.

Por iso, desenvolveranse diversas actividades cuxo obxectivo xeral é promover a consecución da igualdade real e efectiva entre as mulleres e os homes no ámbito escolar e cultural e previr a violencia de xénero.

Aplicando a transversalidade de xénero, sen limitarse a un so contexto ou plano de actuación, para traballar na sensibilización en Igualdade e a prevención da violencia machista desde os distintos campos, a “Primavera Lila” integra toda unha serie de actividades enfocadas a distintos tipos de públicos.

Mañá, 8M, o CEIP Belesar ás 10:30h e o CEP Sabarís, ás 13:00h, acollerán o contactontos “Cores e persoas”.  O venres, 11 de marzo, ás 19:30h no Centro Multiusos de Sabarís, o doutorando Víctor Miguel Fernández, Máster en Dirección Internacional de Turismo, ofrecerá unha conferencia que ten por título “Fálame delas. Mulleres na historia do turismo de Baiona”.

O sábado 12 de marzo, ás 20:00h no Auditorio V Centenario terá lugar a representación teatral “Invisibles” e o domingo, 13, ás 18:00h no Centro Multiusos Sabarís representarase para o público infantil “A nena que quería navegar”.

No mes de abril, o 2 e o 3, porase en marcha o proxecto “Elas emprende”, galería de propostos.  O sábado 9 de abril realizarase  un”escape room” de igualdade e prevención da violencia de xénero polo Casco Vello de Baiona baixo o título “Rexeita o Maltrato”. O 23 de marzo no Centro Multiusos Mercado de Sabarís proxectarase para o público infantil “Valentina” e dobre sesión ás 17:00h e ás 19:00h.

Xa no mes de maio poderase desfrutar da exposición “Primeiras xornalistas” do 10 ao 20 de maio no salón de actos do CPI Cova Terreña.

A Xunta destaca o seu compromiso cos servizos educativos de Salvaterra de Miño

A Xunta de Galicia reforza as infraestruturas educativas no concello de Salvaterra de Miño cun investimento de preto de 1,4M€ en dous anos no colexio Felipe de Borbón e no instituto de Salvaterra. Trátase de “dúas actuacións de envergadura”, tal e como destacou esta mañá o conselleiro de Cultura, Educación e Universidade, Román Rodríguez, nunha visita a ambos centros na que estivo acompañado da delegada territorial da Xunta en Vigo, Marta Fernández-Tapias.

O titular de Educación do Goberno galego achegouse ao instituto de Salvaterra de Miño para comprobar as obras de ampliación deste centro, que supuxeron unha inxección de 553.000€ dos orzamentos das arcas autonómicas. Neste caso a actuación levada a cabo supuxo adecuar un espazo de 244m² para aula-taller e, deste xeito, atender as necesidades para os ciclos formativos da familia de carpintaría e moble.

En palabras do conselleiro, esta actuación supón “unha importante mellora para o alumnado” posto que desde o pasado novembro “os rapaces que estudan o ciclo formativo de Madeira, moble e cortiza poden realizar as clases prácticas nas instalacións do propio centro, sen necesidade de desprazamento ata unha nave do polígono, como viñan facendo ata o de agora”.

Román Rodríguez subliñou que a ampliación dos talleres responde á aposta do Goberno galego polo impulso das ensinanzas de Formación Profesional, coa dotación de infraestruturas “modernas e innovadoras que, xunto coa implicación dos docentes, garanten unha formación académica que destaca pola súa calidade, recoñecida no conxunto de España”.

A actuación completouse con obras complementarias de mellora da accesibilidade -coa dotación de rampas de acceso-, zona de vestíbulo e pavimentación do adoquinado.

CEIP Plurilingüe Infante Felipe de Borbón

Eficiencia enerxética no colexio Infante Felipe de Borbón

Previamente Román Rodríguez visitou o CEIP Plurilingüe Infante Felipe de Borbón, onde a Xunta vén de iniciar o pasado mes de xaneiro unha obra de rehabilitación integral do centro que supón un investimento de 843.000€.

Segundo explicou, o máis destacado desta intervención é a parte de mellora da eficiencia enerxética que abrangue o illamento térmico das fachadas do edificio e a substitución das carpintarías exteriores, das portas interiores e das luminarias. Así mesmo substituirase o actual equipo de gasóleo por outro térmico de biomasa “moito máis eficiente e con capacidade para dar servizo aos dous edificios que compoñen o centro”.

A intervención completarase coa instalación de novos falsos teitos, pulición do pavimento de terrazo e reformas nos aseos. Así mesmo mellorarase a accesibilidade ao edificio coa instalación dun ascensor de dobre carga e habilitarase un novo porche na entrada do edificio principal. Esta mellora integral, cuxas obras está previsto rematar a finais de curso, engádese ao novo patio cuberto exterior co que se dotou o centro cunha inversión de preto de 44.000€ por parte da Consellería.

Plan de Nova Arquitectura Pedagóxica

Román Rodríguez salientou que esta actuación, ao igual ca do instituto, estase a desenvolver de acordo coas indicacións establecidas no Plan de Nova Arquitectura Pedagóxica, que é a folla de ruta do Goberno galego para adecuar os centros educativos ás novas necesidades tras a pandemia, e que conta cun orzamento de 191M€ para o período 2021-2024.

Segundo o conselleiro, avánzase así no obxectivo de deseñar un novo modelo de escolas “onde a arquitectura estea ao servizo das necesidades académicas”, con espazos flexibles, adaptados a calquera circunstancia, equipados e cómodos, dando resposta ás novas necesidades educativas, sanitarias e tecnolóxicas e tendo en conta os retos de sostenibilidade.

A Xunta anuncia os inicios dos traballos que reforzarán os usos museísticos da Catedral de Tui

0

O conselleiro de Cultura, Educación e Universidade, Román Rodríguez, visitou hoxe a Catedral de Tui onde anunciou o inicio das primeiras actuacións previstas no Plan Catedrais 2021-2027, a folla de ruta que a Xunta ten en marcha nos grandes templos catedralicios para que afronten a década xacobea nas mellores condicións. En concreto, explicou que nos vindeiros días darán comezo as obras de mellora da accesibilidade, rehabilitación de cubertas do claustro e da edificación para os usos museísticos exteriores e interiores do Pazo Episcopal, incluíndo a instalación de postos de información, aseos exteriores e terrazas.

No acto, que contou coa presenza do bispo da diócese de Tui-Vigo, monseñor Luis Quinteiro Fiuza e no que estivo acompañado pola directora xeral de Patrimonio Cultural, María del Carmen Martínez Ínsua, o titular de Cultura da Xunta sinalou que se trata dunha primeira actuación clave que afianza os pasos dados neste templo para acreditar o seu valor singular. Contan cun investimento global de 675.460 euros e están asociados á iniciativa do 1,5% cultural do Ministerio de Transportes y Agenda Urbana. “A Xunta e Igrexa achegamos a contía que non é financiada polo Estado, posibilitando deste xeito a súa posta en marcha”, expresou.

É a primeira das actuacións previstas na basílica de Tui, onde a Xunta destinará 9,4 millóns de euros no marco do Plan Catedrais. “Trátase dunha folla de ruta estratéxica, que, ao igual que estamos a facer noutras catedrais galegas, permitiranos revalorizar, impulsar e divulgar o papel deste templo, que ten no seu pórtico unha das primeiras manifestacións do gótico da historia de Galicia”, engadiu Román Rodríguez.

Neste sentido, recordou que para a posta en marcha deste Plan, a Xunta tomou como punto de partida a restauración da Catedral de Santiago, que cualificou como un “éxito de todos”, polo que apelou á colaboración de todas as administracións implicadas para seguir sumando vontades á hora de revalorizar tamén o resto de templos.

Ademais dos traballos anunciados hoxe, o Plan Catedrais inclúe para os vindeiros anos outros traballos como a posta en marcha dun proxecto museográfico, a restauración do claustro e da fachada norte, a consolidación e restauración do Pórtico así como melloras na Capela de San Andrés e na sancristía, entre outras accións.

Máis de 60 actuacións en todos os templos

Todos estes traballos están incluídos na estratexia autonómica de mellora e conservación do patrimonio que garante a súa preservación para as xeracións futuras. En concreto, a Xunta incrementa un 23% o investimento este ano no patrimonio.

En total, o Plan Catedrais, dotado con 38M€, recolle mais de 60 actuacións para asegurar a debida salvagarda e recoñecemento das catedrais de Tui, Mondoñedo, Lugo e Ourense, da antiga catedral de San Martiño de Mondoñedo en Foz e das concatedrais de San Xiao de Ferrol e de Santa María de Vigo.

A Deputación arranca o 8M reivindicando a axenda da paridade

A descuberta das pancartas co lema que a Deputación segue este ano no 8M, “Feminismo é conseguir a axenda da paridade”, no Pazo Provincial e na Sede de Vigo vén de dar inicio á intensa programación da institución provincial para todo este mes de marzo. A presidenta, Carmela Silva, acompañada de deputadas e deputados provinciais, protagonizou o acto desenvolvido desde a balconada e a escalinata do Pazo Provincial e reivindicou a recuperación da axenda da paridade e a abolición da prostitución como “cuestións irrenunciables” nesta data, amais de ter un especial recordo ás mulleres ucraínas, “que deben ter unha atención especial porque son as que máis están a sufrir a invasión”. Amais, tanto a sede de Pontevedra como a de Vigo tinguiranse esta noite de cor malva para conmemorar o Día Internacional da Muller, “enchendo de igualdade toda a pedra dos dous edificios provinciais”.

A porta central do Pazo Provincial e a fachada da sede viguesa locen xa paneladas tamén coa “potente” imaxe da campaña do 8M, deseñada pola creativa Anabel Domínguez., na que xunto ao lema amósase a mulleres de distintas idades, desde nenas a maiores, desde unha posición “de fortaleza e empoderamento para loitar contra as discriminacións, sometementos e desigualdades que padecemos as mulleres e defendendo a axenda da paridade”. Carmela Silva lembrou que este é o eixo este ano, “porque temos avanzado moito nos últimos cen anos, pero seguimos infrarrrepresentadas en todos os eidos, na cultura, na empresa, na política, na ciencia…”. “E queremos dicir –engadiu a presidenta- que ata aquí chegamos, que nós esiximos ocupar a metade de todo. Iso significa que os homes teñen que renunciar aos seus privilexios para que nós poidamos ocupar o 50% de todas as actividades humanas. Quixemos que esta reivindicación estivera no centro do Pazo Provincial, ben visible para amosar cales son as nosas demandas”.

Os actos centrais no 8M

As sedes da Deputación en Pontevedra e Vigo volverán ser escenario este martes dos actos centrais do 8M, protagonizados polas creadoras Sue Moreno e Mariana Sellanes respectivamente. En Pontevedra, ás 11 horas, a artista e trapecista Sue Moreno representará a acción “4.0”, na que  combina acrobacias aéreas, teatro, danza e canción en directo, sen esquecer o humor, para abordar temas como a corresponsabilidade e a desigualdade.  Pola tarde, ás 17.00 horas, as paredes da Sala Rosalía de Castro da sede en Vigo amosarán a instalación artística titulada “Las Locas. A nosa historia emocional acubíllanos” que é froito dunha acción participativa na que mulleres de colectivos de Vigo crearon conxuntamente unha enorme manta “cobija” tipo patchwork. O acto contará coa actuación musical do dúo As Lembranzas, e no mesmo proxectarase un vídeo sobre o proceso de creación desta manta.

Abolición da prostitución

Doutra banda, as mulleres do gabinete do Goberno provincial pararán mañá e a Deputación apoiará as manifestacións que se celebren reivindicando a abolición da prostitución, así como dos ventres de alugueiro. Neste eido, Carmela Silva, anunciou que a institución estará presente para esixir “ben alto” unha lei “para abolir a prostitución con toda a claridade”. “Non podemos esperar máis –afirmou-. O mundo local non ten capacidade  lexislativa, pero temos que ser unha voz que reclame porque temos unha posición clara. A Deputación de Pontevedra e o Goberno da Deputación de Pontevedra ten moi claro que somos abolicionistas e esiximos aos poderes que teñen capacidade para lexislar que se aprobe esa lei. É importante ter unha posición, é moi importante, dixo. Espero que máis pronto que tarde que nesta lexislatura se aprobe esa lei como se ten comprometido”.

Mención especial ás mulleres de Ucraína

A presidenta tamén tivo un especial recordo para as mulleres ucraínas, para as que reclamou “unha atención especial con todos os recursos necesarios” por parte das autoridades europeas, “porque son as que máis están a sufrir a invasión”. “Vémolas todos os días –lamentou- como foxen coas súas fillas e fillos, con persoas maiores, abandonando a súa vida, o seu fogar e levando de novo a carga da vida sobre as súas costas. Iso acontece coas guerras. Cando hai guerras quen máis as padece somos nós, as mulleres. Despois da Segunda Guerra Mundial ou na guerra de Iugoslavia as mulleres foron violadas,  violentadas e foron usadas como elementos para danar o adversario. Creo que sería intolerable non falar hoxe das mulleres de Ucraína, que deben ter unha posición central na toma de decisións”.

Ponteareas continúa dándolle pulo á administración electrónica

O Concello de Ponteareas e a Deputación de Pontevedra veñen de ampliar o convenio de colaboración para a posta en marcha e mantemento da Plataforma de Administración Electrónica, que aglutina ferramentas que permiten á veciñanza realizar os seus trámites co Concello de xeito telemático e ao persoal da administración confeccionar os expedientes sen o uso de papel. “Continuamos traballando para converter ao Concello nunha administración integramente electrónica que permite mellorar a súa eficacia e eficiencia, mellorar a atención e o servizo á cidadanía e favorecer a inmediatez e transparencia na xestión interna”, salienta o concelleiro de Novas Tecnoloxías, Benito Márquez. 

A implantación da Administración Electrónica supuxo importantes vantaxes para a veciñanza, como a aparición do taboleiro de anuncios electrónicos, onde consultar de forma telemática os anuncios de materias de competencia municipal como de outras administracións públicas, ou do módulo de Inscricións, que permite a calquera persoa inscribirse de forma telemática en calquera actividade que organice o Concello sen ter que desprazarse ata dependencias municipais.

Por outra banda, este sistema facilitou tamén a organización, control e xestión de expedientes, permitindo ao concello ter organizada a actividade administrativa, co máximo rigor xurídico e reducindo os tempos e prazos de tramitación de expedientes. “Neste ano de experiencia comprobamos o grande avance que supuxo para o Concello, xa que nos deu maior seguridade aos procedementos administrativos e maior axilidade na resolución”, salienta o edil. Tras a adhesión á I Addenda o convenio estará en vigor ata o 10 de marzo de 2023.

Salceda programa numerosos actos para conmemorar o Día da Muller

A concelleira de Igualdade e tenenta de alcaldía, Loli Castiñeira, vén de presentar a programación que dende o Concello se pon en marcha para conmemorar o 8M, Día Internacional da Muller, nunha nova mostra da aposta firme que se está a facer pola defensa dos dereitos das mulleres.

Os actos comezarán hoxe luns 7 coa apertura da exposición das 14 fotografías do concurso “Salceda contra a violencia de xénero” que se celebrou no mes de novembro, do cal resultou ganadora a imaxe “Berrarlle na cara ó medo” de Nuria Pampín, e que se poderá visitar ata final de mes na sala polivalente da Casa da Cultura Castelao, na Praza do Concello. Este mesmo luns ás 17:30 celebrarase no Auditorio Municipal o contacontos “A Cabaleira” de Medievándalos, unha actividade que racha cos estereotipos de xénero e que vai dirixida a público familiar, involucrando tamén deste xeito aos nenos e nenas nos actos do día da muller.

O propio día 8 terá lugar a concentración diante do Concello ás 12:30, na que se leerá un manifesto, e na que participará alumnado do CEP Altamira e do IES Pedras Rubias. Ademais durante toda a semana a fachada do Concello permanecerá iluminada en cor morada para conmemorar a data.

Para completar os actros, nos vindeiros días presentarase no IES Pedras Rubias o libro “Galegas na ciencia” de Isabel Blanco, libro do cal o Concello de Salceda é unha das entidades colaboradoras, que recolle as biografías de vinte galegas que abriron as portas da ciencia vencendo obstáculos e, en ocasións, burlas e desprezos, e deron paso a milleiros de mulleres.

Con todos estes actos Loli Castiñeira, Concelleira de Igualdade quere visibilizar unha vez máis a loita firme do Concello de Salceda por acadar a igualdade real entre homes e mulleres: “Agardamos que chegue o día en que este tipo de actos reivindicativos non sexan precisos porque se teñan alcanzado os obxectivos de igualdade real, mais polo de agora faise máis necesario que nunca berrar ben forte a prol da defensa dos dereitos das mulleres, en Salceda, en Galicia, e no mundo enteiro. Por nós non vai quedar”.

Verónica Tourón alcaldesa: “Para o concello de Salceda é moi importante lembrar nesta data do 8M todo o que aínda queda por facer para acadar a igualdade real para ás mulleres, todo o que queda por loitar para erradicar a violencia contra elas e o machismo que aínda pervive en moitos eidos da nosa sociedade, en definitiva este é un día para reivindicar e non esquencer todo o que representamos as mulleres”.

O CN Ponteareas salienta no Campionato de España de natación

Do 3 ao 6 de marzo a cidade de Pontevedra acolleu o campionato de España de natación na categoría máster.

Un evento multitudinario ao que acudiron máis de 1200 deportistas de 161 clubs de toda a xeografía nacional. Cifras que dan unha idea da repercusión do ebento non só a nivel deportivo, senón tamén a nivel económico e de promoción  turística.

O equipo Máster do CNPonteareas aproveitou a celebración desta proba en Galiza para desprazar a un nutrido equipo ata a piscina Rías do sur.

Os resultados individuais foron en xeral moi salientables, con moitas mellores marcas persoais e varias medallas (2 ouros, 4 pratas e 9 bronces) para os nadadores e nadadoras do equipo do condado, moitos dos cales debutaban nunha proba de carácter nacional.

A nivel xeral, moitos récords nacionais e algún record europeo tamén foron mellorados, o que amosa o elevado nivel deportivo nos 4 días de competición. Na clasificación conxunta o equipo campión foi o CN Jerez máster.

Balance final nas clasificacións para o equipo ponteareán:

  • Conxunta, 16a posición (1er equipo galego)
  • Masculino, 23a posición
  • Feminino, as nadadoras entran no top ten cun 8° posto

Bos resultados para continuar coa tempada e afrontar, en dúas semanas, o campionato galego máster de longa distancia.

[su_image_carousel source=”media: 54495,54497,54498,54494,54493,54499″ crop=”5:4″ link=”lightbox” autoplay=”0″]

O Auditorio Municipal Lois Tobío levanta o pano ao programa de “Gondocultura primavera”

0

O Concello de Gondomar, a través da súa Concellería de Cultura, inaugurará esta semana a programación Gondocultura primavera, que dedica de forma íntegra á arte escénica do teatro, subindo ás táboas do Auditorio Lois Tobío representacións de grupos galegos, nacionais e afeccionados como son os integrantes da aula de teatro municipal de Gondomar.

Comedia, memoria histórica o crítica social no programa

O pano abrirase o vindeiro venres 13 de marzo coa coprodución entre Aporía Escénica e Olivas Negras, na que será a súa segunda función tras a estrea. Chegan con “A familia real” onde se abordan cales son as dificultades e desafíos que se nos presentan como nais e pais.
Coa representación Quen dixo medo? e Rede Güija, debutarán no programa de Gondocultura os integrantes das aulas municipais de teatro de Gondomar o día 20 de marzo.

A memoria histórica chegará da man de Inversa Teatro e a súa obra “O péndulo”, promovida pola Deputación Provincial e que se poderá ver o 26 de marzo. E ao día seguinte, 27 de marzo, será a quenda para “As que limpan”, unha produción de
A Panadería que vén apoiada por moi boas críticas e que non deixarán indiferente ao público que asista a vela.

Teatro en vilo poñerá en escena “Hoy puede ser mi gran noche”, o 02 de abril, ofrecendo ao espectador unha festa teatral, “unha peza cómica e musical”; pola súa banda a compañía nacional Impromadrid representará en Gondomar a obra “Porvenir” o 09 de abril e, a programación para adultos pecharase coa representación de Hotel Europa o 30 de abril.
Como cada edición sempre se pensa no público familiar a quen se dirixe fundamentalmente a obra “O CUBO”, que se representará o 24 de abril.

Localidades

As entradas estarán dispoñibles para todos os interesados e interesadas no despacho de billetes electrónico https://taquilla.concellodegondomar.gal onde se ofrece máis datos sobre as obras de teatro, o horario e o prezo.

A Deputación mellorará a seguridade viaria da EP-2502 Cerquido-Ribadelouro en Tui

A Xunta de Goberno da Deputación de Pontevedra vén de aprobar o expediente de contratación para abordar as obras de mellora da seguridade viaria da EP-2502 Cerquido-Ribadelouro, no concello de Tui, nas que se investirá un orzamento de preto de medio millón de euros (468.243 €), do que a institución provincial asumirá o 70% (327.770€) e o Concello o restante 30% (140.473€) . O proxecto enmárcase no modelo da mobilidade amable e segura da institución provincial, no que se prima a seguridade e protección dos colectivos máis vulnerables, peóns/as, ciclistas e persoas con mobilidade reducida, de xeito que, como destacou a presidenta provincial, Carmela Silva, “este proxecto vai supoñer unha importante transformación nun lugar onde vive moita xente que vai recuperar espazo público”.

En concreto, a actuación, que se desenvolverá entre os pq1+950 e 2+150 desta estrada, permitirá a creación dunha nova zona de convivencia con preferencia peonil na contorna do Centro Cultural e da Igrexa de Santa Comba, moi concorrida. Amais, acondicionarase o viario municipal que a cruza neste punto para recoller o tráfico dos vehículos que se desviarán coa peonalización, mellorando así mesmo o trazado existente ao ampliar o radio das curvas máis pechadas, e co deseño dunha beirarrúa máis ancha que a existente para separar o tráfico peonil. As obras completaranse coa renovación da iluminación e recollida das pluviais, e incorporaranse elementos redutores de velocidade. Os traballos comprenden así uns 200 metros de zona de tráfico peonil, e uns 300 de viario municipal con senda.

Máis polo miúdo, a mellora da mobilidade peonil acadarase mediante as obras de demolición do viario EP-2502 na zona de actuación, para peonalizar o ámbito, así como das beirarrúas e parte da sección da calzada necesaria para a ampliación da senda no caso do viario municipal. Executarase o pavimento da nova ordenación deseñada, que combinará formigón con lousas de pedra na zona peonil, e  no viario municipal senda de formigón coloreado. Amais, abordarase o reforzo do firme da calzada no viario municipal mediante fresado e reposición de la capa de rodadura e as obras contemplan a reinstalación da sinalización vertical e horizontal adaptada á nova ordenación do ámbito, así como a instalación de mobiliario: bancos, arborado e bolardos, para acondicionar a contorna. A mellora completarase coa execución dos servizos urbanos necesarios, que inclúen o soterramento do alumeado, rede eléctrica e de telecomunicacións.

SmartPeme imparte catro obradoiros esta semana

A Deputación de Pontevedra, a través de SmartPeme, oferta esta semana catro novas accións formativas impartidas de xeito online, enmarcadas na carteira de obradoiros que se imparten de forma telemática. As accións tratarán temas como o blockchain, a elección de palabras clave para SEO e SEM ou a edición de fotografías.

As actividades comezarán o martes 8 cun obradoiro titulado “Aprende a elixir as palabras clave para a túa estratexia SEO e SEM” no que Laura Carrera, graduada en Publicidade e Relacións Públicas, falará da importancia do posicionamento na rede e as palabras chave.

Para o mércores 9 hai programados dous talleres. Co primeiro deles, titulado “Blockchain, metaverso” Manuel Freire, experto universitario en robótica, pecha o ciclo de obradoiros informativos sobre a tecnoloxía blockchain falando do metaverso, como se intúe que será, para que vai servir e o seu estado actual. O outro taller programado para este día versará sobre os “Motores de reservas para empresas turísticas” e nel Sonia Torres, técnica en Empresas e Actividades Turísticas, explicará que é un motor de reserva e un channel manager. Ademais, dará a coñecer as vantaxes de dispor dun sistema de reservas e dispoñibilidade online para o sector turístico aportando exemplos. Os obradoiros rematarán o xoves 10 cun taller completamente práctico impartido por Lara Taboada, titulada superior en Ensinos Artísticos e de Deseño Gráfico. Baixo o título de “Edita as túas fotografías co teu teléfono móbil: Snapseed” as persoas asistentes coñecerán de preto unha ferramenta de edición fotográfica con múltiples posibilidades.

A Guarda despide o Entroido 2022 cun multitudinario e colorido Desfile

0

Tras a obrigada interrupción do ano 2021 pola pandemia da Covid-19, A Guarda retomou este ano a programación de Entroido, que finalizou este domingo co Desfile de Carrozas, Comparsas e Grupos.

Na Alameda da Guarda sucedéronse cada día actividades de corte sinxelo, que buscaron fuxir de aglomeracións sen deixar de achegarnos a música e o humor como ingredientes principais do Entroido.

Reservouse tamén un espazo para o tradicional baile de entroido cunha proposta moi especial, o espectáculo ENTROIDANZAS que da man da compañía Pesdelán fixo un percorrido polas músicas e danzas de Entroido de todo o mundo.

Para pechar a programación este domingo tivo lugar un multitudinario Desfile de Entroido no que participaron máis de 300 persoas nas diferentes comparsas e grupos, aprazado pola climatoloxía adversa do martes día 1 e que saíu coma todos os anos dende a Esquina Famosa ás 17:30h da tarde cunha compensación económica fixa para os dezaseis primeiros participantes nas categorías de Carrozas, Comparsas ou Grupos.

Este ano, no Desfile de Entroido, contouse coas comparsas Fuscastrexos, Queen, Georgie Dann, Vikingos Valhala, Queimando Roda, Parodia Sanitaria, Ldanzteka, a Fábrica de xoguetes, Misturando Raíces, A nosa terra, Os da Foz e o grupo A segunda niñez.

Baiona realiza recollidas solidarias para Ucraína

0

O Concello de Baiona, en colaboración coa ONG “AYUDA AL MUNDO NECESITADO”, pon en marcha desde hoxe luns día 7, e ata o día 12 deste mes, a recollida anunciada dunha serie de artigos de neecesidade para Ucraína: alimentos non perecedoiros, medicamentos precintados (con data sen caducar), roupa de abrigo (incluídas mantas ou edredones) en perfecto estado.

Rógase, que a roupa solicitada estea en óptimas condicións de hixiene.

Así mesmo, faise un chamamento a quen poida doar caixas de cartón e cinta adhesiva para posterior embalaxe.

O horario de recollida na sede da ONG (Praza de abastos de Baiona, Camiño  Entrehortas, 3ª Planta) será o seguinte:

  • Luns, martes, xoves, venres e sábado de 16:00 horas a 19:00 horas.
  • Mércores de 8:00 a 12_00 horas e de 16:00 a 19:00 horas.

Ao mesmo tempo, e por realizar a recollida coa mellor organización sen interferir á veciñanza, o a lcalde da vila, Carlos Gómez, solicita de todas as persoas que queiran colaborar tenten ser o máis precisas e ordenadas na súa disposición.

Agradece, a vontade de toda a veciñanza na solidariedade manifestada.

O Concello de Baiona subscribiu a súa colaboración para a acollida e prestar axuda humanitaria ás familias procedentes de Ucraína tras formalizar a súa inclusión no programa coordinado pola Federación Galega de Municipios e Provincias (FEGAMP) en colaboración coa Secretaría de Estado de Migracións do Ministerio de Inclusión Social, Seguridade Social e Migracións .

Un domingo por Monção

Llego con una semana de retraso, pero llego. El mes de febrero se me hizo demasiado corto y me fue imposible publicar el pasado domingo (buscar un disfraz de carnaval no fue tarea sencilla).

Si estás leyendo esto y justo te acabas de levantar, puede que el planazo que hoy te propongo sea tu salvación. ¿Conoces Monçao? Es un municipio ubicado en Portugal, muy cerca de la frontera con España y a escasos minutos de Salvaterra de Miño. ¿Por qué te lo digo? Porque hace dos findes decidí ir con tres amigas a pasar el día allí. Obviamente no madrugamos y, en vez de desayunar , decidimos ir a probar el brunch de Baluarte, un local chulísimo con una terraza espectacular en el que podéis desayunar, comer y cenar y, desde hace poco, los domingos tomar su delicioso brunch. Ese día tuvimos mucha suerte: brunch al sol y buena temperatura, ¿qué más se puede pedir?

Como una imagen vale más que mil palabras, aquí os dejo la muestra de lo que tomamos. Por cierto, si me buscáis en Instagram (@beasanfa), hoy he subido un reel en el que resumo esta jornada.

[su_image_carousel source=”media: 54463,54465,54466,54462″ crop=”5:4″ link=”lightbox” autoplay=”0″]

Después de tan delicioso festín, decidimos aprovechar la tarde para dar unha vuelta y visitar otras zonas de esta bonita villa.

Comenzamos recorriendo la muralla hasta llegar al paseo de madera que bordea el río y, desde allí, continuamos hasta llegar al “Parque das merendas”. Dimos por rematada la jornada, pero el sol, que ya empezaba a esconderse, pareció querer brindarnos como despedida un atardecer mágico bañado en tonos  rosados de esos que tanto me gustan. Nunca habíamos visitado esa zona y, la verdad, fue un trayecto de lo más agradable; añadiría que perfecto para hacer con niños o con vuestras mascotas.

Espero que disfrutéis de este domingo soleado, yo ya tengo en mente un sitio maravilloso para desayunar de esos que tanto me gustan.

¡Feliz domingo!

A inauguración de ‘Conquistadoras’ na Alameda Castelao abre a programación do 8M de Redondela

0

As caras e nomes das mulleres galegas que, co seu esforzo e traballo, abriron camiños antes pechados á muller e que loitaron por acadar unha sociedade máis xusta e igualitaria, adobían dende onte a Alameda Castelao agrupadas nunha nova edición da exposición ‘Conquistadoras’ que, cada ano incrementa o número de mulleres dignas de público recoñecemento.

Digna Rivas, que participou no programa que Onda Cero emitía en directo dende a propia Alameda Castelao presentado por Susana Pedreira, puxo en valor o papel desenvolvido polas mulleres ao longo da historia e que “na maioría dos casos, queda relegado a un segundo plano ou, o que é pior, cae no máis absoluto dos esquecementos e resulta descoñecido para a veciñanza”.

“Son a primeira alcaldesa na historia de Redondela, ao igual que Carmela Silva é a primeira muller presidenta da Deputación”, explicou Digna Rivas. “Sempre somos as primeiras porque, pouco a pouco, a base de moito traballo e sorteando todo tipo de obstáculos habituais no que sempre foi unha sociedade patriarcal, sempre hai unha muller que chega por primeira vez a una meta ou acada por primeira vez un logro”.

Dende esa perspectiva, engadiu a alcaldesa redondelá, “«Conquistadoras» amosa ás mulleres que foron ‘as primeiras’ en facer algo en tempos moito máis complexos que os de agora e foron quen de amosar que, realizar un traballo ou desenvolver unha tarefa, non é cuestión de sexo senón de capacidade”.

A cantante Guadi Galego, a artesá Elena Ferro, a directora e autora teatral Diana López, e o Promotor de Igualdade de Oportunidades e orfo de violencia machista, Joshua Mateo, participaron xunto á alcaldesa Digna Rivas no programa que Onda Cero emitía dende a Alameda Castelao. Precisamente Digna Rivas lembrou que “o tema «Matriarcas» de Guadi Galego é no que se basou a idea de Conquistadoras e presta unha marabillosa banda sonora á exposición”.

A rexedora agradecía tamén a presenza de Elena Ferro “que foi quen de levar a nosa artesanía a outro nivel e gañar o Premio Nacional de Artesanía e capaz de transformar un elemento identificador da cultura galega, como son os zocos, nun elemento de moda sen perder o seu significado” e de Diana López “que consigue, a través dos guións e dirección teatral, poñer foco de atención sobre temas que contribúen ao empoderamento da muller e a loita pola igualdade”.

Baiona xa goza da súa Arribada máis esperada

0

O Monumento “ Encontro entre Dous Mundos” acolleu o venres o acto oficial de apertura da XXVI Festa dá Arribada. Unha edición que será moi especial xa que se poderá celebrar despois de moito facerse esperar tras a Covid.

Nun enclave privilexiado co Oceáno Atlántico co pano de fondo Carlos Gómez, alcalde de Baiona, exerceu de anfitrión para destacar a importancia da cita nas relacións internacionais de España e América e a beleza da vila que #cativo a visitantes.

O rexedor baionés reivindicou que “Baiona esixe o seu lugar na historia con vocación aberta, asentada na súa historia pero vendo cara ao futuro”.

Así mesmo destacou que “o obxectivo deste equipo de traballo é que a Festa da Arribada non se limite a unha celebración de fin de semana e que sexa unha celebración cun maior valor cultural e histórico co fin de que a celebración non perda o significado co que se creou. Necesitamos divulgar a importancia histórica e cultural de nosa Villa e non só durante a festa. Que todas as persoas que nos visitan saiban, con só pisar Baiona, que non somos un pobo máis, que somos un pobo cunha historia única e que de aquí partiron as noticias que informaron o mundo da existencia dunha terra por coñecer. A festa da Arribada non é un evento do Concello, é un evento do pobo de Baiona, no que veciños e veciñas son parte fundamental. O son hoxe e fórono sempre. A Arribada nos enorgullece xa que é unha celebración que naceu, creceu e consolidouse grazas á unión, esforzo e traballo de todo un pobo”.

Na quenda de intervencións continuou en segundo lugar o alcalde de Santa Fe de la Vega de Granada, Manuel Alberto Gil Corral e seguiulle o Alcalde de Palos de la Frontera, Carmelo Romero Hernández.

Tamén estaba presente a presidenta da Deputación de Pontevedra, Carmela Silva, que seguiu coa súa discrurso ao dos alcaldes dos pobos irmán e pechou a quenda de intervencións o Vicepresidente da Xunta de Galicia, Alfonso Rueda Valenzuela.

O acto protocolario finalizou coa interpretación da Banda de Música de Baiona dos himnos de Andalucía, Galicia e España.

Ao acto tamén asistiron o delegado da Zona Franca de Vigo, David Regades; a directora de Turismo de Galicia, Nava Castro;os así como a práctica totalidade da Corporación Municipal baionesa e outros rexedores da comarca. Tamén unha ampla representación dos pobos irmáns da Real Villa.

Os festexos xa comezaron este venres coa apertura do Real Mercado Medieval á primeira hora da mañá e a inauguración de varias exposicións. Tamén houbo misa solemne e comezaron a funcionar os campamentos que recrean a Baiona do ano 1493, cando a carabela «A Pinta» chegou coas noticias do Novo Mundo.

O Concello de Tui porá dez vivendas municipais en Caldelas a dispor dos refuxiados ucraínos

0

Diante do desastre humanitario que significa o éxodo masivo de cidadáns ucraínos fuxindo da guerra e a destrución provocadas pola invasión rusa do seu país, o Concello de Tui mantivo hoxe unha primeira reunión para coordinar dende a institución municipal a axuda local á poboación ucraína.

O Concello de Tui respondendo a solicitude realizada dende a FEGMP ten posto a disposición as dez vivendas municipais que están baleiras en Caldelas. Amais dende o Concello, faise un chamamento á poboación que poida contar con vivendas baleiras para alugar que comuniquen a súa disposición.

Esta mañá nesta primeira reunión de coordinación participaron por parte do Concello os responsables das áreas de Servizos Sociais, Ismael Diz, de Educación e Cultura, Sonsoles Vicente, de Emprego e Formación, Ana Núñez, así coma as técnicas de Servizos Sociais Carmen González e Paula Guerreiro. Estiveron presentes a Inma Rodríguez Lago, responsable do centro de acollida de Tui, e Belén Arranz Núñez, coordinadora de programas de Diversidades Acolle Tui, Irene Arias, directora do Centro Sociocomunitario de Tui, Raquel Gómez en representación de SOS Tomiño Baixo Miño, Sor Josefina do Voluntariado da Caridade de San Vicente de Paúl, e Juan González, presidente de Protección Civil de Tui.

Para canalizar esta información, así coma todas aquelas axudas que se poidan ofrecer vén colaborando coma voluntarios, ou ben a través de medios materiais, a próxima semana porase a dispor da veciñanza un punto de información na casa do concello, no departamento de Servizos Sociais, no Centro Municipal de Formación e Emprego en Guillarei e habilitarase un formulario na web municipal.

Tendo en conta que a axuda que vai precisar a poboación ucraína vai ser prolongada no tempo e non puntual, acordouse celebrar estas reunións de coordinación con carácter semanal para ir avaliando as necesidades que poidan ir xurdindo.

A veciñanza de Tui sempre ten demostrado ser solidaria e ter unha gran capacidade de axuda e cooperación con aquelas persoas que máis o precisan. Nestes tempos escuros nos que a guerra nos pon a proba a todos, unha vez máis debemos ser quen de amosar a nosa faciana máis solidaria colaborando coas iniciativas que se poñan en marcha para axudar ao pobo de Ucraína que   tan difíciles momentos están a pasar,  nenos, anciáns, homes e mulleres  separados e separadas da seguridade do seu fogar precisan de nos agora e é agora cando debemos, podemos e temos que axudalos.

Unidade Móbil de inspección técnica de ciclomotores na Guarda en abril

0

A Unidade Móbil 9 de inspección técnica de CICLOMOTORES desplazarase ao Concello de A GUARDA nas seguintes datas e ubicacións:

  • do 25/04/2022 ao 25/04/2022 Estación de Servicio San Roque (A Guarda)

O horario de atención será de 9:00 a 13:30 pola mañá, e de 15:15 a 18:00 pola tarde.

Para solicitar cita previa:

  • Por teléfono: 902 30 90 00
  • A través da nosa páxina web: www.sycitv.com – Cita previa

NOTA: A admisión de vehículos con características particulares estará condicionada á posibilidade de realizar as operacións de inspección regulamentarias.

Alcaldes do Condado-Paradanta urxen á Xunta unha reunión para tratar a situación da Atención Primaria na comarca

As alcaldesas e alcaldes do Condado-Paradanta solicitan á Xunta manter unha reunión urxente para buscar solucións ante a situación que está a atravesar a Atención Primaria na comarca, onde a falta de persoal sanitario provoca un progresivo deterioro da atención sanitaria nos centros de saúde da contorna e, especialmente, en Ponteareas, onde radica o PAC de referencia de todo o territorio.

Por este motivo, a alcaldesa ponteareá, Cristina Fernández Davila; o rexedor das Neves, Xosé Manuel Rodríguez; o alcalde de Mondariz, Xosé Emilio Barros; o de Mondariz Balneario, José Antonio Lorenzo; o rexedor de Covelo, Juan Pablo Castillo; e a alcaldesa de Salvaterra de Miño, Marta Valcárcel, enviaron unha carta ao Conselleiro de Sanidade para pedirlle un encontro no que “expresarlle as circunstancias sanitarias coas que se atopan os nosos veciños e veciñas a diario, con milleiros de persoas sen asignación de médica ou médico de familia, nunha situación insostible e perigosa para a saúde”. 

Rexedores e rexedora lembran que, “a causa da limitación na taxa de reposición e de decisións orzamentarios, o persoal sanitario de Atención Primaria na nosa comarca foi mermando ano a ano”, o que derivou nunha falta de persoal e servizos que impide prestar unha correcta atención sanitaria á veciñanza. Na actualidade a situación empeorou, con servizos anulados ou reducidos “como consecuencia da falta de persoal, adaptándoos aos efectivos existentes, atendendo unicamente a demanda sanitaria máis imperiosa e urxente, deixando outras doenzas ou probas desatendidas ou aprazadas”, salientan. Piden ademais unha valoración urxente da situación crítica na que se atopan os centros de saúde dos municipios e o PAC de Ponteareas “para que se proceda de inmediato á incorporación de persoal sanitario, especialmente facultativos e facultativas, para contar coas prazas necesarias que garantan un servizo asistencial de calidade”.

O Plan ReacPon fai posibles as obras do centro social de Salceda

O Centro Social da Devesa será un edificio emblemático nunha contorna emblemática” afirmou a presidenta da Deputación, Carmela Silva, durante a sinatura do convenio para a reforma deste inmoble con cargo ao Plan Reacciona Pontevedra (ReacPon). A actuación, que ten un orzamento de 673.674 euros, dos que a Deputación achega directamente o 80% (538.939 euros) mentres o Concello asume o 20% restante, vén completar a transformación que xa realizou anteriormente  a Deputación no antigo Campo da Feira. A alcaldesa, Verónica Tourón, amosouse feliz de poder sacar adiante unha obra que ela mesma deseñou, ao comezo do mandato municipal como concelleira de Urbanismo. “Un espazo clave porque non só falamos da entrada á Salceda, senón da entrada por estrada a todo o Baixo Miño”.

Con este investimento o Concello remata unha operación urbana que xa comezou da man doutro plan extraordinario da Deputación, o  plan DepoRemse, que achegou outros 468.963 euros  para crear unha gran praza con parque para as nenas e nenos, así como o embelecemento do antigo campo da feira e a habilitación dun aparcamento de superficie.

Un edificio de 1962, convertido nun edificio do século XXI

Carmela Silva significou que o do Centro Social é un proxecto “moi ambicioso”. “Ten moito que ver coa aposta de Salceda por converterse nun pobo urbanisticamente moi fermoso, con servizos modernos e equipamentos con alta demanda”. “A Devesa refórzase como un núcleo central do pobo recuperando un edificio de 1962 e transformándoo nun edificio sociocultural do século XXI”, aplaudindo así a decisión municipal de reforzar os espazos para a cultura e a cohesión social. A presidenta tamén felicitou ao Concello por ter avanzado no expediente ata o punto de que o próximo luns darán comezo as obras. “Que ben funciona o mundo local!”, afirmou. Finalmente remarcou a “enorme felicidade de poder asinar un convenio así cunha muller que dirixe unha Administración pública con valentía”.

Verónica Tourón destacou o dinamismo social de Salceda de Caselas, que conta con 44 asociacións sociais, culturais e deportivas e remarcou que unha delas, a Asociación de Persoas Xubiladas, que conta con case 600 socios/as, será unha das usuarias principais do novo Centro Social, que cualificou como “unha peza fundamental para Salceda”. A alcaldesa subliñou que unha obra desta envergadura sería “moi difícil de afrontar con fondos propios”, polo que agradeceu a iniciativa provincial de ter convocado o plan ReacPon. “Agora poderemos sacar adiante unha obra que é unha aposta pola calidade enerxética, a sostibilidade e a accesibilidade, e todo elo a partir das condicións dun edificio de 1962”. Por todo elo, aproveitou para reclamar ao resto das Administracións un mellor financiamento municipal e que, ademais, se teñan en conta as especificidades dos concellos que están a piques de chegar aos 10.000 habitantes, soportando gastos sen recibir ingresos ordinarios suficientes.

A actuación

A modernización do Centro Social de A Devesa comezará co baleirado integral do interior, deixando só os muros e a estrutura en pé. A partir de aí, a vella arquitectura dará paso a un interior accesible, máis saudable e concibido para o aforro enerxético. Crearase un vestíbulo principal no andar baixo para acceder con comodidade a un pequeno auditorio e unha zona de exposición exterior, ademais do almacén, sala de xuntas, cafetería, aseos.

Ademais, dotarase ao inmoble de ascensor para eliminar as barreiras arquitectónicas ata o primeiro andar, onde haberá outra sala de xuntas, salas para o uso das asociacións e aseos. Ademais, renovaranse tódalas instalacións térmicas e a envolvente térmica será cambiada actuando no forxado baixo cuberta, nos trasdosados interiores, carpinterías exteriores e tamén baixo o futuro solado. Sobre a cuberta, que tamén será completamente renovada, instalaranse paneis fotovoltaicos para reducir a dependencia enerxética. Por último filtrarase a radiación de gas radón cunha barreira de protección e unha soleira ventilada. A reforma conclúe coa mellora do acceso ao edificio e a instalación de expositores luminosos na fachada.

O CIM do Porriño atendeu preto de 600 consultas no 2021

O Centro de Información á Muller (CIM) do Porriño, ubicado  no Concello, atendeu o ano pasado un total 590 consultas, a maioría delas demandando atención psicolóxica e asesoramento xurídico en casos de violencia de xénero.

Poñendo o foco nas cifras destaca a atención ás vítimas de violencia machista que ascende a 189 consultas.  As referentes a atención psicolóxica foron 222, 30 as demandas de terapia psicolóxica, 57 as consultas sobre dereito de familia e dúas de orientación de emprego.

Cabe destacar estes datos son os que reflicte o informe estatístico autonómico, pendente de actualización que elevaría sensiblemente o número de consultas por cada usuaria.

Un servizo confidencial, personalizado e gratuíto

O Centro de Información á Muller ten como obxectivo favorecer e impulsar a participación da muller, en igualdade de condicións, na vida política, social e económica do Porriño.  O seu equipo está formado por unha asesora xurídica e un psicólogo que  realizan un importante labor como porta de entrada ás administracións para as mulleres en situación de vulnerabilidade, proporcionándolles asesoramento xurídico, atención psicolóxica e información en materia de recursos dispoñibles no ámbito territorial.

A entidade coordina diferentes actividades divulgativas dirixidas á promoción da igualdade e á eliminación da violencia machista.

Cabe destacar a atención especializada en casos de violencia machista, que proporciona ás vítimas asesoramento xurídico e psicolóxico (denuncias, ordes de afastamento  e protección, entre outros), xestión do aloxamento alternativo e dos recursos necesarios nestes casos, tramitación da teleasistencia para as vítimas, apoio psicolóxico e colaboración con outros servizos de intervención en casos de violencia contra a muller como a Garda Civil, as casas de acollida e outros servizos públicos. Tamén gardan unha estreita colaboración co corpo da Policía Local, que fai seguemento das vítimas de violencia de xénero, que actualmente ascenden a nove mulleres residentes no Porriño, protección á vítima, evitar a dobre vitimización e comunican os casos que nos que se interveñen.   

“É moi importante que as mulleres saiban que o servizo que se ofrece é totalmente gratuíto, personalizado e confidencial, e que se respecta en todo momento o anonimato e a súa vontade na busca de posibles solucións aos seus problemas”, explicou a concelleira de Igualdade, Carolina González.

No mesmo sentido se manifestou o alcalde, Alejandro Lorenzo, que animou “a todas aquelas mulleres que estean atravesando unha situación de vulnerabilidade a pedir axuda no CIM. Alí atoparán a un equipo de profesionais dispostos a axudalas e guialas na procura dunha saída ao problema que atravesan. Deben saber que non están soas”.

“Dereito a estar, dereito a aportar” lema do concello de Tui para conmemorar o 8M

0

O Concello de Tui ten en marcha un amplo programa de actividades para conmemorar o Día Internacional da Muller, 8M.  Unha programación especial que se suma á realizada ao longo do ano con actividades de xeito transversal con perspectiva de xénero coma se reflicte no III Plan de Igualdade de Oportunidades entre homes e mulleres.

A concelleira de Igualdade, Ana Núñez, presentou este mediodía publicamente os actos a realizar partindo da premisa de que “a loita pola igualdade de xénero e a prevención das violencias machistas é sen lugar a dúbidas a materia pendente desta sociedade e ten que estar presente durante os 365 días do ano, pois só de esta forma conseguiremos acadar unha igualdade real”.

Explicaba a concelleira que o obxectivo das actividades programadas para diferentes públicos é “reivindicar os dereitos das mulleres” para “continuar avanzando no camiño da concienciación e da sensibilización do xeito máis efectivo posible, sen descanso, sen retroceder nin un só paso do andado”.

Ana Núñez indicaba que o lema deste ano “Dereito a estar, dereito a achegar” é contundente e claro porque “temos dereito a ser, a estar e a que se recoñezan as nosas achegas”.

O programa previsto comezou xa onte xoves co ciclo “Xuntas Aprendemos” que continuará cada xoves deste mes de marzo na aula da UNED de Tui.

O próximo luns na fachada da casa do concello colocarase unha lona co lema do programa e iluminarase de cor morada.

O martes, 8 de marzo, Día Internacional da Muller, as actividades previstas realizaranse ao longo de toda a xornada. Ás 11 h na praza Praza da Inmaculada terá lugar a lectura da declaración institucional a cargo de traballadoras do Concello.

A continuación presentarase o roteiro turístico ilustrado “Camiñando con elas” que dará a coñecer a coñecer a vida e achega de diferentes mulleres de Tui que deixaron a súa pegada na historia local. Este roteiro, que contou con financiamento da Consellería de Política Lingüística da Xunta de Galicia, forma parte dun proxecto moito mais ambicioso que se presentará proximamente denominado “A Tui das mulleres. A historia non contada”. Un roteiro que o público poderá realizar de novo o domingo 20 ás 11 h previa inscrición na Oficina Municipal de Tui.  

Amais o martes 8 ás 17 h inaugurarase na Oficina de Turismo a exposición “Mulleres icónicas tecidas a ganchillo”. Presentarase recreacións de mulleres coma Amelia Earhart, a primeira muller en cruzar o Océano Atlántico en avión, Billie Holiday, Cleopatra, Florence Nightingale, Greta Thunberg, a escritora Jane Austen, Malala Yousafzai, Marie Curie, Rosa Parks, … realizadas pola artesá Salomé Fernández inspirada no libro de Carla Mitrani. Con esta mostra visibilízase, a través dun oficio artesán absolutamente feminizado, a mulleres referentes que cambiaron o mundo.

A concelleira de Igualdade avanzou tamén na presentación que “desde o Concello de Tui sumámonos as manifestacións que se celebrarán en diferentes puntos da xeografía reivindicando a abolición da prostitución e toda forma de explotación sexual e reprodutiva”.

Outro dos eventos destacados do programa terá lugar o sábado, 26 de marzo, ás 20 h no Teatro Municipal co acto de recoñecemento “Mulleres de onte, de hoxe e de mañá” para lembrar e visibilizar as mulleres referentes do pasado e recoñecer o valor doutras mulleres tudenses que continúan a través do seu talento facendo achegas de valor incalculable a nosa sociedade. No mesmo porase en valor a traxectoria de 5 mulleres de diferentes ámbitos do mundo da empresa, da ciencia, da educación, da cultura e do deporte que son referentes  e exemplo para outras.  No mesmo acto realizarase unha  homenaxe á muller na música coa interpretación por parte de alumnas do Conservatorio Profesional e da Escola Municipal de Música de Tui de composicións realizadas por mulleres. Pecharase o evento coa interpretación da canción “Se eu achase a palabra”, co poema LIMIAR de María Victoria Moreno,  homenaxeada no Día das Letras Galegas en 2018, cunha composición da profesora Patricia Goberna a voces femininas e acompañamento instrumental.

O cine a literatura están tamén presentes na programación cun ciclo de cinema os mércores 9, 16, 23 e 30 de marzo ás 19.30 h no Teatro Municipal coa proxección de  “Serás hombre” de Isabel de Ocampo, María Solinha, de Ignacio Vilar,  “Nación” de  Margarita Ledo i “El Proxeneta” de Mabel Lozano. Contando cada xornada coa presenza das directoras e do director.

Mentres o venres, 25 de marzo, ás 19 h na Sala de Exposicións Municipal, a feminista e académica Rosa Cobo presentará o seu libro “Pornografía, el placer

A programación inclúe tamén actividades para a poboación máis nova coa presenza do “Comando Igualdade” con Chis Oliveira e Priscila Retamozo que presentarán o seu libro “Comando Igualdade. A mocidade facendo a revolución feminista nas aulas!”, a proxección de María Soliña para o alumnado de secundaria, a realización de obradoiros de temática feminista.  O público infantil de 4 a 10 anos poderá acudir  o venres 18 de marzo ás 17 h na Sala de Exposicións á sesión de contacontos “Contos vellos, novos finais”. E o domingo 13 ás 11h celebrarase o Escape Room “Estrelas”.

Por outra parte, a concelleira de Igualdade explicou que “a creación de espazos por e para mulleres é un dos obxectivos prioritarios da Concellería de Igualdade” polo que en colaboración coa Aula da UNED realízase o ciclo “Xuntas Aprendemos” e o martes 29 terá un Networking de mulleres emprendedoras e empresarias que permitirá “crear redes de apoio, sinerxías e fomentar a sororidade entre mulleres”.

Amais o concello de Tui ao longo do mes de marzo volverá a reivindicar a corresponsabilidade compartindo nas súas redes sociais o vídeo realizado en 2021 por Noemi Chantada “A (r-) evolución dos coidados”.

A concelleira de Igualdade, Ana Núñez, remataba hoxe  a súa intervención amosando o seu agradecemento “ao movemento asociativo feminino, as verdadeiras abandeiradas da loita pola igualdade, moitas veces silenciadas e sen embargo as verdadeiras protagonistas da defensa e da reivindicación dos dereitos das mulleres, as que coas súas actividades crean espazos de encontro, de apoio, de crecemento e de aprendizaxe e serven de espello para tantas outras”.

Concello de Redondela e ‘Da man’ recollen material de emerxencia para as persoas refuxiadas de Ucraína

0

O Concello de Redondela e a Organización Galega para o Desenvolvemento ‘Da Man’ veñen de poñer en marcha unha iniciativa que contribúa a paliar a dramática situación das persoas refuxiadeas vítimas da guerra de Ucraína.

A alcaldesa Digna Rivas fixo un chamamento “á solidariedade que sempre caracterizou á veciñanza de Redondela e da que hai amplas mostras nos momentos máis difíciles” e animou ás veciñas e veciños a, dentro das posibilidades de cada un, achegar alimentos non perecedoiros, roupa, mantas, toallas e xabóns e demais elementos de hixiene persoal. O Punto de recollida no Multiúsos da Xunqueira todos os días da semana ata as 22 horas.

A rexedora local subliñou que segundo as ONG que traballan sobre o terreo nos campos de refuxiados, “o que máis se precisa nestes momentos son alimentos non perecedoiros como conservas, chocolate, café, té, arroz, aceite, sal, azucre, atún en latas, garavanzos e pasta amais de lanternas de diferentes tipos, roupa térmica, calcetíns, mantas e luvas”.

Doutra banda as ONG atopan escaseza de material médico básico como vendaxes, gasas, betadine, auga osixenada, material ortopédico, analxésicos, antiinflamatorios, antihemorráxicos, antibióticos, corticoides e torniquetes.