Xoves, 21 Agosto de 2025

Cultura24 ameniza a fin de semana en Cumiar cun espectáculo de maxia

Co firme obxectivo de dinamizar e encher de vida as parroquias, o programa Cultura24 de Ponteareas regresa esta fin de semana cunha programación de lecer gratuita e dirixida especialmente a público familiar.

A proposta para este domingo 21 de agosto é un espectáculo de maxia familiar a cargo de Ian & Elisa, un dúo que durante os 16 anos que leva enriba dos escenarios tivo a oportunidade de traballar internacionalmente e mesmo saír na televisión. Desta vez, chegan a Cumiar cos petos cheos de ilusión e moitas ganas de presentar o seu novo espectáculo diante do público ponteareán. A cita é ás 19.30 horas na Casa Cultural.

O concelleiro de Cultura, Fernando Groba, convida á veciñanza a participar nesta nova actividade cultural de balde que encherá de maxia e de sorrisos a parroquia de Santo Estevo de Cumiar.

A Guarda inaugura a Colección fotográfica Tito Lemos

0

O pasado xoves día 18 de agosto de 2022 a Casa dos Alonso acolleu o acto de inauguración da Colección Fotográfica Tito Lemos, unha mostra que recolle parte da gran colección recabada por Tito Lemos con fotografías da vila da Guarda de distintos fotógrafos e autores.

Montserrat Magallanes, concelleira de Cultura, foi a encargada de abrir este acto de inauguración ante preto dun cento de persoas, destacando unha vez máis a Casa dos Alonso coma espazo singular para o uso público e para poder gozar desta colección de fotografías.

Miguel Reboredo, presidente da Asociación Tito Lemos, interviu neste acto para dar conta das diferentes accións realizadas para por en valor a súa figura e homenaxear a Tito Lemos, coma o acto de inauguración dun miradoiro no Monte Santa Trega ou a próxima catalogación dunha praza que levará o seu nome na rúa Manuel Álvarez, lugar onde exerceu moitos anos coma médico.

Pablo Lemos, fillo de Tito Lemos, continuou coa quenda de intervencións falando da longa traxectoria do seu pai na vila, recordando que, aínda que Tito fose de Vigo, tiña un apego especial pola Guarda e polas súas xentes e iso quedou reflectido no campo da medicina, onde exerceu coma médico e tamén no da fotografía, cunha colección propia e de outros autores que supera as 5000 fotografías, a maior parte delas da Guarda e a súa contorna.

Para pechar o acto Antonio Lomba, alcalde da Guarda, quixo destacar que con esta pequena exposición, que non é máis cunha mostra da ampla colección de Tito Lemos, se pode ver a outra faceta de Tito, a da súa paixón pola fotografía e por querer plasmar a vida diaria da Guarda, dos seus costumes, das súas xentes…

A Colección Fotográfica Tito Lemos estará na Casa dos Alonso ata o 31 de agosto en horario de 10:30 h a 13:30 h e de 19:00 h a 21:00 h de luns a sábado.

A oficina de turismo de Baiona incorpora novos soportes tecnolóxicos

0

Visitar a oficina de turismo de Baiona será unha experiencia interactiva que enriquecerá a todas as persoas que se acheguen a ela gracias ao uso dun amplo “paquete” de novos soportes tecnolóxicos como “beacons”, unha impresora braille ou un bucle magnético que a Deputación instalará neste punto de atención. As melloras foron anunciadas pola presidenta provincial, Carmela Silva, quen tamén comunicou investimentos nos próximos meses de cara á dixitalización desta oficina da man do proxecto europeo Tourist Inside Rías Baixas. Fíxoo nunha visita a este espazo de información na que tamén estivo presente o alcalde de Baiona, Carlos Gómez, e na que se fixo balance do crecemento dunha oficina que conta coa “Q” de Calidade turística dende hai dous anos.

O proxecto Tourist Inside, que conta con financiamento europeo xestionado polo Goberno do Estado, fará que as tecnoloxías da información e a comunicación sirvan para optimizar a satisfacción das e dos visitantes da oficina de Baiona así como a experiencia turística das persoas con diversidade funcional, dado que ao abeiro deste proxecto instalarase unha impresora braille na oficina, que permitirá ampliar a oferta de información escrita, así como un bucle magnético, que axudará a que as persoas con dificultades de audición desfruten por completo das visitas guiadas neste concello. 

A oficina de Baiona tamén contará cunha pantalla de 55 polgadas no seu interior na que se divulgarán contidos de interese turístico de Pontevedra provincia así como cun tótem situado na fachada exterior da oficina no que se proporcionará información do destino. Do mesmo xeito, instalarase unha tableta que se empregará para realizar enquisas de satisfacción. Ademais, en 24 puntos do concello disporanse “beacons”, é dicir, balizas electrónicas que transmitirán información de interese aos móbiles das e dos visitantes a través da tecnoloxía bluetooth. Con todas estas medidas a Deputación está a mudar o clásico modelo de atención a persoas visitantes de cara a un novo que se apoia nas novas tecnoloxías e na interconexión da Rede Info Rías Baixas para ofrecer ás persoas visitantes todas as posibilidades.

O punto de información  dispón do distintivo de calidade que outorga o Instituto para a Calidade Turística Española (ICTE) o que a converte nunha referencia na atención aos visitantes, dado o grao de cumprimento dos estándares e procedementos certificados.

Máis de 15.000 visitantes no que vai de ano

Durante a visita de Carmela Silva tamén se deu a coñecer que a ofician de Baiona recibiu, entre o 1 de xaneiro e o 15 de agosto, a cifra de 15.255 persoas visitantes. As e os turistas que visitaron a oficina no que vai de 2022 foron principalmente de nacionalidade española (79,81%) e chegadas/os maioritariamente dende Madrid (25,73%) así como doutros puntos como Barcelona, Biscaia, Sevilla e Valencia. Entre as persoas estranxeiras que se achegaron á oficina baionesa en busca de información (o 20,19% restante) destacaron as procedentes de Portugal, Francia, Alemaña, Estados Unidos ou Reino Unido. En canto ao rango de idade, destacan as/os turistas de entre 35 e 60 anos, que supuxeron un 59% do total. A Rede Info Rías Baixas é un modelo de éxito que conta con 33 oficinas adheridas e espalladas por toda a provincia de Pontevedra. Foi creada hai catro anos pola Deputación de Pontevedra para garantir un servizo de atención de calidade nas oficinas de turismo da provincia, ás que dota de máis medios, de novas tecnoloxías e dunha imaxe unificada a fin de mellorar o grao de satisfacción dos e das visitantes.  

O rock do grupo Suevia carga contra a violencia machista na Cañiza

0

“Vive e deixa vivir” foi o lema con que as “rockeiras” de Suevia cargaron contra a violencia machista no concerto que constituíu a nova acción do programa provincial “Mulleres en Acción. Violencia Zero” desenvolvida no concello da Cañiza. As catro integrantes da formación protagonizaron unha sentida actuación na praza Maior na que reivindicaron a liberdade da muller, de xeito especial con temas como “Princesas”, e á que asistiu a deputada provincial Ana Laura Iglesias, amais do alcalde Luis Gómez Piña.

Suevia, formado por Susi Quiu, Patricia, Fati Cadavera e Olga Starr, defendeu na súa intervención que a violencia machista é “a que se exerce sobre as mulleres só polo feito de selo, permitida e aceptada”. Deste xeito, arengou contra “misóxinos, intolerantes, machistas e maltratadores”. “Esta clase de pensamentos entorpece o papel das mulleres e o seu avance cara á a igualdade.  Por iso, hoxe dicímoslle non á violencia machista, reivindicando o noso camiño cara adiante, cara a un mundo onde os valores humanos e democráticos non teñan sombras”. Para as artistas, “quen xustifica a violencia sobre as persoas máis vulnerables, nenas e nenos, mulleres, menores inmigrantes non acompañados, minorías raciais etc., utiliza contra elas unha violencia sistémica, mais tamén dialéctica, onde entre outros termos lles chaman feminazis, co que conseguen criminalizar as vítimas”. “Isto –defende Suevia- resulta moi perigoso para unha sociedade que está por detrás doutros países en materia de educación, debido aos recortes ou sinxelamente porque temos unha democracia moi nova e aínda con demasiados vestixios da ditadura”.

Suevia formouse en 2019 por mulleres con experiencia en formacións anteriores que decidiron unirse e levar adiante un proxecto musical influenciado polo rock dos anos 70 e 90. O seu primeiro disco, Luces y sombras, estreado en 2021, recolle cancións de temática principalmente social e letras comprometidas.

A maxia e a música inundarán Gondomar esta fin de semana

0

Enmarcadas dentro do programa “Gondocultura Verán 2022”, o Concello de Gondomar programou para esta fin de semana dúas actuacións musicais e un espectáculo de ilusionismo e maxia.

Así, a programación comezará hoxe mesmo venres coa mellor musica “funk” e “soul” a cargo da banda “SUGAR POCKETS” que animarán a Praza Paradela a partir das 22:00 horas.

Ao día  seguinte, o sábado, e no mesmo escenario da praza do Concello, e tamen ás 22:00 h os encargados de amenizar a noite serán os “MESTEÑO BLUES”, a banda capitaneada polo gran guitarrista Diego Pacheco, que nos traerán o seus sonidos de raíz americana.

O domingo será o turno da maxia. O Mago Teto presentará en Gondomar o seu espectáculo “ULTREIA” acompañado da Agrupación Musical de Vincios que porá a banda sonora a unha noite chea de ilusionismo, maxia e diversión para todos os públicos.

O alcalde do concello, Paco Ferreira, quixo destacar que “Gondomar é un referente na actividade cultural durante todo o ano, e ao longo do que vai de verán temos programado espectáculos gratuitos de todas as disciplinas culturais, para todos os gustos e para todas as idades e así o seguiremos a facer”.

Desfruta dun Entroido con respecto, lema para gozar dun Entroido de Verán limpo e seguro

0

Un Entroido de Verán seguro e libre de violencia machista e, ao mesmo tempo, respectuoso coa contorna e co medio ambiente. Eses son os eixos da dobre campaña que o Concello de Redondela que preside a socialista Digna Rivas ten en marcha coa intención de concienciar á cidadanía sobre a importancia destes dous argumentos para gozar, plenamente, do Entroido de Verán que se celebra mañá sábado, 20 de agosto.

Aos Puntos Violeta e Puntos Arco da Vella, que poñen o foco de atención sobre a igualdade, á diversidade e a erradicación da violencia machista e sexual, o Goberno local poñerá por primeira vez e como iniciativa pioneira, un punto de información sobre seguridade e medio ambiente que quedará situado na antiga caseta da Oficina de Turismo da Alameda Castelao.

“Queremos que a palabra clave deste Entroido de Verán sexa Respecto porque é a que mellor define a transversalidade que en todas as actuacións buscamos dende o Goberno local. É un concepto que abrangue todo e a todos e todas; respecto á liberdade individual pero tamén á liberdade dos demais, ao medio ambiente, a contorna na que te atopas”.

A campaña Desfruta un Entroido con respecto insistirá en lemas como Non che pedimos que limpes so que non ensucies, Sé parte da solución non da contaminación, Respecta, utiliza as papeleiras e contedores ou Respecta, utiliza os baños públicos cos que se busca “apelar á responsabilidade persoal de cada quen para manter os espazos públicos sen lixo e respectar o medioambiente”, explica a alcaldesa Digna Rivas.

Para que a campaña poida ser máis efectiva no que á limpeza fai referencia, a Concellería de Medio Ambiente instalará máis de 40 novos colectores de lixo que, ao igual que 14 puntos con varios baños públicos –tres deses puntos dotados con servizos para persoas con mobilidade reducida–, estarán distribuídos por todo o casco urbano con especial incidencia naqueles lugares nos que se vai rexistrar maior afluencia de público.

Os lemas que centran a atención no respecto ao medio ambiente combínanse con outros que inciden na seguridade das e dos participantes como Se se atopas mal achégate ao Hospital de Campaña, No Entroido utiliza transporte público, coida de ti; A diversión non está na túa copa senón en ti ou Desfruta do Entroido con moderación.

“Queremos que este Entroido de Verán sexa exemplar e para iso a palabra clave é Respecto, unha palabra, insisto, corta pero que define unha enorme cantidade de conceptos”, afirma a alcaldesa de Redondela. “Queremos que a cidadanía, de todas as idades, sexa consciente de que pode divertirse respectando a contorna, non tirando lixo, e, por suposto, rexeitando e denunciando calquera tipo de violencia machista o sexual, sexa esta do tipo que sexa”.

Xoga cos sentidos no campamento de verán da finca de A Seara, en Covelo

0

Se tes entre 5 e 12 anos este verán poderás vivir unha experiencia única inmerso na natureza. A finca A Seara, ubicada no barrio da Ermida en Covelo, ofrece do 22 ao 26 de agosto un campamento de verán no que xogar coa arte e coa natureza.

O campamento “Xogando cos sentidos” realizará obradoiros de pintura, música, escultura e danza, ademais de permitir estreitar vínculos cos cabalos.

En horario de mañá, de 10 a 14 horas, as e os participantes entrarán en contacto coa natureza, realizarán exercizos de meditación, xogos e todo tipo de actividades lúdico-didácticas.

Organizado por A Seara e Eomaia en colaboración co Concello de Covelo, as persoas interesadas poderán atopar máis información na páxina da Fundación Eomaia tamén se pode contactar a través do enderezo electrónico [email protected].

A Guarda e Caminha acollen esta fin de semana a III Feira do Libro Luso-Galaica

O evento con programacións paralelas en ambos municipios, recolle as principais publicacións realizadas polos concellos e cámaras municipais dos municipios da fronteira luso-galaica.

Por terceiro ano consecutivo chega ata A Guarda e Caminha este evento que xurdiu coa vocación de visualizar a ampla oferta de publicacións en torno ao noso territorio e que na maioría das ocasións é de difícil acceso por ser publicado a cargo das institucións e  atoparse repartido e disperso en cada unha delas. 

O evento organizado polos municipios de A Guarda e Caminha,  conta coa colaboración de tódolos municipios do Baixo Miño (Oia, O Rosal, Tomiño, Tui), mais de Salceda de Caselas e As Neves pola parte galega e dos municipios de Vilanova de Cerveira, Valença, Monçao, Melgaço, Paredes de Coura, Ponte da Barca, Arcos de Valdevez, Ponte de Lima e Viana do Castelo, pola parte portuguesa. Todos estes concellos aportaron as súas publicacións que estarán ao dispor do público na Guarda na tarde do venres 19 e durante todo o día do sábado 20, mentres que en Caminha o horario será de tarde o venres (sexta-feira) 19, o sábado 20 e domingo 21.

A exposición e venda de libros estará acompañada dunha ampla programación con presentacións literarias e concertos, destacando na programación da Guarda o  concerto de Treides Comigo de Xoán Curiel(ás 21:00 h do venres 19), que interpretará cantigas medievais da tradición luso-galaica adaptadas en clave contemporánea e o concerto da Banda Musical Lanhelense cun repertorio específico “Minho…O río que nos aproxima”(ás 20:30 h do sábado 20).  A programación terá en conta tamén aos mais pequenos con actividades lúdicas como o concerto de Migallas o venres á tarde (19:00 h), o Contacontos Pepiña Maruxiña quere voar, o sábado ás 11:30 h  e un obradoiro de Origamis o sábado á tarde (19:00 h)

Un dos motivos da realización conxunta deste evento é, ademais da colaboración entre os dous concellos transfronteirizos, o intercambio de experiencias culturais, dando a coñecer a artistas e escritores na outra beira do Miño. Así é o caso da Banda Musical Lanhelense, ou dos origamis de Pamela Campelo e Olga Loureiro que dende Caminha chegan ata a Praza do Reló o sábado a tarde. Dende o Baixo Miño chegarán ata Caminha o grupo rosaleiro Lirolai que dará un concerto o venres á noite, a Asociación pola memoria histórica que presentará o libro A porta do inferno e o fotógrafo Manuel Álvarez que levará o seu libro Sexades Mar.

TREIDES COMIGO

O concerto a cargo do grupo de Xoán Curiel que terá lugar na Praza do Reló hoxe venres ás 21 h, trala inauguración da Feira a cargo das autoridades, está incluído dentro das actividades do programa Cultura no Camiño 2022 (Xunta de Galicia- Xacobeo 2022) e cobra singular importancia dentro desta feira xa que parte da orixe da nosa lingua común (o luso galaico) e unha das súas maiores representación literarias como é a tradición das cantigas medievais. O compositor e cantante Xoán Curiel define o espectáculo como novo e vello ao mesmo tempo: “Xoán pon música ás cantigas escritas hai case un milenio co propósito de ofrecer unha actualización das mesmas e achegar tamén a figura dos trobadores diversos camiños de Santiago, que sen dúbida espallaron esta tradición”.  Arpa, vento, percusión, voz e guitarras farán o resto nesta proposta de gran calidade artística que nos deleitará hoxe venres 19 ás 21:00 horas na Praza do Reló.

Volve o balonmán do máis alto nivel coa celebración do XXIV Trofeo Concello do Rosal

0

O Acanor Valinox e o Concello do Rosal fan posible unha nova edición do Trofeo Balonmán Concello do Rosal, unha competición transfronteiriza que dende xa é un referente no calendario estival dos seguidores do equipo rosaleiro e do balonmán en xeral.

Nesta edición o Acanor Valinox competirá o venres 19 e o sábado 20 de agosto contra o BM Cangas, un habitual neste campionato, e dous equipos da zona media alta da Superliga portuguesa: o Póvoa Andebol e o ADA Maia, que tamén buscan repetir as boas experiencias de anos anteriores.

As entradas xa están á venda, mediante a plataforma  Cluber (bono adulto: 10€ / bono junior: 7€). As entradas para unha única xornada custan 6€ as de adultos e 4€ as infantís. Estes prezos son a partir dos 10 anos, sendo gratis para os menores desa idade que acudan acompañados dun adulto. Tamén se poden retirar físicamente en R2 Cociñas en horario de 11:30 a 13:00 e no Bar-alimentación Armán.

A alcaldesa do Rosal, Ánxela Fernández Callís, convida á veciñanza “a gozar dunha competición que será non só a posta en escena do Acanor Valinox diante da súa afección, senón que é unha oportunidade única para desfrutar do balónman do máis alto nivel e dun ambiente espectacular no Rosal”.

E despois do XXIV Trofeo Concello do Rosal toca seguir celebrando a volta do balonmán ao Concello. O sábado, a partires das 21.30 horas na zona do Pavillón Municipal dará comezo a “Xuntanza Street”, unha festa na que xogadores, Directiva, staff técnico, socios, socias e toda a veciñanza brindará polo inicio da nova tempada 22|23. Coa entrada, que ten un custe de 5€, as persoas asistentes terán dereito a un bocadillo de porco ao espeto, e a música correrá a cargo do DJ Diego Wass.

Merca aquí as túas entradas:

XXIV Trofeo Concello do Rosal

Xuntanza Street

A Deputación abre a poxa para a explotación comercial da uva do Castelo de Soutomaior

A Deputación de Pontevedra vén de publicar o anuncio da poxa para a colleita de uva albariña e outras variedades brancas da leira do Castelo de Soutomaior. Esta emblemática finca, propiedade da institución provincial, conta cunha explotación vitivinícola desde o ano 1984 que ocupa unha superficie de máis de catro hectáreas das 30 coas que conta todo o complexo histórico e patrimonial.

As empresas interesadas en recoller a e aproveitar comercialmente a uva do Castelo de Soutomaior poden presentar as súas ofertas ata o vindeiro 24 de agosto. A adega adxudicataria levará a cabo a vendima na mesma veiga do castelo e encárgase tamén do traslado da uva. O único criterio de adxudicación que se ten en conta é a poxa máis alta partindo dun prezo mínimo establecido. Este ano, a subasta da Deputación iníciase cun tipo de saída de 1,25 euros por quilo de uva albariña e de 0,95 euros para as outras variedades brancas (IVE incluído).

Prevese que a colleita será máis pequena ca do curso pasado por unha menor nascencia de acios. Calcúlase que pode alcanzar os 12.000 quilos de uva entre albariño e variedades, case 5.000 quilos menos dos recollidos no 2021 (16.800 quilos), pero por enriba dos 11.024 quilos de 2020. De tódolos xeitos, trátase de cifras moi afastadas do récord de máis de 23.000 quilos alcanzado durante a anada de 2013.

A explotación vitivinícola de Soutomaior distribúese nunha parte con terreos tipo castel e en terrazas, e outra sobre terreos húmicos, fértiles e con cuberta vexetal suficiente. A uva do castelo é autóctona, na súa maioría albariño, pero tamén hai outras variedades tanto brancas (godello, torrontés, loureiro e treixadura) como tintas (mencía e sousón).

Serafín Zubiri e a Banda de Goián renden homenaxe a Nino Bravo

0

No marco do ciclo “O Son da Prazas”, a Agrupación Musical de Goián, dirixida polo Mestre Pedro Villarroel González, unirase á voz de Serafín Zubiri nun gran concerto chamado “Lembrando a Nino Bravo”. Trátase da actuación estrela do verán no Concello e terá lugar este venres 19 de agosto a partir das 22.30 horas, na do Praza Pintor Antonio Fernández de Goián.

Durante o concerto recrearanse os temas máis emblemáticos de Nino Bravo e crearase un clima moi emocionante no que as persoas asistentes poderán escoitar de novo directo cancións tan relevantes como “Noelia”, “Un beso y una flor” ou os himnos “América, América” ou “Libre”, entre outras moitas composicións que forman parte do legado do cantante valenciano.

A vida de Serafín Zubiri é unha aventura cun rumbo constante e definido: a superación a través da música e o deporte. A súa cegueira de nacemento non lle impediu sacar adiante a súa carreira como artista na que editou 8 discos e fraguou un extraordinario currículo deportivo, nos que destaca a súa participación nos festivais de Eurovisión dos anos 1992 e 2000.

A Alcaldesa de Tomiño, Sandra González, convida “á veciñanza a desfrutar desta xornada inesquecible na que escoitaremos de novo os temas máis emblemáticos dun artista admiradísimo como é Nino Bravo, coa magnífica interpretación de Serafín Zubiri e neste caso, ademáis, acompañado pola nosa Agrupación Musical de Goián”.

O Museo de Pontevedra alcanza a excelencia en Calidade Turística

O Museo de Pontevedra vén de referendar a súa aposta pola excelencia co recoñecemento da esixente marca “Q” de calidade turística, que promoven o ICTE (Instituto para a Calidade Turística Española) e a Asociación Española de Normalización UNE. Un selo do que só dispoñen, entre os grandes museos españois, o Guggenheim de Bilbao, o Museo Thyssen-Bornemisza, en Madrid, e o MARQ de Alacante. En Galicia só dous centros museísticos inscritos no Censo de Museos e Coleccións Museográficas de España (unha listaxe que abrangue a 1.510 entidades en toda España) teñen logrado a Q e ámbalas dúas están adscritas á Deputación: o Castelo de Soutomaior e, agora, o Museo de Pontevedra.

O Comité de Certificación do Instituto para a Calidade Turística Española (ICTE) confirmou trala reunión celebrada o 28 de xullo a certificación para o Museo a resultas do proceso de avaliación, no que a institución pontevedresa obtivo unha cualificación sobresaínte. Este distintivo certifica o cumprimento dos estándares de calidade entre os museos e os e as súas visitantes, que se recollen na Norma UNE 302002.2018: “Museos. Requisitos para la prestación del servicio de visitas”.

Puntuación sobresaínte

Para a obtención da Q de calidade turística, a entidade pontevedresa tivo que superar unha auditoría no mes de xullo, na que obtivo unha puntuación media de 9,4 sobre 10 e que avala o cumprimento rigoroso da xestión da calidade na prestación de diferentes servizos á cidadanía, incluíndo aspectos tan importantes como a accesibilidade, a atención ao visitante, a sinaléctica, a comunicación e información ás persoas usuarias ou a xestión de visitas e actividades educativas e culturais.  Neste último apartado obtivo unha puntuación de 10.

A obtención do  distintivo forma parte das accións contempladas no Plan Xeral de Actuación 2019-2023 do Museo, e reforza a súa aposta decidida pola calidade e a excelencia en tódolos ámbitos da súa xestión operativa diaria, por ofrecer a cada visita a mellor experiencia cultural e turística posible, e por converterse nun referente a nivel nacional e internacional no ámbito do turismo cultural.

Tras lograr este esixente distintivo, o próximo reto que se marca o Museo de Pontevedra é acadar a certificación en sustentabilidade turística, que tamén promove o citado Instituto para a Calidade Turística Española (ICTE).

As análises da Confederación Hidrográfica descartan a contaminación da auga na Freixa

Tras as manchas aparecidas nos últimos días na superficie da auga da Praia Fluvial da Freixa, o Concello de Ponteareas iniciou unha investigación xunto ao Seprona e axentes medioambientais da Confederación Hidrográfica, que tomaron mostras da auga para proceder á súa análise.

O persoal técnico non detectou ningunha vertedura de augas residuais na súa inspección. Realizadas as análises de clorofila-a en laboratorio, os resultados obtidos “descartan a proliferación de cianobacterias, xa que se detectou unha presenza insignificante e maioritariamente procedente de algas verdes”. Segundo estes datos, a propia Confederación descarta que se trate de eutrofización da masa de auga.

Dende o Concello sinalan que, segundo as indicacións técnicas, “a mancha trátase dunha fina película de elementos naturais como po e pole, que se produce con frecuencia cando o río ten un caudal baixo e as temperaturas son elevadas”.

Calidade da auga de baño

En canto a recomendación da Xunta de non bañarse na praia fluvial da Freixa, dende o Concello explican que se trata “da clasificación sanitaria final do ano 2021, consecuencia dun cálculo que realizan cos resultados dos controis de anos anteriores. Isto non implica en ningún caso que exista unha contaminación da auga nesta tempada de baño”, puntualizan.

A Xunta desaconsella o baño temporalmente cando nun control se superan os niveis de 800 en E. Coli e 500 en Enterococos. “Na última analítica desta praia, realizada pola Xunta neste mes de agosto, os resultados foron de 31 e 10, similares a outras praias onde a clasificación sanitaria é excelente, e moi lonxe dos 800 e 500 que supoñen risco para as persoas usuarias”, aclaran dende o executivo local.*

Por este motivo, dende o Concello sinalan que “non debemos alarmar á veciñanza difundindo información sen fundamentos nin falsidades interesadas, senón que á vista das analíticas debemos transmitir tranquilidade á veciñanza e animala a gozar do espazo natural que nos brinda o río Tea.”

*Datos dispoñíbeis na web do Sergas: https://www.sergas.es/Saude-publica/Tempada-ba%c3%b1o-Datos-controis.

Resultados análise de clorofila-a:

  • Clorofila-a total = 8,01 µg/L
  • Clorofila-a procedente de algas verdes = 4,65 µg/L
  • Clorofila-a procedente de cianobacterias = 0,12 µg/L
  • Clorofila-a procedente de diatomeas = 1,60 µg/L
  • Clorofila-a procedente de criptofitas = 1,66 µg/L
  • Clorofila-a procedente de outras especies do fitoplancton = 1,09 µg/L

O Porriño reunirá a 200 deportistas no II Torneo Internacional de Tenis de Mesa

Este sábado arranca no polideportivo municipal o II Torneo internacional de Tenis Mesa Concello do Porriño con máis de 200 tenistas de mesa en acción chegados de diferentes puntos da xeografía española e portuguesa. 

O alcalde, Alejandro Lorenzo, presidiu hoxe o acto de presentación do torneo, que contou coa presencia do Vicepresidente da Federación Galega de Tenis de Mesa, Enrique Barreiro, o presidente do club Tenis de Mesa CRC, Juan Celeiro, o directivo do Club, Hector Díaz, a representante da directiva do Círculo Recreativo Cultural, Nuria Maquieira, o patrocinador Fernando Godoy, do Grupo Godoy Maceira, e o concelleiro de Deportes, Abel Estévez.

O presidente do club organizador, Juan Celeiro, explicou que o torneo arrancará ás 10 h do sábado, día no que se disputarán todas as categorías desde a pre-benxamín ata veteranos +60. O domingo, á mesma hora, comezará a última xornada, a correspondente á categoría absoluta.

“O obxectivo é conseguir que sexan dous días de festa para o noso deporte e por iso queremos facer partícipes á maior cantidade posible de xogadores e afeccionados”, apuntou Celeiro, “Animamos a todo o mundo a achegarse e descubrir como é o noso deporte, que é un pouco descoñecido pero moito máis divertido e espectacular do que a xente imaxina”.

Pola súa banda, o Vicepresidente da FGTM, Enrique Barreiro, puxo en valor ao club organizador. “Para celebrar eventos desta magnitude fan falta tres cousas: vontade, que ao Tenis Mesa CRC lle sobra; capital humano, que no Porriño haino, e apoio institucional, que aquí tamén o hai e de maneira importante”, apuntou, “E aquí pasa unha cousa que nunca vira, é é que normalmente comezase de maneira modesta para ir crecendo, e no Porriño, apostouse desde o primeiro momento por facelo ben e  organizar un torneo á altura dos mellores que hai en Galicia”.

O concelleiro de Deportes, Abel Estévez, reiterou os parabéns ao club e o apoio incondicional do Concello do Porriño. No mesmo sentido se expresou o alcalde, Alejandro Lorenzo, destacando o traballo do club Tenis Mesa CRC para “dar a coñecer entre a veciñanza do Porriño un deporte que aínda que todos sabemos del é pouco coñecido. Proba diso é que cada vez son máis as fichas no club e máis porriñeses e porriñesas que o practican e por iso, conta con todo o apoio do Concello para calquera iniciativa que impulsen”.

O Concello de Nigrán ofrece o mércores un roteiro polo camiño portugués pola costa

0

O Concello de Nigrán continúa este mércores 17 de agosto coas súas andainas da programación de verán cun roteiro pola variante litoral do Camiño Portugués pola Costa. O punto de encontro é ás 19:00 horas na Ponte Romana da Ramallosa (non é preciso inscrición previa e é de balde) e terá unha duración de 2 horas aproximadamente, sendo a dificultade media-baixa.

Os participantes deberán levar roupa e calzado axeitados, así coma unha botella de auga. As vindeiras rutas de agosto serán sempre ás 19:00 e non ás 20:00 como se realizaron na primeira quincena para poder aproveitar mellor a luz solar.

Os seguinte roteiro será o do Camiño Portugués Oficial o 24 de Agosto (saída da Ponte da Ramallosa) e ‘A praia dos Afogados’ o 31 de Agosto (saída da Praia da Madorra).

O Rosal Cámara Fest e Memoria Viva chegan este mércores a Tabagón

0

Este mércores pola tarde volven as propostas músico-culturais ao Concello do Rosal. Nesta ocasión, a cita será na praza do Maio de Tabagón. O plan comezará cunha ruta guiada pola contorna na que se falará de patrimonio histórico-artístico, de artes populares e de tradición musical, pero tamén doutros temas de interese como algunhas artes de pesca ou mesmo a arte de saber subsistir á beira do Miño en tempos ben duros.

Para participar no percorrido é necesaria incrición. Pódese formalizar por WhatsApp no teléfono 677 78 32 96 ou enviando un correo electrónico ao enderezo: [email protected].

E, despois do paseo guiado, as persoas asistentes poderán vibrar ao son da Big Band da Agrupación Musical do Rosal no concerto que ofrecerán a partires das 21.00 h.

E ás 22.00h, os veciños e veciñas que se acheguen á praza do Maio de Tabagón, poderán visionar o documental de Carmen Piedra, pertencente á segunda edición de Memoria Viva, un proxecto que naceu co obxectivo firme de atesourar e conservar as lembranzas que contan a historia do Rosal, que non aparecen nos libros, e que as persoas maiores gardan con moito agarimo.

Esta peza audiovisual ofrece a visión de Carmen Piedra, unha muller de 89 anos, vinculada á música dende o berce, xa que o seu pai, Pablo Piedra, foi impulsor e director dende 1925 da banda de música de Tabagón, xermolo da música no Rosal. Divertida narradora de historias propias e con moito respecto das e dos que xa non están, Carmen deixa a súa pegada para a historia a través deste documental, amosando con valentía o que ocorría noutros tempos na Ribeira do Rosal.

Xa contra a fin de semana, terá lugar a celebración do XXXI FESTIVAL DE MÚSICOS XOVES no marco do III Rosal Cámara Fest. O sábado o Colexio da Mata acollerá, a partir das 20.30 h, as actuacións da Banda de Música Popular de Rubiós, a Unión Musical de Valladares, e a Agrupación Musical do Rosal. E o domingo a cita é na igrexa de Santa Mariña a partires das 20.00 h, cos concertos da Coral Polifónica San Mamede (Zamáns), a Coral Diapasón (Ferrol) e a encargada de poñerlle o broche de ouro ao Festival será a Coral da Agrupación Musical do Rosal.

A alcaldesa do Rosal, Ánxela Fernández Callís, convida “a todos os veciños e veciñas do Rosal a que participen nestas propostas culturais que, nesta ocasión, supoñen unha oportunidade única de coñecer Tabagón a través da súa arte e da súa historia”.

Chega a LXIII Festa do Viño do Condado do Tea

Empeza a conta atrás para unha das festas gastronómica máis esperadas no mes de agosto, a Festa do Viño do Condado do Tea, que se celebra como todos os anos o último fin de semana deste mes. Unha festa que ano a ano segue crecendo e que trae novidades neste 2022.

Unha semana dedicada ao produto referencia no municipio de Salvaterra de Miño, ao viño do condado, que este ano amplía a súa programación ofertando máis actividades para que todos os amantes dos nosos caldos poidan desfrutar deles.

Así durante toda a semana poderemos asistir as catas comentadas, impartidas polas adegas participantes que dan a oportunidade de coñecer dunha forma máis profunda os viños das nosas adegas.

Despois do éxito do ano pasado, este ano manterase o Túnel do Viño que se desenvolverá o xoves, venres e o sábado, onde poderemos desfrutar  de todos os viños participantes na Festa.

O venres 26 terá lugar a inauguración oficial da festa e a partir de aí música, cultura, historia e gastronomía reinarán durante tres días nun enclave privilexiado como é o Recinto Amurallado de Salvaterra de Miño.

“Descubrindo a flora do río Caselas”, segunda actividade do programa “Un verán para a infancia”

A Concellería de Infancia porá en marcha o próximo 26 de agosto, a segunda actividade do programa “Un verán para a Infancia” titulada “Descubrindo a flora do río Caselas”. Nesta actividade as persoas participantes partirán da Praza do Concello, onde se introducirá a actividade e os obxectivos da mesma e a continuación se dirixirán á senda do río Caselas. Durante a actividade observarán e identificarán as especies de flora para coñecer os seus usos humáns e a súa importancia dentro do ecosistema fluvial.

O prazo de inscrición comezará o vindeiro día 16 de agosto e rematará o día 25. As inscricións faranse na Casa Cultura de 8:00 a 14:30 horas, ou a través dos teléfonos 986340543 e 615340586.

As prazas para a actividade serán limitadas e se cubriran por orde de presentación das solicitudes. Lembramos que esta é unha actividade de carácter familiar a que poderán asistir cativos e cativas de todas as idades xunto cos seus familiares.

O Bádminton Tui valorará a súa continuidade ante os impedimentos que pon Concello para a utilización das instalacións deportivas

0

A directiva do Club Bádminton Tui valorará, nestes vindeiros días, a continuidade do club logo de ter recibido, nesta pasada semana, os horarios de adestramentos adxudicados polo Concello de Tui “que nos poñen na tesitura de elixir entre deporte base e competición”. Non é, recoñece a directiva do Bádminton Tui, unha decisión fácil “xa que afecta a unhas 200 persoas (170 licenzas federativas) entre deportistas, afeccionados, adestradores, directiva,… por iso necesitamos reflexionalo ben e en breve comunicaremos a decisión final”.

Chove sobre mollado

Hai decisións que se adoptan por ser a última gota en encher o vaso ou, como se di nesta terra, porque chove sobre mollado. O Club vén denunciando dende hai tempo que, nos últimos anos “somos o club máis prexudicado e con cada vez menos horas de adestramentos de todo Tui”.

“Levamos desde o mes de maio –engade a directiva–, solicitando con emails e whatsapps os horarios de adestramentos para o curso 2022/23 sen recibir sequera unha resposta”. O pasado 4 de agosto, vía Rexistro de Entrada do Concello, o Bádminton Tui presentaba a solicitude pedindo tan só 9 horas semanais –mércores e venres de 16 h a 20:30 h– a partir de setembro nas instalacións do IES San Paio. A solicitude tanto das horas como dos días responde a que “é o horario en que o noso director deportivo ten dispoñibilidade para atender aos xogadores/as como xa é coñecido polos técnicos municipais”, explica o club a través da súa presidenta María Luisa Giráldez.

O pasado mércores 10 de agosto o Bádminton Tui recibía recibiamos comunicación vía correo electrónico dos horarios definitivos, “sen ter previamente nin un só contacto connosco” e na que se lle conceden as instalacións do IES San Paio os venres de 16:00 h a 21:00 h, mentres que os horarios do pavillón do CEIP de Guillarei, non poden confirmalos ata que non teñan planificación das actividades extraescolares aínda que o club adianta que as previsións que se teñen para eles son os luns e mércores de 16.00 h a 20.30 horas aclarando que “o centro adoita utilizar o pabellon ata as 18:00 h”.

Considera o CB Tui que Guillarei “non é a solución como se demostrou os últimos dous anos” xa que, explican, “os luns gran parte dos xogadores teñen clase ata as 18:00 h e os venres en moitos casos deben desprazarse a competicións nacionais”.

Para o club queda claro que un día de adestramento á semana non é suficiente para os seus e as súas deportistas “se queren ter algunha opción nos torneos autonómicos e nacionais dado que o resto de clubs galegos adestra mínimo 3 días á semana”.

Cun só día á semana “non podemos atender no mesmo pavillón aos deportistas que compiten e aos que empezan ou simplemente queren gozar deste deporte sen ánimo de competir, tanto nenos como adultos” e lembran que levan anos “reclamando unha estabilidade nos horarios, que non se cambien cada curso escolar e non hai maneira, ao contario, complícanse e mesmo parece que se busca enfrontar aos clubs entre eles”.

“Tócanos agora reflexionar, valorar e tomar unha decisión que esperamos comunicar canto antes”, conclúe o comunicado do Club Bádminton Tui.

A Oficina Municipal de Turismo de Tui atendeu en xullo a máis de 7.500 persoas

0

A Oficina Municipal de Turismo de Tui, situada no Paseo da Corredoira, atendeu durante o mes de xullo a 7.584 persoas que solicitaron información turística sobre a cidade ou sobre o Camiño Portugués a Santiago. En concreto das máis de 7.500 persoas que se achegaron até este punto 2.236 eran peregrinos e 5.348 turistas.  . Esta cifra supera amplamente as 2.873 persoas que foran atendidas no mes de xuño.

Pola Oficina de Turismo tudense pasaron en xullo 2.236 peregrinos e peregrinas dos que 303 eran internacionais e 1.933 nacionais.  Alemaña (85), Italia (57), Portugal (27), Eslovaquia (23) ou a República Checa (16) foron os puntos de procedencia da meirande parte dos peregrinos internacionais, aínda que os houbo de máis dunha trintena de nacionalidades. Mentres Madrid (763), Sevilla (161), Cádiz (103) ou Valencia (73) foron os principais lugares de orixe das persoas españolas que realizaron o Camiño Portugués e pasaron pola oficina tudense.

Por outra parte, no que ao turismo se refire a Oficina Municipal de Turismo de Tui recibiu ao longo do mes de xullo a 5.348 persoas das que 421 eran turistas internacionais e 4.927 nacionais.

Madrid con 1.231 persoas é o principal lugar de procedencia do turismo nacional, seguido de Barcelona con 197, Sevilla con 190 ou Valencia con 187. Mentres Italia estivo á cabeza na orixe dos turistas internacionais en xullo con 113 persoas, seguida de Portugal con 75, e Francia con 45, entre outros países.

Por outra parte, cómpre destacar que Tui foi en xullo o segundo punto de partida de peregrinos e peregrinas cara Santiago segundo os datos publicados pola Oficina do Peregrino. En concreto das 13.237 persoas que en xullo realizaron o Camiño Portugués 6.317 partiron dende Tui. No conxunto dos Camiños Tui foi o segundo lugar de orixe despois de Sarria. Valença foi o sétimo punto de partida con 1.455 persoas que comezaron o camiño nesta localidade. Deste xeito en conxunto o pasado mes partiron da Eurocidade Tui-Valença 7.772 persoas realizando o Camiño Portugués, segundo a Oficina do Peregrino

O alcalde de Tui, Enrique Cabaleiro, valora positivamente os datos que neste verán se están a rexistrar na Oficina Municipal de Turismo, salientando o importante número de persoas que en xullo se achegaron até este punto de información. Lembra coma nesta nova oficina no céntrico paseo tudense aqueles que visitan Tui poden obter información sobre os principais atractivos da cidade tanto a nivel patrimonial, cultural ou natural, da actividades que se celebran, ou de recursos turísticos coma o barco que realiza paseos polo Miño ao abeiro do proxecto Río Miño destino Navegable, así coma do novo servizo de préstamos de bicicletas eléctricas.

A Oficina Municipal de Tui abre de luns a domingo de 9.30 a 14 h e de 16 a 19h . Pódese contactar con este servizo no 677 41 84 05, no correo [email protected] ou no instagram @oficinaturismotui.

Ramón D. Veiga, «Zoom»

En ocasións, a literatura xorde dun puro divertimento, dun simple xogo que alicerza a escrita e do que o autor ou autora se fai partícipe dende o inicio. Hai exemplos numerosos ao respecto, ás veces concibidos como simples exercicios de estilo, outras, como argalladas transgresoras coas que experimentar un xeito determinado de escribir. O que hoxe traemos a este espazo parece encaixar perfectamente nese prantexamento lúdico.

Ramón Veiga, recoñecido autor de literatura infantil e xuvenil, dá o seu primeiro paso á escrita para adultos cun xogo alicerzado nas imaxes de dez fotógrafos e fotógrafas galegos. A idea foi pedirlles que eles mesmos seleccionasen unha fotografía da súa autoría, sen ningún tipo de condicionante e, sobre ela, construír un relato. Unha idea simple que deu como resultado este Zoom, unha colección de doce historias (hai dous fotógrafos que repiten) que non teñen outro vínculo que o propio proceso creativo.

Son narracións, xa que logo, que nacen arredor dunha imaxe en branco e negro reproducida ao principio de cada conto. E, se queremos formar parte do xogo proposto por Veiga, poderiamos tratar de imaxinar por onde irán os tiros do relato antes de iniciar a lectura, só contemplando esas fotografías. Estou seguro de que habería moitas sorpresas co resultado, pois o autor fai gala dunha fortísima imaxinación á hora de recrear unha posible historia arredor desa imaxe. E poño como exemplos a titulada Chloe, sorprendente e amorosa; ou Vilabrétema, luminosa e tenra; ou a esperanzadora Mamadou, a desgarradora Patio de luces, mesmo a delirante Definitely maybe, a narración máis longa de todas, que semella un fragmento dunha novela aínda por escribir.

Cando dixen que non existían elementos en común nestes relatos non dixen toda a verdade. Non os hai no espazo (aínda que podemos identificar a cidade da Coruña en varios), no tempo ou nas tramas, pero si que podemos albiscar similitudes en canto ao tratamento dos temas. Existe unha forte dose de humor nos máis deles, ás veces exhibida a través de pequenos detalles ou da retranca dialéctica das personaxes –a axilidade dos diálogos é un dos puntos fortes do libro–, ás veces proxectada na historia en si. Tamén unha enorme simpatía cara aos protagonistas, cos que case sempre resulta doado que o lector empatice sen problemas; e mesmo un punto de nostalxia reflectido, sobre todo, en mulleres de idade avanzada –nais e avoas– do que resulta difícil desapegarse ao longo das pouco máis de cen páinas do libro.

Un percorrido realista e retranqueiro pola vida cotiá, coas súas alegrías e as súas penurias, con sorpresas, dor, intriga, drama, sexo, festas; cunha banda sonora variada e peculiar que nos acompaña ao longo do traxecto, e ese pouso de señardade tan noso. A vida en estado puro!

Ramón D. Veiga

Zoom

Xerais

¡Galicia negra!

En estos últimos días, mejor dicho ya semanas, estamos volviendo a la cruda realidad de ver a nuestra Galicia de nuevo ennegrecida por el humo y por los incendios. No es algo que nos pille de sorpresa, por desgracia ya es algo habitual desde hace muchos años aunque, este año, se ha adelantando en el tiempo, ya que lo que solía ocurrir principalmente a finales de verano, debido a la climatología de este año, ya está sucediendo en estos meses.

La verdad, ¿tan ciegos estamos que los incendiarios no se dan cuenta de lo que están consiguiendo? Además de todo el daño material que están causando y posibles vida humanas, esta el daño ecológico y la ayuda al tan comentado cambio climático. Galicia antes era verde, ahora está cogiendo el color del carbón, eso está provocando que la sensación de calor sea aún más sofocante. Este año apenas ha llovido, pero es que nos falta ese verdor, esa naturaleza, ese arboledo que atrae a las lluvias y que gracias a ellas tenemos ese color en Galicia y esa bien tan apreciado como es el agua. Pero claro, en Galicia siempre llueve y no a faltar el agua, eso es lo que se decía, ¿y qué está ocurriendo ahora? Que tenemos que comenzar con restricciones de agua en muchas localidades gallegas, que nuestros ríos van a niveles no recordados en mucho tiempo. A lo mejor, es lo que nos merecemos por nuestra soberbia, porque mucha gente no sabe lo que no es tener agua corriente en casa, el tener que ir con un caldero a buscar agua para poder darse una ducha, o simplemente, para beber.

Lo más gracioso de esto, es que al principio de verano escuchabas a nuestras autoridades y se enorgullecían de todos los medios que han puesto este año para los incendios, con drones, cámaras de infrarrojos, … si, mucha tecnología, pero de momento, no han detenido ni aun sólo incendiario, no han evitado un fuego, sino que la voluntarios, brigadas y bomberos, son los que se están jugando la vida. Hace unos días, para apagar un incendio, tres hidroaviones durante todo el día echando agua, ¿cuanto ha costado eso? ¿Y que hubiera ocurrido si en vez de gastar todo ese dinero lo hubiéramos repartido durante todo el año y nos hubiéramos dedicado a limpiar los montes, a crear cortafuegos, a limpiar los ríos para aprovechar mejor su caudal (perdón, ya no me recordaba, que los ríos no se pueden limpiar), a crear pozos de agua en los propios montes para poder usar en caso de necesidad. Eso se llama ser proactivo, pero claro, a lo mejor eso, no da tanto beneficio como alquilar o subcontratar ciertas empresas en verano.

Galicia es un paraíso que se está ennegreciendo. A lo mejor muchos están contentos, más tiempo para ir a la playa, más turistas para gastar su dinero en los chiringuitos, ¿pero que va a ocurrir cuando nos convirtamos en un desierto? Ah, entonces echaremos las manos a la cabeza y nos acordaremos de nuestros pecados, de aquello que podíamos haber hecho y no hicimos. Creo que aún no es del todo tarde, aún estamos a tiempo de mitigar un poco los problemas, pero cuanto más tiempo pase, será peor. Aprovechemos mejor nuestros recursos, reforestemos nuestros montes de árboles verdes, no de postes eólicos, busquemos minas de agua de aprovecharlas como regadío de esos montes que hay que reforestar y pensemos en nuestro futuro y en el de los que vienen detrás nuestra.

En el presente, de momento, nos vamos a quedar con la recomendación de buena música. Por un, lado, el último trabajo publicado por el tristemente desaparecido Vangelis, un disco muy recomendable. Por otro lado, una reedición de un trabajo publicado en el 2008 a cargo de Johan Agebjörn, una grata sorpresa musical. Espero que os gusten.


Vangelis

Juno To Jupiter

2021

El gran maestro griego en los últimos años no se ha prodigo demasiado en nuevas producciones discográficas, el último que recuerdo fue un disco al piano de algún tema inédito y algunos de su clásicos, pero este si se puede decir que es un nuevo disco.

Juno to Jupiter es un viaje espacial que cuenta además con la voz de la estrella de ópera Angela Gheorghiu. Está inspirado en la sonda Juno que la NASA ha enviado a Jupiter para su estudio. El disco incluye sonidos del lanzamiento de Juno en la Tierra, de la sonda y sus alrededores y del posterior viaje de Juno con los sonidos que ha enviado a nuestro planeta.

Musicalmente hablando, estamos antes 18 cortes donde el maestro griego nos vuelve a mostrar toda su maestría, creando momentos electrónicos espectaculares con esos sonidos que nos recuerdan al espacio, pero uniendolos a otros más sinfónicos incluso, como comentábamos al principio, con las voces de la soprano, consiguiendo una combinación perfecta. No pueden faltar algunos momentos clásicos en los sonidos del griego, pero la combinación de todos ellos, nos dan lugar a un precioso album de esos que nos gusta degustar lentamente y de los que nos apetece volver a repetir.


Johan Agebjörn

Mossebo Remastered Edition

2019

Debo de reconocer, que no conocía este trabajo, la versión original data del año 2008, pero ha sido todo una grata sorpresa.

Johan Agebjörn es un pianista de origen sueco. Bebe de las fuentes del ambient nórdico, además, de la música italo disco ya que tiene otro proyecto de ese estilo musical, Sally Shapiro

Mosssebo fue un trabajo publicado originalmente en el año 2008, su primer disco editado, ya que tiene uno anterior de piano, en cdr, autopublicado y la verdad, nos encontramos con trece temas (esta versión remasterizada incluye dos bonus track, ya que la original consta de solamente 11) en el que el compositor se mueve a la perfección por la música ambient contemporánea, con el añadido de la estupenda voz de Lisa Barra.

El compositor va navegando a través de los temas de forma magistral, con soundscapes largos y profundos, bellísimos paisajes sonoros que nos invitan a viajar, algo que siempre es un placer para los amantes de estos estilos musicales. Una pequeña joya, que se había quedado en el olvido pero que gracias a esta reedición volvemos a recuperar.

«Galicia Ilusiona», Festival Mundial de Ilusionismo, chega este luns a Nigrán da man do ‘Mago Paco’

0

O Festival Mundial de Ilusionismo ‘Galicia Ilusiona’ chega este luns 15 de agosto a Nigrán da man do Mago Paco ás 20:00 horas no auditorio ao aire libre do esteiro de A Foz. Este é un dos magos favoritos dos máis pequenos porque é especialista en maxia infantil. Combina maxia, música e humor, contando sempre coa participación do público para os seus grandes xogos máxicos. A entrada é de balde ata completarse o aforo.

O festival traerá ata o 15 de octubre máis de 220 actuacións a toda Galicia.

A Deputación amplía a liña de axudas para a formación de mulleres adestradoras reforzando o seu compromiso coa igualdade

A Deputación de Pontevedra vén de aprobar unha nova liña de axudas destinadas a impulsar a formación de mulleres para postos de adestradoras ou técnicas deportivas na provincia. Neste segundo ano de concesión de estas axudas, a contía incrementouse en 10 000 euros máis, pasando dos 15 000 euros da convocatoria pasada aos 25 000 euros. As interesadas poderán solicitar estas axudas a partir do día seguinte da publicación das bases no Boletín Oficial da Provincia ata o 1 de decembro en réxime de concordancia non competitiva.

Estas achegas están dirixidas a propiciar o incremento do número de adestradoras e técnicas en todas as disciplinas dos equipos femininos e masculinos de base e de elite da provincia e rachar así coas actuais cifras de infrarrepresentación das mulleres neste eido.

As bases da convocatoria recalcan que o Plan integral para a actividade física do Consello Superior de Deportes amosa grandes desigualdades entre mulleres e homes, demostrando que a representación de mulleres nos cargos profesionais ou de persoal técnico só alcanza niveis de preto do 10 % en relación co total. Polo tanto, a partir desta realidade e no marco da súa política transversal de Igualdade, a institución provincial busca con esta nova liña, amais de reforzar o seu compromiso coa formación das mulleres, paliar a escasa presenza feminina no ámbito do adestramento, fomentar un futuro cun maior número de mulleres en altos cargos de decisión en organizacións deportivas.

As mulleres que desexen realizar estes estudos deben estar empadroadas na provincia ao menos desde o 1 de xaneiro do 2022. O importe máximo da axuda recibida será de 500 euros non podendo superar o 80 % da matrícula en curso. As interesadas deberán presentar as solicitudes preferentemente por medios electrónicos a través do formulario na sede electrónica da Deputación (sede.depo.gal) unha vez que se abra a convocatoria.

O Concello retira o tráfico pesado en tránsito do casco urbano

0

A alcaldesa de Redondela, Digna Rivas, deu a coñecer a decisión do Goberno que preside de retirar o tráfico pesado, en tránsito, polo casco urbano redondelán, unha medida que permitirá axilizar ao máximo a circulación de vehículos e diminuír a conflictividade que tales transportes poidan ocasionar, unha medida que non afectará ao tránsito de autobuses de liña regular.

Rivas adiantou que, unha vez conclúan as obras de remodelación da Praza de Ponteareas, instalarase a nova sinalización na que se especifique, claramente, a prohibición do paso de tráfico pesado en tránsito polo casco urbano.

Ao mesmo como en todas as obras que está a realizar o Concello de Redondela, incluídas as da Praza de Ponteareas, regularanse a carga e descarga de mercancías nas vías urbanas, para o que, explica a alcaldesa, “actualmente temos en estudo a correspondente Ordenanza que, en breve, será presentada aos grupos da oposición dentro da liña de transparencia e procura de accións consensuadas que promove o Goberno socialista de Redondela.

A alcaldesa redondelá é rotunda ao afirmar que as obras da Praza de Ponteareas están claramente orientadas a “crear un espazo de convivencia e gozo para a cidadanía na que os peóns teñan prioridade sobre os vehículos”. Nesa liña, o Concello de Redondela segue as pautas marcadas pola Unión Europea no proxecto Ciudades 2030 “de facer urbes máis amables coas persoas”.

As obras para realizar grandes cambios como este, que transformará por completo a principal vía de entrada de Redondela, xeran lóxicos inconvenientes, pero, insiste Digna Rivas, teñen como contrapartida “a xeración dunha mobilidade máis sostible que inflúe, notablemente, na mellora de calidade de vida e a activación social, cultural e económica de toda a contorna”.

Nese sentido, as obras da Praza de Ponteareas, unha vez rematadas “garanten a accesibilidade universal e incrementan a seguridade dos peóns, especialmente dos nenos e nenas as nosas persoas maiores e dos milleiros de peregrinos que, ano tras ano, pasan polo municipio cara a Santiago”.

A alcaldesa quixo tamén saír ao paso das manifestacións do PP nas que se criticaba a aparente falta de planificación, no que ao tráfico rodado atinxe, provocado polas obras da Praza de Ponteareas. “Entendemos que ao PP lle desconcerten os inconvenientes que este tipo de obras levan aparellados, basicamente porque durante os dous mandatos populares, nunca acometeron ningunha obra tendente a mellorar a mobilidade ou a humanizar o casco urbano e aos feitos remitímonos”.

Pola contra este Goberno “aposta pola mobilidade como elemento esencial para mellorar a calidade de vida dos veciños e veciñas como quedará demostrado coa Praza de Ponteareas e as próximas que se levarán a cabo na Picota”.

“Todas as obras provocan inconvenientes. O fan as máis pequenas actuacións cando máis un proxecto que cambiará totalmente a principal vía de entrada ao casco urbano”, afirmou a rexedora local para quen “falar de desorganización e mesmo de caos no tráfico, é poñer en dúbida o traballo realizado pola Policía Local redondelá e polos técnicos do Concello” unha labor que Digna Rivas non dubidou de cualificar de “exemplar”.

Digna Rivas quixo, ante todo, agradecer “unha vez máis, a paciencia e comprensión que, con estas obras, tiveron todas as veciñas e veciños da contorna que son conscientes que, unha vez rematadas as obras que previsiblemente sexan recepcionadas polo concello neste vindeiro mes de setembro, disporán de novos espazos de esparexemento, de ocio e de convivencia cidadá”.

O vindeiro curso incorpóranse 66 ciclos de FP ao modelo plurilingüe

A Xunta vén de publicar no Diario Oficial de Galicia a resolución definitiva pola que se autoriza un total de 66 ciclos formativos plurilingües que comezan no curso académico 2022/23 en 33 centros educativos galegos. En 57 deles a formación realizarase a través de módulos en inglés, en dous deles en inglés e francés e en sete en portugués. Estes novos ciclos súmanse aos 57 iniciados no pasado curso 2021/22, que no vindeiro curso impartirán módulos de segundo curso en outros idiomas. 

Deste xeito, este ano haberá en Galicia un total de 33 centros con esta oferta (seis máis ca no pasado curso) a razón de 13 na provincia da Coruña, 4 en Lugo, 5 en Ourense, e 11 en Pontevedra. Aos que impartían ciclos plurilingües o curso pasado incorpóranse o CIFP Politécnico de Santiago, CIFP Compostela, CIFP Fraga do Eume, CIFP Imaxe e Son, CIFP Paseo das Pontes, IES Poeta Díaz Castro, CIFP Fermín Bouza Brey.

Estes ciclos correspóndense con 71 titulacións diferentes de FP que impartirán parte do seu currículo nunha lingua estranxeira neste curso 2022-23.

Mellora das competencias lingüísticas

Os  ciclos formativos plurilingües teñen como finalidade a mellora das competencias lingüísticas do alumnado de FP co obxectivo de mellorar a súa inserción laboral e a  competitividade dos sectores produtivos. Neste sentido, o desenvolvemento de habilidades de comunicación oral e escrita en linguas estranxeiras facilitará o desempeño laboral dos titulados no espazo europeo, na liña de internacionalización da FP que está a impulsar a Consellería de Cultura, Educación, Formación Profesional e Universidades a través de iniciativas como o programa Erasmus+.

Ademais, esta liña de acción dá resposta ás necesidades de formación e competencias lingüísticas expostas polas empresas e institucións que participan nos proxectos de FP  dual de Galicia.

Os novos proxectos formativos plurilingües autorizados para o curso 2022/23 son os reflectidos na seguinte táboa:

Esta actuación encádrase dentro do Programa de Cooperación Territorial «Plan de Modernización de la Formación Profesional», e da Estratexia de Formación Profesional Galicia 2030. Poderá ser obxecto de cofinanciamento polo Ministerio de Educación e Formación Profesional e pola Unión Europea-NextGenerationEU no marco do programa de cooperación territorial «Plan de modernización de la formación profesional», destinado ao redimensionamento da oferta de formación profesional, no marco do Compoñente 20 «Plan estratéxico de impulso da formación profesional», do Mecanismo de recuperación, transformación e resiliencia.

Obradoiro dual de emprego “Queda en Mos”

0

O Concello de Mos ven de recibiu subvención da Consellería de Emprego e Igualdade para o desenvolvemento dun obradoiro de emprego denominado “Queda en Mos”.

Este Obradoiro está financiado pola Consellería por un  importe de 503.987 € para o financiamento dos custos de formación profesional para o Emprego, para 20 alumnos traballadores, durante 12 meses, nas especialidades de:

• Carpintería
• Marketing dixital e multimedia

A especialidade de carpintería está dirixida a demandantes activos de Emprego, cun nivel 2 de formación, é dicir, os/as alumnos/as deben estar en posesión do graduado en educación secundaria obrigatorio, estar en posesión dun certificado de profesionalidade do mesmo nivel ou de nivel 1 da mesma familia e área profesional, ou cumprir o requisito académico de acceso aos ciclos formativos de grao medio, acceso á Universidade para maiores de 25 ou 45 anos, ou competencias clave nivel 2. A través desta especialidade desenvolveráse o proxecto de acondicionamento e posta en valor de espazos naturáis e recreativos do municipio, coa instalación de elementos de carpintería, que faciliten aos vecinos e veciñas do municipio un mellor disfrute do seu tempo libre, e melloren a sostenibilidade ambiental desas zonas.

A especialidade de Marketing dixital e multimedia, está dirixido a demandantes activos de Emprego, cun nivel de formación 3, é dicir, deben estar en posesión do título de bacharelato, en posesión dun certificado de profesionalidade do mesmo nivel ou de nivel 2 da mesma familia e área profesional, ou cumnprir co requisito acdémico de acceso aos ciclos formativos de grao superior, o acceso á Universidade para maiores de 25 ou 45 anos, ou ter as competencias clave aprobadas de nivel 3. A través desta especialidade fomentaráse a expansión dixital do patrimonio cultural, social e educativo do concello, a través dos certificados de profesionalidade de Desenvolvemento de productos multimedia interactivos (IMSV0209)  e Xestión de marketing e comunicación (COMM0112)
As dúas especialidades facilitan ao alumnado a mellora das súas competencias profesionáis para traballar nas áreas correspondentes, demandadas no mercado laboral actualmente: Carpinteria, montador de mobles, montador de productos de madeira, etc… e na outra especialidade, poden acceder a postos de : Integrador multimedia audiovisual, grafista dixital, desarrollador de aplicación multimedia, e técnicos en publicidades, organización de feiras e eventos, asistente de marketing, auxiliar de medios en empresas de publicidade.

A Conselleria de Emprego e Igualdade asímesmo, financia un Programa de incentivos á contratación laboral deste alumnado ao remate do Obradoiro (Programa de incentivos ás empresas que contraten a alumnos do Obradoiro, cun mínimo de 3 meses, a xornada completa, cun importe de 1500 € por tarballador), para facilitar así ao alumnado o acceso ao mercado laboral.

Está aberto o prazo para participar neste Obradoiro Dual.

Se estás interesado en preinscribirte debes poñerte en contacto co Departamento de promoción económica e Emprego (986487786 – Axencia de Colocación de Mos-CDL) e solicitar a túa participación a través do formulario que che facilitarán neste Departamento.

Plan Especial de Tráfico en Baiona para a carreira “Correr e andar”

0

Baiona prepárase para celebrar a 37 edición de carreira popular “Andar e Correr”, a gran cita deportiva do ano. A proba organizada pola Concellería de Deportes disputarase o domingo 21 de agosto, un evento imprescindible que se consolidou non calendario de carreiras populares dá vila. Unha carreira que terá como epicentro de saída dás distintas categorías ou parque de “ A Palma” e que non seu percorrido máis longo transcorre polo Camiño Portugués pola Costa nun percorrido de 10 quilómetros, onde vos atletas pasarán por monumentos emblemáticos como ou cruceiro dá Santísima Trindade, Santa Liberata, subida de San Antón, miradoiro de Baredo e regresar polo Rompeolas ao embleático paruqe baionés.

O Concello de Baiona, a través da Xefatura da Policía Local de Baiona, deseñou un plan especial de tráfico con motivo dá 37 edición da carreira pedestre popular “Andar e Correr”.

O plan entrará en funcionamento ese mesmo día, cando procederase ao corte puntual dá circulación do tráfico na PO-552 non momento da sáida da carreira prevista ás 11:00h, dando cobertura de forma dinámica na seguridade viaria ou seu paso polo Centro histórico da Vila, Santa Liberata, Covaterreña, San Antón e Baredo. Unha vez transcorrido ou percorrido por Baredo, vos corredores e corredoras incorporaranse a PO-552 ao carril bici á altura da rotonda do Rocamar, habilitado para tal fin.

Por iso, faise necesario tomar unhas medidas de seguridade para ou bo transcurso da carreira, polo que a Policía Local desenvolve ou seguinte dispositivo en materia de tráfico e mobilidade:

Ante os cortes puntuáis de circulación que se realizarán ao paso da popular carreira, recoméndase que os accesos ao centro urbano efectúense da seguinte maneira: Utilización da circunvalación, que conecta directamente a zona de Sabarís con Baredo ou a rotonda do Villa Rosa.

O Alcalde, Carlos Gómez prado, sinala que “Desde o Concello de Baiona pedimos prudencia á hora de circular pola zona e pedimos desculpas  ás persoas afectadas polas molestias que este evento poida ocasionar pois atraerá ata o municipio a un gran número de participantes e persoas ata Baiona que regresa con máis forza que nunca despois de dous anos de pandemia”.

Tui despide á Selección do Uruguai de remo

0

A cidade de Tui despediu á expedición da Selección de remo do Uruguai que levaba concentrada dende o pasado xuño para preparar competicións tan importantes como o recente Campionato do Mundo sub-23 onde acadaron importantes resultados.

Os 16 deportistas, o seleccionador Osvaldo Borchi e o médico da selección concentráronse no Centro Especializado de Tecnificación Deportiva de Remo e Piragüismo de Tui. Os mozos remeiros repartiron a súa estadía entre este centro, os adestramentos no río Miño e facendo turismo por toda a comarca do Baixo Miño.

No acto de despedida estiveron presentes o alcalde de Tui, Enrique Cabaleiro, o concelleiro de Deportes Rafael Estévez, o presidente do Club de Remo do Miño, Miguel Ángel González e a expedición uruguaia ao completo co seu seleccionador á cabeza.

O alcalde, Enrique Cabaleiro, amosou a súa satisfacción porque “este combinado de nivel internacional elixira por terceiro ano á cidade para a súa preparación”. Isto foi posible, dixo, grazas ás instalacións coas que conta Tui, unha cidade referencia no remo e no piragüismo, pero nas que o alcalde se comprometeu a investir para mellorar e facer extensibles estas estadías a outros combinados.

Tamén estivo presente o concelleiro de Deportes, Rafael Estévez, quen tomou a palabra para agradecer unha visita que conseguiu que os tudenses “sentan como propio tamén a esta selección, o mesmo que se fose un conxunto da cidade”.

Por parte da selección uruguaia, o adestrador Osvaldo Borchi destacou a importancia da preparación levada a cabo en Tui como pulo para acadar importantes éxitos, amais de agradecer o papel clave das institucións locais e deportivas que os acolleron.

Por parte do Club de Remo do Miño, o seu presidente, Manuel Ángel González, mostrouse encantado de que repetiran por terceira ocasión “pola vida que lle dan ao club ao ter un equipo nacional deste nivel adestrando con nós”.

Entre os deportistas o sentir xeral tamén era de agradecemento pola acollida, a experiencia e a pegada que deixa esta concentración. Algúns deles incluso repetían experiencia doutros anos na cidade e quixeron destacar o gran escenario de adestramentos que supón o Miño amais da importancia vital dunha viaxe que lles permite xuntarse, adestrar e alcanzar as súas metas deportivas.

Salceda mellorará os camiños das parroquias ao abeiro do Plan Concellos

A Xunta de Goberno da Deputación vén de conceder unha nova achega da Liña 1 de Investimentos do Plan Concellos 2022-2023 ao Concello de Salceda de Caselas, por importe de 115.625 euros, que lle servirá a este municipio para financiar a mellora de camiños municipais nas parroquias San Xurxo, Picoña, Entenza, Parderrubias e Budiño. As obras teñen por obxecto acondicionar estes viarios, que son moi utilizados pola veciñanza das respectivas zonas.

Os camiños que se arranxarán sitúanse en dez lugares. Na parroquia de San Xurxo traballarse nos situados en Cámara Agraria-Casás e Bouzavedra; na Picoña,  faranse dúas actuacións en Pedrapinta; en Entenza actuarase na Pista do Cotello, Penedos-Eido de Arriba e na Costa da Prata; en Parderrubias executaranse obras nun cruce en Fontán e en Maceira, e pavimentarase un tramo en Seixo Branco (Budiño). Na actualidade, segundo o proxecto do Concello, estes camiños se atopan pavimentados con aglomerado, pero presentan deterioro e existen zonas de terra que se asfaltarán, tanto en zonas de ensanche como en tramos de camiño completos. Nestas zonas estenderase e compactarase unha base de saburra artificial, previa á pavimentación definitiva.

Regresa a popular baixada de ‘Carros de Bolas’ de Camos

0

Os verdadeiros ‘autos locos’ regresan este luns 15 de agosto a Camos para deixar imaxes delirantes nesta parroquia que se pode considerar o auténtico berce do deporte en Galicia. Concello de Nigrán e Asociación Eixo Tolo ofrecen tras dous anos de parón pola pandemia á ‘XIV Baixada de Carros de Bolas’ na rúa San Roque con preto de 80 carrilanas inscritas. A principal novidade é que a proba estrea parte do percorrido co obxectivo de gañar en espectacularidade, así, volverán a saír do Torreiro de San Roque pero, en lugar de rematar na Touza, virarán á esquerda na rúa Xuncido (barrio de Balinfra) para afrontar maior desnivel, unha rasante e unha horquilla no trazado de 90 grados na propia meta. En total trátase de 1 km de lonxitude cun desnivel do 80%, o que fará que os vólidos ‘voen’ a case 110 km/hora e, no caso dos máis artesanais, a 80 km/hora.

“Como é o caso do ‘Flota como Poidas’ na Foz do Miñor, a baixada de carros de bolas de Camos é tamén un evento moi divertido pola orixinalidade dos artefactos que participan e ao mesmo tempo tamén moi espectacular polas velocidades que acadan e o propio trazado”, explica o alcalde, Juan González, quen anima a acudir.

En total, unha trintena de carrilanas federadas de todo o norte peninsular participarán na ‘Copa España’ e outra trintena competirán no ‘Campionato Libre Eixotolo’, destinado ás máis artesanais. O campionato arranca ás 10:00 horas cos adestramentos, para continuar xa coa propia competición ata as 14:00 horas, constando de dúas mangas puntuables. Como requerimento imprescindible figura que os rodamentos sean de aceiro e os carros conten con sistema de freado (ademais de que os participantes leven casco, codeiras e xeonlleiras e, en caso de menores, conten con autorización). Entre outros premios figura, no caso da categoría ‘libre’, os máis elaborados (300 €, 150 € e 100 €) e o ‘Era Visto’ para aquel que non chegue a meta por razóns previsibles xa a simple vista. No caso dos federados, a clasificación será por tempos.

Esta proba de carrilanas en Camos foi realizada por vez primeira no 1985, sendo a máis antiga de Galicia da que se teña coñecemento. Entre os seus grandes impulsores está Gerardo Ferreira, participante dende a súa orixe e promotor grazas á Asociación Eixo Tolo. “As carrilanas forman parte da tradición de Camos, cada neno construía o seu carro de bolas e xogabamos con el. Agora facemos este campionato para garantir que non se perda e en dous anos nos gustaría poder acoller o campionato de Europa”, explica.

«A Memoria da Illa de San Simón» busca que a veciñanza coñeza polo miúdo o papel da illa no contexto da Guerra Civil e da posguerra

0

O Concello de Redondela, a través das Concellerías de Turismo e Normalización Lingüística, que dirixen María Castro e a alcaldesa Digna Rivas, respectivamente, vén de poñer en marcha o programa «A Memoria da Illa de San Simón», unha iniciativa que buscar dar a coñecer entre a veciñanza, e polo miúdo, a o papel que xogou San Simón no contexto da Guerra Civil e a posguerra.

Rivas destaca o feito que “o que temos máis preto, as veces, é tamén o máis descoñecido” polo que «Memoria da Illa de San Simón» busca que tanto á veciñanza como as persoas que nos visitan, poidan coñecer, por unha banda, a Illa de San Simón e o seu papel, non só na guerra e na posguerra, senón tamén ao longo da historia e, por outra banda, teñan a oportunidade de facer un paseo polo enclave único que é a enseada de San Simón”.

Así pois, ata o vindeiro domingo 21 de agosto, «Memoria da Illa de San Simón» propón unha actividade de dúas horas de duración, cun percorrido pola enseada de 1 hora e outra hora na que as e os participantes poidan visitar a Illa, comezando polo Centro de Interpretación –no que, a través de paneis explicativos pódese facer un detallado percorrido pola historia da Illa a través dos séculos– para, de seguido visitar os distintos puntos de interese da illa.

A actividade, que ten un prezo case que simbólico de 8 € para as persoas adultas e reducido de 4 € para nenos e nenas de 5 a 12 anos, o domingo, 14 de agosto, o programa realizará visitas de mañá e tarde con saídas ás 11:30 h dende o Museo Meirande e ás 16:30 horas dende o peirao do porto de Cesantes.

O luns 15 de agosto, sábado 20 de agosto e domingo 21 de agosto as saídas serán dende o porto de Cesantes ás 16:30 horas.

O Rosal proxecta a reforma integral da escola unitaria de Tabagón

0

O Rosal continúa traballando para reforzar e modernizar a súa educación de proximidade. Trala reforma da Escola de Pías, o vindeiro obxectivo do Concello será rehabilitar a unitaria de Tabagón. Para conseguilo, o goberno municipal está a facer un grande esforzo para captar financiación europea a través do Programa de Impulso á Rehabilitación de Edificios Públicos (Pirep Local), enmarcado dentro do Fondo Next Generation.

Esta liña de axudas foi aberta polo Ministerio de Transportes, Mobilidade e Axenda Urbana (Mitma). O Rosal fará efectiva a súa candidatura grazas a unha subvención da Deputación de Pontevedra para a asistencia técnica de redacción deste proxecto de mellora de eficiencia enerxética da escola de Tabagón, que ascende a case 8.500 euros.   

O Concello puxo en marcha un proceso participativo xunto co equipo de dirección e os profesorado para debater e incluir todas as súas demandas co fin de darlle ao proxecto un enfoque integral e non limitarse á súa mellora enerxética.

Actualmente, estase redactando o proxecto técnico contratado para a súa posterior evaluación e obtención dos permisos necesarios. Unha vez obtida a autorización de Patrimonio, procederase á súa licitación e a súa adxudicación coa previsión de iniciar os traballos ao remate do curso escolar 2022-2023.

O proxecto de rehabilitación da Escola de Tabagón enmárcase dentro da estratexia de actuación do Concello para mellorar progresivamente a eficiencia enerxética de todos os edificios de titularidade pública. Segundo a alcaldesa do Rosal, Ánxela Fernández Callís, “as nosas escolas unitarias son unha prioridade” pois ademais de seren edificios dun gran valor patrimonial e arquitectónico, “fomentan unha educación de proximidade e axudan a fixar poboación e a manter viva a nosa contorna”. Por todo isto, “queremos que sexan espazos modernos e sostibles”.

A Xunta de Galicia adxudica a renovación dunha das súas tres resonancias móbiles

A Xunta de Galicia vén de publicar a resolución pola que adxudica á empresa General Electric Healthcare España a renovación dunha das súas tres resonancias móbiles. Este proceso pecha a aposta que realizou o Goberno galego nos últimos anos para renovar esta flota, que comezou en 2018 coa renovación dunha resonancia magnética móbil, seguiu o pasado ano coa incorporación doutra, e continúa neste exercicio, coa renovación da terceira, que vén de ser adxudicada, por un importe de 891.680 euros.

En consecuencia, a Xunta superará os tres millóns de euros de investimento dedicado a contar con equipos punteiros neste sistema de resonancias móbiles. Así, nun prazo de cinco anos terase renovado a totalidade destes equipamentos, substituíndo equipos que contaban xa con entre 12 e 15 anos.

Grazas a estas resonancias móbiles, os pacientes galegos aforraron milleiros de quilómetros en desprazamentos, garantíndose a igualdade na asistencia a aquelas persoas que viven lonxe dos seus centros de referencia. En concreto, estes equipos atenderon o pasado ano a máis de 17.000 pacientes, facendo máis de 21.000 resonancias magnéticas.

Os novos equipos, de última xeración, supoñen tamén unha maior flexibilidade e comodidade para os pacientes. En concreto, as melloras do novo equipo móbil incorporan vantaxes en aspectos de confort para o paciente, con dúas cabinas vestiario, así como unha maior amplitude do habitáculo onde se adquiren as imaxes, e un diámetro de imaxe de 70 cms, 10 máis que o anterior.

Outras melloras que se achegan no novo equipo móbil son unha resonancia de campo alto, incluíndo os últimos avances nesta especialidade diagnóstica. Permite, ademais, adquirir imaxes de Resonancia Magnética sen desprazar aos pacientes grazas á telerradioloxía. Xunto ao anterior, mellóranse os tempos e a calidade dos informes; evítase a repetición de probas ao estar accesibles para consulta polos clínicos no seu propio centro de traballo; e, así mesmo, posibilítase a colaboración e formación en rede dos radiólogos implicados.

Fondos europeos para renovación de tecnoloxía sanitaria

Este contrato entra dentro dos que está a tramitar a Xunta destinados a canalizar os fondos NextGeneration da Unión Europea para a renovación de equipamento sanitario. Ademais deste contrato de resonancias magnéticas, que incluía outras oito ascendendo ata os 10,9 millóns de euros, o Consello da Xunta xa autorizou este ano outras licitacións derivadas deste uso dos fondos Next Generation para a renovación e ampliación do equipamento de alta tecnoloxía sanitaria, como a adquisición de catro aceleradores lineais por 8,9 millóns, de 36 TACs por 21,4 millóns, de tres equipos PET-TC por 5,5 millóns, de catro equipos de radioloxía vascular intervencionista e catro equipos de neurovascular intervencionista por 8,4 millóns de euros ou, máis recentemente, de sete equipos de cardioloxía intervencionista por 5,9 millóns de euros.

Aposta da Xunta polos hospitais comarcais

Esta nova adxudicación demostra tamén a aposta que está a levar a cabo a Xunta polo equipamento dos propios hospitais comarcais. Así, os sete hospitais comarcais terán, no ano 2023, novos TACs no seu haber, xunto coas tres resonancias magnéticas móbiles de última xeración rotando para darlles servizo. A elo súmase á dotación de máis equipamento propio, como os equipos radiocirúrxicos mercados en 2021 cun investimento de 4,3 millóns, dos que sete foron para os hospitais comarcais.

Tamén o ano pasado a Xunta destinou seis millóns de euros para a subministración de ecógrafos para os servizos de radiodiagnóstico e urxencias. Deles, nove distribuiranse nos hospitais comarcais.

Neste plan de renovación e modernización tecnolóxica, a Xunta tamén adxudicou por 1,4 millóns de euros a renovación das lámpadas cirúrxicas dos quirófanos. Nesta licitación están incluídos igualmente os hospitais comarcais.

Con todo este investimento, a Xunta consolida a equidade no acceso á alta tecnoloxía e á mellora da calidade asistencial e a seguridade dos pacientes e profesionais tamén nos hospitais comarcais, que contan con magníficos profesionais que poden empregar toda esta tecnoloxía ao servizo da cidadanía.

Chega a VIII edición do Festival de Fontes e Muiños, cun percorrido polos mananciais de Santiago de Oliveira

A parroquia de Santiago de Oliveira prepárase para celebrar o seu Festival de Fontes e Muiños. Nesta oitava edición, a homenaxeada será a ‘Fonte do Aguito’. A Asociación Cultural “Os Muiños” organiza, xunto ao Concello de Ponteareas, esta tradicional andaina que terá lugar o vindeiro domingo día 14.

O punto de encontro será o propio edificio do Centro Cultural. Está previsto que a actividade dea comezo ás 11:00 horas cunha peregrinaxe por todas as fontes da parroquia. Deste xeito, percorreranse a Fonte da Regueira, a Fonte da Valonga, a Fonte da Pedreira e a Fonte dos Mouros até chegar, ao redor das 13:00 horas, á Fonte do Aguito, onde as persoas participantes farán un alto no camiño para rezar unha oración de agradecemento.

Finalmente, a partires das 14:00 horas, no Terreiro do Socorro (ou en caso de choiva, na capela) haberá petiscos para que as e os participantes da andaina poidan repoñer forzas e compartir experiencias.

O concelleiro de Cultura, Fernando Groba, convida á veciñanza a participar nesta actividade que pon en valor unha boa parte do patrimonio histórico e natural do Concello. Ademais, o edil quere agradecer “ao tecido asociativo e, en concreto, á Asociación Cultural Os Muiños de Oliveira o seu labor imprescindible para manter viva a parroquia e as súas tradicións”.

Baiona acolle esta fin de semana a IV Feira Apícola do Val Miñor

0

O Concello de Baiona, a través da Concellería de Medio Rural e A.G.A. (Asociación Galega de Apicultura), a través da súa Delegación Rias Baixas, organizan a IV Feira Apícola do Val Miñor que contará coa colaboración dos concellos de Nigrán e Gondomar.

A feira celebrarase o sábado 13 e domingo 14 de 10.00 horas a 22.00 horas no Paseo da Praia Ribeira no concello de Baiona na que haberá postos de venda de mel da nosa zona producida por apicultores locais.   

Para o domingo as 12.00 horas no multiusos Ángel Bedriñana terá lugar a presentación  do libro “Reprodución apícola”, escrito por Marcos Varela e unha charla sobre a cría de raíñas.

A Ramallosa acolle este domingo a feira de oportunidades ‘Portobelo’

0

O Concello de Nigrán colabora un ano máis coa asociación de empresarios ‘Ovalmi’ na organización da feira de oportunidades ‘Portobelo’ este domingo 14 de agosto na alameda de A Ramallosa, evento que volve a unirse á concentración de artefactos flotantes ‘Flota como Poidas’ que terá lugar ás 17:30 ao seu carón, no esteiro de A Foz.

Unha trintena de comerciantes da comarca ofrecerán durante todo o día (de 11:00 a 21:00 horas) os seus mellores descontos en produtos como calzado, pezas de vestir, menaxe, cosméticos… A feira estará acompañada de diferentes eventos, comezando cunha actuación ás 13:00 de L´Danzia e ás 16:00 de DanZarte, ‘Flota como Poidas’ a continuación e, para rematar, o showman e divertido crooner vigués Tony Lomba ás 20:30 horas.

Tras dous anos sen celebrarse por mor da pandemia debido aos miles de espectadores que reúne, o ‘Flota como Poidas’ regresa cunha ducia de embarcacións participantes á desembocadura do río Miñor. Como cada ano,  fiel á filosofía desta hilarante competición, premiarase ao artefacto flotante máis ‘currado’ e máis cutre, a tripulación máis simpática, a familia máis intrépida e participativa, o tripulante máis vello e máis novo e ao “Titanic” da edición.

O Festival Mundial do Ilusionismo visita Baiona

0

O Festival Mundial de Maxia ‘Galicia Ilusiona’ chega a Baiona o vindeiro luns, 15 de agosto, á Praza do Concello ás 18:00h, onde un dos mellores iluisonistas do mundo fará un espectáculo que non deixará a ninguén indiferente.

Xacobe será o artista encargado de facer maxia en Baiona.

‘Galicia Ilusiona’ é un Festival de Ilusionismo que pretende levar maxia e ilusión por toda Galicia entre os meses de agosto a outubro.

O Festival preve á realización de espectáculos de gran calidade para todos os públicos que se levarán a cabo en máis de 100 concellos repartidos polas 4 provincias galegas.

Maxia dun altísimo nivel da man dxs mellores e máis premiadxs ilusionistas do momento que inundarán de ilusión Galicia nun ano máxico inesquecible.

Mondariz recupera a normalidade das Festas da Peña de Francia e San Roque

0

As tradicionais Festas da Peña de Francia e San Roque de Mondariz recuperan a normalidade, despois de dous anos de incerteza por mor da pandemia, nos que o Concello de Mondariz asumira a programación sociocultural destas datas. “O labor da comisión de festas é encomiable. Son veciños e veciñas que traballan conxuntamente por un ben común, a organización das festas patronais, sen buscar outros intereses particulares”, afirma Xosé Emilio Barros, alcalde de Mondariz.

As actuacións musicais das festas patronais deste ano comezan este sábado, 13 de agosto, co concerto do grupo “Dakidarría”, que está financiado pola Deputación de Pontevedra, en colaboración co Concello de Mondariz, no marco do programa Musigal. “Xa antes da pandemia, a tendencia era programar un concerto con maior atractivo para a mocidade, normalmente o día 13”, comenta Barros.

O día 14 de agosto, a verbena estará amenizada polo grupo “Sildavia” e a orquestra “Solara”. O día 15, actuarán o grupo “Ritmo” e a orquestra “Saudade”. E o 16, o grupo “La Supersonic” e a orquestra “América”.

“Despois de dous anos sen festas no sentido máis tradicional, hai moitas ganas”, comenta o alcalde de Mondariz. Durante os dous veráns afectados pola pandemia, con todo, a Concellería de Educación e Cultura de Mondariz, con Anxos Carballo á fronte, tomou as rendas e organizou concertos e actividades socioculturais que respectasen as medidas de prevención para celebrar as festas da Peña de Francia e San Roque. En 2020, o ano con máis restricións, programáronse concertos de grupos de música da contorna que deron oportunidades de visibilización ao talento local. En 2021, aproveitouse o programa Musigal para traer a actuación dun artista galego con gran proxección como “Baiuca”.

A Cañiza recibe á neta de Ramón Cabanillas e ao lingüista xaponés Takekazu Asaka

0

O Salón de Plenos da Cañiza acolleu o pasado 3 de agosto un dos actos literarios máis importantes dos últimos anos. A presentación da traducción ao xaponés do libro do poeta galego Ramón Cabanillas “As Romaxes da Franqueira”, quen recuperou un peculiar romance que recreaba, en verso, a loita dialéctica entre un príncipe mouro e un devoto cristiá. Esta loita verbal forma parte dunha das lendas da Virxe e da representación teatral que todos os 8 de setembro se escenifica na romaxe de verán da Franqueira

Esta xoia literaria foi traducida polo profesor xaponés de Filoloxía Románica na Universidade de Tsudajuku, de Tokio, Takekazu Asaka, autor tamén de outras traduccións de referentes escritores galegos como Rosalía de Castro ou Uxío Novoneyra. Ademáis foi quen de publicar a primeira gramática de galego en xaponés.

No caso das “Romaxes da Franqueira” e grazas á colaboración da xornalista Carme Lourido, A Cañiza foi elexida para esta presentación á que tamén asistiu a neta do poeta galego, Pitusa Cabanillas, quen fixo unha intervención intimista e chea de sentimentalismo.

Ás 20h Carme Lourido, vinculada por lazos familiares á Cañiza, abriu o acto dando a palabra ao académico da RAG Paco Rei quen disertou sobre a obra e a vida dun dos nosos máis grandes escritores galegos.

Tras intervir Pitusa Cabanillas, comezou a ponencia do lingüista xaponés Takekazu Asaka, profesor de español e galego na Universidade de Tokio, quen fixo parte da súa exposición en galego, declarándose un namorado da nosa terra  e dando conta do profundo coñecemento que ten dos escritores e da literatura galega.

O acto rematou coa intervención do alcalde da vila, Luis Piña, quen despois de agradecer a todos os presentes a vontade de organizar este acto literario tan especial na Cañiza, convidounos a asinar no Libro de Ouro do Concello, quedando así unha testemuña desta ilustre visita.