10.2 C
Pontevedra
Venres, 29 de Marzo de 2024
Máis
    HomeA ParadantaCoveloXoga cos sentidos no campamento de verán da finca de A Seara,...

    Xoga cos sentidos no campamento de verán da finca de A Seara, en Covelo

    Se tes entre 5 e 12 anos este verán poderás vivir unha experiencia única inmerso na natureza. A finca A Seara, ubicada no barrio da Ermida en Covelo, ofrece do 22 ao 26 de agosto un campamento de verán no que xogar coa arte e coa natureza.

    O campamento “Xogando cos sentidos” realizará obradoiros de pintura, música, escultura e danza, ademais de permitir estreitar vínculos cos cabalos.

    En horario de mañá, de 10 a 14 horas, as e os participantes entrarán en contacto coa natureza, realizarán exercizos de meditación, xogos e todo tipo de actividades lúdico-didácticas.

    Organizado por A Seara e Eomaia en colaboración co Concello de Covelo, as persoas interesadas poderán atopar máis información na páxina da Fundación Eomaia tamén se pode contactar a través do enderezo electrónico fincaaseara@gmail.com.

    LIBROS

    A pegada de «Ronsel»

    A editorial Galaxia vén de recuperar a súa vella colección «Ronsel», concibida nos anos 80 para darlle cabida «a novas voces e a novas temáticas das nosas letras», en palabras da propia editorial. Daquela, foi o espazo no que se deron a coñecer algúns autores que, andado o tempo, acadarían sona no noso sistema literario, como foi o caso de Darío Xohán Cabana ou Miguel Anxo Murado. Nesta nova andaina e, polo de agora, estréase con dúas publicacións, pero anuncian novas sorpresas ao longo de todo este ano.

    Dores Tembrás, «Enxertos»

    A nostalxia é unha materia prima habitual á hora de escribir poesía, mais non fai falla chegar a tanto. Se, a cotío, esa nostalxia leva implícita certa dose de tristura morriñenta para lembrar tempos pretéritos, non sempre ten que ser así, como demostra Dores Tembrás no seu último poemario, «Enxertos». Dores mergúllase na súa propia memoria, na súa infancia na aldea e na mocidade urbanita, para poñer en práctica unha modalidade de nostalxia leda e luminosa, alonxada de tristuras e saudades

    Queridos Reis Magos…

    Nas cartas aos Reis Magos de Oriente nunca debe faltar unha boa dose de literatura, sexa cal sexa a idade do receptor. Neste andel, como facemos sempre, queremos aportar algunhas recomendacións dirixidas aos máis pequenos da casa.