Domingo, 25 Maio de 2025

O Porriño cambiará a cuberta do polideportivo do CEIP Plurilingüe de Atios

O Concello do Porriño acometerá nos próximos días os traballos se sustitución da cuberta do pavillón polideportivo do CEIP Plurilingüe de Atios.

A consecuencia do deterioro polo paso do tempo o material que cubre o pavillón non cumpre xa coa súa función de impermeabilización. “Estanse a producir entradas de augas pluviais ao interior e o problema agravouse coas choivas do último mes, en grado tal imposibilita a practica das actividades deportivas, tanto as escolares como outras de carácter municipal”,  explicou o alcalde, Alejandro Lorenzo, “Isto entraña un un perigo para os nenos que fan uso do pavillón e impide o normal desenvolvemento das actividades lectivas.  Por iso acordamos actuar de inmediato”.

Con tal motivo, contratouse polo procedemento de urxencia a renovación de toda a cuberta por unha nova formada por panel metálico con illamento intermedio e, ademais, instalarase unha nova rede de evacuación, formada por canalones metálicos de sección rectangular e baixantes de PVC.

As obras, financiadas con fondos municipais, contan cun orzamento de 70.304,65 euros.

A Guarda lanza unha enquisa online para coñecer as necesidades formativas to tecido empresarial local

0

O Concello da Guarda, a través da Concellería de Desenvolvemento Local que dirixe Fátima Rodríguez, lanza unha enquisa para coñecer as necesidades formativa do tecido empresarial da vila, especialmente para o sector da hostalaría e comercio.

Neste ano 2023 programaranse diversas píldoras formativas orientadas a favorecer a competitividade do sector hostaleiro e comercial da vila e é por elo que se quere coñecer cales son as demandas formativas existentes entre os empresarios e empresarias para facer unha formación axeitada ás súas necesidades.

Entre as propostas de formación para hostalaría destacan accións sobre Cata de cafés, Latte Art, Barista básico, Coñecementos xerais do café, Tiraxe de cervexa, Empratados e presentacións, Servizos de mesa, Cata de viños, Mellora da reputación online, Publicidade en Facebook e Instagram, Ciberseguridade empresarial: Antivirus, Copias de Seguridade, VPN´s… ou E-mail Marketing.

No caso do comercio as propostas van encamiñadas a accións sobre Publicidade en Facebook e Instagram, Ciberseguridade empresarial: Antivirus, Copias de Seguridade, VPNs… ou e-mail Marketing.

Enquisa para hostalaría

https://docs.google.com/forms/d/e/1FAIpQLScNJunElMU1qoABaooVtN-B_bVZDw1A9HOuaQtZ_5Mfgo13Iw/viewform

Enquisa para comercio

https://docs.google.com/forms/d/e/1FAIpQLSeUjOf2CNjiTX4w1dFyMHsMBBWqsSd7wpYIaIgPj7RSafueWw/viewform

Os empresarios e empresarias interesados/as en participar poden encher as enquisas ata o 31 de xaneiro de 2023, data na cal se pecharán as enquisas e se valorarán aquelas accións formativas máis demandadas, para axendar a súa realización en función dos horarios máis axeitados, que tamén se teñen en conta nas enquisas.

A Cañiza porá en marcha un programa de prevención de drogodependencia

0

Segundo comunicou o alcalde da Cañiza, Luis Piña, no Pleno extraordinario e urxente celebrado este 16 de xaneiro ás 16.30 h, aprobouse por unanimidade de toda a Corporación o texto do novo Convenio de Condutas Aditivas para a creación desta unidade e o desenvolvemento do proxecto de prevención de drogodependencia.

Este proxecto, dirixido á comunidade en Xeral, prestará especial atención á poboación adolescente e ás súas familias. 

Un novo servizo de prestación agrupada e xestión compartida entre os Concellos da Cañiza, Arbo, Crecente e Melón que permitirá a posta en marcha desta nova unidade para os anos 2022-2025, xestionado dende o Concello da Cañiza como promotor.

Esta nova unidade de prevención de condutas aditivas ten un investimento de 51.800,39 € para os catro anos e está cofinanciada pola Consellería de Sanidade da Xunta de Galicia a través da Orde do 21 de xullo de 2022, cunha axuda total de 42.476,32 € para os catro anos, distribuidos en  7.079,39 € para o ano 2022, 14.158,77 €  para 2023, 14.158,77 € para 2024 e 7.079,39 € para o ano 2025.  Os 9.324,07 € restantes serán aportados polos Concellos en proporción a criterios de poboación. 

Un importarte servizo que entra en funcionamento para encarar un dos maiores problemas da sociedade no ámbito da saúde e no ámbito social: o consumo e abuso de drogas coa agravante de que a idade de inicio do consumo segue sendo moi temperá, entre os 12-13 anos. 

Os concellos da Cañiza, Arbo, Crecente, Melón non son alleos a esta problemática e tendo en conta que a poboación máis nova dos 4 municipios conflúe en espazos comúns, unha vez máis, adoptaron o acordo de colaborar para desenvolver as accións que permitan  traballar na prevención das drogodependencias e na promoción da saúde. Tamén se comprometen a cumprir cos obxectivos marcados polo Plan de Trastornos Aditivos de Galicia, co fin de reducir, na medida do posible, a problemática ocasionada polo consumo de drogas na Comunidade Autónoma. 

Unidade de prevención de condutas aditivas

O novo servizo contará cun profesional con titulación universitaria e formación específica en condutas aditivas. A unidade terá a súa sede no Concello da Cañiza, ainda que o técnic@, se desprazará ao resto dos Concellos para atender o servizo.

Entre as funcións da unidade están principalmente, a execución e avaliación dos programas de prevención de condutas aditivas, actuar como nexo de unión entre a Dirección Xeral de Saúde Pública e calquera entidade que teña relación coa prevención das condutas aditivas e atender e canalizar as demandas de información, asesoramento e formación sobre este tema.

Distribición por concellos para os 4 anos

CONCELLONº HABITANTESAPORTACION %APORTACION €
A CAÑIZA5.11547,30%4.410,28
ARBO2.59924,04 %2.241,50
CRECENTE1.96118,00 %1.678,33
MELON1.13510,66 %993,94
TOTAL10.810100,00 %9.324,05

NÚMERO TOTAL HABITANTES:10.810

APORTACIÓN MUNICIPAL TOTAL: 9.324,07 (18 %)

O Museo celebrará os seus primeiros premios ‘Q’ de calidade e ‘S’ de sustentabilidade

O Museo de Pontevedra quere celebrar que é a primeira entidade museística de todo o estado en recibir de maneira conxunta os Premios ‘Q’ de calidade e o ‘S’ de sustentabilidade concedidos polo Instituto de Calidade Turística de España (ICTE). E quere facelo coa veciñanza en Pontevedra, polo que logo de recoller este xoves en Madrid o premio da man da presidenta Carmela Silva, o vicepresidente César Mosquera e o director Xosé Manuel Rey na denominada #NocheQ, a celebración seguirá na cidade do Lérez o vindeiro martes  cun acto de conmemoración no que haberá música e audiovisuais.  

Segundo explica o vicepresidente Mosquera, quérese compartir coa cidadanía que o Museo “é unha institución con grande potencia, agora recoñecida con estas distincións de calidade e sustentabilidade de forma certificada, pero aínda por desenvolver todos os seus recursos, algo que debe facer da man de todas e todos os pontevedreses”. Por iso, ao acto do martes estarán convidadas ademais das persoas integrantes do Consello Asesor do Museo, as deputadas e deputados da Corporación Provincial e os concelleiros da Corporación municipal de Pontevedra, así como todas as persoas que o desexen (previa inscrición en [email protected] xa que a capacidade é limitada).

O acto será o martes 24 ás 19.30 horas no Edificio Castelao e contará coa actuación musical do grupo Mallou – recentemente galardoado co  XIV Premio Narf-, coa proxección dun audiovisual sobre o traballo do Museo, con discursos institucionais, así como coa participación de representantes da restauración e hostalería que dispoñen tamén do galardón da ‘Q’ de calidade na cidade de Pontevedra: Ultramar, Eirado da Leña e Parador de Turismo.

Previamente á celebración local, este xoves 19 de xaneiro ás 21:00 o Museo recollerá os seus galardóns na Gala da Noite Q, onde o ICTE organiza a gran festa do sector turístico español, terá lugar o na Galería de Cristal do Palacio de Cibeles en Madrid , coincidindo con FITUR. A Gala ten como obxectivo recoñecer a todas as empresas e organizacións turísticas que apostan pola Calidade Certificada.

Excelencia na xestión

O Museo de Pontevedra referendou a súa aposta pola excelencia co recoñecemento da esixente marca “Q” de calidade turística, que promoven o ICTE (Instituto para a Calidade Turística Española) e a Asociación Española de Normalización UNE o pasado verán. Só dispoñen deste selo, entre os grandes museos españois, o Guggenheim de Bilbao, o Museo Thyssen-Bornemisza, en Madrid, e o MARQ de Alacante. O Comité de Certificación do Instituto para a Calidade Turística Española (ICTE), de feito, concedeu ao Museo de Pontevedra unha cualificación sobresaínte na súa avaliación.

A puntuación media foi de 9,4 sobre 10, o que avala o cumprimento rigoroso da xestión da calidade na prestación de diferentes servizos á cidadanía, incluíndo aspectos tan importantes como a accesibilidade, a atención ao visitante, a sinaléctica, a comunicación e información ás persoas usuarias ou a xestión de visitas e actividades educativas e culturais.  Neste último apartado obtivo unha puntuación de 10.

Por outra parte, o Museo recibiu tamén o ‘S’ de sustentabilidade, converténdose no primeiro museo de España en recibir esta distinción (xunto coa Q de calidade). Este selo certifica a contribución do Museo aos obxectivos de desenvolvemento sostible mediante auditorías e cos máximos estándares de calidade. Isto permite ao Museo de Pontevedra aliñar a súa xestión cara ao cumprimento da Axenda 2030 da ONU mediante accións concretas adaptadas a esta institución. O plan de sostibilidade do Museo certificado polo ICTE céntrase en concreto en tres obxectivos: educación de calidade, igualdade de xénero e enerxía asequible e non contaminante.

A obtención dos distintivos forma parte das accións contempladas no Plan Xeral de Actuación 2019-2023 do Museo, e reforza a súa aposta decidida pola calidade e a excelencia en tódolos ámbitos da súa xestión operativa diaria, por ofrecer a cada visita a mellor experiencia cultural e turística posible, e por converterse nun referente a nivel nacional e internacional no ámbito do turismo cultural.

Mos avanza cara ao saneamento integral dando servizo a 20 casas das parroquias de Louredo e Tameiga

0

A alcaldesa de Mos, Nidia Arévalo, e o tenente alcalde e concelleiro de Vías e Obras, Camilo Augusto, informaron hoxe que desde a admistración local continúanse a dar importantes pasos para completar a rede de saneamento no municipio.

O Concello de Mos inviste 100.000 euros en dúas obras de saneamento nas parroquias de Louredo e Tameiga. Trátanse de traballos de instalación da rede de saneamento no Camiño Costa de Fiel en Louredo e no Camiño da Curuxeira na parroquia de Tameiga, dando servizo a un total de 20 casas. Ambos acométeos a administración local mosense con medios propios.

As obras de saneamento no Camiño Costa de Fiel-parroquia de Louredo, completan as redes na zona indicada e permiten dar servizo a 5 novas vivendas. As obras consisten na canalización das diferentes tubarías de PVC destinadas á rede de saneamento incluíndo todas as operacións complementarias: excavacións, pozos, reposicións….

As obras consisten na ampliación e mellora da rede de saneamento na parroquia de Louredo, co fin de chegar a todos aqueles lugares e vivendas do concello de Mos, que aínda carecen deste servizo. Lévase para elo a cabo a execución de 264,20 m de saneamento no Camiño de Costa de Fiel.

Os traballos inclúen demolicións e actuacións previas co corte e demolición de pavimento en todos os ramais, onde está previsto repor o firme na zona de apertura de zanxa. Procederase á excavación da zanxa e posterior recheo e compactación da mesma.

No novo tramo da rede de saneamento instalouse un colector de PVC de Ø315 para dotar de saneamento ás vivendas situadas nos marxes das zona e que actualmente carecen del. A nova pavimentación consistirá na reposición da zanxa con 20 cm de zahorra e 5 cm de mezcla bituminosa en quente.

O orzamento total das obras en Costa de Fiel, financiado con fondos popios municipais, ascende a 43.349,39 €.

Por outra banda, o Concello de Mos está a acometer con medios propios traballos de instalación de rede de saneamento no Camiño da Curuxeira en Tameiga. Obras valoradas en preto de 60.000 euros e que darán servizo de sameamento a 15 vivendas da zona, con conexións á rede xeral das 15 casas.

Aproveitouse esta obra tamén para que a Comunidade de Augas de Casal-Tameiga cambie a tubería da traída de augas, asumindo o Concello o custe da zanxa e reposición, para que a Comunidade de Propietarios poida repoñer o tubo que corre da súa conta, e quede todo listo para que, por último, o Concello poida asfaltar con todos os servizos necesarios acometidos. A previsión é de que en febreiro poidan estar rematadas as obras.

Nigrán adquire un órgano dixital

0

O Concello de Nigrán investíu 2.500 € na adquisición dun órgano portátil dixital marca Johannus a petición da Coral Novos Aires de Nigrán, entre outras formacións interesadas.

instrumento musical, estreado no derradeiro Concerto de Reis no Auditorio Municipal o 8 de Xaneiro,  estará no  a disposición de todas aquelas agrupacións do municipio que o requiran e da Escola Municipal de Música.

O órgano dixital, coñecido como ‘litúrxico’, ofrece ao instrumentista a mesma disposición que a dun órgano de tubos clásico: teclados, pedais e rexistros de execución. A diferenza esencial é que en lugar de producir son por tubos, o órgano dixital emprega xeradores electroacústicos cuxa sinal se envía aos altofalantes a través dos amplificadores.

Redondela contará por primeira vez con 2 recoñecementos especiais en Fitur

0

Redondela participará en Fitur por primeira vez na historia do municipio con 2 recoñecementos especiais, ademais da participación dentro do Xeodestino Ría de Vigo e Baixo Miño. O stand institucional de Galicia disporá dun mostrador especificamente dedicado á Q de CALIDADE TURÍSTICA, onde Redondela estará representada através da Batalla de Rande que acaba de recibir recentemente esta distinción por patte do Instituto para a Calidade Turística Española (ICTE); Ademais contará co recoñecemento Premio Eidos-Redondela: el Cementerio más bonito de España, cunha presentación individual dentro dos recoñecementos especiais de Turismo Galicia.

A Presentación de RECOÑECEMENTOS ESPECIAIS que realizará Turismo de Galicia será o xoves 19 de xaneiro, ás 14.30h. Nesta estarán presentes a alcaldesa, Digna Rivas, xunto coa Concelleira de Turismo, María Castro.

Fitur é a primeira cita anual para os líderes da industria do turismo, un punto de encontro global para os profesionais e a feira líder dos mercados receptivos e emisores de Iberoamérica. Redondela está presente dentro do Xeodestino Ría de Vigo e Baixo Miño presentando a súa proposta “Degusta” centrada na gastronomía e na que non falta o Choco de Redondela. Na edición anterior a alcaldesa, Digna Rivas, mantivo contactos con profesionais do sector, así como coa ministra de Turismo, Reyes Maroto, e o secretario de Estado para o Turismo, Fernando Valdés para dar a coñecer a oferta cultural e patrimonial.

“Este ano ademais de presentar a Redondela dentro do Xeodestino Ría de Vigo e Baixo Miño, estou moi orgullosa de poder decir que levamos dous recoñecementos especiais por pimeira vez na historia do municipio. Todos estes anos de traballo tiveron o seu froito, pois os profesionais e representantes institucionais da industria turística valoran a cantidade e calidade da nosa oferta”, explica Rivas.

Tras a maior crise xerada pola pandemia, Fitur será o escenario que confirme a recuperación/aproximación das cifras de 2019. Algo do que o Concello de Redondela está singularmente satisfeito, pois segundo apunta Digna Rivas “Redondela non só recuperou os datos previos a pandemia senón que os mellorou superando as cifras de visitantes nun 30% respecto ao 2018. Segundo datos da oficina de turismo, acadamos os mellores resultados dos últimos 5 anos. As tendencias turísticas e as demandas do público variaron nos últimos tempos”, asegurou a alcaldesa quen incidiu sobre o feito de que un gran número de persoas “relegan a un segundo plano o tradicional turismo de sol e praias e decántanse polo turismo natural ou polo descubrimento dun turismo patrimonial e histórico no que Redondela ten moito que ofrecer”.

DENTRO DO ESPAZO XEODESTINO RÍA DE VIGO E BAIXO MIÑO

Redondela presenta dentro do stand de Turismo Galicia todas as súas propostas turísticas como:

  • A Festa da Coca, declarada de Interese Turístico de Galicia, coa espectaculares Danza das Espadas e Danza das Penlas.
  • A excelencia gastronómica da Festa do Choco que, ano tras ano, pon en valor uno choco autóctono da enseada de San Simón.
  • O Festival Internacional de Monicreques, de recoñecido prestixio dentro e fora das nosas fronteiras.
  • O Festival ArteLixo, que cada ano conta cunha maior sona, o Festival de Artistas de Rúa.
  • Os tradicionais Maios ou a Festa dos Fachos, unha boa mostra do que Redondela oferta en cultura, gastronomía, arte e tradición.

A estes atractivos innegables, sumábase abundante información sobre a potencialidade do municipio redondelán en patrimonio artístico e cultural, aspecto no que o Goberno local traballa arreo para a súa rehabilitación e posta en valor. Cemiterio de Eidos, Fonte de Santiago ou Fonte da Raíña, todos eles recentemente recuperados, son tan só unha pequena mostra dos numerosos atractivos cos que conta Redondela neste campo.

Doutra banda, a cultura castrexa co castro de Negros como elementos destacado , os petróglifos da área de Monte Penide ou do Charco da Lagoa en Trasmañó, únense ao Centro de Interpretación da Batalla e Patrimonio de Rande á hora de achegar ás e aos visitantes, fragmentos da historia de Redondela da importancia que o municipio tivo ao longo dos tempos.

Espertou un grande interese entre as e os profesionais turísticos, o feito de que Redondela fose punto de confluencia do Camiño Portugués e Camiño Portugués pola Cousas (este último o que maior crecemento ten de todos os roteiros xacobeos) o que supón un fluxo constante de persoas.

Nese sentido, Digna Rivas lembrou o traballo que se está desenvolvendo desde a Concellería de Turismo para que as e os peregrinos que percorren o roteiro xacobeo “non só pasen por Redondela, senón que se deteñan no municipio, pernoiten e teñan a oportunidade de coñecer máis a fondo non so a nosa riqueza cultural, artística e patrimonial, senón a hospitalidade das nosas xentes”.

Isabel Castro e Miguel Rodríguez conseguen para Ponteareas importantes triunfos no Campionato de España de Ciclocrós

O concelleiro de Deportes, Miguel Bouzó, vén de trasladar os parabéns do Goberno local ás e aos corredores que esta fin de semana acadaron excelentes resultados no Campionato de España de Ciclocrós disputado na localidade barcelonesa de Vic.

A corredora do Condado Bike Isabel Castro proclamouse campioa de España na categoría máster 50A tras unha intensa carreira na que conseguiu sacarlle 1’ 35’’ á segunda clasificada. Pola súa banda, o ciclista ponteareán de Supermercados Froiz Miguel Rodríguez convertíase en subcampión tras unha carreira nun circuíto pouco favorábel pero co que conseguía subir un chanzo no caixón sub23 con respecto ao ano pasado.

O edil quixo estender estes parabéns a todas e todos os ciclistas ponteareáns que disputaron unha proba na que deixaron claro o bo momento que atravesa o ciclismo ponteareán. A alcaldesa de Ponteareas, Cristina Fernández Davila, salientou que “para a nosa vila é todo un orgullo ter grandes corredores e corredoras que levan o nome de Ponteareas por todos os recunchos sempre vinculado a grandes éxitos deportivos e continuando unha tradición que nos mantén como referente no ciclismo e en todos os ámbitos deportivos”.

Educar con ciencia e conciencia, eixo da VIII Semana da Educación de Tomiño

0

Tomiño prepárase para volver ser referente no eido educativo coa posta en marcha da tradicional Semana da Educación, que este ano celebra a súa oitava edición con catro recoñecidos expertos e expertas que abordarán cuestións como a alimentación, os móbiles e os videoxogos, a educación ecosocial ou o tipo de docentes.

Baixo o lema ‘A educación e ciencia. A educación é conciencia’, o auditorio de Goián acollerá do 6 ao 9 de febreiro (19.00 h) estas xornadas dirixidas tanto a persoal docente e educador como a pais e nais que busquen informarse ou formarse en diferentes aspectos relacionados co mundo da educación.

“Cada ano preparamos con ilusión esta semana porque cremos que a educación é a mellor ferramenta que temos nas nosas mans para conseguir transformar a nosa sociedade”, explica a alcaldesa, Sandra González, que convida a toda a veciñanza e ás e aos profesionais da educación a asistir a este evento totalmente de balde.

O encargado de inaugurar unha nova edición da Semana da Educación será José Manuel López Nicolás, que o luns 6 de febreiro falará dos ‘Alimentos do século XXI: verdades e mentiras’. Catedrático en Bioquímica e Bioloxía Molecular na Universidade de Murcia, investigador, escritor, docente, vicerreitor e membro da Academia de Ciencias da Rexión de Murcia, López Nicolás enfocou a súa carreira ao descubrimento de novos achados en bioquímica, nutrición ou biotecnoloxía, publicados nas máis prestixiosas revistas científicas. O seu labor divulgativo levouno a facerse co Premio Tesla 2013, co Premio Bitácoras ao Mellor Blog de Ciencia, co Premio especial do xurado ASEBIO 2016, co Premio Ciencia en Acción á mellor conferencia ou o Premio Prisma especial do xurado pola súa traxectoria. Coa súa charla en Tomiño, López Nicolás botará luz sobre os mitos e realidades que rodean á alimentación actual, analizando a efectividade da maioría dos alimentos que atopamos nos supermercados e desmontando algúns produtos ‘con’ e ‘sen’.

O martes 7 de febreiro subirase ao escenario Eurídice Cabañes, escollida como unha das 100 Game Changers en 2020 por Gameindustry e codirectora da organización internacional centrada no viodeoxogo como ferramenta de transformación social ARSGAMES. Doutora en Filosofía e docente, Cabañes conta con máis de 60 publicacións entre artigos, libros e divulgación e deu máis de 140 conferencias en Asia, Europa, Australia, Norteamérica e Latinoamérica. Fundadora e directora da Fábrica Dixital El Rule da Secretaría de Cultura da Cidade de México e colaboradora co Centro Multimedia do CENART, é tamén comisaria de numerosas exposicións relacionadas co mundo dos videoxogos. Na súa charla ‘Pantallas, móbiles e videoxogos’ abordará un dos temas que máis preocupa hoxe en días ás familias: o uso das novas tecnoloxías e o seu impacto na infancia e na mocidade.

Na xornada do mércores 8 de febreiro abordarase con Miriam Leirós a ‘Ciencia, medio ambiente e sociedade: a educación ecosocial’. Mestra de primaria, educadora ambiental e experta en xestión social do hábitat e deseño participativo, Leirós é coordinadora de Teachers For Future Spain, colectivo que desenvolve programas de acción e concienciación ecosocial. Autora de diferentes libros, é tamén compoñente do grupo de ‘Expertos Independentes da Asemblea Cidadá para o Clima de España’ e participante na COP 25. Durante a súa conferencia achegará ao público a educación ecosocial, que inclúe as relacións entre as persoas e os hábitats na procura do coidado e protección para o ben común, ensinando a sopesar consecuencias para cooperar como sociedade.

A oitava edición da Semana da Educación baixará o pano coa charla o xoves 9 de febreiro de Nino Cervera ‘Es o/a docente que che gustaría ter cando estudabas?’. Dende que era cativo quería mellorar o mundo e sabía que para conseguilo era preciso mellorar ás persoas. Licenciado en Administración e Dirección de Empresas, atopou a súa vocación como profesor de secundaria e universidade, organizando proxectos de innovación con impacto social e medio ambiental e traballando para fusionar a educación aplicada á vida real. A través da súa conferencia, que será en formato obradoiro, o público poderá experimentar e reflexionar sobre as claves dun bo ou boa docente e a boa educación, todo dende a perspectiva do alumnado e a metodoloxía para obter clases innovadoras, motivadoras e inspiradoras.

A xornada Conecta + chega ao Pazo Provincial da Deputación

O Pazo provincial da Deputación de Pontevedra converterase este sábado, 21 de xaneiro, no punto de encontro do audiovisual galego grazas á xornada Conecta +, que desenvolven conxuntamente a institución provincial e a Asociación Galega de Profesionais da Dirección e Realización (CREA). Trátase dunha xornada de networking na que creadoras e creadores audiovisuais que conten con proxectos en desenvolvemento terán a posibilidade de reunirse con profesionais de preto dunha quincena de produtoras galegas e do conxunto do Estado, que poidan estar interesadas nos seus proxectos. Desta maneira, promóvese a construción de equipos que combinen talento e capacidade de execución.

Conecta + vai dirixido a un amplo abano de profesionais do audiovisual, tanto creadores e creadoras, como directores e directoras e guionistas de cine e televisión que están elaborando proxectos de cinema e televisión, como produtores e produtoras profesionais especializados na posta en marcha de produtos audiovisuais, interesados en atopar novos proxectos e profesionais cos que acudir conxuntamente ao mercado. As e os primeiros poderán presentar os seus proxectos a produtoras coas que poderán establecer unha colaboración profesional ou, polo menos, recibir opinións e orientacións que poidan axudarlles a reflexionar sobre o mesmo e contribuír a fortalecelo.  No caso das produtoras, terán a oportunidade de coñecer proxectos e novas creadoras e creadores cos que poderán chegar a establecer relacións profesionais.

Desta maneira, ao longo da mañá haberá reunións individuais entre creadores/as e produtoras/es, mentres que pola tarde, a partir das 17.00 horas, o Salón de Plenos acollerá o coloquio “O papel de creadores/as no proceso de financiación”, que estará aberto ao público xeral e para o que é necesario confirmar asistencia a través do correo electrónico [email protected]. Correrá a cargo de Silvia Lobo, consultora en distribución, ventas e deseño de audiencias, programadora de WIP-MAFIX no Festival de Málaga, e Manuel Monzón, produtor executivo e fundador de Monzón Films e colaborador en Contracorriente Films, Globomedia Group ou Nostromo Pictures, entre outros.

A xornada permitirá tamén escoller o sexto dos proxectos que participarán no Laboratorio Cultural Conecta Lab no que, a través de asesorías de guión e dirección que serán impartidas por profesionais de gran prestixio no sector, preténdese impulsar e acompañar o proceso de creación, escritura e desenvolvemento de longametraxes e series, un proceso que culminará coas “residencias” que terán lugar na Illa de San Simón ao longo do mes de abril de 2023. Estes primeiros encontros serán online e terán como obxectivo a preparación dos proxectos, así como a personalización da formación posterior. De esta maneira, o proxecto que elixa o xurado, formado pola directora Ángeles Huerta, o director Álvaro Gago, o guionista Enrique Lojo, e as produtoras participantes na xornada, unirase aos de Iria Sobrado, Alexandre Cancelo, Nacho Ozores, Irene Pin e Lidia Fraga e Jacobo Díaz, seleccionados xa a finais de 2022.

Rematadas as obras da primeira fase de rehabilitación da antiga Casa da Sociedade en Fornelos

O Concello de Salvaterra de Miño, en colaboración coa Comunidade de Montes de Fornelos, ven de rematar a primeira fase de rehabilitación do que era a antiga Casa da Sociedade, na parroquia de Fornelos.

Nesta primeira fase realizouse a reconstrución da cuberta do inmoble, por algo máis de 45.000,00 €. Durante as seguintes fases de traballo levarase a cabo as divisións interiores, colocación de aluminio e lavado e encintado de todo o edificio.

O fin desta obra é a rehabilitación integral do edificio, cun gran valor histórico e sentimental para a parroquia, e que sexa un punto de referencia á hora de desenvolver actividades culturais e sociosanitarias para os seus veciños.

Baiona continúa coa segunda fase de humanización da rúa Carabela Pinta

0

O Concello de Baiona sacou a licitación a segunda fase da humanización da rúa Carabela Pinta, cun orzamento de adxudicación de 285.000 euros.

“Esta actuación supón un paso máis no novo modelo de vila posto en marcha neste mandato municipal, con máis espazos de preferencia peonil, mellor accesibilidade e seguridade viaria, cumprindo ademais as directrices do novo Plan de Mobilidade Urbana Sostible (PMUS) de Baiona”, explica o alcalde, Carlos Gómez Prado.

A rúa Carabela Pinta é unha das principais arterias da vila. O ámbito da nova fase de humanización constitúe o tramo da rúa desde o seu encontro con Cidade de Vigo, ata a conexión con Marqués de Quintanar, ademais da intervención sobre o extremo Sur da rúa Cidade de Vigo.

Por iso, o presente proxecto ten por obxecto realizar as obras necesarias para impulsar a mobilidade e accesibilidade neste tramo, permitindo recuperar espazos para o peón no trazado da rúa.

“Este tramo da rúa terá unha solución de plataforma única, dando continuidade á zona xa humanizada, dispoñendo dun novo pavimento que dea prioridade ao peón, mellorando a súa accesibilidade e funcionalidade”, afirma o concelleiro de Obras, Óscar Martínez.

Coa humanización, tamén se soterrarán as instalacións urbanas aéreas existentes; así como tamén se proxecta a renovación da canalización de formigón existente de saneamento, con rede separativa de augas fecais e pluviais, a renovación da rede de iluminación, xunto coa substitución da rede de abastecemento, e a incorporación dunha instalación de rega para as zonas verdes.

Así mesmo, dotarase ao tramo de vía intervido co mobiliario urbano necesario, consistente en iluminación, zonas verdes, bancos, papeleiras e un paso de peóns con sinalización intelixente, no encontro do ámbito de actuación coa rúa Marqués de Quintanar.

A Guarda pon en marcha o obradoiro “Decora o teu pobo”

0

As persoas maiores de 65 anos son un dos colectivos sociais que máis tempo de lecer teñen. A forma de vivilo é un aspecto moi importante para a súa saúde e unha oportunidade para poder facelo dun xeito que aporte autorrealización, vida activa, conexión con outras persoas, etc.

“Decora o teu pobo” é un proxecto pensado para que as persoas participantes dediquen un tempo semanal activo a xuntarse entre elas, compartindo experiencias, tecendo redes e creando distintas pezas creativas que serán colocadas en rúas e prazas do Concello, aumentado así o seu sentido de pertenza á comunidade na que viven.

De xeito paralelo, a través desta iniciativa conseguimos tamén mellorar a imaxe do pobo e darlle unha segunda vida a materiais de refugallo ou que están en desuso.

As persoas interesadas en participar nestes obradoiros poderán facelo chamando ao Club de Maiores a través do teléfono 685 594 765.

Ponteareas instala vinilos para protexer as obras do museo municipal da luz solar

O Museo municipal de Ponteareas protéxese da luz solar. O Concello vén de instalar unha serie de vinilos nas cristaleiras que, ademais de ter un efecto estético e identificativo das propias instalacións, permite protexer as obras que acolle o museo dos raios ultravioletas e favorecendo unha mellor conservación de cada unha das pezas.

“Dende o Concello continuamos traballando na mellora das nosas instalacións para que a veciñanza goce dos nosos bens culturais. Con estes vinilos redúcese a entrada dos raios solares, o que evita o deterioro que esta luz produce cando incide directamente sobre un cadro, papel, fotografías, mobiliario… evitando a decoloración e a degradación das pezas”, salienta o concelleiro de Cultura, Fernando Groba.

No Museo municipal ponteareán a veciñanza pode observar elementos e obras relacionadas coa vila de diferentes épocas históricas. Así, as instalacións acollen numerosos materiais do Paleolítico atopados na Freixa, na Moscadeira, na Pedra da Auga…, deixando á vista do público unha ampla mostra de elementos deste período como bifaces, cantos tallados ou raspadores. Un elemento importante do museo confórmao o petróglifo xeométrico no que aparecen círculos unidos por diferentes liñas.

Da Idade do Bronce destaca un machado de tope, dous aneis e un molde de fundición do Monte das Carballas, na parroquia de Guillade. Tamén está moi ben representada no Museo a cultura castexa, con elementos procedentes do Castro de Troña, Lourido ou O Couto de Altamira, en Taboexa.

Pola súa banda, da Idade Media destacan tres pías bautismais, unha delas considerada un exemplares mellor conservados de Galicia, de estilo románico. Da época contemporánea, o Museo acolle vitrinas e cadors que reflicten a importancia de numerosos persoeiros nados en Ponteareas e que destacaron en diversos eidos, como a política, a cultura ou a literatura, como Amado Garra Castellanzuelo, Gabino Bugallal, Manuel Domínguez Benavides, Fermín Bouza Brey, Alfredo Pedro Guisado, Emilia Estévez Villaverde, Rogelio Lorenzo, Silverio Rivas, Alfonso Quinteiro, Antonio Medal ou Alfonso Pexegueiro, entre outros e outras.

O concelleiro de Cultura anima a todas e todos os ponteareáns a visitar estas instalacións municipais que lles permitirán relizar un incrible percorrido por parte da historia da vila.

O Porriño planta 100 novas árbores no centro urbano

A Concellería de Parques, Xardíns e Limpeza, que dirixe José Carlos González, comezou xa os traballos de replantación do arboredo do casco urbano e Torneiros.

En total serán un centenar de exemplares os que se plantarán en posicións onde non se repuxeran, seleccionando a tal fin árbores de boa calidade acaídos para o marco de plantación como tilos, camelios e magnolios, entre outros.  O Concello procede tamén á retirada de 47 tocóns , con medios mecánicos e manuais, e posterior traslado destes restos vexetais cun xestor autorizado.

“Os traballos comezaron no Parque do Cristo, onde se retiraron os restos das 18 árbores danadas (tocóns de aproximadamente 50/70 cm de diámetro) e se replantaron 17 novas árbores, concretamente 14 na contorna da Capela e 3 na zona do parque infantil”, explicou o concelleiro, “Continuaremos repoñendo 4 árbores na rúa Domingo Bueno, 4 na rúa Foz, 6 en Xogo da Ola, 3 na Avda. de Galicia, 4 na rúa Cruceiro, 2 na rúa Pinar, 3  no Cristo dos Cachos, 1 na contorna dos Xulgados, 1 na rúa Codesal, 3 na contorna da ponte do Valo, 25 no velódromo municipal e 17 na Fase III de Torneiros”.

“As árbores deterioradas deixan o seu lugar a novos exemplares que devolverán á zona urbana do Porriño ese verde que precisa”, afirmou o alcalde, Alejandro Lorenzo, “Substituiranse aquelas árbores que, por diversas circunstancias, sufriron danos e non se atopan en bo estado e tamén plantando en novas ubicacións. Traballamos co obxectivo de dotar o Porriño de máis zonas verdes, non só levando a cabo esta reposición, senón creando novos espazos que sirvan de pulmón desta contorna urbana”.

O multiusos de Redondela acolle a exposición fotográfica do Obradoiro Fernando Monroy

0

O Obradoiro de Estudos Locais Fernando Monroy xa instalou no Multiusos de Redondela a exposición correspondente ao décimo sétimo certame de fotografía. A mostra estará aberta ata o vindeiro mes marzo e na inauguración estivo presente a concelleira de Cultura, Iria Vilaboa.

Como é habitual en todas as edicións, as fotografías presentadas ó Certame de fotografía do Obradoiro de Estudos Locais Fernando Monroy foron penduradas nunha exposición na sala principal do Multiusos da Xunqueira. Tras a mostra inaugural en Cesantes, a segunda parada é o edificio situado na cabeceira do Concello. Alí están os dous centenares de imaxes que, un ano máis, teñen unha calidade excelente. Por suposto, entre elas están todas as premiadas.

No Multiusos estarán ata finais do mes de febreiro e, despois, continuarán a xira por diversos puntos do municipio. O paso por Chapela e Cedeira sempre está no percorrido habitual realizado polo Obradoiro Fernando Monroy, aínda que, nos vindeiros meses tamén haberá outros puntos nos que poidan observarse as fotografías. Deste xeito, a entidade promotora busca que o certame e a correspondente exposición, dure todo o ano natural. Una actividade presente os 365 días.

Cadro de galardóns:

  • Premio a mellor á fotografía: Óscar Alonso Cabaleiro. Título: “O pescador”
  • 1º premio categoría adultos: Juan Fernandez Varela. Título: “Galos”
  • 2º premio categoría adultos: Lucia Otero Pazos. Título: “María Álvarez Lamas”
  • 3º premio categoría adultos: Jose Andrés Lago. Título: “Soria”
  • 1º premio categoría xuvenís: Uxía García Cal. Título: “O Lazo Roxo”
  • 2º premio categoría xuvenís: Xoel Casal Blanco. Título: “O parque das follas”

O albergue municipal da Guarda reabre as súas portas

0

O Concello da Guarda reabre o Albergue Municipal de Peregrinos despois do peche temporal no mes de decembro, coincidindo coas datas de maior redución do número de peregrinos.

Os meses de menor afluencia de peregrinos son decembro e xaneiro. Os días tan curtos e a maior probabilidade de mal tempo son as razóns polas que os peregrinos evitan realizar o camiño nos meses de inverno. Tamén poden influír as celebracións de nadal.

Unha vez rematadas estas datas o Concello da Guarda realiza a reapertura deste servizo para continuar ofertando prazas de aloxamento no Albergue Municipal a todos os peregrinos que realizan o Camiño Portugués da Costa.

Aproveitando o peche do albergue realizáronse tarefas de mantemento das instalacións.

O albergue Municipal de A Guarda mantén o mesmo horario, de 14:00h a 20:30h horas de luns a domingo, mantendo o mesmo criterio que a Rede de Albergues da Xunta de Galicia, non se admite reserva previa e a admisión realizase por orden de chegada. Só se permite a estancia dunha noite, excepto se hai motivos de saúde que impidan continuar o camiño.

O albergue Municipal da Guarda abriu as súas portas na Semana Santa do ano 2011, xusto un ano despois de que se dese o primeiro paso co recoñecemento do Camiño Portugués da Costa por parte da Xunta de Galicia. Grazas a este recoñecemento o Concello da Guarda poido percibir unha subvención da Xunta de Galicia para habilitar o antigo colexio MR Sinde como albergue e destinalo para a acollida de peregrinos. Nestes anos foron máis de 18.000 peregrinos os que se aloxaron nestas instalacións municipais e ao longo do ano 2022 o fixeron un total de 2.744 peregrinos.

O Club Natación Ponteareas conquista o Campionato Galego Máster celebrado esta fin de semana na vila

O Club Natación Ponteareas comeza o ano do mellor xeito posible: conquistando o Campionato Galego Máster de inverno, que reuniu na vila a máis de 400 deportistas de 32 equipos de Galicia e do resto de comunidades autónomas. O club ponteareá estreouse nesta primeira competición deste 2023 gañando o campionato tanto na categoría feminina como na masculina e na conxunta, onde quedou por diante do CN Rías Baixas e do CN Escualos.

Na clasificación feminina, o club ponteareán impúxose ao CN Rías Baixas e ao CN Escualos, que quedaron en segunda e terceira posición, respectivamente, mentres que na masculina liderou a clasificación seguido do equipo ourensán e do vigués. Unha impresionante primeira cita coa natación este ano na que o público puido desfrutar ademais de 51 novos récords galegos e dun novo récord de España en 100 bolboreta, conseguido por Alba Franco, do Club Fluvial de Lugo.

Por outra banda, volveu destacar a actuación dos nadadores máis veteranos da competición, Ramón Folch, de 86 anos e do club de natación de Arteixo, e Isabel Moral, de 81 anos e do CN Ponteareas. Ademais, por primeira vez o Campionato Galego Máster de inverno celebrado na vila contou coa presenza dos clubs de Utrera, Jeréz e Tenis Chamartín.

A alcaldesa de Pontearas, Cristina Fernández Davila; o concelleiro de Deportes, Miguel Bouzó; e o presidente da Federación Galega de Natación, Carlos Mouriño quixeron felicitar a todas e todos os deportistas que pasaron esta fin de semana pola piscina do complexo deportivo Álvaro Pino. “A natación máster galego volveu dar conta do seu bo estado de saúde e das grandes cousas que se poden conseguir con ganas, esforzo e ilusión. Só podemos gabar unha vez máis o bo traballo do Club Natación Ponteareas, non só pola boa organización do campionato e os incribles éxitos acadados competición tras competición, senón tamén por contribuír a que Ponteareas creza a nivel deportivo, económico e social”, salientou Bouzó.

O CN Ponteareas quixo felicitar a todos os clubs participantes e ás e aos deportistas polo seu exemplar comportamento durante toda a fin de semana. Tamén estendeu os seus agradecementos ás e aos patrocinadores e a todas aquelas persoas que colaboraron na organización deste evento que dá o pistoletazo de saída a un ano

Comezan as obras da II fase da piscina municipal de Salceda de Caselas

O Concello de Salceda puxo en marcha esta semana as obras da II Fase da reforma e ampliación da piscina municipal.

Esta actuación, que está subvencionada pola Deputación de Pontevedra, ao abeiro da Liña 1 do Plan Concellos 2022-2023 consistirá na ampliación e reforma dos vestiarios ascende a 135.177,81 €.

Os novos vestiarios serán totalmente accesibles e contará tamén cunha importante mellora na súa eficiencia enerxética coa instalación de placas fotovoltaicas na súa cuberta.

Con esta II fase completarase a reforma integral da piscina municipal de Salceda, que xa se iniciou o ano pasado coa reforma dos dous vasos e da zona de praia.

Rubén González Coto, concelleiro de Deportes: “Co inicio da execución desta II Fase avanzamos cara a consecución dunha reforma integral da piscina municipal, que permitirá que a veciñanza de Salceda poida gozar desta instalación con plenitude, como xa fixo este pasado verán, cunha grande afluencia de persoas usuarias”

Verónica Tourón, alcaldesa de Salceda de Caselas. ”Seguimos a traballar na liña non so de manter e coidar as nosas instalacións deportivas municipais, senón tamén de melloralas substancialmente para que poidan prestar un servizo de calidade adaptado  aos tempos actuais e que sexan un servizo eficiente e respectuoso co medio ambiente”.

Mondariz solicita colaboración urxente a Augas de Galicia para recuperar a senda do río Tea

0

O cambio de ano trouxo copiosas choivas ao val do Tea que provocaron o crecemento dos ríos e desbordamentos puntuais que afectaron gravemente ás sendas fluviais do Concello de Mondariz. Os servizos técnicos municipais realizaron a debida avaliación de danos nos primeiros días do ano, pero as intensas choivas que se prevén para esta semana poden sumar incidencias.

Segundo o informe técnico da arquitecta municipal do Concello de Mondariz, os danos ocasionados polas choivas e riadas dos días 25 de decembro de 2022 e 1 de xaneiro de 2023 están valorados en 264.194,58 €, aproximadamente. Neses días rexistráronse ata unha decena de colapsos de muros e taludes, así como corrementos de terras e outras incidencias de diferente consideración, en varias parroquias do Concello de Mondariz. 

O patrimonio natural e cultural de interese turístico tamén resultou afectado. Na icónica ponte de Cernadela, o crecemento das augas do Tea provocou a caída dun treito do peitoril e o movemento das pedras da base do pavimento desta construción de orixe medieval. Na ponte da Poeira houbo acumulación de árbores arrastradas pola corrente entre as pías da estrutura, así como movemento de pedras na base da ponte e degradación da mesma. Na praia do Ceo, o río arrastrou terra e area ás vías públicas e quedou descuberta a tubaxe da rede de saneamento, co impacto visual consecuente.

As sendas fluviais do Tea e os seus afluentes, gravemente afectadas

As riadas provocaron numerosos desperfectos nas sendas dos ríos Tea e Aboal. A valoración técnica dos mesmos tomou como referencia o proxecto “Reparación de danos por riadas de xaneiro e febreiro de 2016 nas sendas fluviais dos ríos Tea e Xabriña”, realizado en maio de 2016 por Augas de Galicia, un organismo dependente da Xunta de Galicia. 

Os danos na senda fluvial do río Tea, provocados principalmente polas riadas do 1 de xaneiro de 2023, súmanse aos desperfectos que xa arrastraba este camiño desde as riadas de 2016. A principios de 2020, o Pleno do Concello de Mondariz aprobou un convenio de colaboración entre a entidade pública empresarial Augas de Galicia e os concellos de Mondariz e Ponteareas para a reparación de danos por riadas nas sendas fluviais dos ríos Tea e Xabriña, pero as obras previstas non chegaron a realizarse. A teor do atraso desta actuación, o propio Concello de Mondariz dirixiu un escrito a Augas de Galicia en outubro de 2022 para solicitar información sobre o proxecto e trasladar a este organismo un informe técnico municipal sobre o mal estado da senda fluvial do río Tea e os riscos asociados en caso de choivas e desbordamentos.

Á vista dos danos ocasionados polas últimas riadas, o Concello de Mondariz volveu contactar con Augas de Galicia a principios deste mes de xaneiro para solicitarlle colaboración urxente na reparación da senda fluvial do río Tea, que conecta Mondariz con Ponteareas, pasando por Mondariz-Balneario. “Estamos insistindo na necesidade de reparar a senda do río Tea porque ten un gran valor turístico e medioambiental para a nosa localidade. Agardamos que estes traballos de recuperación poidan estar iniciados antes dos meses de verán, xa que as zonas afectadas polas riadas teñen un enorme atractivo nesa época do ano”, sinala o alcalde, Xosé Emilio Barros.

Nigrán estrea un novo parque infantil na Ramallosa

0

O Concello de Nigrán estrea un novo parque infantil na Praza Carlos Casares de A Ramallosa tras investir 30.000 € na total remodelación do espazo existente, que contiña desde hai décadas un único xogo modular para primeira infancia totalmente obsoleto. Situado ao carón do horto urbano comunitario creado polo Concello no ano 2022 e do parque canino inaugurado no 2019, o novo lugar de recreo responde a unha demanda da veciñanza e ao desexo do Concello de completar a remodelación desta praza totalmente carente de vida ata a materialización destes tres proxectos nos derradeiros tres anos.

O novo espazo conta agora cun novo conxunto modular de madeira que contén dous tobogáns; un columpio múltiple para uso simultáneo dun adulto e crianza, outro columpio convencional e dous balancíns con sendos resortes. A maiores, substiuíuse a superficie de area por formigón pulido e caucho homologado nas áreas de seguridade dos xogos. “As propias persoas que acuden a diario á horta ou a pasear os cans nos pediron que complementásemos este lugar cun parque infantil”, explica o alcalde, Juan González, quen aposta por potenciar este tipo de proxectos que reúnen nun mesmo lugar diferentes actividades para todo tipo de públicos. “Pasamos de ter unha plaza totalmente descoñecida na Ramallosa a unha praza chea de vida”, resume o rexedor sobre este lugar ubicado sobre o parking municipal e contigua á piscina mancomunada.

Adicionalmente, o Concello investíu 4.000 € en substituír a area do parque infantil situado na Porqueira (Panxón) ante a petición da veciñanza e plantexa grandes investimentos na Praza Rosalía de Castro de Nigrán e na Praza da Biblioteca para, precisamente, habilitar zonas de xogo para a infancia.

Ponteareas realizará, co Plan Concellos, obras de drenaxe en Ponte Xil

A Xunta de Goberno da Deputación de Pontevedra vén de aprobar unha achega de preto de 70.000 euros (69.021 €) para Ponteareas ao abeiro do Plan Concellos, que a destinará a financiar as obras de drenaxe transversal na estrada municipal situada en Ponte Xil, na parroquia de Guillade.

Estes traballos teñen por obxecto a execución dun marco prefabricado de formigón armado para substituír as tubaxes existentes nesta estrada que une Ponte Xil e Forquelos, pola que circula un regato afluente do río Uma. As actuais romperan a causa do desbordamento do regato polas choivas, que amais producira unha focha na estrada.

Unha vez construído ese marco, executarase a renovación do firme da estrada, incluíndo a sinalización horizontal e vertical da zona, e os traballos inclúen tamén a colocación de barreiras bionda para mellorar a seguridade, aumentando a calidade do servizo e a comodidade das persoas usuarias.

Baiona abre o prazo de solicitude para participar no Real Mercado da Arribada 2023

0

Foto de arquivo da presentación da Festa da Arribada 2022

A Concellería de Cultura do Concello de Baiona xa traballa nos preparativos da Festa de Arribada 2023 que se celebrará a primeira fin de semana de marzo -3, 4 e 5-.

O prazo para presentar as solicitudes de postos de venda no Real Mercado Medieval da Festa da Arribada está aberto desde hoxe, luns 19 de xaneiro,  ata o 9 de febreiro, ambos os días incluídos. A organización do evento pon ao dispor dos artesáns 70 postos do Concello, que serán sorteados entre todas as solicitudes. Todas as persoas interesadas en obter autorización para a instalación dos postos de venda no Real Mercado Medieval da Arribada deberán cubrir a solicitude oficial e Declaración Responsable e presentalas no rexistro xeral do Concello ou a través da sede electrónica:  http://baiona.sedelectronica.gal.

Toda a información necesaria para realizar a solicitude atópase dispoñible na web oficial do Concello de Baiona: https://www.baiona.gal/avisos-importantes/documentacion-solicitude-para-participar-no-real-mercado-medieval-da-arribada-2023/.

Tamén poderá presentarse nas formas previstas na Lei 39/2015, de procedemento administrativo común. No obstante, no caso de presentarse fora do Concello, o solicitante deberá dirixir por correo electrónico a dirección: [email protected] unha copia da instancia debidamente presentada con anterioridade ao remate do prazo a efectos de que poida ser incluída na relación de solicitantes. En caso contrario inadmitirase dita solicitude.

Desde a Concellería de Cultura do Concello de Baiona habilítase o teléfono 699199400 para información e resolución de dúbidas.

O Rosal capta máis dun millón de euros de fondos europeos para a renovada Praza do Calvario

0

O Concello continúa dando grandes pasos na transformación do Rosal para convertelo nun municipio máis sostible, con máis servizos e no que as persoas sexan o centro. Neste camiño, o Concello vén de conseguir máis de 1 millón de euros de fondos europeos para financiar a xa renovada Praza do Calvario a través do Programa DUS 5000 do Ministerio para a Transición Ecolóxica e o Reto Demográfico. A alcaldesa, Ánxela Fernández Callís, mantivo na Casa Consistorial un encontro co Delegado do Goberno do Estado en Galicia, José Manuel Miñones, e coa subdelegada do Goberno, María del Carmen Larriba, no que repasaron os numerosos proxectos que contan con financiamento estatal no municipio rosaleiro.

Como destacaba a rexedora durante a reunión, “énchenos de felicidade ter esta visita porque a transformación que está a vivir O Rosal está motivada en gran medida pola capacidade que temos de captación dos fondos europeos que xestiona de forma directa o Goberno de España”. Fernández Callís lembrou que esta axuda para a renovada Praza do Calvario, “un símbolo xa de orgullo para rosaleiros e rosaleiras, súmase á obtida a través do ReacPon, o que significa que fomos capaces de captar fondos para subvencionar o 80% dunha obra que sen dúbida é histórica para nós”.

Os fondos conseguidos a través do DUS 5000 veñen a completar os case 1,2 millóns de euros conseguidos tamén a través deste programa para a renovación integral do alumeado público, que, como destacou a alcaldesa, “vai supoñer un aforro enerxético municipal do 70%, algo que na situación actual de crise enerxética na que nos atopamos ten un valor engadido adicional”.  Ademais, o Concello conseguiu unha subvención estatal de case 400.000 euros a través Programa de Impulso á Rehabilitación de Edificios Públicos (PIREP Local) “coa que seguir avanzando na reforma continuada das nosas escolas, na aposta pola eficiencia enerxética, pola educación de proximidade e pola recuperación de edificios de gran valor patrimonial”.

En total “case 3 millóns de euros acadados a través de diferentes liñas de subvención postas en marcha polo Goberno de España cos que xerar oportunidades que O Rosal está sabendo aproveitar moi ben, algo polo que queremos sen dúbida felicitar á alcaldesa e ao Goberno municipal”, salientou Miñones. O delegado do Goberno en Galicia lembrou durante a visita a aposta do Goberno estatal “por traer xente ao rural e dotalo de servizos, o que debe levar aparellado tamén financiamento”. “Un deles é mellorar a conectividade e levar fibra óptica aos veciños e veciñas que viven mestas zonas, unha iniciativa que xa se está a implementar no Rosal con 360 vivendas que teñen concedida esa oportunidade de ter fibra óptica de máis de 300 megas”.

Durante a visita, a alcaldesa rosaleira quixo trasladar ao delegado e á subdelegada “o noso agradecemento pola aposta directa ás entidades locais con financiamento para que concellos pequenos como o noso poidamos seguir avanzando en cuestións estratéxicas tan importantes como as que tratamos durante este encontro”.

Nigrán adquire dous camións para a recollida de biorresiduos

0

O Concello de Nigrán ven de adquirir dous camións de 3.500 kg de MMA cun custe de 91.960 € grazas ao financianciamento da UE a través dos fondos europeos ‘NextGenerationEU’.

Os vehículos teñen caixa basculante en aluminio para a recollida dos biorresiduos xerados desde a propia administración local nas súas actividades habituais (podas, traballos forestais, rozas…). A vantaxe que presentan é que non é preciso contar co permiso de condución C para empregalos, polo que calquera operario co permiso B pode manexalo e, ao mesmo tempo, separar o lixo desde a orixe para despois sometelo ao tratamento correspondente.

Os camións constan dunha cabina de tres prazas. “Simplifican e optimizan as labores de recollida selectiva ao non ter que contar cun condutor específico”, sintetiza o alcalde, Juan González.

Tomiño acolle unha gala de celebración das conexións culturais da lusofonía e Galicia

0

A Deputación de Pontevedra e o Igadi (Instituto Galego de Análise e Documentación Internacional) van celebrar este sábado 21 unha gala-espectáculo en Goián –Tomiño- para celebrar as conexións culturais da lusofonía e Galicia, facendo especial fincapé no territorio transfronteirizo do Miño. O evento, que será conducido pola xornalista da TVG Esther Estévez (presentadora do ‘Dígocho eu!’), contará coa música de Uxía e a participación de convidadas sorpresa, tanto en directo como en liña.

A cita será ás oito da tarde deste sábado 21 de xaneiro no senlleiro Centro Goianés, no Concello de Tomiño, e será retransmitida en streaming pola canle da Deputación de Pontevedra. O título, inspirado na novela da escritora recentemente falecida Nélida Piñon, servirá tamén coma un homenaxe urxente á escritora, coa que a organización do evento estaba a colaborar para a celebración da actividade.

O guión foi elaborado por Tino Santiago e Alberto Mancebo, que subliñan que a gala “é máis un espectáculo ca unha disertación”. Explican que se trata dun percorrido polo mundo cultural dos países que falan portugués “pois por detrás, ou por riba, dos circuítos comerciais, da xeopolítica, dos xogos de poder, as relacións entre os países, entre as persoas, descansan nos relatos que compartimos: as cousas que nos emocionan, o que nos fan rir ou chorar, as esperanzas e os temores…”.

Contarase con convidadas ilustres, conexións internacionais e música, para descubrir “que somos países diferentes… pero non somo estranxeiros”. Entre as intervencións estarán o historiador Ramón Villares, o xornalista Julián Rodríguez ou Carmen Villarino, entre outras iniciativas e sorpresas, como un espazo de falsos amigos entre o portugués e o galego.

As persoas interesadas en asistir presencialmente ao acto poden reservar a súa praza en [email protected], que será concedida por orde de solicitude, xa que a capacidade é limitada.

A décimo cuarta promoción de Policías Locais inicia o Camiño de Santiago no Porriño

Máis dun centenar de axentes da Policía Local iniciaron hoxe o Camiño de Santiago dende  O Porriño. Trátase dos alumnos da décimo cuarta promoción de Policías Locais da Academia Galega de Seguridade Pública que, acompañados por profesores e a Xefa de Estudos da AGASP, Mónica Castro, completan o seu plan formativo con esta actividade.

O Alcalde do Porriño, Alejandro Lorenzo, e o Inspector Xefe da Policía Local, Daniel Rodríguez, desexaron aos peregrinos/as un bo camiño. “É un pracer tervos hoxe no Porriño, o mellor punto de inicio para unha experiencia como a que ides a vivir, que de seguro lembraredes sempre”, apuntou o rexedor, “Agardo que a disfrutedes ao máximo e que á volta, cando vos incorporedes como policías locais nos vosos respectivos concellos, sigades disfrutando e amando o voso traballo”.

Axentes da Policía Local do Porriño encargáronse de selar as credenciais que, unha vez completadas todas as etapas, darán paso á obtención da “Compostela” que acredita que completaron o Camiño coa súa chegada á Catedral de Santiago de Compostela.

Redondela renovará o saneamento e abastecemento na Subida a Cidadelle, en Redondela

0

A Xunta de Goberno da Deputación de Pontevedra vén de aprobar unha importante achega de 355.465 € da Liña 1 do Plan Concellos para Redondela, que destinará ás obras de renovación das redes de saneamento, pluviais e abastecemento do Camiño Subida a Cidadelle, na parroquia de Chapela.

A presidenta provincial, Carmela Silva, quixo destacar o investimento “fundamental” que están a realizar os concellos da provincia na renovación destes equipamentos e tendo en conta especialmente o aspecto medio ambiental, coa substitución dos maioritarios materiais de fibrocemento “que son moi contaminantes”.

Na actualidade, tanto o citado camiño como as instalacións de saneamento, abastecemento de auga e rede de pluviais encóntranse moi deteriorados, producíndose frecuentes incidencias por roturas. Deste xeito, coas obras previstas con estes recursos do plan provincial, renovaranse os colectores de saneamento e pluviais, e abordarase tamén a mellora da rede de abastecemento. Esta renovación das instalacións, así como da capa de rodadura, comprende un tramo de aproximadamente 500 metros lineais. A execución do proxecto deberá ser compatible co servizo ás vivendas existentes.

Luis Piña visita as instalacións da empresa Reciclados Plásticos La Cañiza SL

0

O alcalde da Cañiza visita as instalacións da empresa acompañado polo xerente, Guillermo Salgado, onde tivo a oportunidade de coñecer de primeira man o seu funcionamento e a xestión dos residuos, baseado no procesado e recuperación final dos materiais recolleitos.

Cunha plantilla de 30 operarios, a maioría veciños da vila, a empresa comezou a súa actividade no ano 2017 coa posta en servizo dunha planta cunha superficie de 7000 m².  Actualmente está en pleno proceso de expansión na Cañiza.

En palabras de Luis Piña “dende o Goberno Local apostamos decididamente pola fixación de poboación. E para conseguir este reto, nun Concello e Comarca históricos, necesitamos continuar apoiando ás empresas xa asentadas e que forman parte dun dos motores da nosa economía e tamén crear novo chan industrial e comercial para captar novas empresas e xerar novas oportunidades de negocio e de traballo”.

Reciclados Plásticos La Cañiza SL

Unha empresa que está en pleno proceso de expansión e que aumentou a cantidade de residuos procesados en case 3.300 tonelades en 5 anos, pasando das 919 Tm en 2017 ás 4.200 Tm en 2022.  Este aumento productivo permitiu a apertura neste último ano dunha nova planta de provisión na Coruña para optimizar os residuos procedentes desa provincia. Ademais, a súa política de empresa contempla ampliar as instalacións da Cañiza para cubrir as esixencias da UE de aumentar as toneladas de envases reciclados en España.

No percorrido polas instalacións, o rexedor tivo a oportunidade de coñecer as dúas canles de producción da fábrica. A xestión dos residuos industriais das empresas xerados pola súa actividade produtiva ou de explotación e a xestión da recollida selectiva fora do fogar, é dicir, o contedor amarelo de envases lixeiros e o contedor azul para papel e cartón, xestión que se realiza en convenio con ECOEMBES.

Según Guillermo Salgado, xerente de Reciclados Plásticos Cañiza SL, “a labor que desenvolvemos na nosa empresa ten un gran impacto no medio ambiente xa que co noso traballo convertemos os residuos en materias primas que volven a ser reutilizadas”.

Continúa explicando que “actualmente temos en toda Galicia un sistema de recollida que abarca todo tipo de sectores (hostalería, alimentación, automoción, industria, centros comerciais, hospitais, centros de saúde, colexios, garderías, universidades, etc. Un total que supera as 1.200 instalacións”.

A humanización da rúa Constitución conectará peonilmente a Casa do Concello coa Praza de Bugallal

O Goberno Municipal do BNG-PSOE continua dando a coñecer os proxectos de humanización do centro urbano, que transformarán por completo rúas actualmente peonalizadas de forma transitoria para convertelas en espazos de calidade, atractivos e de encontro social. Como explica a alcaldesa, Cristina Fernández Davila, “son proxectos que contribuirán a unha maior dinamización do espazo, converténdose en lugares de encontro para a veciñanza e beneficiando tamén así ao comercio local”.

O Concello redactou e presentou á veciñanza o proxecto de reforma da rúa Constitución, que conecta a Casa do Concello e os Xardíns da Xiralda coa Praza de Bugallal e que abrangue unha superficie de intervención próxima aos 500 metros cadrados. A intervención converterá esta rúa nun espazo en plataforma única, integrando os actuais xardíns xa existentes co resto da rúa, e incorporará mobiliario urbano e xardineiras. Ademais, contémplase a renovación das canalizacións soterradas de servizos como saneamento, abastecemento de auga, electricidade ou telecomunicacións. O pavimento que se colocará é de pedra, concretamente granito gris Mondariz, empregando lousas de diferentes dimensións, acabados e tonalidades.

A humanización da rúa Constitución conta cun orzamento de 638.000 euros e enmárcase no proxecto de reforma urbana de todo o centro da vila de Ponteareas ao redor da Praza de Bugallal, que abrangue 8.500 m2 e que inclúe, ademais de Constitución, as rúas Concha Brey, Virxe dos Remedios, Reveriano Soutullo, Senén Canido, Morales Hidalgo e Vidales Tomé.

Segundo o concelleiro de Mobilidade, Roberto Mera, “este espazo que antes era un lugar de tránsito constante de centos de coches con beirarrúas estreitas, hoxe é un espazo xa recuperado para as persoas e co proxecto de humanización converterase nun gran espazo de calidade urbana e comercial”.

Melgaço celebra o entrudo

No dia 18 de fevereiro, a vila de Melgaço volta a encher-se de tradição, cor e folia para celebrar o ENTRUDO. O cortejo, pelas ruas da vila, e a Queima do Santo Entroido, no Largo Hermenegildo Solheiro, a partir das 16h30, prometem recordar tradições e costumes da região.

Outrora, na vila C(r)asteja, o Entroido, era assim que os habitantes designavam o seu Carnaval, era uma das festas mais participativas da freguesia. Havia diversão de sábado a terça-feira, com bailes e mascarados dispersos por vários recantos da vila. Não faltava o tradicional cozido à portuguesa e doces típicos. Tiros, bombas e foguetes anunciavam a festa. Nessa altura, os Farrangalheiros saíam à rua, trajados a rigor: as mulheres vestiam o tradicional saiote castrejo tipicamente vermelho bordado e/ou decorado com cores garridas, as blusas e o lenço amarelo. O traje era composto pelo garruço, o objeto mais representativo do Entroido C(r)astejo: chapéus de cartão decorados com fitas e enfeites garridos que congregam uma renda que encobre o rosto dos Farrangalheiros. O ENTRUDO pretende recordar alguns desses momentos, preservando e honrando, desta forma, memórias e saberes de outras gerações.

Sob o tema “Costumes, tradições e aspetos histórico-culturais associados ao concelho de Melgaço e aos concelhos galegos vizinhos”, todos são convidados a participar no cortejo. E se a dificuldade é criar as indumentárias e os acessórios por falta de sugestões de temáticas, a organização sugere algumas: acontecimentos e povos históricos, lendas e tradições; agricultura, pastorícia, caça & pesca, brandas & inverneiras; emigração, contrabando, e outras relações transfronteiriças; atividades socioeconómicas atuais de relevância para o concelho de Melgaço e concelhos circunvizinhos.

Toda a comunidade (do concelho de Melgaço e de outros concelhos), os comércios, associações, empresas, comunidades escolares, instituições particulares de solidariedade social e juntas de freguesia são convidados a participar no cortejo que apresenta três categorias: “individual”, “grupo” e “carro alegórico”. Para integrar o cortejo é necessária inscrição prévia:até 10 de fevereiro de 2023, através do preenchimento da ficha de inscrição (disponível aqui), que deverá depois ser enviada para o e-mail pmeleiro@cm-melgaço.pt (Patrícia Meleiro) ou entregue na receção da Casa da Cultura de Melgaço.

O cortejo finda no Largo Hermenegildo Solheiro com a tradicional Queima do Santo Entroido, o boneco vestido de roupas velhas: o ato representa a expulsão de todos os males e a purificação das mentes, mas dizem os populares que este momento simboliza também o desejo de que o inverno acabe e que a primavera comece.

Todos os participantes inscritos, independentemente das categorias, terão a possibilidade de participar no lanche convívio que decorrerá após a Queima do Santo Entroido (aproximadamente pelas 19h00).

As normas de participação do cortejo estão disponíveis no site do Município de Melgaço – www.cm-melgaco.pt.

Tui recoñece o labor de José Luís Méndez dándolle o seu nome ao Centro Municipal de Remo

0

O Centro Municipal de Remo, á beira do río Miño, denomínase José Luís Méndez. Tui recoñece así á histórica figura do principal impulsor do remo na cidade, que tamén foi fundador do Club Remo do Miño no ano 1974.

Na fachada principal do edificio deportivo aparece xa a nova denominación, ao tempo que no interior unha placa, que foi descuberta pola viúva de José Luís Méndez, recolle o acordo plenario da corporación tudense neste senso.

No acto desta mañá estiveron presentes o alcalde de Tui, Enrique Cabaleiro, o secretario xeral para o Deporte da Xunta de Galicia, José Ramón Lete Lasa, o deputado de Deporte, Gorka Gómez, o concelleiro de Deportes, Rafael Estévez,  a presidenta da Federación Española de Remo, Asunción Rosario Loriente Pérez, o presidente da Federación Galega de Remo, José Luís Méndez, o presidente do Club Remo do Miño, Manuel Ángel González, xunto a outras autoridades, membros da directiva do club , deportistas e familiares de José Luís Méndez.

O concelleiro de Deportes, Rafael Estévez, foi o encargado de dar lectura ao acordo plenario do 24 de novembro polo que se acordou dar o nome de José Luís Méndez ao Centro Municipal de Remo “en atención a súa traxectoria deportiva e implicación co mundo do remo de Tui”. No mesmo recóllese que os éxitos de Méndez “son un motivo de honra e orgullo para toda a cidadanía de Tui, e  prestixian a nosa cidade, ao tempo que acreditan unha longa traxectoria deportiva merecente dun recoñecemento público”.  Na súa intervención o alcalde, Enrique Cabaleiro, lembrou a boa acollida que tivo a proposta trasladada polo Club Remo do Miño indicando que con este acto se recoñece “o traballo de José Luís Méndez que empeñou unha parte importante da súa vida en sacar adiante un proxecto deportivo e colectivo”. Mentres en  nome da familia interviña o seu fillo José Luís Méndez que agradeceu que o nome do seu pai quede ligado ao centro municipal de Tui e agardou que “serva para que a xente xove de Tui se achegue ao río e que practique o remo ou o piragüismo, creo que es un dos mellores deportes, a sensación que che da auga, o ambiente, os amigos que fas aquí non os fas noutros sitios”.

Ese acto no Centro Municipal de Remo José Luís Méndez serviu para pechar a celebración da edición 42 da Regata Miño Internacional, unha proba mítica organizada polo Club Remo do Miño en colaboración co Concello de Tui e que, cada ano, se celebra por estas datas en augas do Miño ao seu paso por Tui. Nesta proba a vitoria en Oito con Temoneiro foi para o Club Fluvial Portuense, seguido do Viana Remadores do Lima e do Club Remo Vigo na categoría masculina, e para o Sport Clube do Porto na feminina, seguido do Remo do Miño e do Remo Vigo. Mentres  8+ veterano masculino o Club Remo Coruxo foi primeiro, seguido do Remo do Miño, e do Fluvial Portuense. Mentres na categoría feminina vitoria para o Club Fluvial Portuense.

En Catro Scull absoluto masculino primeiro posto para o Club Remo Tui, segundo para o Remo do Miño e terceiro posto para o  SC Caminhense. Mentres na categoría feminina o Club Fluvial Portuense foi primeiro, o equipo mixto do Tui-Caminha segundo, e o terceiro posto foi para o Clube Naval Infante D. Henrique.

José Luís Méndez García, nado en Pontevedra en 1937, dedicou toda a súa vida ao deporte e, dende moi novo, ao remo. Foi deportista, adestrador, directivo, recibiu a Distinción ao Mérito Deportivo da Xunta de Galicia e tamén foi presidente honorífico do Club Remo do Miño até o seu falecemento en 2021. Méndez foi un recoñecido deportista nesta disciplina, na que se iniciou aos 15 anos e mesmo chegou a ser olímpico no Xogos de Roma de 1960.

En Tui foi figura chave coa fundación, nos anos 70, do Club Remo do Miño do que foi adestrador, presidente, presidente de honra e peza chave no crecemento na consecución de fitos como o primeiro campionato de España para a cidade e numerosas medallas e finais para os deportistas deste club tudense.

Redondela acada os mellores resultados turísticos dos últimos 5 anos

0

Redondela recupera, con ritmo, a importancia que en materia turística corresponde ao cuarto concello da provincia de Pontevedra, así o indican os datos aportados pola Concellería de Turismo. As cifras destacan que a Oficina de Turismo atendeu, no período comprendido entre abril e decembro de 2022, a un total de persoas 7.613 persoas, fronte ás 5.351 que solicitaron información ao longo de todo o ano 2018. O que supón un incremento exponencial de máis do 30 % e que inclúe máis de 1.300 redondeláns rexistrados.

“A esto hai que sumarlle un total de 1.375 persoas, residentes no Concello de Redondela, que tamén pasaron pola Oficina de Turismo neste período. Os veciños e veciñas de Redondela tamén están podendo disfrutar da cultura e o patrimonio da súa vila, algo que para min é primordial”, explica a alcaldesa Digna Rivas.

Tendo en conta a información recollida, podemos establecer dous perfís de turistas perfectamente diferenciados que pasan polo Concello de Redondela: O Turista de Vacacións e o Peregrino, sendo maioritario este último.

“Un dos obxectivos deste goberno era converter Redondela nun referente turísitco e así o estamos conseguindo, como reflexan os datos. O turista que pasa pola vila non é estival, senón que gracias a peregrinaxe do camiño francés e portugués desenvólvese ao longo de todo o ano. Isto, por suposto, favorece moito o comercio e o negocio local, sendo salientable recalcar que Redondela conta con 32 albergues especializados para peregrinos e que durante o 2022 foron incluso insuficientes, tendo que habilitar espazos públicos para que puideran descansar no seu paso polo municipio”, explica Digna Rivas.

Os peregrinos de procedencia nacional suman un total de 2.151 (38%) de procedencia estranxeira. Dentro dos peregrinos nacionais, destacan os procedentes das Comunidades Autónomas de Andalucía (846), Madrid(752), Galicia (447),Valencia(324), Castela A Mancha(216), Cataluña e Castela e León. Dos peregrinos de procedencia extranxeira, destacan con diferencia os de Portugal con 512 (25%),a continuación Italia con 361 (17%), e moi preto Alemania con 356 (16%), seguidos de Estados Unidos, Reino Unido e Francia, sumando os tres 338 (15%).

Ao longo desta tempada, pasaron pola Oficina de Turismo, un total de 57 paises diferentes dos cinco continentes. A información máis demandada polos peregrinos, turistas e visitantes, foi dos recursos do noso concello e do seu entorno. A gastronomía, lugares de interese como a Illa de San Simón, actividades programadas polo Concello, así coma información das Rías Baixas en xeral. A estes datos “esperanzadores logo dunha época de pandemia na que o sector turístico foi, xunto co comercio e a hostalaría, un dos máis afectados”, afirma a concelleira, engádese o feito da ocupación hostaleira que rondou en Redondela o 100 %. En todo caso, os datos, subliña o Goberno local, fan referencia tan só ás persoas que pasaron pola Oficina de Turismo que “sempre supoñen unha baixa porcentaxe respecto á totalidade de persoas, peregrinas ou turistas, que visitaron Redondela”

A información máis demandada polos peregrinos, turistas e visitantes, foi dos recursos do noso concello e do seu entorno. A gastronomía, lugares de interese como a Illa de San Simón, actividades programadas polo Concello, así coma información das Rías Baixas en xeral. Os residentes do Concello de Redondela que pasaron pola nosa oficina, achegáronse en maior medida, a demandar información das actividades e propostas realizadas dende o Concello, a través da Concellaría de Turismo.

Paisaxístico, o programa Redondela Mariñeira, as rutas en Kaiak, as visitas guiadas ao Cemiterio dos Eidos, tiveron unha moi boa acollida pola veciñanza de Redondela e polos diferentes concellos da nosa comarca. Os peregrinos das diferentes Comunidades Autónomas que remataban a súa etapa no noso Concello, tamén acudiron a participar nas visitas guiadas que se fixeron os luns, “ A Vila pola Tardiña”, sumando un total de 180 persoas. Durante esta tempada tamén acudiron a facer visitas pola Vila, o alumnado de primaria e secundaria, con un total de 338 alumnos. Sumando os peregrinos, turistas, visitantes e residentes, a Oficina de Turismo de Redondela atendeu a un total de : 7.613 persoas.

Pódese salientar o programa Maiores en Ruta que foi todo un éxito e que continúa durante os meses de inverno do 2023 con ofertas de bienestar e envellecemento activo. En 2022 cubríronse tódalas prazas tendo que aumentar o programa.

Foron de notable importancia tamén as viaxes en barco pola Enseada e Illa de San Simón durante as festas do Choco, da Coca, así coma durante o mes de agosto no programa A Memoria da Illa de San Simón e tamén durante os días que se celebrou a Batalla de Rande.

Durante esta tempada tamén acudiron a facer visitas pola Vila, o alumnado de primaria e secundaria, con un total de 338 alumnos.

Sumando os peregrinos, turistas, visitantes e residentes, a Oficina de Turismo de Redondela atendeu a un total de: 7.613 persoas.

A alcaldesa Digna Rivas, destaca a importancia de “reforzar a oferta turística do municipio –tanto histórica como patrimonial, cultural e paisaxística– para aproveita o fluxo de persoas peregrinas, pero tamén para ofrecer os veciños e veciñas a programación e oferta que merecen”.

A Deputación reúne a 35 concellos para asinar a ‘Declaración de Pontevedra’

A Deputación de Pontevedra, a Irmandade Xurídica Galega e a Xunta de Galicia, xunto a 35 pequenos concellos da provincia, asinaron a ‘Declaración de Pontevedra’, un manifesto no que se comprometeron a fomentar o uso do galego nas relacións entre as corporacións locais e a xustiza. Segundo subliñaron a presidenta Carmela Silva e a deputada de Lingua María Ortega, este compromiso supón “un feito histórico” na normalización do idioma do país, xa que nestes momentos a lingua galega fica aínda relegada no uso xudicial por cuestións históricas.

O manifesto establece como obxectivo  normalizar o galego como lingua do dereito e das relacións e procesos nos que interveñan os concellos, así como o compromiso de que as e os representantes municipais (mediante asesorías propias ou externalizadas) soliciten á xustiza que as resolucións lles sexan notificadas no idioma da Galiza. No texto tamén se recolle que, de aquí en diante,  as contratacións de asesorías xurídicas externas por parte dos concellos deberán incluír unha cláusula para que as actuacións procesuais que se realicen en nome de cada unha das corporacións locais asinantes da ‘Declaración de Pontevedra’ sexan en lingua galega.

No acto, no que tamén se conmemorou o 50 aniversario do I Congreso do Dereito Galego, foron anfitrioas a presidenta da Deputación Carmela Silva e a deputada de Lingua María Ortega, que estiveron acompañadas do secretario xeral de
Política  Lingüística da Xunta de Galicia Valentín García, e do presidente da Irmandade Xurídica Galega, Xaquín Monteagudo, xunto a representantes de 35 concellos.  Como relatoras falaron a maxistrada Ana Filgueira Paz, a representante da Irmandade e da FEGAMP Patricia Vilán, a avogada Ana Mosquera, e o responsable da asesoría xurídica do Concello de Pontevedra, Xavier Munaiz, municipio que xa realiza todos os seus trámites xurídicos en galego. Asistiron grande número de maxistradas e maxistrados entre os que se puideron recoñecer Ramón Villares ou Xesús Palmou, entre outros.

A presidenta da Deputación Carmela Silva quixo destacar que o acto pola galeguización xurídica dos concellos realizado hoxe na Deputación “é imprescindible” para falar da situación da lingua, xa que “é o armazón do país e sen ela dificilmente se pode construír un pobo e o seu pensamento”. Subliñou que o galego é “prestixioso por si mesmo” e que “se o usamos nos lugares nos que reside o poder do pobo, o Executivo, o Lexislativo e o Xudicial, trasladámoslle á cidadanía que é unha lingua que hai que defender”.

Pola súa banda, a deputada de Lingua María Ortega insistiu en que o da xustiza é un ámbito no que aínda é preciso dar moitos pasos adiante, por iso agradeceu a sensibilidade de todas e todos os representantes do mundo local que hoxe asinaron a ‘Declaración de Pontevedra’ para fomentar o uso do galego. “Hai que rachar con esta situación e mover os marcos da lingua, remediar as inercias do pasado e xuntar sinerxias entre todas as administracións para acadar unha maior unidade de acción na defensa do galego”, subliñou.

Pola súa banda, o secretario xeral de Política Lingüística Valentín García destacou que as administracións locais asumiron historicamente de maneira rápida o uso do galego no seu funcionamento e como lingua de proximidade. Recoñeceu que queda moito por facer na xustiza e destacou a necesidade de desenvolver ferramentas informáticas e de traballo para as persoas do ámbito xudicial. “Alguén debe ter a iniciativa –de fomentar o uso na xustiza- e poñer o tema sobre a mesa. Se é inducido por alguén con responsabilidades administrativas, mellor. Dende a Xunta sempre van ter a nosa colaboración. Poñer recomendacións do uso do galego nos pregos dos concellos para contratar asesorías non custa, non é máis caro nin vai levantar ‘sarpulllido’”, subliñou.

Finalmente na parte institucional, o presidente da Irmandade Xurídica Galega, Xaquín Monteagudo, fixo un percorrido polas conquistas do galego no mundo xurídico e administrativo, lembrando que o seu uso na política fixo que gañara prestixio social. Subliñou que os concellos teñen un papel primordial fronte á resistencia de que o galego se use no mundo xurídico porque “boa parte dos procesos que se ventilan” son locais. “Temos que conseguir que as asesorías internas ou externas usen o galego e dean un paso adiante”, destacou, asegurando que a lingua galega non será recibida nun “ambiente hostil nin discriminatorio” xa que só da Irmandade Xurídica Galega hai 300 profesionais que utilizan o galego. “Galiza é un país en construción e o galego é o formigón armado para construírmos o país. Por iso temos que coidalo, finalizou”.

A maxistratura e o galego

Na parte da maxistratura, para falar da necesidade dos concellos de normalizar o galego, tomaron a palabra a maxistrada Paz Filgueira, quen salientou que “o galego non é unha lingua minoritaria, senón minorizada” que debe avanzar nas institucións, que segundo dixo “teñen unha débeda histórica”. Salientou que o problema da lingua galega foi a súa caída na diglosia que perpetuou a idea de que a lingua centralista ostentaba un poder superior fronte a un suposto baixo status e tratamento pexorativo para a lingua nacional da Galiza. “Esa diglosia non debe existir. Non hai linguas de primeira e de segunda”, subliñou.

Patricia Vilán, pola súa banda, asegurou en modo de avogada e integrante da FEGAMP a necesidade de non só apostar dende os concellos pola galeguización do día a día, que ao seu entender xa está acadada, senón tamén na relación das corporacións cos tribunais. Destacou que a ‘Declaración de Pontevedra’ é un compromiso vinculante polo que manifestou o seu convencemento de que “o que veña a partir de agora van ser éxitos”.

A avogada Ana Mosquera, pola súa banda, preguntou ao auditorio presente no salón de plenos da Deputación se o que o pobo galego quere é que a súa lingua sexa un “obxecto de Museo”, asegurando que as persoas relacionadas co mundo da xustiza que queren facer o seu traballo en galego deben pasar moito máis traballo que os que non o fan, pois deben traducir formularios e non contan coas ferramentas informáticas e as aplicacións necesarias para desenvolverse con soltura. “Non estamos á mesma altura e iso precisa implicación. A lingua é patrimonio de todos nós”, sentenzou.

Xa por último, Xavier Munaiz, da asesoría xurídica do Concello de Pontevedra, relatou a experiencia nun dos poucos concellos da provincia que a día de hoxe realizan todos os seus expedientes, procesos e relacións coa xustiza en lingua galega. “Pedíronme que contase as nosas vicisitudes na asesoría e non hai nada que contar. Diante dos xulgados as intervencións orais, as vistas, os textos… son todos en galego e sen inconvenientes”, destacou, salientando que os concellos pequenos que contratan asesorías externas “poida que estean mellor defendidos, pero non reparan nunha circunstancia non menor: as asesorías que os representan están a representar a unha administración pública que debe fomentar o galego”, insistiu.

A xornada pechou coa descuberta dunha placa nos xardíns laterais do pazo provincial en conmemoración do 50 aniversario do I Congreso do Dereito Galego e de lembranza da sinatura da ‘Declaración de Pontevedra’.

Concellos de todas as comarcas e signos políticos

Como representantes dos concellos asistiron e asinaron a ‘Declaración de Pontevedra’ persoas de todas as comarcas, sen distinción de signo político: o alcalde de Lalín Xosé Crespo, e a concelleira de Silleda Ángela Troitiño no Deza Tabeirós (por motivos de última hora non puido asistir a representante de Forcarei, que rubricará o texto a posteriori); pola comarca de Caldas estiveron o alcalde de Caldas Juan Manuel Rey eo vicealcalde de Portas Alfonso Reboredo, xunto ao de Valga (Cuntis asinará a posteriori); a alcaldesa de Meis Marta Guiráldez xunto a concelleiros e concelleiras de Vilagarcía, Cambados, Illa de Arousa e Sanxenxo polo Salnés; o alcalde de Barro  Xosé Manuel Abraldes  e o de Cerdedo-Cotobade Jorge Cubela, xunto a concelleiras de Ponte Caldelas e Poio da comarca de Pontevedra; da comarca do Morrazo estiveron presentes a alcaldesa de Moaña Leticia Santos e o alcalde de Bueu Félix Juncal (asinará posteriormente o concello de Cangas).

Da área de Vigo estiveron a alcaldesa de Redondela Digna Rivas, a alcaldesa de Salceda Verónica Tourón, e os e as concelleiros de Soutomaior, Mos, e a tenente de alcalde de O Porriño Carolina González Costas; da comarca do Val Miñor estiveron representando a Nigrán a deputada Raquel Giráldez, o alcalde de Baiona Carlos Gómez e a concelleira Iria Lamas de Gondomar. Do Baixo Miño acudiron a alcaldesa do Rosal Ánxela Fernández e representantes de Tui e Tomiño (A Guarda asinará a posteriori). Finalmente, do Condado-Paradanta estiveron o alcalde de Mondariz Xosé Emilio Barros, o de Mondariz Balneario José Antonio Rodríguez, e concelleiras e concelleiros de Ponteareas e As Neves.

Nigrán homenaxea a Domingo Villar en Fitur

0

O Concello de Nigrán homenaxeará na Feria Internacional de Turismo (FITUR) ao aclamado escritor Domingo Villar (Vigo, 06.03.1971-18.05.22) presentando o roteiro literario ‘A Praia dos Afogados’, cuxa trama principal discorre pola parroquia de Panxón. Deste xeito, o Concello estrea en FITUR un folleto turístico específico en galego e castelán que reproduce os pasos do carismático personaxe Leo Caldas nesta internacionalmente famosa novela negra traducida a máis de 15 idiomas e levada ao cine no 2015. As persoas interesadas poderán atopalo físicamente na Oficina de Turismo de Panxón ou descargalo directamente na web www.nigran.es.

“Domingo Villar foi, sen pretendelo, o mellor embaixador posible do noso municipio, por iso queremos manter viva a súa memoria a través deste roteiro que sabemos que interesa a miles de persoas e que recompila algúns dos lugares máis espectaculares de Nigrán e que el tan ben describe”, explica o alcalde, Juan González, quen incide nos “centos de lectores entusiastas’ que este verán participaron nos roteiros guiados que o Concello realizou como homenaxe ao escritor falecido en Vigo en Maio de 2022 e que gozaba de moitas vacacións estivais en Nigrán. “Colleitaron un éxito de público incrible, con esa experiencia e atendendo ás opinións dos participantes, realizamos este folleto”, explica González.

A andaina deseñada ten una lonxitude de 4,5 km divididos en 5 paradas e unha duración estimada de 2,5 horas cun grado de dificultade media. Seguindo o propio discorrer da novela, arranca na Praia da Madorra, onde aparece o cadáver maniatado dun mariñeiro que abre a investigación. A continuación continúa no Porto de Panxón, onde se atopa a lonxa ou a taberna ‘El Refugio del Pescador’, ademais das nasas ou embarcacións tradicional moi mencionadas no libro. A terceira parada é o Templo Votivo do Mar do arquitecto Antonio Palacios, lugar onde o inspector Leo Caldas se entrevista co párroco e cuxo interior contén mosaicos de esceas de naufraxios. Seguidamente, o camiñante debe dirixirse cara a península de Monteferro para visitar Punta Lameda, zona onde aparece afundida a barco de ‘O Rubio’ e, finalmente, conclúe no Monumento á Mariña Universal, contorna cuxas vistas sorprenden a Rafael Estévez, axudante de Caldas. Estas cinco ‘paradas’ figuran xeolocalizadas, con cadansúa frase da novela vinculada a esa zona en concreto e, a maiores, cunha breve información turística ao respecto. Deseñado como un folleto manexable, con forma de libro que se pode gardar no bolsillo, e con gran protagonismo das imaxes, inclúe un pequeno mapa e outros puntos de interese para aquelas persoas que desexen ampliar o roteiro, como poderían ser o cemiterio de Panxón, o Arco Visigótico, Monte Lourido, o Miradoiro de Monteferro… Todos eles puntos de interese mencionados dalgún xeito na novela.

‘A praia dos Afogados’

Publicada no ano 2009, trátase da segunda entrega da famosa triloxía de novela negra de Domingo Villar. Unha mañá, o cadáver dun mariñeiro é arrastrado pola marea ata a praia da Madorra. Se non tivese as mans atadas ás costas, Xusto Castelo sería simplemente outro dos fillos do mar que atopou a súa tumba entre as augas mentres faenaba. Pero o océano nunca necesitou amarras para matar. Sen testemuñas nin rastro da embarcación do falecido, o lacónico inspector Leo Caldas mergullarase no ambiente mariñeiro do pobo, tratando de esclarecer o crime entre homes e mulleres que se resisten a desvelar as súas sospeitas e que, cando se decidan a falar, apuntarán nunha dirección demasiado insólita. Un asunto inoportuno para Caldas, que atravesa días difíciles: Alba volveu a dar sinais de vida, o único irmán do seu pai está gravemente enfermo e a súa colaboración no programa de radio está a volverse insoportable.

SmartPeme trae esta semana cinco novos obradoiros

A Deputación de Pontevedra, a través de SmartPeme, oferta as cinco novas formacións online para esta semana, enmarcados na carteira de obradoiros de Smartpeme. As accións tratarán temas como os uso da VPN, recomendacións para crear unha páxina web, mellora da produtividade, contido audiovisual e Blockchain.

Os obradoiros darán comezo hoxe luns 16 pola mañá, no primeiro, a temática versará sobre ciberseguridade co experto en robótica, programación e impresión 3D, Manuel Freire. O obxectivo do obradoiro “Ciberseguiridade, o uso da VPN” é o de fomentar o uso das VPN, por que se deben usar e de que forma protexen.

O martes 17, impartirase unha nova formación guiada pola licenciada en Publicidade e Relacións Públicas, María Aller, que dirixirá “Consideracións previas para crear a túa páxina web” un obradoiro no que se amosarán os primeiros pasos para crear unha web.

O mércores 18 haberá dúas accións formativas; pola mañá a licenciada en Publicidade e Relacións Públicas, Fátima Faílde, impartirá o curso “Mellora a túa produtividade con Trello e outras aplicacións II”, para ensinar técnicas de produtividade e ferramentas que permiten transformar as tarefas. Na quenda de tarde o protagonista será o vídeo márketing. Lara Taboada, titulada superior en Ensinos Artísticos e de Deseño Gráfico, explicará a como comezar a crear un contido audiovisual interesante, dinámico e fácil de compartir no taller “Vídeo Márketing I – Contido audiovisual, a última tendencia”.

Finalmente o curso do venres 20 de xaneiro, “Blockchain e criptomoedas”, pechará a semana lectiva. Con esta formación iníciase unha serie de obradoiros informativos relacionados coa tecnoloxía Blockchain. Neste curso abordarase o tema das criptomoedas. A formación estará impartida, novamente, por Manuel Freire.

Máis de 93 mil peregrinos realizaron o Camiño Portugués en 2022

0

Máis de 93 mil persoas realizaron en 2022 o Camiño Portugués. Segundo os datos proporcionados pola Oficina do Peregrino da Catedral de Santiago 93.184 peregrinos e peregrinas recibiron a “Compostela” logo de realizar o Camiño Portugués. Trátase do maior número rexistrado até o de agora nas estatísticas, e que representa un 21% dos peregrinos que chegaron a Compostela no ano santo 2022 (438.323 peregrinos). Estes datos consolidan á ruta portuguesa que entra en Galicia a través de Tui como a segunda en número de peregrinos e peregrinas.

Tendo en conta estes datos oficiais e o feito de que se estima que entre un 20 ou 25 % das persoas que realizan o Camiño non recollen a Compostela, pódese estimar que o número de peregrinos que pasaron pola nosa cidade achégase a un número próximo ás 120.000 persoas.

Tui, como porta histórica dos Camiño Portugueses en Galicia, foi escollida por un total de 33.719 persoas para iniciar a súa peregrinación ao sepulcro do apóstolo Santiago, o que supón un 38,18 % do total. Deste xeito, Tui consolídase como unha das catro localidades de inicio de todas as rutas xacobeas. Se sumamos os peregrinos que iniciaron o seu camiño en Valença, 11.950 (12,8 %), temos que na Eurocidade Tui-Valença comezaron a súa peregrinación o 47,48 % dos peregrinos do Camiño Portugués.

Portugal, Alemaña, Italia, EEUU, Reino Unido, Francia, República Checa, Eslovaquia, e México foron os principais puntos de orixe dos peregrinos internacionais que o ano pasado pola Oficina Municipal de Tui, onde se rexistraron persoas realizando o Camiño de até 59 países dos cinco continentes.

Pontevedra, Madrid, Barcelona, Sevilla, Valencia, Cádiz, Málaga, As Palmas ou León foron os principais lugares de orixe dos peregrinos e peregrinas nacionais, rexistrándose persoas de todas as provincias españolas na Oficina de Turismo tudense.

Na valoración dos datos de peregrinaxe de 2022 cómpre ter en conta que segundo a Oficina do Peregrino 30.609 persoas  realizaron o Camiño Portugués da Costa, e un número crecente deles realiza esta ruta seguindo o trazado oficial do Caminho Portugués da Costa que dende Caminha chega ata Valença e Tui e non figuran conceptuados como peregrinos polo Camiño Portugués.

A nivel comparativo podemos lembrar que no ano 2019 (desbotando os ano 2020 e 2021 por mor da pandemia) os peregrinos polo Camiño Portugués alcanzaron a cifra de 72.357, por tanto os datos do ano 2022 supoñen un incremento do 29% no número de peregrinos polo Camiño Portugués. Crecemento exponencial de máis do 170% se atendemos aos datos do anterior ano santo no ano 2010, onde os peregrinos polo Camiño Portugués acadaron a cifra de 34.147.

Para o alcalde de Tui, Enrique Cabaleiro, estes datos ratifican a impresión que apuntaba a que este pasado ano 2022 o Camiño Portugués superaría amplamente o número de peregrinos verbo dos anos anteriores. Ao tempo que supoñen para todos os axentes implicados na xestión do Camiño de Santiago, tanto públicos como privados, na nosa cidade un reto para lograr manter estes niveis de peregrinos mediante un incremento da calidade na acollida e hospitalidade deste enclave histórico do Camiño Portugués que é a cidade de Tui.

O Concello do Rosal licita o servizo de axuda no fogar

0

O Rosal avanza co obxectivo de converterse nun municipio máis inclusivo e que vela polo benestar e o coidado de persoas en situación de dependencia. O Concello vén de sacar a licitación o servizo de axuda no fogar, na modalidade de dependencia, por dúas anualidades e prorrogable tres anualidades máis por unha duración de un ano cada unha delas.

O contrato contempla un total de 17.604 horas de servizos, 1.500 horas delas en días festivos e outras 16.104 en horario ordinario. Esta nova licitación supón un incremento de 1.200 horas anuais con respecto ao servizo anterior, ao que hai que engadir a incorporación aos pregos administrativos da posibilidade de incrementar nun  20% o servizo en función da demanda e da dispoñibilidade orzamentaria.

Segundo explica a alcaldesa, Ánxela Fernández Callís, “este novo contrato contempla significativas melloras que amplían as xa contempladas no prego anterior, como  10 camas articuladas con carro elevador e barreiras, 10 guindastres, 10 cadeiras de rodas para WC e ducha ou 10 colchóns antiescaras, todas elas melloras técnicas que consideramos moi necesarias para garantir que as e os rosaleiros dependentes reciban un servizo óptimo”.

Como novidade, os pregos contemplan a prestación de servizos complementarios que suporán un substancial salto de calidade para todos os usuarios e usuarias, xa que se inclúe o transporte a centros sanitarios con 50 viaxes de ida e volta, 40 servizos de podoloxía, 60 de perruquería e 10 limpezas de choque anuais.

O valor estimado do contrato ascende a máis de 1,8 millóns de euros, podendo chegar aos 2,2 millóns se se incrementa a demanda e a dispoñibilidade orzamentaria o permite. Este servizo non só permite mellorar a calidade de vida das persoas usuarias, senón que, entre outros aspectos, tamén posibilita a permanencia das persoas na súa residencia habitual, favorece e potencia a autonomía persoal no domicilio ou mantén, mellora e recupera as redes familiares e sociais.

As empresas interesadas deberán presentar un proxecto técnico do que se valorarán tanto os aspectos técnicos e metodolóxicos como os recursos materiais e humanos. Valorarase tamén a oferta económica e, por suposto, as melloras propostas. O prazo de presentación de ofertas estará aberto ata o vindeiro 13 de febreiro.

O Comité do Consorcio de Augas do Louro aproba o orzamento 2023

O Comité do Consorcio de Augas do Louro arranca este ano cun novos orzamentos aprobados de maneira definitiva o pasado mes de novembro. As contas aprobadas polo Comité ascenden a 4.266.200 euros. Dita contía procede en exclusiva da previsión de ingresos procedentes de taxas, prezos públicos e outros ingresos, e na mesma xa se ten en conta a minoración dos ingresos procedentes da aplicación da modificación da Ordenanza reguladora do prezo público para baleirado de pozos negros e fosas sépticas domésticas, limpeza de acometidas, canos e desaugadoiros e traslado de lodos.

No seu obxectivo de regularizar o funcionamento das institucións, o presidente do Consorcio, Alejandro Lorenzo, amosouse satisfeito por lograr a aprobación duns orzamentos da entidade por primeira vez dende o ano 2016.

Trátase dunha folla de ruta económica baseada no control do gasto público e a procura da eficiencia e a eficacia na xestión do Consorcio, o que se reflicte no compromiso coa estabilidade orzamentaria, coa sustentabilidade financieira así como coa limitación do gasto non financieiro do Consorcio.

Oia abre o luns o prazo de inscrición para unha nova edición do obradoiro de teatro

0

O Concello de Oia pon en marcha unha nova edición do obradoiro de teatro veciñal. Ao igual que aconteceu nas anteriores convocatorias, as sesións serán impartidas por A Artística Teatro & Danza os venres en horario de tarde.

O obradoiro comezará o 3 de febreiro e as sesións desenvolveranse cada venres no Centro Cultural de Pedornes en horario de 19.00 a 21.00 horas. O obradoiro desenvolverase durante os meses de febreiro, marzo, abril e maio e rematará a principios de xuño.

As persoas interesadas en participar poden apuntarse no rexistro do Concello desde o luns 16 ata o xoves 26 de xaneiro. A actividade é gratuíta e aberta a todas as idades, se ben é obrigatorio inscribirse pois as prazas son limitadas.

6×6 Punto de Encontro

En cada unha das súas edicións, este obradoiro teatral reúne a varias decenas de veciñas e veciños de diversas as idades, as cales traballan durante varios meses na elaboración e interpretación de distintas pezas teatrais. Como actividade final, as creacións son representadas polo propio alumnado nunha visita dramatizada polo barrio do Arrabal.

Nesa xornada de representación, denominada 6×6 Punto de Encontro, as persoas usuarias do obradoiro veciñal actúan xunto con varias artistas convidadas, ofrecendo un espectáculo aberto ao público onde o patrimonio do barrio histórico oiense se convirte nun escenario de excepción no que gozar de distintas propostas artísticas (arte dramática, danza e movemento, música, poesía, etc.)

Nesta convocatoria do obradoiro de teatro de Oia correspondente ao ano 2023 prevese igualmente rematar o curso coa xornada festiva do 6×6 Punto de Encontro: un día para celebrar a creación artística, o patrimonio, a historia e as tradicións locais; pero tamén para fomentar o encontro, a convivencia e máis a participación veciñal.