O Concello de Nigrán investíu 2.500 € na adquisición dun órgano portátil dixital marca Johannus a petición da Coral Novos Aires de Nigrán, entre outras formacións interesadas.
instrumento musical, estreado no derradeiro Concerto de Reis no Auditorio Municipal o 8 de Xaneiro, estará no a disposición de todas aquelas agrupacións do municipio que o requiran e da Escola Municipal de Música.
O órgano dixital, coñecido como ‘litúrxico’, ofrece ao instrumentista a mesma disposición que a dun órgano de tubos clásico: teclados, pedais e rexistros de execución. A diferenza esencial é que en lugar de producir son por tubos, o órgano dixital emprega xeradores electroacústicos cuxa sinal se envía aos altofalantes a través dos amplificadores.