19.5 C
Pontevedra
Domingo, 13 de Outubro de 2024
Máis
    HomeVal MiñorBaionaBaiona abre o prazo de solicitude para participar no Real Mercado da...

    Baiona abre o prazo de solicitude para participar no Real Mercado da Arribada 2023

    Foto de arquivo da presentación da Festa da Arribada 2022

    A Concellería de Cultura do Concello de Baiona xa traballa nos preparativos da Festa de Arribada 2023 que se celebrará a primeira fin de semana de marzo -3, 4 e 5-.

    O prazo para presentar as solicitudes de postos de venda no Real Mercado Medieval da Festa da Arribada está aberto desde hoxe, luns 19 de xaneiro,  ata o 9 de febreiro, ambos os días incluídos. A organización do evento pon ao dispor dos artesáns 70 postos do Concello, que serán sorteados entre todas as solicitudes. Todas as persoas interesadas en obter autorización para a instalación dos postos de venda no Real Mercado Medieval da Arribada deberán cubrir a solicitude oficial e Declaración Responsable e presentalas no rexistro xeral do Concello ou a través da sede electrónica:  http://baiona.sedelectronica.gal.

    Toda a información necesaria para realizar a solicitude atópase dispoñible na web oficial do Concello de Baiona: https://www.baiona.gal/avisos-importantes/documentacion-solicitude-para-participar-no-real-mercado-medieval-da-arribada-2023/.

    Tamén poderá presentarse nas formas previstas na Lei 39/2015, de procedemento administrativo común. No obstante, no caso de presentarse fora do Concello, o solicitante deberá dirixir por correo electrónico a dirección: mercadoarribada@baiona.gal unha copia da instancia debidamente presentada con anterioridade ao remate do prazo a efectos de que poida ser incluída na relación de solicitantes. En caso contrario inadmitirase dita solicitude.

    Desde a Concellería de Cultura do Concello de Baiona habilítase o teléfono 699199400 para información e resolución de dúbidas.

    LIBROS

    A pegada de «Ronsel»

    A editorial Galaxia vén de recuperar a súa vella colección «Ronsel», concibida nos anos 80 para darlle cabida «a novas voces e a novas temáticas das nosas letras», en palabras da propia editorial. Daquela, foi o espazo no que se deron a coñecer algúns autores que, andado o tempo, acadarían sona no noso sistema literario, como foi o caso de Darío Xohán Cabana ou Miguel Anxo Murado. Nesta nova andaina e, polo de agora, estréase con dúas publicacións, pero anuncian novas sorpresas ao longo de todo este ano.

    Dores Tembrás, «Enxertos»

    A nostalxia é unha materia prima habitual á hora de escribir poesía, mais non fai falla chegar a tanto. Se, a cotío, esa nostalxia leva implícita certa dose de tristura morriñenta para lembrar tempos pretéritos, non sempre ten que ser así, como demostra Dores Tembrás no seu último poemario, «Enxertos». Dores mergúllase na súa propia memoria, na súa infancia na aldea e na mocidade urbanita, para poñer en práctica unha modalidade de nostalxia leda e luminosa, alonxada de tristuras e saudades

    Queridos Reis Magos…

    Nas cartas aos Reis Magos de Oriente nunca debe faltar unha boa dose de literatura, sexa cal sexa a idade do receptor. Neste andel, como facemos sempre, queremos aportar algunhas recomendacións dirixidas aos máis pequenos da casa.