A Guarda

A Guarda pon en valor a cheminea das Cachadas, elemento simbólico do patrimonio industrial

O Concello da Guarda está a realizar traballos de consolidación no acceso do camiño das cachadas e de posta en valor da cheminea, un elemento simbólico do patrimonio industrial do municipio que formou parte da antiga fábrica das Cachadas que, ao longo do século XX, deu emprego a numerosos veciños e veciñas da Guarda e O Rosal. O alcalde da Guarda, Antonio Lomba e o concelleiro de Patrimonio, Xavier Crespo, visitaron esta semana as obras de rehabilitación e sinalización da contorna que son posibles grazas a unha subvención da Deputación de Pontevedra.

Cultura e deporte enchen a fin de semana na Guarda

A Guarda contará, unha vez mais, cunha fin de semana de gran oferta cultural e deportiva para todas as idades, que dende o venres e ata o domingo realízanse en diferentes espazos públicos do municipio. As actividades comezarán esta mesma tarde para alongarse ata o serán do domingo 1 de xullo.

A Guarda apoia de xeito unánime o CM de Carrozaría do IES A Sangriña

O Pleno da Guarda, reunido na mañá de hoxe venres en sesión extraordinaria, aprobou por unanimidade unha proposta da Comisión de Portavoces do Concello en defensa do ciclo medio de Carrozaría que, ata o de agora, impartíase no IES A Sangriña. A convocatoria do Pleno viña dada pola imposibilidade de alumnos e alumnas de matricularse xa neste ciclo formativo para o vindeiro curso 2018/2019.

A Guarda tínguese de multicolor

Dende onte mércores a balconada principal do consistorio local da Guarda luce a bandeira arcoiris do Orgullo LGTBI, imaxe deste colectivo, nun acto no que se impulsa a tolerancia e igualdade entre as persoas, sexa cal sexa a súa orientación sexual. O alcalde da Guarda, Antonio Lomba Baz, a concelleira de Turismo, Montse Magallanes e a concelleira de Servizos Sociais, Mª Teresa Vicente, amosaron o apoio do concello á comunidade LGBTI colocando esta bandeira, na véspera do Día Internacional do Orgullo LGBT que hoxe se celebra.

Suscribirse a este canal RSS