Nigrán tramita xa as solicitudes para o programa «Xuntos polo Nadal»

A Consellería de Política Social organiza, como todos os anos, o programa «Xuntos polo Nadal», unha iniciativa dirixida a persoas maiores de 60 anos empadroados nalgún concello de Galicia que, valéndose por se mesmas, atópense soas nas datas de Nadal e queiran compartir esas festas con outras persoas na súa mesma situación.

  • Publicado en Nigrán

“Depo en Marcha 2018” inicia esta semana cinco novos obradoiros

Ao longo desta semana un total de 79 persoas comezarán na provincia cinco novos obradoiros enmarcados no programa “Depo en Marcha 2018”. Os talleres iniciaranse nos municipios de Ponteareas, Poio, Vigo e Meaño. “Depo en Marcha” é unha iniciativa da Deputación de Pontevedra encamiñada a favorecer o envellecemento activo das persoas maiores da provincia a través de obradoiros e actividades formativas que lles permitan mellorar a súa calidade de vida e evitar o illamento e a soidade.

Ata 255 persoas participarán esta semana no programa “DEPOTERMAL 2018”

Desde este domingo e ata o vindeiro venres 19 de outubro, un total de 255 persoas maiores de 50 anos da provincia poderán desfrutar dunha nova edición do programa “Depotermal”, organizado pola Deputación de Pontevedra. Máis polo miúdo, na modalidade diúrna, participarán 51 persoas que virán do concello da Lama. Estas veciñas e veciños acudirán durante cinco días, dende o luns 15, a gozar dos circuítos termais do Acquaforum Termas de Cuntis.

Tomiño ampliará o servizo de Axuda no Fogar formando auxiliares socio-sanitarios

O Concello de Tomiño, en colaboración coa empresa Idades S.L. desenvolverá un curso teórico-práctico de auxiliar socio-sanitario, comprometéndose a empresa a contratar, polo menos, ao 40% dos e das participantes na acción formativa. Tomiño conta, na actualidade, con 34 auxiliares de axuda no fogar que atenden unha media de 100 persoas maiores, dependentes ou enfermas, distribuídas por todo o termo municipal.

  • Publicado en Tomiño

O Pavillón Municipal de Panxón acolle a exposición «El agua de la vida»

O Pavillón Municipal de Panxón acolle ata o 22 de agosto, en horario de 9:00 a 14:00 horas, a exposición El agua de la vida, do Centro de Día de persoas maiores «Botando unha man». Nesta mostra recóllese, nun panel, o traballo creativo de pintado dun mural que realizaron os usuarios no propio centro de día, ademais, permanece exposta unha escultura de vidro realizada coa axuda dun monitor.

  • Publicado en Nigrán

Obradoiro de Afaga en Mos, cultivar a mente por un envellecemento activo

 A Asociación de Familiares de Enfermos de Alzheimer e outras Demencias de Galicia, AFAGA, está a impartir un obradoiro de para mellorar a memoria que, baixo o título «Cultiva a mente» desenvólvese no Centro de Día de Petelos. O curso está sendo impartido por unha psicóloga especializada no desenvolvemento de programas de intervención social e nel participan 11 veciños e veciñas de Mos.

  • Publicado en Mos

Carmela Silva recibe ao alumnado de Filosofía da UNED Senior

A presidenta da Deputación de Pontevedra, Carmela Silva, recibiu esta mañá cun almorzo no Pazo provincial ao grupo de alumnas e alumnos de Filosofía da UNED Senior, que a escolleron como madriña da súa promoción en calidade de Presidenta provincial. O alumnado entregoulle como obsequio un ramo de flores e unha copia do libro do filósofo e titor do curso Marcelino Agís «Introdución á historia da filosofía», editado pola Deputación de Pontevedra.

Excursión a Pontevedra dentro do programa de «Turismo Social» de Nigrán

O Concello de Nigrán continúa co seu programa de turismo social destinado á veciñanza da terceira idade cunha excursión a Pontevedra o xoves 19 de abril cuxo prazo de inscrición abre este mércores, 11de abril, e se pechará o venres 13 (os interesados e interesadas deberán inscribirse na Oficina de Información Cidadá do Concello de Nigrán).

  • Publicado en Nigrán
Suscribirse a este canal RSS