Porriño 2017

O Porriño

O PP porriñés lamenta que a "falta de xestión" do Goberno prexudique á veciñanza

O candidato do PP á Alcaldía do Porriño, Alejandro Lorenzo, achacou hoxe á "nula capacidade de xestión" do Concello do Porriño, o feito de que veciñas e veciños véxanse prexudicados ao non terse tramitado a tempo a solicitude da rebaixa do 10 % do canon de Sogama, tal e como fixeron o 77 % dos municipios galegos adheridos a este modelo de tratamento de residuos sólidos urbanos.

O BNG do Porriño anima a participar na folga feminista do 8M

O grupo municipal do BNG levará ao vindeiro pleno no Porriño unha moción na que convida aos grupos políticos a sumarse ás reivindicacións das mulleres galegas de cara á celebración do 8 de marzo. O texto propón que a Corporación porriñesa manifeste “o seu recoñecemento e apoio a Galegas 8M e á convocatoria de manifestación nacional do día 3 de marzo e de folga de mulleres do 8 marzo de 2019".

A A.VV. San Benito outorga ás panaderías dos barrios os «Premios Fidenciano Palacín 2019»

A asemblea da Asociación de Veciños de San Benito e San Sebastián do Porriño, celebrada o pasado venres 22 de febreiro, fué o marco elixido para outorgar, por segundo ano consecutivo, o «Premio Fidenciano Palacín», en homenaxe ao histórico carteiro do Porriño que foi un firme defensor dos barrios de San Sebastián e San Benito e do que se aprobou en 2017, crear un galardón co seu nome para premiar a persoas comprometidas con Porriño e os seus barrios.

A biblioteca do Porriño presenta o seu amplo programa anual de actividades

Ao longo do 2019 a Biblioteca Municipal do Porriño, que depende directamente da Alcaldía, desenvolverá un amplo programa de actividades gratuítas relacionadas coa “aprendizaxe permanente”. A alcaldesa, Eva García de la Torre, subliña que “trátase de accións formativas non académicas que teñen como obxectivo o desenvolvemento do cidadán no plano laboral, social e persoal”.

A A.VV. San Benito do Porriño celebra este venres a súa Asemblea anual

A Asociación de Veciños de San Benito e San Sebastián do Porriño celebrará este venres 22 de Febreiro ás 20:15 hora no Centro Cívico de Porriño a súa asemblea anual, na que se dará conta da situación da Asociación e debateranse aspectos de interese sobre os barrios, así como o plan de acción para o ano 2019.

O Porriño creará un novo Grupo Municipal de Emerxencias

O Concello do Porriño vén de anunciar a creación dun novo Grupo Municipal de Emerxencias logo que a Alcaldía, sinala o Goberno local, recuperase as competencias en Protección Civil e Emerxencias, e "dectectásense deficiencias que xa se lle advertirán, hai dous anos, ao anterior concelleiro responsable destes servizos". Ditas carencias apareceron logo da baga de lunes e recomendáronse melloras en materia de persoal e material de cara a garantir a seguridade en caso de situacións de emerxencia "pero, durante estes anos non se acometeu acción algunha neste eido".

Suscribirse a este canal RSS