8.7 C
Pontevedra
Xoves, 28 de Marzo de 2024
Máis

    Tag: centro cívico

    Comezan as obras do Centro Cívico de Ponteareas

    O Concello de Ponteareas iniciou esta semana as obras do futuro Centro Cívico da localidade, que se situará nun edificio histórico situado na Praza Maior.

    Sae a licitación para a rehabilitación do Centro Cívico da Praza Maior de Ponteareas

    Ponteareas avanza na creación do futuro Centro Cívico na Praza Maior, un espazo rehabilitado que porá a disposición de tecido asociativo e veciñanza máis de 900 metros cadrados para servizos municipais e actividades sociais.

    O Concello avanza para poñer o Centro Cívico de Ponteareas a disposición da veciñanza

    O Concello continúa avanzando para poñer a disposición da veciñanza o Centro Cívico de Ponteareas. A iniciativa, que xa conta co proxecto básico e a autorización de Patrimonio Cultural, atópase agora en proceso de licitación da redacción do proxecto de execución, da elaboración de informes de eficiencia enerxética (IEE) e da dirección da obra do edificio situado na Praza Maior.

    O Centro Cívico de Ponteareas contará con máis de 900 m2 para actividades sociais e servizos municipais

    O goberno de Ponteareas (BNG-PSOE) presentou onte ás asociacións e colectivos da vila o proxecto do primeiro Centro Cívico de Ponteareas que ofrecerá máis de 900m2 para servizos de alta demanda e espazos para mocidade, infancia, asociacións e colectivos e para a realización de obradoiros, cursos ou exposicións. “O primeiro edificio público destas características en Ponteareas posibilitará o encontro da cidadanía e apoiará o asociacionismo con espazos versátiles e flexíbeis”, explicou a alcaldesa Cristina Fernández Davila na presentación da reunión.

    O Porriño abre a súa primeira Sala de Estudo

    O vindeiro martes 9, o Concello do porriño abrirá a primeira Sala de Estudo Municipal situada nas instalacións do Centro Cívico, na rúa Domingo Bueno, 13. Trátase dunha iniciativa da Concellería de Cultura que dirixe Cami Moreira e que está chamada a ser un complemento da Biblioteca Pública Municipal.

    LIBROS

    A pegada de «Ronsel»

    A editorial Galaxia vén de recuperar a súa vella colección «Ronsel», concibida nos anos 80 para darlle cabida «a novas voces e a novas temáticas das nosas letras», en palabras da propia editorial. Daquela, foi o espazo no que se deron a coñecer algúns autores que, andado o tempo, acadarían sona no noso sistema literario, como foi o caso de Darío Xohán Cabana ou Miguel Anxo Murado. Nesta nova andaina e, polo de agora, estréase con dúas publicacións, pero anuncian novas sorpresas ao longo de todo este ano.

    Dores Tembrás, «Enxertos»

    A nostalxia é unha materia prima habitual á hora de escribir poesía, mais non fai falla chegar a tanto. Se, a cotío, esa nostalxia leva implícita certa dose de tristura morriñenta para lembrar tempos pretéritos, non sempre ten que ser así, como demostra Dores Tembrás no seu último poemario, «Enxertos». Dores mergúllase na súa propia memoria, na súa infancia na aldea e na mocidade urbanita, para poñer en práctica unha modalidade de nostalxia leda e luminosa, alonxada de tristuras e saudades

    Queridos Reis Magos…

    Nas cartas aos Reis Magos de Oriente nunca debe faltar unha boa dose de literatura, sexa cal sexa a idade do receptor. Neste andel, como facemos sempre, queremos aportar algunhas recomendacións dirixidas aos máis pequenos da casa.