Tag: cami moreira
O Porriño presenta a segunda ‘Batalla de debuxantes Improvisdado’
O Concello do Porriño presentou onte a que será a segunda edición da 'Batalla de Debuxantes Improvisdado', un certame “singular e único que organiza o Concello porriñés coa intención de crear novas formas de expresión artística, querendo romper estándares e normas non escritas da arte”, sinalou na presentación Cami Moreira, concelleira de Cultura, Mocidade e Festas.
A antiga canteira de Vilafría, no Porriño, escenario do festival ‘Sons da canteira’
O Concello do Porriño, a través da Concellería de Cultura, deu a coñecer que o sábado, 29 de agosto, terá lugar o festival de música 'Sons da Canteira' que terá como escenario o espazo en restauración que ocupou a canteira de Vilafría.
O Porriño abre a súa primeira Sala de Estudo
O vindeiro martes 9, o Concello do porriño abrirá a primeira Sala de Estudo Municipal situada nas instalacións do Centro Cívico, na rúa Domingo Bueno, 13. Trátase dunha iniciativa da Concellería de Cultura que dirixe Cami Moreira e que está chamada a ser un complemento da Biblioteca Pública Municipal.
Cami Moreira relevará a Ana Bastos no grupo municipal do BNG do Porriño
O BNG do Porriño formalizará, no decurso do vindeiro pleno da Corporación, o relevo da súa concelleira Ana Bastos por Cami Moreira. O relevo de Bastos prodúcese por motivos laborais. A actual concelleira, explican os nacionalistas porriñeses, "continuará na organización nacionalista exercendo de responsable local do BNG do Porriño, función que leva desenvolvendo nos últimos anos".