a guarda 2019

A Guarda

A Deputación da luz verde á mellora integral da rúa Concepción Arenal na Guarda

A Deputación de Pontevedra aprobou hoxe en Xunta de Goberno o proxecto para a «Recuperación de espazos e mellora da mobilidade peonil na rúa Concepción Arenal EP-3401 de acceso ao porto en A Guarda». Segundo explica o deputado de Mobilidade Uxío Benítez, o orzamento para a actuación ascende a 1.598.755 euros (financiados ao 70% con fondos provinciais) e a obra terá un prazo de execución de dez meses logo do inicio, que se prevé na primavera.

Sete restaurantes da Guarda, preparados para servir o «Menú de Entroido»

Sete restaurantes da Guarda ofertarán, dende o sábado 10 ata o martes 13 de febreiro, o popular «Menú de Entroido», unha iniciativa gastronómica, impulsada polo departamento de Turismo do Concello guardés, que pon ao dispor de veciñanza e visitantes, a gastronomía típica da época que se poderá degustar por un prezo único de 18 euros.

Amplíase ata o xoves a inscrición no Desfile-Concurso do Martes de Entroido da Guarda

A Concellería de Cultura do Concello da Guarda vén de ampliar, ata o vindeiro xoves 8 de febreiro, o prazo de inscrición no Desfile-Concurso que se celebrará o Martes de Entroido. As bases do desfile contemplan ata cinco categorías diferentes de participación (incluíndo carrozas, comparsas, grupos e individual-parellas adulto ou infantil) na modalidade de concurso, cunha ampla variedade de premios.

Concello da Guarda e Xunta acordan a mellora dos CEIP do municipio

A concelleira de Educación, María Elena Baz, reuniuse esta mañá en Vigo co xefe territorial de Educación en Pontevedra, César Pérez Ares, para trasladarlle as demandas esixidas polos centros de educación infantil e primaria da Guarda. Neste encontro acordouse a prioridade e urxencia de accións que, como a da reparación dunha das cubertas do CEIP A Sangriña, serán acometidas durante o presente curso.

Suscribirse a este canal RSS