Gondomar

O CB Nigrán afiánzase en Gondomar co seu Campus de Baloncesto

O alcalde de Gondomar, Paco Ferreira e a concelleira de Deportes, Nuria Lameiro, clausuraron onte, 3 de agosto, o Campus de Baloncesto que todos os anos organiza o Club Baloncesto Nigrán e fixeronlle entrega, aos nenos e nenas participantes, dun diploma acreditativo da súa participación na actividade. O Campus conseguiu o dobre obxectivo con que naceu a iniciativa, compatibilizar a vida laboral e familiar no período estival e ofrecer a nenos e nenas actividades deportivas e de lecer que contribúan a súa formación tanto no eido deportivo como persoal. 

Digna Rivas reivindica a implicación da mocidade na erradicación das violencias machistas

A deputada de Cohesión Social e Xuventude, Digna Rivas, e o alcalde de Gondomar, Francisco Ferreira, participaron este mércores na Praza do Concello de Gondomar na décimo cuarta intervención artística do programa «Mulleres en Acción. Violencia Zero», unha iniciativa que ten por obxectivo darlle visibilidade á loita contra as violencias machistas así como dar a coñecer o traballo de novas artistas contemporáneas que están a traballar a prol da igualdade.

«Mulleres en Acción. Violencia Zero», o berro contra as violencias machistas en Gondomar

O Concello de Gondomar acollerá este mércores 20 de xuño, ás 12:00h na Praza do Concello, á décimo cuarta intervención artística do programa «Mulleres en Acción. Violencia Zero», iniciativa da Deputación de Pontevedra que ten por obxectivo darlle visibilidade á loita contra as violencias machistas así como dar a coñecer o traballo de novas artistas contemporáneas que están a traballar a prol da igualdade.

Proxección de «Vigo 1972» no auditorio «Lois Tobío» de Gondomar

O auditorio municipal «Lois Tobío» de Gondomar acolle, este vindeiro sábado 19 de maio ás 19 horas, a proxección do documental «Vigo 1972», unha produción que narra a folga xeral de 15 días que converteu á comarca de Vigo no centro de atención a nivel estatal e europeo, poñendo en xaque ao réxime franquista e contribuíndo, significativamente, ao desgaste e fin do mesmo.

A Deputación mellora a estrada Chaín-Morgadáns en Gondomar

O departamento de Mobilidade da Deputación de Pontevedra ten xa bastante avanzadas as obras de mellora da estrada de Chaín-Morgadáns en Gondomar que supoñen un investimento de máis de 406.303 euros. O deputado de Mobilidade Uxío Benítez explica que a empresa Nexia Infraestruturas, aproveitando o bo tempo das últimas xornadas, xa fixo os traballos de fresado do firme en mal estado e estendeu a primeira capa de aglomerado. Previsiblemente, nos vindeiros días desta semana poderase executar a capa superficial.

Obras de calmado de tráfico na contorna do Colexio Xosé Neira Vilas de Gondomar

O departamento de Mobilidade da Deputación de Pontevedra, que xestiona Uxío Benítez, iniciou onte as obras de calmado do tráfico para aumentar a seguranza viaria na estrada provincial EP-2301 entre Gondomar e Peitieiros no concello de Gondomar. Benítez destaca que a actuación supón a construción de varios pasos de peóns sobreelevados e redutores físicos de velocidade de vehículos nunha zona na que está o colexio Xosé Neira Vilas, a igrexa e o cemiterio.

Suscribirse a este canal RSS