10 C
Pontevedra
Mércores, 24 de Abril de 2024
Máis
    HomeUltimas NoticiasUn grupo adegueiro do Rosal doa 2.000 máscaras cirúrxicas ao Concello

    Un grupo adegueiro do Rosal doa 2.000 máscaras cirúrxicas ao Concello

    O material doado polo grupo Méndez-Rojo empregarase para uso do persoal de Servizos Sociais, que poderá entregar máscaras de forma puntual ás persoas máis vulnerables

    O tecido asociativo, veciñal e empresarial do Rosal continúa a dar mostras da súa enorme solidariedade. O grupo adegueiro Méndez-Rojo, que conta con novas instalacións no municipio rosaleiro, acaba de doar 2.000 máscaras cirúrxicas ao Concello. Trátase de máscaras dun so uso que teñen función preventiva que cun uso correcto permite evitar que a persoa que a leva posta poida contaxiar á xente da súa contorna.

    O material doado polo grupo adegueiro irá destinado ao persoal de Servizos Sociais do Concello, departamento que poderá entregar máscaras de forma puntual a aquelas persoas consideradas de maior vulnerabilidade ou a persoas de risco.

    O Concello quere agradecer o xesto de xenerosidade do grupo Méndez-Rojo e do seu director comercial, Dionisio Oseira, quen se achegou esta semana á Casa consistorial para facer entrega de todas as máscaras. Entre as adegas que forman parte do grupo Méndez-Rojo encóntrase Vía Atlántica Rías Baixas, situada na zona do Rosal.

    “Estamos abraiados co compromiso e coa gran resposta que está tendo a veciñanza e o noso tecido empresarial nun momento tan complicado. Todas as doazóns, por pequenas que parezan, axúdannos a enfrontar esta nova realidade. Temos claro que cada xesto suma, así que non podemos máis que dar as grazas por todo o esforzo e solidariedade”, recalca a alcaldesa, Ánxela Fernández.

    LIBROS

    A pegada de «Ronsel»

    A editorial Galaxia vén de recuperar a súa vella colección «Ronsel», concibida nos anos 80 para darlle cabida «a novas voces e a novas temáticas das nosas letras», en palabras da propia editorial. Daquela, foi o espazo no que se deron a coñecer algúns autores que, andado o tempo, acadarían sona no noso sistema literario, como foi o caso de Darío Xohán Cabana ou Miguel Anxo Murado. Nesta nova andaina e, polo de agora, estréase con dúas publicacións, pero anuncian novas sorpresas ao longo de todo este ano.

    Dores Tembrás, «Enxertos»

    A nostalxia é unha materia prima habitual á hora de escribir poesía, mais non fai falla chegar a tanto. Se, a cotío, esa nostalxia leva implícita certa dose de tristura morriñenta para lembrar tempos pretéritos, non sempre ten que ser así, como demostra Dores Tembrás no seu último poemario, «Enxertos». Dores mergúllase na súa propia memoria, na súa infancia na aldea e na mocidade urbanita, para poñer en práctica unha modalidade de nostalxia leda e luminosa, alonxada de tristuras e saudades

    Queridos Reis Magos…

    Nas cartas aos Reis Magos de Oriente nunca debe faltar unha boa dose de literatura, sexa cal sexa a idade do receptor. Neste andel, como facemos sempre, queremos aportar algunhas recomendacións dirixidas aos máis pequenos da casa.