ACiP presenta, o sábado 15, o seu candidato á alcaldía de Ponteareas

"Logo da última xuntanza mantida, o comité executivo de Alternativa Ciudadana de Ponteareas, ACiP, vén de aceptar a proposta de candidato á alcaldía da vila designada pola Xunta Directiva desta formación". Unha candidatura, sinala no seu comunicado Alternativa Ciudadana, "que trata de reflectir o sentir de afiliados e dos simpatizantes máis achegados a este grupo político, formada por un equipo xove pero con ampla experiencia na vida política municipal".

ACiP pide a exposición pública do PXOM "para garantir a seguridade xurídica deste documento"

Ao igual que o fixera na rolda de prensa convocada para tratar do Plan Xeral de Ordenación Urbana de Ponteareas, o portavoz de Alternativa Ciudadana de Ponteareas, ACiP, Juan Carlos González Carrera, vén de pedir novamente ao Goberno local a exposición pública do Plan ao tratarse dun importante documento "que determinará o desenvolvemento urbanístico da vila nos próximos anos" e, engadía, para "evitar a máis que probable inseguridade xurídica do mesmo".

ACiP esixe a retirada dos cascallos de obra do parque da Feira Vella

A viceportavoz de Alternativa Ciudadana de Ponteareas, Raquel Bautista Alfaya, esixiu onte a retirada dos cascallos de obra que existen no parque da Feira Vella e lamenta que o Concello, que "esixe a todos os veciños o correcto tratamento e reciclado dos cascallos cando realizan obras, non cumpra este mandado cando se trata de traballos municipais". No parque da Feira Vella, segundo Bautista, "amontónanse" cascallos de obras municipais que se están a realizar nunha rúa contigua.

ACiP denuncia «amiguismo» do Goberno con determinados propietarios de fincas urbanas

Semanas despois de denunciar a situación na que se atopa a finca de Granitos, en pleno casco urbano de Ponteareas, ACiP volve a carga desta volta co estado da leira que, segundo sinala a formación independente "segue a ser o mesmo en canto a sucidade e perigosidade para os usuarios; os últimos coincidindo coas festas patronais, pois volveu a usarse como aparcadoiro público sen adoptar medida algunha".

Máis de 600 persoas dánse cita na Xornada de Convivencia organizada por ACiP

A pesar das altas temperaturas que se rexistraron esta fin de semana e as varias festas previstas na zona, máis de 600 persoas, simpatizantes de ACiP e veciños de Ponteareas, quixeron participar onte domingo na comida campestre que poñía o punto e final á xornada de convivencia organizada por este partido no parque de San Roque.

ACiP esixe ao Goberno local o "mantemento óptimo" do Centro de Servizos Sociais

Alternativa Ciudadana de Ponteareas, ACiP, vén de denunciar o estado en que se atopa o Centro Social de Ponteareas e demanda "unha solución inmediata" ao Goberno local. O seu portavoz, Juan Carlos González Carrera, esixe que o Concello cumpra o convenio asinado coa Xunta, "que o obriga a manter operativo" o servizo que se presta aos usuarios e usuarias "así como ao correcto estado das instalaciónks e o inmoble".

Suscribirse a este canal RSS