10.5 C
Pontevedra
Venres, 26 de Abril de 2024
Máis
    HomeBaixo MiñoTuiA Agrupación de Voluntarios de Protección Civil conta cunha nova directiva

    A Agrupación de Voluntarios de Protección Civil conta cunha nova directiva

    Durante o estado de alarma realizaron 477 horas de colaboración en distintos servizos

    A Agrupación de Voluntarios de Protección Civil de Tui conta con nova xunta directiva froito das eleccións celebradas hai uns días. Así Juan Manuel González Estévez ocupa o cargo de presidente, María Fernanda Abreu Estévez é a secretaría e Adolfo Pérez Paramos o tesoureiro. Mentres os vogais son Nicolás Francisco Martínez Pazo, Alberto Solleiro Álvarez, Isaac Estévez Carballal  e Cristina Álvarez Bernárdez.

    A colaboración dos voluntarios de Protección Civil co Concello de Tui ten sido de gran  importancia durante o Estado de Alarma realizando un total de 477 horas en distintos servizos. A principal actividade estivo no reparto de alimentos, tanto a través do departamento de Servizos Sociais coma colaborando con SOS Tomiño Baixo Miño. A distribución de máscaras e  pantallas de protección, a desinfección de contedores e instalacións municipais foron outros dos labores realizados. Amais entregaron os cadernos de estimulación cognitiva da Asociación de Párkinson do Baixo Miño entre os usuarios deste colectivo. Tamén colaboraron na entrega de ordenadores a aqueles estudantes que carecían desta ferramenta para poder seguir as clases en liña, e realizaron a colocación de carteis informativos, entre outras tarefas.

    Dende o Concello de Tui quérese amosar publicamente o agradecemento polo labor realizado ao longo dos últimos meses a María Fernanda Esteves Abreu, Alberto Solleiro Álvarez, Isaac Estévez Carballal, Adolfo Pérez Paramos e Juan Manuel González Estévez.

    LIBROS

    A pegada de «Ronsel»

    A editorial Galaxia vén de recuperar a súa vella colección «Ronsel», concibida nos anos 80 para darlle cabida «a novas voces e a novas temáticas das nosas letras», en palabras da propia editorial. Daquela, foi o espazo no que se deron a coñecer algúns autores que, andado o tempo, acadarían sona no noso sistema literario, como foi o caso de Darío Xohán Cabana ou Miguel Anxo Murado. Nesta nova andaina e, polo de agora, estréase con dúas publicacións, pero anuncian novas sorpresas ao longo de todo este ano.

    Dores Tembrás, «Enxertos»

    A nostalxia é unha materia prima habitual á hora de escribir poesía, mais non fai falla chegar a tanto. Se, a cotío, esa nostalxia leva implícita certa dose de tristura morriñenta para lembrar tempos pretéritos, non sempre ten que ser así, como demostra Dores Tembrás no seu último poemario, «Enxertos». Dores mergúllase na súa propia memoria, na súa infancia na aldea e na mocidade urbanita, para poñer en práctica unha modalidade de nostalxia leda e luminosa, alonxada de tristuras e saudades

    Queridos Reis Magos…

    Nas cartas aos Reis Magos de Oriente nunca debe faltar unha boa dose de literatura, sexa cal sexa a idade do receptor. Neste andel, como facemos sempre, queremos aportar algunhas recomendacións dirixidas aos máis pequenos da casa.