Tag: voando nas rías baixas
Esgotadas as prazas para a ruta ornitolóxica ‘Voando nas Rías Baixas’ pola serra do Suído
O programa de rutas ornitolóxicas 'Voando nas Rías Baixas', que a Deputación de Pontevedra desenvolve en colaboración con SEO Birdlife, segue colleitando éxitos tras esgotarse en apenas 24 horas as quince prazas dispoñibles para o súa quinta e última saída desta edición, que conta tamén cunha lista de agarda doutras vinte persoas. A ruta levarase a cabo este próximo domingo, 6 de setembro, e achegará ás persoas participantes ata a Serra do Suído, que se estende polos concellos da Lama, Fornelos de Montes e Covelo.
A Deputación abre o prazo de inscrición da quinta ruta ornitolóxica “Voando nas Rías Baixas”
A Deputación de Pontevedra abriu este venres o prazo de inscrición para a quinta das rutas ornitolóxicas programadas dentro da terceira edición da iniciativa “Voando nas Rías Baixas”, organizada pola institución provincial en colaboración con SEO Birdlife. Esta última ruta permitirá ás persoas que asistan coñecer a riqueza ornitolóxica e paisaxística da Serra do Suído, nos concellos da Lama, Fornelos e Covelo. Ofértanse 15 prazas para a excursión guiada de carácter gratuíto que terá lugar o próximo domingo 6 de setembro.
A Deputación abre o xoves a inscrición para a cuarta ruta ornitolóxica ‘Voando nas Rías Baixas’
A Deputación de Pontevedra abre mañá, xoves, ás 9.00 horas, o prazo de inscrición para a cuarta das rutas ornitolóxicas programadas dentro da iniciativa “Voando nas Rías Baixas”, organizada pola institución provincial en colaboración con SEO Birdlife, que permitirá ás persoas que asistan coñecer a riqueza ornitolóxica e paisaxística das Brañas de Xestoso. Ofértanse 15 prazas para a excursión guiada de carácter gratuíto que terá lugar o 30 de agosto.
«Voando nas Rías Baixas» inicia a súa andaina este domingo na enseada de San Simón
A Enseada de San Simón na ría de Vigo será o privilexiado escenario este domingo da primeira das rutas ornitolóxicas de 'Voando nas Rías Baixas', programa da Deputación de Pontevedra en colaboración con SEO-Birdlife, que a través de cinco excursións guiadas permitirá ao público coñecer de xeito gratuíto a riqueza ornitolóxica da provincia de Pontevedra e poñer en valor o turismo medio ambiental e sustentable que ofrece o noso territorio.