Tag: vilas en flor
Salceda de Caselas premiada con dúas flores na súa primeira participación no certame ‘Vilas en flor’
O Concello de Salceda de Caselas ven de recibir a distinción que outorga o certame 'Vilas en flor', que recoñece en forma de galardóns a traxectoria e as acción levadas a cabo polos municipios galegos na mellora e potenciación dos espazos verdes urbanos, a súa xestión sostible, a educación medioambiental e a concienciación cidadá no coidado do entorno.
Baiona, reconocida no certame “Vilas en flor” con dúas flores
O certame 'Vilas en flor', da fundación Juana de Vega, acaba de outorgar as súas distincións aos concellos participantes na terceira edición. Entre os gañadores está o Concello de Baiona que foi recoñecido con dúas flores porque os seus espazos entre as edificacións son inspiradores.
Tomiño, distinguido con tres flores de honra na súa segunda participación no certame ‘Vilas en Flor’
O xurado do certame “Vilas en Flor” emitíu o mércores as súas distincións aos concellos participantes nesta terceira edición poñendo en valor o deseño, xestión e mantemento dos espazos verdes urbanos coas flores de honra outorgadas aos 25 concellos galegos participantes.
O concello de Salceda de Caselas súmase á terceira edición do certame Vilas en Flor
O programa "Vilas en Flor", unha iniciativa que procura a mellora ambiental, social e económica dos concellos galegos de menos de 45.000 habitantes, chega este ano á súa terceira edición con doce novos concellos participantes confirmados. Este ano, incorpórase á lista de participantes a localidade pontevedresa de Salceda de Caselas xunto cos concellos de Cambados, Fene, Guitiriz, Lalín, Narón, Pontedeume, Sada, Sarria, San Sadurniño, Ames e Tui.
A Guarda recibe dúas flores de honra nos «Galardóns de Vilas en Flor Galicia 2019»
O pasado venres día 22 de novembro de 2019 a Concelleira de Cultura e Patrimonio, Montserrat Magallanes e persoal municipal do Concello da Guarda, participaron na Cidade da Cultura en Santiago de Compostela na entrega dos Galardóns de Vilas en Flor Galicia 2019.
«Vilas en Flor» premia o traballo de Tomiño na mellora do espazo verde urbano
O xurado de 'Vilas en Flor de Galicia', un programa que procura a mellora ambiental, social e económica dos concellos galegos de menos de 50.000 habitantes, distinguiu onte ao Concello de Tomiño coma 'Vila en Flor 2019', concedéndolle dúas Flores de Honra, “polo seu traballo na mellora do espazo verde urbano”.