11.8 C
Pontevedra
Martes, 23 de Abril de 2024
Máis

    Tag: telecomunicacións

    O alumnado do IES Antón Alonso Ríos de Tomiño constrúe un Escape Room

    O alumnado de 2º de CM de Instalacións de Telecomunicacións do IES Antón Alonso Ríos de Tomiño, no módulo Circuíto pechado de televisión e seguridade electrónica, deseñou e construíu un Escape Room que están a desfrutar os profesores nos recreos e á que xogará o alumnado de 4º da ESO como parte da promoción deste ciclo formativo.

    A rede de fibra óptica xa está dispoñible en 8 parroquias do rural do Concello de Tui

    A rede de fibra óptica xa está despregada en moitas parroquias do Concello de Tui e tamén se esta implantando no centro urbano a través de vía área, eliminando deste xeito o cableado cara as vivendas. Trátase dun plan de implantación que no vindeiro 31 de decembro deste ano debería estar rematado.

    Mos denuncia o “incumprimento” de R na implantación da banda longa no municipio para o que recibiu unha subvención estatal

    O Concello de Mós vén de notificar, por medio da remisión do pertinente oficio ao Ministerio de Asuntos Económicos e Transformación Dixital, que a empresa R Cable y Telecable Telecomunicaciones, S.A.U non completou as actuacións necesarias para a implantación do programa de extensión da banda longa de nova xeración en Mos, pola que recibiu subvención da devandita administración estatal, segundo informaron a alcaldesa de Mos, Nidia Arévalo, e o concelleiro de Novas Tecnoloxías, Leo Costas.

    A Plataforma pola Seguridade e a Privacidade Dixital denuncia a R Cable “polo tratamento das reclamacións na súa área de clientes”

    A PSPD –Plataforma pola Seguridade e Privacidade Dixital da que forman parte a Unión de Consumidores de Galicia (UCGAL), Asociación de Internautas (AI) e Asociación Pro Derechos Civís, Económicos e Sociais (ADECES)– vén de denunciar ao operador R Cable e Telecable ante as autoridades de competencia e telecomunicacións "polo tratamento das reclamacións dos consumidores na súa área de clientes". As entidades consideran que o operador "podería estar a construír unha imaxe irreal da calidade dos seus servizos que vulneraría o dereito á información dos consumidores e que lle favorecería respecto a os seus competidores".

    LIBROS

    A pegada de «Ronsel»

    A editorial Galaxia vén de recuperar a súa vella colección «Ronsel», concibida nos anos 80 para darlle cabida «a novas voces e a novas temáticas das nosas letras», en palabras da propia editorial. Daquela, foi o espazo no que se deron a coñecer algúns autores que, andado o tempo, acadarían sona no noso sistema literario, como foi o caso de Darío Xohán Cabana ou Miguel Anxo Murado. Nesta nova andaina e, polo de agora, estréase con dúas publicacións, pero anuncian novas sorpresas ao longo de todo este ano.

    Dores Tembrás, «Enxertos»

    A nostalxia é unha materia prima habitual á hora de escribir poesía, mais non fai falla chegar a tanto. Se, a cotío, esa nostalxia leva implícita certa dose de tristura morriñenta para lembrar tempos pretéritos, non sempre ten que ser así, como demostra Dores Tembrás no seu último poemario, «Enxertos». Dores mergúllase na súa propia memoria, na súa infancia na aldea e na mocidade urbanita, para poñer en práctica unha modalidade de nostalxia leda e luminosa, alonxada de tristuras e saudades

    Queridos Reis Magos…

    Nas cartas aos Reis Magos de Oriente nunca debe faltar unha boa dose de literatura, sexa cal sexa a idade do receptor. Neste andel, como facemos sempre, queremos aportar algunhas recomendacións dirixidas aos máis pequenos da casa.