18.5 C
Pontevedra
Venres, 19 de Abril de 2024
Máis
    HomeBaixo MiñoTomiñoO alumnado do IES Antón Alonso Ríos de Tomiño constrúe un Escape...

    O alumnado do IES Antón Alonso Ríos de Tomiño constrúe un Escape Room

    O alumnado de 2º de CM de Instalacións de Telecomunicacións do IES Antón Alonso Ríos de Tomiño, no módulo Circuíto pechado de televisión e seguridade  electrónica, deseñou e construíu un Escape Room que están a desfrutar os profesores nos recreos e á que xogará o alumnado de 4º da ESO como parte da  promoción deste ciclo formativo.

    Este proxecto comezou no curso 2019-2020 cunha visita á empresa  colaboradora no mesmo, o Eskapark de Vigo, na que o alumnado puido ver as  súas instalacións e vivir a experiencia. Isto axudou ao grupo a familiarizarse  con este tipo de xogos e coller ideas para poder adaptar a unha Escape Room as  prácticas dos diferentes módulos que se imparten no ciclo.

    Coa declaración do estado de alarma o alumnado dese curso non puido rematar o proxecto que pretendía ofertar a Escape Room tanto ao alumnado do IES  coma ao alumnado doutros centros e mesmo á veciñanza de Tomiño.

    Este curso, debido ás restriccións pola pandemia, retomouse o proxecto coa  condición de que fóra portátil e poder levala a outros centros e dar así a coñecer, dun xeito lúdico, as ensinanzas que se imparten no CM de Instalacións de  telecomunicacións.

    A Escape Room consta de 6 probas/prácticas onde os xogadores deberán  conseguir os códigos para ir abrindo caixas e portas onde atoparán novas pistas  que os levarán ao xogo final.

    Esta Escape Room estará o xoves no IES San Paio de Tui e nas próximas  semanas no C.P.I Manuel Suárez Marquier.

    LIBROS

    A pegada de «Ronsel»

    A editorial Galaxia vén de recuperar a súa vella colección «Ronsel», concibida nos anos 80 para darlle cabida «a novas voces e a novas temáticas das nosas letras», en palabras da propia editorial. Daquela, foi o espazo no que se deron a coñecer algúns autores que, andado o tempo, acadarían sona no noso sistema literario, como foi o caso de Darío Xohán Cabana ou Miguel Anxo Murado. Nesta nova andaina e, polo de agora, estréase con dúas publicacións, pero anuncian novas sorpresas ao longo de todo este ano.

    Dores Tembrás, «Enxertos»

    A nostalxia é unha materia prima habitual á hora de escribir poesía, mais non fai falla chegar a tanto. Se, a cotío, esa nostalxia leva implícita certa dose de tristura morriñenta para lembrar tempos pretéritos, non sempre ten que ser así, como demostra Dores Tembrás no seu último poemario, «Enxertos». Dores mergúllase na súa propia memoria, na súa infancia na aldea e na mocidade urbanita, para poñer en práctica unha modalidade de nostalxia leda e luminosa, alonxada de tristuras e saudades

    Queridos Reis Magos…

    Nas cartas aos Reis Magos de Oriente nunca debe faltar unha boa dose de literatura, sexa cal sexa a idade do receptor. Neste andel, como facemos sempre, queremos aportar algunhas recomendacións dirixidas aos máis pequenos da casa.