19.1 C
Pontevedra
Martes, 16 de Agosto de 2022
Máis
    HomeÉ NoticiaLete Lasa destaca a hexemonía do surf galego

    Lete Lasa destaca a hexemonía do surf galego

    O secretario xeral para o Deporte, José Ramón Lete Lasa, vén de recibir aos deportistas da Federación Galega de Surf que se proclamaron recentemente campións de España nas súas diferentes especialidades. O mandatario galego asegurou que, Esperanza Barreras, Guillermo Carracedo e Carlos Dopico son a “clara mostra da hexemonía galego nos deportes náuticos en xeral, así como en todas e cada unha das vertentes so surf, o que converte a Galicia nunha terra polideportiva, multidisciplinar e diversa con grandes referentes para todos os nenos e nenas”.

    Lete Lasa lembrou que Galicia xa conta con grandes eventos como o Pantín Classic, o Junior Qualifying Series 1.000 Gadis Pro Ferrol ou o Campionato de España de Surfing que se vén de celebrar por oitava vez consecutiva en Galicia. Ademais, Lete Lasa puxo o acento nos deportistas galegos de surf que levan conseguindo grandes resultados nos últimos anos desde pioneiros como  Gony Zubizarreta ou Vicente Romero ata estes tres novos campións de España”.

    A nigranesa Esperanza Barreras vén de proclamarse campioa de España de SUP (stand up paddle) longa distancia en Nigrán. Neste ano tamén acadou os campionatos de España de SUP velocidade e SUP carreira técnica. Dentro dos seus maiores éxitos está o bicampionato mundial de SUP longa distancia e o subcampionato Eurotour que vén de acadar nesta última tempada. Esperanza é deportista de alto nivel (DAN) e actualmente tramita a documentación para ser deportista galega de alto nivel (DGAN).

    Guillermo Carracedo (Muros) proclamouse campión de España de SUP ondas en Xixón por cuarta vez consecutiva. No ano 2019 acadou a quinta praza no mundial da súa disciplina. Guillermo é deportista galego de alto nivel (DGAN), así como deportista de alto nivel (DAN).

    O coruñés, Carlos Dopico é o primeiro campión de surf adaptado galego da historia. Acadou o seu título no Campionato de España de surf adaptado que se vén de celebrar en Nigrán. Carlos atópase en pleno proceso de recoñecemento como deportista galego de alto nivel (DGAN).

    Os tres deportistas preparan xa os seus respectivos mundiais de cara a esta nova tempada.

    COLABORACIÓNS

    Ramón D. Veiga, «Zoom»

    En ocasións, a literatura xorde dun puro divertimento, dun simple xogo que alicerza a escrita e do que o autor ou autora se fai partícipe dende o inicio. Hai exemplos numerosos ao respecto, ás veces concibidos como simples exercicios de estilo, outras, como argalladas transgresoras coas que experimentar un xeito determinado de escribir. O que hoxe traemos a este espazo parece encaixar perfectamente nese prantexamento lúdico.

    ¡Galicia negra!

    En estos últimos días, mejor dicho ya semanas, estamos volviendo a la cruda realidad de ver a nuestra Galicia de nuevo ennegrecida por el humo y por los incendios. No es algo que nos pille de sorpresa, por desgracia ya es algo habitual desde hace muchos años aunque, este año, se ha adelantando en el tiempo, ya que lo que solía ocurrir principalmente a finales de verano, debido a la climatología de este año, ya está sucediendo en estos meses.

    Galicia

    Onte, 25 de xullo, celebrouse na nosa comunidade o día da patria galega, polo que esta publicación vai adicala a ela. Este día festéxase oficialmente dende 1979, ainda que a orixe desta celebración remóntase a 1919.

    Un tour por Marruecos

    He estado un poco desaparecida, pero aquí estoy de nuevo 🙂 En mayo viajé junto con cuatro amigas a Marruecos, hicimos una escapada durante el puente de las Letras Galegas. Fue breve, pero intensa. Nos dió tiempo a aprovechar muy bien esos cinco días y a conocer un trocito de ese país tan especial.

    Colaboradores

    Alberto Aliaga Sola
    20 POSTS0 COMMENTS
    Bea Sanfa
    14 POSTS0 COMMENTS
    Manrique Fernández
    67 POSTS0 COMMENTS
    Paz de la Peña
    40 POSTS0 COMMENTS
    Ricardo Canosa Bastos
    14 POSTS0 COMMENTS
    Roberto Mera
    4 POSTS0 COMMENTS
    Avatar
    1 POSTS0 COMMENTS