4.5 C
Pontevedra
Martes, 5 de Decembro de 2023
Máis
    HomeVal MiñorNigránVolve a competición de surf esta fin de semana á praia de...

    Volve a competición de surf esta fin de semana á praia de Patos

    Despois dun 2020 case sen competicións por mor da pandemia, esta fin de semana arrinca o Circuito Galego Junior de surf e bodyboard na Praia de Patos (Nigrán). O bo parte de ondas permitiu dar luz verde a esta primeira proba do ano que reunirá durante o sábado 13 e domingo 14 a novos surfeiros galegos na Praia de Patos, quen competirá nas categorías de sub12 mixto, sub14 feminino e masculino, sub16 feminino e masculino e bodyboard sub16 e sub18.

    O evento está organizdo pola Federación Galega de Surf e Bodboard, Prado Surf Escola e o Concello de Nigrán. Ademais, a proba conta co apoio de Aguasana, Só Imprenta, Ozocare, Waira Surf, Alumisel, Hi Surf, Gadis, Deleitar, Mercedes Louzao, Xunta de Galicia e Deporte Galego.

    Foron moitos meses de parón e os novos surfeiros chegan a esta primeira proba do ano con moitas ganas de demostrar o seu nivel. Para garantir a seguridade de todos os participantes e asistentes a Federación Galega de Surf creou un protocolo Covid-19, o uso da máscara será obrigatorio ata antes de entrar na auga.

    LIBROS

    Amador Castro Moure, «Pronto hei de volver»

    A emigración, como non podía ser doutra maneira, é un deses temas aos que a literatura galega volve unha e outra vez. Dende distintas perspectivas e con diferentes enfoques e intencións, forma parte troncal do noso sistema literario dende o momento en que comezou a tomar forma.

    Xosé M. Eyré, «Ou as dúas estaredes mortas»

    Moito temos falado neste mesmo espazo dos cada vez máis difusos lindes entre xéneros literarios; de como novela e relato –tamén a poesía ou o teatro– semellan lidar pola posesión de espazos que tradicionalmente lles eran alleos e que pretenden converter en propios, alimentando así unha fusión que, no fondo, non deixa de ser a procura de novas vías de expresión aínda non transitadas.

    Raquel Castro, «Sobremesas sobre versos»

    Dende fai xa varios anos, Raquel Castro é unha das habituais na literatura infantil galega, pero a maioría dos seus traballos publicados enfocábanse cara ao mundo do teatro para nenos, onde deixou pezas de excelente facturación.