13 C
Pontevedra
Martes, 19 de Marzo de 2024
Máis
    HomeVal MiñorNigránA praia de Patos acolle esta fin de semana o campionato de...

    A praia de Patos acolle esta fin de semana o campionato de surf adaptado

    O Concello volverá a contar con Aitor Francesena 'Gallo', actual campión nacional e internacional de Surf Adaptado na categoría para invidentes, para ofrecer unha charla no Pavillón de Panxón o venres

    Apraia de Patos volverá a ser este venres e sábado un exemplo en todo o país do verdadeiro surf universal. O areal acollerá por segundo ano consecutivo o trofeo ‘Concello de Nigrán’ de Surf Adaptado (día 23) e o Campionato Galego e Nacional (día 24). O evento deportivo foi presentado este mediodía na Residencia de Tempo Libre de Patos e está promovido desde Quenlla Surf Clube, Federación Galega e Española de Surf, Xunta e Concello de Nigrán como parte do seu programa de accesibilidade universal ‘Un Nigrán para todos’. Igualmente, como parte desta competición, o Concello volverá a contar, entre outros, con Aitor Francesena ‘Gallo’, actual campión nacional e internacional de Surf Adaptado na categoría para invidentes, para ofrecer unha charla no Pavillón de Panxón o venres ás 20:00 horas a toda aquela persoa interesada. A maiores, o Concello ofrecerá o sábado ás 21:00 horas o seu festival ‘Rock in Patos’ coa presenza de MITIC e como colofón musical ao campionato.

    “Somos un exemplo en políticas de accesibilidade universal e agora unha referencia internacional en surf adaptado grazas á sensibilidade das nosas escolas. Estamos moi orgullosos de que Patos sexa un referente de inclusión e diversidade, esa é a mellor imaxe que podemos exportar do noso municipio e non se limita a un día, se non a todo o ano”, explica o alcalde, Juan González, quen anima a acudir a presenciar a competición. “O ano pasado a xente quedou enganchada e non era capaz de marchar de Patos, o ambiente era realmente emocionante para todos”, recoñeceu o rexedor, quen amosou o seu apoio para acoller anualmente este evento.

    Deste xeito, Patos volverá a ser o escenario de competición para 50 surfistas de todo o país con diversas discapacidades e agrupados en diferentes categorías atendendo a súa especificidade (invidente total ou parcial, falta de extremidade/s superior ou inferior, surfistas que collen a ola sentados ou tumbados…). Entre eles destaca a andaluza Sarah Almagro, subcampiona mundial amputada das extremidades inferiores e superiores e que xa competíu o ano pasado en Nigrán, ou Pablo Cabezas, invidente vigués absoluto que aprendeu a practicar surf da man de Luis Pena (Quenlla Surf Club). “Cada un deles nos transmite leccións de vida moi positivas e necesarias para todos”, engade González., “animo a todo o mundo a que acuda a praia porque recibirá a cambio unha lección de vida e de superación”. “O deporte trasmite valores como o sacrificio, tesón, constancia… e no caso do adaptado máis”, considera Luis Pena.

    “No somos de cristal, podemos asumir algunos riesgos también, hacer surf es una experiencia divertida y gratificante, así que animo a que se lo planteen más personas discapacitadas y que haya más apoyo y visibilización”, argumenta Pablo Cabezas. Neste sentido, Román, presidente da Federación Galega, destacou a gran idoneidade da praia de Patos para o surf adaptado “por ser un areal sen correntes e con olas non demasiado xigantes”.

    Igualmente, como na edición de 2021, a través de Quenlla realizaranse bautismos de surf para persoas con diversidade intelectual pertencentes a entidades como o CEE Juan María, Fundación Melena, Igualarte ou Centro San Francisco.

    LIBROS

    A pegada de «Ronsel»

    A editorial Galaxia vén de recuperar a súa vella colección «Ronsel», concibida nos anos 80 para darlle cabida «a novas voces e a novas temáticas das nosas letras», en palabras da propia editorial. Daquela, foi o espazo no que se deron a coñecer algúns autores que, andado o tempo, acadarían sona no noso sistema literario, como foi o caso de Darío Xohán Cabana ou Miguel Anxo Murado. Nesta nova andaina e, polo de agora, estréase con dúas publicacións, pero anuncian novas sorpresas ao longo de todo este ano.

    Dores Tembrás, «Enxertos»

    A nostalxia é unha materia prima habitual á hora de escribir poesía, mais non fai falla chegar a tanto. Se, a cotío, esa nostalxia leva implícita certa dose de tristura morriñenta para lembrar tempos pretéritos, non sempre ten que ser así, como demostra Dores Tembrás no seu último poemario, «Enxertos». Dores mergúllase na súa propia memoria, na súa infancia na aldea e na mocidade urbanita, para poñer en práctica unha modalidade de nostalxia leda e luminosa, alonxada de tristuras e saudades

    Queridos Reis Magos…

    Nas cartas aos Reis Magos de Oriente nunca debe faltar unha boa dose de literatura, sexa cal sexa a idade do receptor. Neste andel, como facemos sempre, queremos aportar algunhas recomendacións dirixidas aos máis pequenos da casa.