15.2 C
Pontevedra
Xoves, 7 de Decembro de 2023
Máis

    Tag: santa clara

    O estudo de arquitectura ‘Nieto & Sobejano’ gaña o concurso de anteproxectos de Santa Clara

    O estudo de arquitectura ‘Nieto & Sobejano’ vén de gañar o concurso de anteproxectos de Santa Clara coa proposta ‘Verbas da pedra’ e unha puntuación de 86 puntos sobre 100.

    O xurado delibera sobre a oferta gañadora para rehabilitar Santa Clara

    “Aquí está o futuro de Santa Clara”. Así o dixo o vicepresidente César Mosquera ao amosar a documentación dos cinco anteproxectos aspirantes para rehabilitar o convento das clarisas e convertelo en parte do Museo de Pontevedra.

    Comeza a fase de deseño do anteproxecto de Santa Clara

    Representantes das cinco firmas internacionais de arquitectura que aspiran a rehabilitar Santa Clara (Nieto Sobejano, Kengo Kuma, a UTE David Chipperfield-Carlos Seoane, Kaan, e a UTE Snohetta-Alfonso Penela) visitaron as instalacións do convento para iniciar o traballo de campo a partir do que deseñarán anteproxecto para recuperar o conxunto relixioso e transformalo en museo.

    O anteproxecto da rehabilitación de Santa Clara será levado a cabo por un estudio con premios de arquitectura internacionais

    Nieto Sobejano, Kengo Kuma, a UTE David Chipperfield-Carlos Seoane, Kaan, e a UTE Snohetta-Alfonso Penela son as cinco equipas de arquitectura que aspiran a facer o proxecto final para a rehabilitación e ampliación de Santa Clara para o seu uso como museo.

    Continúan as charlas de Santa Clara

    A igrexa de Santa Clara foi onte escenario dunha nova charla organizada pola Deputación e o Museo de Pontevedra para explicar os traballos de escavación realizados no convento nos últimos meses.

    Primeira charla de conmemoración no convento de Santa Clara

    O convento de Santa Clara dá para falar moito. Esa foi a primeira conclusión á que chegaron onte as primeiras persoas relatoras do ciclo de charlas organizadas pola Deputación de Pontevedra para conmemorar a compra do recinto relixioso, os arqueólogos responsables das escavacións e do estudo histórico artístico, Rafael Rodríguez e Israel Picón.

    A igrexa de Santa Clara acolle a primeira charla sobre a vida no convento

    A igrexa de Santa Clara acollerá mañá martes a primeira das charlas sobre os achados arqueolóxicos que amosan como foi a vida no convento durante os máis de 700 anos que o conxunto permaneceu pechado ao público.

    LIBROS

    Amador Castro Moure, «Pronto hei de volver»

    A emigración, como non podía ser doutra maneira, é un deses temas aos que a literatura galega volve unha e outra vez. Dende distintas perspectivas e con diferentes enfoques e intencións, forma parte troncal do noso sistema literario dende o momento en que comezou a tomar forma.

    Xosé M. Eyré, «Ou as dúas estaredes mortas»

    Moito temos falado neste mesmo espazo dos cada vez máis difusos lindes entre xéneros literarios; de como novela e relato –tamén a poesía ou o teatro– semellan lidar pola posesión de espazos que tradicionalmente lles eran alleos e que pretenden converter en propios, alimentando así unha fusión que, no fondo, non deixa de ser a procura de novas vías de expresión aínda non transitadas.

    Raquel Castro, «Sobremesas sobre versos»

    Dende fai xa varios anos, Raquel Castro é unha das habituais na literatura infantil galega, pero a maioría dos seus traballos publicados enfocábanse cara ao mundo do teatro para nenos, onde deixou pezas de excelente facturación.