Tag: san xoán
O Concello de Redondela lembra a prohibición de realizar fogueiras de San Xoán en todo o municipio
O Concello de Redondela vén de lembrar a prohibición de realizar fogueiras de San Xoán en todo o termo municipal. O Goberno local considera que ao longo desta crise sanitaria “quedou demostrado que as concentracións humanas son un dos principais focos de contaxio”.
Nigrán lanza a campaña #vemonosnosanxoan2021, unha chamada á precaución para poder regresar á praia o ano próximo
O Concello de Nigrán lanza este ano a campaña #VemonosNoSanXoan2021 para concienciar á cidadanía da imposibilidade de acudir a festexalo á praia de Panxón, onde cada ano se xuntan máis de 10.000 persoas de toda a comarca, sendo este o evento máis multitudinario do municipio. Así, todas as medidas de seguridade sanitaria establecidas por mor do Covid-19 e o propio sentido da responsabilidade impiden que este ano se celebren as tradicionais cacharelas que cada ano confecciona o Concello para colaborar na verbena de San Xoan (neste ano nin sequera se chegara a constituír a Comisión de Festas).
Arbo recupera a ponte románica de San Xoán
O pasado 28 de abril de 2017 o conselleiro de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria, Román Rodríguez González e o alcalde do Concello de Arbo, Horacio Gil, asinaban un convenio de colaboración para a recuperación e consolidación da Ponte de Mourentán, que ten consideración de ben catalogado e incluido...