Tag: rosa cobo
Concello de Ponteareas, Estado e Xunta asinan o convenio para a ampliación e reforma da Depuradora da Moscadeira
Fito histórico para Ponteareas, que acada o maior investimento da súa historia nun equipamento municipal. O Concello, a Xunta de Galicia e o Estado asinaron este venres 28 o convenio de colaboración que permitirá levar a cabo en 2023 as obras de ampliación e reforma da estación depuradora de augas residuais (EDAR) da Moscadeira. Estas obras son imprescindíbeis para solucionar dous graves problemas históricos de Ponteareas, a contaminación do Tea e a falta de saneamento no rural.
Rosa Cobo: “A industria da explotación sexual funciona coa racionalidade dunha multinacional do crime”
A doutora en Ciencias Políticas e profesora da Universidade da Coruña Rosa Cobo subliñou hoxe na Escola de Igualdade María Vinyals da Deputación de Pontevedra que a prostitución “foi crecendo nos últimos anos ata converterse no corazón dun sector económico que eu denomino explotación sexual”