Tag: reparto alimentos
Rematou o reparto de lotes de alimentos a cargo de “SOS Porriño”
Este mes de decembro a distribución de alimentos levouse a cabo entre o 17 e o 22 con entrega a domicilio, realizada por voluntarios que colaboran co Banco de Alimentos SOS Porriño e por voluntarios da Asociación de Protección Civil.
O Concello de Nigrán realiza, antes de Noiteboa, un novo reparto de alimentos entre 50 familias coa colaboración de Frutas Nieves
O Concello de Nigrán está a realizar, antes de Noiteboa, un novo reparto de alimentos entre 50 familias do municipio en situación de vulnerabilidade. Nesta ocasión, o Concello adquiriu no comercio local 98 kg xamón fresco e 90 polos que se sumán á doazón da empresa Frutas Nieves de 80 piñas, 80 coliflores e 80 paquetes de uvas.
Nigrán realiza un novo reparto de alimentos non perecedoiros coa doazón de 1.000 euros de ‘La Flor de Nigrán’ e catro compras anónimas
O Concello de Nigrán realizou hoxe un novo reparto semanal de alimentos a domicilio para paliar os efectos socioeconómicos do Covid-19 en 78 familias do municipio, nesta ocasión foron produtos non perecedoiros procedentes dunha compra de 1.000 euros realizada solidariamente pola panadería-confitería 'La Flor de Nigrán' e outras catro compras anónimas cun valor aproximado de 300 €. O número de beneficiarios pasou de 21 familias antes da crise sanitaria a 78 na actualidade, todos derivados de Servizos Sociais.
Cen familias de Mos recibiron hoxe a axuda alimentaria do programa ‘Mos Axuda’
Tras os repartos de alimentos a familias usuarias dos Servizos Sociais municipais a raíz desta crise da COVID-19 dos pasados días 3 e 8 de abril, o Concello de Mos realizou hoxe a terceira entrega de alimentos a familias do municipio no que vai de estado de alarma.