12 C
Pontevedra
Venres, 29 de Marzo de 2024
Máis

    Tag: parderrubias

    A nova senda de Parderrubias suporá unha transformación da seguridade para os veciños

    A conselleira de Infraestruturas e Mobilidade, Ethel Vázquez, destacou hoxe a transformación que supón para a seguridade e a mobilidade dos veciños de Salceda de Caselas a nova senda de Parderrubias, cun investimento da Xunta de máis de 900.000 euros.

    Salceda xa conta coun dous proxectos inscritos no Rexistro de Absorcións de CO2 do Ministerio de Transición Ecolóxica

    As comunidades de montes de San Esteban de Budiño e de Parderrubias, ambas de Salceda de Caselas, impulsaron senllos proxectos de restauración ambiental nos seus montes, afectados polos incendios acontecidos en outubro do 2017. A iniciativa das comunidades, nas que participan máis de 160 familias comuneiras, permitiu a recuperación forestal de 27 hectáreas de superficie, que foron plantadas con piñeiros do país e frondosas caducifolias (castiñeiros e carballos).

    A Xunta adxudica a construción da nova senda peonil e ciclista en Parderrubias, en Salceda de Caselas

    A Xunta vén de adxudicar as obras da nova senda peonil e ciclista na estrada autonómica PO-411, en Parderrubias, no concello de Salceda de Caselas, por un importe de máis de 710.000 euros.

    Un total de 16 empresas presentan ofertas para executar a nova senda peonil e ciclista na estrada PO-411 en Parderrubias, en Salceda de Caselas

    Un total de 16 empresas veñen de presentar as súas ofertas para executar as obras da nova senda peonil e ciclista na estrada autonómica PO-411, en Parderrubias, no concello de Salceda de Caselas, que suporá un investimento da Xunta de máis de 876.000 euros.

    Salceda urxe a construción da senda peonil e ciclista de Parderrubias, única sen executar das 9 aprobadas pola Xunta no 2016

    O Concello de Salceda de Caselas vén de esixir a construción da senda peonil e ciclista de Parderrubias, unha actuación que, lembra a alcaldesa de Salceda, Loli Castiñeira, "é a única sen executar das nove sendas aprobadas, sen que ata o de agora se comunicase cal é o motivo da demora". A alcaldesa lembra a urxencia de acometer este proxecto “que solucionaría un problema grave de seguridade na PO-411".

    LIBROS

    A pegada de «Ronsel»

    A editorial Galaxia vén de recuperar a súa vella colección «Ronsel», concibida nos anos 80 para darlle cabida «a novas voces e a novas temáticas das nosas letras», en palabras da propia editorial. Daquela, foi o espazo no que se deron a coñecer algúns autores que, andado o tempo, acadarían sona no noso sistema literario, como foi o caso de Darío Xohán Cabana ou Miguel Anxo Murado. Nesta nova andaina e, polo de agora, estréase con dúas publicacións, pero anuncian novas sorpresas ao longo de todo este ano.

    Dores Tembrás, «Enxertos»

    A nostalxia é unha materia prima habitual á hora de escribir poesía, mais non fai falla chegar a tanto. Se, a cotío, esa nostalxia leva implícita certa dose de tristura morriñenta para lembrar tempos pretéritos, non sempre ten que ser así, como demostra Dores Tembrás no seu último poemario, «Enxertos». Dores mergúllase na súa propia memoria, na súa infancia na aldea e na mocidade urbanita, para poñer en práctica unha modalidade de nostalxia leda e luminosa, alonxada de tristuras e saudades

    Queridos Reis Magos…

    Nas cartas aos Reis Magos de Oriente nunca debe faltar unha boa dose de literatura, sexa cal sexa a idade do receptor. Neste andel, como facemos sempre, queremos aportar algunhas recomendacións dirixidas aos máis pequenos da casa.