15 C
Pontevedra
Luns, 12 de Abril de 2021
More
    HomeLouriñaSalceda de CaselasUn total de 16 empresas presentan ofertas para executar a nova senda...

    Un total de 16 empresas presentan ofertas para executar a nova senda peonil e ciclista na estrada PO-411 en Parderrubias, en Salceda de Caselas

    O proxecto inclúe a disposición dun paso de peóns elevado, a ampliación do paso sobre o regato de Landres e a mellora das interseccións e accesos ás vivendas

    Un total de 16 empresas veñen de presentar as súas ofertas para executar as obras da nova senda peonil e ciclista na estrada autonómica PO-411, en Parderrubias, no concello de Salceda de Caselas, que suporá un investimento da Xunta de máis de 876.000 euros.

    Trátase da execución dunha senda de algo máis de 2 quilómetros de lonxitude na estrada de titularidade autonómica PO-411, cun trazado que coincide en planta e alzado coa vía actual e cun ancho que oscilará entre os 1,80 e os 2,30 metros.

    Esta actuación no núcleo de Parderrubias desenvólvese en tres treitos: un na marxe dereita da vía de acceso ao IES Pedras Rubias; outro na marxe esquerda da estrada PO-411, entre os puntos quilométricos 4+260 e 5+985; e o terceiro, tamén pola marxe dereita, entre os puntos 5+970 e 6+250.

    Ademais proxéctase un paso de peóns elevado no punto quilométrico 3+715, a ampliación do paso sobre o regato de Landres e a mellora das interseccións e accesos ás vivendas.

    Nas obras tamén se prevé o traslado da marquesiña existente no punto quilométrico 5+910, así como a reposición dunha serie de treitos da rede de saneamento.

    Esta intervención, que facilitará os desprazamentos dos veciños en condicións máis seguras e sustentables, será cofinanciada con Fondos FEDER 2014/2020.

    Arroz de coliflor con verduritas

    No, la coliflor no es aburrida. ¿Recordáis que hace un tiempo hicimos una pizza con la base hecha con coliflor? Pues hoy vamos a hacer unas verduritas con un “arroz de coliflor”.

    Teresa Ríos Noya, «Non estamos preparados para medrar»

    Que a poesía de base é unha marmita na que se van aliñando os nomes que mañá serán referente da nosa escrita, é algo que moi poucos poñen en dúbida a estas alturas da vida. E o caso que nos ocupa vén ser un exemplo máis de tal afirmación. Teresa Ríos deuse a coñecer ao abeiro do grupo poético e literario Versos de Areas, xurdido en Ponteareas un par de anos atrás.

    Serafín Parcero, «A illa dos deuses»

    As novelas de corte histórico que se publican en Galicia acostuman a estar ateigadas de referencias a feitos e personaxes reais, profusamente documentadas, e mesmo poderían pasar sen rubor (unhas máis ca outras) a criba de calquera historiador que se parase a valorar a súa veracidade. Pero son poucos os casos nos que o autor se entrega sen cortapisas á ficción partindo dunha realidade coñecida e dándolle a volta completamente ata configurar un relato propio.

    Colaboradores

    Alberto Aliaga Sola
    3 POSTS0 COMMENTS
    Ángel Covelo
    6 POSTS0 COMMENTS
    Jhonathan Zúñiga
    3 POSTS0 COMMENTS
    Lucía Alonso
    9 POSTS0 COMMENTS
    Manrique Fernández
    36 POSTS0 COMMENTS
    Paz de la Peña
    30 POSTS0 COMMENTS
    Ricardo Canosa Bastos
    12 POSTS0 COMMENTS
    Roberto Mera
    1 POSTS0 COMMENTS
    Avatar
    1 POSTS0 COMMENTS