21.5 C
Pontevedra
Venres, 19 de Abril de 2024
Máis

    Tag: os bolechas

    Nigrán acolle un novo espectáculo dos bolechas o sábado

    A nova obra de monicreques 'Os Bolechas en Familia visitan unha galería de arte' chega a Nigrán este sábado 18 de novembro ás 12:00 horas no Auditorio Municipal. A entrada é de balde ata completar o aforo e o Concello agasallará a cada familia co libro 'Que ben nos tratan en Nigrán!'.

    Os Bolechas chegan a Arbo da man do programa “Falaredes” da Xunta

    O Concello de Arbo, vén de poñer en marcha a actividade cultural para ir facendo camiño á nova normalidade, con actividades adaptadas e sempre cumprindo coa normativa, pero que ofrecen un momento de lecer e divertimento para a poboación infantil do municipio.

    ‘Os Bolechas’ explican á infancia de Redondela fragmentos da historia do municipio nas áreas infantís da Xunqueira e Trasmañó

    Que os máis cativos e cativas de Redondela comecen a tomar contacto coa historia do municipio e as súas tradicións, é o que busca a iniciativa posta en marcha polo Concello coa colocación de chamativos paneis informativos protagonizados polos Bolechas, nos recentemente remodelados parques infantís da Xunqueira e da parroquia de Trasmañó.

    Oia edita un libro dos «Bolechas» enfocado á igualdade e diversidade

    O Concello de Oia vén de editar un novo libro dos 'Bolechas', unha historia creada expresamente para o municipio coa que os máis pequenos e pequenas poderán recibir información sobre igualdade e diversidade dun xeito ameno e cunha trama que se desenvolve en diversos puntos de Oia.

    «Os Bolechas» transmiten en Baiona a necesidade de rematar coa violencia machista

    O Sábado 23, os Bolechas, as persoaxes xurdidas da imaxinación de Pepe Carreiro, visitarán Baiona para presentar o libro 'Os Bolechas visitan as escolas de Baiona. O bo trato'. Este libro é un proxecto que agocha un gran traballo da equipa do CIM de Baiona para transmitir, dunha maneira axeitada ás idades temperás, un tema tan importante coma é a violencia machista.

    LIBROS

    A pegada de «Ronsel»

    A editorial Galaxia vén de recuperar a súa vella colección «Ronsel», concibida nos anos 80 para darlle cabida «a novas voces e a novas temáticas das nosas letras», en palabras da propia editorial. Daquela, foi o espazo no que se deron a coñecer algúns autores que, andado o tempo, acadarían sona no noso sistema literario, como foi o caso de Darío Xohán Cabana ou Miguel Anxo Murado. Nesta nova andaina e, polo de agora, estréase con dúas publicacións, pero anuncian novas sorpresas ao longo de todo este ano.

    Dores Tembrás, «Enxertos»

    A nostalxia é unha materia prima habitual á hora de escribir poesía, mais non fai falla chegar a tanto. Se, a cotío, esa nostalxia leva implícita certa dose de tristura morriñenta para lembrar tempos pretéritos, non sempre ten que ser así, como demostra Dores Tembrás no seu último poemario, «Enxertos». Dores mergúllase na súa propia memoria, na súa infancia na aldea e na mocidade urbanita, para poñer en práctica unha modalidade de nostalxia leda e luminosa, alonxada de tristuras e saudades

    Queridos Reis Magos…

    Nas cartas aos Reis Magos de Oriente nunca debe faltar unha boa dose de literatura, sexa cal sexa a idade do receptor. Neste andel, como facemos sempre, queremos aportar algunhas recomendacións dirixidas aos máis pequenos da casa.