O Concello de Arbo, vén de poñer en marcha a actividade cultural para ir facendo camiño á nova normalidade, con actividades adaptadas e sempre cumprindo coa normativa, pero que ofrecen un momento de lecer e divertimento para a poboación infantil do municipio.
Dentro da programación de actividades do Outono Cultural do ano 2021, está programada a actuación dos Bolechas co titulo “OS Bolechas Fan o Camiño Marciano”, o vindeiro día 23 de outubro ás 18:00 horas no Auditorio do Centro Multiúsos de Arbo.
Coma sempre, a entrada é gratuíta ata completar aforo e obrigatorio o uso de mascarilla e as demais recomendación recollidas no protocolo da Covid-19.
A actividade está encadrada no programa de dinamización da Lingua galega da Secretaria Xeral de Política Lingüística “Falaredes”, ao que está adherido o Concello de Arbo.
“Dende o Concello de Arbo, solicitamos colaboración dos asistentes, para que se cumpran todas as medidas Covid para o evento, que os nenos participantes vaian acompañadas por un adulto, que en todo momento se utilice a mascarilla e que se cumpra coas indicacións dadas polos voluntarios e colaboradores do Concello de Arbo, encargados de supervisar e facer cumprir os protocolos e recomendacións das autoridades sanitarias durante toda a actividade”, declarou o goberno local.