9 C
Pontevedra
Mércores, 24 de Abril de 2024
Máis
    HomeComarcasRedondelaO Multiúsos da Xunqueira de Redondela acolle o xoves a presentación do...

    O Multiúsos da Xunqueira de Redondela acolle o xoves a presentación do libro ‘O Viso. A construción dunha paisaxe cultural’

    O vindeiro xoves 10 de setembro ás 20 h no Multiusos da Xunqueira de Redondela a Sociedade Cultural do Viso realizará a presentación da publicación da que é responsable e que versa sobre o patrimonio cultural da parroquia do Viso. Con retraso, por mor do covid-19, a entidade cultural dá a coñecer este traballo de recompilación e documentación do patrimonio da parroquia que foi encomendado a A Citania, coordinando Xurxo Constela todo o traballo de recollida, búsqueda documental e redacción.

    Contarase na presentación co coñecido arqueólogo redondelán que exporá os obxectivos e a intención de recoller nun documento a maioria do patrimonio do Viso, un xeito de dalo a coñecer e sobre todo respetalo para que perdure no tempo.

    Neste traballo caracterízase a parroquia dende a perspectiva do territorio, visualizando a parroquia en base as diferencias orográficas existentes e aoss aspectos do medio que máis salientan. Profundízase na historia lembrando as diferentes épocas e culturas que pasaron por estas terras e remátase percorrendo o patrimonio material do Viso a través dunha serie de itinerarios que seguramente axuden a visualizar á veciñanza a súa parroquia dende outra perspectiva e, ao visitante guialo no seu percorrido cultural pola zona.

    O acto precisará inscrición previa polo control de aforo por mor da COVID-19. Esta poderá realizarse presencialmente na Oficina de Turismo de Redondela sita na Casa do Concello en horario de luns a sábado de 11-14 h e de 15-19 h. Telefonicamente pódese realizar de luns a venres de 11 a 14h no 986400300 preguntando pola oficina de turismo ou mediante correo electrónico en turismo@redondela.gal.

    LIBROS

    A pegada de «Ronsel»

    A editorial Galaxia vén de recuperar a súa vella colección «Ronsel», concibida nos anos 80 para darlle cabida «a novas voces e a novas temáticas das nosas letras», en palabras da propia editorial. Daquela, foi o espazo no que se deron a coñecer algúns autores que, andado o tempo, acadarían sona no noso sistema literario, como foi o caso de Darío Xohán Cabana ou Miguel Anxo Murado. Nesta nova andaina e, polo de agora, estréase con dúas publicacións, pero anuncian novas sorpresas ao longo de todo este ano.

    Dores Tembrás, «Enxertos»

    A nostalxia é unha materia prima habitual á hora de escribir poesía, mais non fai falla chegar a tanto. Se, a cotío, esa nostalxia leva implícita certa dose de tristura morriñenta para lembrar tempos pretéritos, non sempre ten que ser así, como demostra Dores Tembrás no seu último poemario, «Enxertos». Dores mergúllase na súa propia memoria, na súa infancia na aldea e na mocidade urbanita, para poñer en práctica unha modalidade de nostalxia leda e luminosa, alonxada de tristuras e saudades

    Queridos Reis Magos…

    Nas cartas aos Reis Magos de Oriente nunca debe faltar unha boa dose de literatura, sexa cal sexa a idade do receptor. Neste andel, como facemos sempre, queremos aportar algunhas recomendacións dirixidas aos máis pequenos da casa.